Your SlideShare is downloading. ×

Ben feito

355
views

Published on

Published in: Technology, Education

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
355
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. LINGÜÍSTICA LINGÜÍSTICA CLASES 2009-2010 APUNTES DAS CLASES DE MIÑA IRMÁ BRAIS PICALLO LÓPEZ 06/11/2010
  • 2. Contenido A NATUREZA COMPLEXA DA LINGUAXE 3 LINGUAXE TÉCNICA DE LINGÜÍSTICA: 4 LINGUAXE COMO ACCIÓN SOCIAL: 5 DIMENSIÓN PSICOLÓXICO COGNITIVA DA LINGUAXE 6 DIMENSIÓN NEUROLÓXICA 7 LINGUAXE E COMUNICACIÓN. BASES SEMIÓTICAS E PRAGMÁTICAS DA COMUNICACIÓN HUMANA 8 O CÓDIGO: 9 PROCESO DE TRANSMISIÓN DA MENSAXE: 11 CÓDIGOS E REPRESENTACIÓN DA REALIDADE: 13 AS LINGUAS COMO ESTRUTURAS DE SÍMBOLOS. 14 MÉTODOS PARA ANALIZAR E CONTRASTAR LINGUAS: 15 PRINCIPIO DE FUNCIONALIDADE: 15 PRINCIPIO DE OPOSICIÓN: 16 PRINCIPIO DE SISTEMATICIDADE: 16 PRINCIPIO DE NEUTRALIZACIÓN: 17
  • 3. A NATUREZA COMPLEXA DA LINGUAXE Ferdinand de Saussure na súa obra máis importante (Curso de lingüística xeral) dixo que “os lingüistas deben comportarse como os falantes”, o que implica necesariamente que calquera falante, polo feito de selo, ten coñecementos e opinión sobre as linguas e que todos os falantes xa son lingüistas. Existen dúas ideas bastante extendidas sobre as linguas: ·Hai moitos falantes que din saber o que é correcto ou incorrecto na súa lingua. Realmente, a corrección lingüística non é máis ca un valor no sistema educativo [é dicir, a quen escribe e fala correctamente se lle premia] ·Hai linguas “mellores” e “peores”. Existe unha crenza extendida que asegura que, por exemplo, o inglés é “mellor” ou “máis útil” que o danés. Se o analizamos podemos observar que o que está detrás dunha lingua xulgada como máis útil é a fortaleza económica do país que a emprega. A pesar das recomendacións de Saussure, considerado o fundador da lingüística moderna, a maior parte dos lingüistas non lle dan moita importancia á prspectiva dos falantes. Sen embargo, é conveniente partir da nosa propia concepción de falantes para estudar lingüística. [volver ao índice] Linguaxe: é un comportamento social, por iso tamén é unha acción social.
  • 4. LINGUAXE TÉCNICA DE LINGÜÍSTICA: Os estudos de Sapir sobre as linguas amerindias revelaron que os sistemas de descripción lingüística europeos non servían para describir tódalas linguas. Por exemplo, a lingua HOPÍ carece de tempos verbais. Os seus falantes adquiren o coñecemento de cando ocurriu algo polo lugar onde ocurriu. [volver ao índice]
  • 5. LINGUAXE COMO ACCIÓN SOCIAL: A linguaxe é un comportamento público, xa que é unha acción que realizamos cara outras persoas. Tamén historicamente é unha acción social: a linguaxe naceu para comunicarnos cos outros. A forma mási habitual de relacionarnos é en grupos pequenos, formados a partir do contacto social por coincidir en: -Etapa histórica. -Proximidade xeográfica -Estructura familiar -Profesión -Idade -Sexo Aínda que, evidentemente, non mantemos contacto con tódolos individuos cos que coincidimos. Os primeiros grupos humanos constituíronse para alimentarse e defenderse. A linguaxe (como código sonoro) era unha ferramenta para facilitar estas dúas tarefas e estaba complementada polos códigos xestuais. Comunicación xestual Comunicación oral VANTAXES INCONVENIEN TES VANTAXES INCONVENIENE TES Silenciosa Necesidade de ser visibles Pódese empregar a maior distancia Máis ruidosa (aínda que o son é regulable) Máis difícil de regular Non depende da visibilidade Actualmente temos outros medios para compartir información. [volver ao índice]
  • 6. DIMENSIÓN PSICOLÓXICO COGNITIVA DA LINGUAXE A linguaxe humana é parte da conducta humana e é un coñecemento humano. O ser humano, como calquera outra especie, pode captar moitas cousas do seu entorno inmediato. Isto constitúe unha información que non é simplemente percibida, senón que é procesada. Segundo o xeito con que o ser humano procesa esa información dicimos que é simbólico ou representativa por que: -O ser humano é limitado, polo que hai sons que non pode percibir (Umbral de Percepción). -Nos é máis útil. Son tantas as cousas que podemos percibir que nos resultan inabarcables, por iso despreciamos ao pequenos detalles e buscamos semellanzas para manexar grupos ou categorías e non cada elemento concreto da realidade (exemplo de Sapir con house). É útil por que somos capaces de manexar grandes masas de experiencia utilizando moi poucos recursos, de xeito que cunha soa palabra podemos facer referencia a varios obxectos. Así podemos coñecer moito con moi poucos recursos. A través das linguas podemos levar a cabo un novo tratamento da realidade. As linguas teñen distintos tipos de elementos lingüísticos: ·Substantivos (persoas, animais, cousas) ·Adxectivos (propiedades dos anteriores) ·Verbos (accións) E, ao empregalos, estamos ofrecendo unha descripción fragmentada dunha realidade única. “O neno alto canta” Todo ocorre ao mesmo tempo, pero representamos cada un dos elementos (a acción de cantar, o suxeito que leva a cabo a acción, unha característica do suxeito) por separado. REALIDADE CATEGORÍA PALABRA SITUACIÓN REAL ÚNICA FRAGMENTADA LINGÜÍSTICAMENTE
  • 7. DIMENSIÓN NEUROLÓXICA Historicamente a linguaxe humana non puido aparecer sen que antes o cerebro acadase un tipo de organización. A FILOXENÉTICA estuda todo o relacionado coa evolución humana como especie, mentres a ONTOXENÉTICA estuda a evolución dun determinado individuo. Dende un enfoque ontoxenético podemos observar que os recén nacidos non empregan a linguaxe como os adultos. Primeiro, o seu cerebro debe organizarse. [volver ao índice]
  • 8. LINGUAXE E COMUNICACIÓN. BASES SEMIÓTICAS E PRAGMÁTICAS DA COMUNICACIÓN HUMANA A comunicación consiste en transmitir mensaxes ou ideas para que un ou varios receptores comprendan o seu significado. EMISOR A mensaxe é o soporte da comunicación, e o receptor é o seu protagonista, xa que se el/ela/eles/elas non comprende/n, a comunicación é imposible. [volver ao índice] RECEPTOR/ESMENSAXE CÓDIGO
  • 9. O CÓDIGO: É o conxunto de símbolos, regras e normas (de comportamento) que forman unha estrutura. A comunicación non só se leva a cabo por medios verbales. Existen outras canles e outros códigos: ·Escrita. Varía dunhas sociedades a outras, a nosa, por exemplo é máis ou menos fonética. ·Código visual (miradas, sinais de tráfico) ·Código xestual (chiscar un ollo, a linguaxe dos sordomudos) ·Código táctil (unha caricia) ·Código olfativo (o cambio das estacións, a comida) Entre outros. Cando nos comunicamos transmitimos pensamentos ordenados. O emisor ordena e organiza os pensamentos de acordo coas súas intencións e elabora a mensaxe. E, igualmente, o único xeito de elaborar pensamentos é a través da linguaxe. Por tanto, esta ten unha función comunicativa e unha función cognitiva. Sen embargo, hai correntes que só admiten unha función da linguaxe: ·Só admiten a función COGNITIVA da linguaxe: Noam Chomsky e a súa escola (A Gramática/Lingüística Xenerativa Transformacional). ·Só admiten a función COMUNICATIVA da linguaxe: Ferdinand de Saussure e a súa escola (Lingüística Estructural), cuxas regras están recollidas no Curso de lingüística xeral (1916) Edward Sapir presenta unha visión máis global, aceptando ambas teorías. A súa escola é a Antropoloxía Lingüística. Os seus estudos contrastan con de Chomsky, xa que, fronte os deste que se centran no inglés, Sapir estudou a diversidade das linguas amerindias. Utilizamos un determinado tipo de linguaxe dependendo de con quen falemos. Por exemplo, cando falamos con nenos empregamos un linguaxe maternal (frases cortas...). Las palabras, los elementos intermediarios, son idearios para referirnos á realidade. Diferencia entre comunicación e información: [volver ao índice]
  • 10. Podemos atopar textos con problemas estructurales graves que podemos chegar a resolver, pero se non entendemos a mensaxe co significado que se nos presenta é só información. Hai varios tipos de mensaxes, e o emisor elixe un de acordo cos seus propósitos e sempre o axusta ao receptor. [volver ao índice] Hablar con intención y propósito Hablar con sentido (que el emisor? pueda entender el texto) Hablar con significado. Para comunicarnos debemos cumplir tres requisitos. … Orientativos Consellos Suxestivos Narrativos Impositivos (modo: imperativo; receptores: exército, ámbito familiar...) Algúns tipos de mensaxes...
  • 11. PROCESO DE TRANSMISIÓN DA MENSAXE: Disme algo cunha intención, entonces, a partir diso, eu intento averiguar, co mínimo coste de procedemento, que me queres decir. O dicirme iso desa maneira, e sobre esa interpretación, realizada a través dun proceso de inferencias, baseada no meu coñecementos previo, sobre o individuo, mundo, código e a variedade que emprego sobre o que dixen antes e establezco unha hipótese: queríasme dicir “x”, e sobre iso elaboro a miña resposta que será sometida por ti a un proceso similar de interpretación. Código Pragmático Conxunto de regras que nos di como empregar a lingua en distintas circunstancias, qué palabras seleccionar (léxico, variedade dialectal), dependendo do receptor, do contexto e do tema. Para construír mensaxes exitosas debemos atender a: -Intencións. Mostran a opinión e, ás veces, a carga afectiva do emisor. -Contexto. Hai que axustar o rexistro ao contexto no que nos movemos. -Propósito. O obxectivo que perseguimos ao elaborar esa mensaxe en concreto. (“¿Podes servirme un té?”, busco que me sirvan un té) -Papel do receptor, quen interpreta, decodifica e infire sobre a mensaxe. A pragmática é a área da lingüística que se ocupa das reglas do uso das linguas nas distintas situacións e na combinación de palabras, é dicir, EMISOR RECEPTORMENSAXE CÓDIGO GRAMATICAL CONTEXTO INTENCIÓNS - PROPÓSITOS EXPECTATIVAS
  • 12. estuda o “deseño” das linguas. Dentro desta área convén destacar catro autores: Michael Halliday, líder da escola da Lingüística Sistémica. Dall Hymes, quen defende a interacción como comunicación (escola: Etnoloxía da Comunicación) John Searle Paul Grice Hai que distinguir entre a comunicación oral (discursos) e a comunicación escrita (textos). As reglas de composición textual son máis esixentes. Escribimos para un receptor xeral (é dicir, para que calquera que o lea poida entender o que está escrito). Unha escepción a isto son as mensaxes producidas no chat, msn... Consideraríamos estas como unha variante da linguaxe oral, máis improvisada. A publicidade é un importante mecanismo de comunicación que cambia a medida que cambia a sociedade. Presenta un propósito transacional moi claro. A comunicación é un intercambio de comunicación que debe conter uns elementos imprescindibles: participantes, contexto, normas de interacción, ton e tema. Ningún participante pode monopolizar a conversación, e débense respectar os turnos. En relación tema-ton-contexto os participantes deciden como falar. Cando os participantes xa se coñecen profuncizan máis nun tema. Un exemplo de norma de interacción sería a proximidade física. Os españois tendemos a achegarnos moito ao falar, mentres que os orientais, en xeral, tenden a marcar moito máis a distancia. Convén sinalar tamén que cada lingua ten as súas propias reglas de uso. Nunca se pode traducir literalmente de unha lingua a outra. Do estudo destas reglas de uso encárgase a pragmática intercultural, na que destaca Anna Wierzwicka. [volver ao índice]
  • 13. CÓDIGOS E REPRESENTACIÓN DA REALIDADE: ·Cognición e representación da realidade. Coñecer equivale a representar, a diferenciar marcando límites entre coñecementos e realidades. Clasificamos a realidade para poder coñecela. ·Símbolos e códigos. Son medios de representación da realidade. A semiótica encárgase do estudo dos símbolos, campo no que destacou Umberto Eco. Convén distinguir entre dous tipos de símbolos: -motivados ou icónicos, que son aqueles que gardan unha relación co obxecto que representan. Están presentes en moitos contextos e de moitos xeitos diferentes: iconicidade no deseño poético (“Il Pleut”, Guillaume Apollinaire) iconicidade e percepción. Interpretamos por costume e hábito, especialmente os debuxos. (Chiste dos fumadores) iconicidade e entornos. Segundo a nación na que esteamos o sinal de “atención: animais soltos” será diferente. -non motivados ou arbitrarios, son aqueles convencionales que hai que aprender para coñecer o seu significado. Os códigos xorden da combinación dos símbolos. A transmisión de información está presente tamén no mundo animal (zoosemiótica, Thomas Sebeck) e vexetal. Os signos lingüísticos están articulados. Combinan elementos de expresión e elementos de contido, por iso dicimos que son analizables. As linguas humanas teñen dúas propiedades que non ten ningún outro sistema de comunicación: ·Propiedade da articualición (ou dualidade). Os signos que as compoñen poden ser analizados, descompostos e combinados. ·Propiedade da reflexividade. Empregamos signos para falar de signos. [volver ao índice]
  • 14. AS LINGUAS COMO ESTRUTURAS DE SÍMBOLOS. A lingüística non debería ser prescriptiva, é dicir, non debe recomendar nin valorar os usos das linguas, senón estudalos. Isto é, debe der DESCRIPTIVA ou ANALÍTICA. [volver ao índice]
  • 15. MÉTODOS PARA ANALIZAR E CONTRASTAR LINGUAS: Antes convés recordar que todo signo ten significante e significado, polo que faremos distinción entre unidads do plano da expresión (aquelas que non están asociadas a un significado: fonemas, sílaba...) e unidades do plano do contido. ·Análisis das unidades lingüísticas: -Procedemento xeral: Observamos que nas linguas hai: -Compoñente sonoro=fónico; serve de expresión ao: -Compoñente do contido=semántico; serve para organizar a información que se pode transmitir. -Compoñente signo=gramatical; é aquel onde os dous anteriores acadan sentido. -Procedemento particular. Principios de análise estructural. O material básico das linguas é o son, pero non o sonido sen máis, senón a forma que se lle da a este. Calquer análise lingüística pode constatar que nunha lingua hai signos e sonidos distintos. Esta sería a primeira fase dunha análise. A segunda é a que se ocupa de valorar estas diferenzas e decidir ata qué punto son importantes. Para isto podemos comprobar se as diferenzas de expresión repercuten no significado e se as diferenzas do contido repercuten na expresión, e niso consiste o: PRINCIPIO DE FUNCIONALIDADE: dase naqueles casos nos que as diferenzas dun plano (expresión ou contido) repercuten no outro. Cando é así falamos dunha diferencia funcional. Exemplo (Coseriu, Lecciones de lingüística xeral): “Pasa una nube” = acción puntual. “El autobús pasa a las cinco” = acción repetida. “Pasa la vida” = acción continuada. O significado de “pasa” non é o mesmo en ningún dos exemplos anteriores. É unha diferencia semántica (é dicir, do campo do contido) que non afecta a expresión, xa que a A variante estándar dunha lingua é moi artificial, e non é a primeira que se aprende. En moitos casos non se corresponde con ningunha variante concreta, senón co xeito de falar dos grupos sociais e economicamente máis fortes. Averiguar se as diferencias son funcionais ou non axúdanos a saber que características son variables e cales non. As características invariables son as que definen calquer elemento da sociedade. Os principios nos
  • 16. palabra se pronuncia e se constrúe igual; polo tanto, é unha diferencia non funcional. Exemplo: SENEX = “persoa vella” VETULUS = “animal vello” VETUS = “cousa vella” Se embargo, neste caso, a diferencia na expresión afecta ao contido, polo que se trata dunha diferencia funcional, e é un fenómeno que afecta ao signo. A conmutación é un procedemento que consiste en substituír unidades lingüísticas de calquera tipo para coñecer as consecuencias de dito cambio. Para que o resultado sexa fiable, tense que facer dentro da mesma lingua, das mesmas condicións contextuais e do mesmo plano. PRINCIPIO DE OPOSICIÓN: Non existen unidades lingüísticas completamente distintas. o normal é que a oposición (distinción) se produza dun único rasgo (característica) xa que nas linguas predomina o uso económico dos recursos. A característica que distingue dúa sunidades denomínase rasgo distintivo/funcional. Exemplo: RASGO COMÚN RASGO FUNCIONAL ver acción que se fai cos ollos non intencionada mirar acción que se fai cos ollos intencionada PRINCIPIO DE SISTEMATICIDADE: Un mesmo rasgo funcional aplícase sistemáticamente (é dicir, en máis dunha oposición) nunha lingua. Exemplo: Igual que no exemplo anterior estaba presente a oposición non intencioada/intencionada entre ver/mirar, a mesma oposición está presenta en oír/escoitar. [volver ao índice]
  • 17. PRINCIPIO DE NEUTRALIZACIÓN: Nalgúns casos o rasgo funcional neutralízase, adquirindo unha das unidades lingüística o valor de dúas nalgúns contextos. Exemplo: RASGO COMÚN RASGO FUNCIONAL día parte dun ciclo de 24h. con luz natural noite parte dun ciclo de 24h. sen luz natural Pero no contexto “ya pasaron un montón de días” a unidade días adquire o valor de día+noite. *NON CONFUNDIR CON SINCRETISMO: é un fenómeno que afecta a oposición ente unidades e, tamén aparece só en certos contextos. Pero prodúcese cando desaparecen as manifestacións materiais materiair dunha oposición, sen desaparecer a propia oposición. Exemplo: CANTABA: tanto pode ser a P1 como P3, aínda que non hai ningún elemento na palabra que nos indique se é unha ou outra ten que ser, necesariamente, unha desas, e nunca as dúas ao mesmo tempo. (final de 17/12/09) [volver ao índice]