• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Guía de autores galegos
 

Guía de autores galegos

on

  • 897 views

 

Statistics

Views

Total Views
897
Views on SlideShare
896
Embed Views
1

Actions

Likes
0
Downloads
1
Comments
0

1 Embed 1

http://www.slideshare.net 1

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as Microsoft Word

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Guía de autores galegos Guía de autores galegos Presentation Transcript

    • Anxos Romeo (A Estrada - Pontevedra, 1965). Pintora e poeta. É Licenciada en Belas Artes e participou en varias mostras artísticas dende 1993 entre as que destacan a exposición quot;Dezaseis Artistas Galegosquot; (Passau, Alemania) ou o quot;Mail Art-Aktionquot; co motivo do Día Internacional da Muller. En 1996 publica o poemario A estatua.
    • Emma Couceiro (Cospeito - Lugo, 1977).Nos seus anos de estudiante de Filoloxía Hispánica, Emma Couceiro colabora con Yolanda Castaño organizando varios ciclos de quot;Recitais na Facultadequot; para dar a coñecer no mundo universitario a voz dos poetas máis xoves. Posteriormente participou no proxecto editorial colectivo de Letras de Cal e publicou os seus versos en multitude de revistas literarias.
    • Emma Pedreira Lombardía (A Coruña, 1978). Licenciada en Filoloxía Hispánica, ten dirixido talleres literarios ademáis de participar no Colectivo Poético Humilladoiro. Como narradora publicou a novela Bestiario de silencios (2001) e foi galardoada con varios premios de narrativa curta como o Modesto Figueiredo por Casa tomada (2001) e o Concello de Marín.
    • Estevo Creus (Cee - A Coruña, 1971) Psicólogo de profesión, é membro fundador da editorial de poesía Letras de Cal así co mo do Grupo de Teatro Talía. Deuse a coñecer como poeta a través das actividades do Batallón Literario da Costa da Morte e, sobre todo, das súass obras colectivas: Nós ( Nosotros , 1997) e Mar por medio (1998).
    • Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974). Publicou os libros Pan (libro de ler e desler), premio Esquío, 1999; -orama, 2002; número e, premio Espiral Maior 2001 (de próxima aparición). Recibiu o premio Díaz Xácome para Novos Creadores (Mondoñedo, 2001). Ten participado en Mujeres de carne y verso, 2002; 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez, 2002.
    • María do Cebreiro (Santiago, 1976) é escritora e investigadora no ámbito da Teoría da Literatura e Literatura Comparada. É autora dos libros de poemas O estadio do espello (1998) e (Nós, as inadaptadas) (2002), accésit do Premio Esquío. Publicou, ademáis, o poema largo pérfida erín , en edición dixital (2001), e a serie Atlas (2003).
    • María Lado (Cee - A Coruña, 1979) Licenciada en Filoloxía Galega, María Lado adícase profesionalmente ao teatro. Dende os seus inicios vinculouse ao Batallón Literario da Costa da Morte e así os seus primeiros poemas figuran nos libros editados por este grupo: Nós ( Nosotros , 1997) e Mar por medio (1998).
    • Martín Veiga (Noia - A Coruña, 1970). Licenciado en Filología Gallego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É poeta, profesor, tradutor e crítico literario. Colabora en prensa, revistas literarias e libros colectivos con ensaios, artigos, poemas e traducións ao galego de autores de lingua inglesa.
    • Miro Villar (Cee - A Coruña, 1965), poeta e narrador, licenciado en Filoloxía Galega, colabora como crítico literario en diversas revistas. Membro do Batallón Literario da Costa da Morte, do Comité de Redacción da revista Dorna e do Consello Editorial da colección de poesía “Ablativo Absoluto” de Edicións Xerais de Galicia.
    • Modesto Fraga (Fisterra - A Coruña, 1974) As primeiras aportacións de Modesto Fraga á poesía galega remontanse á súa participación nas actividades levadas a cabo polo Batallón Literario da Costa da Morte. Así, os seus primeros versos publicados figuran no volume De mar e vento (De mar y viento, 1997) onde colaboran outros catro autores pertencentes ao Batallón.
    • Olga Novo (Vilarmao - Pobra do Brollón, 1975). Licenciada en Filoloxía galego - portuguesa, exerce a docencia na ensinanza secundaria. Colaborou en numerosos medios e publicacións literarias especializadas como Unión Libre. Cadenos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura o Ínsula, entre outras.
    • Rafa Villar (Cee - Costa da Morte, 1968) Licenciado en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi cofundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do consello editorial da colección de poesía Letras de Cal . Na actualidade forma parte da directiva da Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG).
    • Rafael Lema (Ponte do Porto - A Coruña, 1967) Licenciado en Ciencias Ambientais, Imaxe e Son, así como en Filoloxía Hispánica, Rafael Lema traballou en diversos medios de prensa e radio. Presidente do colectivo ecoloxista PX, novelista (Flores negras, 1998 e Capitán Araña, 1999) e poeta, gañou algúns dos máis prestixiosos premios galegos.
    • Baldo Ramos (Celanova - Ourense, 1971) Poeta e artista plástico, a súa obra indaga nos espacios que comparten a poesía e a pintura. Os seus libros de autor - Signos de cinza, As follas da memoria, Frontera sur, Ut pictura poesis - son o froito desta fusión. Publicou catro libros de poesía ata o momento: Raizames, A árbore da cegueira, Los ojos de las palabras y El sueño del murciélago.
    • Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) Licenciada en Filoloxía Hispánica, Yolanda Castaño organizou durante os seus anos de estudiante universitaria -xunto con Emma Couceiro- varios ciclos de quot;Recitais na Facultadequot; nos que participaron os máis xoves poetas galegos. Participa no proxecto colectivo Letras de Cal e fundou a revista Valdeleite con Olga Novo.
    • Autóctonos Xoves Escritores Galegos