TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA - Presentation Transcript

    1. HISTORIA DE ESPAÑA TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
    2.  
    3. 1. TRANSICIÓN.
      • Transición democrática = proceso histórico de paso dunha ditadura á normalidade democrática. Cronoloxía controvertida para historiadores:
      •  Para algúns: 1975 (morte de Franco) a 1977 (Lei de Reforma Política  eleccións democráticas.
      •  Para outros: 1975 a 1978 (Promulgación Constitución).
      •  Outros á prolongan até 1982 (vitoria electoral do PSOE) ou incluso a 1986 (entrada de España na CEE).
      • Trazos característicos da Transición:
      •  Equilibrio entre reforma e ruptura  desaparición das institucións franquistas sen necesidade de rupturas revolucionarias.
      •  Consenso : acordo entre forzas políticas e sociais  “ olvido necesario” da Guerra Civil.
      •  Lexitimación popular dos cambios e acordos  referendo para aprobación da Lei de Reforma Política e da Constitución do 78, eleccións do 77.
      • A) PROCLAMACIÓN DE XOÁN CARLOS I.
      • Morte de Franco (20 de novembro 1975)  mecanismos de sucesión do estado franquista (Lei de Sucesión, 1947)  proclamación de Xoán Carlos I coma rei de España e Xefe do Estado, tras xuramento das Leis e Principios Fundamentais do Movemento. Gran parte da oposición democrática vía no novo rei un mero continuador da obra de Franco.
      • O novo rei accedía ao trono en virtude da legalidade franquista pero non seguindo a lexitimidade dinástica, que correspondía ao seu pai Don Xoán de Borbón  demora da solución ata maio de 1977  cesión de dereitos dinásticos de Don Xoán ao seu fillo.
      • B) O PRIMEIRO GOBERNO DA MONARQUÍA.
      • - Continuación de Arias Navarro coma presidente de goberno  composición heteroxénea  todas as familias do franquismo representadas, dos máis conservadores aos reformistas:
      •  Continuistas (Arias Navarro): permanencia modelo franquista con algunhas reformas (concesión dalgúns dereitos).
      •  Reformista-continuista (Manuel Fraga): tímida reforma política (sufraxio universal para elección do Congreso, non do Senado) e continuación do sistema franquista.
      •  Reformista (Adolfo Suárez): consecución dunha verdadeira democracia.
      • - Carlistas dividíronse en 2 ramas (socialista e conservadora)  enfrontamento armado nunha manifestación en Montejurra (maio 1976)  desaparición política do carlismo.
      • A oposición democrática reclamaba o restablecemento inmediato da democracia e a ruptura coas institucións franquistas  formación Coordinación Democrática ( Plataxunta ) = organismo que unía a todas as forzas da oposición democrática.
      • - Paralización de reformas por Arias e o búnker   conflictividade laboral (folgas e manifestacións) por motivos económicos (crise e reconversión  despidos, alza prezos), políticos (reivindicacións democráticas e nacionalistas, sobre todo en Cataluña)  dura represión polo goberno (5 mortos en Vitoria).
      • - Estas accións  evidencia do inmobilismo do goberno Arias Navarro  demostración de ineficacia para afrontar reformas democráticas  demisión de Arias (forzada polo rei) en xullo de 1976.
      • C) GOBERNO DE ADOLFO SUÁREZ: INICIO DAS REFORMAS.
      • Demisión Arias  Xoán Carlos I elixe a Adolfo Suárez coma presidente do goberno e a Torcuato Fernández Miranda presidente das Cortes = 2 figuras políticas favorables ás reformas democráticas.
      • Elección de Adolfo Suárez  decepción na oposición, pois pensaban que continuaría coa liña política propia do franquismo. Sen embargo os obxectivos últimos de Suárez = democratización e celebración de eleccións xerais  inicio de reformas democráticas:
      •  Renuncia da Coroa ao dereito de presentación de bispos.
      •  Amnistía para os delitos políticos (agás o terrorismo).
      •  Ampliación da liberdade de expresión e tolerancia.
      •  Inicio de entrevistas cos principais líderes da oposición democrática para iniciar a legalización dos principais partidos e sindicatos.
      • As reformas  protestas e manifestacións desde posicións extremas:
      •  Organizacións políticas opositoras ao franquismo (ETA, GRAPO…)  consideran as reformas insuficientes  aumento atentados.
      •  Extrema dereita (ultras) non aceptan ningún tipo de cambios  violencia.
      • Ante os cambios anunciados por Suárez  reorganización das forzas políticas:
      •  Dereita: forzas procedentes do franquismo (Manuel Fraga)  Alianza Popular (AP).
      •  Centro: democratacristiáns e liberais  futura UCD (Unión de Centro Democrático).
      •  Oposición democrática  no exilio formación Plataforma de Organismos Democráticos ( Superplataxunta ).
      •  Esquerda: destaca o Partido Comunista (aínda na clandestinidade).
      • Para conseguir sacar adiante as reformas, Suárez debía contar co acordo do exército (= principal sostén do franquismo e sector máis reacio a aceptar reformas democráticas)  reunión da cúpula militar con Suárez en setembro de 1976  o exército acepta as reformas e a futura legalización de partidos, agás a do Partido Comunista
      • Principal reforma do goberno Adolfo Suárez = Lei para a reforma política  convocatoria de eleccións xerais democráticas para formar novas Cortes.
