No labor constante de promoción da lectura que desenvolvemos desde as
Bibliotecas Municipais non quedamos unicamente dentr...
AMÓSANOS O QUE LES
Concurso fotográfico con
espectaculares resultados.
APROVEITA E LE
Campaña de difusión das
Bibliotecas da cidade
ARROLOS
Con Cantar e contar desde o principio levamos
música ás bibliotecas para o desfrute dos máis
pequenos e pequenas e...
A CIDADE QUE LE
No 2010 desde a Concellaría de Cultura e as Bibliotecas
Municipais desenvolveuse un programa de promoción
...
BRÉTEMA CAMIÑO PAPAGEI
BIBLIOCLIPS
Lanzamos a convocatoria para a realización
de spots das Bibliotecas Municipais e estas
...
FLASHTOP
Nós convocamos, e vós acudistes. Centos de
persoas lendo en voz alta, á vez, no Obelisco.
Velaquí o vídeo
CONSULTORIO DE LECTURA 2010
Bata branca, termómetros, estetoscopio
e... receta! Os bibliotecarios e bibliotecarias
recetam...
http://clublecturacoruna.wordpress.com/
Blog de libre participación dos clubs presenciais
de lectura das Bibliotecas Munic...
http://bebeteca.wordpress.com
Blog da Bebeteca da Biblioteca Municipal
do Fórum Metropolitano.
http://ccibiblio.wordpress....
CAIXIÑAS DOS MISTOS
Máis curtas nas bibliotecas
BUS E TREN
Todos os anos, polo día Internacional do Libro, acudimos
ás est...
CCI
Club de ciencia e investigación, un programa dirixido
a mozos e mozas de entre 9 e 13 anos que ten lugar
na Biblioteca...
Do 22 de novembro ao 15 de decembro de 2010. Dentro dos actos de
celebración do ANO DO LIBRO E A LECTURA, as Bibliotecas M...
LETRAS NOS MERCADOS
Porque as letras chegan a todas partes, quixemos
que as Bibliotecas Municipais tamén, e alá nos
fomos ...
RUTA DO BACALLAU
Da man dos nosos bibliotecarios, e dun xeito animado e divertido,fixemos un percorrido polos mercados da ...
MERENDAS CON CONTOS
Esta é outra actividade que ten lugar en todas as
Bibliotecas Municipais, todos os días da semana.
Dir...
OS RATAPÓN NA GALICIA
DAS MARABILLAS
A familia Ratapón non para no verán.
Colle vacacións das Merendas con contos, si,
mai...
CONSULTORIO DE LECTURA
Para cada lector ou lectora unha receita. Hai quen
precisa muscular as ideas con ensaio, quen quere...
VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO
As Bibliotecas Municipais da Coruña participan no
Viñetas desde o Atlántico con actividades, pré...
No labor constante de promoción da lectura que desenvolvemos desde as
Bibliotecas Municipais non quedamos unicamente dentr...
Sagrada familia
R/ Antonio Pereira, 1-3º / T. 981 184 392
bsagradaf@coruna.es
Sagrada familia
CLASES DE ESPAÑOL
Grazas á colaboración de profesorado
experto as bibliotecas poden ofrecer
e difundir cur...
Sagrada familia
O CLUB DOS SETE MEDOS
As bibliotecarias de Sagrada Familia
conduciranvos polos camiños tortuosos
do medo. ...
Sagrada familia
XOVES NA SAGRADA
Concertos entre libros que fan un
percorrido polo universo musical que
conforman as difer...
Castrillón
Praza Pablo Iglesias, s/n / T. 981 184 390
bcastrillon@coruna.es
Castrillón
AS OBRAS DE ARTE DA BIBLIOTECA
A biblioteca do Castrillón dá a coñecer
diferentes manifestacións artísticas
pri...
Castrillón
CLUB DE LECTURA
O club de lectura diríxese a rapaces e rapazas
de 12 anos. A súa premisa rectora é que sexa
sob...
Castrillón
VIAXE EN FAMILIA
Viaxa en familia é unha actividade de promoción
lectora orientada á familias con nenos ata 12
...
Castrillón
VOLUNTARIADO E PRÉSTAMO A DOMICILIO
Con este programa ponse en marcha un servizo
que permite recibir libros, re...
R/ Río Monelos, 1 / T. 981 184 298
bforum@coruna.es
FORUMETROPOLITANO
CURSOS DE ARANZADI
Westlaw ES é o servizo xurídico on-line da Editorial
Aranzadi. Co obxectivo de coñecer e manexar
a Base...
NUNCA É TARDE
A aprendizaxe non é exclusiva de ningunha etapa do
individuo; as persoas necesitan e requiren oportunidades
...
OS NOSOS CONTOS
As máxicas e sorprendentes cores de Maelón,
o camaleón mascota de Os Nosos Contos,
transfórmanse nunha mor...
Monte Alto
Praza de los Abuelos, s/n 3º / T. 981 184 382
bmontealto@coruna.es
Monte Alto
ADCOR
No centro cívico de Monte Alto, ademais da
biblioteca, atópase o centro de día ADCOR.
Trátase dun colecti...
Monte Alto
BIBLIOPRAZA
Dende o ano 2006, a Biblioteca Municipal de
Monte Alto trasládase durante uns días do mes
de xuño a...
Monte Alto
CONTOS E CANTOS
Actividade dirixida a familias con nenos de 1 a
3 anos, na que a través da música se pretende
e...
Monte Alto
THE BLOG
Dende 2008 a 2010 creouse un programa
específico para nenos entre 9 e 12 anos co
obxectivo de fomentar...
Os Rosales
Praza Elíptica, 1 / T. 981 900 720
brosales@coruna.es
Os Rosales
BEBETECA
As bebetecas son lugares de encontros onde a lectura
é mirar, escoitar e compartir. Dirixidas a famili...
Os Rosales
CAFÉ CON LIBROS
Entre libros, literatura e librarías... nace
Café con Libros na biblioteca de Rosales.
Un espaz...
Os Rosales
GALICIA MÓVESE
A cultura galega é actual, moderna, diversa,
plural. É cosmopolita porque ten raíz nun
lugar, id...
Infantil e xuvenil
R/ Durán Loriga, 10 - baixo / T. 981 184 388
binfantil@coruna.es
Infantil e xuvenil
PORQUE ME GUSTA O CHEIRO DOS LIBROS
Os e as participantes no Taller de Escritura da
Biblioteca Muncipal...
Infantil e xuvenil
STOP MOTION
O conto non remata na marxe dos libros e podemos
facer que cobre vida de moitas maneiras. U...
Estudos locais
R/ Durán Loriga, 10 - 1º / T. 981 184 386
bestudiosl@coruna.es
Estudos locais
A CASCARILLA
A Cascarilla é unha actividade que comezou a
executarse na Biblioteca Municipal de Estudos
Loc...
Estudos locais
CONFERENCIAS
A BMEL organiza conferencias, de forma
periódica, sobre temas que recollen aspectos
diversos, ...
Estudos locais
LIBROS PARA VER
Nos anos 2009 e 2010 a Biblioteca Municipal
de Estudos Locais organizou 2 exposicións
que p...
Actividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecas
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Actividades nas bibliotecas

312

Published on

Libro-catálogo de actividades das Bibliotecas Municipais da Coruña editado co gallo da inauguración da Biblioteca Ágora en xaneiro de 2011

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
312
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Transcript of "Actividades nas bibliotecas"

  1. 1. No labor constante de promoción da lectura que desenvolvemos desde as Bibliotecas Municipais non quedamos unicamente dentro dos noso espazos ou reducimos as nosas propostas a aquelas iniciativas e liñas de traballo máis habituais ou convencionais. A interacción coa cidade e os seus espazos de vida e de relación, por un lado, e o achegamento á veciñanza dos barrios, por outro, son sinais de identidade de moitas das nosas actividades, coas que pretendemos atender ao conxunto da cidadanía plural e diversa que somos. A continuación poderás botar unha ollada, a través dos seus carteis e deseños, a moitas das actividades conxuntas que desenvolvemos ao longo destes anos desde as Bibliotecas Municipais da Coruña.
  2. 2. AMÓSANOS O QUE LES Concurso fotográfico con espectaculares resultados.
  3. 3. APROVEITA E LE Campaña de difusión das Bibliotecas da cidade
  4. 4. ARROLOS Con Cantar e contar desde o principio levamos música ás bibliotecas para o desfrute dos máis pequenos e pequenas e os seus pais e nais. Aquí tes un vídeo.
  5. 5. A CIDADE QUE LE No 2010 desde a Concellaría de Cultura e as Bibliotecas Municipais desenvolveuse un programa de promoción da lectura na cidade, que tocou moi diversos aspectos. Con orgullo, fomos unha cidade culta, divertida e lectora.
  6. 6. BRÉTEMA CAMIÑO PAPAGEI BIBLIOCLIPS Lanzamos a convocatoria para a realización de spots das Bibliotecas Municipais e estas foron as curtas gañadoras
  7. 7. FLASHTOP Nós convocamos, e vós acudistes. Centos de persoas lendo en voz alta, á vez, no Obelisco. Velaquí o vídeo
  8. 8. CONSULTORIO DE LECTURA 2010 Bata branca, termómetros, estetoscopio e... receta! Os bibliotecarios e bibliotecarias recetamos lecturas en función das doenzas dos e das pacientes
  9. 9. http://clublecturacoruna.wordpress.com/ Blog de libre participación dos clubs presenciais de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña. http://peacarballo.wordpress.com/ Corto e cambio é un dos blogs das Bibliotecas Municipais da Coruña onde publicamos relatos curtos, contos, recomendacións de libros... BLOGS Estes son os distintos blogs das Bibliotecas Municipais, dirixidos aos usuarios e usuarias non presenciais.
  10. 10. http://bebeteca.wordpress.com Blog da Bebeteca da Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano. http://ccibiblio.wordpress.com/ No noso Club de Ciencia e Investigación reúnense rapaces e rapazas de entre 9 e 13 anos con espírito aventureir e curiosidade científica. Promociónase o hábito lector dun xeito dinámico facilitando a aprendizaxe e a imaxinación e animando aos máis pequenos a que realicen a súa propia investigación.
  11. 11. CAIXIÑAS DOS MISTOS Máis curtas nas bibliotecas BUS E TREN Todos os anos, polo día Internacional do Libro, acudimos ás estacións de bus e tren con moreas de libros para facer os percorridos dos viaxeiros e viaxeiras máis levadeiros
  12. 12. CCI Club de ciencia e investigación, un programa dirixido a mozos e mozas de entre 9 e 13 anos que ten lugar na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, Fórum Metropolitano e Ágora.
  13. 13. Do 22 de novembro ao 15 de decembro de 2010. Dentro dos actos de celebración do ANO DO LIBRO E A LECTURA, as Bibliotecas Municipais visitarán o Hospital Materno Infantil “Teresa Herrera” para agasallar cun libro e o carné de socia/o ás familias que acaban de ter un bebé. Benvidas/os á cidade que le. CUN LIBRO DEBAIXO DO BRAZO Achegámonos aos hospitais da Coruña para facer unha visita moi especial ás e aos bebés nados eses días na nosa cidade. Este é o carné que lles fixemos.
  14. 14. LETRAS NOS MERCADOS Porque as letras chegan a todas partes, quixemos que as Bibliotecas Municipais tamén, e alá nos fomos aos mercados municipais
  15. 15. RUTA DO BACALLAU Da man dos nosos bibliotecarios, e dun xeito animado e divertido,fixemos un percorrido polos mercados da cidade, detivémonos encada un dos postos e descubrimos algunha sorpresa xogando na sección téxtil, deixando voar a imaxinación entre as froitas e as verduras, gozando coas riquísimas carnes... e como guinda final,relambéndomonos coa mellor das reposterías.
  16. 16. MERENDAS CON CONTOS Esta é outra actividade que ten lugar en todas as Bibliotecas Municipais, todos os días da semana. Dirixido a un público de 3 a 7 anos, dámonos cita nas distintas biblios e... merendamos contos!
  17. 17. OS RATAPÓN NA GALICIA DAS MARABILLAS A familia Ratapón non para no verán. Colle vacacións das Merendas con contos, si, mais aproveita para viaxar polo noso país e para coñecer algúns dos seus espazos máis singulares. E con ela os nosos lectores e lectoras máis peques.
  18. 18. CONSULTORIO DE LECTURA Para cada lector ou lectora unha receita. Hai quen precisa muscular as ideas con ensaio, quen quere vivir aventuras desde a narrativa, quen busca luces na noite desde os poemas, quen precisa da banda deseñada para coñecer outros mundos. E nisto, os nosos bibliotecarios e bibliotecarias son os mellores doutores.
  19. 19. VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO As Bibliotecas Municipais da Coruña participan no Viñetas desde o Atlántico con actividades, préstamo de comics e difusión do nosos fondos e iniciativas, como o blog Fancomic.
  20. 20. No labor constante de promoción da lectura que desenvolvemos desde as Bibliotecas Municipais non quedamos unicamente dentro dos noso espazos ou reducimos as nosas propostas a aquelas iniciativas e liñas de traballo máis habituais ou convencionais. A interacción coa cidade e os seus espazos de vida e de relación, por un lado, e o achegamento á veciñanza dos barrios, por outro, son sinais de identidade de moitas das nosas actividades, coas que pretendemos atender ao conxunto da cidadanía plural e diversa que somos. A continuación poderás botar unha ollada a moitas das actividades que desenvolvemos ao longo destes anos desde cada unha das Bibliotecas Municipais da Coruña.
  21. 21. Sagrada familia R/ Antonio Pereira, 1-3º / T. 981 184 392 bsagradaf@coruna.es
  22. 22. Sagrada familia CLASES DE ESPAÑOL Grazas á colaboración de profesorado experto as bibliotecas poden ofrecer e difundir cursiños de lingua española. Esta formación considérase básica para calquera persoa inmigrante dunha área non españolfalante e unha axuda fundamental na integración social e laboral dos recén chegados á nosa cidade e ao seu entorno.
  23. 23. Sagrada familia O CLUB DOS SETE MEDOS As bibliotecarias de Sagrada Familia conduciranvos polos camiños tortuosos do medo. Cos fidedignos testemuños de amigos e o legado de autores consagrados como Poe, Bécquer ou Lovecraft, reviviremos lendas locais e escoitaremos relatos que falan de corazóns que latexan despois de mortos, estátuas que cobran vida e deuses primixenios. Estade previdos, porque “no seu fogar de R’lyeh, Cthulhu xace esperando durmido”.
  24. 24. Sagrada familia XOVES NA SAGRADA Concertos entre libros que fan un percorrido polo universo musical que conforman as diferentes culturas. ALINE FRAZAO SKARALLAOS THE UNDERSCORE ORKESTRA
  25. 25. Castrillón Praza Pablo Iglesias, s/n / T. 981 184 390 bcastrillon@coruna.es
  26. 26. Castrillón AS OBRAS DE ARTE DA BIBLIOTECA A biblioteca do Castrillón dá a coñecer diferentes manifestacións artísticas priorizando a presenza de autores da cidade. A biblioteca como espazo que sirva tamén como lugar para a expresión e creativididade. FOTOS-RETRATO, DOS USUARIOS DA BIBLIOTECA DE MIGUEL FERNANDEZ, DE FOTOGRAFÍA TAM-TAM ESCULTURAS “PEQUEÑO MATÓN”, “MADERO”, “AIRHEAD” DE “CHICHERI”CADROS “ARPA” E “HUÉSPEDES EN LA NIEBLA” DE XURXO GÓMEZ CHAO FOTOS-VINILOS DOS CASTROS DE XOSÉ ABAD
  27. 27. Castrillón CLUB DE LECTURA O club de lectura diríxese a rapaces e rapazas de 12 anos. A súa premisa rectora é que sexa sobre todo unha actividade lúdica, ler por ler, polo pracer de ler, afastada de manifestacións escolares. Presentar a lectura como unha opción válida para desenvolver no tempo de ocio e, a ser posible, como unha opción preferente. Interésanos dar a coñecer, ao tempo, outras artes (música, cinema, ...), que son recursos moi utilizados en clubes de adultos.
  28. 28. Castrillón VIAXE EN FAMILIA Viaxa en familia é unha actividade de promoción lectora orientada á familias con nenos ata 12 anos de idade. Vai dirixida a todos os membros da unidade familiar, poñendo diferentes tipos de documentos á súa disposición. Este proxecto parte da base de que a familia ten un papel fundamental e decisivo na consecución dunha actitude positiva cara a lectura como experiencia gratificante. O fogar é o lugar privilexiado onde espertar o gusto pola lectura e crear o hábito lector, e a biblioteca pretende apoiar, continuar e fomentar este gusto pola lectura. Cada maleta contén un conxunto de obras e unha pequena carpeta na que se adxunta: propostas de lectura para verán, recomendacións literarias e consellos de lectura na casa.
  29. 29. Castrillón VOLUNTARIADO E PRÉSTAMO A DOMICILIO Con este programa ponse en marcha un servizo que permite recibir libros, revistas, cd, dvd no propio domicilio. É un servizo pensado para persoas que teñan reducida a súa mobilidade de forma temporal ou permanente. OBXECTIVOS: _Dar a coñecer, promover e facilitar o uso da biblioteca entre este colectivo. _Estimular a capacidade de relación e a capacidade comunicativa. _Satisfacer as necesidades informativas dos beneficiarios do servizo. PARTICIPACIÓN VOLUNTARIA: O voluntario colabora na eliminación dunha situación de discriminación actuando de intermediario entre a biblioteca e as persoas con problemas de mobilidade, facilitándolles que podan utilizar a biblioteca de forma regular e gratuita. @S VOLUNTARI@S: _Proporciona información sobre servizos e fondos _Chega e recolle documentos _Recolle información sobre os intereses dos usuarios _Fai recomendacións _Prepara guías de lectura _Leva lista de novidades Na prensa Telelibro i dígame?
  30. 30. R/ Río Monelos, 1 / T. 981 184 298 bforum@coruna.es FORUMETROPOLITANO
  31. 31. CURSOS DE ARANZADI Westlaw ES é o servizo xurídico on-line da Editorial Aranzadi. Co obxectivo de coñecer e manexar a Base de Datos Westlaw, accesible a través de Internet, a biblioteca ofrece varios cursos para explicar que é Westlaw/Aranzadi, que servizos nos ofrece e como buscar a información. FORUMETROPOLITANO
  32. 32. NUNCA É TARDE A aprendizaxe non é exclusiva de ningunha etapa do individuo; as persoas necesitan e requiren oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para desenvolver as súas competencias e enriquecerse de xeito continuo como cidadáns e cidadás. O programa de formación “Nunca é tarde” está destinado para persoas adultas que non perderon as ganas de aprender co paso dos anos. FORUMETROPOLITANO
  33. 33. OS NOSOS CONTOS As máxicas e sorprendentes cores de Maelón, o camaleón mascota de Os Nosos Contos, transfórmanse nunha morea de historias para contar, cantar e soñar, da man da Gardiá dos Contos. FORUMETROPOLITANO
  34. 34. Monte Alto Praza de los Abuelos, s/n 3º / T. 981 184 382 bmontealto@coruna.es
  35. 35. Monte Alto ADCOR No centro cívico de Monte Alto, ademais da biblioteca, atópase o centro de día ADCOR. Trátase dun colectivo de 20-25 adultos discapacitados psíquicos con incapacidades físicas que acoden a diario á biblioteca utilizando os servizos que se lle ofertan especialmente. Durante estes anos organizáronse diferentes actividades sempre en estreita colaboración co persoal que traballa con este colectivo.
  36. 36. Monte Alto BIBLIOPRAZA Dende o ano 2006, a Biblioteca Municipal de Monte Alto trasládase durante uns días do mes de xuño ao Campo de Marte, coa finalidade de se promocionar diante dos veciños do barrio. Deste xeito instálanse cadeiras, mesas, parasoles, esterillas… cheas de libros, revistas, audiovisuais… e organízase un contacontos, todo para crear un ambiente máxico e lúdico fóra do marco da biblioteca.
  37. 37. Monte Alto CONTOS E CANTOS Actividade dirixida a familias con nenos de 1 a 3 anos, na que a través da música se pretende espertar o interese polos libros. Trátase de sesións moi lúdicas e interactivas, onde hai unha resposta moi positiva por parte dos usuarios
  38. 38. Monte Alto THE BLOG Dende 2008 a 2010 creouse un programa específico para nenos entre 9 e 12 anos co obxectivo de fomentar o uso da biblioteca como fonte de recursos na aprendizaxe do inglés, incorporando as novas tecnoloxías. Para isto creouse un blog que servía de eixo á actividade. http://corunablog.edublosgs.org.
  39. 39. Os Rosales Praza Elíptica, 1 / T. 981 900 720 brosales@coruna.es
  40. 40. Os Rosales BEBETECA As bebetecas son lugares de encontros onde a lectura é mirar, escoitar e compartir. Dirixidas a familias con nenos ata os 3 anos, nelas podemos descubrir outras voces e outras sensacións. Son espazos pequenos para nenos pequenos, que vos permitirán compartir momentos xuntos xogando coa lectura. A través de actividades periódicas o programa intenta orientar as familias nas primeiras lecturas dos nenos e nenas, proporcionándolles unha serie de recursos, que poderán empregar para comezar a estimular a capacidade lectora nos pequenos.
  41. 41. Os Rosales CAFÉ CON LIBROS Entre libros, literatura e librarías... nace Café con Libros na biblioteca de Rosales. Un espazo máxico para intercambiar opinións sobre lecturas e noticias literarias, acompañados dun café.
  42. 42. Os Rosales GALICIA MÓVESE A cultura galega é actual, moderna, diversa, plural. É cosmopolita porque ten raíz nun lugar, identidade. É potente por iso, e ao tempo é aberta e nútrese das demais sen complexos. Os nosos creadores e creadoras e as iniciativas máis interesantes e novidosas están no centro de interese Galicia Móvese e no seu blog correspondente. http://galiciamovese.wordpress.com/
  43. 43. Infantil e xuvenil R/ Durán Loriga, 10 - baixo / T. 981 184 388 binfantil@coruna.es
  44. 44. Infantil e xuvenil PORQUE ME GUSTA O CHEIRO DOS LIBROS Os e as participantes no Taller de Escritura da Biblioteca Muncipal Infantil e Xuvenil ofreceron un recital onde amosaron, por vez primeira en público, os seus textos. Para algúns rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos foi a primeira vez que se subiron ás táboas dun escenario. Outros xa o fixeran con anterioridade para recibir premios -locais, como o do Instituto Eusebio da Guarda; estatais, como o Jordi Sierra i Fabra- ao interpretaren un papel ou unha canción. Porén, para todos eles foi a primeira vez que amosaron os seus textos, armados cunha bufanda, un micrófono e algunha que outra sorpresa. Elaboraron tamén un vídeo que presentamos no V Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas. Según Pedro Ramos, coordinador do Taller de Escritura da Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil , “foron eles os que crearon todo o espectáculo. Son os responsábeis dos textos, mais tamén das rás poéticas ou dos avionemas, novas criaturas que desenvolveron xenéticamente nestes catro anos do taller”. Seguro que Hugo, Ana, Moisés, Marcos, Aida, Ana P., María, Laura, Sara, Marta, Pedro e Claudia non esquecerán esta data. Lémbrena vostedes: 16 de abril ás 12 horas na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil. Acaba de nacer unha constelación. 1 2 3
  45. 45. Infantil e xuvenil STOP MOTION O conto non remata na marxe dos libros e podemos facer que cobre vida de moitas maneiras. Unha delas é convertelo nun filme. Esta é a oportunidade creativa que tiveron as nenas e os nenos participantes no obradoiro de animación audiovisual Eu tamén animo!, taller plástico de OQO filmes que se celebrou os venres do mes de outubro na Biblioteca Durán Loriga dentro do programa cultural Outonarte en A Coruña. A partir do conto de OQO editora, A guerra dos números (CJ 1st Picture Book Awards Premios de Ilustración 2008) as pequenas e pequenos desenvolveron coa técnica de stop motion a animación da obra con imaxe, voz e música. A plastilina será o material co que se dará vida aos personaxes desta historia que xoga coas operacións matemáticas da suma e a resta para trasladar unha mensaxe pacifista. Ao final do obradoiro, coas secuencias realizadas cos grupos de traballo en cada unha das sesións (de tres horas cada unha) confeccionarase o filme enteiro. Nestes obradoiros prácticos, as rapazas e rapaces recibiron información sobre as técnicas tradicionais de animación e gravación de son. O material empregado serán cámaras de fotografía, set de iluminación, set de animación, visores de vídeo ocular, unha televisión e dous ordenadores portátiles. Podes ver o resultado do obradoiros Eu tamén animo! no Instituto Cervantes de Beijing (China) e Utrecht (Holanda):
  46. 46. Estudos locais R/ Durán Loriga, 10 - 1º / T. 981 184 386 bestudiosl@coruna.es
  47. 47. Estudos locais A CASCARILLA A Cascarilla é unha actividade que comezou a executarse na Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña no 2002. Vai dirixido a nenos e nenas de 1º e 2º da ESO e ten como obxectivo principal descubrir a Biblioteca e as súas posibilidades. Estrutúrase en dúas partes: presentación de fondos e xogo propiamente dito a través do que, desde un plantexamento lúdico, se pretende afondar de forma participativa e dinámica na presentación realizada na primeira parte.
  48. 48. Estudos locais CONFERENCIAS A BMEL organiza conferencias, de forma periódica, sobre temas que recollen aspectos diversos, actuais ou históricos, vinculados ao ámbito local. Sirva de exemplo a conferencia títulada “Experiencia vital, un encontro con Isaac Díaz Pardo”.
  49. 49. Estudos locais LIBROS PARA VER Nos anos 2009 e 2010 a Biblioteca Municipal de Estudos Locais organizou 2 exposicións que perseguían dar a coñecer os fondos que alberga e que adquiren unha dimensión estética tal que lles permite ser distinguidos co nome Libros para ver. Este nome xenérico que recibiron as ditas exposicións pretende perpetuarse no tempo coa organización de novas exhibicións de fondos deste tipo.

×