A SÚA VIDA Foi á escola aos 6 anos,daquela xa sabía ler e escribir,pero atopou algo que o marcou para toda a vida:o mestre non lle falaba no seu idioma,senón en castelán.
A SÚA VIDA Estudou o bacharelato en Lugo,e alí coñeceu entre outros aos escritores Anxel Fole e Luis Pimentel . Entrou en contacto coa política galega do momento .O mundo da cultura e da política converteuse no seu eixo da vida.
A FILOSOFÍA
Marchou a Santiago e despois a Madrid a estudar Filosofía e Letras.
Traduciu obras de pensadores alemáns ao galego,e foi quen de definir a “filosofía da saudade”.A saudade,o sentimento de soidade que todos os individuos temos foi o obxecto dos seus estudos.
Definiu “saudade” para a Enciclopedia Gallega.
A POLÍTICA
Participou na súa mocidade
no Partido Galeguista,ata que este proxecto se deixou esmorecer
Foi deputado no parlamento de Galicia coas primeiras eleccións democráticas,traballou a prol da Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade no ano 83.
A LINGUA
Ingresou no 67 na REAL ACADEMIA GALEGA,cun discurso sobre a lingua.
Estudou fondamente a obra de Rosalía,e a literatura galega.
A CULTURA
Foi un dos fundadores da EDITORIAL GALAXIA,que permitiu publicar estudos e obras en galego,cando estaba desprestixiada polos gobernantes.
A CULTURA
Ocupou a presidencia do Consello da Cultura Galega ata o seu pasamento no 1990
A SÚA OBRA
Olladas no futuro . Galaxia (1974). Lembrando a Castelao (1975). Filosofía da saudade (1984). Fermín Penzol (2001). Da miña acordanza ( 2002). Galicia ( 2002). A linguaxe e as linguas (2008).
0 comments
Post a comment