      • Para que a lei entrara en vigor tiña que ser aprobada polo Consello Nacional do Movemento e as Cortes franquistas  o Consello emitiu un informe favorable sobre o proxecto de lei e enviouno ás Cortes franquistas para a súa discusión (novembro 1976)  aprobación por gran maioría (o que significaba a súa autodisolución  Cortes haraquiri ).
      • Tras a súa aprobación polas Cortes  a Lei debía ser refrendada polo pobo español en referendo (15 de decembro)  aprobación por ampla maioría (77% de participación, 94% de votos afirmativos).
    4.  
    5.  
      • Complementarias á Lei para a Reforma política  medidas democratizadoras:
      •  dereito de folga.
      •  amnistía presos políticos.
      •  legalización sindicatos.
      •  disolución Movemento Nacional.
      • Paralelamente á reforma  presións da oposición para legalización de todos os partidos  legalización do PSOE (liderado por Felipe González) a finais de 1976 pero aínda non do Partido Comunista .
    6.  
      • D) AS ELECCIÓNS DE 1977.
      • - Tras aprobación da Lei reforma política  organización por Suárez das eleccións xerais  numerosas dificultades:
      •  Aumento da violencia de ultradereita e ultraesquerda en xaneiro de 1977:
      •  Ultradereita: matanza de avogados laboralistas da rúa Atocha (ligados ao PCE).
      •  Ultraesquerda: secuestros e atentados do GRAPO contra militares, políticos, policías e gardas civís.
      - Ao mesmo tempo tamén fixéronse avances:  Legalización do Partido Comunista: Suárez anunciouna o 9 de abril de 1977, despois de manter entrevistas secretas co seu secretario xeral, Santiago Carrillo. A cambio da legalización, o PCE aceptaba a monarquía, a bandeira real, a unidade de España e a democracia. - Legalización PCE  profundo malestar e oposición no exército - Paralelamente as eleccións quedaron fixadas para o día 15 de xuño.
    7.  
      • Convocatoria de eleccións xerais  creación de numerosas organizacións políticas para concorrer a elas (78 partidos = sopa de siglas). Ao mesmo tempo moitos exiliados retornaban a España (Pasionaria, Rafael Alberti...).
      • Numerosos partidos  coalicións por afinidade política para obter mellores resultados nas eleccións. Principais partidos:
      • a) UCD (Unión de Centro Democrático): forzas de centro = antigos franquistas favorables ás reformas democráticas, democratacristiáns, liberais, centristas e socialdemócratas,…, liderados por Adolfo Suárez.
      • b) Partido Socialista , presentouse dividido: PSOE (Partido Socialista Obreiro Español) liderado por Felipe González e PSP (Partido Socialista Popular) de Enrique Tierno Galván.
      • c) Partido Comunista de España (PCE), de Santiago Carrillo.
      • d) Alianza Popular (AP), encuadraba a forzas de dereita e a maioría de antigos políticos franquistas (Manuel Fraga).
    8.  
    9.  
      • Normativa electoral:
      •  Congreso dos Deputados: por listas electorais elaboradas por cada partido  representación proporcional correxido por regra D´Hont:
      • * circunscrición provincial . Número de escanos en cada provincia en función da súa poboación.
      • * mínimo de 3% dos votos nesa circunscrición para ter escano.
      • * escanos atribuidos aos maiores coeficientes resultantes de dividir o total de votos de cada lista electoral por 1, 2, 3… ata o número de escanos a cubrir.
      •  Senado: sistema de candidaturas individuais ( vótase ao nome ), aínda que elaboradas polos partidos.
      • Resultados das eleccións de xuño de 1977: Vitoria da UCD, seguida de PSOE, PCE terceira agran distancia e cuarta AP, nacionalistas vascos e cataláns tamén obtiveron representación
    10.  
    11. 2. A CONSTITUCIÓN DE 1978
      • Eleccións de 15 de xuño de 1977  cortes constituíntes  formación dunha comisión parlamentaria de 7 deputados para redactar unha constitución (3 de UCD, 1 do PSOE, 1 de AP, 1 de PCE e 1 de PDC = nacionalistas cataláns).
      • Tras a súa presentación  apertura dun prazo de enmendas para ser debatidas e introducir modificacións ou non á Constitución  aprobación polo Congreso e Senado por maioría absoluta (31 outubro 1978)  aprobación en referendo polo pobo español o 6 de decembro).
    12.  
    13.  
      • Constitución de 1978  principios (Título Preliminar = recolle espírito da lei):
      •  Definición de España = Estado social e democrático de dereito  estado que recoñece a participación cidadá e a soberanía popular (democrático), a pluralidade política (= existencia de diferentes partidos políticos, organizacións sindicais e empresariais) e onde todos os individuos e organismos están subordinados á Constitución e as leis (de dereito). O principio de social = máis difuso  dereitos sociais (educación, ¡¡¡ vivenda, traballo!!! , sanidade…) na Constitución actúan coma orientacións non coma normas xurídicas ríxidas.
      •  Foma política = monarquía parlamentaria.
      •  Foma do Estado = unitario que recoñece e garante o dereito das rexións á autonomía política  Estado das autonomías .
      •  Linguas oficiais = castelán na totalidade do Estado e autonómicas en cada unha das súas comunidades.
      • Constitución 1978  dereitos e deberes dos cidadáns/ás españois (Título I).
      •  Os dereitos poden agruparse en 3 grupos:
      •  Dereitos civís: vida, integridade física, igualdade, liberdade, habea corpus (proceso xudicial con garantías), propiedade, residencia, abolición tortura e pena de morte…
      •  Dereitos políticos : liberdade de expresión sen censura, reunión, manifestación, asociación (partidos políticos, sindicatos,…), folga, a participar en política (elexir e ser elexido).,..
      •  Dereitos sociais : traballo, salario digno e suficiente, educación, vivenda…
      •  Deberes: a cumprir coas leis e respetar os dereitos de outros cidadáns/ás, a defender á patria, á contribución ao gasto público segundo a capacidade económica…
      • Para protexer e facer cumprir dereitos e deberes  tribunais e garantías xudiciais do Estado  Tribunal Supremo, Tribunal Constitucional, Defensor do Pobo…
      • En casos excepcionais e de emerxencia  posibilidade de suspensión temporal de dereitos e garantías constitucionais polo Estado (Estado de excepción, estado de sitio…).
    14.  
      • Ademáis de dereitos e deberes, Constitución  funcionamento do estado democrático  organización dos diferentes poderes e institucións:
      •  Coroa (Título II): rei = Xefe do Estado  funcións (+ significativas):
      • - sancionar e promulgar as leis aprobadas polas Cortes.
      • - Convocar e disolver as Cortes.
      • - Convocar eleccións e referendos.
      • - Nomear ao presidente do Goberno e aos seus ministros.
      • - Mando supremo das forzas armadas.
      • - Declarar guerra e paz, previa autorización das Cortes .
      • En realidade, a pesar de todas estas funcións, o rei non pode decidir por sí mesmo ningunha nin negarse a cumprir algunha  refrendo (firma xunto coa do rei do ministro correspondente ou do Presidente do goberno nas leis ou decretos, que o fai responsable das mesmas)  o rei reina, pero non goberna  funcións reais únicamente representativas e de arbitro entre opcións políticas. Para o desempeño das súas funcións, a Casa Real (familia do rei) recibe unha asignación anual do orzamento xeral do Estado, que pode administrar libremente.
    15.  
      •  Cortes xerais (Título III): bicamerais  Congreso dos Deputados e Senado.
      • - Os cidadáns elixen aos seus representantes en Cortes na circunscripción electoral (cada provincia) cada catro anos (eleccións xerais), de 2 maneiras:
      • a) Congreso dos Deputados: número de deputados por provincia é proporcional á súa poboación (mínimo 1 deputado).
      • b) Senado: 4 por provincia, 1 por CCAA e 1 por cada millón de habitantes de cada CCAA.
      • - As Cortes  exercen poder lexislativo = elaboran e aproban as leis  requisitos para aprobar unha lei:
      •  Iniciativa lexislativa (quen elabora a lei?): a poden elaborar e presentar a tramite o Goberno, os gobernos das CCAA, as Cortes ou o propio pobo (iniciativa popular = 500.000 firmas).
      •  Proxecto de lei (presentala ás Cortes): tras ser elaborada  aprobación por Consello de Ministros  presentación nas Cortes por quen a elabora  debate.
      •  Aprobación : a lei debe ser aprobada no Congreso  tras o mesmo debe ser debatida e aprobada no Senado. En caso negativo á devolta ao Congreso para rectificala.
      •  Sanción e promulgación : o rei (Xefe de Estado) sanciona e promulga a lei  publicación no BOE (Boletín Oficial do Estado)  entrada en vigor.
      • Excepcións a este trámite:
      •  votación popular (referendo), en casos excepcionais.
      •  Decreto-lei (máis común)  as Cortes (Congreso e Senado deben aprobalo ou rexeitalo nun prazo de 30 días, pero non poden afectar a institucións básicas ou dereitos, deberes ou liberdades dos españois.
      •  Goberno (Título IV): exerce o poder executivo.
      • - Dirixido polo Presidente do Goberno (elixido polas Cortes na súa investidura e nomeado polo rei)  elección dos seus ministros (nomeados polo rei a petición do Presidente de Goberno).
      • - Funcións do Goberno:
      •  Dirixe política exterior e interior (función executiva).
      •  Dirixe administración civil e militar.
      •  Defensa do Estado .
      •  Poder xudicial (Título VI):
      • Xustiza emana do pobo e adminístrase en nome do rei polos tribunais de xustiza.
      • Principais tribunais:
      •  Tribunal Supremo: órgano xurisdiccional superior (agás en temas relativos á Constitución).
      •  Tribunal Constitucional: órgano xudicial supremo en materais relativas á Constitución (leis inconstitucionais, violación dereitos e liberdades, relación entre CCAA e éstas co Estado…).
      • O órgano de goberno do poder xudicial = Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), formado por xuíces e maxistrados, e elexidos polas Cortes.
      • Os cidadáns poden participar nas decisións xudiciais a través dos xurados populares  transmiten aos xuíces os seus veredictos sobre culpabilidade ou inocencia.
      •  Comunidades autónomas (Título VIII):
      • Constitución  modelo de estado  Estado das autonomías = foma mixta entre Estado centralizado e federal.
      • 17 comunidades autónomas  organización a través dos seus respectivos Estatutos de autonomía  órganos de goberno diferenciados
    16.  
    17. 3. OS GOBERNOS DA UCD (1977-1982)
      • 2 etapas:
      • a) Gobernos de Adolfo Suárez (1977-1981).
      • b) Goberno de Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982).
      • A) GOBERNOS DE SUÁREZ (1977-1981).
