Sabela Ii

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Sabela Ii - Presentation Transcript

    1. HISTORIA DE ESPAÑA O REINADO DE SABELA II: CONSOLIDACIÓN DO RÉXIME LIBERAL
    2. 1. O RÉXIME DO ESTATUTO REAL
      • Morte de Fernando VII  Mª Cristina convértese en rexente en nome da súa filla Sabela.
      • Oposición dos absolutistas “puros” (apostólicos ou carlistas) que apoian a Carlos María Isidro coma rei  Guerra Carlista  Mª Cristina busca apoios nos liberais  réxime do Estatuto Real (tímidas reformas mantendo as formas absolutistas).
    3. A) REFORMA PROVINCIAL E ESTATUTO REAL
      • Primeiros gobernos de Mª Cristina ( Cea Bermúdez )  reformas sen alterar o poder absoluto da Coroa. Mª Cristina tenta conseguir o apoio dos liberais moderados  2 medidas:
      •  División provincial (1833): do ministro Javier de Burgos  división de España en 49 provincias (similar á actual)  racionalización administrativa e centralización. Ao frente de cada provincia noméabase a un xefe político provincial .
      •  Promulgación Estatuto Real (1834): presión dos liberais  nomeamento Martínez de la Rosa como xefe de goberno  Estatuto Real (especie de carta outorgada).
      • Características Estatuto Real (1834):
      •  Ampliación participación política  sufraxio censatario = só votan nobreza e alta burguesía (0,15 % da poboación).
      •  Sistema político moderado = poder en mans do rei que controla ás Cortes.
      •  Cortes bicamerais  cámara alta e baixa.
      •  Non declaración de dereitos nin liberdades.
      • - Esta “carta outorgada” foi insuficiente para os liberais  rexeitamento.
      Martínez de la Rosa
    4. B) AS REVOLUCIÓNS DE 1835 E 1836
      • En 1835 o descontento liberal e a penuria por guerra carlista  revoltas e pronunciamentos populares nas principais cidades  formación de xuntas  goberno de Mendizábal (antigo liberal exaltado)  reformas:
      • a) Restablecemento deputacións provinciais.
      • b) Novo método de recrutamento militar para guerra carlista  redención de quintas (exencións de alistamento mediante pagos)  beneficio para clases altas (podían pagar) e negativo clases humildes (non podían).
      • c) Supresión de conventos , agás os que prestaban servicios de auxilio social.
      • d) Desamortización eclesiástica : expropiación e venta dos bens das ordes relixiosas suprimidas e do clero secular  obxectivos = solucionar problemas facendísticos, ampliar adeptos de Sabela II e reducir poder da Igrexa.
    5.  
      • Á súa Maxestade, a reina Gobernadora: "Señora, vender a masa de bens que viñeron a ser propiedade da Nación, non é tan só cumprir unha promesa solemne e dar unha garantía positiva á débeda nacional, é abrir unha fonte abundantísima de felicidade pública; vivificar unha riqueza morta, desobstruir as canles da industria e da circulación; apegar ao país polo amor natural e vehemente a todo o propio; ensanchar a patria, crear novos e fortes vínculos que liguen a ela; é, en fin, identificar co trono excelso a Isabel II, símbolo de orde e da liberdade. (…) O decreto que vaia ter a honra de someter á augusta aprobación de V. M. sobre a venda de bens adquiridos xa pola nación (…) fúndese na alta idea de crear unha copiosa familia de propietarios, cuxos goces e cuxa existencia apóiese principalmente no triunfo completo das nosas actuais institucións". ( Febreiro de 1.836, D. J. A. MENDIZABAL )
      Atendendo á necesidade e conveniencia de diminuír a débeda pública consolidada, de entregar ao interese individual a masa de bens raíces, que viñeron a ser propiedade da nación, (…) en nome da miña excelsa filla a raíña doña Isabel vin en decretar o seguinte: Art. 1.- Quedan declarados en venda desde agora todos os bens raíces de calquera clase, que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas (…). Art. 2.- Exceptúanse desta medida xeral os edificios que o goberno destine para o servizo público, ou para conservar monumentos das artes, ou para honrar a memoria de fazañas nacionais. (…) ( " Gaceta de Madrid ", 21 de febreiro de 1.836 )
      • Reformas de Mendizábal  desconfianza e oposición dos moderados  substituido en 1836  protestas dos radicais  levantamentos urbáns en verán  xuntas.
      • Pronunciamento dos sarxentos de A Granxa (garda persoal de Mª Cristina)  restauración e aceptación pola rexente da Constitución de 1812  restablecemento da lexislación de Cádiz e do Trienio Liberal e convocatoria de cortes constituíntes para reformar constitución  desaparición definitiva do Antigo Réxime, pero división profunda entre os liberais (moderados e progresistas).
    6. c) A 1ª GUERRA CARLISTA
      • Morte de Fernando VII e proclamación Sabela II como raiña (1833)  levantamentos ultrarrealistas (defensores AR) a favor do irmán de Fernando VII, Carlos  división dos españois en carlistas (absolutistas) e sabelinos (ou cristinos = liberais)  7 anos de guerra carlista (1833-1840).
      • Carlismo = ideoloxía que se caracteriza por :
      •  Lexitimismo  Carlos e sucesores = lexítimos monarcas.
      •  Tradicionalismo  defensa das tradicións do Antigo Réxime: absolutismo e catolicismo.
      •  Foralismo  defensa dos foros (leis e institucións propias) das provincias vascas e Navarra.
      • - Lema do Carlismo = “Deus, Patria, Rei”  polo tanto rexeitan o liberalismo, o centralismo, os ataques á relixión católica, as desamortizacións…
    7.  
    8. Base social do carlismo Clero Fidalguía rural (baixa nobreza) Campesiños das prov. vascas e Navarra : defendían o sist. foral porque lles garantizaba exención de impostos , limitación poder real e autonomía ec
      • - Fronte aos carlistas  os sabelinos, entre os que destacan:
      • a) A maioría do exército.
      • b) A burguesía.
      • c) A maior parte da poboación urbana.
      • - Escenarios do conflito:
      •  Provincias Vascas e Navarra.
      •  Norte de Cataluña.
      •  O Maestrazgo (rexión montañosa das provincias de Castellón, Teruel, Cuenca e Valencia).
      • A superioridade do exército sabelino  guerra de guerrillas polas tropas carlistas  guerra longa e de desgaste (1833-1840). 3 fases:
      •  1ª Fase (1833-1835): levantamento carlista  victorias carlistas grazas ao seu xeneral Zumalacárregui (morto no asedio a Bilbao).
      •  2ª Fase (1835-1837): expedicións carlistas fóra das súas zonas de influencia (Galicia, Andalucía…), destacando a expedición fracasada a Madrid (1837) dirixida polo propio Carlos. Manténse a guerra de guerrillas, sobre todo, no Maestrazgo (Cabrera).
      •  3ª Fase (1837-1840): fracaso de expedicións e victorias dos sabelinos  división dos carlistas en 2 bandos:
      •  Partidarios de seguir loitando.
      •  Partidarios de acordo de paz.
      • Os carlistas partidarios da paz firman co exército sabelino (Xeneral Espartero) o Covenio de Vergara (1840)  os carlistas recoñecen a Sabela II e aceptan a Constitución de 1837 a cambio da pervivencia dos fueros e o respeto ao grado dos militares carlistas.
      • Sen embargo Carlos de Borbón non recoñeceu o acordo  continuación da guerra no Maestrazgo e en Cataluña ata 1840  abandono das últimas partidas carlistas hacia Francia.
      • En Galicia presencia marxinal do Carlismo  formación dalgunhas partidas carlistas polo clero e a fidalguía en accións de guerrilla (Ex: Antonio López en Sobrado-Melide)  detención e castigo dos seus dirixentes (fusilamento e descuartizamento de A. López).
    9. 2. O RÉXIME PROGRESISTA DE 1837
      • A) A CONSTITUCIÓN DE 1837.
      • - Motín sarxentos da Granxa  triunfo revolución 1836  restauración Constitución de 1812 e leis Trienio Liberal e convocatoria Cortes Constituintes  Constitución progresista de 1837.
