Your SlideShare is downloading. ×
0
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Franquismo
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Franquismo

1,294

Published on

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
1,294
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
83
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. HISTORIA DE ESPAÑA A DITADURA FRANQUISTA
  • 2. 1. BASES E APOIOS DA DITADURA FRANQUISTA
    • A) O FUNCIONAMENTO DO ESTADO: LEIS FUNDAMENTAIS.
    • Leis fundamentais = 7 leis elaboradas durante case 30 anos entre 1938 e 1967:
    • a) Foro do Traballo (1938): regulamentación mundo laboral.
    • b) Lei de Cortes (1942): creación Cortes franquistas  función consultiva
    • c) Foro dos españois (1945): dereitos e deberes dos españois.
    • d) Lei de Referendo (1945): rexía as votacións da opinión pública  sanción das leis que decidía o xefe de Estado.
    • e) Lei de Sucesión (1947): definición de España coma reino  o sucesor de Franco recibiría o título de rei
    • f) Lei de principios do Movemento (1958): principios do réxime  Movemento Nacional = único partido recoñecido.
    • g) Lei Orgánica do Estado (1967): establecía os mecanismos de funcionamento da democracia orgánica.
    • - Inspiradas nos principios do fascismo, as Leis Fundamentais  regulamento da vida política española e principios de organización e estrutura do réxime franquista.
  • 3.  
  • 4.  
  • 5.
    • B) O XEFE DE ESTADO: A CONCENTRACIÓN DE PODER EN FRANCO.
    • Franco concentrou todos os poderes do Estado, en principio concedidos polo resto de mandos militares sublevados.
    • Triunfo na guerra civil  indiscutible autoridade de Franco  caudillo de España sen ningunha limitación ao seu poder ata a Lei Orgánica do Estado (1967)  precisou as súas funcións e separou os cargos de Xefe de Estado (Franco) e Xefe de Goberno…
    • Apoio incondicional do exército durante toda a ditadura  exército = columna vertebral do réxime franquista.
    • Funcións do exército = defensa do territorio, da unidade da patria e da orde pública  numerosos privilexios dos militares e exaltación das virtudes castrenses = modelo a imitar na vida política e social, xunto á moral católica.
  • 6.
    • C) FORMA DE ESTADO: MONARQUÍA SEN REI.
    • - Ditadura franquista concíbesese como unha monarquía sen rei mentres Franco ocupase o poder (Lei de Sucesión, 1947)  aparición de 2 institucións:
    •  Consello de Rexencia: para actuar en caso de falta do Xefe de Estado.
    •  Consello do Reino: asesor de Franco en asuntos relativos á sucesión.
    • - Sucesor de Afonso XIII = Xoán de Borbón (conde de Barcelona) reclamou a Franco o trono de España. Sen embargo as relacións de Franco e don Xoán foron tensas, debido a posturas diverxentes:
    •  Franco: non quere ceder o poder. Despois da súa morte concibe a instauración dunha monarquía basada nos principios do réxime franquista.
    •  Don Xoán: restauración da monarquía tradicional borbónica na súa persoa.
    • - A pesar de relacións tensas  celebración de entrevistas. En 1969 Franco apartou definitivamente a Don Xoán a favor do seu fillo, Xoán Carlos  príncipe herdeiro.
  • 7.  
  • 8.
    • D) FUNDAMENTOS DO RÉXIME.
    •  Movemento Nacional.
    • Doutrina oficial do franquismo basease fundamentalmente no programa da Falanxe e na fusión con ela das diferentes forzas que apoian ao franquismo (monárquicos, carlistas).
    • En 1937 Franco ordeou a fusión de falanxistas e requetés (carlistas)  Falanxe Española Tradicionalista e das XONS (FET-XONS) = partido único do novo Estado.
    • Na década dos 50 a busca de apoios internacionais para o réxime franquista  necesidade de facer esquecer a axuda aos réximes fascistas por Franco  modificacións = perda da influencia da Falanxe  Movemento Nacional.
  • 9.  
  • 10.