      • Vitoria da UCD en 2 procesos electorais (xuño 1977 e marzo 1979)  reformas de Suárez:
      •  Reforma do exército: para adaptalo ao novo marco constitucional levada a cabo por Gutiérrez Mellado (vicepresidente e ministro Defensa)  medidas concretas:
      •  ocupación dos mandos militares por oficiais máis xoves e preparados.
      •  aumento do orzamento do exército
      •  modernización da tecnoloxía e armamento militar.
      •  Pactos da Moncloa (outubro 1977): acordo dos axentes sociais (goberno, sindicatos, empresarios)  estratexia común para lograr estabilidade mediante a consolidación da democracia, a redución da conflictividade social e a loita contra a crise económica (crise 1973)  resultados positivos:
      •   inflación.  Mellora da balanza de pagamentos.
      •  Melloras para os traballadores  primeiras eleccións sindicais (1978) e elaboración Estatuto dos traballadores.
      •  Reforma fiscal: novo sistema impositivo proporcional á renta e o patrimonio (IRPF= Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas).
      •  Relacións exteriores : novo acordo co Vaticano (substituindo ao Concordato de 1953 e mellora das relacións con Europa (negociacións para a entrada de España na CEE).
      •  Proceso autonómico: principal cuestión pendiente dos gobernos de Suárez. Constitución de 1978  creación dun estado unitario con posibilidade de constituir autonomías ás rexións que o solicitasen (artigo 151, para comunidades históricas, e 143 para o resto que o desexase).
      • - Entre 1978 e 1983 o Estado español quedou dividido en 17 Comunidades Autónomas, rexidas polos seus respectivos Estatutos de Autonomía.
      • - As Comunidades históricas (Cataluña, País Vasco e Galicia) chamadas así, por formalizar os seus Estatutos durante a II República, podían acceder á autonomía de maneira máis rápida e con maiores competencias delegadas.
      • Evolución do proceso autonómico:
      •  Cataluña: primeira en retomar a cuestión autonómica  retorno do exilio de Josep Tarradellas (presidente da Generalitat)  entrevista con Suárez e rei  restablecemento provisionalmente do Estatuto ata que se elabore un novo  aprobación maioritaria do mesmo polo pobo catalán (outubro 1979). Nas eleccións autonómicas triunfo de CiU (Converxencia e Unión = coalición formada polos partidos Converxencia Democrática de Cataluña e Unión Democrática) liderada por Jordi Puyol, que gobernará Cataluña até o ano 2003.
      •  País Vasco: temperán acceso á autonomía (1979), como Cataluña. Sen embargo difire de ela en varios aspectos importantes:
      •  Non aceptación da Constitución por parte da sociedade vasca  apoio a organizacións nacionalistas radicais.
      •  Peculiaridades históricas herdadas, derivadas da pervivencia dos foros ata o século S.XIX (concertos económicos, deputacións forais…).
      •  Terrorismo  dificultade para o normal desenvolvemento autonómico.
      • - Tras a aprobación do Estatuto de autonomía (outubro 1979)  vitoria do PNV nas eleccións vascas (no goberno até 2009).
    18.  
      •  Andalucía: accedeu á autonomía pola chamada vía rápida (artigo 151 e non 143) argumentando unha identidade histórica propia, que a equipararía en dereitos coas nacionalidades históricas  aprobación Estatuto de Autonomía andaluz en referéndum en feb de 1980  aceleración do acceso á autonomía para otras rexións.
      •  Galicia: 3ª nacionalidade histórica é a máis tardía en acceder á autonomía. A diferencia de Cataluña e País Vasco, en Galicia o acceso á autonomía non foi dirixida por políticos retornados do exilio, senón por falanxistas renovados (Antonio Rosón Pérez), mentres as organizacións nacionalistas eran moi minoriarias: BN-PG (Bloque Nacional Popular Galego) = coalición nacionalista (unión de UPG e ANPG) futuro xerme de BNG  elaboración dun pre-estatuto, dunha asemblea e dunha Xunta preautonómica presidida por el mesmo. A Xunta nomeou a unha comisión encargada de redactar o Estatuto definitivo.
      • - A Asemblea preautonómica aproubou o texto por unanimidade  referéndum positivo do pobo galego (dec 1980) aínda que cunha alta abstención (só participación de 28%)  aprobación do Estatuto de autonomía polas Cortes españolas (feb de 1981).
      • - Estatuto  órganos de autogoberno para Galiza:
      •  Parlamento galego (75 deputados/as)  poder lexislativo
      •  Xunta (goberno autónómico), dirixido polo Presidente  Consellerías en materias diversas (educación, pesca, economía…)  poder executivo.
    19.  
      • B) DIFICULTADES DA UCD E DIMISIÓN DE SUÁREZ.
      • En xaneiro de 1981  demisión de Suárez coma presidente do Goberno  posterior declive da UCD  desaparición da coalición en 1983. Causas:
      •  Diferencias e tensións internas da UCD = coalición de distintos partidos de centro, que o liderado de Suárez non é capaz de mitigar.
      •  Falta dunha maioría parlamentaria absoluta para gobernar con facilidade.
      •  Intento de moción de censura por parte do PSOE (Felipe González)  non prosperou por falta de apoios pero significou a fin do consenso da transición e a erosión do Presidente de Goberno.
      •  Dificultades económicas: crise e paro.
      • Estes factores  demisión de Adolfo Suárez (29 xaneiro 1981)  fin a cinco anos de goberno altamente positivos para o proceso de democratización do estado español.
