Unidade 10 crise do imperio español
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Unidade 10 crise do imperio español

on

  • 906 views

 

Statistics

Views

Total Views
906
Views on SlideShare
906
Embed Views
0

Actions

Likes
1
Downloads
27
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Unidade 10 crise do imperio español Unidade 10 crise do imperio español Presentation Transcript

  • UNIDADE 10 OS AUSTRIAS MENORES. A CRISE DO IMPERIO ESPAÑOL O SÉCULO XVII
  • 1 . O FINAL DA HEXEMONÍA ESPAÑOLA
    • Cando comezou o século XVII, a Monarquía Hispánica posuía o maior imperio do mundo .
    • Sen embargo, en poucas décadas España perdeu a hexemonía (en detrimento de Francia) e sufriu unha profunda crise económica e social.
    • 3 etapas no S.XVII en España:
    • ♕ Reinado de Filipe III.
    • ♕ Reinado de Filipe IV.
    • ♕ Reinado de Carlos II.
  • Filipe III Filipe IV Carlos II
    • A) REINADO DE FILIPE III (1598-1621).
    • Nada máis acceder ao trono, Filipe III delegou as labores de goberno no Duque de Lerma , un valido (= persoa de confianza do monarca a quen lle encomenda o goberno do reino).
    • Obxectivo principal do seu reinado = solucionar a grave situación económica da monarquía , para iso tiña que acabar coas numerosas guerras comezadas polo seu pai
    • Así, levou a cabo unha política pacifista : Paz con Inglaterra e Tregua dos Doce Anos con Holanda.
  • O Duque de Lerma (P. P. Rubens) Valido de Felipe III Felipe III Paz entre España e Inglaterra
    • A pesar do descenso do gasto militar, os problemas económicos non se solucionaron .
    • En política interior, a medida máis relevante foi a expulsión dos mouriscos (1609), case 300.000 que tiveron que abandonar España, o que trouxo a ruína a moitas rexións, que quedaron despoboadas.
    • B) REINADO DE FILIPE IV (1621-1665) .
    • Como o seu pai, Filipe IV cedeulle o poder a un valido: o conde-duque de Olivares.
    • A política exterior foi belicista. España involucrouse na Guerra dos Trinta Anos = guerra europea que enfrentou a católicos contra protestantes
    • Francia entroua na guerra ao lado dos protestantes e ao final España foi derrotada e perdeu parte do seu imperio en Europa Polo Tratado de Westfalia (1648) España reconocía a independencia das Provincias Unidas (Holanda).
  • A GUERRA DOS TRINTA ANOS (1618-1648) España, tras a sinatura do Tratado de Westfalia (1648) A rendición de Breda (D. Velázquez)
    • En política interior, Olivares intentou reformar a monarquía con 2 medidas principais:
    • ♘ Repartir os gastos militares entre todos os reinos da monarquía (Aragón, Flandres, Italia,...).
    • ♔ Reforzar o poder do rei , recortando a autonomía dos diferentes territorios.
    • Pero esta política provocou levantamentos , sobre todo en Cataluña e Portugal . Portugal alcanzou a independencia (1640).
    Mapa das principais revoltas e guerras civís no S. XVII
    • C) REINADO DE CARLOS II (1665-1700).
    • Accedeu ao trono con tan só catro anos. A súa nai gobernou como rexente ata 1675 e tivo gran influencia no goberno.
    • O rei era unha persoa física e mentalmente enferma , incapaz de exercer as labores de goberno, polo que foi axudado por diferentes validos.
    • A primeira parte do seu reinado foi de crise, pero a situación mellorou a partir de 1680.
    • Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polo problema sucesorio. O rei non tivo fillos/as e tras a súa morte iniciouse unha Guerra de Sucesión, que terminou co establecemnto dunha dinastía de orixe francesa , os Borbón.
  • Carlos II Guerra da Sucesión Filipe III Filipe IV Carlos II
  • 2. A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL
    • - No século XVII, a poboación española sufriu un retroceso debido a 5 causas principais:
    •  Malas colleitas
    •  Pandemias de peste (Ex: 1599 = medio millón de mortos)
    •  A expulsión dos mouriscos
    •  As guerras frecuentes
    •  Emigración de moitas persoas a América.
    • A economía retrocedeu en todos os seus sectores: agricultura, artesanía e comercio. Tamén se sucederon as bancarrotas debido ao endebedamento da Monarquía.
    • Os valores predominantes fomentaban a vida inactiva . O ideal era vivir das rendas e rexeitábase aos que traballaban. Por iso había unha gran porcentaxe da poboación que rexeitaba as tarefas productivas e vivían da mendicidade e da delincuencia.
    2 obras de pintores españois (Murillo e Velázquez) que atestiguan a vida das clases humildes
