• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Recordos do Formiguiro
 

Recordos do Formiguiro

on

  • 234 views

Documental de fición ambientado en Galicia, onde se poñen de manifesto temas enxebres, a infancia, a morriña... ...

Documental de fición ambientado en Galicia, onde se poñen de manifesto temas enxebres, a infancia, a morriña...
Isto é un dossier do proxecto, para levalo a cabo contactar con: o_borja@hotmail.com

Statistics

Views

Total Views
234
Views on SlideShare
233
Embed Views
1

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

1 Embed 1

http://www.linkedin.com 1

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Recordos do Formiguiro Recordos do Formiguiro Document Transcript

    • Un proxecto de Borja Carreiro 1
    • ÍNDICE1. Nome do proxecto, tagline2. Presentación do documental3. Sinopse4. Guión, tratamento e desglose5. Localizacións6. Ficha artística: voces e personaxes7. Ficha técnica8. Calendario e plan de rodaxe9. Orzamento: catering, rider técnico e equipo técnico10. Financiamento11. Memoria sobre as lendas de Galicia (os mouros)12. Influencias visuais e musicais. Obras de referencia13. Datos de contacto do productor executivo e currículo Autor: Borja Carreiro 661193123 o_borja@hotmail.com 2
    • 1. Nome do proxecto, taglineNome do proxecto: “Recordos do Formigueiro”Tagline: “Os recordos da infancia? Son ouro.” 3
    • 2. Presentación do documental A idea é facer un documental/falso documental sobre a lenda que dique no monte do Formigueiro, o que está detrás da miña casa, enQuintela de Canedo, provincia de Ourense, atopábase ouro. Unhalenda moi antiga que di que nos buracos e fendas deste monteescondíanse tesouros dourados, pero só accesibles para aqueles quelevasen as súas raíces máis profundas no máis agochado do seucorazón. Isto é una volta a infancia, a recordar as historias e lendas deman dos propios protagonistas, dos avos e avoas que transmitiron estahistoria. O intento de saber se existe ouro de verdade e a simple escoita dashistorias é como se desenvolve o proxecto. A escoita de estas historias tan enxebres e o proceso de ircoñecendoas durante o transcurso do documental vai en paralelo coabúsqueda do ouro/tesouro; mediante un plano fixo vanse escoitando ashistorias dos que contan as lendas, intercalando con escenas doprotagonista na búsqueda do ouro polo Formigueiro. A idea é que,despois de escoitar todas as lendas e contos e ver a aventura doprotagonista por encontrar algo, se chegue a un especie de climax: oencontró do ouro é unha metáfora pola cal o protagonista volve a suainfancia e recorda os momentos tan felices que pasou e que o marcaronde por vida a modo de “flashback”. Esta situación pode resolverse daseguinte forma: o protagonista chega a una cova onde non hai nada,pero algo lle di que ten que seguir buscando nela, atopa un cofre,abreo, e del sae un brillo relucinte que case chega a cegalo, e con algúntipo de recurso visual introducese o flashback. Poden introducirse elementos na parte da búsqueda do tesouro como estes: ir camiñando polo monte e ver a un neno nalgunha esquina ou mesmo xogando a algo ou buscando algo; este neno podería se unha metáfora en canto a que é o protagonista de cativo, morriña… A avoa e máis o avó son a parte principal da historia; os seus contos poder servir de nexo entre a entrevista e a búsqueda do tesouro; establecer un paralelismo entrevista-búsqueda tesouro”. A historia pode servirse das lendas populares dos mouros: inciciandose de tal forma: un reporteiro volve ao que fora o seu fogar en búsqueda dos contos de cativo, aqueles contos de mouros que oia aos seus avos e familia mais aos seus vecinos; chega e fala cos avos introducindo una entrevista; a continuación o reporteiro polo monte na búsqueda do tesouro dos mouros; CONTIDO; o protagonista encontra a cova despois de máis entrevistas e encontra un tesouro, abreo e sae una luz, despois 4
