Creación e edición de espazos web

584 views
540 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
584
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Creación e edición de espazos web

  1. 1. Creación e edición de espazos Web Titorial: Google sites IES Monte Carrasco. Coordinación Tic. Xaneiro 2011
  2. 2. Para crear un espazo/páxina Web gratuíta, de certa calidade, ímos empregar aplataforma Google e a súa ferramenta Google sites.1.- O primeiro que temos que facer é crear unha conta (si non a temos xa) nocorreo alectrónico de Google: Gmail2.- Cubrimos os datos que se solicitan no formulario.3.- Unha vez creada, accedemos a ela, dende Gmail, introducindo o nome deusuario e contrasinal.
  3. 3. 4.- Abrirase a nosa conta cos correos de benvida de Gmail, e fixámonos nesteapartado: MasClicamos en Sites e ábresenos esta nova ventá:Clicando en “crear un sitio nuevo” accedemos a creación dunha nova web; si xativeramos unha web creada, relaciónase no apartado “Mis sitios”5.- Creamos un sitio novo.
  4. 4. Eleximos unha plantilla (pódese cambiar mais adiante) e dámoslle un nome á páxina.6.- Xa temos a nosa Web, aberta pola páxina principal.Podemos clicar en para darlle contido: benvida, xustificación, engadirunha imaxe…O editor de texto permítenos definir as características dos elementos a incluir.O apartado “insertar” recolle tódalas posibilidades para inserir elementos en calquerapáxina creada.
  5. 5. 7.- Para crear unha nova páxina clicamos en “Crear páxina” .No desplegable escollemos unha das plantillas e dámoslle un nome á páxina.Podémola deixar no nivel superior do menú que se creará; logo pódese cambiar.
  6. 6. 8.- Organizar o menú coas páxinas creadas. Google sites permítenos inserir dous tipos de menús: a) Menú vertical Clicamos en , ao final do menú na marxe esquerda. Ábrese esta ventá: Clicamos en “editar” navegación. As páxinas creadas están no apartado: “Añadirpágina”.
  7. 7. Na ventá que se abre seleccionamos unha a unha as páxinas que queiramos queaparezan no menú (clicamos “Aceptar”). Suben ao nivel superior, e logo, coas frechas da dereita, posicionámolas ondequeiramos (admite sangría, para facelas depender doutras). b) Menú horizontal. Clicamos en “Editar barra lateral”; no desplegable clicamos en “cambiar” Alineación: Na nova ventá marcamos a opción “Barra de navegación horizontal”.
  8. 8. Agora clicamos en “Añadir páxina” e seleccionamos aquelas que queiramos que aparezan no menú horizontal, procedendo do mesmo xeito que no apartado anterior.9.- Inserir video/presentaciónsPreviamente debemos copiar o código html do video/presentación que nos facilita oservidor onde está aloxado. Nun video de YouTube, clicamos en Insertar e aparece ocódigo.As medidas ancho (width=”480”) e alto (height=”385”) pódense modificar para axustara presentación na páxina. Logo ímos á páxina onde queremos reproducilo. Editamos a
  9. 9. páxina, clicamos en html e pegamos o código copiado. Poderemos modificar a posicióncando queiramos. Gardamos os cambios.Slideshare, Scribd, Issuu son algunhas das plataformas que nos permiten subirpresentacións (documentos de word, powerpoint…) para obter o código e mostralas naweb, blog….10.- Inserir audio.Previamente debemos subir o arquivo de audio (normalmente en formato mp3) a unreproductor de audio que nos facilitará o código html preciso para incrustalo na nosaweb seguindo os pasos anteriores.Páxinas ás que, previo rexistro, podemos subir os nosos arquivos de audio para obter ocódigo correspondente: Chirbit, Goear, Muzicons, DivShare… No apartado “Audio” danosa Web tendes mais referencias .Aquí tendes un exemplo dun reproductor de audio:11.-Inserir unha web na nosa web (iframe)Para evitar distraccións do alumnado ao nevegar, ás veces é conveniente incrustar aweb que queremos que visiten dentro da web na que estamos a traballar. Para eloprocedemos do seguinte xeito: editamos a páxina; clicamos en insertar e escollemos“Más gadgets”
  10. 10. Na nova ventá clicamos en “Destacada” e buscamos á dereita “Include gadget iframe”: Clicamos en “Seleccionar” e escribimos no recadro superior a dirección web(url) dapáxina que queremos inserir. Aceptamos.
  11. 11. 12.- Adxuntar arquivos .doc, .pdf, .ppt, .odt… á nosa páxina.Para adxuntar arquivos á nosa web podemos facelo de dous xeitos: a) Crear un páxina nova do tipo “Archivos” onde poderemos adxuntar, a modo de recopilatorio, tódolos arquivos que precisemos.Accedemos á nosa web e clicamos en “Crear página”. Das catro plantillas que se nosofertan escollemos a modalidade “Archivador”.Ao abrirse a nova páxina creada clicamos en “Añadir archivo” para subilo dende o nosoequipo. En “Mover a” podemos crear carpetas e clasificar os arquivos subidos.
  12. 12. b) Adxuntar a unha páxina xa creada o arquivo/s que precisemos.Editamos a páxina e clicamos en “Archivos adjuntos”; seleccionamos o arquivocorrespondente.Recordade: para acceder á nosa páxina clicamos o seu enderezo na barra do navegador(http://sites.google.com/site/iesmontecarrascoabalar) . Para editala e traballar nelaclicamos, no fondo, en “Acceder”.De seguido, introducimos o nome de usuario e o contrasinal da nosa conta de Gmail. _________________________________________Con esto temos os elementos fundamentais para empezar a traballar. Continuaremosno noso Obradoiro.Para saber máis: - Obradoiro Abalar IES Monte Carrasco: Práctico, como de fai? - Videotitorial 1: Creación de espazos web - Videotitorial 2: Edición de espazos web - Titorial Google sites. Coordinación Tic IES Monte Carrasco Obradoiro Abalar Xaneiro 2011

×