  • 3. HEXEMONÍA FRANCESA
    • Desde o Tratado de Westfalia (1648), Francia converteuse na potencia europea dominante durante os séculos XVII e XVIII.
    • O esplendor comezou co reinado de Luís XIV (“O Rei Sol”) (1643- 1715) , que ampliou as fronteiras de Francia en Europa e formou un imperio colonial .
    • Este rei implantou en Francia unha monarquía absoluta , gracias a unha serie de medidas:
    • ♚ quitoulles poder ás institucións locais.
    • ♚ unificou as leis e impostos.
    • ♚ eliminou a disidencia relixiosa.
    • ♚ logrou controlar a nobreza.
    • ♚ converteu á corte no centro da administración do Estado.
    • Luís XIV intentou mellorar a economía creando monopolios estatais , co obxectivo de impedir a compra de produtos estranxeiros pero fracasou.
  • Control sobre poderes alleos á coroa: Igrexa, institucións representativas e poderes locais Centralización administrativa Sometemento da nobreza Formación dun exército estatal centralizado Represión da disidencia relixiosa Sacralización e exaltación do rei na arte e a propaganda DO MONARCA
    • Texto: O rei é a imaxe de Deus
    • Considerade ao príncipe no seu gabinete. É a imaxe de Deus que, sentado no seu trono no máis alto dos ceos, fai marchar a toda a natureza. En fin, reunide as cousas tan grandes e augustas que dixemos sobre a autoridade real.
    • Vede un pobo inmenso reunido nunha soa persoa; vede este poder sagrado, paternal e absoluto; vede a razón secreta que goberna todo o corpo do Estado metida nunha soa cabeza: estades a ver a imaxe de Deus nos reis e tedes a idea da maxestade real.
    • BOSSUET, Política sacada das Sagradas Escrituras , 1681
  •  
  • 4. DÚAS NOVAS POTENCIAS: INGLATERRA E AS PROVINCIAS UNIDAS
    • A) ECONOM í A
    • Nos séculos XVII e XVIII Inglaterra e as Provincias Unidas (Holanda) convertéronse nas dúas maiores potencias comerciais , en detrimento de España e Portugal.
    • As dúas novas potencias pasaron a controlar o comercio asiátic o grazas á formación de grandes compañías comerciais das Indias orientais.
    • Inglaterra logrou a hexemonía naval grazas a súa gran armada (Royal Navy).
  • O Mundo no S. XVIII
    • B) SOCIEDADE E POLÍTICA.
    • Nos dous estados a burguesía acadou gran poder grazas ao crecemento do comercio e a artesanía.
    • Nestes dous estados o principal órgano de poder non era o parlamento. En Inglaterra aprobouse tamén unha Declaración de Dereitos, que limitaba o poder do rei en detrimento do Parlamento.
    • Grazas ao seu poder económico, a burguesía chegou a controlar os Parlamentos destes dous países.
    Sesión na Cámara dos Comúns Burgueses holandeses
  •  
  • 5 . A CULTURA DOS S. XVII e XVIII: O BARROCO
    • O Barroco é unha etapa cultural que comprende os séculos XVII e XVIII .
    • Cacteristicas do Barroco :
    • ❁ D esexo de representar a realidade tal como era , sen idealizarla nin ocultar os seus defectos.
    • ❀ Espertar fortes s entimentos no espectador .
    • ✿ Nos países católicos destaca unha forte relixiosidade (defensa culto a Virxe e santos).
    San Sebastián , José Ribera Sebastián de Morra (Velázquez)
    • No Barroco brillaron todas as ramas da cultura:
    • ✍ L iteratura:
    •  En Europa salienta William Shakespeare (Inglaterra) , Molière (Francia) .
    •  En España destaca o Século de Ouro das letras españolas (XVII): Cervantes , Quevedo , Lope de Vega e Calderón de la Barca .
    •  Música: Vivaldi , Haendel e Bach .
    •  Ciencia: no S. XVII produciuse unha revolución científica . Desenvolvéronse 2 novos métodos científicos modernos:
    • a) Empirismo = experimentación, impulsada polo inglés Bacon.
    • b) Racionalismo = uso da razón, defendido polo francés Descartes.
    • Ademáis nalgúns países creáronse academias das ciencias para promover avances e descubrimentos
    Luis XIV na Academia das ciencias
    • - Os principais científicos foron:
    •  Galileo : confirmou a teoría heliocentrista de Copérnico. A igrexa o obrigouno a renegar desta teoría.
    •  Kepler : formulou as leis das órbitas elípticas dos planetas
    •  Newton : formulou a lei da gravidade universal e a teoría xeral da luz.
  • 6. ARQUITECTURA BARROCA
    • Características:
    •  Uso de liñas curvas .
    •  Efectos luminosos nas fachadas por medio de entrantes e saíntes e frontóns rotos .
    •  Abundancia de decoración .
    •  Uso de materiais ricos e rechamantes .
    San Carlos das Catro Fontes (Roma), Borromini Abundancia de liñas curvas Entrante Saínte
  • Líneas Curvas (Columnas salomónicas) Entrantes e saíntes Frontóns Rotos Abundancia decoración. Materiais ricos e rechamentes
    • O Barroco naceu en Roma. A cidade estaba a ser renovada polos Papas, para demostrar o poder do catolicismo fronte aos protestantes.
    • Bernini foi o arquitecto máis importante: Praza de San Pedro e Baldaquino no interior.
    • A arquitectura barroca extendeuse pronto a outros lugares: España (Praza Maior de Salamanca e Madrid), Galicia (Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago) e Francia (Palacio de Versalles).
  • 7. PINTURA BARROCA
    • Características:
    •  Realismo: as persoas retratábanse tal como eran, cos seus defectos físicos, sen idealización
    •  Esceas cheas de movemento e forza .
    •  Sentimentos exaltados .
    •  Temas moi variados : relixiosos, mitolóxicos, vida cotiá, retratos, paisaxes, bodegóns (= pintura que representaba en primeiro plano alimentos e vexetais xunto a útiles diversos).
  • Bodegón (Zurbarán) A muller barbuda (Ribera) Conversión de San Pablo (Caravaggio) Martirio de San Felipe (Ribera)
    • 4 centros principais na pintura barroca:
    • A) ITALIA:
    • Cómpre salientar a obra de Caravaggio . 2 trazos na súa obra:
    •  Os seus personaxes inspiráronse na realidade con toda crueza (clases populares, mendigos, prostitutas…).
    •  Empregou a técnica chamada tenebrismo , que consistía en facer emerxer ás figuras entre a oscuridade.
    Cea en Emaús Vocación de San Mateo
  • MICHELANGELO MERISI “Il CARAVAGGIO” (1571-1610) O enterro de Cristo A morte da Virxe Judith cortando a cabeza a Holofernes Crucifixión de San Pedro
    • B) HOLANDA.
    • Gran influencia dos gustos da burguesía , que era a que encargaba e pagaba os cadros. 3 pintores:
    •  Rembrandt : foi o pintor máis destacado. Utilizou con mestría o claroscuro en retratos, temas bíblicos e escenas cotiás.
    •  Frans Hals .
    •  Vermeer .
  • REMBRANDT VAN RIJN (1606-1669) A rolda de Noite Lección de Anatomía Betsabé no baño
  • FRANZ HALS (1580?-1666) O alegre bebedor Rexedoras do asilo de anciáns A xitana
  • JOHANNES VERMEER (1632-1675) A leiteira A moza da perla Alegoría da pintura A encaixeira
    • C) FLANDRES.
    • Dous trazos: naturalismo (realismo) e minuciosidade (detallismo) nas paisaxes e escenas
    • Destacou sobre todo Rubens , cun estilo de gran colorido e movemento nas escenas.
    O Rapto de Europa (Rubens) Carlos I de Inglaterra (Van Dyck)
  • PETER PAUL RUBENS (1577-1640) As Tres Gracias O Rapto das fillas de Leucipo
    • D) ESPAÑA.
    • Características:
    • ✎ A pintura foi unha arma da Contrarreforma , por iso adoitaban ter temática relixiosa.
    • ✎ Realismo .
    • ✎ Emotividade .
    • ✎ Frecuentes mensaxes simbólicas .
    • Principais pintores: Ribera, Zurbarán, Murillo e, sobre todo, Velázquez.
    Inmaculada (Murillo) O Augador de Sevilla (Velázquez)
  • JOSÉ RIBERA (“O ESPAÑOLETO”) (1591-1652) O sono de Jacob San Andrés O patizambo
  • FRANCISCO ZURBARÁN (1598-1664) San Hugo no refectorio San Serapio Un cordero
  • BARTOLOMÉ ESTEBAN MURILLO (1617-1682) Dous rapaces comendo uvas e melón A sagrada familia Dúas muchachas
    • O mellor pintor do Barroco español (e un dos mellores de todos os tempos) foi Diego Velázquez = pintor de cámara de Filipe IV. Trazos da súa obra:
    •  Estilo moi influído polo realismo e o tenebrismo .
    •  Foi capaz de captar a personalidade dos retratados .
    •  Destacou polo uso da luz e pola fondura dos seus cadros ( pintar o aire ).
    •  Pintou temas moi variados : retratos, mitolóxicos, esceas cotiás, cadros de Historia…
  • DIEGO VELÁZQUEZ (1599-1660 ) A rendición de Breda ou As lanzas A fragua de Vulcano Inocencio X
  • 2 OBRAS MESTRAS: AS MENINAS E AS FIANDEIRAS
  • 8. ESCULTURA BARROCA.
    • Características:
    • α Realismo.
    • β Sentimentos intensos.
    • γ Mobilidade, enerxía e vitalidade .
    • ε Efectos luminosos, a través dos pregamentos e os xestos.
    • ζ En España destacan os retablos e pasos de Semana Santa en madeira policromada .
    • O principal escultor do Barroco foi Bernini (ademáis de arquitecto).Obras principais: Apolo e Dafne , Éxtase de Santa Tereixa, fontes de Roma.
    Cristo morto (Gregorio Fernández). Apolo e Dafne (Bernini)
  • GIAN LORENZO BERNINI (1598-1680) (“o novo Miguel Anxo”) Baldaquino O éxtase de Santa Teresa David Praza de San Pedro