U N I D A D E 6 Arte Románica

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    U N I D A D E 6 Arte Románica - Presentation Transcript

    1. UNIDADE 6 ARTE ROMÁNICA Borja Campos Seijo I.E.S García Barbón (Verín)
    2. 1. O PRIMEIRO ESTILO EUROPEO: O ROMÁNICO
      • - Arte románica = arte da Plena Idade Media europea (S. XI-XIII). Primer estilo europeo, é unha arte con numerosas variantes rexionais, pero a pesar desto, conta cunha unidade manifestada en:
      •  Función relixiosa  arte creada pola Igrexa para os fieis  simbolismo e significado trascendente.
      •  Concepción espacial de tipo monumental (igrexas)  equilibrio solidez-trascendencia.
      •  Fórmulas constructivas variadas rexionalmente pero con estructura común.
      •  Imaxe plástica conceptual, esquemática e abstracta  percibir inmaterial e divino.
      • - Contexto histórico do Románico = fase de prosperidade (tras escura Alta Idade Media) na Plena I.M  florecemento ec, demográfico, urbán e expansión Cristiandade  mentalidade profundamente relixiosa  vida humana = duro camiño (val de lágrimas) ata salvación.
    3.  
    4.  
      • Expansión Cristiandade medieval 
      •   mosteiros (reforma de Cluny, S XI) = dominios feudais e evanxelizadores do rural europeo.
      •   prestixio e influencia Papado.
      •   peregrinacións (Roma, Xerusalén, Santiago) e culto ás reliquias  igrexas de peregrinación (Catedral de Santiago, Sta Fe de Conques,…).
      • - Cronoloxía do Románico:
      • a) Primeiro románico (fin S. X e inicios XI): primeiras experiencias illadas e coincidentes (Cataluña, Lombardía, Borgoña…).
      • b) Románico pleno (2ª ½ S XI e 1ª ½ S. XII): madurez (grandes igrexas de pergrinación).
      • c) Románico tardío (fin S XII e XIII): que coincide coa renovación do Cister e nacemento 1º gótico.
      • Románico = 1º estilo cristián en valorar exterior do edificio  interese polo exterior:
      •  Xogo de volumes : desde alto ciborio ata presbiterio, ábside, deambulatorio e absidiolos do testeiro.
      •  Articulación muro exterior : contrafortes, arcadas, molduras, e elementos decorativos (vans xeminados e arquiños lombardos).
      •  Torres : valor simbólico (fortaleza).
      •  Fachada : incluindo portada na parte baixa, mentres nos niveis superiores arcadas cegas, fornelos e a partir do S. XII o rosetón.
    5.  
      • Interior templo románico  madurez en románico pleno  tipoloxía de igexa de peregrinación (Santiago, Sta Fé de Conques, San Martin de Tours…) = grandes templos con estes trazos:
      •  Planta cruz latina.
      •  De 3 a 5 naves, que continúan no transepto.
      •  Cubertas de boveda de canón nas naves centrais e arestas nas laterais.
      •  Cruceiro pronunciado, coronado con ciborio.
      •  Deambulatorio (nave anular que rodea o testeiro) con absidiolos.
      •  Articulación mural.
      •  Valoración do exterior do edificio (trazos anteriores).
    6. 2. ARTES FIGURATIVAS ROMÁNICAS
      • Complemento arquitectura románica  artes figurativas (escultura e pintura), non só adorno, senón que aportan significados e símbolos imprescindibles  integración na arquitectura  formas de escultura e pintura adaptadas ao emprazamento.
      • Imaxe non representa realidade ou natureza, senón 1 idea, 1 concepto que se transmite aos fieis de xeito claro e doado de comprender  biblia para os que non saben ler  antinaturalismo, esquematismo e hieratismo, pero tamén calidade artística.
      • Inicio artes figurativas no románico coa pintura (ábsides, muros, bóvedas,…), máis tarde incorpora escultura  claustros historiados e portadas.
      • - Gran novidade do románico = portada  de 1 a 3 arcos, situada na entrada/as do templo (= ingreso en lugar divino). Partes:
      •  Tímpano.  Arquivoltas.  Lintel.  Parteluz.  Xambas.
      •  Porta abucinada
      • - Inclúe escultura  desenrolo programa iconográfico = conxunto de episodios sagrados relacionados entre sí.
      • - Tímpano recolle a Teofanía (presenza divina)  temas: sobre todo Cristo apocalípitco (Xuizo Final) na mandorla con Tetramorfos (símbolos 4 evanxelistas)  exemplos: Moissac, Vezelay, Pórtico Gloria.
    7.  
      • Artes plásticas  evolución  a partir S.XII avance naturalismo  en escultura as figuras comezan a emanciparse do marco arquitectónico (Pórtico da Gloria). Naturalismo por nova mentalidade que valora o mundo material, xa non reflexo deforme do mundo espiritual, senón tamén obra de deus  a natureza e avida xa non son “val de bágoas” senón oportunidade de vivir.
      • Así a partir S XII inicio cambio en escultura con 2 etapas:
      •  Escultura despégase da parede  relevos  estatuas-columnas (escultura adosada a columna)  estatuas exentas sobre columnas.
      •  Escultura conquista espacio propio  prescinde do muro e domina o espacio circundante.
    8. 22. CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
      • Catedral do arcebispado de Santiago.
      • 1075-1188 con remodelacións barrocas.
      • Arquitectura románica.
      • Tipoloxía: Igrexa peregrinación.
      • Planta cruz latina.
      • Partes: 3 naves, tribuna, cruceiro e deambulatorio.
      • Bóvedas de canón e arestas.
      • Aínda que descuberta no século IX, as peregrinaxes á tumba do apóstolo Santiago comezaron masivamente no século XI  itinerario de peregrinación (Camiño de Santiago) polo que transitan ideas e formas culturais que acercan Europa aos reinos peninsulares.
      • En 1075 ante  peregrinaxes  decisión do bispo (Diego Peláez) de erguer nova catedral  interrupción das obras  reanudación baixo arcebispo Xelmírez (gran impulsor Catedral).
      • 4 mestres de obra:
      • a) Bernardo o Vello (inicio obras  modelo de planta e inicio testeiro).
      • b) Estevo (remate testeiro e realización cruceiro e portadas N e S).
      • c) Bernardo o Mozo (avance corpo occidental).
      • d) Mateo (remate edificio co nártex = Pórtico da Gloria).
      • - Planta cruz latina con tres naves que continúan no transepto e aseguran a circulación dos fieis. Nártex (Pórtico da Gloria) e portadas nos extremos do cruceiro (N = Acibechería e S = Praterías).
      • - Testeiro con deambulatorio (nave semicircular que rodea o altar), e coroado con 5 absidiolos, e outros 2 pares no transepto.
      • - Exterior románico (hoxe transformado) graduado en volumes e articulado.
      • - Nave central cuberta con bóveda de cañón peraltada, construida en tramos e reforzada con arcos faixóns, que concentran empuxes verticais en piares cruciformes e empuxes diagonais recollidos por naves laterais e trasladados a piares externos en grosos muros reforzados por contrafortes.
      • Naves laterais cubertas con bóvedas de arestas. Diferencia de altura nave central e laterais  tribuna (piso superior) que asoma á nave central con vans xeminados, e serve para albergar aos fieis, iluminar a nave central e colaborar no sostemento do edificio.
      • Espacio integra 2 valores contradictorios:
      •  Solidez: muros grosos con vans mínimos  sensación de protección, seguridade e permanencia.
      •  Espiritualización: ámbiente espiritual e trascendente grazas á articulación muros.
      • - Existe direccionalidade dende pés ata testeiro  itinerario marcado polo ritmo das arcadas laterais ata altar (meta) e centro focal do templo ( camiño hacia salvación )
    9. 23. PORTADA DE PRATERÍAS
      • Portada sur da Catedral de Santiago de Compostela.
      • Mestre Estevo e outros. Inicios S. XII.
      • Escultura románica.
      • Relevo en caliza e mármore.
      • 2 portas abucinadas con friso e contrafortes.
      • Entre 1100 e 1115 tállanse as dúas portadas do cruceiro da catedral de Santiago. Os investigadores creron descubrir un primitivo programa iconográfico para toda a catedral, con temas asignados a cada portada. Sen embargo varios atrancos dificultan a comprobación desta hipótes: así a portada norte de Acibachería foi destruida no século XVIII e algúns dos seus relevos incluíronse en Praterías.
      • Praterías presenta abundante escultura nos tímpanos, xambas e friso superior. Partes:
      •  Friso : gran variedade de pezas (orixinais ou procedentes de Acibachería)  Pantocrátor, temas esotéricos (símbolos zodiacais) e temas sacros do Antigo Testamento ( Abraham saíndo da súa tumba ) de forte expresividade, e do Novo ( Transfiguración do apóstolo Santiago).
      •  Tímpano dereito : desenvolve tema dobre natureza de Cristo (humana e divina)  2 rexistros superpostos:
      • a) Superior: Adoración dos Magos (recoñecemento divinidade).
      • b) Inferior: Paixón (sufrimento humano)
      • Na esquerda Curación cego nacemento (redención pecado orixinal).
      •  Tímpano esquerdo : tamén dobre natureza Cristo  Tentacións.
      • Na dereita figura feminina con calaveira de discutida interpretación (¿Eva?) acusada por misoxinia de cregos de estender o pecado e morte polo mundo  calaveira (símbolo de morte) oposta a Virxe e Cristo (vida e salvación).
      •  Contraforte lateral esquerdo : 2 relevos  arriba Creación de Adán e abaixo rei David (sedente cun instrumento musical e aplastando morea de monstruos).
      • - Praterías = unha das portadas + relevantes do pleno románico. Ainda que atopamos nela unha calidade desigual  artistas distintos (ata catro distinguen os historiadores).
      • - Salientan obras mestras coma o David ou Eva = imaxes ainda sometidas a esquemas xeométricos e que forman parte do paramento, pero presentan tamén vitalidade (achegamento a naturalismo)  prenaturalismo en detalles anatómicos contrastando con convencionalismos (pregues…).
    10. 24. PÓRTICO DA GLORIA
      • Portada occidental da Catedral de Santiago de Compostela.
      • Mestre Mateo. C.1868/88.
      • Escultura románica do século XII.
      • Relevo e esculturas adosadas en caliza e mármore.
      • Nártex con tres portas, as laterais sen tímpanos.
      • Na 2ª ½ S. XII realízase a fachada occidental da Catedral de Santiago baixo a dirección do Mestre Mateo, quen levanta (xunto a súa cuadrilla de canteiros) a arquitectura occidental coa escultura incluida.
      • A fachada occidental tiña que salvar o desnivel con respecto ao testeiro  problema resolto por Mateo introducindo unha cripta baixo o Pórtico (chamada Catedral Vella) diante da cal unha escaleira daba acceso ao templo (remplazada logo por barroca do Obradoiro). Sobre o Pórtico prolonga a tribuna e iluminando desde os pés a nave central cun amplo rosetón. Conxunto de fachada occidental completábase con 2 torres.
      • Unha das novidades + importantes é a concepción espacial do Pórtico da Gloria no interior do nártex  o nártex enteiro aparece envolto por figuras  os fieis ao entrar no templo atopábanse non diante senón no interior dunha portada (efecto espacial estragado hoxe pola fachada barroca do Obradoiro)
      • Programa iconográfico do pórtico está hoxe sometido a discusión, ainda que todas as interpretacións coinciden en sinalar como tema a visión apocalíptica.
      • Tres portadas separadas por piares que descansan, como o parteluz, sobre cabezas monstruosas típicas románicas = mundo diabólico esmagado pola Gloria divina edificada sobre él.
      • Portada central, partes:
      •  Parteluz: percorre o camiño entre mundo diabólico (inferior) a Gloria superior. Na base 1 home (¿Hércules, Sansón?) abrangue cos brazos 2 leóns, por riba á arbore de Xesé (xenealoxía de Cristo). No capitel a Trinidade e sobre ela as Tentacións de Cristo refiren a triunfo sobre pecado. Interrompe narración a fig de Apóstolo Santiago, na parte alta do parteluz, con postura arcaica en aspa. Na parte baixa posterior, mirando a altar, figura pequena (¿Mestre Mateo? Por mans e cabeza grande)  Santo dos croques.
      •  Tímpano: Visión apocalíptica  preside Pantocrátor con sinais cravos en mans e pés, sentado e rodeado de tetramorfos, anxos con símbolos paixón e diminutas figuras dos 144.000 elixidos. Na arquivolta dispostos radialmente aparecen os 24 anciáns do apocalipsis con instrumentos musicais. O tímpano representa o peor (rixidez e hieratismo do Pantocrátor) e o mellor (os anciáns individualizados en posturas espontáneas e realistas dialogando entre eles) da obra de Mateo.
      •  Xambas: profetas (esquerda) e apóstolos (dereita) en figuras que se independizan das súas columnas, e toman vida con movementos, expresións, xestos leves, e diálogo e miradas entre eles  naturalismo e individualización dos personaxes (retratando carácter).
      • - 2 portadas laterais (sen tímpanos)  interpretación discutida. Enlazan coa partada central a través de anxos que conducen almas.
      • a) Arco esquerdo: 2 arquivoltas, quizáis representación da anástase ou quebrantamento dos infernos simbolizado por Deus conducindo á Gloria a figuras condenadas (representadas presas por unha corda).
      • b) Arco dereito: aparece Cristo e arcanxo S. Miguel e condenados á dereita (demos torturando) e elixidos á esquerda (simbolizados como nenos por inocencia)  típica imaxe infernal románica.
    11. 25. COLEXIATA DE SAN ISIDORO LEÓN
      • Templo real da monarquía leonesa.
      • León. Finais do século XI e inicios XII.
      • Arquitectura románica
      • Tipoloxía: inicios basilical, transepto añadido posteriormente.
      • Inicio construción a fin S. XI e inicios XII, en sustitución dunha basílica anterior. Presenta evidentes desaxustes debido tanto a estar a súa construción constrinxida polos edificios do entorno coma tamén porque planificado coma edificio rectangular con tres naves rematadas en ábsides, foi modificado sobre a marcha  transepto, testeiro ensanchado e elevación cubertas.
      • Planta cruz latina con tres naves, cruceiro e tres ábsides, con cubertas con bóveda de canón e tamén crucería nos últimos tramos occ.
      • Anomalías son perceptibles (por cambio de planos ou desaxustes):
      •  Anchura pés menor que testeiro.
      •  Muro con aparello e proporcións distintos.
      •  Inseguridade nos últimos tramos  bóvedas de crucería e engrosamento dos contrafortes.
      •  Emprego de pedra na bóveda do cruceiro e de adobe na central
      • A pesar disto, colexiata = magnífica mostra do románico pleno  iluminación abrindo grandes vans sobre arquerías nave central e esvelteza proporcións.
      • Elementos arquitectónicos tomados da tradición peninsular = arcos peraltados, de ferradura ou polilobulados.
      • Destacan capiteis historiados  temas variados: Sacrificio de Isaac, Sansón, acróbatas …  modelado suave e seguro (figura e pregues), dominio do volume que desborda marco arquitectónico e figuras ben resoltas en corpos e movimentos con magníficos nus.
    12. 26. PORTADAS DA COLEXIATA DE SAN ISIDORO LEÓN
      • Portadas meridionais da basílica de S. Isidoro (do Cordeiro na nave lateral, e do Perdón no extremo do cruceiro).
      • León. 1ª ½ do S.XII.
      • Portadas románicas.
      • Relevo en caliza e mármore.
      • 2 portadas no lado sur da basílica  destaca a Portada do Cordeiro , aberta nun corpo sainte da nave lateral. Flanqueada por 2 columnas en cada banda sobre as que arrancas 2 arquivoltas abucinadas que acollen o tímpano, do que terman na liña de impostas 2 cabezas de carneiro.
