• Like
O Apalpador
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
Uploaded on

 

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
690
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
11

Actions

Shares
Downloads
1
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. CEIP PONTE DOS BROZOS – Arteixo Curso 2013 - 2014
  • 2. 0 Apalpador O Apalpador, Pandingueiro tamén coñecido como na comarca de Trives ou Apalpabarrigas noutras zonas de Galicia, é un home xigante que vive nas montañas, ten unha gran barba vermella, usa boina, viste unha casaca esfarrapada e chea de remendos, leva zocas mais cando chega á casa pon as zapatillas. Gústalle fumar en pipa. Xeografía A figura do Apalpador está ben recollida nas zonas do Courel, Loúzara, Cebreiro e Terra de Trives. Algúns investigadores din que habería que seguir indagando por zonas de Quiroga, os Ancares e o Bierzo para coñecer a extensión desta figura do Nadal galego. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 3. Lenda O Apalpador é un carboeiro xigante de barba vermella coma o lume, que vive nas devesas e bosques do leste de Galicia. Traballa facendo carbón, e aliméntase con bagas silvestres, castañas, noces... e dos animais que el mesmo caza. O Apalpador baixa das espesas devesas na noitiña do 31 de decembro, a noite do Ano Vello. O Apalpador palpa as barrigas ás meniñas e meniños e se se ve que as barriguiñas están cheas e a neniña/o non pasou fame, dille: - Así cheo ou delgado así esteas todo o ano. Senón a ten fica calado. Despois, deixa unha presiña de castañas para que non pase fame durante todo o ano e uns agasallos dos que el mesmo fixo. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 4. Cantiga Pola excitación da chegada do Apalpador e dos agasallos, os meniños e meniñas non poden durmir e rebolen. Para lles faceren sosegar, os vellos cántanlles as cantigas. Vaite logo, meu meniño (miña meniña) marcha agora para a camiña Que vai vir o Apalpador a apalparche a barriguiña Xa chegou o día grande día do noso Señor. Xa chegou o día grande e virá o Apalpador. Mañá é dia de cachela, que haberá gran nevarada e há vir o Apalpador cunha mega de castañas. Por aquela cemba xa ven relumbrando o señor Apalpador para darvos o aguinaldo. Malvela: http://www.youtube.com/watch?v=j23sS21ziZc Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 5. Recuperación da figura do Apalpador En 2001. José André López Gonçales escribiu unhas palabras sobre o Nadal galego na revista Vaga-lume. No artigo, fala de que nalgunhas comarcas da alta montaña do leste de Galicia, mantíñase ata datas moi recentes a tradición do Apalpador , un xigante con oficio de carboeiro , que, no Nadal, baixaba ás aldeas e vixiaba que os meniños vivisen con fartura e en lembranza da súa visita deixáballes unha presa de castañas e agasallos. No ano 2006, o mesmo historiador pública un traballo sobre a figura do Apalpador no Portal Galego da lingua. http://www.pglingua.org/images/stories/pdfs/2008/20061231_o_apalpador_jose_andre_lopez.pdf A partir do ano 2007, unha serie de asociacións culturais, entre as que destacamos a Gentalha do Pichel de Compostela, deciden recuperar este personaxe da nosa tradición antes de que se perda. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 6. Outras figuras semellantes Olentzero, Olentzaro ou Olantzaro é unha figura da tradición vasca de Nadal. É un carboeiro mitolóxico que trae agasallos o día de Nadal aos nenos e nenas. O Angulero, Asturias, é un pescador especializado na captura de anguías que entrega agasallos ás nenas e nenos na véspera de Nadal. O Esteru, Cantabria, é un leñador bonachón que o Día de Reis leva agasallos e ledicia ás nenas/os para de Cantabria. Esteru e o seu fiel axudante, Burru, dedícanse todo o ano a cortar madeira, excepto en Nadal, cando dedican os seus esforzos a facer xoguetes para dar aos nenos. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 7. 1. Comprensión lectora. 1. Como se chama a personaxe que trae castañas e agasallos aos nenos e nenas de Galiza? o Olentzero o Apalpador o Esteru 2. Que outros nomes recibe o Apalpador? o o o Angulero e Pandingueiro Apalpabarrigas e Angulero Pandingueiro e Apalpabarrigas 3. Quen é o Apalpador? o o o É un home pequeniño cunha gran barba branca. É un home moi alto cunha gran melena laranxa. É un home xigante que leva barba vermella. 4. Como viste o Apalpador? o o o Traxe amarelo e boina. Casaca esfarrapada e chea de remendos, zocas e boina. Chapeu e pantalón de cor negra. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 8. 5. Que noite baixa a visitar ás meniñas e meniños? o o o A noite de Ano Vello. O 25 de decembro. O Día de Reis 6. Que lles palpa aos meniños e meniñas? o o o A fronte. A barriga. As meixelas. 7. O Apalpador déixalles... o o o Unha presa de noces e agasallos. Nada. Castañas e agasallos. 8. Como están os nenos e nenas a noite que esperan a visita do Apalpador? o o o Rebulindo. Cheos de medo. Moi quedos. 9. Cal é o oficio do Apalpador ? o o o Carboeiro. Leñador. Pescador 10. A figura do Apalpador esta presente en toda Galicia? o o o Non. Tradicionalmente nas zonas do Leste de Galicia. Si. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 9. 2. Coñecemos novas palabras.  Busca no dicionario o significado das seguintes palabras: Devesa – ficar - apalpar – cachela - cemba - mega 3. Xogamos coas palabras.  Atopa nesta sopa de letras as seguintes palabras relacionadas co APALPADOR APALPADOR – APALPABARRIGAS - CASTAÑA- ESTERU – DEVESA – OLENTZERO – CARBOEIRO – AGASALLO – AGUINALDO - BARRIGA Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 10.  Fai este encrucillado relacionado co Apalpador. 1. Parte do corpo que apalpa aos nenos e nenas. 2. Personaxe tradicional do Nadal en Asturias. 3. Profesión do Apalpador. 4. Froito que deixa aos nenos e nenas. 5. Nome que recibe na Terra de Trives. 6. Peza de vestir parecida a unha chaqueta que leva o noso personaxe. 7. Personaxe que visita aos nenos e nenas galegos na noite de Ano Vello. 8. Serra do leste de Lugo onde vive o Apalpador. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 11. 4. Paseando por Galicia.  Sitúa no mapa de Galicia as comarcas onde o Apalpador lles trae os agasallos aos nenos e nenas. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 12. 5. Investigamos  En Galicia, ademais da lenda do Apalpador, hai outra tradición sobre O Cepo de Nadal, Busca información sobre que é o Cepo ou Tizón de Nadal.  No texto falamos de outras tres figuras que traen agasallos aos nenos e nenas do note de España, pero existe algún máis?  Aquí vos deixo outra cántiga que fala da chegada do Apalpador, e xa van dúas, pero será quen de atopar algunha máis? Aí o vén o apalpador pra facerche a revisión se medraches ou minguaches en talla e en musculación Aí vén o apalpador non é mestre nin doutor é un vello das montañas, onde crían as castañas pra che dar a boa mantenza da señora natureza. Vén do Courel...que ben ! Vén dos Ancares...que grande ! Vén do Souto máis retorto onde aínda moucha o moucho. Maruxa de Baio (alcume de Sofía de Labañou) Recollido pola Coordinadora Galega dos Equipos de Dinamización Lingüística. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 13. 6. Xogamos co Apalpador.  Rodea a figura do Apalpador que se repite. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 14.  Risca a figura que esta mirando en sentido contrario ás outras. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 15.  Constrúe o teu monicreque do Apalpador. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 16. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 17. 7. Coloreamos Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 18. 8. Lecturas O Apalpador Vive nas devesas do Courel desde fai tanto tempo que ninguén sabe cantos anos ten. Pasa o día recollendo madeira, como cando era carboeiro, e no outono aproveita a viaxe e tamén vai ás castañas. O Apalpador e a castaña máxica Este ano O Apalpador traerá agasallos a todos os galegos, como todos os anos, mais tamén traerá outra cousa... Unha castaña máxica que ten unhas curiosas propiedades. O conto do Apalpador Inés vive na montaña. Achégase o Nadal e hai pouca comida na casa e coa axuda do seu cadeliño busca algo no bosque, mentres o fan son observados por uns seres pequeniños aos que lles gusta gastar bromas e vixiar como se portan os nenos e nenas. Antón e O Apalpador Antón fai unha viaxe alucinante ao corazón do Caurel, onde vivirá unha gran aventura e coñecerá unha personaxe mítico do Nadal galego. O Apalpador. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 19. Apalpador vs. Papá Noel Nos misteriosos bosques do Courel están acontecendo cousas moi estrañas. Cando o elfo explorador Dintandalius decide indagar que sucede, atópase ca axuda dunha rapaza chamada Noa. Ambos emprenden unha fantástica viaxe na procura do gardián do bosque, un xigante coñecido como O Apalpador. As aventuras do Apalpador. O tesouro dos mouros. A valente Noa, o elfo Din-Don e mais o seu amigo carboeiro o Apalpador emprenden unha nova aventura nas fragas do Courel, desta vez na procura do mítico tesouro dos mouros, que está agochado nalgures A noite do Apalpador Poesía do Apalpador En formato dixital - Antón e o apalpador http://issuu.com/cepaltamira/docs/conto_en_pdf Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 20. 9. Vídeos e cancións sobre o Apalpador. Vídeo documental Entrevista sobre a figura mitolóxica galega do Apalpador na TVG http://www.youtube.com/watch?v=_DGr9U4-gFU e há de vir o apalpador. (documental feito por a Gentalha do Pichel.veciños falando dos seus recordos e cantando) http://www.youtube.com/watch?v=hZMpYnt7AXk fina e o apalpador ( muller do caurel lembrando a figura do apalpador) http://www.youtube.com/watch?v=HVuy3gUT_04 Historia e contos Historia dO apalpador feita polos nenos do ceip nosa señora de xuvencos https://www.youtube.com/watch?v=D7U4P1gPSTA o conto do apalpador https://www.youtube.com/watch?v=CV-jvl0Wfq4 CIFREGHO CONHECE AO APALPADOR https://www.youtube.com/watch?v=2-E1gNuiExA Cancións O apalpador https://www.youtube.com/watch?v=Ny8cb-eZxjo KARAOKE - CANTIGA DO APALPADOR https://www.youtube.com/watch?v=eS2szqW-jVs http://www.youtube.com/watch?v=RqqFwWaaacM#t=23 (Só a música) Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 21. 10. Para saber máis.  Galicia Encantada http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1171  Web do Apalpador http://www.apalpador.com/  O Apalpador, personagem mítico do Natal galego a resgate pdf http://www.pglingua.org/images/stories/pdfs/2008/20061231_o_apalpador_jose_andre_lopez. pdf 11. Recursos na rede http://bibliotecasantamarina.blogspot.com.es/2012/11/lim-noite-do-apalpador.html https://www.dropbox.com/s/pt9izrwsweyzark/O%20APALPADOR.pdf (UD) http://www.slideshare.net/cucacambados/apalpador7878360?ref=http://cuentoscancionespicto.blogspot.com.es/2011/05/o-apalpador.html 12. Bibliografía - Galicia Encantada - O Apalpador, personagem mítico do Natal galego a resgate.- José André Lôpez Gonçâlez - O Apalpador e o toro de Natal; ou «Papá Nöel» e a árvore de luzes1.- Carlos Calvo Varela - www.apalpador.com - UD da Asociación Artabria Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo