U N I D A D E 7 Catedral GóTica - Presentation Transcript
UNIDADE 7 A CATEDRAL GÓTICA Borja Campos Seijo I.E.S García Barbón (Verín)
1. CONTEXTO HISTÓRICO
- Gótico = arte europea da baixa idade media (S.XIII-XV). Características:
Desenrolo económico e demográfico .
Recuperación poder monarquía fronte nobres feudais.
Rexurdimento urbano consolidación cidade medieval.
Polo tanto, nacemento da burguesía (poboación cidade). Fronte a nobres feudais atopan aliado no bispo e na monarquía Catedral (igrexa episcopal) = principal monumento gótico ( era das catedrais ), financiada por gremios artesáns e burgueses, como sinal prestixio e penitencia polas súas riquezas.
Cambios no pensamento :
a) Tomás de Aquino recupera a Aristóteles e postula equilibrio razón e fe maior naturalismo na plástica.
b) Francisco de Asís predica o respeto polo corpo do home (obra marabillosa de Deus) revalorización mundo natural.
- Gótico nace en Ille de France (arredores de París) coa abadía de St. Denis, a med S.XII 3 etapas:
Gótico clásico (fin.S. XII e S. XIII): grandes catedrais francesas da 1ª½ S. XIII difusión por Europa con trazos peculiares.
Gótico internacional (S.XIV e inicios XV): estilo aristocrático e refinado extendido por toda Europa.
Gótico flamíxero (2ª metade S.XV): apenas xa innovación constructiva os edificios énchense de exhuberante decoración ocultando estructura.
- Diferencias co románico:
Verticalidade do edificio.
Dominio van sobre muro.
Luminosidade
Naturalismo plástico
2. O TEMPLO GÓTICO
- Sistema estructural gótico = novidade sistema baldaquino 3 elementos principais:
Arco apuntado.
Bóveda de crucería (aresta apuntada): concentra cargas nos ángulos do tramo que cobre, onde son distribuidos por un esqueleto arquitectónico de piares, arcos e
Arcobotantes : arcos áereos externos que enlazan cos contrafortes apertura de grandes vans no muro e maior altura edificio.
Cabeceira: + desenrolada, crece de 3 a 5 as súas naves + profundidade para subliñar centro de culto. Deambulatorio dobre que prolonga naves laterais con absidiolos poligonais.
Transepto: desprazado ao centro do edificio, adoita ter tres naves e sobresae lixeiramente na planta rematando en dúas portadas N e S.
Corpo occidental: de 3 ou 5 naves. A central + alta e iluminada.
- Exterior catedral gótica, traduce interior: tres fachadas (norte, sur, e occidental), con portadas que reflicten o número de naves, con tendencia á verticalidade, subliñada por torres, agullas e pináculos espiritualidade. Destaca esqueleto externo de arcobotantes que transmite empuxes, e a cristería preciosista que adobia a catedral.
- Articulación mural, antes maciza estructura furada onde o sistema baldaquino concentra empuxes en puntos concretos (nervios, columnas…) e ceiba ao muro de todo peso grandes ventanais.
- Interior organizado en 3 pisos:
a) Arquería: apea sobre piares a través de haces de baquetóns (columniñas adosadas).
b) Triforio: susbtitúe á tribuna románica, é unha galería aberta á nave central + estreita.
c) Clarestorio: grandes ventás de tracería inundan de luz a nave central.
Eliminación muro gótico valor simbólico da luz = luz coloreada das vidrieiras ambiente irreal e espiritualizado (imaxe Xerusalén Celeste).
Catedral gótica conserva exixo direccional propio do templo cristián (camiño á salvación = altar), pero gótico acentúa a ascensionalidade (escala 1:4) verticalidade trascendencia mística.
3. A PORTADA GÓTICA
Portada gótica nace na abadía de San Denis no S XII (1140), na portada real (fachada occ) cun programa iconográfico que louba á monarquía ( galería real ). Nas súas xambas aparece estatua-columna, onde a escultura comeza a ceibarse da férrea suxección ao marco arquitectónico.
As imaxes, como no Románico, teñen unha función didáctica catedrais enchénse de decoración en muros e vidrieiras catedrais = Biblias en pedra e cristal para ilustrar aos iletrados.
- O estilo gótico = monumental e naturalista sentido volumétrico de roupas e aparece certa expresividade en rostros (+ realistas), os corpos anímanse cun suave contrapposto, proporcións esveltas e estilizadas. Un novo sopro de vida anima a personaxes, que semellan estar de paso pola arquitectura. Nas xambas ou muros a escultura soe colocarse sobre ménsulas e cubrirse con dosel. Nas arquivoltas seguen a dirección dos arcos a diferencia do románico que as colocaba radialmente.
Tres iconografías prototípicas de portada gótica:
Portada de Xuicio Final (soe estar en W): pasa de visión apocalíptica románica a un Cristo triunfante e sufrinte, que amosa feridas crucifixión e aparecen personaxes que interceden pola humanidade e portan atributos Paixón.
Portada da Virxe (adoita a estar no N, ou tamén no W se igrexa esta dedicada á Virxe): en tímpanos escenas morte e glorificación (Dormición, Asunción…) e no parteluz estatua de Nai de Deus, de pé con Neno sostido tenramente no brazo.
Portada dos Santos (normalmente ao sur): exténdese no gótico. Santos protexen enfermidades, traballo, popularizada a súa vida na Lenda Dourada (obra na que se narra vida e obra de Santos, med S.VIII).
Non había razóns en León para erixir nova catedral, xa que a vella estaba en boas condicións razóns: prestixio da antiga capital do reino nunha época de construción de numerosas catedrais (Burgos, Toledo…).
En todas as catedrais do reino castelano-leonés a iniciativa é episcopal (tamén en León), con apoio ec da monarquía e es casa participación burguesa.
León imita na súa construción as directrices de Burgos, incluso participando os mesmos mestres canteiros (Henrique o francés). Construida moi rápidamente (en só medio século) e sen remodelacións posteriores notables, conserva en estado puro os trazos do gótico clásico do S. XIII León = obra de estilo francés trasplantada a España.
- Trazos: equilibrio e pureza estructura arquitectónica, paramento diáfano, esvelteza de proporcións, impulso vertical e ascensional e estética da luz creada por numerosas vidrieiras de cores.
- Fachada occ presenta 1 peculiar separación das torres lateraisdo corpo central. Na parte inferior fachada tres portadas abucinadas con escultura naturalista típica do gótico de calidade desigual e iconografía que combina 2 tradicións:
unha máis expresiva e dramática no Líntel do Xuicio figuras nerviosas, actitudes forzadas e composicións remexidas nun escenario de profundidade convincente.
outra doce e idealizada formas suaves, ritmo ondulante e canon estilizado ( Virxe Blanca do parteluz).
29. PÓRTICO REAL: CATEDRAL DE CHARTRES
Fachada occ da catedral de Chartres.
Chartres. Ille de France. Med. S. XII.
Portada gótica.
Relevo en pedra.
3 portadas abucinadas.
Iconografía: central (Pantocrátros, tetramorfos, apostoles e anciáns), dereita (Virxe co Neno e infancia Cristo, artes liberais), esquerda (Ascensión, zodiaco), xambas (estatuas-columnas de profetas e reis bíblicos).
- Estatua-columna = volume proxectado hacia diante que comeza a cobrar vida propia paso hacia o futuro desenvolvemento da escultura gótica. Aparece na fachada occ da basílica de S. Denis (hoxe desaparecida) influencia na portada occ de Chartres dez anos despois.
- Fachada occ de Chartres = único que queda da catedral orixinaria, levantada seguindo diectrices de S. Denis a med. S. XII, perdida nun incendio construcción de novo templo (que hoxe vemos) conservando a fachada occ (Pórtico Real), o único que “respetou” as lapas.
- Pórtico Real papel didáctico para ilustrar a iletrados. Nas xambas serie de reis e raiñas bíblicos nome de Portada Real e expresa condición sagrada da realeza e a harmonía monarquía-Igrexa (xa que Ille de France = dominio real).
- Timpano central: Pantocrátor (Cristo en maxestade), rodeado por tetramorfos e apóstoles cos 24 anciáns nas arquivoltas.
- Tímpano dereito: Virxe (símbolo sabiduría) e artes liberais nas arquivoltas.
- Tímpano esquerdo: Ascensión, e zodiaco e mensario nas arquivoltas.
- Estatua-columna (principal novidade) deixa de ser relevo tallado na masa arquitectónica para mudar a estatua bloque independente co seu propio eixe.
- Sen embargo volume conserva forma cilíndrica e abstracta da columna, pero constitúe o 1º paso para recuperar escultura exenta, ignorada en occ dende fin mundo clásico.
30. PORTADA OCCIDENTAL CATEDRAL DE REIMS: ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN.
Reims. Ille de France. c. 1250.
Portada gótica.
Relevo en pedra.
Xambas da beira dereita da portada central.
Iconografía: María e Isabel na Visitación, Anxo e María na Anunciación.
Clasicismo gótico culmina nas estatuas da catedral de Reims. Facer que 2 figuras nas xambas ilustraran unha única escena era toda unha novidade. Pero ademáis na Visitación a composición curva das imaxes en S (contraposto) domina non só vista frontal senón tamén lateral emancipación total do paramento estatuas apoiadas en ménsulas que lle sirven de peana, e as columnas fican como simple decorado arquitectónico.
Colaboración de obradoiros distintos traballando á vez varias mans na súa elaboración conxunto carece de unidade estilística.
- Visitación: Obra de canteiro de gusto monumental e clasicista
Volume de estatuas de masa rotunda.
Pregues finos e complexos que lembrán técnica clásica panos mollasdos.
Suave contraposto, co que xiran os corpos para se comunicar.
Roupaxes inspirados en arte romana.
Xestos e caracterización faces expresan ben o tema, á vez humano e trascendente
- Anunciación: beira esquerda. Características:
Diferentes estilos e mestres canteiros.
Virxe con porte severo e eixe de ríxida verticalidade pregues rectos e tubulares. Aire sobrio e serena dignidade.
Expresión Virxe contrasta con espóntaneo sorriso do Anxo, con face refinada e redonda, de gracilidade preciosista, trazos dun estilo elegante cortesán que dende París espállase por todo o gótico francés no XIII.
0 comments
Post a comment