      • - Constitución de 1837 abandona os principios democráticos da do 12 (sufraxio universal indirecto, cortes unicamerais, primacía das Cortes  principios liberais .
      Constitución 1837 Soberanía Compartida : Rei-Cortes con predominio do rei
      • Cortes bicamerais:
      • 2 cámaras:
      • Congreso (sufraxio
      • censatario directo).
      • Senado (elexido
      • polo rei.
      Elección popular dos concellos
      • Separación poderes:
      • Lexislativo: rei.
      • Executivo: rei-Cortes
      • Xudicial: tribunais
      Milicia Nacional Declaración de dereitos e Liberdades individuais (Igualdade ante a lei, imprenta…) Estado aconfesional: pero mantendo Ao clero católico
      • Polo tanto, Constitución 1837  equilibrio entre principios progresistas (dereitos e liberdades, milicia nacional) e moderados (soberanía compartida, primacía poder real)  descontento, xa que:
      •  para moderados é unha constitución moi progresista.
      •  para progresistas é unha constitución moi conservadora.
    10. B) O EXERCICIO DO PODER. - O periodo que se abre coa Constitución de 1837 caracterízase por 2 etapas :
      • a) Rexencia de Mª Cristina (1837-1840):
      • - Nos inicios gobernan os progresistas  reformas liberais (abolición definitiva dos señoríos).
      • - Son desprazados polos moderados no poder  Lei de Concellos   autonomía municipal  protestas e motíns dos progresistas e Milicias Nacional  renuncia e exilio de Mª Cristina.
      • b) Rexencia de Espartero (1840-1843):
      • - O xeneral Espartero (líder progresista) = rexente.
      • - Sen embargo o seu autoritarismo  oposición moderados e masas populares .
      • Principal medida da rexencia de Espartero = Lei Paccionada (1841)  reforma do sistema foral fronte ao Convenio de Vergara:
      • a) Navarra : conserva institucións forais a cambio de aceptar o réxime administrativo e fiscal estatal e pagar 1 cupo ec.
      • b) Provincias vascas : negativa das autoridades vascas ás reformas  supresión dos foros.
      • - En 1843 o descontento popular e a política represiva de Espartero (bombardeo de Barcelona ante unha revolta)  unión de progresistas e moderados contra Espartero  exilio a Londres  goberno de Narváez (líder moderado)  medidas:
      •  Disolución Milicia Nacional.
      •  Adianto da maioría de idade de Sabela II  reinado persoal de Sabela II (13 anos).
      • - Inicio do reinado de Sabela II (1843). De escasa formación e líbido excesivo  numerosos escándalos = intensa vida extramatrimonial (longa lista de amantes e 12 fillos de pai dubidoso).
      • - Sabela II apoiouse, sobre todo nos moderados (Narváez, O´Donell…)  Medidas = Constitución moderada de 1845, aumento do poder da Coroa, aumento centralización e sufraxio moi censatario.
      • - A forte represión e a corrupción electoral dos moderados  pronunciamentos = único recurso para os progresistas.
      • - O Réxime moderado de 1845 (1845-1868)  3 periodos:
      • ♠ Década moderada (1844-1854).
      • ♠ Bienio Progresista (1854-1856).
      • ♠ Periodo moderado-unionista (1856-1868).
      3. O RÉXIME MODERADO DE 1845
      • A) CONSTITUCIÓN 1845.
      • - Os moderados no poder (Nárvaez) convocan cortes constituíntes  Constitución de 1845 (liberal moderada).
      Soberanía Compartida (raiña e Cortes) Estado confesional: Relixión oficial = Católica. Restrición libertades Individuais (ex: Censura previa á Prensa). Cortes Bicamerais  participación pol. limitada  Congreso (0,8% pob) e Senado (elexido por raiña). Predominio pol da Coroa  poder executivo e comparte lexislativo, nomea ao gob, elixe snadores e pode convocar e disolver as Cortes . Constitución 1845
      • Preámbulo da Constitución de 1837
      • Sendo a vontade da Nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz a dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes xerais, congregadas a este fin, decretan e sancionan a seguinte Constitución ..
      • Preámbulo da Constitución de 1845
      • Dona Isabel II, pola gracia de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas,a tódolos que a presente viren e entenderen, sabede:
      • Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado os antigos fueros e liberdades destes reinos, e a intervención que as súas Cortes tiveron en tódolos tempos nos negocios graves da Monarquía, modificando ó efecto a Constitución promulgada en 18 de xuño de 1837, vimos (...) en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española..
      • B) DÉCADA MODERADA (1844-1854).
      • Ademáis da Constitución de 1845, os moderados (aristocracia e alta burguesía) continuaron modificando o sist político dacordo cos seus intereses  medidas:
      •  Creación Garda Civil (1844): substitúe á Milicia Nacional . GC = institución militar con funcións ao servizo dos moderados  control das masas populares, mantemento da orde pública e defensa da propiedade.
      •  Lei de Concellos (1845): limitación do poder dos concellos e das deputacións provinciais . O goberno elixe aos alcaldes das vilas grandes e capitales de provincia. Os alcaldes das vilas máis pequenas son elexidos polo Gobernador Civil da provincia (Xefe político provincial, elexido polo goberno central). Lei de concellos  reforzamento do centralismo.
      •  Lei Electoral (1846):  participación política  só 100.000 persoas con dereito á voto en todo o Estado .
      •  Reforma tributaria : reduciu os numerosos impostos anteriores a 2 grandes tipos:
      • ₤ Directos (proporcionais á renta).
      • ₤ Indirectos : gravan produtos  hipotecas, aduanas, especiais (tabaco…) e consumos (produtos básicos: comida, vestido…).
      • A reforma era inxusta socialmente porque:
      •  aunque gravaba aos ricos  aumento do fraude e evasión.
      •  perxudicaba aos pobres polo  impostos indirectos  motíns contra os consumos.
      • - Estas medidas moderadas  protestas populares e dos progresistas  pronunciamentos e intentos revolucionarios  fracaso.
      • - Destacou entre eles o de Solís (1846) en Lugo  extensión a outras cidades galegas (agás A Coruña e Ourense)  Xunta Superior de Galicia en Santiago  fracaso s fusilamento dos sublevados = Mártires de Carral .
    11.  
      • Outro levantamento foi protagonizado polos carlistas  Guerra dos Martiners (2ª Guerra Carlista , 1846-1849), protagonizada por campesiños cataláns por crise agraria, impostos e dereitos de Carlos (VI)  fracaso e represión.
      • A partir de 1851  periodo ultramoderado (Bravo Murillo)   centralismo e Concordato de 1851 :
      •  Igrexa recoñece a desamortización de Mendizábal.
      •  Goberno comprométese ao recoñecemento do catolicismo = única relixión do estado  prohibición doutras.
      • - Concordato = alianza clases acomodadas e Igrexa  control da sociedade.
      • - Periodo ultramoderado (1851-1854)  descontento popular xeneralizado  unión de progresistas e algúns moderados  Bienio Progresista (1854-1856).
      • C) BIENIO PROGRESISTA (1854-1856).
      • Pronunciamento progresistas e de moderados descontentos ( Vicálvarada, 1854), dirixido polo Xeneral O´Donell en Vicálvaro (Madrid)  “Manifesto do Manzanares”  necesidade de reformar o sistema político.
      • Pronunciamento  revoltas e motíns nas cidades  Sabela II nomea a Espartero xefe de goberno (e O´Donell ministro de guerra).
      • Goberno convoca Cortes Constituintes  Constitución que non chegou a promulgarse (Constitución “non nata “de 1856)  constitución progresista que limitaba os poderes da Coroa.
      • MANIFESTO DE MANZANARES (1854)
      • "Españois: A entusiasta acollida que vai atopando nos pobos o exército liberal; o esforzo dos soldados que lle compón, tan heroicamente mostrado nos campos de Vicálvaro; o aplauso con que en todas partes foi recibida a noticia do noso patriótico alzamento, aseguran desde agora o triunfo da liberdade e das leis, que xuramos defender. Dentro de poucos días a maior parte das provincias sacudiría o yugo dos tiranos; a nación gozará os beneficios do réxime representativo, polo cal derramou ata agora tanto sangue inútil e soportou tan custosos sacrificios. Día é, pois, de dicir o que estamos resoltos a facer no dia da Vitoria. Nós queremos a conservación do Trono, pero sen camarilla que o deshonre; queremos a práctica rigorosa das leis fundamentais, mellorándoas, sobre todo a electoral e a de imprenta; queremos a rebaixa dos impostos, fundada nunha estrita economía; queremos que se respecten nos empregos militares e civís a antigüidade e os merecementos; queremos arrincar os pobos á centralización que os devora, dándolles a independencia local necesaria para que conserven e aumenten os seus intereses propios; e como garantía de todo isto queremos e exporemos baixo sólidas bases a Milicia Nacional. Tales son os nosos intentos, que expresamos francamente, sen imporllo por iso á Nación. As Xuntas de Goberno que deben irse constituíndo nas provincias libres; as Cortes xerais que logo se reúnan; a mesma Nación, en fin, fixará as bases definitivas da rexeneración liberal a que aspiramos. Nós temos consagradas á vontade nacional as nosas espadas, e non as envainaremos ata que ela estea cumprida”
      • Cuartel Xeral de Manzanares, a 7 de xullo de 1854. O xeneral en Xefe do Exército Constitucional, Leopoldo Ou'Donnell, Conde de Lucena.
      • Medidas gobernos progresistas:
      •  Lei de desamortización xeral (1855): do ministro P. Madoz  posta en venta das terras dos concellos (comunais) das ordes militares (Santiago, Calatrava…) e de institucións benéficas  efectos negativos dos concellos (perderon os medios para pagar persoal) e para campesiños pobres e xornaleiros (perderon a única fonte permanente de ingresos)  empeoraron as súas condicións de vida   protestas sociais no medio rural (Extremadura e Andalucía sobre todo).
      •  Lei de ferrocarrís (1855): inicio rede ferroviaria española.
      • - As diferencias entre moderados e progresistas, o autoritarismo de Espartero e a falta de apoio popular  pronunciamento de O´Donnell (1856)  goberno moderado.
      • Lei de desamortización de Pascual Madoz (1855).
      • Artigo 1.- Decláranse en estado de venda, con arranxo ás prescricións da presente lei, e sen prexuízo das cargas e servidumes a que lexitimamente estean suxeitos, todos os predios rústicos e urbanos; censos e foros pertencentes: 1. Ao Estado; 2. Ao clero; 3. Ás ordes militares de Santiago, Alcántara, Calatrava, Montesa e San Juan de Xerusalén; 4. A confrarías, obras pías e santuarios; 5. Ao secuestro do ex-Infante D. Carlos. 6. Aos propios e comúns dos pobos; 7. Á beneficencia; 8. Á instrución pública; 9. E calquera outros pertencentes a mans mortas, xa estean ou non mandados vender por leis anteriores. (…)
      • Artigo 3.- Procederase ao alleamento de todos e cada un dos bens mandados vender por esta lei, sacando a pública licitación as leiras ou as súas sortes a medida que o reclamen os compradores, e non habendo reclamación, segundo dispóñao o Goberno; verificándose as vendas coa maior división posible das leiras, sempre que non prexudique ao seu valor. (…)
      • Artigo 6.- Os compradores das leiras ou sortes quedan obrigados ao pago en metálico da suma en que se lles adxudiquen.
      • D) PERIODO MODERADO-UNIONISTA. (1856-1868).
      • - Entre 1856 e 1868 sucédense gobernos moderados (Narváez) e da Unión Liberal = formación “centrista” integrada pola esquerda moderada e pola dereita progresista e tamén por militares e dirixida por O´Donnell.
      • - As demáis forzas políticas (progresistas, demócratas, republicanos)  excluidos do sistema.
      • - Periodo moderado-unionista = periodo de gran estabilidade política só rota por revoltas campesiñas (1857 e 1861) en protesta pola desamortización de Madoz.
      • - Durante o periodo da Unión Liberal  militarismo  intervencionismo militar español no exterior , co obxecto de unir ás forzas políticas nunha causa común, entre elas destacan: Cochinchina, Marrocos, México e a Guerra do Pacífco (Perú e Chile).
      • - A partir de 1866 sucédese o bienio ultramoderado  exilio de O´Donnell e goberno “dictatorial” de Narváez  conflitos e pronunciamentos 
        •  “ Noite de San Daniel” = represión manifestación estudiantil  decenas de mortos.
        •  Motín cuartel de San Gil (xuño 1866)  66 soldados fusilados.
        • Represión  perda de apoios do réxime  conspiración para derrocar a Sabela II.
        • - No exilio progresistas e demócratas (Prim)  unión para cambiar o réxime ( Pactos de Ostende e Bruxelas , 1866 e 1867). Trala morte de O´Donnell (1866) unénse tamén os unionistas, dirixidos polo xeneral Serrano.
        • - Falecemento Narváez (1868)  perda do principal apoio da raiña  Revolución Gloriosa de Setembro de 1868  unionistas, progresistas e demócratas xunto co exército destronan a Sabela II  Sexenio Democrático (1868-1874)
      • Proclama dos sublevados en Cádiz en setembro de 1868.
      • " Españois: A cidade de Cádiz posta en armas con toda a súa provincia (...) nega a súa obediencia ao goberno que reside en Madrid, segura de que é leal intérprete dos cidadáns (...) e resolta a non deponer as armas ata que a Nación recobre a súa soberanía, manifeste a súa vontade e cúmprase. (...) Hollada a lei fundamental (...), corrompido o sufragio pola ameaza e o soborno, (...) morto o Municipio; pasto a Administración e a Facenda da inmoralidad; tiranizada o ensino; muda a prensa (...). Tal é a España de hoxe. Españois, ¿quen a aborrece tanto que non se atreva a exclamar: "Así ha de ser sempre"? (...) Queremos que unha legalidad común por todos creada teña implícito e constante o respecto de todos. (...) Queremos que un Goberno provisional que represente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os cimentos da nosa regeneración social e política. Viva España, con honra!”
      • Cádiz, 19 de septiembre de 1868.- Duque de la Torre, Juan Prim, Domingo Dulce,Francisco Serrano, Ramón Nouvillas, Rafael Primo de Rivera, Antonio Caballero de Rodas, Juan Topete".
    12. 4. O sexenio democrático
      • Rev Gloriosa ou setembrina (1868)  sexenio democrático ou revolucionario (1868-1874)  expulsión dos Borbóns do trono de España  novo sistema pol baseado no liberalismo democrática  2 formas de goberno:
      •  Monarquía : nova dinastía = Savoia (Amadeo I).
      •  República .
      • - Ao mesmo tempo desenvolvemento do mov obreiro  ideoloxías revolucionarias (Socialismo e anarquismo).
      • A) REVOLUCIÓN DE 1868.
      • - Rev de 1868 = unión de todas as forzas políticas , exército e clases populares fronte aos moderados e aos Borbóns.
      • - A Gloriosa iníciase en Cádiz cun pronunciamento da mariña (Xeneral Prim)  triunfo e extensión do pronunciamento  tropas sublevadas, dirixidas por xeneral Serrano derrotan ás tropas sabelinas ( Batalla da ponte de Alcolea , Córdoba)  exilio da raiña a Francia
      • - A revolución esténdese ás cidades  xuntas revolucionarias  reclamacións populares democráticas (sufraxio universal, liberdade de prensa, asociación…) e sociais (abolición consumos e sistemas de quintas
    13.  
      • B) CONSTITUCIÓN DE 1869.
      • - Exilio de Sabela II  formación dun goberno provisional (unionistas e progresistas) presidido por Serrano, integrado tamén por Prim e apoiado por demócratas  reformas:
      •  Creación peseta = nova moeda do Estado.
      •  Convocatoria de cortes constituíntes por sufraxio universal  victoria dos monárquicos  sistema de goberno = monarquía democrática  nova constitución democrática (1869).
      • - Principios Constitución de 1869:
      •  Soberanía nacional .
      •  Separación de poderes :
      •  Executivo : rei, a través dos seus ministros, con poder para disolver as Cortes pero só 1 vez por lexislatura.
      •  Lexislativo : Cortes bicamerais  Congreso (sufraxio universal masculino directo) e Senado (sufraxio universal masculino indirecto). Teñen iguais atribucións e controlan ao goberno.
      •  Xudicial : tribunais (por oposicións) e xurado popular.
      •  Dereitos e liberades : ampla declaración previa (1ª vez dereito de reunión e asociación).
      •  Liberdade de cultos .
      • "La Nación española y en su nombre las Cortes Constituyentes, elegidas por sufragio universal, deseando afianzar la justicia, la libertad y la seguridad, y proveer al bien de cuantos vivan en España, decretan y sancionan la siguiente Constitución:
      • [...] Art. 17°. Tampoco podrá ser privado ningún español: Del derecho de emitir libremente sus ideas y opiniones, ya de palabra, ya por escrito, valiéndose de la imprenta o de otro procedimiento semejante.
      • Del derecho a reunirse pacíficamente.
      • Del derecho de asociarse para todos los fines de la vida humana que no sean contrarios a la moral pública [...].
      • Art. 19°. A toda asociación cuyos individuos delinquieren por los medios que la misma les proporcione, podrá imponérsele la pena de disolución [...]. Toda asociación cuyo objeto o cuyos medios comprometan la seguridad del Estado, podrá ser disuelta por una ley [...].
      • Art. 21°. La Nación se obliga a mantener el culto y los ministros de la religión católica. El ejercicio público o privado de cualquier otro culto queda garantizado [...] sin más limitaciones que las reglas universales de la moral y del derecho [...].
      • Art. 32°. La soberanía reside esencialmente en la Nación, de la cual emanan todos los poderes.
      • Art. 33°. La forma de Gobierno de la Nación española es la Monarquía.
      • Art. 34°. La potestad de hacer las leyes reside en las Cortes. El Rey sanciona y promulga las leyes.
      • Art. 930. Se establecerá el juicio por jurados para todos los delitos políticos y para los comunes que determine la ley.
      • C) MONARQUÍA DEMOCRÁTICA DE AMADEO I.
      • Tras promulgación da Constitución, en espera da elección dun novo rei  rexencia do xeneral Serrano (Prim = xefe de goberno).
      • Tras barallar varios candidatos  elección de Amadeo de Savoia (fillo do rei de Italia, Victor Manuel II) con bastante oposición  aristocracia, pobo, carlistas, afonsinos (partidarios do fillo de Sabela II, Afonso de Borbón) e republicanos.
      • Amadeo I xurou a constitución en xaneiro de 1871, pouco despois da morte en atentado do xefe do goberno, o Xeneral Prim (decembro 1870)  o seu principal apoio.
      • O seu reinado caracterízase por inestabilidade política  problemas principais:
      •  Dificultades de goberno : tensións entre distintos grupos políticos (unionistas, progresistas, demócratas)  illamento de Amadeo I.
      •  Guerra de Cuba : iniciada en 1868 polos desexos de independencia dos cubanos, da abolición da escravitude e pola dominación política e económica española  tímidas reformas por parte de España  continuación da guerra durante 10 anos.
      •  3ª Guerra Carlista : iniciada en 1872 nas provincias vascas e Navarra  ocupación carlista de Navarra e P. Vasco (excepto capitais)  estado carlista (capital = Estella, Navarra)  ata derrota definitiva en 1873.
      •  Oposición republicana : obxectivo dos republicanos = fracaso da monarquía Amadeo I e conseguir apoio popular para a República.
      • - Todos estes problemas  abdicación de Amadeo I en febreiro de 1873  Congreso e Senado reunidos en Asemblea Nacional proclamaron a República o 11 de febreiro de 1873.
    14. Combatentes carlistas Grito de Yara , levantamento independentista cubano Proclamación da Iª República (11-02-1873) Alegoría da Iª República
      • D) A Iª REPÚBLICA (1873-1874).
      • - Asemblea nacional republicana, pouco despois de constituirse, nomeou a Estanislao Figueras como Presidente do poder executivo (xefe de estado e de goberno).
      • - Sen embargo, ábrense importantes diferencias entre os republicanos:
      • a) Unitarios: partidarios dunha república unitaria (Castelar).
      • b) Federalistas : defensores dunha república federal (dividida en varios estados). 2 tendencias:
      •  Gradualistas : federación dende arriba = organización da república federal polas Cortes (Pi i Margall).
      •  Intransixentes ou cantonalistas : federación dende abaixo = proclamación inmediata da soberanía dos estados (ou cantóns)  acordos entre eles  federación española.
      Bandeira da Iª República
      • Esta división republicana  inestabilidade política.
      • Para resolver a forma da república  eleccións para formar a Asemblea Nacional constituínte  vitoria ampla dos federalistas, pero cunha abstención do 60%.
      • Triunfo dos federalistas  proclamación da República Federal  nomeamento de Francisco Pi i Margall como Presidente  elaboración dun proxecto de Constitución federal  Principios:
      •  España = Federación de 17 estados (incluidos Cuba e Porto Rico).
      •  Sufraxio universal.
      •  Presidente da República (= xefe de Estado)  mediador entre os distintos poderes e nomeaba ao Presidente do Goberno (xefe do goberno) e aos seus ministros.
      •  Poder lexislativo: Asemblea Nacional republicana, con 2 cámaras: Congreso (sufraxio universal masculino) e Senado (representantes dos 17 territorios federados).
      •  Separación Igrexa-Estado  estado laico.
      • Sen embargo inestabilidade social  obreiros e campesiños protagonizaron folgas , protestas e ocupacións de terras  exemplo: folga revolucionaria de Alcoi (xullo, 1873)  asasinato das autoridades e queima de fábricas polas masas  temor na burguesía.
      • Tamén inestabilidade política  republicanos federalistas proclamaron a independencia dos cantóns, sobre todo en Levante e Andalucía (Ex: cantón de Cartaxena aguantou 6 meses ata xaneiro de 1874).
      • Unión de cantonalismo e reivindicacións sociais  apoio da AIT (Asociación Internacional do Traballo) que identifican cantonalismo con revolución social. Sen embargo, o cantonalismo desprestixou aos federalistas gradualistas no poder  dimisión de Pi i Margall
      • Novo presidente = Nicolás Salmerón (xullo). Para finalizar o movemento cantonalista no sur e a guerra carlista no norte  acercamente aos militares, deseosos de orde e autoridade.
      • Negativa de Salmerón a decretar penas de morte  dimisión de Salmerón  nomeamento de Emilio Castelar (setembro) como novo presidente  medidas drásticas para facer fronte ás guerras (carlista, insurrección cantonalista e cubana)  represión apoiándose en militares conservadores (Pavía e Martínez Campos)  descontento dos republicanos federais que dominaban a Asemblea  destitución de Castelar (xaneiro 1874).
      • Na sesión na que a Asemblea debía elixir ao novo presidente
      •  Entrada do xeneral Pavía no Congreso  golpe de estado  disolución da Asemblea Nacional (xaneiro 1874).
      • Baleiro de poder  xeneral Serrano asume o poder executivo da república con apoio dos militares  réxime ditatorial conservador  suspensión garantías constitucionais para pacificar o país (cantonalismo e carlismo).
      • As tensións entre republicanos, as guerras (carlista e cubana) e as reivindicacións cantonalistas e revolucionarias da AIT  inestabilidade e medo no exército e clases acomodadas  apoio á restauración da monarquía borbónica de Afonso XII (fillo de Sabela II) preparada por Cánovas del Castillo  Manifesto de Sanhurst = presentación de Afonso XII como monarca constitucional.
      • Pronunciamento do xeneral Martínez Campos en Sagunto (decembro 1874) a favor de Afonso XII  final república e inicio da Restauración

    + camposseijocamposseijo, 10 months ago

    custom

    226 views, 0 favs, 0 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 226
      • 226 on SlideShare
      • 0 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 14
    Most viewed embeds

    more

    All embeds

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?