guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.

on

  • 910 views

 

Statistics

Views

Total Views
910
Views on SlideShare
910
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
1
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais. guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Document Transcript

  • 1 UXÍO NOVONEYRA Día das Letras Galegas 2010
  • GUÍA DE LECTURA Biblioteca Municipal de Estudos Locais Maio 2010 2
  • “Rexeito o idioma normativizado, homoxeneizado dos que seguen os ditados normativos do Instituto da Lingua, da Real Academia e do Parlamento da Xunta de Galicia, impostos incluso ás obras de creación literaria donde máis se precisa conservar o sangre da Lingua vivida, a súa forma peculiar i o aroma de infancia e comarca. Teimei e teimo que sea válida tamén na escrita de creación a santa liberdade dos falantes. Igual que rexeito ó Galego Oficial, rexeito a normativa reintegracionista oposta a el e non menos encorsetada e con olor a falsa e a nonpatria.” 3
  • ÍNDICE Presentación .......................................................................................................5 Biografía ..............................................................................................................6 Cronoloxía ...........................................................................................................10 Obra de Uxío Novoneyra ....................................................................................12 Monografías...................................................................................13 Publicacións periódicas ...............................................................17 Traballos sobre Uxío Novoneyra .......................................................................23 Monografías...................................................................................24 Publicacións periódicas ...............................................................28 Referencias en obras xeráis ..............................................................................31 “Lembrando a Uxío” ..........................................................................................33 4
  • PRESENTACIÓN Como cada ano, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais súmase ós actos de homenaxe do Día das Letras Galegas coa elaboración dunha guía de lectura sobre a figura protagonista, que neste ano 2010 corresponde ó poeta Uxío Novoneyra. A Real Academia Galega establece a necesidade de que as institucións públicas galegas, os centros de ensino, as bibliotecas e as distintas asociacións e federacións culturais poñan de relevo a obra desta importante personalidade. Así, a través da elaboración desta guía de lectura, a Biblioteca de Estudos Locais pretende contribuir a dar resposta a esta necesidade ofrecendo toda a información de que dispón sobre a figura deste grande poeta que a través da súa obra amosou sempre o seu compromiso con Galicia: coa língua, co pobo, coa terra e coa Historia. Tras uns breves apuntes biográficos sobre o autor, cítanse as distintas referencias bibliográficas correspondentes á documentación presente na Biblioteca sobre a súa vida e a súa obra. 5
  • BIOGRAFÍA 6
  • Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, unha aldea da Serra do Courel (Lugo), no seo dunha familia labrega acomodada. Neste marco xeográfico pasa a súa nenez e primeira mocidade. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. En 1945 trasládase, durante o período escolar, a Lugo para estudiar o bacharelato, que remata en 1948. Neste último ano coñece ó poeta da Terra Chá Manuel María. De 1949 a 1951 está en Madrid e alí, tras superar o Exame de Estado, matricúlase na carreira de Filosofía e Letras. Esta xeira madrileña é unha etapa de formación cultural, en gran parte autodidacta, na que empezará a escribir en castelán. É este tamén un momento de eclosión política estudiantil e, nese ambiente, comeza a conformar a súa ideoloxía crítica e dá o seu primeiro recital poético nas aulas universitarias. En 1952 Novoneyra volve a Galicia para facer o servicio militar, con estancias en Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, coincidindo outra vez con Manuel María. Desta época son tamén os encontros con Ramón Piñeiro e outros intelectuais e artistas entre os cales Otero Pedrayo e Carlos Maside foron os máis decisivos na súa formación. É precisamente este contacto co galeguismo, xunto coa volta ao Courel durante unhas vacacións no ano 1952, o que motiva o autor para escribir en galego. Estando en Santiago, Novoneyra enferma dunha pleuresía que o tivo ás beiras da morte e que o obriga a gardar repouso, permanecendo estos anos, no seu lugar de nacemento. Nesta situación de soidade nace o ciclo poético courelán, que se inicia co libro Os eidos, escrito entre 1952 e 1954. Durante esta estancia no Courel inicia unha grande amizade con María Mariño Carou e o seu marido Roberto Pose, mestre de Parada e antigo militante das Mocedades Galeguistas. No período que vai de 1962 a 1966 o escritor vive en Madrid. Nesa capital traballa na radio e na televisión, sempre en programas relacionados coa poesía galega, española ou universal. participa nalgunhas actividades do grupo Brais Pinto, ademais de frecuentar unha certa bohemia nucleada no Café Gijón. Desta época debe datar tamén a súa amizade co poeta galego Carlos Oroza e relaciónase co pintor Tino Grañido e un grupo de artistas plásticos como Urculo ou Viola. Neste ambiente de vangarda artística e preocupación socio-política escribe, entre 1962 e 1965, a serie poética titulada “Elegías de Madrid”. En 1966 volve para a casa, reclamado pola vellez e enfermidade de seus pais, e xa desde este momento quedará a vivir en Galicia. En 1968 coñece en Lugo a Elva Rei coa que casará en 1973. A parella terá tres fillos, Branca-Petra, Uxío e Arturo, e residirá ata 1983 entre Lugo e O Courel. A partir dese ano radican en Santiago. Desta época é a obra titulada Os eidos 2 (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrada con debuxos de Laxeiro e dedicada á memoria dos seus pais e de María Mariño. En 1979 publica o seu seguinte libro, Poemas caligráficos. A obra é o número un dos “Cuadernos da Gadaña”, colección de título alusivo á vangarda pictórica artellada en torno a Brais Pinto. Por outra parte, nestes anos de marcada preocupación cívica, traduce ao galego varios poemas do escritor e político chinés Mao Zedong. En 1982 é elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ostentou até a súa morte. 7
  • Nestes anos composteláns, Novoneyra incrementa aínda máis a súa actividade pública, que se viñera facendo cada vez máis intensa dende mediados dos setenta, con ducias e ducias de intervencións e recitais, a miúdo multitudinarios, que o levaban por asociacións culturais e logo por centros de ensino de toda Galicia. Por outra parte, nesta mesma década dos oitenta o noso autor inicia a recompilación completa do seu ciclo courelán, despois de sometelo a unha rigorosa depuración. Na segunda metade da década comeza unha reagrupación temática da súa obra completa. Así, en Muller pra lonxe reúne os poemas eróticos e amorosos nunha edición artística ilustrada polo pintor lugués Carlos Pardo Teijeiro, asi como polos trazos manuscritos do autor. Máis adiante aparece Do Courel a Compostela, unha antoloxía que recolle todas aquelas composicións de temática política acompañadas por unha escolma de textos críticos de diversos autores. Destacan os poemas “Pranto polo Che” e “Vietnam canto”. En 1990 aparece unha nova edición de Os eidos na que se engade un último poema titulado “O monte Cido”, escrito en 1985. Tamén nos noventa dá a coñecer dúas publicacións de literatura infantil, O cubil do xabarín e Gorgorín e Cabezón. Trátase de contos de aventuras protagonizados por rapaces e ambientados na xeografía do Courel. En 1991 edítase o seu libro Tempo de elexía, que é unha reedición, tamén revisada, daquelas Elexías do Courel e outros poemas que publicara en 1966 cando estaba en Madrid. Son anos en que Uxío Novoneyra é aplaudido e venerado como un clásico, como modelo dunha obra poética singular e fundamental para a literatura galega do século XX. En 1994 aparece publicado na editoria Espiral Maior o seu libro Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. Son poemas que nos presentan a un poeta na madurez, reflexionando sobre a vida. Tamén aparece unha cuestión que preocupaba moito a Novoneyra: a despoboación do rural. En 1995 sae publicado o libro Camelio xaponés, que recolle en galego e en xaponés, sete versos xaponeses escritos por Ayako Sugitani, así como tres poemas de Novoneyra en galego e en xaponés. O libro mostra o seu interese pola poesía oriental e, máis concretamente, polo haiku. Nos dous últimos anos antes da súa morte aínda publica tres libro máis: Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas, Dos soños teimosos e Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas. O 30 de outubro de 1999 morre en Santiago de Compostela. En Uxío Novoneyra únese a súa condición de poeta xenial con un radical compromiso cívico co pobo e coa lingua xunto a unha insubornable e tranquila honestidade na súa vida. 8
  • BIBLIOGRAFÍA ALONSO, Fran. Folerpas de Novoneyra: Biografía e antoloxía. Vigo: Edicións Xerais, 2010. http://www.realacademiagalega.org/letters/ViewHonoredFigureWork.do?year=201 0 http://www.uxionovoneyra.com/2009/index.php?option=com_content&task=blogc ategory&id=13&Itemid=27 9
  • CRONOLOXÍA 10
  • 1930 Nace en Parada do Courel. 1945 Comeza a estudar o bacharelato por libre en Lugo. 1948 Marcha a estudar Filosofía e Letras a Madrid. 1950 Coñece a Clara Otero, á que lle adicará varios poemas en Os Eidos. 1952 Volve a Galicia para facer o servizo militar. Coincide nel con Manuel María. 1952 A finais deste ano contrae unha pleuresía que o mantén varias semanas internado no Hospital Militar da Coruña. Volve ao Caurel. 1953 Comeza a escribir Os Eidos. 1955 Publícase Os Eidos na editorial Galaxia, cun prólogo de Ramón Piñeiro. 1957 Participa en Compostela nun recital de “Homenaje a la poesía gallega”, onde fala en galego. É a primeira vez que a lingua se utiliza nun acto público despois da Guerra Civil. 1962 Trasládase a Madrid e comeza a traballar para a radio e a televisión. 1966 Novoneyra publica Elexías do Courel e outros poemas, editado en versión bilingüe galego-castelán. Retorna ao Courel debido á enfermidade dos pais. 1968 Escribe os poemas “Vietnam canto” e “Letanía de Galicia”. 1973 Casa con Elba Rei. 1974 Galaxia publica Os eidos 2 con poemas escritos entre 1954 e 1957. 1979 Publica en Brais Pinto os Poemas caligráficos, prologados por Reimundo Patiño. 1981 Publica en Xerais Os Eidos. Libro do Courel. Novoneyra xa é considerado un clásico. 1982 É elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. 1983 Establécese definitivamente en Compostela. 1986 Publica Muller pra lonxe. 1989 Publica Do Courel a Compostela. 1991 Comeza a publicar unha serie de contos para rapaces ambientados no Courel. O cubil do Xabarín e Gorgorín e Cabezón. 1994 Publica Poemas da doada certeza. 1995 Dáse a coñecer o libro Camelio Xaponés, no que participa. 1999 Morre en Compostela. 11
  • OBRA DE UXÍO NOVONEYRA 12
  • Monografías 13
  • MÉNDEZ FONTE, Rosa. Poemas anobelados no tempo. [Limiar Uxío Novoneyra]. A Coruña: Espiral Maior, 2000. D/10165 NOVONEYRA, Uxío. Antoloxía poética. Vigo: Asociación Socio-Pedagóxica Galega, D.L 1997. D/3331 NOVONEYRA, Uxío. Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas. A Coruña: Hércules de Ediciones; [Santiago de Compostela]: Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, D.L. 1998. D/11729 NOVONEYRA, Uxío. Cantiga de loubanza. En: Ramón Otero Pedrayo: a súa vida e a súa obra: homaxe da Galicia Universal. Caracas: [s.n.], 1958. R 929Otero RAM NOVONEYRA, Uxío. O Caurel. En: Homenaxe a Luis Seoane: O Grove, abril 1980. Sada: Ediciós do Castro, D.L. 2001. P. 119-121. O HOM NOVONEYRA, Uxío. Con Manuel María. En: Manuel María: libro homenaxe organizado por la Asociación Cultural Xérmolos. Lugo: Ophiusa, 2001. P. 693. 082Manuel María MAN NOVONEYRA, Uxío. Do Courel a Compostela: 1956-86. [Barcelona]: Sotelo Blanco, D.L. 1988. D/6597 NOVONEYRA, Uxío. Do Courel ó Monte Branco: escolma poética; [introducción e escolma de Xosé Manuel Varela Varela]. O Couto-Ponteceso (A Coruña): Asociación Cultural Monte Branco , 1996. F P NOV poe 14
  • NOVONEYRA, Uxío. Dos soños teimosos; preguntas de Emilio Araúxo. Santiago de Compostela: Noitarenga, D.L. 1998. D/590 NOVONEYRA, Uxío. Os eidos. [A Coruña]: La Voz de Galicia, D.L. 2002. P NOV eid NOVONEYRA, Uxío. Os eidos; 2ª ed. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1991. D/5788 NOVONEYRA, Uxío. Os eidos: [libro do Courel]. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1981. D/3394 NOVONEYRA, Uxío. Os eidos: [libro do Courel]. 3ª ed. completa. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1987. D/3393 NOVONEYRA, Uxío. Os Eidos 2; Letanía de Galicia e outros poemas; [dibujos de Laxeiro]. Vigo: Galaxia, 1974. D/13309 NOVONEYRA, Uxío. Entrando á poesía de Celso Emilio. En: Celso Emilio. Santiago de Compostela: Fundación Celso Emilio Ferreiro, D.L. 1989. P. 143. 821.134.4Ferreiro CEL NOVONEYRA, Uxío. Esta coor de soidá: escolma poética. Santiago de Compostela: Librería Follas Novas, D.L. 2010. D/15823 NOVONEYRA, Uxío. Laxeiro na imaxen de Galicia. En: Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia. Santiago de Compostela: Citania Galería de Arte, 1991. P. 78. 082Laxeiro HOM 15
  • NOVONEYRA, Uxío. Poemas caligráficos. Madrid: Brais Pinto, D.L. 1979. F P NOV poe NOVONEYRA, Uxío. Poemas da doada certeza i Este brillo premido entre as pálpebras. A Coruña: Espiral Maior, 1994. P NOV poe NOVONEYRA, Uxío. Pranto polo Che: elexía instantania a Ernesto Guevara. En: 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones, 1998. P. 77. D/9830 NOVONEYRA, Uxío. Tempo de elexía. A Coruña: Vía Láctea, imp. 1991. D/5635 NOVONEYRA, Uxío. Tempo de Elexía. Ed. bilingüe. Santiago de Compostela: Alvarellos, D.L. 2010. D/15824 POEMAS coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre A Coruña A Coruña: Espiral Maior, 2008. D/14961 POEMAS recolleitos, antolóxicos e inéditos de: Antón Avilés de Taramancos, Salvador García-Bodaño, Bernardino Graña, Manuel María, Uxío Novoneyra / edición ao cuidado de Miguel Anxo Fernán-Vello, Roxelio Martínez, Francisco Pillado Mayor. -- [S.l. : Cen Augas], D.L. 1984. F P POE 16
  • Publicacións periódicas 17
  • NOVONEYRA, Uxío. 2 poemas máis pra “Ós eidos”. En: Nordés: revista de poesía e crítica. Nº 2 (1981); p. 3. RG/385 NOVONEYRA, Uxío. Andas as ruas coma se fora a praia... En: Contemporánea: Revista da Asociación de Escritores en Língua Galega. Nº 1 (1995); p. 74. RG/64 NOVONEYRA, Uxío. Ballet da nena triste. En: Aturuxo: revista de poesía e crítica. Edición facsímile. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, D.L. 1994. Nº 11 (1960); p. 14. RG/758 NOVONEYRA, Uxío. A brétema = La bruma. En: Claraboya. Nº 16-17 (1967); p. 78- 79. D/15329 NOVONEYRA, Uxío. Chile 73. En: Nordés: revista de poesía e crítica. Nº 1 (1975); p. 16. RG/385 NOVONEYRA, Uxío. Cousos do lobo!... En: Contemporánea: Revista da Asociación de Escritores en Língua Galega. Nº 1 (1995); p. 65. RG/64 NOVONEYRA, Uxío. Día de nebra – O courel. En: A Trabe de ouro. Nº 2 (1990); p. 302. RG/106 NOVONEYRA, Uxío. Dinamiteira da fala: María Mariño Carou, noiesa do Courel. En: A Nosa Terra. Nº 189-190 (1982); Especial Letras Galegas. RG/73 NOVONEYRA, Uxío. Dios callado; Teoría del vuelo (prosa). En: Clave Orión. Nº 7- 8 (2000-2001); p. 192-193. RG/712 18
  • NOVONEYRA, Uxío. Os doce meses: marzal. En: Vida Gallega. 2ª época. Nº 768 (1961); p. 1. R/RG/101 NOVONEYRA, Uxío. É a peste da historia. En: Nordés: revista de poesía e crítica. Nº 2-3 (1975); p. 3. RG/385 NOVONEYRA, Uxío. Fuxida a Exiuto según Maside. En: Vida Gallega. 2ª época. Nº 730 (1958); p. 1. R/RG/101 NOVONEYRA, Uxío. La Guadaña. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 184-185. RG/712 NOVONEYRA, Uxío. Hierba cierva. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 176- 177. RG/712 NOVONEYRA, Uxío. Inéditos de María Mariño. En: A Trabe de ouro. Nº 2 (1990); p. 295-296. RG/106 NOVONEYRA, Uxío. Lección ante un cadaver con los ojos abiertos. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 190-191. RG/712 NOVONEYRA, Uxío. Letanía de Galicia. En: Contemporánea: Revista da Asociación de Escritores en Língua Galega. Nº 1 (1995); p. 69. RG/64 NOVONEYRA, Uxío. María Mariño Carou ha muerto: apología póstuma. En: La Voz de Galicia. 11 jun. 1967. D/22 NOVONEYRA, Uxío. [Mas, sus ojos de...]. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 182-183. RG/712 19
  • NOVONEYRA, Uxío. O milagre de nadal. En: Vida Gallega. 2ª época. Nº 676 (1955); p. 1. R/RG/101 NOVONEYRA, Uxío. Moucho que cantas pra noite queda... En: Claraboya. Nº 16- 17 (1967); p. 80-81. D/15329 NOVONEYRA, Uxío. Nacementos. En: Ronsel: revista de arte. Ed. Facsímil. Barcelona: Sotelo Blanco, 1982. P. 18-19. RG/310 NOVONEYRA, Uxío. Olor bueno. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 176-177. RG/712 NOVONEYRA, Uxío. Oración fúnebre a Antón Avilés de Taramancos. En: Luzes de Galiza. Nº 21 (1993); p. 7. RG/103 NOVONEYRA, Uxío. Ouh Galicia. En: Eufonía: (rimas y glosas de la poesía gallega. Ed. Facs. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2005. Nº 1 (1958); p. 20. D/11858 NOVONEYRA, Uxío. Paisaxe da morte de Cristo. En: Vida Gallega. 2ª época. Nº 733 (1958). R/RG/101 NOVONEYRA, Uxío. Panos brancos... En: Contemporánea: Revista da Asociación de Escritores en Língua Galega. Nº 1 (1995); p. 66. RG/64 NOVONEYRA, Uxío. Pazo de Tor. En: Vida Gallega. 2ª época. Nº 739 (1958). R/RG/101 NOVONEYRA, Uxío. [Los poemas en verso...]. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000- 2001); p. 178-179. RG/712 20
  • NOVONEYRA, Uxío. Poema a tres voces / Uxío Novoneyra, María Mariño e Ramón Regueira. En: A Trabe de ouro. Nº 46 (2001); p. 269-270. RG/106 NOVONEYRA, Uxío. [Por el lado de aquel lado...]. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000- 2001); p. 186-187. RG/712 NOVONEYRA, Uxío. Os que así nos tein... En: Claraboya. Nº 16-17 (1967); p. 80- 81. D/15329 NOVONEYRA, Uxío. Os que así nos tein só tein noso os nosos nomes no censo. En: Contemporánea: Revista da Asociación de Escritores en Língua Galega. Nº 1 (1995); p. 68. RG/64 NOVONEYRA, Uxío. Querida verba. En: Nordés: revista de poesía e crítica. Nº 4 (1976); p. 7. RG/385 NOVONEYRA, Uxío. El sauce. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 176-177. RG/712 NOVONEYRA, Uxío. Sin canción. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 176-177. RG/712 NOVONEYRA, Uxío. Terras outas e solas!... En: Contemporánea: Revista da Asociación de Escritores en Língua Galega. Nº 1 (1995); p. 67. RG/64 NOVONEYRA, Uxío. [Tu semblanza...]. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 180- 181. RG/712 NOVONEYRA, Uxío. El Umbrío. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 188-189. RG/712 21
  • NOVONEYRA, Uxío. Uxío Novoneyra ou o Courel dos tesos cumes: (unha conversa dende “Os Eidos”) / Olga Patiño Nogueira. En: Luzes de Galiza. Nº 22- 23 (1993); p. 31-33. RG/103 NOVONEYRA, Uxío. Vellos e novos eidos. En: Nordés: revista de poesía e crítica. Nº 3 (1981); p. 5. RG/385 NOVONEYRA, Uxío. Vietnam canto. En: Contemporánea: Revista da Asociación de Escritores en Língua Galega. Nº 1 (1995); p. 70-73. RG/64 22
  • TRABALLOS SOBRE UXÍO NOVONEYRA 23
  • Monografías 24
  • ALBO, Francisco. Unha xeografía poética. En: Crítica e autores: artigos e entrevistas publicados en La Voz de Galicia. A Coruña: La Voz de Galicia, D.L. 2002. P. 147-148. O CRI (I) ALONSO, Fran. Folerpas de Novoneyra: Biografía e antoloxía. Vigo: Edicións Xerais, 2010. 929Novoneyra ALO fol BLANCO, Carmen. Uxío Novoneyra. [Vigo]: A Nosa Terra, 2009. Pre9410 BLANCO GARCÍA, Carmen. Uxío Novoneyra: poesía, terra e compromiso. En: Historia da literatura galega. [Vigo]: Asociación socio-pedagóxica galega, D.L. 1996. Vol. 4; p. 1250-1280. 821.134.4 HIS(IV) CALVIÑO, Xulio. Uxío Novoneyra e os motivos de Circe: texto poético íntegro de Tempo de elexía. A Coruña: Espiral Maior, 1998. D/9274 CARTAS a Novoneyra. En: Homenaxe a Novoneyra: letras galegas 2010. [S.l.]: Rei Zentolo, imp. 2009. 082Novoneyra HOM(II) ESTAMPAS a Novoneyra. En: Homenaxe a Novoneyra: letras galegas 2010. [S.l.]: Rei Zentolo, imp. 2009. 082Novoneyra HOM(III) GRAÑA, Bernardino. Uxío Novoneyra. En: Lobato, Xurxo. Galegos na escaleira. [A Coruña]: Fundación Caixa Galicia, D.L. 1995. P. 97. D/7662 25
  • GARCÍA, Xosé Lois. Uxío Novoneyra: Home e terra. A Coruña: Toxosoutos, 2010. 929Novoneyra GAR uxi GARCÍA, Xosé Lois. Uxío Novoneyra: Revisitado. Vigo: Xerais, 2009. 821.134.4Novoneyra GAR uxi HOMENAXE a Novoneyra: letras galegas 2010. [S.l.]: Rei Zentolo, imp. 2009. 082Novoneyra HOM(I-III) LÓPEZ, Antonia. Emoción e angustia. En: Crítica e autores: artigos e entrevistas publicados en La Voz de Galicia. A Coruña: La Voz de Galicia, D.L. 2002. P. 148- 149. O CRI (I) MARIÑO DAVILA, Esperanza. “Diccionario” Uxío Novoneyra. A Coruña: TresCtres, 2010. 821.134.4Novoneyra MAR dic MARTÍNEZ PEREIRO, Carlos Paulo. Da palabra á (ca)ligrafía en Uxío Novoneyra: influencias interculturais e afluencias plástico-escriturais. En: Estudos Galego Brasileiros 2. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións, 2006. P. 407-428. D/12084 NOVO, Olga. Uxío Novoneyra: lingua loaira. [Santiago de Compostela]: Fundación Caixa Galicia, D.L. 2005. D/13371 POEMAS a Novoneyra. En: Homenaxe a Novoneyra: letras galegas 2010. [S.l.]: Rei Zentolo, imp. 2009. 082Novoneyra HOM(I) 26
  • SANDE, Miguel. Poeta pai. En: Crítica e autores: artigos e entrevistas publicados en La Voz de Galicia. A Coruña: La Voz de Galicia, D.L. 2002. P. 146-147. O CRI (I) UXÍO Novonoyra: Día das Letras Galegas 2010. [organizado polo] Departamento de Filoloxía Galega; edición ao coidado de Anxo Tarrío Varela. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicións e Intercambio Científico, 2010. 821.134.4Novoneyra UXI 27
  • Publicacións periódicas 28
  • ÁLVAREZ CACCAMO, Alfonso. Uxío Novoneyra. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000- 2001); p. 17. RG/712 CANCIO, Miguel. In memoriam por dous galegos que toda a súa vida defenderon Galiza e a súa cultura. En: Raigame. Nº 15 (2002); p. 18-21. RG/393 GARCÍA BOLAÑO, Salvador. Uxío Novoneyra. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000- 2001); p. 16. RG/712 GARCÍA DEVESA, Consuelo. O orientalismo en Novoneyra. En: Grial. Nº 106 (1990); p. 204-217. RG/694 MANUEL MARÍA. A Uxío Novoneyra. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 13-14. RG/712 NEIRA POL, Manuel Eugenio de. Apuntes para unha biografía de Uxío Novoneira. En: Anuario Brigantino. Nº 22 (1999); p. 501-510. RG/94 NEIRA POL, José Francisco de. Uxío Novoneyra, poeta: recuerdos de nuestra niñez y adolescencia. En: Galicia en Madrid. Nº 47 (1993); p. 26. RG/65 PATIÑO NOGUEIRA, Olga. Carta a Uxío Novoneyra. En: Anuario Brigantino. Nº 23 (2000); p. 543. RG/94 REGUEIRA, Moncho. ¡Sempre será outono!: elexía a Uxío Novoneyra. En: Clave Orión. Nº 7-8 (2000-2001); p. 19. RG/712 RODRÍGUEZ FER, Claudio. Elementos de fonoestilística, a prosa de Fole e a poesía de Novoneyra. En: Grial. Nº 89 (1985); p. 354-361. RG/694 29
  • RODRÍGUEZ FER, Claudio. O fonosimbolismo na poesía de Novoneyra: incursión ao nivel fónico da obra literaria. En: Grial. Nº 68 (1980); p. 144-160. RG/694 SAMPEDRO OJEDA, Francisco. A condición de Novoneyra. En: A Trabe de ouro. Nº 75 (2008); p. 387-391. RG/106 SEOANE, Luis. Novoneyra, Grandío, Otero Besteiro. En: Luzes de Galiza. Nº 5-6 (1987); p. 22. RG/103 30
  • REFERENCIAS EN OBRAS XERÁIS 31
  • DICCIONARIO de literatura galega I. Autores. Vigo: Galaxia, D.L. 1997. P. 409-410. 821.134.4 DIC (I) DICCIONARIO de literatura galega II. Publicacións periódicas. Vigo: Galaxia, D.L. 1997. P. 18, 58, 92, 100, 106, 120, 124, 147, 151, 171, 173, 174, 183, 195, 196, 199, 205, 214, 232, 272, 294, 297, 311, 329, 330, 341, 346, 358, 374, 385, 455, 467, 497. 821.134.4 DIC(II) FERNÁNDEZ VELHO, Rosario. Literatura galega do século XX. Vigo: A Nosa Terra, D.L. 2006. P. 115-116. 821.134.4 FER lit GALICIA. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones, D.L. 2000. Tomo XXXIII. P. 209-211. 821.134.4 GAL (IV) GRAN enciclopedia gallega. Santiago de Compostela. Gijón: Silveiro Cañada, 1974. Tomo XXV. P. 236-237. (031) GRA(XXII) LITERATURA galega: século XX. [Vigo] : A Nosa Terra, 2001. P. 73, 229, 243, 280- 282, 286, 309, 312, 322, 347. 821.134.4 LIT 32
  • “LEMBRANDO A UXÍO” 33
  • Ninguén máis enraizado no ser de Galicia que Uxío Novoneyra. Ninguén máis comprometido co vivir galego. Ninguén máis libre... Do máis próximo, do máis lene, do máis particular..., camiñando sempre cara o máis lonxano, o máis grave, o máis universal. Canto máis de eiquí, tanto máis do mundo. Rigurosamente noso e cada vez máis de todos. Sempre matinando sobre Galicia nos pobos do mundo (“volven os pobos...”). Volverán os soños, os “soños teimosos”... Herminio Barreiro E de entre todos ti, a voz de Uxío, o ben nacido, apostouse a esperar con máis paciencia, “cal se agarda no Courel”, para facer da espera un suceder de poema tras poema, os máis deles quizaves nen escritos. “Eu escrebo tan só o que me sobra”, dixécheme un día paseando, e a frase soou a inscrita en pedra, a runa ou petroglifo, igual que a túa propia voz, a túa voz que paraliza, como detería aquela outra voz o brazo de Abraham dun policía, dun autómata represor de manifestación, batendo a súa covardía nun neno que ben podía ser eu mesma, que eramos todos nós, os nacentes á conciencia sen excusa. Luisa Villalta 34
  • ... a túa poesía é mensaxe fidelísima, pura, das sensacións, das experiencias. Mensaxe traducida nunha linguaxe que só a ti che pertence. Cada amosa verbal ten así un significado, e cada significado ten vida de seu. A referencia como a interpretación aparecen dictadas pola voz do teu sangue e da túa pel. Expresan vivencias, esencialidades do sentir, de sensacións, de inspiradas rafegas. Francisco Fernández del Riego Novoneyra poetiza o que ve, cos ollos físicos de cos ollos da alma, o que está ao seu carón, o que coñece. A serra do Courel, a súa solemne grandeza case intimidatoria, o ciclo fluínte e vario das estacións, os seus cromatismos, o seu clima, a súa vexetación. O Courel está presente nos topónimos, na natureza circundante, pero a pregunta de Novoneyra non se dirixe exclusivamente, unicamente a esas terras. A pregunta de Novoneyra é a pregunta á Terra, non importa cal sexa o desencadeante local que o propicia. É un interrogante metafísico que atingue á nodoa, á raíz máis fonda da existencia. Xulio López Valcárcel 35
  • Mais alá do seu canto coureliano, Uxío é tamén o poeta do amor, e da afirmación nacional de Galicia, e de aconteceres tan distantes e ó mesmo tempo tan cercanos á súa sensibilidade como, poño por caso, a agresión ianqui a Vietnam ou a caída de Che Guevara na selva bolibiana. E tamén neste caso a súa poesía chegou a América. O seu “Pranto polo Che” foi publicado na Habana e formou parte dunha homenaxe galega á líder guerrilleiro que organizou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística en 1972. Uxío non cruzou o Atlántico, pero si o seu canto trascendente. Xosé Neira Vilas Resulta dificil achar no chamado mundo intelectual a alguén tan ponderado nos xuízos e tan expresivo nas suas solidariedades. Lonxe das bandeirias sectárias, pero afincadísimo na consciéncia de defendere aos perseguidos, aos que sofren, ás vitimas das inxustizas, mantivo sempre unha actitude baril e ergueita como a sua figura. Francisco Rodríguez 36
  • “É xa hora de que señas toda patria dos teus dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus e señas dona de ti e señora de falar señora de decidir e dona de se negar.” 37
  • “Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home.” UXÍO NOVONEYRA Biblioteca Municipal de Estudos Locais C/ Durán Loriga 10, 1º 15003 A Coruña Tfno. 981184386 38 Bibliotecas Municipais E-mail bestudiosl@coruna.es Ayuntamiento de A Coruña Concello da Coruña