    • introduciriase algún recurso visual e aparecerían os recordos dainfancia.A gravación na actualidade no monte O Formigueiro pode estarlimitada debido a contrución nel do Ave. A solución podería estaren ir gravar a outro monte onde se atopen fendas ou covas encondicións oportunas.Narrativamente, este traballo combina elementos documentais,con declaracións, entrevistas e conversas que conducen o fíoargumental da historia, por unha banda, e pola outra, elementosdocudramáticos e mesmo ficcionais (o flashback á historia dainfancia).A idea é que nas entrevistas o que formula as preguntas sexa oprotagonista, e que se vexa ao entrevistado/a deducíndose apresenza do protagonista con algún plano dende detrás da súacabeza, pero non sempre. 5
    • Formato: Documental, falso documental, documental de fición.Temática: Personal, emotiva. Tamén o poder da imaxinación, as lendaspopulares (os mouros), a infancia, a añoranza, a inocencia perdida, ositio no que vives pode ser o máximo misterio (recuperalo e volver adescubrilo).Elementos da cultura galega: mitos e referencias á cultura galega:lendas de mouros, santa compaña no monte… Pode ser un bo método para a difusión da realidade da cultura galegaDuración: 20-30 minIdioma: Galego3. SinopseCando eu era pequeño, no meu pobo escoitábanse historias increíblessobre tesouros, ouro e demáis obxetos de valor atopados nas fendas ecovas do monte do Formigueiro. Eran as lendas dos mouros. Empezar arecordar aquela sensación que me producía imaxinarme a mindescubrindo aqueles tesouros. Descubrir se é mito ou realidade estashistorias é una volta a infancia, a inocencia perdida e a aquelmarabilloso mundo onde se respiraba a terra e vida. 6
    • 4. Guión, tratamento e desglose Ollo ó dato: ó posuir esta obra partes de documental, o guión é meramente un indicativo de por onde se quere levar a historia, pero está suxeita a cambios sobre a marcha. O guión si será útil nas partes da búsqueda do tesouro. Tratamento Escena 1. EXTERIOR. DÍABorja chega ao pobo de cando era pequeño. Parase a mirar e daseconta de aquello non cambiou moito e escoitase una voz en offexplicando o sentimento de morriña. Escena 2. EXTERIOR. CASA. DÍABorja reunese co avo e máis a avoa e comenzando a entrevista. Escena 3. EXTERIOR. MONTE. DÍABorja chega por un camino ao monte que vai explorar. Óese unha vozen off explicando o que él sentía cando camiñaba por ese lugar nunpasado. Mentres, él fica e observa a situación do lugar. Acto seguidoadéntranse no monte. Escena 4. INTERIOR. CASA. DÍAEntrevistas á familia. Escena 5. EXTERIOR. MONTE. DÍABorja explora o monte. Oe sons coma de pisadas e mesmo de cousasmetálicas, e segueos. Escena 6. INTERIOR/EXTERIOR. DÍAEntrevistas a posibles historiadores. Escena 7. EXTERIOR. MONTE. DÍABorja escala por paredes, ábrese paso pola maleza. Escena 8 INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍAEntrevista aos avós. Continuación. 7
    • Escena 9. EXTERIOR.MONTE. DÍABorja ve coma un neno ao lonxe. Segueo. Escena 10. EXTERIOR. PLAZA POBO. DÍAEntrevista á xente do lugar. Escena 11. EXTERIOR MONTE. DÍABorja segue ao neno de lonxe. Avanza e encontra unha cova bastanteoculta a simple vista. Unha voz en off di: “é coma se me estivera achamar”. Permanece quedo na boca da cova. Escena 12. INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍAOs avós falan da infancia do protagonista. Escena 13. INTERIOR COVA. DÍABorja adentrase na cova, Costalle un pouco avanzar, pero consegueo edescobre coma un cofre. Abreo e una luz cegao. Aparece un flashbackrecordando a súa infancia. Escena 14. INTERIOR CASA/EXTERIOR MONTE. DÍA/NOITEO flashback: imaxes de un protagonista neno xogando, divirtíndose,descubrindo cousas, explorando, caendo e chorando, falando cosa vos,etc FIN 8