    • Lei fundamental de Principios do Movemento (1958)  Movemento nacional = único partido recoñecido  prohibición e persecución das demáis formacións políticas.
    • Principios do movemento nacional = mestura de ideas do tradicionalismo católico e fascismo:
    •  Nacional-catolicismo.
    •  Participación orgánica (cooperativismo) na vida política.
    •  sometemento dos individuos ao Estado.
    •  Intervencionismo social do Estado.
    •  Unidade indisoluble da patria.
    Dous abrazos: Franco e Hitler (Hendaya, 1940), Franco e Eisenhower (Madrid, 1959).
  • 11.
    •  Unidade nacional e centralismo.
    • Ditadura franquista  concepción de España coma nación única e indivisible  centralismo  eliminación autonomías creadas pola IIª República e persecución manifestacións dos particularismos (linguas).
    • Pola súa parte a administración local (concellos) quedou sometida ao poder central  elección dos alcaldes:
    •  Nas vilas de + de 10.000 hab  elección polo goberno central.
    •  Nas vilas de – de 10.000 hab  elección polos gobernadores civís.
  • 12.
    • Nacionalcatolicismo.
    • Franquismo  defensa do catolicismo, confesionalidade do Estado e sometemento moral pública ás directrices da Igrexa  conversión da Igrexa en lexitimadora do réxime franquista.
    • Unión de Igrexa e Estado durante a ditadura franquista:
    •  Apoio da Igrexa católica á sublevación = cruzada contra o comunismo.
    •  A cambio a Igrexa recibiu recompensas  convertiuse na única autorizada e obtivo o control sobre moral, costumes e educación.
    • - Unión Igrexa–Estado  Concordato de 1953  Franco conseguía o recoñecemento do seu réxime polo Papado e obtiña privilexios (Palio, Presentación de bispos = elección por Franco do bispo dentre unha lista confeccionada pola Igrexa).
  • 13.
    • A cambio a Igrexa obtiña privilexios:
    •  Potenciación do culto católico.
    •  Capacidade legal de posuír e adquirir toda clase de bens e restitución dos bens perdidos nas desamortizacións.
    •  Dereito a establecer Seminarios, escolas e obras pías.
    •  Garantía de ensino da relixión católica.
    •  Control da moral pública (Fundamentalismo ou integrismo católico).
    • - Na década dos 60  papado de Xoán XXIII e o Concilio Vaticano II  renovación da Igrexa Católica  aparición dunha corrente crítica co réxime dentro da xerarquía católica e oposición á ditadura dentro do clero máis novo (curas-obreiros).
  • 14.
    • Sindicalismo vertical.
    • Réxime franquista  regulamento da vida laboral  Foro do Traballo (1938) = 1ª das leis fundamentais. Establecía:
    •  Aspectos sociais: descanso dominical, vacacións anuais pagadas, subsidios e seguros sociais…
    •  Reorganización do mundo sindical  modelos de inspiración fascista  ilegalización dos sindicatos e integración forzosa dos traballadores en sindicatos oficiais de carácter vertical  inclusión de patróns e obreiros para evitar conflitividade laboral e loita de clases  Organización Sindical do Movemento.
    • Limitación dereitos individuais.
    • - Foro dos Españois (1945)  dereitos e deberes dos españois.
    • - Deberes:
    •  Fidelidade á patria.  Lealtade a Franco.
    •  Obediencia a Leis Fundamentais.  Servizo militar obrigatorio.
    •  Pagar tributos.  Alimentar aos fillos.
    •  Manter unidade espiritual de España.
    • Dereitos: algúns de carácter individual (opinión, reunión, asociación…). Sen embargo imposibilidade do seu exercicio.
    • Franquismo  férrea censura  limitación da liberdade de opinión, prensa  control do pensamento e educación da poboación no Espírito Nacional = conxunto de valores políticos e sociais  entre eles subordinación da muller, na que tivo un papel destacado a Sección Femenina de Falanxe  papel feminino = pasividade política e nula participación pública  familia e fogar = únicas actividades.
  • 15.  
  • 16.
    • Democracia orgánica:
    • Modelo político franquista = Democracia orgánica = consideración polos seus partidarios que existía representación da sociedade a través dos seus órganos naturais (familia, concello, sindicato), rexeitando a participación baseada en individuos e partidos políticos.
    • Inspiración no fascismo italiano  participación política no estado franquista a través dos cabezas de familia e corporacións políticas.
    • En 1942 foron creadas as Cortes (Lei de Cortes) = órgano consultivo do Caudillo integrado por procuradores. Éstes eran designados por Franco, ou ben elexidos polo seu cargo.
  • 17.
    • Lei Orgánica do Estado (1967)  variación na composición das Cortes  elección dos procuradores por cabezas de familia. Pero non cambiaron as súas funcións = aprobación sen discusións das leis propostas polo goberno. En canto aos concellos  mecanismos de elección dos concelleiros:
    •  un terzo por cabezas de familia.
    •  un terzo por sindicatos locais.
    •  un terzo por concelleiros xa electos.
    • - A democracia orgánica completábase co recoñecemento da participación cidadá na sanción das leis propostas  Lei de referendo (1945)  participación cidadá de homes e mulleres maiores de 21 anos, sen embargo só se aplicaría por vontade de Franco  celebración en 2 ocasións = Lei de Sucesión (1947) e Lei Orgánica do Estado (19679
  • 18.  
  • 19. 2. A POSGUERRA (1939-1959)
    • A) ASPECTOS POLÍTICOS: DO ILLAMENTO AO RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL.
    • Podemos diferenciar tres etapas na posguerra:
    •  IIª Guerra Mundial (1939-45).
    •  Illamento (1945-53).
    •  Recoñecemento internacional (1953-59).
    •  Os anos da IIª Guerra Mundial (1939-45).
    • Dende remate G. Civil a inicio a IIª Guerra Mundial (abril-setembro 1939), goberno franquista  política de aproximación ás potencias fascistas.
    • Comezo Guerra Mundial  España declárase neutral. Vitorias iniciais do bando fascista  paso da neutralidade a “non belinxerancia” en 1940 = postura de amizade e colaboración coas potencias do Eixe  envío División Azul = expedición de voluntarios para colaborar cos nazis na invasión da Unión Soviética (60.000 homes)  5.000 mortos, 2.000 mutilados.
    • En 1943, as vitorias dos aliados (EEUU, URSS e Gran Bretaña)  abandono da non belinxerancia pola neutralidade, para tentar previs as consecuencias da derrota.
  • 20.  
  • 21.
    • Illamento internacional (1945-1953).
    • Tras a II ª Guerra Mundial, debido ao seu réxime ditatorial  España non foi aceptada na recén creada ONU  ruptura de relacións diplomáticas con España polos estados membros.
    • Condena internacional  adhesión popular á persoa do Caudillo de gran parte dos españois  manifestacións multitudinarias a favor do ditador e en contra da actitude da ONU.
    • Únicos apoios internacionais do franquismo nesta época: Portugal e algunha nación latinoamericana (Arxentina de Perón).
    • A situación cambia a partir do inicio da Guerra Fría (1947)  división do mundo en 2 bloques políticos e económicos antagónicos: capitalista (liderado por EEUU) e o comunista (liderado pola URSS)  potencias occidentais buscaron o apoio de estados anticomunistas (como España)  fin do illamento, aínda que a ditadura franquista seguía condenada pola maioría das democracias.
  • 22.
    • Recoñecemento internacional (1953-1959).
    • 1953 foi o ano decisivo para o recoñecemento internacional do réxime de Franco grazas o achegamento co Vaticano e os EEUU pola oposición de Franco ao comunismo.
    •  Vaticano: sinatura de Concordato en 1953  confesionalidade do Estado, matrimonio eclesiástico, ensino da relixión católica nas escolas…
    •  EEUU: a cambio de importante axuda económica a España  instalación bases americanas en España (Rota, Torrejón de Ardoz, Morón de la Frontera e Zaragoza).
    • Grazas ao apoio norteamericano  admisión de España na ONU en 1955 e organismos internacionais como o FMI (Fondo Monetario Internacional) e Banco Mundial. Culminación da apertura ao exterior coa visita do presidente norteamericano Eisenhower a Madrid en 1959).
    • Pero integración de España na ONU  consecuencias para España = recoñecemento da independencia de Marrocos (1959).
  • 23.  
  • 24.
    • B) ASPECTOS ECONÓMICOS: DA AUTARQUÍA AOS INICIOS DA LIBERALIZACIÓN.
    • A actividade económica non recuperou os niveis anteriores da Guerra Civil até ben entrado a década dos 50  retroceso no nivel de vida da poboación española.
    • Dúas fases:
    • 1. Autarquía (1939-50).
    • - Illamento internacional  autarquía e intervención estatal na ec  obxectivo = autosuficiencia económica:
    •  Agricultura:
    • - Continuación de contrarreforma agraria iniciada na Guerra Civil que favorecía as grandes propietarios  recuperación das terras expropiadas pola República.
    • -  produción por escasez de abonos, maquinaria, baixa produtividade e redución superficie cultivada  problemas de abastecemento de alimentos.
    • - Para incrementar a produción  posta en explotación de novas terras polo Instituto Nacional de Colonización. Para evitar propiedades pequenas  Lei de Concentración Parcelaria (1952).
  • 25.
    •  Industria: Política intervencionista do Estado  creación do INI (Instituto Nacional de Industria) para o control dos sectores industriais básicos. A pesar disto continuación dependencia tecnolóxica do estranxeiro.
    • Transportes: Nacionalización da rede de ferrocarrís de vía ancha  RENFE (Rede Nacional de Ferrocarrís Españois), sen embargo o sector continuou anticuado.
    • Comercio: tanto no interior coma no exterior forte intervención estatal  organización do comercio exterior a través de licencias e acordos bilaterais.
    • - A pesar destas medidas, dominaba a escaseza, a inflación e o estancamento da produción  desenvolvemento mercado negro (estraperlo) e xeneralización cartillas de racionamento para repartir e controlar os alimentos básicos.
  • 26.  
  • 27.
    • 2. Inicios da liberalización económica (1950-59).
    • Anos 50 = inicios da recuperación económica. Boas colleitas e excedentes agrícolas  supresión cartillas de racionamento (1952).
    • Acordos con EEUU  importantes axudas económicas en divisas, materias primas, fontes de enerxía e bens de equipo  recuperación nivel de renta da poboación e impulso do proceso industrializador (ex: fundación SEAT).
    • Novas medidas económicas modificaron a política autárquica abrindo a economía española aos investimentos estranxeiros.
    • Poboación española experimenta cambios a partir da década dos 50   poboación activa agraria  éxodo rural   poboación industrial e de servizos.
    • Migracións do campo a cidade   proceso de urbanización (sobre todo en Madrid e Barcelona),  taxa de natalidade e poboación.
    • Cambios económicos e sociais  protestas obreiras, provocadas por malas condicións de vida dos traballadores nas cidades  protestas en Manresa (1946), Bilbao (1947) e Barcelona (1951).
  • 28.  
  • 29.  
  • 30.
    • C) ASPECTOS SOCIAIS: REPRESIÓN DOS VENCIDOS.
    • Represión en 1940  300.000 españois na cadea (22.000 fusilados), 7.000 mestres encarceados e dous terzos do profesorado universitario destituído  exilio de miles de persoas  oposición ao réxime de Franco no exterior (exiliados) e no interior (guerrilleiros).
    •  Exiliados:
    • - Moitos dos vencidos  exilio. Varios destinos:
    • a) Francia : gran maioría (150.000), nun 1º momento en campos de refuxiados. Conquista nazi de Francia (1940)  ingreso en campos de concentración (13.000, só a sexta parte sobreviviu) ou devolución a España (moitos executados). Moitos españois enroláronse no exército francés ou na resistencia francesa contra os nazis.
  • 31.  
  • 32.
    • b) México : o goberno de Lázaro Cárdenas mantívose aberto á recepción de exilios, ao igual que moitas repúblicas latinoamericanas (Chile…).
    • c) Unión Soviética : recibiu sobre todo a militantes do Partido Comunista, e tamén a nenos orfos durante a guerra (“nenos da guerra”).
    • Non todos os exiliados saíron ao finalizar a guerra. Moitos tiveron que marchar nos anos posteriores como consecuencia da forte represión.
    • O goberno republicano exiliado estableceuse en México  manifestacións públicas contra o franquismo, publicación de artigos e ensaios críticos co réxime de Franco
  • 33.
    • Guerrilleiros:
    • Oposición no interior de España por grupos e partidos políticos na clandestinidade  loita armada  movemento guerrilleiro.
    • Nun 1º momento, guerrilleiros = fuxidos da zona nacional para escapar da represión  co tempo organización de resistencia, que durou até os anos 50.
    • En 1944 = reunión dos principais dirixentes guerrilleiros para lograr unidade de acción, dificultada pola persecución da Garda Civil.
    • Actividade guerrilleira moi intensa entre 1944 e 52 en Asturias, León, Andalucía e Galicia (case 10.000 guerrilleiros, como Pancho ou Foucellas).
    • Na guerrilla  unión de todas as ideoloxías contrarias ao réxime de Franco (sobre todo, comunistas). Erradicación a partir de 1952.
  • 34. 3. DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E INMOBILISMO POLÍTICO (1959-1973 )
    • Anos 60 e 70 = importante desenvolvemento económico por políticos próximos ao Opus Dei cunha sólida formación técnica (tecnócratas).
    • En economía  aprobación do Plan de Estabilización (1959)  medidas liberalizadoras  “milagre español” = forte crecemento económico, non acompañado de cambios políticos.
  • 35.
    • A) DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO.
    • Autarquía económica  problemas económicos (inflación, déficit co exterior, escaseza de materias primas…)  necesidade dun xiro radical na economía  medidas económicas  bos resultados e crecemento ec. espectacular. 2 tipos de medidas:
    • $ Plan de Estabilización de 1959.
    • Obxectivo = modificar a economía en profundidade  liberalización  eliminación control e intervencionismo estatal na economía.
    • Cambio por iniciativa de ministros técnicos do Opus Dei (tecnócratas)  Plan de Estabilización  importantes éxitos  apertura da economía ao exterior.
    • Medidas do Plan de Estabilización (1959):
    •  Liberalización da economía: supresión do intervencionismo estatal, liberalización dos prezos, libre competencia…
    •  Liberalización dos intercambios comerciais no interior e no exterior e apertura da economía española aos investimentos estranxeiros.
    •  Axuste e redución polo Goberno dos gastos públicos, diminución da inflación, mellora do sistema fiscal…
    • - Plan de Estabilización = abandono da política autárquica e bases para forte crecemento dos anos 60, completado cos Plans de Desenvolvemento
  • 36.
    • B) PLANS DE DESENVOLVEMENTO.
    • Plans de desenvolvemento = intervencións do Estado no deseño de obxectivos da economía  tres Plans de Desenvolvemento: Iº (1964-66), IIª (1969-1972) e IIIª (1972-1975). Todos se centraron no desenvolvemento da industria = sector económico clave. Incluían medidas:
    •  Creación de Polos de Desenvolvemento e Promoción Industrial: creación en cidades que ata ese momento non tiñan case instalacións industriais (A Coruña, Vigo, Burgos, Huelva, Sevilla, Valladolid, Zaragoza…). Incluían medidas para favorecer a instalación de industrias (exencións fiscais, subvencións, solo barato…)  obxectivo: correxir as desigualdades rexionais.
    •  Sector industrial : gran crecemento e diversificación. Medidas:
    • a) Beneficios para industrias de base (siderurxia, naval…).
    • b) Crecemento das de bens de consumo (automóbiles…).
    • c) Intalación de refinerías de petróleo.
    • d) Potenciación da produción hidroeléctrica (construción de encoros) e mantemento da industria do carbón.
  • 37.
    • Sector agrícola: menor desenvolvemento que o industrial. Trazos:
    •  Subvención de prezos e fomento de produtos tradicionais (trigo, cebada…).
    •  Aumento gandería vacuna e descenso da lanar.
    •  Mecanización e introdución melloras técnicas (abonos, insecticidas…).
    • Construción: extraordinario auxe por crecemento urbano e turístico de áreas costeiras.
    • Vías de comunicación : incremento na construción de estradas e inicio das primeiras autoestradas.
    • Comercio: balanza comercial negativa por importacións e dependencia enerxética do exterior.
    • - Resultados crecemento económico acelerado   PNB dun modo espectacular nos sesenta e  renda per cápita (duplícase entre 1964 e 1972).
    • Sen embargo, o desenvolvemento económico non foi capaz de absorber ao excedente de man de obra  forte emigración, tanto interior (éxodo rural) coma exterior (países de Europa occidental).
    • A pesar do crecemento  problemas: escándalo MATESA = industria téxtil catalana onde se descubriu un fraude (1969), con participación de membros do goberno (tecnócratas).
  • 38.  
  • 39.  
  • 40.
    • B) CAMBIOS SOCIAIS.
    • Crecemento económico  cambios sociais, pero non políticos  aumento da oposición.
    • Sociedade española nos anos 60 foi transformándose nunha sociedade cada vez máis parecida á do resto de Europa occidental (urbanizada, dinámica, secularizada e aberta). Causas do cambio:
    • ❤ Desenvolvemento económico
    • ❤ Influencias estranxeiras a través do turismo e a emigración.
    • ❤ Influencia medios comunicación (radio, prensa e televisión ).
    • Transformacións na sociedade:
    • ✤ Aumento clases medias.
    • ✤ Incorporación, lenta, pero progresiva da muller ao mercado laboral.
    • ✤ Lento proceso de alteración da familia tradicional.
  • 41.
    • Cambios nos costumes e na vida cotiá:
    •  Mellora da dieta alimenticia.
    •  Aumento da capacidade adquisitiva (neveiras, lavadoras, automóbil e televisión).
    •  Inicio de viaxes turísticas e vacacións.
    •  Mellora da hixiene e a sáude coa xeneralización da Seguridade Social.
    •  Maior acceso á vivenda  vivendas protexidas.
    •  Mellora do nivel de alfabetización da poboación.
    •  Cambios no clero por Concilio Vaticano II  aparición curas-obreiros (parrocos das barriadas obreiras, máis próximos aos problemas concretos da sociedade).
    •  Cambios na moda e na estética (pelo longo nos homes, pantalón nas mulleres, minifaldas, bikinis…).
  • 42.  
  • 43.  
  • 44.
    • C) OPOSICIÓN POLÍTICA.
    • Anos 60 = intensificación da oposición ao réxime:
    •  Universidade: algúns integrantes da comunidade universitaria esixían a volta á democracia  primeiras manifestacións en 1956. A loita centrouse en conseguir sindicatos de estudiantes democráticos  resposta dura do goberno: detencións, expedientes, suspensión das clases…
    •  Movemento obreiro:  das protestas nos anos 60, reivindicando melloras salariais, redución da xornada… En 1962 nacen as Comisións Obreiras (CCOO) na clandestinidade co obxectivo de infiltrarse no sindicato vertical para poder chegar con facilidade aos obreiros.
    • Os principais conflitos laborais tiveron lugar entre 1962 e 63 (Cataluña e Euskadi)  medidas represivas do goberno: despidos, multas e creación dun tribunal de Orde Pública (TOP). A partir dos 70  accións sindicais e folgas.
    • En Galicia destacou unha manifestación obreira en Ferrol (marzo 72) de miles de persoas que acabou con 2 mortos. Estas accións  desprestixio do réxime.
  • 45.  
  • 46.
    •  Igrexa Católica: Concilio Vaticano II  cambios na xerarquía eclesiástica e en numerosos clérigos. En 1960 varios sacerdotes denunciaron a falta de liberdades. En 1973 os bispos solicitaron a revisión do concordato de 1953 e a separación entre Igrexa e Estado. Ao mesmo tempo  xurdimento de numerosos movementos católicos no mundo obreiro como a Xuventude Obreira Católica (JOC) e a Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC).
  • 47.  
  • 48.
    • Oposición política:
    •  Actividade terrorista:
    • - En 1959 fundación de ETA (Euskadi Ta Askatasuna = Euskadi e liberdade ) = forma radicalizada do nacionalismo vasco  pretensión de converterse nun movemento de liberación nacional vasco contra o réxime de Franco.
    • - Táctica: loita guerrilleira e terrorismo  1º asasinato en 1968  multiplicación de asasinatos a atentados a partir desta data.
    • - Resposta do goberno: aplicar xurisdición militar para delitos políticos (Ex: Proceso de Burgos en 1970  pena de morte para 16 etarras, logo conmutada por cadea perpetua)  aumento da oposición vasca.
  • 49.
    • Partido Comunista : A pesar da represión estatal  activo papel do PCE (Partido Comunista de España) na loita antifranquista (Santiago Carrillo).
    • PSOE: na clandestinidade. Problemas de dirección nos anos 60 entre históricos (socialistas no exilio) e os renovados (no interior).
    • Contubernio de Munich: Congreso do Movemento Europeo (xuño 1962) = feito máis destacado da oposición nesta época. Tratouse dun congreso de membros da oposición do interior e o exilio (demócrata-cristianos, nacionalistas vascos e cataláns, socialistas)  desexo de implantar en España unha democracia. A resolución aprobada no congreso esixía aos países que quixeran entrar nos organismos europeos, ter rexímenes democráticos.
  • 50.
    • D) RELACIÓNS CO EXTERIOR.
    • Política exterior española nos 60 caracterizada polo recoñecemento e aceptación de España polos organismos internacionais e países máis poderosos:
    •  CEE: obxectivo do réxime = acceso de España aos organismo europeos  solicitud de acceso de España a CEE en 1962.
    •  Marrocos: Independencia dos territorios marroquís españois en 1956  problemas nalgunhas rexións  enfrontamentos bélicos  devolución a Marrocos de territorios (Cabo Xuni, Sidi Ifni).
    •  Guinea Ecuatorial: colonia explotada económicamente por España. Aparición dun movemento a favor da independencia en 1958  Independencia tras referendo en 1968
  • 51.
    • Xibraltar: A Asemblea da ONU  recomendación a GB de descolonización do Peñón  negativa británica  peche da fronteira con España ( peche da verxa, 1968). GB non estaba disposta a cedelo e os gibraltareños en referendo preferiron seguir sendo británicos.
    • EEUU: En 1963 renóvanse os acordos bilaterais de 1953, pero tamén sucédense problemas  accidente de Palomares (1966) = caída dunha boma atómica norteamaricana no litoral de Almería  solución polas autoridades de ambos países cun baño (M. Fraga) para demostrar que as augas non estaban contaminadas .
  • 52.  
  • 53. 4. A CRISE DO FRANQUISMO (1973-1975)
    • A) CRISE ECONÓMICA E POLÍTICA.
    • - 1973 = ano moi grave para Franco por crise económica e a morte do seu principal colaborador e presidente do goberno Carrero Blanco. 2 crises:
    •  Crise económica.
    • - Crise enerxética de 1973 (  subida dos prezos do petróleo pola OPEP)  grave crise para a economía mundial.
    • - O Estado franquista non adoptou ningún tipo de medidas  crise sacou á luz os defectos do desenvolvemento económico dos anos 60 (dependencia tecnolóxica do estranxeiro, endebedamento das empresas públicas, aumento do paro ou a necesidade de reconversión industrial).
  • 54.
    • B) CRISE POLÍTICA.
    • En xullo de 1973 Franco nomeou presidente do goberno ao almirante Luis Carrero Blanco, o seu máis fiel seguidor e posible sucesor político.
    • O seu goberno durou moi pouco porque en decembro falecía vítima dun atentado de ETA ( Operación Ogro ).
    • Atentado afectou profundamente a Franco xa que Carrero simbolizaba a continuidade e futuro do réxime  nomeamento dun novo presidente = Carlos Arias Navarro = político franquista partidario da liña dura (xaneiro de 1974).
    • Goberno Arias Navarro  primeiras medidas para combater a crise do petróleo e programa de goberno reformista (“Espírito do 12 de febreiro”) = maior liberdade de prensa, xudicial e sindical  pero estas medidas foron rexeitadas pola facción conservadora do franquismo ( Búnker).
  • 55.  
  • 56.
    • C) O INCREMENTO DA OPOSICIÓN.
    • Promesas de reformas e problemas de saúde de Franco   oposición tanto no interior coma no exterior de España.
    •  Interior:
    • Trala morte de Carrero Blanco  forte aumento da oposición no interior:
    •  Políticos: espírito 12 de febreiro  esperanza de cambios no réxime para intelectuais e políticos xoves  avance hacia posicións democráticas dentro das filas franquistas (Grupo Tácito).
    •  Igrexa: certo distanciamento do tradicional apoio da Igrexa ao réxime.
    •  Exército: fundación da Unión Militar Democrática (UMD), formada por oficiais xoves  defensa de que o exército non fora un obstáculo no camiño á democracia.
    •  Mundo obreiro e universitario : intensificación das protestas nos anos 70  folgas, manifestacións,… agravadas pola crise económica.
  • 57.
    •  Actividade terrorista: numerosos atentados, non só de ETA, senón de FRAP (Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriótica) e GRAPO (Grupos de Resistencia Antifranquista Primeiro de Outubro).
    • - A pesar da oposición interna, o réxime non cedía  11 penas de morte para terroristas  peticións de clemencia (bispos, Papa, gobernos estranxeiros  non atentidas polo ditador.
  • 58.
    •  Exterior:
    • Unidade de partidos e organizacións antifranquistas no exterior par tentar conseguir para España institucións democráticas:
    •  En xullo de 1974 constitución polo Partido Comunista (Santiago Carrillo) dunha Xunta Democrática en París.
    •  En xuño de 1975 organización polo PSOE dunha Plataforma de Converxencia Democrática.
    • En outubro de 1975  unión de ambas  Plataxunta.
    • Paralelamente, celebración do Congreso de Suresnes  resolución do enfrontamento no PSOE entre os renovados (interior) e históricos (exterior) coa elección de Felipe González coma secretario xeral.
  • 59.
    • D) OS PROBLEMAS EXTERIORES: A MARCHA VERDE.
    • España so conservaba unha colonia: o Sahara Occidental. As súas riquezas minerais (fosfatos)  pugna entre Marrocos e Mauritania polo seu control coa oposición da Fronte Polisaria (organización pro independencia do Sahara).
    • Marrocos organizou unha marcha pacífica de 200.000 marroquinos que se adentrou en territorio sahariano (outubro de 1975)  petición do Consello de Seguridade da ONU a Marrocos para que detivera a súa ocupación do Sahara  retorno da marcha a Marrocos  sinatura dun acordo en Madrid con Marrocos e Mauritania en Madrid en novembro  reparto do Sahara entre os dous países sen escoitar a opinión dos saharauis  abandono do Sahara por España en febreiro de 1976
  • 60.
    • E) ENFERMIDADE E MORTE DE FRANCO.
    • - Caída das ditaduras de Portugal (Revolución dos caraveis, abril 1974) e Grecia (xullo, 1974)  Franco = último ditador de Europa occidental.
    • - Tras o seu derradeiro discurso en outubro de 1975, Franco, que padecí enfermidade de Parkinson, sufriu un infarto o día 17. Nas semanas seguintes ucedéronse todo tipo de complicacións  Franco foi desconectado na madrugada do día 20 de novembro de 1975 (39 anos despois da morte de José Antonio). Foi enterrado ao seu carón na igrexa do Val dos Caídos.
  • 61.  

×