    20.  
      • C) O GOLPE DE ESTADO DO 23 F.
      • Demisión de Adolfo Suárez  celebración de investidura de Leopoldo Calvo Sotelo (dirixente da UCD). Por non contar a UCD con maioría absoluta no Congreso  celebración da 2ª volta de votacións (onde chegaba con maioría simple) a tarde do 23 de febreiro de 1981.
      • O tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero (participante na Operación Galaxia = anterior intentona golpista en 1978) ao mando de 400 gardas civís, asaltaron armados o Congreso dos Deputados  mantiveron coma reféns ao Goberno e aos peralamentarios mentres anunciaban a chegada dunha autoridade superior e invocaba o nome do rei coma máximo responsable
      • Os xefes militares das principais rexións militares mantivéronse á expectativa, pero únicamente Miláns del Bosch en Valencia sacou os tanques ás rúas esixindo a rendición da poboación.
      • A actuación do rei foi clave na resolución do conflito; desde a Zarzuela, tomou as rendas da situación  contacto telefónico cos xefes militare esixindo a súa lealtade  convocatoria da Xunta de Xefes do Estado Maior e emisión (vestido de Capitán Xeneral) dunha mensaxe á nación que se emitiu de madrugada.
      • Mensaxe do Rei  alivio para a poboación e abandono da súa actitude polos golpistas  retorno dos tanques de Valencia aos seus cuarteis e rendición de Tejero.
      • Nos días seguintes  manifestacións multitudinarias populares de apoio á democracia.
    21.  
      • D) O GOBERNO DE LEOPOLDO CALVO SOTELO (1981-1982).
      • Tras o golpe fallido  definitiva investidura de Calvo Sotelo o 25  comezo dun ano de goberno con importantes accións e reformas para o futuro:
      •  Actividade lexislativa intensa : lei do Divorcio, Lei do Defensor do pobo e LOAPA (Lei Orgánica de Harmonización do Proceso Autonómico)  ralentización do proceso autonómico, obrigando ás CCAA non históricas a acceder á autonomía polo artigo 143.
      •  Entrada de España na OTAN (xuño de 1982) = medida máis polémica de Calvo Sotelo  principal argumento da oposición, sobre todo PSOE, para atacar e criticar ao goberno.
      •  oposición, tensións internas de UCD, a falta de solucións á crise económica e paro  Calvo Sotelo disolve as Cortes e convoca eleccións (outubro 1982).
      • Eleccións  vitoria aplastante do PSOE (maioría absoluta, 48% dos sufraxios), batacazo para UCD (do 35% dos votos ao 7%), descenso do PCE e mantemento nacionalistas (PNV e CiU).
    22.  
    23. 4. CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA (1982-HOXE)
      • 3 etapas políticas:
      • A) Gobernos socialistas de Felipe González (1982-1996).
      • B) Gobernos conservadores de José María Aznar (1996-2004).
      • C) Gobernos socialistas de José Luis Rodríguez Zapatero (2004-hoxe).
      • A) GOBERNOS SOCIALISTAS DE FELIPE GONZÁLEZ (1982-1996).
      • Triunfo do PSOE nas eleccións de outubro de 1982  inicio dos gobernos de Felipe González. Os éxitos electorais permitiron gobernar en solitario ao PSOE (maioría absoluta) entre 1982 e 1993 e co apoio parlamentario de nacionalistas cataláns (CiU) e vascos (PNV) entre 1993 e 1996.
      • Gobernos socialistas estiveron caracterizados pola moderación política (liña socialdemócrata)  moderación nas reformas.
      • Factores do dominio do PSOE: moderación do goberno (  atracción de numerosos electores), promesas de cambio con respecto á etapa da UCD, gran carisma do seu líder Felipe González, e debilidade da oposición:
      •  Desaparición UCD e fracaso dun novo partido de centro liderado por Adolfo Suárez (CDS).
      •  Fracaso electoral de Alianza Popular (Coalición Popular) = partido conservador  dimisión do seu fundador, Manuel Fraga  refundación en 1989 como Partido Popular (PP).
      •  Declive do Partido Comunista (PCE) e problemas internos  expulsión de Santiago Carrillo  incorporación do PCE en Esquerda Unida (= coalición de partidos á esquerda do PSOE), dirixida por Julio Anguita  mellora de resultados electorais, pero sen chegar a ser unha alternativa aos 2 grandes partidos que se van configurando  bipartidismo.
    24.  
    25. Panorama político durante os gobernos de Felipe González (1982-96) Cambio nombre 1982 DEREITA Manuel Fraga COALICIÓN POPULAR Fracaso electoral  Demisión Fraga (1986) Refundación en (1989) José María Aznar
      • CENTRO
      Demisión de Suárez (1981) e derrota electoral (1982) DESAPARICIÓN (1983) funda Descalabro electoral e desaparición
      • ESQUERDA
      Integración en Expulsión Santiago Carrillo (1985 Julio Anguita Felipe González
      • NACIONALISTAS
      • $ Aspectos económicos.
      • A evolución económica nos anos de goberno de Gonzlaez seguiu as mesmas pautas que os países de Europa occidental  fases:
      • € Política de axuste (1982-1985):
      • - Obxectivo: acabar coa crise económica herdada dos anos da UCD  política de saneamento dos sectores máis necesitados.
      • - Medidas concretas:
      •  Reconversión industrial, sobre todo do sector naval e siderúrxico  axustes de plantilla  folgas e manifestacións.
      •  PER (Plan de Emprego Rural)  para loitar contra o desemprego no campo.
      •  creación das ZUR (Zonas de Urxente Reconversión) para mellorar a situación nas zonas máis afectadas pola crise.
      • € Crecemento económico (1985-1990):
      • - Crecemento económico xeneralizado no contexto internacional   beneficios do turismo, produción industrial, investimentos estranxeiros, actividade Banca e Bolsa…
      • - Esta bonanza ec  aspectos negativos   prezos dos produtos, inflación, liberalización mercado de traballo e moderación salarial  protestas de traballadores e sindicatos, incluso da UXT  ruptura co goberno a raíz de nova política de pensións máis restrictiva  aproximación das 2 grandes centrais sindicais (UXT e CCOO)  1ª folga xeral contra o goberno socialista (decembro 1986)  seguimento maioritario.
    26.  
      • € Recesión (1990-1993):
      • -  desemprego e déficit do Estado,  crecemento económico e desvalorización da peseta.
      • - Tratado de Maastricht (1992)  obrigas económicas que debían cumprir os países da UE para chegar á converxencia da moeda única (euro)  política de axuste económico  medidas liberalizadoras da economía:
      • $ Eliminación monopolios estatais (CAMPSA, Telefónica, Tabacalera).
      • $ Redución da actividade do INI  desaparición en 1995.
      • $ Privatización de empresas estatais ou mixtas (SEAT, Telefónica, ENDESA, Iberia…).
      • $ Concentración e fusión bancaria (BBV, Central-Hispano…).
      • € Nova Recuperación (1993-1996):
      • Necesidade de adecuar economía española a Acordos de Maastricht  enorme esforzo de modernización e adecuación das estruturas económicas españolas ás exisencias da UE.
      • Durante esta etapa, reforma do sistema fiscal polo goberno:
      • a) xeneralización do IRPF.
      • b) Control e rigor dos orzamentos e das actividades empresariais e individuais (a través NIF).
      • c) Reforma sistema impositivo (Imposto Valor Engadido  IVE).
      •  Aspectos político-sociais:
      • Varios tipos:
      •  Extensión das prestacións sociais  mellora do estado do benestar, grazas á mellora sistema fiscal   recursos do Estado   dos beneficiarios dos servizos sociais:
      • a) Desempregados  subsidio desemprego (paro).
      • b) Sanidade  cobertura sanitaria para toda a poboación (Lei Sanidade 1986).
      • c) Pensionistas  aumento da cuantía das pensións e revisións anuais en función do IPC, creación pensións non contributivas (para os que non puideran cotizar anteriormente).
      • d) Melloras na educación  3 leis:
      •  LRU (Lei de reforma universitaria, 1983).
      •  LODE (Lei de Dereito á Educación,1985)  liñas básicas do ensino non universitario, gratuidade do ensino primario e secundario e aumento orzamentos…
      •  LOXSE (Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo, 1990)  extensión da idade de escolaridade obrigatoria dos 14 aos 16 anos  reorganización sistema educativo para adaptalo ao marco europeo.
      •  Reformas xudiciais:
      •  Introdución habeas corpus = garantía liberdade individual fronte á detencións arbitrarias.
      •  Despenalización do aborto en tres supostos (violación, malformacións feto e riscos para nai).
      •  Novo Código Penal (1995)  adaptación da lei a novos tempos  novos delitos (medioambientais, corrupción, acoso sexual, branqueo diñeiro, publicidade enganosa…).
      •  Comezo funcionamento xurados populares.
      •  Aspectos socio-culturais:
      •  Sociedade española cada vez máis igualitaria e plural  maior presenza da muller no mercado laboral.
      •  Sociedade cada vez máis terciariazada (servizos = sector maioritario no emprego).
      •  Sociedade cada vez máis secularizada  Valores tradicionais sustituidos por outros novos, sobre todo entre os mozos.
      •  Sociedade cada vez máis avellentada  natalidade das máis baixas do mundo (1,3 fillos por muller).
      •  Popularización e extensión da cultura   investimentos estatais ás actividades culturais (museos, cine, artistas,…) e construción de auditorios, palacios congresos, museos, organización grandes eventos (Expo de Sevilla e Xogos Olímpicos de Barcelona, 1992.
      •  Política exterior.
      • a) Unión Europea:
      • Primeira solicitude de ingreso de España na CEE foi realizada durante o franquismo  rexeitamento por carecer España dun réxime democrático.
      • Reanudación de negociacións na transición (1978)  negociacións lentas e duras  sinatura dun tratado de adhesión en xuño de 1985  entrada de España como membro de pleno dereito a partir do 1 de xaneiro de 1986.
      • Entrada de España na CEE  melloras e problemas por adaptación da economía española á media comunitaria:
      •  Melloras:
      • * Axudas económicas a través dos fondos europeos (FEDER, FEOGA, FSE)  melloras en infrestructuras, obras públicas, subvencións agrícolas, bolsas de estudos e intercambios universitarios, programas de formación.
      •  Problemas:
      • * Sector pesqueiro: control máis rigoroso do tamañ e o volume das especies capturadas.
      • * Sector agrícola: redución de producións (leite, viño, aceite…).
      • * Necesidade de axustar as economías dos países membros para converxer na moeda única (Acordos Maastricht)  reaxuste e control do gasto  consecuencias para a poboación con menor renda.
      • b) OTAN:
      • Goberno de Calvo Sotelo  solicitude de entrada de España na alianza atlántica (outubro 1981)  entrada en xuño de 1982.
      • Ante a entrada  actitude moi crítica da oposición (PSOE)  promesa de retirada da organización se gañaban as eleccións.
      • Tras a vitoria socialista (outubro 1982)  cuestión atlántica  numerosas críticas ao Goberno pola súa indecisión e o aprazamento dun referéndum sobre o tema.
      • A posición do goberno de González foi cambiando dende a inicial oposición á permanencia de España na OTAN á solicitar o voto afirmativo no referéndum celebrado marzo de 1986.
      • Resultados do referéndum: Sí (52%)  confirmación da presenza de España na organización.
    27.  
      • c) O novo exército:
      • Importantes reformas  Lei Orgánica de Defensa (1984)  medidas:
      •  primacía do poder civil sobre o militar  sometemento dos mandos militares ao Goberno.
      •  Modernización das forzas armadas.
      •  Redución efectivos para lograr un exército máis profesional e equiparable aos exércitos dos países europeos.
      •  Legalización da obxeción de conciencia en 1985 para o servizo militar obrigatorio.
      •  Incorporación da muller ás forzas armadas.
      • - Entrada de España nos organismos supranacionais  participación das tropas españolas en misións internacionais da ONU (cascos azuis) e OTAN  Guerra do Golfo (1991), Bosnia (1992)…
      •  Corrupción e crise de goberno socialista.
      • Co inicio dos noventa comenzaron os problemas e escándalos políticos do goberno socialista que responden a distintos tipos de problemas:
      •  Corrupción política : cargos públicos do PSOE  aproveitamento de información privilexiada e malversación e apropiación de fondos públicos:
      • - Caso Xoán Guerra (irmán do vicepresidente Afonso Guerra)  aproveitamento da posición do seu irmán para as súas actividades económicas particulares  demisión Afonso Guerra como vicepresidente.
      • - Caso Luis Roldán = director xeral Garda Civil  malversación de fondos públicos.
      • - Caso FILESA = Financiación irregular do PSOE.
      •  Corrupción no mundo das finanzas e Banca :
      • - Caso Mariano Rubio = gobernador Banco de España, acusado de irregularidades financeiras.
      • - Caso Mario Conde = presidente de BANESTO, condenado a prisión por delitos de estafa e malversación.
    28.  
      •  Irregularidades mecanismos gubernamentais:
      • - CESID (Centro Superior de Investigacións para a Defensa): escoitas ilegais
      • - GAL (Grupos Armados de Liberación)  grupos antiterroristas que actuaban contra ETA e o seu entorno  guerra sucia e terrorismo de estado  secuestros e asasinatos de etarras  detención e condena de policías, gardas civís, militares e políticos (Secretario de Estado de Seguridade, Rafael Vera e o Ministro do Interior, José Barrionuevo).
      • - Corrupción e irregularidades   críticas da oposición  retirada de apoio dos nacionalistas cataláns ao goberno  negativa das Cortes a aprobar os orzamentos de 1996  convocatoria de eleccións para marzo de 1996  victoria do Partido Popular.
      • B) GOBERNOS CONSERVADORES DE JOSÉ MARÍA AZNAR (1996-2004).
      • - Eleccións marzo 1996  victoria Partido Popular por maioría simple  o seu lider José María Aznar conseguiu ser investido presidente co apoio de CiU, PNV e Coalición Canaria.
      • - Nas eleccións de marzo de 2000  vitoria do PP por maioría absoluta e descalabro socialista  demisión de Joaquín Almunia (secretario xeral do PSOE).
    29.  
      • € Aspectos económicos:
      • Durante os gobernos do PP, sucedeuse unha coiuntura económica internacional alcista  forte crecemento económico axudado por medidas económicas dos gobernos de Aznar  liberalización económica e consecución dos criterios de converxencia de Maastricht (estabilidade de prezos, reducida débeda e déficit público )  introdución euro (moeda única europea) en 2002.
      • Medidas económicas:
      • a) Redución gasto público  recorte das prestacións sociais.
      • b) Privatización de empresas públicas (Telefónica, Repsol, Endesa..)  venta de accións en bolsa  adquiridas por clase media-alta. A recadación conseguida   débeda e déficit público, pero privou ao Estado do control de empresas estratéxicas e dos beneficios que estas xeraban.
      • c) Liberalización dos mercados.
      • d) Moderación salarial e flexibilización do mercado laboral  redución custos despido.
      • e) Diminución dos xuros e impostos directos   consumo privado   demanda de vivendas, vehiculos…   endebedamento familiar.
      • - O crecemento económico = superior á media europea  redución de diferenzas con Europa e inclusión de España entre as dez maiores economías mundiais  expansión cara o exterior das empresas españolas e inicio de chegada de inmigración exterior.
    30.  
      •  Aspectos político-sociais.
      • PP  actividade lexislativa inspirada na ideoloxía conservadora de centrodereita  modificación de normativas adoptadas polos anteriores gobernos de Felipe González, sobre todo a partir de 2000 (inicio da maioría absoluta):
      •  Código Civil: novos tipos de delitos (informáticos, violencia de xénero,…).
      •  Endurecemento das penas e limitación as posibilidades de redención e reinserción social.
      •  Exército: supresión do servizo militar obrigatorio (mili) en 2002  novo exército profesional.
