• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Arte RomáNica
 

Arte RomáNica

on

  • 3,175 views

 

Statistics

Views

Total Views
3,175
Views on SlideShare
2,984
Embed Views
191

Actions

Likes
0
Downloads
164
Comments
0

9 Embeds 191

http://stfhistoria.blogspot.com.es 125
http://www.stfhistoria.blogspot.com.es 31
http://ha-aula.blogspot.com 19
http://arteenjoyeria.blogspot.com 5
http://www.ha-aula.blogspot.com 4
http://www.slideshare.net 3
http://stfhistoria.blogspot.com 2
http://ha-aula.blogspot.com.es 1
http://arteenjoyeria.blogspot.mx 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Arte RomáNica Arte RomáNica Presentation Transcript

    • O Románico
    • O ROMÁNICO Chamase así ó estilo artístico que se da entre o ano 1050 e o 1145 na  Europa occidental. Sitúase entre o Prerrománico e o Gótico.  Esta arte desenvólvese nunha época na que a recuperación económica e  demográfica son a nota dominante da Cristiandade latina. Pero tamén a loita contra o Islam comeza a dar froitos e perfílase unha idea de unidade europea para quot;arrebatarlle os territorios de Cristo ó infielquot; (Reconquista como Cruzada). Sen embargo, Europa segue sendo unha sociedade eminentemente  agraria, con escasos e improdutivos núcleos urbanos e cunha tímida presenza do Poder central (Reis) fronte aos poderes locais de nobres e eclesiásticos (mosteiros).
    • O espazo do románico
    • AS ORIXES DO ROMÁNICO Na orixe desta arte europea é fundamental a reforma monacal realizada  pola orde cluniacense, como resultado dunha revisión en profundidade das comunidades benedictinas. O mosteiro de Cluny, fundado no ano 930, convértese no gran centro  difusor da reforma, conseguindo rápidamente unha grande expansión e conseguindo tamén que a través dos seus mosteiros a arte románica difundírase por todo o mundo cristián europeo. Antes de que a orde de Cluny estenderase, esta arte románica, xa existía  en Italia, na rexión de Como, e tamén en España, en Cataluña (Lérida, Girona e Barcelona) e Aragón (especialmente na provincia de Huesca), o que se denomina o primeiro románico. Os mestres de Como, cos seus aparellos de albanel, a súa estrutura de igrexa dunha nave e as súas populares bandas lombardas, así como os primeiros abovedamentos das igrexas catalás, sentaron bases sólidas para un rico desenvolvemento da arquitectura románica.
    • Románico: elementos estilísticos
    • MOSTEIRO DE CLUNY
    • O CAMIÑO DE SANTIAGO A época dourada do estilo ROMANICO, pola súa calidade e  beleza, esténdese na última metade do século XI e a primeira do XII, procedente de Francia e transmitido fundamentalmente en torno do Camiño de Santiago. As peregrinacions contribuiron a enriquecer a iconografía e a  arte en xeral. Nos santuarios que os peregrinos visitaban existían imáxes que os artistas imitaban e multiplicaban As rutas de peregrinación foron durante a Idade Media os  grandes camiños de tódolos pobos; por esas vías esparcíronse polo mundo as novas creacions da literatura e das artes plásticas
    • O CAMIÑO DE SANTIAGO A comenzos do s. IX (reinado de Alfonso II) prodúcese a quot;invenciónquot; da  tumba do Apóstolo e dos seus acólitos, Teodomiro e Atanasio O Camiño tomou forma dende o século IX -aproveitamento das calzadas  romanas-. Pero o su desenvolvemento pleno o alcanza a finais do s. XI, momento de gran solidez da monarquía castelán-leonesa e tamén o de maior influencia francesa (Cluny) O Camiño de Santiago supón para a España cristá a introducción de  formas culturais e artísticas europeas, superándose os restos do aislacionismo do pasado. Debido as predicaciones cluniacienses, a Reconquista convértese en cruzada, o que dará lugar a entrada de soldados e nobres extranxeiros; as cidades do Camino crecen pola instalación nelas de moitos comerciantes e artesáns doutros países.
    • MAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO
    • AS IGREXAS DE PEREGRINACION Dende finais do século XIX os arqueólogos percatáronse da existencia dun  grupo de igrexas cunha serie de características comúns que lle daban un aire de familia. Se trata das igrexas de peregrinación: Saint-Martin de Tours, Saint-Martial de Limoges, Sainte-Foy de Conques, Saint-Sernin de Toulouse, Santiago de Compostela... As suas características máis sobresaintes están na zona do cruceiro y na  cabeceira. No cruceiro aparecen capelas, destinadas a albergar reliquias, e consagradas cada unha delas ó santo ou santa propietario das reliquias que garden. A cabeceira ten o elemento máis importante: a xirola ou deambulatorio, deseñado para as masas de peregrinos que deambulaban polo edificio. Tamén na cabeceira hay capelas con reliquias As únicas que hoxe podemos estudiar nun estado moi próximo ó orixinal  son Conques, Toulouse e Compostela
    • SANTA MAGDALENA DE VEZELAY No famoso santuario de Vézelay construiuse un edificio de gran  capacidade para que poidese albergar os numerosos peregrinos que acudían a louvar as reliquias da santa. Iniciado o templo no XI, tristes sucesos paralizaron as obras, que  tardarían en reanudarse. Hacia 1140-1150, as tres largas naves estaban concluidas. Finalizando a centuria añadiuselle una cabeceira gótica. As naves reducense a dous niveles separados por unha imposta  ornamentada: intercolumnio de arcos semicirculares apoiados en pilares cruciformes. Esta organización produce un aspecto demasiado macizo e pesado do  muro. Aparecen as tradicionais bóvedas de arista en todo o templo, incluso na nave central. A falta dunha ordenación puramente arquitectónica e suplida por unha cuidadosa preocupación da escultura dos capiteis e ornamentación dos vanos, especialmente na sua grande portada.
    • SANTA MAGDALENA DE VEZELAY
    • SANTA MAGDALENA DE VEZELAY
    • SANTA MAGDALENA DE VEZELAY
    • SANTA MAGDALENA DE VEZELAY
    • Saint Front de Perigueux, s. XI
    • SAN SERNIN DE TOULOUSE A Basílica de Saint-Sernin, en Toulouse, foi construída en  honra de San Saturnino, mártir do ano 250. No seu nome construíuse no século V unha capela que co tempo resultou pequena para o crecente número de fieis que congregaba o santo. A fins do século XI, decidiuse construír a actual basílica, a segunda igrexa románica máis antiga de toda Francia. Na época gótica e no Renacemento foi parcialmente  modificada, e no século XIX foi restaurada. O claustro e a abadía foron destruídos durante o século XIX, e algúns dos seus restos e anacos de esculturas son conservados no Museo dos Agostiños. Sobre o coro, eríxese un campanario de 64 metros de  altitude, de forma octogonal, que alberga 24 campás. Terminouse de construír en 1478.
    • SAN SERNIN DE TOULOUSE
    • SAN SERNIN DE TOULOUSE
    • SAN SERNIN DE TOULOUSE
    • SAN SERNIN DE TOULOUSE
    • SANTA FE DE CONQUES Mediado o século XI, o vello mosteiro carolinxio de Santa Fe  de Conques procederá a unha total renovación. Segundo a crónica da abadía, as obras dunha nova igrexa foron emprendidas polo abade Odolrico (1030-1065). A principios da centuria seguinte, foi necesario reconstruír as partes altas do templo porque este ameazaba ruína. Este templo exemplifica á disposición das chamadas igrexas  de peregrinación: templo de tres naves, con amplo cruceiro de igual estrutura, e cabeceira en forma de deambulatorio. A grande diferenza reside no escalonamento dos dous  ábsidas que están en cada brazo do transepto. As partes altas, incluídas as tribunas da nave, e as columnas do deambulatorio pertencen as obras de restauración de principios do XII.
    • SANTA FE DE CONQUES
    • SANTA FE DE CONQUES
    • SANTA FE DE CONQUES
    • SANTA FE DE CONQUES
    • SANTA FE DE CONQUES
    • O ROMÁNICO NA PENÍNSULA A arte románica espallouse dende Francia ao resto da Europa occidental a  partires do século XI. O estilo chegaría á península Ibérica da man do Camiño de Santiago cuxas vías principais confluían en Compostela, vila onde se dirixían milleiros de peregrinos de toda Europa que viñan a louvar a suposta tumba do apóstolo Santiago. A data de chegada do estilo a España é aproximadamente entre o século XI e comezos do XII. Algunhas das principais paradas do Camiño, serían as primeiras en  desenvolver este estilo, erixíndose igrexas, catedrais e mosteiros, como a catedral de Xaca, a igrexa monástica de San Martín de Frómista, a basílica de San Isidoro de León e as primeiras pedras da catedral compostelá. A época de expansión do estilo pola península, coincide coa ocupación  musulmá, desenrolándose deste xeito o Románico pola parte setentrional da península, non ocupada polos mouros.
    • San Pedro de Roda, s. XI,Girona
    • CATEDRAL DE XACA A súa orixe remontase ó século XI, no reinado de Sancho Ramírez. Neste  período defínese a súa planta rectangular, con tres ábsidas aliñados nas tres naves. Coa chegada ó trono de Afonso I quot;El Batalladorquot; comeza unha segunda etapa construtiva, que termina a mediados do século XII. A terceira etapa (metade do século XV) ten como resultado a construción de novas capelas, a sillería coral e o arranxo das cubertas. No século XVI adquire un novo esplendor. O templo corresponde a unha estrutura basilical, con tres ábsidas  semicirculares. O cruceiro ten, no seu centro, un ciborio octogonal con cúpula de nervios que arrincan en modillóns, sen ter un tambor intermedio, e deitase sobre trompas. Se o empeño arquitectónico non mostra grandes pretensións, a calidade  dos mestres escultores e patente na riquísima serie de capiteis e elementos de impostas e cornixas. A escultura xaquesa labra as súas figuras cun sentido do volume que denuncia claramente a su fonte de inspiración, modelos tardorromanos.
    • CATEDRAL DE XACA
    • CATEDRAL DE XACA
    • CATEDRAL DE XACA
    • CATEDRAL DE XACA
    • CATEDRAL DE XACA
    • SAN MARTÍN DE FRÓMISTA No ano 1066 dona Mayor fundóu en Frómista un mosteiro do que queda  hoxe soamente unha igrexa, a famosísima de San Martín de Frómista, construida no ano 1083. Estilísticamente, San Martín de Frómista está relacionada con outros  monumentos románicos do Camiño de Santiago como a catedral de Xaca, a basílica de San Isidoro de León, y a mesma Catedral de Santiago de Compostela. Consta de tres naves de medio punto, cada unha co seu ábside, e un  cimborrio (unha especie de cúpula) octagonal no cruceiro. No seu exterior álzanse duas torres cilíndricas a ambos lados da sua fachada principal. A pesar do sinxelo do edificio, en San Martín, como en toda igrexa románica, destacan os capiteis das columnas do interior. Éstos son de grande perfección e de variedade asombrosa.
    • SAN MARTÍN DE FRÓMISTA
    • SAN MARTÍN DE FRÓMISTA
    • SAN MARTÍN DE FRÓMISTA
    • SAN MARTÍN DE FRÓMISTA Interior e capitel. Campanarios
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Esta igrexa levantase nun lugar onde alzábanse outras  anteriores. A última foi edificada por Fernando I para albergar as reliquias de San Isidoro de Sevilla. Esta antiga igrexa non era de grandes proporcións e en absoluto era de estilo románico, pois era plenamente prerrománica (asturiana). Posteriormente mandouse edificar o famoso e soberbio  Panteón dos Reis, monumento sepulcral que actualmente e o máis antigo que se conserva. Nas súas bóvedas pintouse no século XII un repertorio inigualable no románico europeo polo que denominouse a quot;Capela Sixtinaquot; do románico.
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Pouco tempo despois mandouse reconstruír a igrexa no  estilo románico pleno que imperaba naquela época. Estilo traído polos aires internacionais do Camiño de Santiago. Esta basílica construíuse con un plan de tres naves,  cruceiro saínte e cabeceira de tres ábsidas. A ábsida central perdeuse a fins da Idade Media para sustituílo por outro tardogótico. Unha robusta torre románica queda adousada ós pes  do templo, aínda que pasa algo desapercibida a pesar da súa altura pola magnificencia do templo románico e a proximidade das murallas romanas.
    • SAN ISIDORO DE LEÓN
    • SAN ISIDORO DE LEÓN
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Interior O interior respira un difícilmente descriptible  ambiente medieval. A penumbra, a solidez dos pilares, a imaxinación das tallas, transportan ó visitante a un mundo olvidado.
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Interior
    • O ROMÁNICO EN GALICIA En Galicia, as principais mostras deste arte  pódense atopar por toda a xeografía, destacando, xunto a catedral compostelá os mosteiros medievais da Ribeira Sacra onde se poden atopar numerosos mosteiros románicos entre as provincias de Lugo e Ourense
    • O ROMÁNICO EN GALICIA Exemplos: San Miguel de Breamo, Pontedeume
    • O ROMÁNICO EN GALICIA Exemplos: San Martiño de Mondoñedo, Foz
    • O ROMÁNICO EN GALICIA Exemplos: San Nicolás de Portomarín
    • O ROMÁNICO EN GALICIA Exemplos: Santa María de Cambre
    • O ROMÁNICO EN GALICIA Exemplos: Santa Mariña de Sarria
    • Sta Maria de Castrelos, s. XII
    • Santiago de Bembrive, s. XII
    • Santiago de Bembrive, s. XII Ábsida Fachada sur
    • Santiago de Bembrive, s. XII Fachada oeste Canzorros
    • Sta. Maria de Castrelos, s. XII Fachada sur
    • San Salvador de Coruxo, s.XII Cabeceira da igrexa Interior
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Na década dos setenta do século XI, procédese a levantar un grande  templo, acorde coa nova arquitectura da época, sobre o sepulcro de Santiago. O promotor foi o obispo de Compostela Diego Peláez, o que dispuxo a sua  construcción conservando, o primitivo santuario. Un enfrentamento con Alfonso VI supuxo a deposición do prelado no ano 1087, e a conseguinte paralización das obras. Pouco tempo dispois, Diego Gelmírez farase cargo do goberno da diócesis e dará tal impulso ós traballos que xa, no 1112, podese demoler a basílica prerrománica. A conclusión provisional terá lugar no ano 1122. Para entón estaría  terminado o templo menos a fachada occidental e o tramo inmediatamente anterior.
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O proxecto da catedral compostelana é o mellor exponente da tipoloxía  das igrexas de peregrinación. É un proxecto maduro, no que se articulan tódalas suas partes -xirola, tribuna, torres, etc.- dunha maneira armónica. Tal foi a sua perfección que os constructores de San Martín de Tours a tomaron como modelo. Participaron como arquitectos, segundo o Códice Calixtino, Bernardo «el  viejo» e Roberto na primeira etapa, e Esteban e Bernardo «el joven», na segunda Tratase dun edificio con tres naves e amplio cruceiro tamén de tres naves  ó que se abren capelas semicirculares. A xirola que rodea o altar maior tamén presenta capelas radiales. Sobre as naves lateris e as do transepto corre unha tribuna que contrarresta o empuxe das bóvedas de cañón da nave central, permitindo crear un espacio dende o que os peregrinos podían asistir ó culto. Estas tribunas cóbrense con bóvedas de cuarto de esfera.
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA As obras da catedral finalizan no 1168 coa contratación, por  parte de Fernando II, do mestre Mateo, o arquitecto que deseña a cripta sobre a que se asenta o último tramo das naves y o pórtico entre as dúas torres. A cripta serve para salva-lo desnivel do terreo, e sobre ela alzase a gran fachada occidental, trala que se atopa o famoso Pórtico da Gloria. O edificio proxectouse con nove torres que aportaban ó  conxunto un acentuado aspecto de fortaleza. As torres da fachada occidental substituíronse no século XVIII pola famosa fachada do Obradoiro, labrada no estilo barroco por Casas y Novoa. Neste mesmo estilo reelaborouse a fachada de Praterías, substituíndo a primitiva románica.
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Aspecto na Idade Media
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Aspecto na Idade Media
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Alzado
    • Reconstrución da catedral románica, s. XI-XII
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Planta
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Nave central
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Nave central
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Nave central
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Transepto
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Nave central
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Cúpula
    • As portadas románicas: partes
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Fachada románica. As Platerías Relacionada coa escultura do Panteón da  Colexiata de San Isidoro de León encontramos a Puerta de Platerías da catedral de Santiago de Compostela. A distribución das figuras non corresponde coa  distribución primitiva. Os tímpanos, nos que aparecen escenas do Novo Testamento non sofriron modificación.
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Fachada románica. As Praterías
    • Santiago de Compostela: fachada de Platerias
    • Santiago de Compostela: Fachada de Platerias. David. (Mestre Estevo)
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Fachada románica. As Platerías. Tímpano da esquerda No tímpano da esquerda o lugar principal  corresponde ás Tentacións de Cristo, ocupando un espazo destacado a adúltera que ten entre as súas mans a cabeza do seu amante decapitado polo seu propio marido.
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Fachada románica. As Platerías. Tímpano da esquerda. A muller adúltera
    • Catedral de Santiago: Platerias, timpano esquerda
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Fachada románica. As Platerías. Tímpano da direita No tímpano da dereita encontramos como temas principais o  Prendemento, a Flaxelación e a Coroación. Nos estribos que flanquean a portada atopamos persoas e escenas do Antigo Testamento, entre os que sobresae a figura de David. Nas enxoitas dos arcos sitúanse os anxos trompeteiros, coma  se dun Xuízo o do Final se tratara. O centro desta zona está ocupado polas figuras do Salvador e de Santiago, relacionado o primeiro co círculo do Mestre Mateo, ao redor dun amplo número de figuras das que só algunhas son orixinais.
    • Fachada Platerias, tímpano dereita
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Pórtico da Gloria O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é  un pórtico do románico realizado polo Mestre Mateo e o seu obradoiro por encargo do rei de Galicia e León Fernando II O Pórtico actual non é realmente o resultado da obra do  Mestre Mateo, xa que algunhas das súas figuras foron retiradas ó contruíla actual fachada da Catedral (quot;do Obradoiroquot;) e consérvanse no Museo Catedralicio A obra orixinal estaba policromada: pintada de branco, negro,  vermello, azul e dourado de pan de ouro
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Pórtico da Gloria A estrutura arquitectónica do pórtico consiste en tres plantas  superpostas: a cripta que simboliza o mundo terreal, o pórtico propiamente dito, que constituía a porta de entrada occidental á catedral e que permaneceu aberto ó exterior durante a Idade Media e no que se representaba a Xerusalén Celeste, e a última planta era a tribuna, que por medio de rosetóns posibilitaba que estivera iluminada todo o día. Representando a elevación do humano ó divino O conxunto escultórico pretende ser unha representación da cidade  celeste, utilizando na iconografía diferentes símbolos tomados da Apocalipse de San Xoán e doutros textos do Antigo Testamento. Está constituído por tres arcos de medio punto que se corresponden con  cada unha das tres naves da igrexa, sustentados por grosos pilares con columnas adousadas. O arco central é o maior (o dobre que cada un dos laterais), é o único que posúe tímpano e está dividido por unha columna central, o parteluz, coa figura de Santiago
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Pórtico da Gloria
    • CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Pórtico da Gloria
    • Pórtico da Gloria: profetas
    • Pórtico da Gloria: Apóstolos
    • Pórtico da Gloria, s. XII
    • Pórtico da Gloria: tímpano dereita Detalle demo Xuízo final
    • SANTA MAGDALENA DE VEZELAY Detalle do tímpano
    • CATEDRAL DE AUTUM O capitel da Catedral de Autum, (Francia,  século XI) aparece Xudas acosado polos demos do remordemento.  O rexeitamento do pecado e do mal en xeral fanse moi patentes nas imaxes relixiosas deste período. Temos aquí a escena da morte de Xudas – o seu suicidio-, na cal parece acosado por dúas sinistras personaxes que representan a culpa que lle leva a cometer este acto.
    • Catedral de Autum: timpano
    • CATEDRAL DE AUTUM Detalle do capitel de Xudas
    • SAN PEDRO DE MOISSAC O tímpano da igrexa abacial de San Pedro de  Moissac (Francia) e un magnífico exemplo da escultura románica. Realizado entre 1115 e 1135 mostra a segunda chegada de Cristo como rei, sentado no xuicio final dos tempos, rodeado do ánxo, o león, a águia e o boi que representan respectivamente ós catro evanxelistas: Mateo, Marcos, Juan e Lucas.
    • SAN PEDRO DE MOISSAC
    • Catedral Sta. Fe de Conques. Timpano
    • Sta Magdalena de Vezelay. Tímpano
    • SAN PEDRO DE MOISSAC
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Porta do Perdón No costado meridional abrense as duas  monumentais portas. A do Perdón decorase cun tímpano belamente esculpido coas escenas do Descendemento, o Sepulcro valeiro e a Ascensión. As mochetas que o sosteñenen son magníficas, con duas expresivas cabezas de animais.  Por encima aparecen as figuras hieráticas e solemnes de San Pedro e San Pablo e máis arriba unha arquería sobre o tejaroz.
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Porta do Perdón
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Porta do Perdón
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Porta do Perdón
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Porta do Cordeiro A Porta do Cordeiro é a principal do templo e é  máis bela aínda, coa escena do Sacrificio de Isaac na que aparece a man de Deus impedindo a acción, ademais dun Agnus Dei inscrito nunha especie de mandorla soportada por dous espléndidos anxelos. Todo o conxunto e acompañado polas esculturas  de San Isidoro e San Vicente e un fermoso zodiaco.
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Porta do Cordero
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Estatua de San Isidoro
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Porta do Cordero
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Panteón Real Entre as pinturas que decoran o panteón de San Isidoro  de León -donde se representan escenas da infancia, Paixón e resurrección de Cristo-, executadas na primeira metade do XII, o tema do anuncio ós pastores, verdadeira obra mestra da pintura europea, presenta formas ilusionistas que parecen romper cos tópicos románicos ó achegarse fielmente a un posible modelo tardorromano. Un anxelo moi estilizado ataviado cunha larga túnica  anuncia ós tres pastores a chegada do Señor. Con bandas onduladas suxírese unha paisaxe montañosa onde se desenvolve a escena
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Panteón Real
    • Panteón Real de San Isidoro de León
    • SAN ISIDORO DE LEÓN Pinturas do Panteón Real