viaxealinguaeliteraturadoxix

468 views
394 views

Published on

08
Literatura e xénero. Sociolingüística (prexuízos)

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
468
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

viaxealinguaeliteraturadoxix

  1. 1. 08_ Viaxe á lingua e á literatura galegas do XIX Antes de comezar  Elaborade entre toda a clase unha listaxe de escritoras galegas e escritores galegos. Clasificádeos por épocas. Lede atentamente o seguinte fragmento do prólogo a Caldo de Grelos, obra de R. Armada Teijeiro, que escribiu Curros Enríquez: “Mais dise comunmente: escribir en catalán ou en galego, podendo escribir en castelán para que o entendan todos, é unha grande proba de egoísmo. Antes ao contrario, egoísta é o que pretende obrigar ao escritor a empregar a linguaxe oficial imposta, que pode non dominar tanto como a súa, sen fixarse en que cohíbe a súa liberdade e en que escribindo en castelán quizais o entendesen todos menos aqueles que máis lle interesa que o entendan. Poderá suceder que os que cultivan os dialectos con preferencia aos idiomas dominantes, expresen neles ideas e conceptos que merezan e deban ser divulgados por todas partes e coñecidos por toda clase de xentes; mais, neste caso, o escritor galego ou catalán, non é máis egoísta que o o alemán ou o francés, que obriga a que os traduzan; e se para traducilos hai que coñecer previamente a linguaxe da rexión para a que escribiron, iso irán gañando a filoloxía e a causa do progreso.”  Que razóns utiliza Curros para defender o emprego do galego na literatura?  A que lingua se refire Curros cando di “linguaxe oficial imposta”?  Poñede adxectivos ao substantivo lingua e asociádeos con algunhas linguas que coñezades.  Asociade cales destes adxectivos teñen que ver con trazos propios da lingua e cales coa subxectividade dos seus falantes? Agrupamos non encerado as características subxectivas e con que poden ter que ver.  Cal son as diferenzas entre linguas e dialectos? Con que sentido se utiliza aquí a palabra “dialecto”?
  2. 2. Un texto d’O divino sainete que tamén nos fala disto “ —Dígame, miña señora: polo argomento, que é forte, ¿É certo que na súa terra mais non estou convencido. renace a poesía agora? Eu sosteño, e traio probas, —Boubas que ceiban ó vento que Galicia esperta; dígao catro soñadores tolos... a autora das Follas Novas. ¡Non lle hai tal renacemento! —¡Valente choromiqueira! —Non haberá; mais non quita Poetas dese feitío pra que Castelar o afirme. cómpranse a centos na feira. —Xa lle eu tirei da lavita Fai anos que un mala peza En certa acasión... ¡Ten gracia quixo coröala en vida eso de chamar poetas i eu tireillo da cabeza. a esas rans da democracia! —Non me maltrate ó grande home... —Agora comprendo o gusto ¡El, ó fin, nas apuradas con que lle rezou pola alma... é o que nos dá un pouco nome! —Honrar ós mortos é xusto. De alguén sei que, tras de rirse —Ese deber todos temos; dil e dos seus ideales, pero inda máis xusto acho cando quixo redemirse que ós vivos non deshonremos. do olvido, sentouno á mesa, Mais a ilustre padronesa fíxoo falar... i a eso debe deixando, pois, astra coido valer o que val e pesa. que de mentala lle pesa. —Se eso que di vai comigo, Diga e perdoe: ¿ises vates mente. Eu brillo con luz propia. que mostran tantos alentos —Morra o conto...—¡Mente, digo! para os modernos combates; I en demostra de que mente, ises Novos e Labartas, faga o favor de ler ise ises Lagos, esas pelras tomo, e despois escarmente. que surxen á luz en sartas; E de súpeto escoitando esa xeneración nova un tumbo, baixei os ollos de parleiros rousinoles?... e vin a meus pés, rolando, —Cantan... como Xan da Cova. un libro da nova escola Non quixen oír máis nada. que cheira a Carulla ás légoas —Vámonos, rogueille ó Mestre, e fede que apesta a Zola. ¡ou fago unha xudiada!” —¿Convenceuse?—Estou ferido
  3. 3.  Lede o poema e aproveitade para preguntar todas as palabras, nomes, expresións que vos son alleas.  Esa personaxe que repudia a nova literatura en galego correspóndese con unha escritora do XIX. Investigade quen era.  Cales son as pexas que lle pon á literatura galega?  E, en concreto, que afirma sobre Rosalía de Castro? Revisade a vosa lista.  Tivestes en conta o criterio da lingua á hora de elaborar a lista. Coñeciades á anterior escritora da que falamos?  Fixádevos tamén no número de mulleres que aparecen e cal é a época da que coñecedes a máis escritores e escritoras. ACTIVIDADE Facemos un barómetro de valores. Precisamos un espazo amplo (patio, corredor, ximnasio). O voso profesor ou a vosa profesora vai traer seis sentenzas sobre esta cuestión que estamos a tratar. El ou ela van lelas de unha en unha e situaranse no medio do espazo. Vós debédesvos posicionar: a favor (no extremo dereito do espazo), en contra (no extremo esquerdo). Non podedes falar durante a actividade só podedes explicar o voso posicionamento cando a profesora ou o profesor vos dea a palabra. A medida que os compañeiros e as compañeiras vaian falando podedes modificar a vosa posición no espazo (sen falar, só observando). Canto máis vos acheguedes ao lugar no que está situado o profesor ou a profesora menos radicais seredes na vosa postura. Só podedes quedar polo centro dúas veces. “O galego non é unha lingua válida para a narración” “O mellor libro é o que se vende” “Publicar en galego só vende en Galiza”
  4. 4. Xa escoitamos moitas reflexións. Que vixencia teñen as ideas que expresa Curros? Como se reflicte isto na literatura galega actual? Estas cuestións na prensa da época e hoxe Lede as dúas cartas ao director que reproducimos a seguir: unha de finais do XIX e outra de finais do século XX.
  5. 5. • Moitos dos artigos e cartas ao director que aparecen na prensa de hoxe, xa repiten temas que se trataban no século XIX. Comparade esta carta enviada á Revista Gallega no 1898 e o artigo asinado por Xosé M. Martínez Oca case cen anos despois, no 1995: “Campo neutral” Sr. Direitor da REVISTA GALLEGA Señor e amigo: non hai moitos anos que para honra-la memoria de algús fillos ilustres desta nobre cidade puxéronse unhas lápidas comemorativass nas casas en que viviran Cornide e Lasagra, e a heroína Mayor Pita. Hoxe, con motivo do vil asesinato do tenente coronel D. Xaquín Ruis, de que tanto se falou, iniciou algún a ideia que se puxese na casa onde nacera esta nobre vítima da perfidia de unhos bárbaros, unha lápida comemorativa. Nada é máis xusto, e polo tanto non só non combatimos esto, senón que polo contrario, non podemos menos de a louvar e desear que o que é só un falar chegue logo a ser un feito. Pero ao mesmo tempo non deixa de me causar certa estrañeza o que cando se fai algunha cousa para salvar do esquencimento a lembranza de algun dino fillo deste pobo, e tendo polo tanto este acto un ouxeto e un sabor puramente rexional, ou millor local, se use nas inscriciós que se lle dedican, un lenguaxe que non é o do noso país. As iscriciós das lápidas antes ditas están nun idioma que non é o popular de Galicia. ¿Por qué non se fixeron en gallego? Se pois, se chega a face-la de Don Xaquín Ruis, poderá subsanar en parte esta falta (ou millor inadvertencia) de amor ás cousas da nosa terra usando na iscrición que se poña o idioma de Macías e de Rosalía de Castro. E xa que do idioma noso estamos falando, ocúrreseme que, actualmente está pasando en Galicia unha verdadeira crisis filolóxica que ha de traer seguramente, tarde ou cedo, unha grande revolta na curia, na xeografía e na historia. Referímonos ás traduciós, ou millor, falsificaciós, dos nomes dos lugares dos distritos rurás e aínda de rúas nas cidades e vilas. Vemos o lugar de Acea d´ama convertido por algún corrutor ou enemigo do idioma de Galicia en Haciadama; o de Zrezo convertido en Cerezo, Ordes convertido en Órdenes; Fisterra convertido en Finisterre; o Cabo Vilán, convertido en Cabo Villano, etc., etc. Outros lugares, sen duda por falta de atrevemento no tradutor quedaron mitade en castellano e a mitade en gallego, coma Ponte do Porco, que se convirtiu en Puente del Porco e aquí mesmo na Cruña a Rúa Nova convertiuse en Ruanueva; o lugar dos Alcabaleiros en calle de Caballeros… e, en fin, calaremos outros máis, e aínda máis disparatados porque cousas destas non se cheguen a saber no estranxeiro onde se xusgaría mal da cultura dos que trataron de semellantes troques de nomes con tanto lucimento; e aínda a autoridade superior –o Istituto xeográfico e estadístico- debería poñer man nesto para volve-las cousas ao seu e dar fin a tanta anarquía polos trastornos que como dixemos pode causar ao propietario, ao viaxeiro, ao xeógrafo, ao historiador e mais ao anticuario. Pero vexo que estas mal escritas liñas van a privar de ocupa-los esteos da apreciabre REVISTA que vostede tan dinamente dirixe, con traballos de
  6. 6. máis interese e valía, e polo tanto deixo a pruma ofrecéndome de vostede atento seguro servidor que beixa as súas maos. Un bon gallego. A Cruña aos 11 días do mes de Xaneiro do ano 1898 “A importancia do nome” Antigamente certos pobos mantiñan a crenza de que o vínculo entre o nome e o obxecto ou suxeito denominado non é arbitraria, senón un elo entre dúas partes vitais da propia personalidade. O nome propio era considerado unha cousa sagrada, que non se podía cambiar, porque nel estaba contida a esencia do suxeito nominado. Hoxe descoñecemos o significado do topónimo desta cidade. Ignoramos que razóns moveron ós nosos devanceiros para designar o núcleo urbano formado nesta breve península atlántica co nome de A Coruña. Pero intuímos que entre nome e cidade existe unha relación que non por descoñecida deixa de ser importante. Dentro do que na actualidade é núcleo urbano coruñés existe outra reste de topónimos cun significado de fácil comprensión: Os Pelamios, Os Mallos, As Lagoas, A Gaiteira, A Zapateira ou A Sardiñeira. ¿Sería o mesmo que lles chamásemos Los Noques, Los Mazos, Las Lagunas, La Gaitera, La Zapatera ou La Sardinera? A teima parece cando menos ridícula, se non triste e acomplexada. ¿Por qué hai logo quen quere modificar o nome da cidade que os engloba? ¿Por complexo? ¿Por ignorancia? ¿Por alienación? Por favor, que nolo deixen así, que non modifiquen algo que forma parte do espírito da cidade, como tratan tamén de modificar o seu ser para convertela en recinto amurallado e hostil contra canto a rodea, en lugar de porto aberto a tódolos ventos, tódalas rotas do mar e tódalas liberdades, como sempre foi. Xosé Manuel Martínez Oca, en A Coruña, Publicación eventual coruñesa, nº 1, xullo de 1995.
  7. 7. Facémonos conscientes da realidade. De xeito individual, imos cubrir unha quiniela para reflexionarmos sobre a situación actual da lingua. En vez de partidos de fútbol, poñemos un ámbito social do gal: se pensades que nel predomina o galego riscades o 1 - se coidades que o galego e o castelán teñen igual presenza nese ámbito - riscades o X se pensades que é o castelán o que predomina riscades o 2 - ÁMBITO SOCIAL GALEGO AMBAS CASTELÁN Revistas (música, corazón, informática…) 1 X 2 Prensa diaria (xornais, deportivos…) 1 X 2 Programas da televisión 1 X 2 Cine, DVD 1 X 2 Música (radio, discoteca, festas…) 1 X 2 Páxinas web, blogs… 1 X 2 Xoguetes (bonecas, Playstation, PSP…) 1 X 2 Comercios (rótulos, carteis…) 1 X 2 Etiquetas dos produtos 1 X 2 Menús (móbil, televisión, mp4…) 1 X 2 Libros de instrucións (neveira, dvd, ipod…) 1 X 2 Libros de lectura (bibliotecas, librarías…) 1 X 2 Materias no centro educativo 1 X 2 Actividades extrescolares (deportes, 1 X 2 informática…) Documentos cotiás (carné de identidade, 1 X 2 impresos administrativos, seguro da moto…) Despois de cuberta a quiniela individualmente, comentades o resultado e intentade chegar a cubrir unha quiniela entre todos os membros da aula. Engadídelle algún ámbito que estea presente na vosa vida e que non estea na quiniela. Que conclusións quitades sobre a situación do galego na nosa sociedade despois do resultado? Cales pensas que son as solucións para que o galego gañe esta quiniela? E vós en que queredes contribuír?

×