      •  Educación: reforma de todos os niveis educativos  2 leis:
      • a) LOU (2001): Lei de Ordenamento Universitario.
      • b) LOCE (2002): Lei de Calidade da Educación.
      •  Incremento das competencias das CCAA: educación, xustiza, sanidade a todas as CCAA e cesión do 30% do IRPF.
      •  Problema vasco: inicio dunha tregua de ETA (stembro 1998)  falta de entendemento co goberno  reinicio atentados tras 14 meses  reacción do goberno Aznar = intensificación loita policial e xudicial contra ETA e organizacións abertzales e nova Lei de Partidos políticos (xuño 2002)  ilegalización de partidos que non condenasen o terrorismo (Herri Batasuna).
      •  Problemas e crise goberno: Prestige, Guerra Iraq e terrorismo islamista.
      • - Primeiro problema importante = naufraxio do Prestige = petroleiro afundido nas costas galegas en 2002  marea negra de fuel nas costas galega e cantábrica. Ante a incompetencia dos gobernos populares autonómico e central na xestión da crise  mobilización cidadá (Nunca Mais)  manifestacións e voluntariado para limpeza da costa  inicio da erosión do goberno Aznar.
      • Tras atentados 11-S (2001) en EEUU provocados por terroristas islamistas de al-Qaeda  agresiva ofensiva militar de EEUU contra países considerados como promotores deste tipo de terrorismo.
      • O goberno Aznar apoiou esta política do presidente de EEUU George Bush (cumio das Azores, 2003)  envío tropas españolas a Iraq (país que foi acusado inxustamente de posuír armas de destrución masiva e de acoller terrorista) a pesar das manifestacións populares masivas en contra da guerra ( Non á guerra ).
    31.  
    32.  
      • Actitude do goberno de intervención na invasión de Iraq   perigo de atentados terroristas en España. Na campaña electoral para as eleccións de marzo do 2004  explosión de catro trens con destino á estación madrileña de Atocha = maior ataque terrorista en territorio europeo (191 mortos e 1400 feridos).
      • As explicacións do goberno acusando a ETA do atentado sen probas  forte rexeitamento da sociedade española a medida que se ía confirmando nos días seguintes a autoría islamista.
      • 3 días despois do atentado  derrota do PP nas eleccións xerais frente o PSOE (14 de marzo de 2004).
    33.  
      • C) GOBERNOS SOCIALISTAS DE JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO.
      • Triunfos electorais do PSOE en 2004 e 2008  retorno dos socialistas ao goberno  José Luis Rodríguez Zapatero = novo presidente, pero sen maioría absoluta  necesidade de buscar apoios nas Cortes para sacar adiante as leis.
      • Reformas socialistas:
      • a) Nova política exterior: distanciamento con respecto aos EEUU de George Bush  mellor entendemento con Europa e o mundo latinoamericano e árabe  medidas: retirada das tropas de Iraq en 2004 e p’roposta de creación da Alianza de Civilizacións (foro de entendemento entre occidente e o islam), proposta asumida pola ONU en 2007.
      • b) Incremento da presenza das mulleres en política: paridade home-muller no propio goberno  por primeira vez os cargos de Vicepresidenta e Ministra de Defensa eran ocupados por mulleres, e creación dun Ministerio de Igualdade (Bibiana Aído).
      • c) Novas leis sociais: buscan a plena igualdade de cidadáns e cidadás 
      •  Lei contra a violencia de xénero : para protexer ás mulleres maltratadas.
      •  Legalización matrimonio homosexual.
      •  Lei de reprodución asistida : permite investigación con células-nai.
      •  Lei anti-tabaco : creando espazos públicos libres de tabaco.
      •  Lei de igualdade : para aseguara paridade home-muller en todos os ámbitos.
      •  Lei de dependencia : dereito ás prestacións sociais á poboación dependente (anciáns, enfermos, discapacitados…).
      •  Lei de Memoria Histórica : medidas para recoñecemento e compensación das vítimas da represión na Guerra Civil ou na ditadura franquista.
      • d) Reforma dos Estatutos de autonomía: De aqueles que estivesen no marco da Constitución de 1978  reformas dos estatutos de Cataluña, Andalucía, Valencia, Baleares e Aragón e rexeitamento da proposta vasca ( Plan Ibarretxe = consideración de Euskadi como un Estado libre asociado de España, non como unha autonomía).
      • e) Terrorismo de ETA: en marzo de 2006 ETA decretou un alto ao fogo permanente  esperanza de inicio dun proceso de negociación para solucionar o problema vasco  inicio de contactos de banda co Goberno  fin das negociacións cun atentado de ETA na terminal 4 do Aeroporto de Baraxas (decembro 2006). Desde entón reactivación dos atentados da banda terrorista  continuas detencións dos seus dirixentes.
      • f) Evolución económica: desde 2004 a 2008, a economía española seguiu crecendo apoiada no contexto internacional  descenso das diferencias coas grandes economías europeas e posibilidade de emprego a unha gran masa de poboación inmigrante. A finais de 2008 a economía española entrou en recesión, debido á crise financeira internacional e polo fin do boom inmobiliario en España  necesidade de definiroutro modelo productivo.
    34.  
    35.  

    + camposseijocamposseijo, 5 months ago

    custom

    201 views, 0 favs, 0 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 201
      • 201 on SlideShare
      • 0 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 14
    Most viewed embeds

    more

    All embeds

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories