UNIDADE 11 POLÍTICA DE BLOQUES E GUERRA FRÍA (1945-1989) Borja Campos Seijo I.E.S. García Barbón (Verín)
1. FORMACIÓN DOS BLOQUES
1.1. DA II GUERRA MUNDIAL Á GUERRA FRÍA.
De colaboración durante a guerra (acordos Ialta e Postdam) USA e URSS discrepancia, rivalidade e confrontación fin a gran alianza de capitalismo e comunismo contra o inimigo común (fascismo).
De 1945 a 1947, desacordos crecentes e rivalidades desembocan na formación de 2 bloques e no inicio da guerra fría:
a) Desacordos : sobre a administración dos vencidos e divididos (Alemaña).
b) Rivalidades :
consolidación da ocupación soviética nos estados de Europa central e oriental liberados polo Exército Vermello fortalecemento do partidos comunistas deses países formación de Democracias Populares (Hungría, Pol, Checoslovaquia…) a imaxe da URSS.
Guerra civil grega : enfrontamento entre monárquicos gregos (apoiados por GB e USA) e comunistas gregos (por URSS) victoria monárquicos tensións.
Irán: ocupada durante a guerra por británicos e soviéticos. Fin guerra negativa a retirarse mediación americana retirada soviética e británica tensións URSS-USA.
Resultado: bipolarización en 2 bloques (occidental e oriental) guerra fría en 2 etapas:
Guerra fría (1947-1958 ou 62): máxima tensión e confrontación.
Coexistencia pacífica (1958 ou 62- 1989): distensión das relacións internacionais.
1.2 BLOQUE OCCIDENTAL.
- Bloque occidental ou capitalista = Europa Occidental e Norteamérica en torno a EEUU. Defínese polo capitalismo, democracia liberal e hexemonía nortemaericana iniciativas:
$ Doutrina Truman (1947) : política de contención anticomunista/antisoviética promovida polo presidente de EEUU (Harry Truman) xustificada en nome da defensa do mundo libre.
$ Plan Marshall (1947) : estratexia de axuda ec para reconstrucción europea.
Finalidades: crear mercados de USA en outros países e fomentar lazos de dependencia ec, pol e ideolóxica.
Actuacións: creación da OECE (Organización Europea de Cooperación Ec = precedente da integración europea) e axuda ec durante a década dos 50 a países de Europa Occ., agás países do bloque oriental q o rexeitan, e España, illada por mor de Franco.
Resultados: reconstrucción ec da Europa occ e beneficios para USA: asegura mercados, consolida hexemonía americana e frea avance comunista en Europa.
$ Creación OTAN (1949): Organización do Tratado do Atlánico Norte = tratado militar de defensa mutua baixo mando de USA instalación bases militares americanas en Europa. OTAN = 12 membros iniciais (USA, Canadá, GB, Fra, Bel, Hol, Lux, It, Port, Nor, Din e Islandia) + 4 posteriores (Grecia, Turquía, Rep Federal Alemana e España). USA fomentou tamén outros tratados militares e pactos bilaterais, con países asiáticos, latinoamericanos,… no seu cerco á URSS.
1.3 O BLOQUE ORIENTAL OU COMUNISTA.
O bloque comunista = Europa Oriental e boa parte de Asia. Defínese por comunismo soviético e hexemonía da URSS. Actuacións:
Democracias Populares (1947) : implantadas en Europa oriental (Polonia, Checoslovaquia, Hungría, Bulgaria e Rumanía), liberada polo Exército Vermello espallamento revolución e barreira defensiva (telón de aceiro) para a URSS.
Doutrina Jdánov (1947) : que contesta á doutrina Truman URSS defensora do anticolonialismo, democracia e mov obreiro Formación do Kominforn = órgano de coordinación dos partidos comunistas de todo o mundo para estender a rev.
COMECON (1949) : reacción ao Plan Marshall. COMECON ou CAME (Consello de Axuda Mutua Económica) = 6 membros iniciais: URSS e dem propulares (Pol, Che, Hun, Rum e Bul) + 5 posteriores (Albania, Rep Democrática Alemana, Mongolia, Cuba e Vietnam). Obxectivos: recuperación e cooperación ec formación dun espazo ec dominado pola URSS.
Pacto de Varsovia (1955): resposta á entrada da RFA na OTAN. Pacto de Varsovia defensa mutua baixo mando da URSS 8 membros (URSS, Pol, Chec, Hn, Rum, Bul, Albania, RDA). URSS controla e chega a intervir militarmente neses países (Hungría, 1956, Checoslovaquia, 1968).
1.4 CARREIRA DE ARMAMENTOS.
- A carreira e armamentos = constante durante toda a guerra fría.
- Tras USA, outros acceden á bomba nuclear = URSS en 1949, GB, Francia, China…
- Complexo industrial/militar presiona aos gobernos para manter un alto gasto en defensa armas cada vez + caras e perfectas: misiles, cada vez de maior alcance e capacidade destructiva.
- A ONU impulsa un proceso de control de armamentos con algúns resultados: desmilitarización da Antártida e o espazo, Tratado de No Proliferación Nuclear (impedir a outros estados acceder a armamento atómico).
- Coexistencia pacífica (1962-89) favorece as conferencias de desarme Acordos SALT e Conferencia de Seguridade e Cooperación Europea en Helsinki (1975).
2. GUERRA FRÍA (1947-1962)
2.1 A GUERRA FRÍA.
As relacións internacionais durante a Guerra Fría 3 trazos principais:
a) Confrontación bipolar entre 2 superpotencias (USA e URSS) 3 efectos:
Zonas de influencia exclusiva de cada potencia reparto nacido en Postdam 2 Bloques URSS: Europa oriental. USA: Europa occ, Xapón e América imposición de teoría de soberanía limitada que impide a calquera país abandonar o bloque.
Forzan o aliñamento nos 2 bloques dos demais estados con poucas excepcións neutrais países non aliñados do 3º Mundo.
Instrumentalizan para os seus fins e intereses os organismos internacionais (ONU por veto).
b) Guerra fría = enfrontamento non bélico de hostilidade controlada e tensión intermitente conflictos localizados sen guerra directa USA-URSS por ameaza nuclear equilibrio de terror = a seguridade de destrución total mutua ( e do mundo) frea choque bélico directo.
c) Enfrontamento ideolóxico entre 2 sistemas sociais incompatibles e antagónicos, que manipula á opinión pública cunha propaganda desmesurada nos medios de comunicación e cae en excesos histéricos anticomunismo norteamericano do senador Mac Carthy caza de bruxas = persecución e proceso de sospeitosos comunistas.
2.2 FOCOS DE CONFRONTACIÓN.
Escenarios de confrontación = focos de tensión localizada:
Bloqueo de Berlín (1948-49): 1º estoupido grave da guerra fría.
Raíz do problema : a) Discrepancia dos aliados sobre o destino de Alemaña. b) Presencia occidental en Berlín, emprazada na zona soviética de ocupación de Alemaña.
Escalada e crise : decisión aliada (USA, Fra, GB) de crear un estado alemán occ sen acordo ruso URSS pecha comunicacións e bloquea Berlín occ resposta aliada: ponte aérea para suministrar Berlín occ.
Resultado e consecuencias : a) directo: fracaso soviético, que termina levantando o bloqueo. b) indirecto: creación da Alemaña Occ = RFA (República Federal de Alemaña) a partir das zonas de ocupación americana, británica e francesa creación da RDA (República Democrática Alemana) creación OTAN creación COMECON.
Guerra de Corea (1950-53): 1ª guerra localizada na guerra fría.
Raíz do problema : a) Ocupación de Corea (posesión xaponesa) trala derrota de Xapón por USA e URSS en 1945.
b) División en 2 estados: Corea Norte comunista e Corea Sur capitalista en 1948. c) Triunfo da revolución comunista en China en 1949.
Escalada e guerra : Corea N ataca e ocupa o sur en 1950 USA intervén baixo bandeira da ONU: repele agresión e invade o norte reacción da China comunista: contraataque ata paralelo 38º fin da guerra en 1953.
Resultado e consecuencias : a) directo: un millón de mortos e mesma fronteira tras 3 anos de guerra. b) indirecto: RFA entra na OTAN creación Pacto de Varsovia e ingreso RDA reconstrución ec de Xapón por USA como barreira de contención ante a China comunista en Asia.
Nacionalización da Canle de Suez (1956): traslada confrontación bipolar ao 3ª Mundo.
Raíz do problema: nacionalismo árabe anticolonial de Nasser (presidente Exipto) e proxecto de construción do encoro de Assuán créditos occidentais para o proxecto en función do aliñamento internacional de Nasser.
Escalada e guerra: Negativa de créditos occ Nasser nacionaliza Canle de Suez, erosionando os intereses anglofranceses na Canle GB e Francia (con apoio militar de Israel) ocupan a Canle en contra da resolución da ONU ameaza atómica da URSS e abstención de USA retirada de GB e Francia.
Resultados: a) directos: nacionalización da Canle por Exipto e construción do encoro de Assuán, b) indirectos:
- manifesta declive europeo e hexemonía de URSS e USA. - Medra a influencia da URSS no mundo árabe.
- 1º triunfo internacional do 3º Mundo.
2.3 O PASO Á DISTENSIÓN.
2 conflictos marcan o paso da guerra fría á coexistencia pacífica:
Construción muro de Berlín (1961): prosperidade de Berlín Occ. atrae a un gran fluxo de inmigrantes de Berlín Or. reacción RDA = peche da fronteira e construción do muro Occidente critica o muro da vergoña.
Crise dos misiles de Cuba (1962): crise + peligrosa de toda a guerra fría.
Raíz do problema: a) rev cubana de 1959 réxime de Fidel Castro adopción política socialista. b) USA non tolera eses cambios no Caribe bloqueo ec á illa e intento de invasión (Bahía Cochinos, 1961).
Escalada e crise: URSS apoia a Cuba instalación segreda de misiles nucleares en Cuba apuntando a USA USA pon cerco á illa e declara a alerta militar URSS en alerta militar ultimátum estadounidense negociación: retirada misiles e compromiso USA de non agresión a Cuba.
Consecuencias: a) directas: bloqueo ec americano a Cuba (ata hoxe) aliñamento de Cuba no bloque oriental, b) indirectas: manifesta necesidade de distensión e negociación coexistencia pacífica
3. DISTENSIÓN E COEXISTENCIA PACÍFICA (1962-1989)
3.1 FACTORES DE DISTENSIÓN.
A guerra fría nos anos 50 dá paso a unha distensión nos 60 = coexistencia pacífica. Factores:
a) Os novos dirixentes das superpotencias favorecen o cambio:
Na URSS Nikita Kruschev dirixe a desestalinización que culmina no XX Congreso do PCUS en 1956 (tras morte Stalin no 53) repercusións na pol internacional que non evitan conflictos pero afirman o respeto mutuo das diferencias entre as 2 superpotencias, a non inxerencia e a procura de compromisos negociados.
En USA, John F. Kennedy (1960-63) defende na Nova Fronteira un programa de renovación que compatibiliza a hexemonía norteamericana con solucións pacíficas e flexibilidade negociadora e promete pol + éticas ( alianza para o progreso de Latinoamérica ).
b) Irrupción do Terceiro Mundo na escena internacional non aliñamento en ningún dos 2 bloques, o que non lles evita ser escenario da confrontación bipolar.
c) Outro factor contribúen ao novo clima internacional:
Debilitamento da cohesión e maior pluralidade en cada bloque
- no bloque occ: formación da CEE e a ostopolitik (boas relacións cos países do leste) do chanceler da RFA Willy Brandt.
- no bloque comunista: ruptura chino-soviética tras morte de Stalin deiverxencias ideolóxicas maoísmo en China
3.2. CONFLICTOS BÉLICOS.
Outros 2 conflitos evolucionan ao longo de todo o periodo provocando guerras localizadas:
Conflito de Oriente Medio (desde 1948) = problema rexional internacionalizado, aínda aberto.
Raíces :
1. Sionismo: asentamento de xudeus en Palestina (colonia británica) na 1ª metade S.XX.
2. Desprazamento de poboación palestina por colonos xudeus.
3. Aspiración sionista a un Estado xudeu en Palestina.
Escalada e guerra :
a) 1ª guerra arabo-israelí : en 1948 a ONU divide Palestina en 2 estados, un xudeu e un palestino palestinos e estados árabes non ceptan partición guerra entre árabes e israelíes triunfo militar xudeu, que amplia o seu estado Exipto ocupa a franxa de Gaza e Xordania Cisxordania palestinos quedan sen territorio propio fundación en 1964 da OLP (Organización para a Liberación de Palestina).
b) Nacionalización Canle de Suez (1956): 2ª guerra arabo-israelí victoria israelí no Sinaí. Retirada final ante ameaza URSS e EEUU.
c) Guerra dos seis días (1967): ataque estados árabes (Exipto, Xordania, Siria…) a Israel, triunfo israelí, que ocupa Gaza e Cisxordania (estados ocupados) apoio de USA e Occidente a Israel apoio soviético á causa árabe. ONU aconsella retirada xudea dos territorios ocupados negativa israelí comezo terrorismo palestino.
d) Guerra de Yon Kippur (1973): os árabes aproveitan festa perdón xudea para atacar Israel contraofensiva xudea triunfo Israel represalia árabe = suba de prezos do petróleo por países da OPEP (Organización de Países Produtores e Exportadores de Petróleo), a maioría árabes acordos de paz parciais e insuficientes = acordos de Camp David (1978) entre Israel e Exipto, pero sacrificando o futuro palestino.
e) Nos anos 80, guerra civil no Líbano (refuxio de exiliados palestinos) Israel aproveita guerra para invadir Líbano e cercar e masacrar as milicias palestinas fuxida a Túnez da OLP.
Balance actual : fin da guerra fría (1989) elimina a dimensión bipolar, pero continúa o problema rexional Conferencia de Madrid (1991) inicia un difícil proceso negociador entre Israel e OLP
Recoñecemento mutuo.
Cesión de territorios a Palestina a cambio de paz.
Creación Autoridade Palestina (autonomía palestina dentro do Estado de Israel) que inclue Gaza e Cisxordania.
- Pero terrorismo palestino e intransixencia israelí (represalias militares) continuación do conflicto ata atualidade
Guerra de Vietnam (1945/1975): conflito + longo da guerra fría. A guerra arrinca coa descolonización de Vietnam e dexenera integrándose no conflito bipolar.
Raíces do conflito :
1. Xapón ocupa Indochina (colonia francesa) na IIª Guerra Mundial.
2. No ano 1945, coa retirada xaponesa, Ho Chi Minh (revolucionario comunista vietnamita) declara a independencia de Vietnam, que Francia non acepta.
3. Guerra colonial comunistas vietnamitas derrotan a Francia en 1954.
4. Conferencia de Xenebra (Suiza) = partición de Vietnam en 2 estados: norte comunista e sur anticomunista (separados por paralelo 17º), en espera dunhas eleccións que unifiquen o país
Escalada e guerra:
Réxime de Vietnam do Sur (capital: Saigón) Autoritarismo e negativa a celebrar ás eleccións para a unificación resistencia da guerrilla comunista do Vietcong guerra civil entre réxime de Saigón e vietcong.
Vietnam do Norte apoia a vietcong USA apoia a Vietnam do sur intervención militar masiva de USA en 1964 bombardeos masivos (napalm) do norte e extensión da guerra aos estados veciños de Laos e Camboia.
Dobre fracaso norteamericano:
1) Militarmente non esmaga ao vietcong e sofre miles de baixas entre os seus soldados.
2. Guerra de Vietnam = 1ª Guerra televisada brutalidade, ineficacia norteamericana e mortos opinión pública norteamericana contra a guerra movemento hippy, manifestacións, sentadas… retirada paulatina de USA da guerra e comezo de conversas de paz a partir 1970 retirada total de USA en 1973 final da guerra en 1975: triunfo do vietcong (toma de Saigón) e unificación do país.
Resultado:
a) Directo: 1ª derrota militar norteamericana da historia Síndrome de Vietnam.
b) Indirecto: estraga o prestixio de USA que mingua o intervencionismo militar americano ata Guerra do Golfo (1990).
0 comments
Post a comment