      • En 2 rexistros superpostos articúlanse arriba o Agnus Dei ( Cordero de Deus ) no seu círculo de Eternidade, con 2 anxos tenentes + outros 2 portadores da cruz nos extremos.
      • Rexistro inferior: historia de Sacrificio de Isaac  de dereita a esquerda: Sara (dona de Abraham) os despide na tenda, Isaac monta asno camiño monte, no centro Abraham a piques de degolar ao seu fillo cando é detido por Dextra Dei (man de Deus) e un anxo amósalle o cordeiro. A esquerda 2 figuras máis: unha feminina e un home tirando frecha con arco  interpretados coma Agar (escrava de Abraham) e o seu fillo Ismael, contrapostos a Sara e Isaac na dereita  posible simbolismo = Reconquista  árabes (Agar/Ismael) vs cristiáns (Sara/Isaac).
      • Sobre tímpano  friso corrido con relevos (zodiaco). Nas enxoitas, en menor tamaño, David con músicos, e outras 2 pezas, S Isidoro e S. Paio.
      • Portada do Perdón: no brazo S do cruceiro, é + serodia e – relevante  tímpano con 3 escenas: Descendemento da Cruz (sen S. Xoán por falta espazo), na dereita Tres Marías ante sepulcro baleiro , e na esquerda Ascensión. Nas beiras do tímpano dúas figuras +, S. Pedro e S. Pablo.
    13. 27. PANTEÓN REAL DA COLEXIATA DE SAN ISIDORO LEÓN
      • Enterramento real da monarquía leonesa.
      • León. 1ª metade S. XII.
      • Pintura románica.
      • Técnica de temple.
      • Muros e bóvedas decoradas.
      • Iconografía: bóvedas (anunciación pastores, matanza inocentes, derradeira cea, paixón, apocalipse e pantocrátor), intradoses (mensario e zodiaco) e muros (anunciación, visitación e crucifixión).
      • - Nos pés da basílica de S. Isidoro  Panteón Real, disposto en 2 andares:
      •  Abaixo: enterramento rexio  1 cámara dividida por dúas grosas columnas en 6 tramos con bóvedas capialzadas.
      •  Arriba: tribuna rexia  apertura á nave central da basílica a través dun gran arco hoxe cegado no muro occidental.
      • - Excelentes capiteis (motivos vexetais) e pintura mural nos muros e bóvedas = obra mestra do románico.
      • - Muros laterais: temas referidos á Virxe (Anunciación, Visitación) e Crucifixión.
      • - Bóvedas: mellores exemplos de pintura en seis bóvedas capialzadas (destaca sobre todo a Anunciación aos pastores). Intradoses: motivos xeométricos e vexetais, mensario e zodiaco. Todo o conxunto con cores de tons suaves e debuxo preciso  aire fresco, espontáneo e inxenuo.
      • Mellor exemplo = Anunciación dos pastores, imaxinativa e doada de entender  disposición das figuras aproveitando a curvatura bóveda, relacionando aos personaxes sen amorealos nos catro planos da bóveda. Esto non impide a unidade do conxunto coa iluminación, os xestos que se intercambian e o ritmo lineal que abanea por igual ós pastores, animais e vexetación. Convencionalismos románicos (bidimensionalidade, frontalidade, simbolismo), pero tamén modelado e claroscuro  consistencia ás figuras.
      • Sen embargo, fican sen resolver problemas iconográficos  dificultade de explicar fío temático que vai dende escenas da vida da Virxe e a infancia de Cristo á imaxes apocalípticas.

    + camposseijocamposseijo, 2 years ago

    custom

    544 views, 0 favs, 1 embeds more stats

    Galego

    More Info

    © All Rights Reserved

    Go to text version
    • Total Views 544
      • 542 on SlideShare
      • 2 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 8
    Most viewed embeds
    • 2 views on http://profesorborja.blogia.com

    more

    All embeds
    • 2 views on http://profesorborja.blogia.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as innappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel