• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Xornal 2013
 

Xornal 2013

on

  • 540 views

Xornal 2013. CEIP A Carballeira. Lourizán (Pontevedra).

Xornal 2013. CEIP A Carballeira. Lourizán (Pontevedra).
Equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca.

Statistics

Views

Total Views
540
Views on SlideShare
540
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Xornal 2013 Xornal 2013 Document Transcript

    • A CarballeiraPáxina 3RobertoVidalBolañoRoberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cida-de en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70,renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas assúas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do"Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola bre-ve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que le-vou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pan-tasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro.A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimen-tación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, so-cial e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia queesixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non entorpeceuen absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de OteroPedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasa-llan ao lector.A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantesdo "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até osanos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("RafaelDieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), norma-lizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, enconsequencia, do público.A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos,cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo.A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dunteatro nacional galego.
    • A CarballeiraPáxina 4RobertoVidalBolañoTOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOLO ANANO: Velo aí tes o tesouro que eu gardo. É de fíos preciosos. Pero só te poderásfacer con el se es quen de me falar nunha lingua que eu non coñeza. E coñézoas todas.Galego, francés, alemán, chinés, hebreo, quechua... Veña, di algo! Se non o entendo, éteu.O TATEXO:(Con grande esforzo) Poppoiis nononon mememe popopoderei fafafafacercococon el.O ANANO: Como dis? Repítemo outra vez, por se non oín ben.O TATEXO: Quequequeque nononon mememe popopoderei fafafafacer cococon el.O ANANO: (Con asombro) Non pode ser.O TATEXO: Oooooo qqqqque?O ANANO: Non hai maneira! Non te entendo! Non podes falar máis claro?O TATEXO: Nonononon seseseñor.O ANANO: Pois amoláchesme! Esa lingua non a coñezo. Toma, aí o tes, o tesouro é teu.(O rapaz, sen o crer alá moito, bótalles man aos fíos todos e disponse a saír con eles co-rrendo)O TATEXO: Momomomomomoitatatatas gragragragracias.O ANANO: Antes de que te vaias e, só por matar o verme, en que lingua me falaches?O TATEXO: Eeee en en en cacacal hahabía ser? En galego, naturalmente! Pero son tate-xo e ás veces entrampállome un pouco. Aínda que non sempre, como pode ver.O ANANO: Serei paspán! Como non me decatei?Roberto Vidal Bolaño.
    • A CarballeiraPáxina 5LetrasGalegas150 ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOSRosalía de Castro é a máis grande e máis representativa escritora da lingua e da litera-tura galegas así como tamén unha das principais responsábeis do proceso que se deu enchamar „Rexurdimento‟ da literatura e da cultura galega.A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o séculoXIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional,pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou per-manentemente a súa obra e o seu pensamento, chegando a formar parte da nómina de escri-toras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a primeiraobra escrita integramente no noso idioma, que sinala o inicio da restauración do uso escritodo galego e o final de séculos de silencio e esquecemento.Cantares gallegos e o Día das Letras GalegasCantares Gallegos foi publicado o 17 de maio de 1963.A principios dos anos sesenta, o intelectual Francisco Fernández del Riego propuxo ainstitución dunha celebración anual que potenciase a lingua galega, ao modo do Día del Li-bro que se celebraba en España co gallo do aniversario da morte de Cervantes, o 23 deabril. Inmediatamente pensou situala na data da publicación de Cantares Gallegos, polo seusignificado no rexurdimento da literatura galega. Tras a súa proposta, a Real Academia Ga-lega aprobou en 1963 convocar o Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, cele-brándose ese mesmo ano en honra de Rosalía.
    • A CarballeiraPáxina 6LetrasGalegasDÍA DAS LETRAS GALEGASE chegou o día. Celebramos as Letras Galegas coa visualización do vídeo sobre oautor homenaxeado este ano, Roberto Vidal Bolaño.Logo, Hugo e Adrián interpretaron un anaco da obra "Touporroutou da lúa e do sol".Que ben o fixeron!!Como tamén este ano se celebra o 150 aniversario da publicación de CantaresGallegos recordamos a nosa participación na súa lectura colectiva promovida polaAELG co poema Acolá enriba.E para rematar......karaoke! Noso o mundo é!!!
    • A CarballeiraPáxina 7AsnosascousasOS PETRÓGLIFOSEste ano todos @s alumn@s do cole desde os máis pequenos aos máis grandes, partici-pamos nun Proxecto Documental Integrado que leva por título "AS PEGADAS DO PASA-DO" no que investigamos sobre a prehistoria. O motivo principal que nos impulsou a querersaber máis sobre esta etapa da humanidade o temos no patio do cole.Estamos moi orgullosos de ser o único cole do mundo que temos dentro do noso recin-to escolar un petróglifo neolítico.Os petróglifos ( do gregos petros=pedra e glyphein=tallar) son imaxes gravadas narocha, desbastando a súa capa máis superficial. Se usaban como forma de comunicación po-los nosos antepasados prehistóricos do Neolítico (10.000 a.C.) e poden chegar ata os temposmodernos nalgunhas cultura e lugares.Alguns petróglifos se fixeron picando a superficie cunha rocha máis dura, mediante ogolpeteo constante con outro instrumento auxiliar (percusión). Outros graváronse ao raiar cofilo dunha rocha tallada (raiado). A superficie tamén puido ser frotada cun instrumento depedra e finalmente pulida coa axuda de area e auga (abrasión).Cando se visite unha "estación" con petróglifos non se deben tocar e moito menos pin-tar con xiz ou ceras escolares para que saian ben na foto. Isto deterióraos. Os especialistaspódeno facer contando sempre cun permiso previo da Dirección Xeral de Patrimonio utilizantécnicas non destrutivas. Se se quere obter boas fotos abonda con esperar ás últimas luces dodía, cando os raios do sol inciden lateralmente sobre os sucos e resaltan o seu trazado.O noso petroglifo está gravado nunha laxe granítica horizontal a ras de chan. Obsérvansediversas combinacións de círculos concéntricos con apéndice, cadrados coas esquinas redon-deadas, círculos simples, coviñas e outros trazos.O conxunto de petróglifos galegos é un dos máis ricos e peculiares dentro do marco europeoe incluso mundial. As gravuras existentes en Galiza conforman o chamado Grupo Galaico deArte Rupestre. Todas elas se realizaron sobre granito, aínda que non se sabe se esta foi unhaescolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por esemotivo chegaron ata os nosos días.A maior parte dos petróglifos descubertos e chegados á actualidade dan como resultado queé no sur de Galiza, na provincia de Pontevedra e concretamente no val do río Lérez, onde seconservan a maior parte dos gravados. Canto máis lonxe deste lugar cara ao norte ou ás pro-vincias de interior diminúe o número, estando case sempre relacionados cos vales dos ríos.
    • A CarballeiraPáxina 8Asnosascousas
    • A CarballeiraPáxina 9Asnosascousas
    • A CarballeiraPáxina 10Asnosascousas
    • A CarballeiraPáxina 11Asnosascousas
    • A CarballeiraPáxina 12Asnosascousas
    • A CarballeiraPáxina 13Asnosascousas
    • A CarballeiraPáxina 14AsnosascousasA Prehistoria é a etapa máis longa na vida da Humanidade. Dura varios millóns de anos: desde aaparición dos primeiros homínidos ata a invención da escritura.Como a Prehistoria é tan longa, para poder estudiala divídese en etapas: O Paleolítico, oNeolítico e a Idade dos Metais.Paleolítico significa“pedra vella”. Du-rante o Paleolítico, a xente tiña que cazar, pes-car e recoller froitos para poder vivir. Organizá-banse en clans formados por membros da mes-ma familia. Cando non había caza ou cambiabao tempo tiñan que desplazarse, así que vivían encovas naturais ou facían cabanas para poder mo-verse dun lado a outro: eran nómades. Para ca-zar e pescar fabricaban ferramentas e utensiliosde pedra, que tallaban batendo unha pedra con-tra outra e suxeitándoa nun pau . Da caza aproveitaban a carne para comer, a pel para vestirse e osósos para facer trebellos.Neolítico significa “pedra nova” ou “pedra pulimentada”. No Neolítico prodúcense tres in-vencións ou descubrimentos que van supoñercambios decisivos na vida da xente: a agricultu-ra, a gandería e a maneira de facer lume. Grazasá agricultura e á gandería os homes e mulleresprimitivos xa non dependían tanto da caza e dapesca, pois tiñan alimentos para vivir. Xa nontiñan que desplazarse dun lugar a outro, de mo-do que vivían todo o ano no mesmo sitio: fixé-ronse sedentarios e formaron os primeiros po-boados onde vivían os distintos clans. A inven-ción da forma de facer lume fixo que a vida da xente primitiva fose máis doada. Nesta época empe-zan a “fabricar” utensilios con barro para cociñar e gardar alimentos.Na Idade dos Metais os homes e mulleres primitivos xa dominan o lume e descubren que hai mate-riais mellores que a pedra para facer ferramentas e armas: o cobre, o bronce e o ferro.Alumn@s de 3º curso.
    • A CarballeiraPáxina 15AsnosascousasVisita a Campo LameiroContinuando co noso Proxecto Documental Integrado "AS PEGADAS DOPASADO" tivemos unha saída ó Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en CampoLameiro.Comezamos cun breve percorrido pola exposición estable e acadamos ainformación necesaria para descubrir os enigmas que se agochaban nospetroglifos.Despois achegámonos en grupos á área arqueolóxica. É algo espectacular ver aspegadas dos nosos antepasados gravadas nunhas rochas. Grandes enigmas,diferentes deseños xeométricos, realmente emocionante.Por último fixemos dous grupos para levar a cabo os talleres. Os máis cativostiveron a oportunidade de fabricar vasillas de cerámica coma no Neolítico.
    • A CarballeiraPáxina 16AsnosascousasOs maiores fixeron unha búsqueda do tesouro nun lugar que os deixou abraiadospor todo o que ían descubrindo.Dende aquí queremos agradecer a todo o persoal que nos acolleu polas súasexplicacións e atención recibida. A verdade é que aprendemos moitísimo.
    • A CarballeiraPáxina 17Asnosascousas
    • A CarballeiraPáxina 18AsnosascousasAno Internacional da Enerxía SostibleO ano 2012 foi o ano internacional da enerxía sostible.Os rapaces do noso cole están moi concienciados de que debemos aforrar enerxía.Este ano estamos coñecendo as diferentes enerxías renovables e non renovables eparticipamos nun taller de granxa enerxía, promovido por Endesa Educa.Fixemos unha serie de experimentos e unha das cousas que máis nos sorprendeufoi cómo co movemento das pernas ó pedalear unha bici podemos converter enenerxía eléctrica.Tamén descubrimos cómo quentar a comida cun día de sol empregando unha cociñasolar. Estamos cheos de enerxía!
    • A CarballeiraPáxina 19Asnosascousas
    • A CarballeiraPáxina 20AsnosascousasENTREVISTAMOS A FRANFran é un neno de 2º de primaria que está convencido de que o aforro enerxético é unhaasignatura pendente que temos, por iso converteuse nun inspector da enerxía durante os recreos.Coa súa libreta na man vai por todas as instalacións do noso cole comprobando que estamoslevando a cabo diferentes medidas de aforro coma apagar as luces no recreo cando as aulas estánvaleiras, apagar as pantallas dos ordenadores cando non se usan, etcHoxe fixémoslle unha pequena entrevista.Bos días FranBos días.Por qué cres que é importante aforrar enerxía?Porque penso que así haberá enerxía para todos oshumanos do planeta. Podemos intentar aforrar.Cal é a medida de aforro que estades levando a cabono recreo?Pois estou indo polo cole adiante, pola biblioteca, despachos, clases e ximnasio e vou mirando se asluces están acesas ou apagadas. Se están acesas poño mal e se están apagadas poño ben. Vaiconmigo sempre un axudante que é algún dos meus compañeiros India, Aarón, Priscila e Antonio,cada día tócalle a un. Eu prefiro que sexan nenas porque así poden ver os baños, non vou a entrareu no baño das nenas!. A tarefa do meu axudante é ir apagando as luces mentres eu lle poño nota namiña libreta.Cumpren as alternativas de aforro os teus compañeiros?Non. Unha vez fun a clase de terceiro e os nenos non sabían o que estaba facendo. Casi non medeixaban entrar e tiven que explicarlles que son un investigador da enerxía que soamente íaobservar se estaban aforrando xa que estaban a punto de saír o recreo e deixaban todo aceso.Queres darlle algún consello ós teus compañeiros sobre o aforro enerxético?Si. Quero contarlles que é mellor a luz solar para os ollos e ademáis así non gastamos. Ademais queé moi importante utilizar as placas solares.Cando acendemos a calefacción temos que pechar as ventás. Non temos que quentar o aire do patiosenón as aulas.Recoméndanos algún libro para investigar sobre o tema?Si. A min gústame moito o de “Os bolechas queren saber como aforrar enerxía“ e a enciclopediaque temos da enerxía. Hai moitos profesionais que non saben que moitas cousas están nos libros. Amin axúdanme a aprender moitas cousas.Na túa casa tamén levas a cabo isto?Non. Porque imaxino que os meus pais xa saben aforrar.Moitas gracias Fran pola tua labor. Seguiremos poñéndonos as pilas e aplicando medidas de aforropara coidar o noso planeta.
    • A CarballeiraPáxina 21SalóndoLibroA toda máquina!!!Este ano tampouco podiamos perdernos o salón do libro, con fantásticasactividades para maiores e pequenos: contacontos, obradoiros, exposición dostraballos dos colexios de Pontevedra...e Orbil a mascota!
    • A CarballeiraPáxina 22AsnosascousasEste ano o tema do Salón do Libro de Pontevedra foi: “A toda máquina”.Para participar hai que elixir primeiro o soporte no que se vai presentar o traballo: Nósescollemos unha presentación tridimensional, consistente nunha “roda de fiar”, pois o nosolibro íase titular ”Enfiando palabras”. Desta parte do traballo encárgase o profe Pancho, por-que é un “manitas”, ten moi bo gusto e nós somos un Cole de Primaria e non temos asignatu-ra de Tecnoloxía nin idade para manexar serras e cousas así.A continuación os distintos ciclos fomos escribindo as nosas historias e, por último,“enfiámolas” nun precioso libro e o xuntamos coa “roda de fiar” para levalo ao Salón e expo-ñelo alí.E chegou o día da visita. Oxoves, 7 de marzo viaxamos ata oPazo da Cultura para disfrutar doSalón. Ao chegar dividímonos endous grupos: Infantil e 1º ciclo porun lado, e 2º e 3º ciclos por outro.O grupo dos máis pequenosasistiu a un Obradoiro de Contacon-tos que resultou moi ameno e diver-tido, segundo contaron logo.O grupo “dos maiores” traba-llamos nun Obradoiro de Ilustración a cargo de Anxo Fariña. Tivemos que seguir unhas ins-trucións para debuxar unha máquina que se movese moi ben polo mar. Saíronnos unhas ilus-tracións preciosas e moi imaxinativas, como dixo “o profe”.Unha vez que remataron osobradoiros fixemos unha visitaguiada polas instalacións. Mi-ramos os traballos dos outroscoles (había cousas moi boni-tas e ben feitas), buscamos eatopamos o traballo dos exalu-mnos da Carballeira, entramosna Máquina dos Desexos e pe-dimos un desexo cada un, me-témonos case dentro dunhamáquina de escribir e dun or-denador, observamos unha bi-cicleta xigante e máis o debuxodun dirixible, parámonos dian-te dun moble onde gardabanmáquinas de fotos antigas ... pasámolo fenomenal e aprendemos moitas cousas.Voltamos para o Cole coa sensación do traballo ben feito, porque hai que dicir que oque máis nos gustou foi o noso.Alumn@s de 3º curso.
    • A CarballeiraPáxina 23AsnosascousasVisitounos Fina Casalderrey!!!Este curso abrímoslle as portas do noso cole a Fina Casalderrey, recentementenomeada membro honorario da Real Academia Galega.No noso proxecto lector escollimos varias das súas obras e disfrutamos moitoléndoas, pero escoitala foi unha experiencia para non esquecer.Comprendemos "o poder das palabras" e comprobamos con que facilidade asviste de fermosas cores para facernos tremer de emoción.
    • A CarballeiraPáxina 24AsnosascousasENTREVISTAA FINA CASALDERREYPor sorte para todos, fai xa algúns anos, descubriu que o que a ela lle gustaba escribir aosdemais nos encantaba leelo. Dende entón, non parou de publicar libros tan entrañables co-mo “A lagoa das nenas mudas”, “Quen me quere adoptar?”, “O misterio do cemiterio ve-llo”, “O estanque dos parrulos pobres”, entre outros moitos. Os rapaces e rapazas do 3º ci-clo entrevistamos a…Fina Casalderrey.Fala do mesmo xeito en que escribe: facéndote ver e vivir o que está contando, emocio-nándote, sorprendéndote, permitindo que sintas, que coñezas, que non xuzgues e que com-prendas… Seguramente por eso entrevistala resulta tan fascinante como ler os seus libros.Por que quixo ser escritora?Non é levantarte unha mañá e decidilo. É pouco a pouco, como comezar a namo-rarse. Son mestra e comecei a escribir obriñas de teatro para os meus alumnos epouco a pouco escribín outras cousas.Que lle gusta máis escribir libros para cativos ou para maiores?O que me gusta é escribir bonitas historias e que calquera dos meus libros os le-ran os nenos e logo os maiores.Escribir para os nenos pequenos é como comer nécoras: enches o prato de cascaspero levas pouco á boca.Gustaríame escribir historias maravillosas para todos os públicosCal foi o primeiro libro que escribiu?O primeiro que escribín foi “A noite dos coroides”. O primeiro que publiquei:“Mutacións xenéticas”.De que libro está máis orgullosa?Non diría orgullosa, porque penso que dentro teño a historia máis bonita que aín-da non escribín. Calquera libro que escribín, gústame.En que se basean os seus libros: en experiencias que viviu ou en fantasías?Mesmo se queres, o que vives, o que soñas, a túa profesión… Todo inflúe no queescribes e se non inflúe, malo, porque ti non te baleiras. As experiencias inflúen,pero logo fantaseas. Cada historia naceu de algo que me moveu por dentro. Dúasletras nacen dunha experiencia.Canta tarda, máis ou menos, en escribir un libro?Nunca sei o tempo que tardo. As historias mellores saíron de golpe, sin embargo,eu necesito saber que teño todo o tempo do mundo para escribilas. Ademáis, as his-torias non é só como as contas, senón tamén como as les.
    • A CarballeiraPáxina 25AsnosascousasQue se sinte sendo unha escritora tan importante que recibiu tantos premios?O premio Nacional de Literatura déronmo con “O misterio dos fillos de Lúa”.Cando che dan un premio, o libro pasa a ser “mellor” e os adultos, a diferenza dosnenos, admiran os libros premiados.Desde o ano 1996 non me presentei a ningún premio. Os que máis me gustan son osque me dan os lectores, os editores, os libreiros…A súa paixón polos nenos é igual ca que manifesta nos libros?Non sei. Teño 61 anos e aínda non os odio anque algunhas veces vos colgaríadunha viga. De todos os xeitos, marchei do instituto entre bágoas.Que lle gusta máis ser mestra ou escritora?Creo que unha cousa saiu da outra, por iso non podo dicir que non me gustara sermestra. Aprendín moito dos nenos.. Gústanme as dúas cousas, pero fun máis anosmestra que escritora e aprendín máis do que ensinei.En que se inspirou para elexir o título “As de mosca para Anxo”?Un título non pode revelar o que hai na historia, pero ten que ter que ver coa histo-ria.Por que elexiu a Estrela como protagonista desta historia?Porque fun mestra moi nova e pasaron moitos nenos pola miña vida, De todos elesaprendín. Tamén... dunha nena como “Estrela”, chamada Begoña, que foi a miñaalumna e que a pesares da súa discapacidade, poñía todo o seu empeño en faceras cousas como os demáis.O tema deste libro é a discapacidade, a súa intención é amosar a realidade cotiá a tra-vés das súas historias?Encántame coller da realidade cotiá aquilo que é extraordinario en cada día.Que sinte ao pertencer á Real Academia Galega?Unha responsabilidade moi grande e estou moi agradecida. De momento non entreiporque teño que facer un sesudo discurso e aínda non tiven tempo para escribilo.Como se transforma un en escritor/a?Ler é moi importante, pero ter sensibilidade para ver o mundo é imprescindible.Moitas grazas, Fina. Foi un gran agasallo poder coñecela.Alumn@s 3º ciclo de E.P.
    • A CarballeiraPáxina 26AsnosascousasOs nenos e as nenas de 3º de Primaria do CEIP A Carballeira participamosxunto con todo o noso Cole no Proxecto Lector do Centro e adicamos un tempo ca-da mañá á lectura de distintos contos e libros.Un libro que nos gustou moito titúlase “¡¡¡Gela se ha vuelto vampira!!!” e es-cribiuno a autora pontevedresa Fina Casalderrey.Cando comezamos a súa lectura pareceunos unha historia simpática e moiimaxinativa...non sabiamos o que pasaría máis adiante. A medida que seguimos aler fómonos dando de conta de que aquela historia que parecía tan “simple” aprimeira vista era en realidade unha historia moi común desgraciadamente, e moitráxica. O libro falaba de cómo cambiara o carácter do home duna profe, dende queera o seu noivo ata que se converteu no seu marido... Falaba do maltrato ás mulle-res.Cada vez que rematabamos un anaco de lectura falabamos do que viñamosde ler e tentabamos entender por que se producen este tipo de condutas. As nosasopinións non estaban moi claras, pero pensamos en xeral que si unha parella nonquere estar xunta, ten que separarse, e non facerse dano un á outra. Si, está benescrito: case sempre é o home o fai dano á muller, falándolle mal e batendo nela.Fixemos debuxos das personaxes do libro e imos facer un resumo para ela-borar logo un mural e amosarllo a Fina cando nos veña visitar. Agardamos que lleguste e agardamos tamén que nolo firme, así como que firme os nosos libros.Alumn@s de 3º curso.
    • A CarballeiraPáxina 27Asnosascousas
    • A CarballeiraPáxina 28AsnosascousasUNHA PLANTACIÓN DE TOMATESO outro día a nosa mestra Antía trouxo tomateiros pequeniños ao colexio, edíxonos que se levábamos macetas que nos daría os tomateiros.Así foi, preparamos un obradoiro coa sementeira. Primero tapamos as mesas conperiódicos, despois enchemos as macetas de terra e coas ferramentas fixemosuns buratos na terra e alí metemos os tomateiros, e por último regámolos unpouquiño.Cando estes tomates medren dareillos a os meus pais para que fagan unaalimentación saudable mentres duren.Encantoume facer esta plantación tan divertida e instructiva!A miña ilusión é ter unha granxa na que porei una horta chea de plantas ealimentos.Lara Rodríguez, 2º cursoA MIÑA PLANTACIÓNO outro día,na clase de Antía Castro, plantamos unhas tomateiras e tivemosque traer: unha maceta e terra. Porque así temos unha alimentación sa.E así no verán tomámolos con leituga todos os días. Agora sabemos plantartomates e tomates cherri.Tomaremos unha comida saudable durante todo o ano e estaremos máis frescos,delgados e fortes.Francisco Rosales, 2º curso
    • A CarballeiraPáxina 29AsnosascousasOS MEUS TOMATESNa nosa clase o outro día plantamos tomateiros e ao seguinte día nos sacamosfotos con eles. A profe Antía trouxo os tomateiros e nós as macetas.Nós queremos axudar ao mundo. E queremos tomar unha alimentación sa, por isoaprendemos a cultivar plantas que nos dean froitos.Priscila Montoya, 2º curso.UNHA PLANTACIÓN DE TOMATESO outro día fixemos unha plantación de tomateiros cos de primeiro e a profe Antíatrouxo as plantas e nós trouxemos a maceta e a terra e o venres levámolas á casa.Nas mesas puxemos xornais e plantamos o tomateiro.Agora queremos tomar tomates este verán para estar sans. Deste xeitoaprendemos a facer plantacións para ter os nosos propios froitos.Javier Vilas, 2º curso
    • A CarballeiraAsnosascousasUNHA PLANTACIÓN MOI ESPECIALEstes días estivemos facendo unha plantación de tomates o 1º ciclo con motivo deestudiar o tema das plantas. Todos colaboramos regando, botando a terra eplantando.Cuando acabamos deixámolos uns días na clase para que se adaptasen e nonmorresen, despois levámolos á casa para coidalos, para ter tomates polo menospara todo o ano.Todos o pasamos moi ben. ¡Agora xa sei plantar!Sara Moledo, 2º curso .UNHA PLANTACIÓN DE TOMATESO outro día fixemos unha plantación de tomates xunto con primeiro. A nosa mestramercou os tomates e nós as macetas e a terra.Na clase montamos o taller e fixemos a plantación; primeiro preparamos as mesaspara non manchar e colocamos as ferramentas necesarias: pa, angazo, maceta etamén a terra.Esta actividade foi planificada pola profesora para que aprendamos a facerplantacions de plantas con froitos.É magnífico facer a nosa propia horta!India Castro, 2º cursoPáxina 30
    • A CarballeiraPáxina 31SamaínSamain!!!Como todos os anos, celebramos o Samaín, festa de orixe celta, tallando cabazascos compañeiros da clase. Este ano quedounos unha exposición verdadeiramenteterrorífica.
    • A CarballeiraPáxina 32IIMagostoO pasado venres celebramos no colexio o magosto. Pasámolo moi ben. Diversión,castañas asadas, chourizos, ledicia, xogos divertidísimos dirixidos polos nenos enenas de 6º de primaria, bo ambiente, bo tempo, ... qué máis podemos pedir? Sendúbida… que se repita!
    • A CarballeiraPáxina 33Magosto
    • A CarballeiraPáxina 34Nadal2012Celebramos o festival do Nadal.Panxoliñas, obras de teatro, homenaxe a Miliki, acrosport, e moitísimas actuaciónsmáis. Estes nenos son uns verdadeiros artistas. Apáganse as luces e préndense ossoños.
    • A CarballeiraPáxina 35Nadal2012
    • A CarballeiraPáxina 36IEntroidoENTROIDO PREHISTORICOEste ano foi un entroido moi especial. Seguindo co noso PDI, decidimos facer unhafesta prehistórica!
    • A CarballeiraPáxina37IEntroido
    • A CarballeiraPáxina 38VisitounosaTVG!!Visitounos a TVG!!!A noso entroido prehistórico non lle faltou nadiña: pinturas rupestres polas paredesdo ximnasio, todos @s nen@s vestidos de cromañóns....O programa "A revista da tarde", da TVG, enterouse e quixo gravar a festaprehistórica do noso cole.Pasámolo moi ben!. Puidemos ver disfraces chulísimos feitos con materiaissinxelos. Parabéns ás familias polo seu esforzo e interese!!
    • A CarballeiraPáxina 39DíadaPazO mércores 30 de xaneiro celebramos o día escolar pola paz e non violencia. Esteano fixemos un pequeno guiñol no que cada neno poñía a súa cara pola paz ótempo que expresaba o seu desexo por un mundo mellor.Os máis pequenos recitaron o poema "Amigos de cores"Ademais de poñerlle cara ápaz, este ano traballamos co libro "Wangari e as árbores da paz". Despoisplantamos o noso xardín pola paz.
    • A CarballeiraPáxina 40Asnosascousas30 de xaneiro: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.Os nenos e as nenas de 4º de primaria estivemos investigando sobre os di-ferentes SIMBOLOS DA PAZ que existen. Destacamos os seguintes:POMBA DA PAZContan que despois do gran diluvio, Noé mandou unha pomba para que, a travésdela, puidéranse coñecer en qué condicións quedara a terra despois do terriblesuceso que obligou a encerrarse na arca. A pomba regresou traendo unha ramade olivo no pico, signo de que había árbores que no estaban cubertos polo mar eque polo tanto, podían deixar a arca para volver a vivir en terra firme. A pombaanunciou que o perigo xa desaparecerá. Actualmente, más alá das diferenzas deraza, cultura e relixión, o símbolo da pomba da paz é coñecido universalmente.BANDEIRA BRANCAA bandeira branca é un símbolo universal que representa a unidade na diversida-de, para acadar un mundo mellor, previndo o respeto a todas ás crenzas. Ela foiaceptada por unanimidade por todos os países de América.Está como un sinal de diálogo ou de rendición, en buques é un sinal de amizade.Cando o inimigo a ve, entende que eles deben baixar ás armas.
    • A CarballeiraPáxina 41AsnosascousasPIPA DA PAZA pipa da paz recibe ese nome porque cando había unha guerra entre dous tribusde indios. Para selar a paz os dous líderes fumaban unha pipa. De ahí ven o seunome.CDNConsiste nun círculo con catro liñas no seu interior une a parte superior e tres a infe-rior en forma de huella de ave que tivo a súa etapa máis representativa na décadados 60 coa cultura e movemento hippie. Foi creado en 1958 polo diseñador británi-co Gerald Halton para a campaña do desarme nuclear, aínda que despois o seu sig-nificado extendeuse ó sentido máis xeral, co que se interpreta hoxe en día.AS MIL GRULLAS DE PAPEL DE ORIGAMIAs mil grullas de Origami (Sembazuru) son un conxunto de grullas unidad por cor-das.Conta unha antiga lenda xaponesa que promete que calquera que faga mil grullasde papel recibirá un desexo de parte dunha grulla, tal como unha vida longa ou arecuperación dunha enfermidade.As mil grullas volvéronse un símbolo de paz e a historia de Sadako Sasaki (1943-1955) unha pequena nena xaponesa que desexou curarse da súa enfermedadeproducida pola radiación dunha bomba atómica (leucemia).
    • A CarballeiraPáxina 42OlimpiadasdorecreoEntre todas as actividades que realizamos este curso, querémosvos comentar unchisco sobre as “Olimpiadas do recreo”.Este é un programa de actividades educativas e de lecer que se desenvolveu nonoso centro cos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Primaria. Nel xúntanse ofomento da educación e cultura coa promoción do deporte e hábitos saudables.Comezamos cun gran pasapalabra sobre datos de Pontevedra; seguimos cunhasprobas de orientación no patio do colexio; continuamos con actividadescientíficas e divertidas e para finalizar, unha dietista ensinou aos nenos aimportancia dunha dieta axeitada e boas prácticas alimenticias.
    • A CarballeiraPáxina 43Saboreando….O MELHoxe, pola mañá, veu una moza ao cole para falarnos sobre o mel. Explicounos os tiposde abella que hai: a raíña, as obreiras e os zánganos.A raíña é a que pon os ovos, a obreira, protexe á raíña cando hai perigo e tamén é a en-cargada de producir o mel e, por último, os zánganos que son machos e se adican a darcalor á colmea.Os apicultores, para recoller o mel, fan o seguinte: coa fumador esparcen o fume por todacolmea, logo cun pinza especial collen os panais aos que lle quitan cunha espátula o pro-póleo e cun cepillo apartan ás abellas que saen pegadas ao panal. Cando as abellas fan omel sellan a colmea con opérculo que logo o apicultor quita cun cóitelo. Por último, meteno panal nun extractor para extraer o mel.Despois de todo, cheguei á conclusión de que é mellor deixalas en paz e non matalas poisfan un papel moi importante na natureza, axudando á polinización das plantas.Adrián Quintela Piñeiro, 6º curso.Hoxe veu una moza a explicarnos o proceso do mel.Empezou a actividade explicándonos os tipos de abellas que hai e cal era a súa funciónna colmea, así como o lugar no que viven.Despois ensinounos una colmea, poidemos tocala e, realmente, foi estupendo. Taménnos explicou como se recollía o mel das colmeas e unha rapaza voluntaria de 4º vestiu otraxe de apicultor.Dando xa por rematada esta actividade tan especial, regalounos un bote de mel para quequedaramos abraiados co seu estupendo sabor.Yerai Rodríguez Pintos, 6º curso.
    • A CarballeiraPáxina 44Omel
    • A CarballeiraPáxina 45PuntosdevistaA peceira máxicaA peceira máxica e moi bonita. Eu cando cheguei a miña casa pedinlle unxornal a miña nai. Funme a miña habitación e comecei a tentar facer peixes. Ostres primeiros peixes saíronme fatal, pero pouco a pouco comecei a collerlle otruco, e fixen un “polbo mutado” e un mini peixe. Unha semana despois, na clase,tentamos facer máis peixes, e fixemos moitos! O difícil disto e que non se podefacer os peixes con tesoiras, se non que hai que utilizar as mans. O principioparece aburrido e moi difícil, pero non, é sinxelo e moi entretido. Así que, por quénon o tentas ti tamén?A peceira máxica é unha peceira na que hai: peixes, polbos, calamares, etc…Que son creados e alimentados pola imaxinación das persoas. Na peceira máxica,non so hai animais mariños, tamén hai decoracións: algas e corais. Na peceiramáxica, todos os peixes lévanse ben. Para min a peceira máxica é máxica epreciosa e merécense que todos a miren.Breixo Vaquero Canton e Iago Losada Moledo, 4º curso.
    • A CarballeiraPáxina 46PuntosdevistaSamainO Samain é unha festa que celebrase en Outubro. É moi divertida: a xente prepara cabazascon caras monstruosas e as adornan como queren, ademais, fanse festas nos colexios e asveces nas casas. En EEUU, os nenos van pedir lambonadas ás casas e fan festas dedisfraces, como por exemplo: meigas, zombis, momias …É unha festa que procede da tradición celta dos nosos antepasados. É tamén a festa darecolleita e marca o final do ano. É a data na que a fronteira entre o mundo dos vivos e dosmortos e moi estreita e poden xuntarse. Por iso os nosos antepasados acendían fogueirasco propósito de guiar os seus defuntas. Esa tradición continua hoxe nas cabazas quevaciamos para por unha candea acesa dentro.Raquel Vázquez Rodriguez e Jesús DiosSantoroMagostoO magosto ou castañada é unha festa tradicional do norte da Península Ibérica comaGalicia, Aragón, Cataluña,Asturias,León e o norte de Portugal. Os elementos comúns son acelebración no mes de novembro ou finais de Outubro e ter ca festa da castaña ou lume oprotagonismo que nos últimos séculos arrebatoulle o millo e a pataca. Tamén celebraseesta festa como agradecemento pola colleita recibida. A min gústame por que comemoscastañas asadas e facemos xogos.O magosto é unha tradición galega para celebrar a chegada do outono. No colexiofestexamolo con divertidos e grandes acontecementos, facemos moitas castañas asadas echourizos, que degustamos moi contentos. Logo divertímonos facendo diversos xogos coma“tira que tira”, “á roda e o pau”, á petanca e aoutros xogos novos e divertidos cada ano,aínda que as veces topémonos con certasdificultades para aprender os novos xogos.Aínda con isto non supón ningunha traba parapasarnoslo ben todos xuntos.Iker Fernadez Rodriguez e Sergio BlancoTorres, 4º curso.
    • A CarballeiraPáxina 47PuntosdevistaNadalO nadal celebrase sempre o 25 de decembro, o día anterior o 24 de decembro, é noiteboa,no mes de decembro suponse que tes que poñer os adornos do nadal: o arbol, os calcetinscolgados da arbore, o portal de Belén …Cando chega Papá Noel, encontramos unhasorpresa debaixo da arbore ou nos calcetíns: os regalos! Que sorpresa, verdade? É moiemocionante abrilos xa que non sabes o que é. En Bilbao, o encargado dos regalos nonse chama Papá Noel, chamase “Olentzero”Cristina Saenz Acuña, 4º curso.EntroidoO entroido é unha festa que gústame moito por que no colexio disfrazamonos, comemos,xogamos e bailamos.Este ano, ao fío do noso proxecto sobre a prehistoria, disfrazamonosde “cromañones”. Veu a televisión galega e gravounos! Comemos filloas, orellas, e unbizcoito que fixo Raquel que gustoume moito. Despois desfilamos e bailamos a canción docromañón, e Raquel mais eu a cantamos no micrófono da television galega. Para rematarbailamos o “Cromañón Style”. Foi o mellor entroido da miña vida.Hugo Soliño García, 4º curso.
    • A CarballeiraPáxina 48PuntosdevistaO conto de SimónUnha vez había un home que chamábase Simón, tiña unha boa vida: unha muller que oamaba, e dous fillos que o querían. Ademais tiña un cabalo que era a envexa de todo opobo, e que facíalle gañar diñeiro suficiente para vivir axeitadamente. Un día a súa esposacaeu gravemente enferma e el non saía que facer, así que foi rezar a igrexa. Alí díxolle aVirxe María que si curaba a súa muller, vendería o seu cabalo, e o que gañara doaríao aparroquia. Un bo día a súa muller comenzou a mellorar e Simón acordouse do pacto coavirxe e para poder cumprir con ela, tramou unha idea: O día seguinte colleu unha galiña e ocabalo, e foi a feira, todos asombráronse, un home ofreceulle unha gran cantidade polocabalo, pero Simón non o aceptou, e díxolle que quería tres mil euros por unha galiña, etrinta polo cabalo, pero que tiñan que ser vendidos xuntos. O día seguinte, Simón donou ostrinta euros da venda do cabalo e cos tres mil da galiña, puido saír adiante.Esta historiaencantoume sobre todo por a moralexa que parece ter: ser pícaro sen ser malo.O conto foi algo triste, pero ó final non, xa que todo axeitouse e Simón puido dar de comera súa familia e seguir traballando xa que a Virxe o axudou. Sempre hai que saber o que faspara non ter problemas e preocupacións, xa que Simón parece algo tonto por dar unhagaliña e ter que vender o seu cabalo.Fabiana Cahua Guía e Carmen María Abad Acuña, 4º curso.Enerxías alternativasO venres pasado ven un home a o noso colexio e explicounos que hai outros modos deenerxía. Ensinounos a enerxía solar, hidráulica, e a do vento. Para o do vento, trouxo comaun muíño eólico. Para o da auga, tróuxonos unha caixa con unha especie de aspas enforma de culler, e para a enerxía solar, tróuxonos un panel fotovoltaico e un panel solar.Ese día fixo pouco sol, e nos ensinou o panel fotovoltaico. Tamén nos mostrou unha cociñasolar, que sería moi útil en países do terceiro mundo.Rubén Salgueiro Fernández, 4º curso.
    • A CarballeiraPáxina 49Asnosascousas
    • A CarballeiraPáxina 50AsnosascousasO LEOPARDONesta exposición, falaremos acerca dun felino coñecido como leopardo.Os leopardos son animais mamíferos que miden un metro e medio de longo. Son delga-dos, pero moi fortes e teñen moita axilidade para trepar ás árbores.Esta especie é carnívora, e dicir, aliméntanse de outros animais. Para poder cazar sen nin-gunha dificultade ás súas presas, os leopardos entrenanse dando rabuñazos ás árbores esendo moi sixilosos á hora de abalanzarse sobre as súas vítimas.As femias solen ter seis crías, aínda que o habitual son tres. Elas as coidan e protexen ataque chegan a ter dous anos e poden sobrevivir soas.Os leopardos poden ser unha das moitas mascotas do ser humano si se lles criou ao seulado desde pequenos.Habitualmente, o home suele matar aos leopardos para que non devoren os seus gandosou vender a súa pel.Esta especie necesita ser defendida para que cada día poida aumentar o número de leo-pardos sobre a terra e coidar de todo tipo de fauna.Paloma Blanco Valencia, 5º curso.O CERVOHoxe vou falar dos cervos: como son, que fan, onde viven e que clases hai.Os cervos son animais salvaxes, mamíferos e herbívoros. Os machos diferéncianse dasfemias porque teñen unha grande cornamenta ou astas. Poden chegar a medir un metro emedio de alto e nadan moi ben. Viven en zonas onde a herba é moi espesa que é o lugarperfecto para agocharse.A femia ten un cervato cada año. A pesares de ser herbívora, come os restos do nacemen-to da cría para que os seus depredadores non a atopen.Mentras son pequenos non se separan da nai e aliméntanse do seu leite. As crías meno-res dun ano chámanse gabatos e a medida que se lles van desenrolando as astas, as utili-zan contra os seus compañeiros para aprender a se defender.Hai máis de corenta especies de cervos. Entre elas podemos destacar: o cervo común, asika, o cervo de cola branca, o gamo arispudú que é o máis pequeno de todos e pode che-gar a medir vintecinco centímetros….Álvaro Vidal, 6º curso.
    • A CarballeiraPáxina 51Seguridadevial
    • A CarballeiraPáxina 52Seguridadevial
    • A CarballeiraPáxina 53Seguridadevial
    • A CarballeiraPáxina 54CertameliterarioIII Certame LiterarioO III Certame Literario este ano levaba o nome do noso PDI “As Pegadas do Pasado”. Poesías econtos que xiraron entorno á temática da prehistoria. Foi un proceso selectivo moi difícil xa quehoubo moitos merecedores do premio. Estos foron os traballos gañadoresEN TEMPOS DA PREHISTORIASoñei que naceraen tempos moi, moi lexanosque vivía nunha covafai un millón de anos.Montaba nun mamute era un mono o meu aliado,nunha cova vivíafai un millón de anosCoa miña lanza cazando e pescandono medio dos rebaños,nunha cova vivíafai un millón de años.Era un ser eremitae cada día soñaba e seguía soñando,que vivía nunha covafai un millón de anos.Laura Amai, 6º curso
    • A CarballeiraPáxina 55CertameliterarioO PEQUENO NEANDERTHALÉrase unha vez un pequeno neanderthal chamado Pepe ao que non lle gusta-ba a caza pero o seu pai, “Ollo Cego” insistía en que tiña que cazar.Pepe!- dicía- non o poderás evitar. Debes cazar para cando eu non esté, poidasalimentar á nosa familia.Pepe, desanimado, marchaba para a cova onde imaxinaba: estar semprequente, protexer os seus pés, ter comida sen cazar ou recolleitala de sitios arrisca-dos.Todo o mundo pensaba que Pepe era un inútil e que coller a pel dos animaispara vestirse e calzarse non servía de nada.Un día, Pepe, canso dos insultos, foi a ver ao feiticeiro “Alma de Ferro” e pre-guntoulle:Que podo facer coas miñas ideas?. Quen as pode aceptar? E a min?.Dentro de catro días aparecerá xente distinta á que lle gustarán as túas ideas.-dixo o feiticeiro.Pepe pasou, inquedo e sen comer, os catro días seguintes. E, por fin, veu, alópolo horizonte, ao grupo de xente do que lle falara “Alma de Ferro”.Ansioso e intrigado, correu cara a eles e puido comprobar, con gran asombro,que as súas ideas xa eran realidade para eles: vestían peles de animais, os seuspés estaban protexidos e nunha cestiña levaban froitas e verduras.Por fin, a súa tribu deixaría de velo coma un tolo vago e deixarían de presiona-lo para que cazase.Celia Losada Moledo, 6º
    • A CarballeiraPáxina 56CertameliterarioO NENO E O LABERINTOA porta do castro abriuse, e dela saíu un neno chamado Owen. Era o fillo doxefe do poboado castrexo “La Subidá”. Este poboado estaba enriba dunha montañade Galicia, e dende alí podíase ver o val que daba a praia, onde o seu pobo collíalapas e mexilóns además de peixes.Owen tiña doce anos e como fillo do xefe iniciara o seu adestramento para su-cedelo cando fora preciso.Owen saudou a súan nai, que estaba diante do castro preparando as tortasde pan que se facían coa fariña de landras e que xunto ao leite das ovellas e cabrassería o almorzó da familia para comenzar o día.Na súa familia había catro fillos, Owen era o primoxénito por iso tiña que asu-mir o liderato cando fora a súa hora, pero no fondo o que máis dexesaba era sergravador de pedras.Colleu a súa cesta e correu cara a praia que daba o oeste, onde o druida e oseu aprendiz tallaban pedras ata que se metía o sol. Xa había unha rematada quetiña o nome de “Pedra dos Mouros”. Èsta xa fora tallada polos seus antepasados.Sigilo, o druida, nomeara a pedra que estaba traballando como “A Pedra dos Campi-ños”, pero había outra rocha na que aínda ninguén grabara nada. Alí era ondeOwen tiña pensado tallar os seus debuxos. Owen xa sabía como chamarlle a esapedra “A Pedra do Laberinto”. Nela grabaría uns signos que perdurarían moitísimosanos, tantos que nunca podería imaxinar. Nela quedarían as pegadas do pasado.Kélvar Castro. 6º Curso
    • A CarballeiraPáxina 57CertameliterarioBUBÚ O AVENTUREIROEn tempos da pedra, en momentos que non estabas ti, nunha caverna vivía, un me-niño chamado Bubú. Bubú era un cromañón pequeño e forte que cando se aburría facíaunha das súas escapadas en busca de aventura, así que decidido foi escalar unha monta-ña onde ó chegar arriba atopouse cunha serpe das malas, malísimas e gordas, gordísimas.Naquel intre tiroulle unha pedra con tan boa puntería que a rematou instantáneamente. Bu-bú non podía crer a súa sorte e decidiu ir a celebralo na caverna dos seus pais. Como aviaxe de regreso era moi longa e perigosa, Bubú tiña medo, pero armouse de valor e mar-chou coa serpe nunha bolsiña de pel de cebra que lle regalaron os seus país xunto cunhalanza moi ben afiada, e menos mal, porque de súpeto encontrouse un mamut ferido ó quenon se atreveu a matar porque viu o seu propio reflexo nos seus ollos e deulle pena. Deci-diu cúralo e levouno consigo, ademáis, serviulle para moito.Logo seguiu a viaxe montado no mamut que estaba en débeda con él por salvarle avida. De repente un sable apareceulles diante, queríaos comer!. Bubú baixou do mamut etirou del para que fora máis rápido ya que a súa ferida non curara de todo. Os dous compa-ñeiros lograron despistar ao sable e cando ó fin chegaron á caverna dos seus país, vironque estaban rodeadas de hienas famentas que encanto cheiraron a bolsiña de Bubú ti-ránronse a por ela. Bubú lanzoulles a serpe venenosa que cría xa morta e que en realidadeestaba inconsciente. Encanto se viu libre e atacada polas hienas, mordeunas e acabou conelas.E así é como remata esta aventura: Bubú sen serpe; os país cunhas boas pezaspara asar; comen o asado; a Bubú regálanlle outra bosiña de pel cunha caracola dentro: ecoas cinzas da leña decoraron as paredes da súa caverna coa incrible aventura do seu pe-queno gran Bubú.Aaah!, por certo, agora xa non eran tres, senón que tiña unha nova mascota: Berni omamut.Cristina Sanz Acuña, 4º curso.
    • A CarballeiraPáxina 58CertameliterarioO DEUS DA CHUVIANa prehistoria existían persoas que viran dos monos e tras moitísi-mos anos evolucionaron e se convertiron en homes e mulleres.No neolítico cando xa sabían cultivar legumes e froitas e recollelasdeixou de chover e todos se preguntaban: por qué deixou de chover?Durante un par de meses houbo sequía e non podían medrar asplantas polo que tiveron que cazar moitos animais.Un día, sen chuvia, unha rapaza chamada Sara indo a súa casa seatopou moitas flores e seguindo as flores atopouse unha cova onde vi-vía un home vello que lle dixo.-Qué fas aquí rapaza? –dixo o home.Eu atopei un camiño cheo de flores e seguíndoo encontrei esta co-va. E ti, qué fas aquí? –dixo a nena.-Son Arón, vivo nesta cova desde fai moitos anos. –Proseguiu el.-Estiveches algunha vez na miña tribu?-Tribu, qué tribu?-A miña. Queres vela?Os dous, Aron e Sara se foron a tribu onde coñeceu a moita xente ese setiu moi feliz.Despois da visita á tribu da pequna Sara, Aron non volveu a apare-cer. Pero no mesmo día, de pronto, na tribu comenzou a chover, e nesepreciso instante Sara comprendeu que Aron era o deus de Chuvia e quepasara tanto tempo só que alegrouse o ver toda a xente da tribu de Sa-ra.Fabiana Cahua Guía. 4º curso
    • A CarballeiraPáxina 59CertameliterarioCINCO AMIGOS ÚNICOSHai moito tempo houbo un mamut chamado Cornos. Tiña cinco amigos:Blas, Dani, Carlos, David e Álvaro.Un día Álvaro preguntou:-A qué xogamos?Cornos respondeulle:-A o mamut máis rápido.Pero Cornos esqueceuse de que Carlos e David non eran mamuts, senónque David era un dente de sable e Carlos un perezoso.Carlos dixo.-Xoguemos ás carreiras.Todos respondéronlle_-Ben, ben, xenial!!!!Facendo a carreira atoparon unha cova, onde estaban pintadas figurasiguais ca eles!A o escapar, uns cavernícolas atraparon a Cornos.Carlos dixo:-Qué facemos?David respondeulle:-Rescatalo!Todos dixeron:-Imos alá!
    • A CarballeiraPáxina 60CertameliterarioForon a cova, pero non estaba!Os cavernícolas fóranse á montaña para comer a Cornos.Cando ían comer a Cornos, Carlos, Dani, David, Blas e Álvaro interrompíro-nos.Álvaro soltou a Cornos, cona axuda dun neno cavernícola e díxolle:-Grazas.O clan do neno cavernícola castigouno.Cornos invitounos a cear herbas, carne e demáis.Todos dixeron:-Ben, ben!Álvaro dixo:-A cear, a cear, que ben, que ben, que ben, xenial, xenial, xenial, fabuloso,que fame teño, ben, ben, xenial, que fame!!Carlos dixo:-Tranquilo, tranquilo, quieto e quieto, espera un pouquiño que igual te quimas,así que podes tranquilizarte.Todos comeron ben menos Álvaro que vomitou tres veces seguidas, non esperoue quimouse un pouco a trompa.E todos dixéronlle que iso pasoulle por non esperar un pouco e ser un mamutun pouquiño parvo.Quedaron durmindo toda a noite tranquilos menos Álvaro que berraba ai, ai,ai, que dolor!. Por favor, por favor, que pare xa!. Por favor, por favor, por favor!Dende ese día, Álvaro fíxolle máis caso a Cornos.Víctor Piñón 3º curso.
    • A CarballeiraPáxina 61CertameliterarioA prehistoriaÉ unha historiaMoi grandiosaE fabulosa.Inventaron as lanzasPara non comer só prantas,Animais deben cazarPara se alimentar.Os prehistóricosNon tiñan periódicosCon debuxos nas paredesComunicábanse entre eles.Evolucionaron de facer zumeE inventaron o lumeE coas súas invenciónsAtoparon coas solucións.Lara Rodríguez Peón, 2º curso.
    • A CarballeiraPáxina 62CertameliterarioLAIA E A SÚA FAMILIAHabía unha vez un pobo chamado “A Cova dos petroglifos”. En ela vivía moita xente e os xefestiñan tres fillos: unha era Iza, que era a máis nova e apenas tiña dous anos de idades, logo ía Trackque tiña dez anos, e a máis vella era Laia, que tiña doce anos. Laia tiña unha gran afición a treparpola colina que tiñan preto da cova onde vivían.Tiñan a cova chea de petroglifos.Trak tiña unha gran afición a durmir.Iza non facía gran cousa, era un bebé.Tamén á esquerda da cova había unha Praia chea de lapas, peixes, etc… que recollía a xentedo poboado, pero Laia nunca quería ir coa súa familia. A ela gustáballe quedarse co seu pequeño mo-niño que se chamaba Puk e o quería moitísimo, pero os seus país desexarían que fora con eles, peroela rosmaba, e o seu pai que era moi protector, non quería que lle pasara nada a Laia.Esta é a historia de Laia e a súa familia.India Castro, 2º curso.
    • A CarballeiraPáxina 63CertameliterarioO SUSTO DOS CAVERNÍCOLASÉrase unha vez dous cavernícolas que camiñaban polo monte unha tarde de treboada conmoitos lóstregos e tronos.De súpeto unha luz caeu nunha árbore seca, era un lóstrego, que fixo que a árbore empeza-ra a arder.Os cavernícolas, que se chaman Nes e Mape levaron un susto moi grande ao ver o lume.Nunca viran nada como iso. Nunca viran o lume.Como non sabían o que era, tocáronno e quimáronse as mans. Entón empezaron a gritar esaltar coma tolos.¿Sabedes o qué fixeron?Foron ao río e metéronse na auga.E colorín colorado este contiño rematou.Inés Jerez López, 1º curso.
    • A CarballeiraPáxina 64RumoresCorren rumores...Corren rumores de que de que un rapaz de 5º toca moito a frauta.Corren rumores de que o conductor queda a durmir mentres non saímos docole.Corren rumores de que alguén non se entera das normas da Biblioteca.Corren rumores de que algúns alumnos son tan vagos que baixan ao Ximna-sio polas escaleiras equivocadas.Corren rumores de que algúns alumnos “comen” os libros.Corren rumores de que unha nena de 4º ten un estilo “electrizante”.Corren rumores de que no cole hai pantasmas que rouban os balóns.Corren rumores de que o baloncesto e o fútbol no cole van ir á guerra polocampo.Corren rumores de que na clase de 3º son moi agarimos@s.Corren rumores de que no cole van facer outro campo para que o poidan usaras nenas.Corren rumores de que @s nen@s da Carballeira son demasiadoparlanchíns.Corren rumores de que alguén de 3º lastímase moito no fútbol.Corren rumores de que na illa “del Hierro” pódese xerar un mega-tsunami.Corren rumores de que algunha de Infantil é moi agarimosa fóra do cole.Corren rumores de que alguén de 2º é moi “besucón”.Corren rumores de que o noso colexio dominará ao mundo.Corren rumores de que Mouriño vaise do Madrid.Corren rumores de que a escritora Fina Casalderrey é moi simpática etod@s querémola moito.
    • A CarballeiraPáxina 65@sex-alumn@sOla a tod@s!!!Son Cristina Loureiro, lembrarédevos de min, non??? Fun compañeira vosa duranteseis anos ata que marchei para o Torrente. Ao comezo fomos cun chisco de medo, porquese nos facía un pouco raro marchar para Pontevedra, pero agora xa estamos afeitos evainos moi ben a todos.Botamos moito de menos o noso colexio de primaria. Eu, por exemplo, que vivoaquí ao lado, oio o timbre das clases, vexo aos pais buscar aos rapaces, os nenos no recreo,os coches dos profes aparcados, elémbrome moito de todo o vivido na Carballeira.O año pasado nós eramos os maiores, comparados cos de Infantil, pero agora somosnós os pequenos da ESO, aínda que non tan cativos, que algúns xa andan a ver quen "llemola" para saír xuntos. Aquí fixemos moitos máis amigos, xa que en Primaria eramospouquiños nenos.Os que vaiades para Secundaria non vos preocupedes, todos os cambios serán paramellor. Iso sí, hai que ter moito sentidiño, xa que non andan os "papis" detrás de nós.Procurade estudiar moito e ser responsables co voso traballo, que os profes do "insti" xanos tratan como adultos e dannos moita "caña", incluso chaman a casa si non van osdeberes feitos; que medo!!Igual que en Primaria tamén podemos ir a actividades extraescolares: teatro, música,inglés, risoterapia... Tamén temos charlas informativas sobre o maltrato á muller, osperigos de Internet, e incluso fomos ao Salón do Libro, pero iso sí, camiñando porPontevedra "a toda máquina" que hai moitos recortes en educación. Alí vimos o vosotraballo feito de madeira, que nos gustou moito, e lembrámonos de vós con moitoagarimo.No Torrente están moi orgullosos da biblioteca, que leva o nombre dunha mestra, MªVictoria Moreno, e hai que visitala moi a miúdo xa que nos mandan ler moitos librosdurante todo o curso, tantos que case non temos tempo para chatear no Tuenti ou noWhatsApp.Máis ou menos, isto é o que vos podo contar. Que vos vaia moi ben a todos. O coleda Carballeira quedará xa para sempre nas nosas biografías e no noso recordo.Bicos para tod@s!!Cristina Loureiro
    • A CarballeiraPáxina 66CartadunhanaiOla!Son Divina, a nai de Adrián e Gabriel Quintela, e vouvos contar algunhas cousas damiña infancia.Dende que comecei en Infantil fun sempre unha nena moi inqueda, aprendín axiña aler e a escribir e tiven a mesma profesora durante os tres cursos. O último ano, a "profe"buscou un método moi efectivo para terme queda: unha xeringa de cristal grande e conagulla. Sempre ma amosaba e diciame que me había pinchar con ela...Eu tíñalle un medoterrible!! Un día de final de curso (faltaba un mes para que rematase) collín a xeringa, ti-reina ao chan e rompina. A mestra non me vira facelo pero soubo rápidamente que fora eu.Ese día a "profe" levoume da man onde miña nai, contoullo e pediulle que mercara unhaxeringa nova. Así foi como rematou a miña ledicia, pois tiña que volver portarme ben.Pasei logo a outro colexio, preto da casa. Era de monxas, moi grande e non era mix-to. Tiña un internado para as nenas que viñan de lonxe. Alí comecei unha etapa nova, peroseguía coas miñas inquedanzas. Eramos vintecinco ou trinta alumnas en clase e tiñamospupitres de madeira. A miña aula tiña uns ventanais enormes, con moita luz, pero estabanreforzados con barrotes de ferro.Xa dixen que sempre fun unha nena moi leda, faladora e inqueda. A "profe" po-ñíanos a traballar, eu era das primiras en rematar, erguíame do meu sitio e ía molestar ásmiñas compañeiras. Aquí a "profe" non tiña xeringa, pero sí novos métodos: atábame coxersei á cadeira, atábame os cordons dos zapatos un co outro para que caese ao chan si meerguía...Sempre estaba castigada!!! O seu último método era deixarme soa na aula, coaporta pechada con chave durante o recreo.Un día todo comezou a tremer. Eu estaba alí, pechada, sin poder saír. Todas berra-ban e saíran para fóra do colexio. Miña nai foi ao "cole" para nos recoller á miña irmá emáis a mín, pero só lle entregaron a miña irmá.... de min ninguén sabía onde estaba. Na-quel intre, a "profe" non se lembraba de que me tiña castigada. Miña nai quixo entrar enon a deixaron, pois fixéranse unhas fendas no patio, preto de onde eu estaba pechada...Aofinal rescatáronme e nunca máis utilizaron o método de deixarme castigada.Despois dese momento eu empecei a comportarme mellor pero recoñezo que paseimoito medo. Máis que co pinchazo daquela xeringa de cristal!!!E aquí estou agora, contando unha das tantas trastadas que miña nai tivo que sopor-tar.Bicos e unha aperta grande para tod@sDivina Piñeiro.