    • Guión. Autor Borja Carreiro ESCENA 1. EXTERIOR. DÍA Unha tarde soleada, en Quintela de Canedo, onde se atopa o monte O Formigueiro, Borja Carreiro chega ao pobo de cando era pequeño. Para diante da súa casa a mirar e dase conta de que aquello non cambiou moito. Escoitase una voz en off. VOZ EN OFF Cantos recordos... ESCENA 2. EXTERIOR. CASA. DÍA Borja reúnese co avo e máis a avoa, bícanse, sentanse e comenza a entrevista. BORJA Que tal avos? Xa extrañaba eu este lugar. AVÓ O! neniño! isto nunca cambia, non hai quen nos queira! Os tres ríense polo comentario. AVOA Xa vamos velliños, pero ti estás feito un home! Sentimento de complicidade entre os avós e o neto. BORJA Acordadesvos de cando eu era pequeno? A conversación continúa libremente. ESCENA 3. EXTERIOR. MONTE. DÍA Borja chega por un camiño ao monte que vai explorar. Óese unha voz en off explicando o que él sentía cando camiñaba e se divertía por ese lugar nun pasado. VOZ EN OFF Os camiños, as grandes pedras que escalar, o cheiro desta terra... isto era un paraíso. Vexo que pouco cambiou, gústame. 9
    • Mentres, él fica e observa a situación do lugar. Actoseguido adéntranse no monte por un camiño. A continuaciónsolo se escoitan os pasos de Borja sen que se lle vexaadentrarse no monte. ESCENA 4. INTERIOR. CASA. DÍAEntrevistas á familia. BORJA Acordadesvos das lendas que me contabades de cativo? AVOA E non nos ibamos acordar! AVÓ Coas ganas que tiñas de escoitalas sempre !O avó ríese. A familia restante vaise achegando a conversa. FAMILIA Hola!A familia senta ao redor dos avós e máis Borja. BORJA E da lenda do tesouro? aquela que tanto me gustaba? acordadevos?Os avos comezan a falar desta lenda. ESCENA 5. EXTERIOR. MONTE. DÍABorja explora o monte. Escala pedras, ve as vistas, ábresepaso pola maleza, agóchase, ríese... Oe sons coma de pisadase mesmo de cousas metálicas, e segueos, case sen facerruído. VOZ EN OFF Esas pisadas... BORJA Quen anda ahi?Borja pensa que ese son metálico parecen moedas. 10
    • ESCENA 6. INTERIOR/EXTERIOR. DÍAEntrevistas a posibles historiadores.*A intención aqui é realizar unha entrevista a algún posiblehistoriador sobre as lendas de mouros. ESCENA 7. EXTERIOR. MONTE. DÍABorja segue escalando por paredes, ábrese paso pola maleza,seguindo os pasos que oe. VOZ EN OFF Este lugar do monte, soame moito...si! aqui eu perderame cando era pequeno. Recordo coma se agochaba pouco a pouco o sol, e o asustado que estaba. Agocharame nalgun sitio ata o día seguinte, cando escoitei coma me chamaban ao lonxe e decidín fuxir de aqui... pero non recordo o refuxio...Borja camiña e explora o monte. O monte soa: paxaros,vento... ESCENA 8 INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍAEntrevista aos avós. Continuación.Posible cambio de lugar daentrevista. AVOA (Fala da historia do tesouro) BORJA Avó, ti decías que esa historia xa lla escoitaras ao teu pai, algo dos mouros... fálame dela.A avoa levantase e desaparece de escea un breve tempo. AVÓ Os mouros, escondían o ouro agochado polo monte..(continúa libremente).A avoa aparece con comida e bebida.A familia interven libremente na conversa. A entrevistaprosigue. 11
    • ESCENA 9. EXTERIOR. MONTE. DÍABorja ve coma un neno ao lonxe. Segueo. BORJA Ei! espera! quen es? VOZ EN OFF Non pode ser...O ton do narrador é coma de familiaridade. ESCENA 10. EXTERIOR. PLAZA POBO. DÍAEntrevista á xente do lugar sobre as lendas dos mouros. VECIÑOSA conversa sigue libremente, pero orientada por Borja cara atemas máis enxebres: o vacío dos pobos, os animais do monte,historias traxicas, historias de nenos, recordos... ESCENA 11. EXTERIOR. MONTE. DÍABorja segue ao neno de lonxe. Avanza e encontra unha covabastante oculta a simple vista, pero que Borja recoñece dealgunha forma. VOZ EN OFF É coma se me estivera a chamar...Borja permanece quedo na boca da cova. VOZ EN OFF Si.. é esta a cova! ESCENA 12. INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍAOs avós falan da infancia de Borja, do paso do tempo, dospobos, os montes... AVOA E cando te perderas no monte? o medo que pasamos! AVÓ Dende aquel momento algo, non sei o que, cambiou en ti...coma se deixaras naquel monte algo... 12
    • A conversa sigue libremente, pero orientada por Borja cara atemas máis enxebres: o vacío dos pobos, os animais do monte,historias traxicas, historias de nenos, recordos... ESCENA 13. INTERIOR COVA. DÍABorja adentrase na cova, Costalle un pouco avanzar, peroconsegueo. VOZ EN OFF Aquela noite... era moi cativo, pero foi aqui...aqui mesmo onde aquel medo da lúa chea, a noite e o descoñecido cambioume para sempre...onde a miña inocencia empezou a desvanecerse.Explora a cova, chega ao final e descobre un cofre moisucio. Abreo e una luz cegao. Aparece un flashbackrecordando a súa infancia.ESCENA 14. INTERIOR CASA/EXTERIOR MONTE. DÍA/NOITEO flashback: imaxes de un Borja neno xogando, divirtíndose,descubrindo cousas, explorando, caendo e chorando, falandocos avós, etc FIN 13
    • Desglose de guiónESCENA PERSONAXES LOCALIZACIÓN SON ATREZZO CÁMARAEscena 1 Protagonista Arredores da casa Ambiental + NON Canon Voz off 550DEscena 2 Protagonista + Patio casa Ambiental + NON Canon Avó + Avoa Entrevista 550DEscena 3 Protagonista Monte Ambiental NON Canon + Voz off 550DEscena 4 Protagonista Patio casa Ambiental NON Canon + Avó + Avoa + + 550D Familia EntrevistaEscena 5 Protagonista Monte Ambiental + NON Canon Voz off + 550D ProtagonistaEscena 6 Protagonista + Facultade Ambiental NON Canon Historiador historia + 550D EntrevistaEscena 7 Protagonista Monte Ambiental NON Canon + 550D Voz offEscena 8 Protagonista + Cociña casa Ambiental NON Canon Avó + Avoa + + 550D Familia EntrevistaEscena 9 Protagonista + Monte Ambiental + NON Canon Neno Voz off + 550D ProtagonistaEscena Protagonista + Plaza vila Ambiental NON Canon 10 Vecinos + Avós + 550D EntrevistaEscena Protagonista + Monte Ambiental NON Canon 11 Neno + 550D Voz offEscena Protagonista + Cociña casa Ambiental NON Canon 12 Avós + 550D EntrevistaEscena Protagonista Cova Ambiental Cofre Canon 13 + 550D Voz offEscena Protagonista + Monte Ambiental Xoguetes Canon 14 Neno + Avós + + 550D Casa Música 14
    • 5. Localizacións Quintela de CanedoParque de Quintela de Canedo. A 3km de Ourense. Entrevista ao vecinos.Parque acondicionado con bancos. o oQuintela de Canedo, casa dos avós. A 3 km de Ourense 15
    • Cociña, lugar da entrevista (casa dos avós, Quintela de Canedo). Este é o lugar onde quentan os pés os avós, comen e falan do cotío 16
    • Patio da casa, lugar da entrevista (casa dos avós, Quintela). 17
    • O monte do Formigueiro: camiños, fendas, covas… Non teñen que ser na propia zona, as covas ou fendas pode ser mellor buscalas fora debido a problemas de espacio nas da propia zona no momento da rodaxe. Fotos do monte O Formiguieiro Vistas dende o monte O Formigueiro. Ourense 18
    • Formigueiro Mapa monte O Formigueiro. A 3-4 km de Ourense centroEscudeiros (Ramirás). A cova Entrada mina de San Francisco, Escudeiros (Ramirás) A 40 km de Ourense 19
    • Covas de San Bibián- Dirección: Vilanova dos Infantes, Celanova (Ourense).- Responsable: concello de Celanova- Facilidades de acceso: Bo acceso- Servicios: conta cun Baño sen ducha e lugar para que os actores se podan cambiar tranquilamente.- Consta de 15 metros de profundidade e de 3 metros nas partes máis altas 2 metros case 3 nas partes máis baixas. 20
    • 6. Ficha artística Voz en off: A voz do protagonista. Eu, o autor de este proxecto audiovisual, Borja Carreiro, que vai contando as vivencias do pasado mentres se avanza na búsqueda do tesouro; pero non sempre, haberá momentos de suspense ou mesmo en que non ocorra nada interesante, é dicir, só “silencio” mentres este explora o monte. Protagonistas principais: persoas cercanas a historia: xente do pobo, persoas maiores, avós, historiadores… A ficha de voces é: o Borja Carreiro. É o conductor da historia, o protagonista. Regresa ao que era a súa casa en busca dos recordos, da infancia, de aquilo que perdeu una vez. o Avoa: voz principal, o seu nome: Mercedes Losada Pérez 21
    • o Avó: voz principal, o seu nome: Manuel González Pulidoo Veciños de Quintela de Canedoo 22
    • o Marcial Gondar Portasany as.gondar@usc.es 981563100 (extensión 12524) É o historiador Datos de vida:Nado en Pontevedra en 1948, é unantropólogo galego. Traxectoria:Catedrático de Antropoloxía Socialna Universidade de Santiago, émembro da Sección de Etnografía do Instituto de Estudos GalegosPadre Sarmiento e mais do Patronato do Museo do Pobo Galego.Comezou publicando traballos sobre o proceso de transformación dasociedade campesiña galega como ¿Fracaso del corporativismoagrícola en Galicia? Aportaciones para una teoría del cambio social(Valencia, 1977). Posteriormente dedicouse ao estudo da morte nacultura galega. Actualmente investiga en problemas de antropoloxíaurbana e comunicación e marketing. Obra en galego Ensaio A morte, 1987. Romeiros do alén, 1989 Mulleres de mortos, 1991. Crítica da razón galega: entre o nós-mesmos e o nós- outros, 1993. ¿Qué é a antropoloxia aplicada?, 2004. ¿Fracaso del corporativismo agrícola en Galicia?, 1977. Antropología y racionalidad, 1980. 23
    • Obras colectivas Alimentación e cultura, 1993, Loas (Vigo). Obras colectivas Espiritados: ensaios de etnosiquiatría galega (con Emilio González Fernández), 1992, Laiovento. Entrevista:http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=12129 Ladeira do monte O Formigueiro 24
    • 7. Ficha técnica Productor executivo: Borja Carreiro Director de produción: Manuel Gómez Xefe de produción: César Amorín 1º Axudante de produción: Mario Fernández Director: Borja Carreiro Director de fotografía: Bieito Atanes 2º operador de cámara: Borja Carreiro Guionista: Borja Carreiro Compositor música: Rubén Varela Xefe de son: Manuel Gómez Script: Ánxela Dominguez Airabella Montador: Borja Carreiro Xefe eléctricos: César Amorín 25
    • 8. Calendario e plan de rodaxe A duración das entrevistas sería aproximadamente a seguinte: o Avós: 2 días o Veciños: 1 día o Familia: 1 día o Historiador: 1 día A duración das escenas no monte: 2 días A duración da escena na cova: 1 ou 2 días XULIO 2012LUNS MARTE MÉRCO XOVES VENR SÁBA DOMI S RES ES DO NGO 1 2 3 45 6 7 8 9 10 11 DÍA 1 DÍA 2 DÍA 3 DÍA 4 DÍA 5Entrevista Entrevista Entrevista Escenas no Escena avós + avós + historiador monte na covafamilia + familia + + Escenas veciños veciños no monte12 13 14 15 16 17 1819 20 21 22 23 24 2526 27 28 29 30 31 26
    • Plan de rodaxeDÍA DE DATA Nº MATERIALRODAX DE ESCENA LOCALIZACIÓN TÉCNICO E RODAXE DÍA 1 5 xulio 1,2,4,8 Quintela de Cámara + Canedo sonDÍA 2 6 xulio 10,12 Quintela de Cámara + Canedo sonDÍA 3 7 xulio 3,5,6,7 Quintela de Cámara + Canedo sonDÍA 4 8 xulio 9,11 Quintela de Cámara + Canedo sonDÍA 5 9 xulio 13 Ramirás Cámara + son 27
    • 9. Orzamento a. Catering - GADIS b. Alquiler equipo técnico: micrófonos, cámaras, iluminación… Rider técnico para rodaxe Equipo de cámara Cámara Canon 550d. Cantidad: 1 Soportes de cámara Trípode SACHTLER CINE 30 HD. Cantidad: 1 28
    • Equipo de son SENNHEISER MKH 60. Cantidad: 1 +PÉRTIGA K-TEPÉRTIGA K-TEK (1.1-5.1m)K (1.1-5.1m). Cantidad: 1 Auriculares SENNHEISER HD 280 PRO. Cantidad: 1 29
    • Iluminación SACHTLER R650 HS. Cantidad: 3c. Materiales de limpeza propios para acondicionar a cova (propiedade do avó!).d. Desplazamento para a entrevista ao historiador/ese. Hotel par o equipo técnico TOTAL ORZAMENTO SEGÚN ICAA: 24.025€ 30
    • 10. FinanciamentoPLAN DE FINANCIAMENTO DOCUMENTAL “Recordos doFormigueiro” Aportación Capitalización do traballo…………….11.659€ Concello de Ramirás………………………………...400€ Concello de Ourense………………………………...600€ Capital propio……………………………………….200€TOTAL………………………………………………….......12.859€ Os ollos da experiencia… 31
    • 11. Memoria: lendas de Galicia Video mouros, corte do documental “ O´Neixón: Historia viva dun castro " (Boiro, 2008). Breve aportación sobre os mouros. http://www.youtube.com/watch?v=_lSxykyUloALendas populares galegas: dous exemplos populares A trabe de ouro e a trabe de alcatrán Na parroquia de Vilariño, en terras do Pereiro de Aguiar, existe unha rede de pasadizos subterráneos que unen os restos do monte do castro coas ruínas dun castelo asolagado polas augas do Miño en tempos tan remotos que ninguén os lembra... Estes túneles están habitados por un mouro ou trasno que acocha alí un tesouro inmenso, rico en pedras preciosas e xoias de ouro, que ten tentado a moitos a procura-la entrada ós pasadizos. Sen embargo, a "historia" advirte ás xentes da existencia de dúas trabes que sustentan todo o conxunto de túneles e cuxa disposición constitúe unha trampa para aqueles ousados que vaian na busca do tesouro. Nos arredores houbo un mozo que xa hai moito tempo tentou chegar ás riquezas que estas covas gardaban e quen contou ós veciños como conseguiu atopa-la entrada ós pasadizos. Despois de camiñar un anaco por eles atopou unha sala sustentada por unha gran trabe de ouro e outra escura, que segundo lle pareceu estaba feita de alcatrán. O enorme valor da trabe de ouro cegou o bo sentido do mozo, que axiña tentou tirala para fóra do seu lugar e levala consigo, sen decatarse de que cando comezou a tirar por ela accionou un resorte preparado polo mouro que fixo que o lume prendese na veciña trabe de alcatrán. As lumaradas foron tais no interior da cova que o mozo só conseguiu saír dos pasadizos logo de arrastrarse polo chan, seguindo unha corda que levaba á cintura e que deixara atada fóra a un penedo. 32
    • Pouco antes de que a trabe de alcatrán que sustentaba o teito dospasadizos fose consumida polas chamas e a cova comezara aderrubarse, o mozo lograra saír para o exterior. Sen embargo, parael todo semellaba aínda o interior do máis escuro dos túneles,decatándose de que o lume da trabe de alcatrán que ardera tanpróxima a el o deixara cego.Aínda que feitos como este disuadiron a moitos de procura-la afortuna do tesouro, algúns dos máis maiores do lugar aíndaconfesan que de mozos pasaron días escavando e tentando atopa-laentrada ás covas do mouro.No mesmo sito do que conta esta lenda foron atopados restos duncastro e dunha importante inscrición que rezaba unha breve lenda :"sicenata pacata" , e que algúns teñen interpretado comoconmemorativa da victoria romana do castro do Medulio, suxerindoalgúns o seu emprazamento na zona. Vicente Risco, 1925 33
    • O neno de ouro da Cova de MeraNa praia da Xunqueira ou Espiñeiro, en Mera, Oleitros (A Coruña) haiunha cova que hoxe ten pouco máis de dous metros de longo e da que sóqueda visible a entrada entre as rochas cando baixa a marea. Dise queantigamente os mouros circulaban por ela ata debaixo do Faro Pequeno,onde había outra entrada agora atoada polas pedras arrastradas polomar. E aínda hai quen di que ten, ou tiña, outras entradas como a que haidebaixo do Xunqueiro.O caso é que os mouros carrexaban por esta cova os tesouros paraembarcalos, e cando marcharon deixaron algún deles soterrados.Un deses tesouros, que seica está enterrrado en Aba, é un neno de ouro. Crenzas e supersticións Os mouros encantados Os mouros son os habitantes dos nosos monumentos máis antigos.Calquera construcción ou ruína de orixe descoñecida para ospaisanos, é para eles " cousa de mouros " foi "feita polos mouros " é"dos tempos dos mouros". Os castros, as citanias, as antas emámoas, as pedras escritas,as pedras miliarias , as pontes vellas etc.Son obra dos mouros. En moitísimos casos a xente di que os primeiros habitantes deGalicia foron mouros expulsados unhas veces por SantiagoApóstolo, e outras polo Emperador Carlomagno e Os Doce Pares deFrancia . Hai casos nos que a xente di que os mouros fuxirondeixando as súas obras e os seus tesouros pero noutros casos dinque os mouros aínda viven alí , por debaixo da terra ,unha vidaespecial , invisibles para nós a non ser que eles queiran ser vistos . Asorte de vida que levan os mouros debaixo da terra non está moiclara. Algunhas veces din que están "encantados "sen definir oestado de encantamento. Ao mesmo tempo viven neste mundo e teñenas mesmas necesidades que nós: precisan comida e bebida, andanvestidos; os que lograron ver as súas vivendas atoparon nelascamas, roupas , mesas ... Para coseguir isto moitas veces van ásfeiras. 34
    • Os mouros son donos de inmensas riquezas. Son os donos de casetodos os tesouros de Galicia. En ocasións pagan con ouro osservicios que lles fan os cristiáns, mais este ouro ,ás veces ,preséntase en forma de carbón : o carbón trocado en ouro doscontos e lendas . O que mantén relacións cos mouros, debe telo moisecreto e procurar que ninguén o saiba se non exponse a calqueradesgracia, mesmo a perder a vista ou a vida. Polo que respecta á súa relixión non ten nada que ver coa doutrinamahometana: os nosos mouros comen carne de porco, beben viño,teñen ídolos... De todo isto dedúcese que os mouros da nosa mitoloxía teñenpouco que ver cos mouros históricos. Información sobre os mouros Lendas dos mourosCrese que a existencia de numerosaslendas atribuídas a mouros, do mesmoxeito que a atribución de construciónsmegalíticas aos mouros, procede daacepción antiga de mouro con "pagán".No caso das construcións megalíticas éclaro que non se refere aos mourosinvasores da Península, dada a falta decoexistencia histórica algunha entre talinvasión e os megálitos. DinosFrancisco Martins Sarmento: "Os nomes de mouro e pagán tornáronse sinónimos, e, como case sempre sucede no conflito de dous sinónimos, prevaleceu o vocábulo que tiña por si unha realidade obxectiva: o nome abstracto de pagán desaparece, o étnico de mouro fica, substituíndo aquel en todas as suas aplicacións, porén dos mais groseiros anacronismos". 35
    • Mouro (mitoloxía)Os mouros eran un pobo de criaturas sobrenaturais de naturezafeérica, presentes en mitos e relatos extendidos polo norte daPenínsula Ibérica, e presentados como non bautizados e pagáns, quenoutro tempo tamén eran coñecidos como xentís. Os varóns eranescuros e en ocasións deformes, e as mulleres eran fermosasfeiticeiras rubias e de tez branca, aínda que nalgúns relatospopulares asociánse coa aparencia de vellas bruxas e meigas. Casa dos mouros 36
    • 12. Influencias: visuales, musicais, obras de referencia 1. REFERENCIAS VISUALES: Andrei Tarkovsky A súa estética, o seu trato da natureza, o seu estilo técnico… autor de referencia Andrei Tarkovsky 37
    • David Lynch. A súa linguxe narrativa, combinada contransicións e música agobiantes, converten a este director enirrepetible. David Lynch 38
    • Montxo Armendáriz. Películas como Tasio, onde o monte é oelemento fundamental. Os temas da infancia tamén son un puntoforte. Montxo Armendáriz 39
    • Giuseppe Tornatore. A súa película Cinema Paradiso, trata otema da infancia coma ningunha outra. Giuseppe Tornatore 40
    • 2. Referencias musicais: Ennio Morricone 41
    • 13. Datos de contacto do productor executivo e currículo Teléfono: 661193123 E-mail: o_borja@hotmail.com 42
    • 43
    • 44
    • 45
    • O autor do proxecto, Borja Carreiro Ourense 2012 46
    • 47