TEMA 1 A EUROPA DO ANTIGO RÉXIME Borja Campos Seijo I.E.S. García Barbón (Verín)
1. ECONOMÍA
Rural (entre 80 e 90% da poboación adicada á agricultura).
Agricultura adicada ao autoconsumo escasos intercambios comerciais.
Tamén actividades de tipo artesanal e “industrial”.
1.1 Agricultura
Terra = fonte máis importante de riqueza.
En mans da nobreza e clero (privilexiados) Señorío territorial.
Dividido en 2 partes:
Reserva señorial : explotada directamente por el señor. Tamén fornos, forxa, muiño, … polos que tiñan que pagar os campesiños.
Mansos : parcelas traballadas por campesiños (homes libres ou servos) a cambio de pago.
Os señores (laicos ou eclesiásticos) recibían no señorío rentas e beneficios = dereitos señoriais. 2 tipos:
Económicos: rendas de terras e monopolios (muiño, …). O clero recibía o décimo (décima parte das colleitas dos campesiños).
Xurisdiccionais: poderes de tipo público (dictar ordes e leis, exercer xustiza…)
Agricultura = actividade tradicional, atrasada e pouco productiva.
Normalmente de subsistencia. Malas colleitas crises de subsistencia fame e mortalidade.
Policultivo e autoconsumo.
Gandería reducida pouca carne e leite dieta a base de cereais (millo) ou patacas…
2 tipos de explotacións:
Individuais : cereais e barbeito.
Comunais : bosques e pastos utilizados pola comunidade.
1.2 Artesanía
Dende Idade Media controlada polos gremios = agrupacións de artesáns do mesmo oficio, que contrlolan técnicas, salarios, prezos, volume de producción…
A partir S. XVII dúas novas formas de producción:
a) Domestic System : traballo a domicilio dos campesiños nos periodos de lecer. Un comerciante proporcionaba materia prima e medio de traballo e vendía o producto elaborado.
b) Manufacturas : talleres impulsados polas coroas (Europa cont.) ou por particulares (G. B) adicados a productos de luxo (tapices, cristal…) = precedente das fábricas, porque concentraba a moitos traballadores no mesmo espacio .
1.3 Transportes e comercio
Transporte moi atrasado.
- Camiños en mal estado (carros ou dilixencia).
- Navegación marítima ou fluvial a vela
Polo tanto desprazamentos longos e custosos.
2 tipos de comercio :
Comercio interior
Dentro do propio país.
Moi limitado polos escasos excedentes e atraso transportes.
A través de ferias
Comercio colonial
Entre estados (metrópoli) e colonias.
Ultramarino grazas ás novas rutas oceánicas.
Grandes beneficios acumulación de capitais desenrolo das finanzas, banca… (inicio de "capitalismo”).
2. SOCIEDADE SOCIEDADE ESTAMENTAL NOBREZA CLERO ESTADO SINXELO OU TERCEIRO ESTADO
2.1 Poboación
Ciclo demográfico antigo. Consiste:
1. Elevada mortalidade (mala alimentación, hixiene e atraso medicina).
2. Elevada natalidade (5 fillos por muller).
3. Baixa esperanza de vida.
4. Escaso crecemento de poboación.
2.2 Os privilexiados
NOBREZA
2-3 % da poboación.
Propietaria das terras.
Privilexios: non “traballar”, acceso a altos cargos e sobre todo exención de impostos e dereitos señoriais.
2 grandes tipos: Alta e baixa (fidalgos).
CLERO
1% da poboación.
Propietario de terras e inmuebles urbanos.
Privilexios: case os mesmos que a nobreza e décimo.
2 grandes tipos: Alto (abades, bispos) e baixo (monxes, sacerdotes).
2.3 Non privilexiados
Terceiro Estado = inmensa maioría da poboación.
Non privilexios e aturaban todas as cargas fiscais.
3 grandes grupos:
a) Burguesía : grupo máis dinámico, gran riqueza (propietarios, banqueiros, comerciantes, artesáns e profesionais liberais).
b) Clases populares urbanas : traballadores manuais das cidades (artesáns, obreiros, criados…).
c) Campesiñado : grupo máis numeroso (campesiños libres e servos), condicións duras de vida e pagaban a maioría de impostos e rendas (á coroa, señores, clero).
3. POLÍTICA (absolutismo)
4. A CRISE DO ANTIGO RÉXIME
Todo este sistema do A.R entra en crise no S XVIII.
A burguesía acumula riqueza (comercio, artesanía, propiedades…) = poder ec. E quere acceder ao poder político (Rei e privilexiados) choque, ruptura (Revolución).
Pero antes, destacan dous movementos que contribuén á ruptura:
a) Ilustración.
b) Despotismo ilustrado
4.1 Ilustración.
- Movemento de pensadores do S XVIII, que se baséan ante todo na razón, pero tamén na xustiza, progreso, tolerancia; e condenaban a ignorancia, a superstición , a tradición e a intolerancia relixiosa.
- Polo tanto opuxéronse a todas as estructuras do Antigo Réxime:
Sociedade estamental: defendendo a igualdade e a mobilidade social.
Economía gremial: rexeitando toda reglamentación e defendendo a liberdade económica.
Absolutismo: defendendo o Liberalismo.
- O programa da Ilustración será asumido pola Burguesía para cambiar a sociedade (Rev).
Principais pensadores:
Locke: Necesidade de contrato entre gobernante e cidadáns dereitos básicos do individuo.
b) Montesquieu: Separación de poderes (lexislativo, executivo e xudicial), controlándose mutuamente para evitar tiranía.
c) Voltaire : anticlerical e gran defensor da liberdade de conciencia.
d) Rousseau: Soberanía nacional, a través dun pacto de todos os cidadáns (Contrato social) poder emana de todos os cidadáns mediante o voto.
4.2 Despotismo ilustrado
Ω Intento de unión entre absolutismo e ilustración todo para o pobo pero sen o pobo = asumir os principios ilustrados (progreso,felicidade…) pero sen renunciar ao poder absoluto
Ω Asumido por algunhas cortes europeas (Austria, Rusia, España, Prusia) na 2ª ½ do S. XVIII.
0 comments
Post a comment