1. O DOMINIO VISIGODO DA PENÍNSULA a) Fases: 1ª Etapa: 416-507: Asentados en Tolosa . Cumplen co acordo que tiñan con Roma , acabando cos alanos e expulsando aos vándalos hacia o norte de África. Gradualmente foron asentándose na península. Os suevos quedan recluidos no NO entre o Texo e o cantábrico. Os pobos montañeses do N (astures, vascóns) quedan prácticamente independentes. Derrota frente aos Francos en Vouille (Poitiers) despraza definitivamente hacia Hispania.
2ª Etapa 507-569: Sitúan a capital en Toledo (centricidade) e toman tierras ocupadas polos bizantinos (costa andaluza) e Baleares (vándalos).
3ª Etapa 569-711: Consolidación do dominio na península. Conquista do reino suevo ( Leovilxildo , 585) e sometemento de enclaves bizantinos. Con Suintila (625) toda a península en mans visigodas. Continuas campañas contra os pobos montañeses .
Mapa da segunda etapa. Reino de Toledo (507-569) Fuente: Cartoteca del CNICE
Hispania no reinado de Leovixildo (c. 586) Hispania goda en 700, en vísperas da invasión musulmana.
b) Características
Número habitantes : varios millóns de hispano-romanos e entre 100.000 e 200.000 godos Esa diferencia explica que os godos prefiran asimilar a cultura hispano-romana (lingua, dereito, relixión...) que impoñer a súa.
En un principio existiu a separación de etnias , cada un coa súa propia * relixión : Arrianismo (visigodos) católicos romanos (hispanos)
* dereito : Código de Ervigio (visigodos) Lex Romanorum Visigothorum (hispano romanos)
* goberno : Comes civitatis (visigodos), goberno propio municipal e provincial (romanos)
A monarquía era electiva (salvo excepcións), o que contribuíu a sucesións conflitivas (rebelións, golpes de estado…)
c) Organización política
Intentos de conseguir unha monarquía forte:
Intentos de transformación en monarquía hereditaria (Leovixildo, Chindasvinto, Égica), pero fracasou.
Estado basado no dereito romano , con algunas aportacións visigodas, aceptable por godos e hispano romanos.
Unificación lexislativa (Liber Iudicum)
Control da Igresia Católica (fundamental para controlar o territorio) finalmente conversión ao catolicismo de Recaredo e los visigodos (III Concilio de Toledo 589) Unificación Religiosa.
Os concilios mudaron en asambleas magnas do Estado, no sólamente relixiosas.
R E I ADMINISTRACIÓN CENTRAL OFFICIUM PALATINO Consello real (Condes) AULA REXIA Nobres, fideles regis CONCILIOS DA IGREXA Asambleas lexislativas de bispos e nobles ADMINISTRACIÓN TERRITORIAL DUX Gobernador de provincia COMITÉ Gobernador da cidade
5. PROCESO DE FEUDALIZACIÓN
Feudalización 3 procesos:
Continuación do proceso de colonato (colonos = campesiños que cedían sus tierras a los señores) ou feudalización social iniciado no Baixo Imperio e a conseguinte ruralización da sociedade.
Fusión dos grupos sociais escravos e os colonos = Resultado un so grupo: SERVOS (campesiños dependentes).
Continuo debilitamento da monarquía frente á nobleza , en algúns casos os reis son manexados polos nobres, mentras que estos en moitas ocasións negábanse a aportar tropas para o exército.
d) Fin da monarquía visigoda
Ambiente de loita nobiliaria nas últimas décadas do s. VII Monarquía muy debilitada Crisis sucesoria á morte de Vitiza (710). Rodrigo proclámase rei frente aos fillos de Vitiza división entre a nobleza visigoda.
Expansión árabe en pleno apoxeo no N de África. Aproveitan as circunstancias para dar o salto á península en 711 . En poucos anos ocupana.
Escasa resistencia da poboación campesiña e dos propios propietarios visigodos (pactos de rendición moi ventaxosos). A minoría xudía tamén puido apoiar aos musulmáns debido á persecución exercida sobre eles polos visigodos.
2. ESPLENDOR DE AL-ANDALUS E ORIXE REINOS CRISTIÁNS. a) Fases esplendor al-Andalus.
Invasión musulmana Hispania visigoda = Al-Andalus (711-1031).
Fases:
a) Emirato dependente de Damasco (711-756): al-Andalus pasou a formar parte do califato omeia con capital en Damasco.
b) Emirato independente (756-929): en Oriente próximo os abasís fanse co poder aniquilando aos omeias (Califato abasí capital = Bagdad). Un supervivinte da familia real (Abd al-Rahman I) chegou fuxindo a al-Andalus. Co apoio da nobreza local proclámase emir (soberano) Emirato independente de Córdoba.
c) Califato de Córdoba (929-1031): Abd al-Rahman III animado polos seus éxitos militares no Norte de África proclámase califa (xefe político e relixioso) de Al-Andalus
b) Características al-Andalus.
Monarquía absoluta : o soberano (emir e logo califa) concentra a totalidade do poder político (o califa tamén o poder relixioso. Sucesión hereditaria na familia do monarca disputas familiares frecuentes.
Administración xerarquizada : por debaixo do monarca hachib (1º ministro) = xefe da administración, por debaixo del os valís = gobernadores de cada provincia ( cora ). Nas zonas fronterizas (marcas) o valí ten mando sobre as tropas.
Exército poderoso : formado por mercenarios e escravos de orixe bérber ou eslava conquista e razzias (expedicións de saqueo e castigo) contra os núcleos de resistencia cristiáns.
Sociedade complexa : numerosos grupos étnicos e relixiosos falta de cohesión social revoltas sociais frecuentes. Grupos:
a) árabes : minoría dirixente, rica e poderosa.
b) bérberes : procedente do N de África, grupo maioritario no exército.
c) muladís : hispanos islamizados, maior parte da poboación.
d) eslavóns : antigos escravos liberados porcedentes de Europa central. Gran importancia na administración.
e) xudeus : minoría adicada ao comercio e artesanía.
f) mozárabes : cristiáns que residían en al-Andalus.
Economía comercial : reactivación das actividades artesanais e mellora da agricultura novas técnicas (canles, sistemas de regadío…) e produtos (arroz, cana de azúcar, cítricos…).
Renacemento das cidades: grazas a instalación nas cidades dos grupos invasores (ex: Córdoba, 100.000 hab.).
Gran desenvolvemento cultural, científico e artístico.
c) Orixe dos reinos cristiáns
Invasión musulmana conquista da maior parte da península, agás as zonas do norte, montañosas e de escaso interés para os invasores núcleos de resistencia cristiáns. 2 zonas:
Zona occidental : resistencia cristiáns na zona montañosa cantábrica orixe na mítica batalla de Covadonga (722?) formación do Reino de Asturias.
Zona oriental : núcleos de resistencia na zona dos Pireneos, impulsados polos reis francos para impedir as razzias musulmáns intervención de Carlomagno (emperador franco) e o seu fillo Luís o Piadoso Marca Hispánica (fronteira franca co Emirato de Córdoba) formada por condados navarros, aragoneses e catalanes
Estes condados foron co tempo gañando autonomía fronte aos reis francos independencia do reino de Pamplona e do condado de Aragón no século IX e dos condados catalanes no S.X.
Despois da súa constitución os reinos cristiáns inician a súa expansión a costa das terras musulmanas. Para lexitimar esa pretensión desenvolveron a idea da Reconquista = idea de recuperar as terras que pertencían á monarquía visigoda.
Zona occ :
- Despois de Covadonga consolidación do Reino de Asturias (capital en Oviedo), separado de al-Andalus por unha grande porción de terra de ninguén (pouco habitada): o Val do Douro = fronteira de Asturias con al-Andalus.
- No século IX, no reinado de Alfonso II tivo lugar en Compostela o descubremento da tumba do Apóstolo Santiago resaltamento dos aspectos relixiosos da loita contra os musulmáns.
d) Expansión dos reinos cristiáns (a Reconquista ).
Durante o s. IX repoboamento do val inferior do Miño e val do Douro traslado da capital de Oviedo a León por Afonso III Reino astur-leonés. Os andalusíes continuaron coas súas razzias (expedicións de saqueo) polo leste, isto obrigou aos monarcas leoneses a fortificar a zona oriental do reino (Palencia, Burgos, Logroño…) = Condado de Castela.
Desde mediados do s. X a debilidade da monarquía leonesa independencia do Condado de Castela.
Zona oriental : avances cristiáns débiles ata o século X o reino de Pamplona incorpora o condado de Aragón e mantemento condados cataláns.
e) A fin do Califato de Córdoba (S.XI).
A finais do S. X al- Mansur (1º ministro do califa Hisham II) fíxose co control absoluto do goberno, para aumentar o seu prestixio levou a cabo múltiples razzias contra os cristiáns (Bercelona, Santiago, León…). Á súa morte inicio dunha longa guerra civil fragmentación e desaparición do Califato de Córdoba en multitude de reinos independentes = reinos de taifas.
Reinos de taifas en 1031 Taifas en 1080.
3. A EXPANSIÓN CRISTIÁ E A FIN DE AL-ANDALUS a) Taifas, parias e reinos cristiáns
- Fragmentación califato de Córdoba (1031) formación das primeiras taifas (reinos musulmáns de reducido tamaño). 3 tipos:
Taifas árabes: dominantes no val Guadalquivir e Ebro.
Taifas bérberes: Sur e centro.
Taifas eslavas: costa levantina.
- Enfrontadas entre sí, as taifas foron incapaces de presentar un fronte común contra os reinos cristiáns necesidade de pagar tributos a éstes para manter a súa independencia e conseguir apoio militar fronte a outras taifas (parias).
- Ao mesmo tempo nos reinos cristiáns, Sancho III, rei de Navarra, conseguiu ampliar os seus territorios a costa dos seus veciños cristiáns conquista de Aragón, Sobrarde, Ribagorza e Castela. Á súa morte (1035) reparto entre os seus fillos nacemento dos reinos Castela e Aragón.
- Posteriores repartos e herencias configuración de 4 grandes unidades cristianas a finais do S. IX:
a) Condado de Barcelona : que inclúe o norte de Cataluña e condados do Sur de Francia (Provenza, Rosellón…).
b) Reino de Aragón .
c) Reino de Pamplona.
d) Reinos de Castela e León : incluindo tamén Galicia, unidos na persoa de Afonso VI.
b) Os Almorávides
En 1085 Afonso VI de Castela e León conquista Toledo (conquista simbólica por ser a antiga capital visigoda) atemorizados ante os cristiáns, as taifas pediron axuda aos almorávides (tribu bereber que dominaba o norte de África) desembarco dos almorávides na Península en 1086 derrotando aos cristiáns, pero non foron capaces de recuperar Toledo.
Superioridade militar almorávide conquista das taifas peninsulares unificación de al-Andalus no Imperio Almorávide (1086- 1145)
Os reinos cristiáns resisten o ataque almorávide:
Reino de Pamplona : que pasa a denominarse Reino de Navarra.
Reino de Aragón : en principio con capital en Xaca, expándese hacia o sur e en 1118 conquista Zaragoza, ocupando o val medio do Ebro. En 1137 unénse mediante alianza matrimonial o Condado de Barcelona e o Reino de Aragón Coroa de Aragón (rei = Afonso II). Cada unha das partes mantiña as súas propias institucións e leis, pero ambas unidas na persoa do monarca.
Reino de Castela e León : a mediados do S. XII volven a separarse Castela e León debido a repartos hereditarios. Ao mesmo tempo o Condao de Portugal na zona occidental do reino consegue a súa independencia Reino de Portugal.
En al-Andalus o rigorismo relixioso almorávide, o impostos para as guerras e a pérdida de Zaragoza (1118) descontento da poboación rebelións (1145) que terminan
co dominio almorávide Segundas taifas , divididas e inestables ofensivas cristiáns: ocupación do Val do Ebro (Lleida) pola Coroa de Aragón, do Texo (Lisboa polo reino de Portugal) e parte do de Guadiana polo reino de Castela e León.
c) Os Almohades
Ante as conquistas cristiás, as taifas chaman na súa axuda aos almohades desembarco en 1146 conquista das segundas taifas imperio almohade (Norte de África e P.I), con capital en Sevilla.
Para facer fronte aos almohades, os reinos cristiáns recorren ás Ordes Militares = corpos militares con vínculos relixiosos (monxes-cabaleiros) Ex: Templarios, Hospitalarios, e ordes peninsulares (Santiago, Calatrava, Alcántara…).
O perigo almohade unión dos reinos cristiáns (Cas, Nav, Ara e Port…) batalla das Navas de Tolosa (1212) derrota almohade debilitamento e expulsión dos almohades Terceiros reinos de taifas .
d) A Conquista de Andalucía e Levante
Derrota almohade e debilidade taifas amplas conquistas dos reinos peninsulares a med do S. XIII:
Portugal : ocupou o Algarve fin da súa expasión.
Coroa Aragón : Baleares, Valencia e Alacante (Xaime I o Conquistador ).
Coroa de Castela e León : unidos definitivamente baixo Fernando III conquista do Val do Guadalquivir e Murcia.
A finais S. XIII só permanece baixo o dominio musulmán o reino de Granada.
A expansión cristiá detense polas loitas internas nos reinos cristiáns e a necesidade de repoboación dos enormes territorios adquiridos.
3 modalidades de repoboamento:
Cartas de poboamento e forais : foros = privilexios da coroa a xentes que se establecen en vilas e cidades musulmáns. Foros terras, e liberación de impostos e obrigacións feudais a cambio de fidelidade, pagar tributos reais e defensa das terras (Val do Douro e Ebro).
Doazóns a Ordes Militares : concesión ás O.M de grandes dominios arrebatados a almorávides e almohades (entre o Texo e Serra Morena).
Repartimentos: concesións de lotes de terra aos repoboadores, en función da súa categoría social, os maiores para nobres e eclesiásticos formación de grandes latifundios na zona sur peninsular (Estremadura e Val Guadalquivir).
e) Expansión catalano-aragonesa.
Coroa de Aragón a partir d S. XI e XII Expansión fóra da península. 2 direccións:
Norte: condados situados ao norte Pireneos (Midi), co obxectivo de constituir un gran reino pirenaico, abortado polas tropas francesas (Muret, 1213).
Leste: entre S.XIII e XV. Ocupación de posesións mediterráneas Inicio coas Baleares (inicios S.XIII), seguidas por Sicilia, Malta (S.XIII), Sardeña, Nápoles (S.XIV- XV), e chegando o seu límite coa ocupación de territorios gregos aos turcos (Ducados de Atenas e Neopatria, S.XIV) por mercenarios catalano-aragoneses = os almogávares.
f) O reino nazarí de Granada.
Último reduto musulmán na península. Logrou manter a súa independencia entre S.XIII e finais S.XV (1492, conquista de Granada polos reis católicos), grazas a factores :
a) Orografía montañosa muralla natural.
b) Cohesión da poboación musulmá.
c) Dificultades na Coroa de Castela León , tanto pol (loitas nobiliarias e dinásticas), ec e sociais (Peste Negra, med. S.XIV).
d) Apoio dos benimeríns , pobo do Magreb, derrotados posteriormente pos casteláns e portugueses (Batalla do Estreito, 1340) os cristiáns dominan o Estreito Gibraltar.
e) Derrota benimerín os nazarís firman acordos con Castela e con Aragón.
4. FEUDALISMO (SOCIEDADE E POLÍTICA) a) Sociedade feudal.
Sociedade medieval = feudal e estamental (ordeada en estamentos)
Estamentos = grupos onde os individuos incluíanse segundo a función que desempeñaran. Estes grupos eran pechados e desiguais grupos privilexiados e grupos non privilexiados.
Grupos privilexiados : nobreza e clero privilexios:
Primacía social.
Títulos e honores.
Exención impostos.
Propiedade das terras (poder ec)
Poderes xurisdiccionais (exercían a xustiza sobre o resto).
- A nobreza e o clero dividíanse en alta nobreza e clero (duques, condes, cardenais, bispos, abades…) e baixa (cabaleiros, fidalgos, monxes/as e cregos).
Grupos non privilexiados : resto da poboación (campesiños, artesáns, burgueses…) sen privilexios estamento dos pecheiros (futuro 3º estado), xq pagaban impostos. Grupos:
- Campesiñado: grupo máis numerosos (campesiños libres e servos), normalmente dependentes dun señor (nobre ou eclesiástico) encomenda. Condicións duras de vida e pagaban a maioría de impostos, rendas e servicios (á coroa, señores, clero).
- Burguesía: habitantes das cidades (burgos). A partir do seu renacemento (S. X-XI) artesáns, comerciantes, empregados,… (non agricultura).
- Grupos marxinais : por razóns relixiosas xudeus (adicados sobre todo a actividades artesanais, mercantís e financeiras) e mudéxares (musulmáns que vivían en reinos cristiáns).
Características:
Cáracter hereditario e patrimonial : reino = propiedade persoal do rei, transmitido por herdanza aos herdeiros posibilidade de división (ata o S. XIII). Sucesión hereditaria con primacía do varón. Para asegurar a sucesión creación Principado de Asturias (Castela-León), Ducado de Xirona (Coroa de Aragón), Principado de Viana (Navarra).
Soberanía real : rei = soberano totalidade de poderes, concedidos por Deus e consagrada pola Igrexa (coroación).
Poder do Rei consiste no vasalaxe = sumisión de nobres e pobo ao rei (nobres aportan obediencia, fidelidade e apoio militar e o rei a cambio dereitos e terras)
Pero rei ten limitacións = leis forais e institucións que debe respetar (Cortes = asambleas representativas dos estamentos do reino). Sobre todo na Coroa de Aragón respeto do soberano ás institucións de cada reino (Deputación aragonesa, Generalitat…)
b) Monarquía feudal.
5. ECONOMÍA FEUDAL.
2 ETAPAS:
$ Alta idade media (ata S.XI):
- Terra = base ec principal. A meirande parte en mans de señores feudais (nobres e eclesiásticos) feudos ou señoríos.
- Artesanía e comercio reducido feudos autosuficientes con pequenos mercados locais.
$ Plena idade media (S.XI-XIII): crecemento actividades ec:
- Aumento da productividade agraria e espazo cultivado: grazas avances técnicos (arado de vertedeira, muíño de auga, útiles de ferro…).
- Desenvolvemento gandería : en Castela predominio gandería trashumante (ovellas) en mans da Mesta (poderosa organización de propietarios gandeiros).
- Creación gremios = asociacións de artesáns que comparten prezos, salarios, formas de ascenso… competencia entre eles.
- Crecemento urbán e comercial renacemento das cidades e dos intercambios comerciais entre elas aumento acuñación de moeda desenvolvemento prácticas financeiras (crédito) e feiras con protección real.
6. CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA. a) Crise demográfica: Peste negra.
Plena Idade Media = época expansiva melloras agrarias e gandeiras crecemento dos recursos alimenticios demográfico.
No S. XIV iniciase a crise. A pob creceu por riba dos recursos disponibles mortalidade terras abandonadas produción agrícola e gandeira malas colleitas mortalidade.
A mediados do S.XIV sobre esa pob. desgastada esténdese a Peste Negra (1348) procedente de oriente catástrofe demográfica gran mortalidade urbana, pobos e feudos deshabitados (sobre todo na Coroa de Aragón) descenso produción e actividades ec.
b) Crise política: revoltas nobiliarias
Crise demográfica campos despoboados e descenso actividade ec ingresos da nobreza endurecemento das obrigacións feudais ( Malos usos , sobre todo en Cataluña) e presión aos reis para conseguir + recursos (rentas e terras…) enfrontamentos nobreza e monarquía:
Guerra civil castelá (mediados S.XIV): entre Pedro I e Henrique de Trastámara (apoio da alta nobreza) asesinato de Pedro e coroación de Henrique II.
Guerra civil en Navarra (mediados S.XV): Inicio na morte da raiña Branca enfrontamento entre o fillo, príncipe de Viana e o seu marido Xoán II (rei de Aragón) polo seu novo matrimonio detención e asesinato Príncipe de Viana triunfo rei de Aragón.
Guerra civil catalá (3º ¼ S.XV): orixe na guerra civil navarra. A detención do Príncipe Viana = excusa para iniciar 1 revolta da oligarquía catalana contra o rei de Aragón (Xoán II), que pretendía impoñer unha monarquía autoritaria na Coroa de Aragón que recortaba os seus dereitos. A guerra terminou co triunfo de Xoán II, que se viu obrigado a respetar as institucións catalanas tradicionais.
2ª Guerra civil castelá : enfrontamento entre a nobreza e Henrique IV (3º ¼ S. XV), que intentou fortalecer o seu poder a costa dela Apoio da alta nobreza ao seu irmán Afonso. A morte deste apoio a Sabela (irmá do monarca) para que a recoñeza como herdeira en lugar da súa filla Xoana ( Beltranexa) considerada ilexítima.
b) Crise social: revoltas populares.
Crise demográfica e ec dos S.XIV e XV empeoramento das condicións de vida populares revoltas.
Enfrontamento social en Barcelona (med. S.XV): Busca (artesáns e peq comerciantes) vs. Biga (oligarquía local) agravamento da crise.
Remensa no campo catalán (1462-1486): Malos usos dos señores (abusos sobre os seus campesiños) revolta popular ata 1486 (eliminación de malos usos por Fernando II o Católico ).
Persecucións xudeus: crise xeral acusación de seren culpables de todos os males persecucións e matanzas (progroms).
Revolta irmandiña (med. S.XV) en Galicia : crise ec da presión fiscal e abusos de nobres e abades sobre campesiños formación de irmandades para opoñerse a estes malos usos guerras irmandiñas derrota dos irmandiños victoria nobiliaria dura represión e axustizamento dos líderes irmandiños.
0 comments
Post a comment