Your SlideShare is downloading. ×
Accidentes xeográficos da Península Itálica
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Introducing the official SlideShare app

Stunning, full-screen experience for iPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Accidentes xeográficos da Península Itálica

977
views

Published on

O río Tíber, o Po, o Arno, os Alpes italianos, cos espectaculares Dolomitas, a cordilleira dos Apeninos, os volcáns Vesubio e Etna ofrecéronos unhas paisaxes fermosísimas e cheas de historia. …

O río Tíber, o Po, o Arno, os Alpes italianos, cos espectaculares Dolomitas, a cordilleira dos Apeninos, os volcáns Vesubio e Etna ofrecéronos unhas paisaxes fermosísimas e cheas de historia.

Published in: Travel, Technology

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
977
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
11
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. ACCIDENTES XEOGRÁFICOS Península itálica
  • 2. Río Po
  • 3. Río Po
  • 4. RÍO PO O río Po, que flúe de oeste a leste, desde os Alpes ao mar Adriático, desemboca cerca da cidade de Venecia. O Po nace nos Alpes occidentais e é o río máis longo de Italia. Alegoría do río Po (Torino)
  • 5. O seu caudal é abundante debido a que recibe auga dos Alpes, onde ten os afluentes máis caudalosos. Atravesaba a Gallia Cisalpina “ao lado de acá dos Alpes” que estivo habitada por pobos celtas.
  • 6. Os celtas a partir do s. V a. C. ameazaron os asentamentos etruscos e o ano 390 a. C. saquearon Roma; só se librou o Capitolio grazas ao cacarexo dos gansos sagrados do templo de Xuno. A cidade tivo que pagar un elevado rescate para recuperar a liberdade. O Capitolio Xuno-Hera
  • 7. Vae Victis!: Ai dos vencidos! Frase que dixo Breno, rei dos galos senóns, ante as queixas manifestadas polos romanos pola falsificación de libras de ouro que tiñan que pagar os romanos.
  • 8. RÍO TÍBER
  • 9. O río Tíber é o terceiro máis longo de Italia, cunha lonxitude de 405 km. Nace nos Apeninos, na rexión de Toscana, e atravesa as de Umbría e o Lacio, pasando polas cidades de Perugia e Roma.
  • 10. O río Tíber tras pasar por Roma desemboca no mar Tirreno. Na súa desembocadura os romanos fundaron no s. IV a.C. a cidade de Ostia . Ruínas e teatro de Ostia
  • 11. Ostia : Máis tarde, posiblemente no s. IV a. C., os romanos fundaron na desembocadura do río Tíber, a 25 km de Roma, a cidade de Ostia (lat. ostium, -i : porta, entrada , desembocadura ) que se converterá no porto marítimo de Roma.
  • 12. Ponte Aemilio ( Ponte Rota ) A primeira ponte de madeira construída sobre este río foi a ponte Sublicio , feita para comunicar o Xanículo e Roma, despois foi substituída por outra chamada Aemilio , hoxe en día coñécese co nome de Ponte Rota .
  • 13. Ponte de Sant`Angelo ( Aelius ) Unha das pontes máis coñecida actualmente á a ponte de Sant’Angelo , antes chamada Aelius , que foi mandada construír polo emperador Adriano (s. II d.C.), para acceder comodamente ao seu mausoleo, o actual Castelo de Sant’Angelo.
  • 14. Illa Tiberina No medio do río atópase a illa Tiberina, segundo unha lenda fundada sobre o corpo do rei Tarquinio o Soberbio botado ao río polos romanos.
  • 15. Na illa Tiberina atópase o templo de Asclepio-Esculapio, fillo de Apolo e deus da medicina. Está conectada á cidade pola ponte Fabricio , a máis antiga que se conserva. Ponte Fabricio E s c u l a p i o
  • 16. Na época romana os barcos comerciais podían remontar o río ata Roma, e embarcacións máis pequenas transportaban mercadorías desde Umbría. Umbría
  • 17. Rómulo e Remo Nas augas do Tíber foron abandonados, segundo a tradición, os xemelgos Rómulo e Remo, e posteriormente aleitados por unha loba. E será á beira deste río onde decidirán, xa adultos, fundar unha nova cidade, Roma, o ano 753 a.C.
  • 18. ETNA
  • 19. O ETNA
  • 20. O ETNA O Etna é un volcán activo situado na costa leste de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania.
  • 21. O Etna Ten arredor de 3322 metros de altura, aínda que esta varia por mor das constantes erupcións. É o volcán activo con maior altura da placa Euroasiática.
  • 22. O Etna Cobre unha área de 1190 km2, cunha circunferencia basal de 140 quilómetros. O cume está formado por catro cráteres e nas ladeiras ábrense máis de trescentos cráteres.
  • 23. O Etna
  • 24. O Etna dende o espacio
  • 25. O nome pode proceder da ninfa Etna , filla de Xea e Urano, ou de Briaceo, un dos xigantes de cen brazos e cincuenta cabezas. Actuou como árbitro entre Deméter-Ceres, deusa da agricultura, e Hefesto-Vulcano, deus do lume, pola posesión de Sicilia . Deméter-Ceres Hefesto-Vulcano
  • 26. Tifón Monstro, concibido por Xea con Tártaro para vingar os seus fillos vencidos por Zeus-Xúpiter, foi derrotado por este e enviado ás profundidades do Etna e desde alí maniféstase botando lume e charamelas polo volcán .
  • 27. O Vesubio
  • 28. O VESUBIO
  • 29. A terrible erupción do ano 79 sepultou as cidades de Pompeia e Herculano, descubertas no século XVI. Esta erupción foi descrita por Plinio o Mozo que a observou desde o cabo Miseno, a uns 35 km do volcán. Fresco de Pompeia Herculano Pompeia e Herculano
  • 30. Pompeia Thermopolium (taberna) Panadería Anfiteatro Teatro
  • 31. Casa do Fauno Pompeia
  • 32. Herculano Casa do Baixorrelevo de Telefo Casa dos Cervos Thermopolium (Taberna) Casa do Atrio Corintio
  • 33. Casa de Neptuno e Anfitrite Herculano
  • 34. Os Apeninos
  • 35. OS APENINOS Os montes Apeninos percorren 1400 quilómetros do norte ao sur de Italia e forman o eixe principal da península italiana, desde Liguria ata a península de Calabria
  • 36. As montañas están cubertas de bosques, aínda que unha cara do pico máis alto, o Corno Grande no Gran Sasso d’Italia ten 2914 metros. As ladeiras orientais que miran ao mar Adriático son escarpadas, mentres que a zona occidental acaba en chairas onde están situadas a maioría das cidades históricas italianas.
  • 37. O macizo Gran Sasso d`Italia onde se atopa o Corno Grande, a montaña máis alta dos Apeninos na península Itálica.
  • 38. O Corno Grande O glaciar Calderone é o máis meridional de Europa.
  • 39. Nos Apeninos centrais habitaba o pobo samnita co que Roma se enfrontou en tres complicadas guerras durante o s. IV a.C. No transcurso da segunda guerra samnita (321 a.C.) os romanos sufriron unha emboscada por parte dos samnitas e foron derrotados nun desfiladeiro dos Apeninos, chamado Forcas Caudinas , e posteriormente foron sometidos a unha humillante rendición. Pero quen gañou a terceira guerra foron os romanos. Os romanos obrigados a pasar baixo o xugo, dúas lanzas cravadas no chan atravesadas por outra en forma horizontal .
  • 40. OS ALPES
  • 41. OS ALPES Os Alpes son unha importante cadea de montañas situadas en Europa central. Os Alpes forman un arco de 1000 km de longo e un máximo de 400 km de ancho. Moitos picos superan os 4000 m de altitude.
  • 42. Actualmente os Alpes están administrativamente repartidos entre catro estados: Francia, Suíza, Austria e Italia. A súa montaña máis alta é o Mont Blanc con 4810 metros de altitude. Arredor dos Alpes asentáronse moitos pobos, como por exemplo os celtas.
  • 43. Ao comezo da segunda guerra púnica (218 a.C.) o xeneral cartaxinés, Aníbal , cruzou os Alpes co seu exército de elefantes coa intención de conseguir a adhesión das tribos galas e atacar os romanos no seu propio territorio.
  • 44. Finalmente Publio Cornelio o Africano venceu a Aníbal na batalla de Zama no ano 202 a.C. Escipión o Africano Aníbal
  • 45. Dolomitas
    • Nos Alpes italianos atópase a espectacular cordilleira dos Dolomitas, tamén chamados montañas rosas pola súa cor entre vermella e rosácea.
  • 46. Os Dolomitas
  • 47. O ESTREITO DE MESINA
  • 48. O estreito de Messina é un estreito de mar que separa a illa de Sicilia da rexión de Calabria e comunica o mar Tirreno co Xónico. Nalgunha parte o estreito só ten de ancho 3 km. Desde hai anos están intentando construír unha ponte colgante de 3300 m de lonxitude que comunique Sicilia con Calabria.
  • 49. Escila e Caribdis
    • Segundo os antigos neste estreito agardaban aos navegantes Escila e Caribdis. Escila era un monstro que tiña a parte superior de muller, pero das súas inguas xurdían seis feroces cans. Caribdis era un terrible remuíño que tres veces ao día absorbía grandes cantidades de auga e o que había nela.
    Saír de Escila para ir dar a Caribdis Escila Caribdis
  • 50. Ponte de Akashi-Kaikyo, Xapón, é a ponte colgante con maior distancia entre os piares, 1991 m. A ponte proxectada, pero aínda non construída, para o estreito de Mesina contaría con 3000 m de distancia entre os seus piares.
  • 51. ACABOUSE! Moitas grazas
  • 52. I.E.S DE ARZÚA 4ºB: *Lucía Ares Tojo *Silvia Duro Couso *Noelia Puga Enjamio