Your SlideShare is downloading. ×
A revista escolar definitiva
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

A revista escolar definitiva

606
views

Published on

Published in: Technology

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
606
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. INTRODUCCIÓN Unha reseña histórica do 1º director. (Angel Paz) O Colexio da Solaina. Este colexio de 24 unidades constrúese a unha velocidade de lóstrego, nun terreo excesivamente húmido que dará os seus problemas á hora de mante-lo patio de recreo en bo estado.Comezan as obras en xaneiro de 1980,con data prevista de finalización en setembro do mesmo ano e así inicialo seu funcionamento no curso 1980-81. O atraso das obras leva a que non empece ata o día un de outubro, o que fai aparecer nos pais unhas expectativas de certa tensión e incertidume nos días previos o seu comezo,pois hai que ter en conta que os rapaces procedentes do colexio do Feal xa non inician o curso neste centro,están na rúa esperando a que o novo colexio lles abra as portas. Faino, como queda dito anteriormente,o día un de outubro e con unha matrícula de 519 alumnos en 22 aulas e unha cadro de persoal de 23 profesores, dos que catro proceden do Feal por segregación doutras tantas unidades que se incorporan á Solaina, dúas das escolas de Domirón, que conforman os seis profesores definitivos e, os dezasete restantes son propietarios provisionais, cunha media global de idade por debaixo dos 35 anos. As previsións parece ser que eran comezar con 19 aulas e reservar 5 para o seguinte curso académico, pero o exceso de matrícula non o permiten. Así comeza a andaina este novo centro cuns inicios cargados de certa precariedade: -falta de mobiliario (encerados, mesas e cadeiras dunha aula de preescolar de 4 anos, mesas e cadeiras de biblioteca, mesas de profesor…) -presencia de obras no edificio e no recinto, polo menos durante un mes, para rematar certos traballos, coas conseguintes molestias e ruídos. -patio de recreo moi embarrado e con charcos na parte leste do edificio por non funcionar un sumidoiro alí existente. -falta de calefacción en case todo o primeiro trimestre, etc., etc. Recordo como curiosidade que cando chegaron os encerados, a empresa subministradora entréganos 36 en lugar dos 25 con que estaba dotado o colexio .Colócanse todos e como había suficientes nalgunhas aulas de cursos inferiores puxéronse dous por aula. Pasado certo tempo, reclámansenos de Delegación os 11 encerados recibidos de máis, contestando que xa estaban fixados á parede, que habería que descravalos o que podería dar lugar a roturas que os faría inservibles. Poucos días despois notifícasenos que os deixásemos quedar. En anos sucesivos o patio de recreo seguiu demostrando a súa abundante humidade e todo o recheo que se lle botaba pronto ia deixando asoma-lo barro. A excesiva matricula do macrocolexio do Feal vese resolta naquel co inicio deste novo centro, pero axiña se afoga en si mesmo, non absorbe a matrícula da súa propia zona, da que lle acababa de ceder o Feal. Así, o segundo ano de funcionamento houbo 123 solicitudes para primeiro cando as prazas abertas ou convocadas para este curso eran 25. Esto, como é lóxico, non contentaba a ninguén. Durante uns catro/cinco anos, tívose que utiliza a lei que regulaba a admisión de alumnos en centros públicos, dando incluso participación a ANPA ou Consello Escolar para verificar as baremacións das distintas solicitudes e a pureza no proceso de admisión de alumnos. No terceiro ano de funcionamento chegouse a ter 832 alumnos de matrícula, pois nos catro primeiros anos de funcionamento o exceso de solicitudes que non se podían admitir e a matrícula tan numerosa resultaba ser un problema , que se vai resolver co inicio de funcionamento do colexio da Gándara que lle recolle toda a poboación 2
  • 2. escolar que queda para o outro lado da estrada de Castela, e dicir, para o lado da Gándara. Dende este momento e coincidindo tamén co baixón da natalidade, o problema do exceso de matrícula deixa de selo. Os vinte e algo de anos que estivemos exercendo neste Centro moitos de nós (máis de media vida profesional), demostra sobradamente que nos atopamos moi a gusto nel, pero o comentario máis xeneralizado é que de tódolos anos o primeiro foi especial, marcou en nosoutros un selo, unha maneira de ser e de funcionalo centro no futuro, con unha cadro de persoal moi novo disposta e voluntaria en todo momento e para todo.Tanto se descargaba mobiliario en horas de recreo ou á saída da sesión de mañá (en máis dunha ocasión aparecían camións con mobiliario para o centro pendente de recibir e procedentes de calquera punto de España,sen traer persoal para descarga-la mercadoría que transportaban),como se traballaba duro nas aulas repletas de matrícula.Neste labor tampouco receaba participar calquera outro membro da comunidade escolar que se atopaba presente nese momento.Aínda perdura no noso recordo aquel 29/30 de setembro de 1980,a desinteresada concorrencia dun formigueiro de xente(nais/pais,alumnado e profesorado) para subir o mobiliario existente ás distintas aulas e así poder empeza-las clases ó día seguinte,día un de outubro. Dende este recuncho e dentro deste curto recordatorio non podemos esquecer o noso agradecemento ó conserxe, tan eficiente e respectuoso con todos e que tan ben soubo participar na posta en marcha do centro, así como a todas aquelas persoas dos distintos sectores da comunidade educativa que, tanto a nivel individual como colectivo, colaboraron desinteresadamente no mellor funcionamento posible.Tamén, por outra banda, facémolo extensivo a todos os que non tiveron ocasión de axudar ou que téndoa, deixaron de facelo para non entorpece-lo labor doutras persoas, pois non só é de sabios saber facer, senón saber deixar facer. A tódolos que tivemos responsabilidades na posta en funcionamento do centro, cólmanos de satisfacción ver que esa boa harmonía reinante entre o profesorado nos primeiros anos, mantívose nos seguintes, continúa manténdose e desexamos que , por ben da ensinanza, continua viva por moitos anos e se siga facendo extensiva a tódolos sectores implicados no labor formativo da nosa xuventude. Narón,26 de maio de 2006 Angel Paz Villares Reseña do actual director A fundación do colexio , coincide case co inicio da Democracia en España, polo que se empeza cunha situación nova no ensino. Foi D.Angel Paz que comezou a andaina de dirixilo centro nos primeiros cursos, agrupándose as nenas/os do barrio e proximidades, que estaban nas unitarias da zona e no colexio do Feal. Parabén a D.Angel Paz, equipas directivas e a tódalas mestra/es que nesta primeira década educaron a unha xeración de alumnos naroneses que sen dubida están a contribuír a proxección deste Concello coa súa formación. Parabén a D.Xosé Cid, que continuou coa organización do centro xunto coas equipas directivas e profesorado, tamén vivindo cambios no só na educación, senón nos primeiros momentos de afianzamento das institucións e traslados de competencias administrativas con respecto ao ensino. Nos inicios da década dos noventa o centro foi dirixido durante un curso por D. Celestino Prieto, despois novamente D.Xosé Cid , Angel Paz e eu formamos equipa directiva. Tras esta primeira parte de vida do colexio, e por circunstancias coiunturais asumín a dirección do Ceip a Solaina por nomeamentos administrativos e por procesos electorais nesta 2ª metade de vida do centro. Antes de seguir con esta introducción, por suposto agradecer as equipas directivas que me acompañaron e acompañan así como a todo o profesorado pola colaboración, entrega e participación do clima de bo ambiente que caracterizou o funcionamento do centro nos últimos tempos. Dende a metade dos noventa ata hoxe en día creo que a función organizativa neste colexio ao igual que noutros centros públicos ven influída polas seguintes cuestións: 3
  • 3. • As reformas educativas que se foron desenrolando: EXB, LODE,LOXSE e agora a LOE. • Incremento da función administrativa ( becas, gratuidade, introducción da informática, etc…) • Os efectos si os houbera do descenso da natalidade dos anos 90. (non foi tanto no noso caso). • As expectativas que teñen os pais na educación para os seus fillos na actualidade, e a problemática que se xera ( falta de hábitos, problemas de disciplina, …). • Retos de transformación do centro. • Outras … ¿ Como se pode ir afrontado estes feitos? Non esquecer o que un se propón nos proxectos: seguir coas bases dun centro integrador, participativo, transmisor de valores cívicos, aberto a sociedade, capaz de resolver as capacidades do alumnado e amable na convivencia. Sendo unha das razóns máis importantes para min a progresiva mellora dos centros públicos polo que o centro debe ser competitivo, sobre todo cos privados. Manter sempre información aberta sobre as decisións a toda a comunidade. Na cuestión de infraestructuras o colexio da Solaina debe seguir na liña destes últimos cursos: Futuros obxectivos a xestionar por parte da dirección: • A progresiva transformación do patio exterior do colexio. • Cambio de portas de acceso ao colexio, poñer unhas portas que cumpra a normativa de seguridade. • Informatización progresiva das aulas, sen perder a aula de informática . • Conseguir un pavillón deportivo, para desenrolar as actividades de educación física. O único obxectivo que ten que prevalecer sempre é o ben facer pedagoxíco co alumnado, meta de calquera docente. Maio de 2006. Antón López Anca Director do Centro 4 Aula de 3 anos de Meri • Cubrición do patio interior que permite ter tempos de lecer que antes se facían nas clases e sobre todo desenrolo de actividades extraescolares. • Ascensor permite mellor a integración de alumnos con n.e.e. • Aula de informática deunos a oportunidade de introducir este recurso a mestres e sobre todo a alumnos dende hai dez anos. • Peche do patio de infantil de tres anos antes acceso a laboratorio e pretecnoloxía, permítenos ter un lugar mais a disposición da comunidade. • Mellora e nova colocación da iluminación. • Cambio de fontanería en todo o colexio. • Alicerzado e saneamento e cambio dos sanitarios. • Pintado de todo o interior do colexio.
  • 4. 5 Luna Marta Manuel Cecilia Daniel Pablo Miguel Rubén Roberto Miguel Yeray Iván Lidia Pablo Alba Andrea Sergio Manuel Natalia Nordés Maite Gorka Manuel Eloy ¿Verdade que teñen unhas mans pequeniñas? Si; pero xa medrarán
  • 5. 6 Alumnos de 3 anos da aula de Amelia
  • 6. pablo oscar luis malena mario claudia andrea Andrés Antón lara blanca alejandro juan fran sergio helena paula jairo zeltia diego sergio sergio rubén borja 7 Nesta granxa hai galiñas, galos, cochos, patos........ Todos estes animais axúdannos a vivir, debemos coidalos e respetalos
  • 7. 8
  • 8. 9
  • 9. 10
  • 10. 11
  • 11. 12 3º C infantil
  • 12. 13 CONTO VIAXEIRO DO 1º CICLO DE PRIMARIA
  • 13. 2º A e 2º B de Primaria 1º A e 1ºB de Primaria 14
  • 14. 15
  • 15. 16
  • 16. O MAGOSTO 1.-ORIXE Entre o 1 e o 11 de novembro celébrase a festa do “Magosto” que é unha festa pagá que logo se foi cristianizando e na que a protagonista é a castaña. É unha festividade relacionada co culto á fecundidade, de aí a súa relación directa co lume , representando ao sol ( deus fecundador da terra). 2.-.CELEBRACIÓN Acéndese lume, quéimase loureiro para que dea cheiro e faga ruído, e cando haxa brasas ásanse nelas as castañas, picadas previamente para que non rebenten. Como tamén é a época do viño novo bébeno os adultos e os nenos, mosto. Nalgúns sitios ó viño bótaselle mel e ás castañas asadas acompáñanse con pan de centeo ou millo, chourizos, empanadas e patacas, que se asan no lume sen depenar. Ao final da festa cóntanse contos de ánimas e monstros e fanse xogos mentres se tisnan uns a outros cos restos de asar as castañas. 3.- .CELEBRACIÓN NO COLEXIO. Dende hai moitos anos celebramos o “Magosto”. Para elo encargouse un asador grande e durante moitos anos compartímolo con outro colexio, ase os dous dispoñiamos de dous asadores, xa que daquela baixaban tódolos nenos a asar as castañas. Algún ano celebrámolo fora do colexio, nunha area recreativa e resultou moi canso pero os rapaces pasárono de medo. Agora, asánse as castañas coa axuda da ANPA e despois, os nenos baixan ó patio cun cucurucho para as castañas e un vaso para o leite e comen e beben ata que están fartos.Despois xogan ata que é a hora de saír. 17 Alumnos da aula de 3º B
  • 17. DÍA DA PAZ Os alumnos de 3º B imos escribir sobre a celebración do día da paz. Cada ano, dende 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non- violencia e a Paz en conmemoración do día da morte de Mahatma Gandhi, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, fixérase realidade. Tamén se conmemora a morte doutro pacifista, Martin Luther King, que foi asasinado ó igual que Gandhi, de quen aprendeu que a resistencia pacífica era a arma máis potente nas mans dos oprimidos que loitaban pola súa liberdade. Frases escritas por Gandhi "TAMBIÉN SERIA INCONCEBIBLE ENCONTRAR EN MIS ESCRITOS UNA SOLA PALABRA DE ODIO. ¿NO ES EL AMOR LO QUE HACE VIVIR AL MUNDO?. NO HAY VIDA DONDE NO ESTA PRESENTE EL AMOR.. LA VIDA SIN AMOR CONDUCE A LA MUERTE. EL AMOR Y LA VERDAD REPRESENTAN DOS CARAS DE UNA MISMA MEDALLA..... ESTOY SEGURO DE QUE POR MEDIO DE ESTAS DOS FUERZAS SE PUEDE CONQUISTAR AL MUNDO ENTERO No noso colexio celebramos a festa da paz de diferentes formas uns anos botáronse a voar unhas palomas mensaxeiras, símbolo da paz, outro ano escribiuse unha mensaxe, meteuse nunha botella e levouse na lancha de Mugardos hasta a saída da ría de Ferrol. Desta mensaxe tívose resposta pois chegou hasta a Costa da Morte, dende onde chamaron para contalo e dende alí volveron a botala no mar. Outras veces o mestre Paco realiza cos alumnos maiores uns globos de papel que ese día fainos voar e nel tódolos nenos do colexio poñemos mensaxes de paz. A nosa mestra de música sempre prepara unhas cancións e unhas danzas moi bonitas que interpretamos na pista . Tamén nas aulas os mestres e nós traballamos este tema e sempre prometemos ser mellores, pero despois esquecémono. 18 Periodistas de 3º B
  • 18. O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos . Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos). As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rir, é facer cousas que non se se fan habitualmente. A FESTA DO ENTROIDO EN GALICIA En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos. Os disfraces no medio rural sempre foron moi variados, a súa simbolización é a da volta ó mundo do revés... Por iso hai homes vestidos de mulleres e mulleres vestidas de homes, de curas ou monxas... Moitas veces os que non tiñan disfrace, vestíanse coa roupa do lado do revés A COMIDA NO ENTROIDO En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a cachucha, a bica, as orellas a androlla ou tamén os doces, os chourizos, o lacón ou o caldo Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, e a escolleita en moitas vilas e aldeas para enterra-la sardina O noso entroido O entroido é unha festa que se celeba tódolos anos, disfrazamonos de cousas, os homes de mulleres e as mulleres de homes. Tamén hai unha tradicción de comidas especiais como freixos , orellas, torrexas, lacón con grelos No noso colexio facemos unha festa os venres cando se rematan as clases vimos ENTROIDO
  • 19. todos disfrazados pola tarde e bailamos e xogamos “pasamolo moi ben debía ser caranaval sempre Esta conmemoración de orixe celta goza de grande tradición en toda Galiza. É unha celebración relacionada co espertar da natureza e coa chegada do bo tempo. A festa estivo en decadencia ata que se recuperou a partir de 1970.,. Os Maios están formadas por unha figura cónica, cuberta con ramallos, flores, froitas, ovos... arredor das que un grupo de nenos e nenas cantan en roda golpeando uns paos para marcar o compás. O que ten mellor voz canta debaixo do maio Neste colexio conmemoramos esta festa realizando o maio coa aportación de tódolos alumnos e mestres traendo flores e ramaxes, con esto tamén nos adornamos nós e saímos a rúa cantando e bailando as cancións que nos prepara a nosa mestra de música. Tamén case tódolos anos realízase unha alfombra floral dirixida pola mestra Tona onde participamos tódolos nenos durante unha ou dúas semanas. Nas aulas traballamos este tema, recordando esta festa. Este ano tivemos a curiosidade de saber de onde proviña esta festa, e despois de indagar en internet e preguntar ás nosas mestras esto foi o que conseguimos esperamos que vos interese: FESTA DOS MAIOS PROVÉN DOS CELTAS POBO QUE SE INSTALOU EN GALICIA FAI MOITOS, MOITÍSIMOS ANOS. E esto que imos contar é parte da súa historia. Periodistas de 4º B Estivemos mirando en internet sobre a festa do entroido e esto foi o que limos esperamos que sea interesante para todos .
  • 20. Bel (que quere dicir brillante) era para os celtas o deus da luz e a súa festa celebrábase a comezos do verán, nos mes de maio. Esta data é importante xa que o comezo do verán, para os celtas, era 5 semanas antes do solsticio e 5 despois do equinoccio, as semanas dos celtas eran de 9 días. Os druídas (sacerdotes celtas) guiábanse pola estrela Maio, facían fogazas, que o druída levaba de casa en casa para identificar o ano novo dos celtas. Nalgúns sitios de Galicia ó 1º de maio chámase a festa de Bel Outra festa dos celtas (quizais a que máis se conservou) é a rapa das bestas esta consiste en deixar os cabalos libres polo monte e cando chega o mes de maio vaise ó monte xúntanse e rápaselles o rabo simboliza o dominio dos homes sobre as bestas DISCIPLINA NO CENTRO Neste colexio temos unhas normas de disciplina que a maioría dos alumnos non cumprimos. As normas son as seguintes: • Debemos baixar amodo e en filas para evitar caídas e golpes. • Non faltes o respecto nin os teus compañeiros nin os teus profesores. • Non fagas os demais o que non queres que che fagan a ti. • Non fagades xogos violentos no recreo.(tampouco na clase) • Estate atento e tranquilo na clase. Aprobarás mais exames. • Debemos chegar con puntualidade ás clases e participar nas actividades correspondentes. • Cumpride e respectar os horarios das actividades escolares. • Se ti non queres estudiar non tes porque molestar os outros a hora de traballar. • Non discrimines a ninguén por razón de sexo, raza, posición social, discapacidades... • Tes que coidar e respectar os mobles do centro tanto no interior como no exterior. REFLEXIÓNS As veces non cumplimo-las normas: non subimos e baixamos organizadamente, falamos na clase, non respetams ós compañeiros, ás veces non facems o que nos din as profesoras, non coidomos o noso material... Periodistas alumnos de 4º A
  • 21. PERO PROMETEMOS QUE IMOS CAMBIAR FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA Neste colexio a biblioteca funciona cunha cantidade de libros máis que suficiente para os alumnos que a usamos O espacio que ocupa é amplo é está ben situado, os libros están colocados dun xeito que todos podemos chegar a eles con comodidade, as lecturas están adaptadas a tódolos cursos, as titoras tamén traen os libros para a aula e lemos na casa Tamén hai un sistema para ler na casa os libros da biblioteca.... colles un libro e anótalo co teu nome e a data en que o colles e tes 15 días para lelo e logo devolvelo, colocámolo nos estantes correspondente e logo tachas a túa ficha, o peor e cando non te acordas de traelo nos 15 días pois as mestras encargadas da biblioteca velan polo seu cumprimento. Horario da biblioteca Podemos ir á biblioteca na hora de baixada ó recreo, cada día hai 2 mestras encargadas para a recollida e entrega dos libros. Tamén pola tarde podemos vir a coller libros ou ler a partir das 4. A nosa opinión sobre como debería ser unha biblioteca actual Estamos contentos de cómo funciona pero queríamos tamén ter ordenadores para buscar cousas que nos mandan nas aulas. ENQUISA as mestras Fina e Mª José encargadas da biblioteca: ¿Qué traballo hai por detrás de biblioteca? PERIODISTAS DE 5º A SEBAS, ALAN, RUBÉN
  • 22. Hai moito para o pouco tempo que nós lle podemos dedicar. Ademais do rexistro e a catalogación dos libros, procuramos que os libros estean en bo estado, preparámo-las fichas que tedes que cubrir, mercamos novos títulos, programamos actividades para as distintas celebracións: Día do libro, Día das letras Galegas........pero sobre todo intentamos facer da Biblioteca unha aula máis do centro, programando e realizando actividades que vos acerquen ós libros.Tamén se utiliza a Biblioteca como sa de vídeo, charlas, actividades de animación á lectura, exposicións de traballos etc..Na programación e realización destas actividades colaboran todos os mestres do centro. ¿Quen merca os libros? Nós somos as que mercamos os libros, pero tendo sempre en conta a opinión dos compañeiros. Cando os libros son para o ciclo mércanos as propias titoras. ¿En que estado están os libros? A maioría están en bo estado, si atopamos algún que está mal, intentamos reparalo e si non é posible, dámolo de baixa. ¿Están informatizados tódolos libros? De momento moi poucos, este é un dos traballos que estamos a facer, así como preparar actividades para fomentar o uso da Biblioteca polas tardes. ¿Cómo funciona a animación á lectura? Contando sempre coa colaboración de tódolos mestres co colexio.Este curso realizáronse bastantes actividades de animación á lectura tanto por parte do concello como das editoriais a petición das titoras. CARTA A UN AMIGO “DANI” Temos un amigo que vive en Guatemala e que se chama Dani. Este neno apadriñámolo a través dunha ONG para axudarlle nos seus estudios . Sabemos que nese país moitos nenos teñen que traballar para vivir. Limos estes días que o traballo infantil en Guatemala aumentou este ano. O rededor de 206.000 nenos de entre 5 e 11 anos traballan como se fosen adultos, principalmente na zona rural. Ímosvos contar algo dese país. Está situado en Centro América, e socialmente está pouco desenrolado. Chamounos a atención unha curiosidade que vimos en internet e vámola contar .................................................... A CHEGADA DOS DEUSES E O XADE PERDIDO O xade é un mineral precioso que se extrae dende o interior da terra coma o ouro e é tan valioso como el. Guatemala foi conquistada polos españois ó mando de Hernán Cortés no ano 1521 este chegou para buscar ouro e levalo para España, pero o rei que alí habitaba, Chamado Periodistas de 5ºA Adrián, Alba, Ana, Miguel
  • 23. Moztezuma, recibiu a Cortés e os seus soldados coma si fosen deuses , (os deuses que eles esperaban), e regaláronlles o que eles máis apreciaban “unhas contas de xade brillante” e díxolles: “NON LLE DES ISTO A NINGUÉN MÁIS QUE Ó TEU REI” CADA UNHA DESTAS PEZAS VALE MÁIS QUE UNHA CARGA DE OURO Pero o barco foi atacado por piratas franceses e o xade nunca chegou ó seu destino nin se soubo dou seu paradoiro. Guatemala é o centro do “Mundo Maya” e o xade un dos seus bens máis apreciados. Existen dúas fontes de xade a nivel mundial. A primeira pola súa abundancia encontrase en Birmania; a segunda, valorada pola súa calidade encontrase en Guatemala. .CARTA ¡Hola Dani! somos un grupo de alumnos do colexio da Solaina . Queremos saber da túa vida:¿cómo te sentes? ¿qué tal o pasas? ¿qué fas? Nos sabemos que a túa vida e difícil porque non tes a mesma sorte que temos nos, pero querémosche dicir que podes saír para diante e que estamos seguros de que tes uns pais que te queren. Ímosche contar algo do que facemos nos: Tódolos días vimos ao colexio de 9:00 a 14:00, despois algún de nos imos a actividades coma o baile, o fútbol, o xadrez... Temos moitos parques para xogar e celebramos festas coma a de aninovo a de Navidade e despois temos as festas de atraccións públicas nas que hai norias, coches de choque tren chu chu....ja, ja, ja, ¡que nome tan gracioso! verdade. Bueno e tamén temos unha vida boa: temos roupa, auga potable, amigos, familia, escola e moitas cousas mais. ¡Ánimo! QUERÉMOSTE Somos os teus amigos : Leandro Adrián Raquel Alex de 5º A
  • 24. SOPA DE LETRAS N M W E O C F W O Q N F Q N D R D D O E Q K I V L T Q I O P P H N J O A S U S E J U X D A U M A T Y P R U R E N B B K V G P U E P W C T N R V U L H B L L H I R Y J E H N H R S L R P T M J L D P T D W U E F U Q K Z F P E T S R A M I T K R G R G X L U F W Y Y Q L I H V O J Z A N N Z S V O E I P W R R M U E N R U T A S E D U Q D S W P P M E R C U R Y K J P L W H F T K B P U R A N U S I T I A Z T U F U Y B P J D V I K R C M U A L W D Y S Z Z K S W X C W Z C S I R U O F E B A H K E Q L J N S Y L D Y A A G T Z I S G I A C A K J L N H R O S N J F W J D O V S I X F J B N C K K W D X N B Q T C E C U R P C Q K B L G O W H D K V R G I A O R I S N K A R P C H I Z A E G X G E U G E E M U U G F A P Q Q V A Z D F E T X I E K F A L E G J N E T W R W B I G P W S Z E P T F O K O T U G R C A Q X I N I D F V B R F H E X I J D O L I N Q Z L P V T N A W K G E P W N J S O N H C O G Z K Y O O O O M Y S D F H P Periodistas Sara Enrique Pablo Icía Estefanía Lara de 5º B REALIZA ESTE CRUCIGRAMA DOS PLANETAS EN INGLÉS EARTH JÚPITER MARS MERCURY NEPTUNE PLUTO SATURN URANUS VENUS FIVE SIX SEVE N EIGHT NINE TEN
  • 25. SAÍDAS CULTURAIS Entrevista que fixemos a Xefa de Estudios do noso centro (Inés) - ¿Qué saídas culturais se fixeron e se fan ó longo do curso? a-Alumnos de Educación Infantil de 3anos –4 anos—5 anos: Saida ó auditorio de Narón e ó muiño de Pedroso. Hipermercado Alcampo, fundación caixa Galicia. Exposición Miquel Navarro.Saida Becano (Coca-cola).Fundación Caixa Galicia da Coruña. Exposición Diego Rivera.Saida ó auditorio de Narón.Viaxe a Mugardos en lancha b-Alumnos de primeiro e segundo: Saida ó belen da orde terceira. Saida ó auditorio de Narón. Concerto didáctico.Viaxe en lancha a Mugardos.Viaxe a Ares. c-Alumnos de terceiro e cuarto: Saida auditorio de Narón. Concerto didáctico Caixa Galicia de Ferrol. Convivencia de 2 días no albergue Albarella. Excursión a Marcelle d-Alumnos de quinto e sexto: Visita á casa do Home da Coruña. Saída ó auditorio de Narón. Concerto didáctico caixa Galicia de Ferrol. Ruta dos castros concello de Narón. Correlinguas . Excursión fin de curso para 6º a Port Aventura. Tamén participaron nos encontros de informática. Tamén pola Navidade todo o colexio foi a levar a Cáritas do barrio alimentos para os máis necesitados. -¿Qué aprenden os alumnos en cada saída? Este tipo de actividades complementan a formación do alumnado dando unha visión mais global e integral da educación . Foméntanse as relacións interpersoais partindo dunha metodoloxía experimental lúdica e nalgúns casos tamén científica. É fundamental dar a coñecer e aprender a valorar as costumes da Terra Galega e tamén doutras culturas . Aportámoslles experiencias que se integran na formación cultural e nas raíces autóctonas , pois é interesante coñecer quen somos e onde estamos . Proporcionemos vivencias de tradicións populares e costumes para valorar positivamente este tipo de manifestacións focloricas . Consideramos a opción de ampliar o abano de posibilidades cara a educación do ocio, acadando hábitos de asistencia a actividades polivalentes. A meirande parte destas propostas desenvólvense no medio físico e social próximo ós alumnos/as inculcándoselles actitudes de respecto ó medio ambiente. Neste colexio, adóitanse facer, nalgunhas datas, saídas culturais. Os titores levan ós seus alumnos a coñecer distintos lugares. Ésta é unha forma de que os alumnos o pasen ben e á vez aprendan cousas novas e sorprendentes sobre Galicia. Moitas destas saídas, son promovidas polo Concello de Narón. Nalgunhas saídas os rapaces van ó teatro a ver obras teatrais adaptadas a eles ou obras musicais. Periodistas Serxio Alex Iria
  • 26. O INVERNADOIRO. O invernadoiro construíuse fai dez anos, é pequeno construído cuns tubos de aluminio e por encima uns plásticos que algúns rapaces de fora o esnaquizan. Antes de chegar ó invernadoiro hai unhas rexas e antes das rexas hai un campiño moi pequeno. Alí nese campo os nenos do colexio van xogar e a falar entre eles. Fai moito tempo no campo ó principio había uns paos en forma de pico que foron derribados todos no chan. No invernadoiro hai verduras plantadas, froitos e tamén hai unha bodega en onde hai todo o necesario para plantar e coidalos. A encargada chámase Loli Fernández. Ela planta cós nenos todo o que se lle ocorra. Por exemplo: coles, tomates, flores, leituga, ... Cando todo medra Loli reparte a colleita entre os rapaces do colexio, e cada neno leva á súa casa parte do que plantou. Imos facer unha enquisa a Loli 1- ¿Gústache o traballo de encargada do invernadoiro? Si gústame, pero ás veces é cansado por falta de tempo. Estás plantando con algún curso e teño clase despois e non me podo parar como me gustaría 2- ¿En que consiste? En sementar cos nenos e logo facer un seguimento para ir vendo como medran ata que xa se poden consumir. 3- ¿Que é o que plantas máis? Depende dos anos, pero normalmente: leituga, acelgas, breco, espinacas....... 4- ¿Que aficións tes aparte das plantas? Bueno as plantas gústanme moito, pero as miñas aficións son diversas, e gústame moito estar cos nenos. 5- ¿ Gústalle ós nenos este traballo? Á maioría si, algúns non prestan moita atención e o único que lles gusta e xogar co compañeiro e, como moito, levar para a casa o cultivado, aínda que non o coman. Outros xa están acostumados a ver traballar no campo ós avós e son os que máis interese teñen porque sa lles resulta coñecido, En xeral alégranse moito cando imos ó invernadoiro . Periodistas de 5º B Juan Kevin Asier Noemí Nerea
  • 27. ENQUISA A UNHA LIBREIRA DO BARRIO DA SOLAINA ¿De que idade é a xente que habitualmente merca periódicos ou revistas? A xente que ven mercar normalmente é de mediana idade ¿Qué revistas se venden máis? Dende logo as de cotillón Cando hai un producto novedoso para os rapaces, ¿rapidamente veñen a mercalo? Si, sen dúbida, é ás veces esgotase nada máis chega ¿Qué pensas ti sobre o que a xente merca? Primeiramente eu penso que se debería ler máis; pero sobre todo, lecturas que axuden á xente a ter máis coñecementos, ademais de novelas e contos ¿Qué periódicos vendes máis? Os máis vendidos son Marca e A Voz de Galicia ¿Ves moita diferencia entre a cantidade que mercan os nenos (cromos, tazos.....) e o que mercan os maiores (revistas, periódicos...)? Si. O nenos consumen moito máis ¿O que estes preto dun colexio e cerquiña dun parque inflúe para vender máis? Si; non cabe dúbida, ó ser os nenos uns grandes consumistas Periodistas de 5ºB Alex Marta Desire Milena
  • 28. A CLASE DE INFORMÁTICA A clase de informática non é moi divertida, porque case nunca vamos a internet a xogar. Na aula temos vintecatro ordenadores de segunda man e de mala calidade, pero temos bos programas para traballar. Quixeramos que o concello de Narón nos comprase uns bos ordenadores, xa que somos nenos moi traballadores. Non temos as cadeiras adecuadas para traballar ben Tamén contamos co servicio dunha pantalla Interactiva e dixital. Esta disciplina non é curricular pero o colexio pensou que era boa idea para non quedar de costas as novas tecnoloxías. Na clase traballamos mecanografía co programa Mecanet3. Os traballos facémolos en Microsoft Word. Cada clase conta con 1 sesión a semana e desexaríamos que fora máis tempo. Unha idea é dar Coñecemento do Medio, Lingua Galega ou outra disciplina na clase de Informática e así practicaríamos tódolos programas do ordenador. A esta actividade tamén veñen os alumnos de outras clases, por eso en cada ordenador pasan á semana 7 alumnos xa que se lles da clase desde 1º de Primaria. En total pasan por esta aula 250 alumnos cada semana Periodistas de 5º B Eric Noel Damaris Lucía Lucía
  • 29. O COMEDOR ESCOLAR O comedor escolar comezou a funcionar neste curso a partir da nadal. Está situado no ximnasio dos nenos de preescolar pero ten un inconveniente: é moi pequeno e aproximadamente como máximo caberán 30 persoas. A comida é moi variada: cada día hai unha cousa diferente. Este comedor sérvelle ós nenos para apreciar o diferente tipo de comidas: Peixe, verduras, carne, pasta... Dúas mozas dirixen o comedor: serven a comida, levan ós nenos ó comedor... ENQUISA: -¿Que nenos se quedan máis: os maiores, ou os máis pequenos? -En xeral quédanse máis os pequenos con bastante diferencia en número. -¿Cantos nenos diariamente, van ó comedor e se quedan a comer? -Unha media de vinte nenos. -¿Que comen os nenos de hoxe en día(no comedor)? -As sopas, macarróns, pizzas, hamburguesas... ¿Deixádeslles ós nenos que deixen a comida no prato? -Sempre deixan algo, pero intentamos que coman algo de todo, tamén moitos limpan o prato. ¿Despois de comer, que fan? -Lavan os dentes, xogan co pouco que temos no comedor e tamén no patio. -¿Estades contentas co funcionamento do comedor? -Estamos contentas, e cremos que os pais tamén, pero aínda faltan moitas cousas que solucionar para que o funcionamento sexa óptimo para todos. -Enquisa ós usuarios do comedor: -¿Gústavos a comida do comedor? -Gústanos bastante a comida en xeral pero a comida verde cústanos máis comela. -¿Os maiores axúdanvos a coller os cubertos? -Os maiores normalmente axudamos ós pequenos en todo, nos lévamos moi ben. -¿Que preferides despois de comer: quedarvos a xogar ou irvos para a vosa casa? Todos preferimos quedarnos a xogar. Periodistas de 6ºA Juanki Crhistian Claudia Estela
  • 30. TALLERES Este ano no colexio os alumnos de 3º e 4º realizan os venres unhas actividades innovadoras para o noso colexio: Uns talleres nos que se realiza restauración ,de pintura, cociña, fabricación de xabóns, papiroflexia. Enquisa ós mestres encargados destes talleres 1. ¿Qué facedes no taller de pintura? Practicamos debuxo artístico, pintura propiamente dita, recortado, pegado, maquetas en papel e cartolina, planos,..... 2. ¿E no de cociña? Neste taller facemos pastas de té 3. ¿A fabricación de xabóns é divertida? Si, resúltalles divertida e a algúns parécelles asombrosa xa que non sabían que con aceite se puidese facer xabón 4. ¿Con qué materiais contades para a fabricación dos xabóns? Facémolo con aceite usado con xabón e sosa; ademais engadímoslle plantas aromáticas, talco, xel para que faga espuma 5. ¿Cal é a actividade que máis lle gusta os nenos? Normalmente gústanlles toda, aínda que algúns inclínanse máis por unhas que por outros. 6. ¿Cál é a actividade na que os nenos dan mellores resultados? En todas, xa que en todas o pasan ben e de todas aprende cousas. 7º ¿Qué facedes no taller de papiroflexia? Fan diferentes animais como baleas, barcos...... 8º ¿É difícil? Para a maioría é doado e ademais pásano ben 9º ¿Dende cando se realizan estes talleres? Comezamos este ano en xaneiro e fanse quincenalmente nas dúas sesións despois do recreo 10º ¿Qué valoración facedes desta experiencia? Hasta agora pensamos qué é unha boa experiencia pois os nenos aprenden e pásano ben Periodistas de 6ºA Borja Alberto María Silvia Fernández
  • 31. EXPERIMENTOS DE PACO: Neste curso, así como no anterior, o mestre Paco vennos ensinando dunha forma experimental a disciplina de coñecemento do medio; realizando experimentos diversos que nos ensinan moito mellor esta disciplina. Relatamos unha serie dos aprendidos: Dinosauros, coches e helicópteros montados con madeira motores, engrenaxes e poleas. Tamén se fixo un automóbil moi interesante con: Unha caixa de leite, un motor eléctrico, unhas rodas recicladas, engrenaxes e poleas. Case todo esta feito por motores, poleas e engrenaxes. Pero ten algúns que non, por exemplo: Un arame coa forma da súa cabeza feito con: Unha lata de refresco, e un barquiño de papel enriba CONCLUSIÓNS: Estes experimentos axúdanos a entender por comprensión visual, as leccións de Coñecemento do medio. Estas explicacións plasmadas vémolas mellor que nos libros de texto.. exemplo: Como funcionan os motores, que é un circuíto eléctrico... Pensamos que esta é unha forma diferente de aprender esta disciplina e que nos fai memorizar mellor que de outra maneira teríamos que memorizar sen máis. Este mestre tamén é o que realiza, axudándolle nós, os globos aerostáticos que se botan a voar polo día da paz. Periodistas de 6ºA Isma. Vicente. Carlos. Iovanna
  • 32. INTERNET Somos un grupo de nenos/nas que traballamos nestas páxinas de internet e parecéronnos interesantes publicalas na nosa revista, pois poden servir de axuda para traballar Yahoo páxinas para nenos sitios divertidos Nesta dirección de internet encóntranse as seguintes opcións: a- aplicacións didácticas b- redacción .... lecturas c- pasatempos ...xogos de palabras (manexo do rato) d- ortografía exercicios interactivos e- cálculo operacións para imprimir de nº díxitos f- decimais operacións para traballar de forma interactiva ou para imprimir g- sociograma traballar en valores h- caserón de Milagros Oya i- casigalines diferentes xogos par nenos pequenos j- chaval.es E un dos teus favoritos en internet cabaleiros e castelos lectura falada sobre a Idade Media o principito lectura do libro completo k- boohbah para xogar co ratón l- chiquimna para xogar os máis pequenos m- chicomanía 1- aula clic cursos gratis de informática 2- aula fácil cursos gratis de informática 3- puleva sitio onde se poden ver vídeos didácticos sobre o corpo humano 4- childtopia A Kis Drean xogos educativos para nenos que empezan a ler 5- xunta de Galicia portal educativo xogos educativos para nenos 6- ortografía. Aplicacións didácticas é válido para tódolos niveis 7- usa el coco catividades matemáticas para alumnos maiores 8- la magia de las palabras páxina para escribir contos 9- el huevo de chocolate (exercicios moi variados 10- aula infantil.com (exercicios para tódalas idades)
  • 33. 11- educación infantil y primaria( enlaces e direccións de todo tipo de actividades e xogos dende 3 anos en diante) 12- supersaber (traballos sobre o aparello dixestivo, a oca das sumas, carreira de cálculo mental, regras de b-v..... 13- educalia (xogos e talleres para infantil e primaria 14- chiquin noche (sitio para pequenos) Enquisa á ANPA do noso colexio Neste centro, como en casi todos, hai unha asociación de pais de alumnos chamada ANPA . Como toda asociación ten un ou unha presidente/a secretario/a vocais .... A nós interésanos saber como funciona e que traballo realizan, para eso imos facer unha enquisa ó seu presidente Luis Filgueira. ¿Qué significan as siglas ANPA? Asociación de nais e pais de alumnos ¿Para que sirve e como funciona? Para axudar ó funcionamento do colexio, organizar actividades complementarias, resolver si xurde algún problema asesorando ós pais socios. ¿Qué actividades se propoñen? Actividades extraescolares, recreativas, educativas, culturais, comedor escolar, convivencias, festivais...... ¿Por qué tódolos pais non se fan socios? Penso que sería mellor preguntar ós que non son socios. ¿Qué se fai cos fondos recadados? Mercar cousas necesarias para o colexio, (ordenadores, altavoces.. axuda á excursión de 6º, agasallo do Nadal, merenda do Entroido, autobús da convivencia......).sempre dentro das posibilidades económicas ¿Qué ocorrería se non houbera ANPA? Non habería actividades extraescolares, a xornada sería partida, non habería asesoramento, nin apoio para resolver os problemas que xurdiran . ¿Estades contentos co local do que dispoñedes? O local é suficiente pero podería ser mellor. ¿Estades informatizados? Temos un ordenador e impresora con programa de xestión de socios e actividades. Periodistas buscadores de direccións Zoraida Olalla Beatriz
  • 34. EXPECTATIVAS SOBRE A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DAS ALUMNAS/OS Feito antes de ir. Como tódolos anos o alumnado de 6º fai unha excursión. Este ano irase a Barcelona en avión. Nos esperamos con moita ilusión a excursión porque será a ultima do curso e a primeira que imos toda a clase xunta e varios días fora de Galicia. Queremos que xa veña porque algúns nenos non foron nunca en avión. Iremos a Port Aventura cremos que é o que máis nos vai gustar de todo e iremos todo un día. Os profesores non deixan levar móbil non sabemos porque. A nós parécenos inxusto porque si te perdes de casualidade, non podes chamar a ninguén para que te atopen. O primeiro día collerémo-lo autobús no colexio ás sete e media da mañá. O avión collerémolo na Coruña. Chegaremos e iremos a dar unha volta para coñecer algo de Barcelona: As Ramblas, o monumento a Colón, A Sagrada Familia...... Sobre as oito iremos a cenar. O segundo día pasarémolo en Port Aventura e de noite iremos a discoteca. o último día, ou sexa, o terceiro, iremos a piscina toda a maña. Volveremos a tarde despois de comer, e volveremos para aquí(a Narón) en avión. Esperamos pasalo moi ben. Periodistas Roberto Alex Silvia Filgueira Fátima Aroa Periodistas de 6º B Mikael Andrea Angela Martita
  • 35. Feito de regreso. Xa voltamos da excursión. Pasámolo moi ben, creo que mais do que esperábamos. Non necesitamos os móbiles para nada porque Antón deixounos chamar dende cabinas ou dende o seu móbil. E foi moi divertido o avión. A volta tivemos turbulencias e dan un pouco de medo porque paréceche que o avión vai caer. Pasámolo tan ben, que o ímos a recordar toda a vida. O que mais nos gustou da excursión foi ir a Port Aventura. Na piscina pasámolo divinamente porque aparte de bañarnos tamén xogamos toda a mañá. Fomos a xogar a praia de noite. Fomos a discoteca e algún non paraban de bailar e outros no se movían. Pero o malo e que regresamos , ás habitacións moi pronto. Tamén fomos o zoo e era espectacular, vimos animais que nunca víramos e oíramos falar deles. Esperamos volver a unha excursión tan bonita como esta. A TOMA DO APERITIVO ÁS 11 ½ Tódolos días antes do recreo os alumnos / as tomamos unha merenda que consiste no pan, o leite e a froita. Esta campaña comezou fai 5 anos co pan e leite neste colexio “A Solaina”. A algúns nenos/as non lles gustou a idea, a outros pareceulles ben. Non se paga moito diñeiro, o suficiente para que non sobre nada de diñeiro nin de pan, leite, e froita. Aínda que a algúns rapaces non lles gusta o pan e o leite deberían tomalo porque è moi san Cada semana son dous nenos por orden de lista os encargados de recolle – lo pan, leite e froita (mandarinas, mazás e plátanos ). O mestre/a repártenolo antes do recreo. Periodistas de 6º B Samuel Sergio L Carlos Kevin
  • 36. Enquisa a María encargada do pan, o leite e a froita: 1ª ¿Quén se ocupa de encarga-lo pan, leite e froita diariamente? Neste caso eu son a encargada de realizar esta tarefa, para que cada titora non teña que facer o da súa aula, xa que sería máis complicado 2ª ¿Da esto moito traballo? Unha vez que te acostumas vaise levando. 3ª ¿Quen prepara as cestas para tódalas aulas? As cestas prepároas eu para que nin as titoras nin os nenos perdan tempo, este é un traballo bastante pesado xa que ás veces os nenos danse de baixa e hai que mercar menos froita, pan e leite. 4ª ¿Pensas que é importante para os nenos tomar esta merenda no colexio? Non só a min me parece importante senón a tódolos mestres, xa que este é un acordo de claustro, que no seu día se aceptou para que os nenos non trouxeran alimentos pouco sans para a hora do recreo. Gracias María por todo o teu traballo. As convivencias escolares. As excursións de fin decurso fanse como remate a un traballo longo de todo o curso. Tamén se nos propoñen como complemento a unha actividade de formación. A excursión de 6º é moi esperada, xa que son dous ou tres días onde podemos divertirnos e xogar sen ter que facer ningún deber para as clases. As excursións de preescolar fanse cerca do colexio para que os nenos non se cansen demasiado. Os nenos de 1º,2ºe 3º ciclo fan unhas excursións máis longas para que poidan ser un pouco máis divertidas e para aprender algunhas cousas e o mesmo tempo divertirse. A excursión maís cotizada foi este ano a dos nenos de 4º curso, xa que estiveron fora de casa unha noite e puideron convivir en contacto coa natureza. A parte da titora Manoli, foron a mestra de audición e linguaxe Marité e o orientador do centro Antón. A el lle facemos estas preguntas: convivencia Vilasantar maio 2005 convivencia Alvarella abril 2006 ¿ É a primeira vez que alumnos de 4º saen unha noite fora de casa?Penso que a maioría deles é a primeira vez, excepto algún que pertenza a unha asociación de tempo libre como Croio, ou a algún club deportivo e fose a competir fora da Comunidade autónoma. ¿Houbo algún neno que se sentirá mal por estar lonxe dos seus pais?Non, ó contrario todos comprenderon que ó estar fora da case xa non son tan pequenos.
  • 37. ¿Foi unha excursión só cultural ou tamén había tempo para a diversión?En realidade non foi unha excursión, senón unha convivencia. Non foron visitas culturais senón traballos en talleres, como o da elaboración de queixo, o de papel, e o de plantas. Polo que a diversión foi aprender a convivir, compartir unha habitación no albergue e sobre todo traballar en equipo, xa que tiñan que coordinarase para recoller os pratos, recollela comida , servir a mesma e recoller as habitacións.¿Qué viron os nenos que non ven habitualmente?Unha granxa cunhas corenta vacas, onde lles deron de comer.Invernadoiros, plantas solares que transforma a luz solar en enerxía eléctrica, o todo o medio rural no seu esplendor. ¿Esta excursión era a primeira vez que se facía? ¿Vaise a volver a realizar?Non o curso pasado as titoras de 4º que eran María Xosé e Loli tamén levaron ós seus alumnos a unha convivencia a unha granxa, a de Vilasantar. A experiencia foi moi positiva e marcou para ben a unión entre tódolos alumnos do nivel.Este curso e dende o departamento do orientación valorouse positivamente realizar esta actividade de convivencia neste nivel para aproximar aos alumnos e que tivesen esa experiencia de convivencia, por eso os levamos o albergue Alvarella en Vilarmaior. O próximo curso falarase cos pais e titoras e si se valora necesario facer esta actividade farémola entón. ENQUISA O EDIL DE DEPORTES GUILLERMO No colexio dixéronnos que o edil de deportes era Guillermo e a el dirixímonos este grupo de alumnos para facerlle esta enquisa. 1ª ¿Como ve vostede os deportes a nivel escolar? Pois véxoa mal xa que a educación non esta vinculada ó deporte. So é importante a E. Física. 2ª¿Que deportes se deberían ensinar nos colexios: os que a os nenos lles gustan, os deportes propostos polo Concello ou un abano de deportes para completar a educación dos nenos? Mellor un abano de deportes repartidos así: de 3 a 7 anos psicomotricidade dende 7 a 12 atletismo, natación ..... e despois o que eles queiran. 3ª¿Pensa que os colexios de Narón teñen as condicións idóneas para a realización dos deportes? Non as teñen todas, pero os colexios están intentando conseguilas . Periodistas de 6ºB Ana Steven Néstor
  • 38. 4ª¿E os colexios pensa que tal e como están poden realizar os deportes mais sinxelos e desexados polos nenos? Non o primeiro que se debe facer é cubrir as pistas porque cando chove non se poden utilizar. 5ª ¿Colaboraría na compra dos materiais adecuados para practicar os deportes? Si, o Concello colabora con tódolos colexios 6ª ¿Gustaríalle impartir algún deporte no noso centro? ¡Non que va! Eu xa non estou para estes trotes 7ª¿Cre que os nenos deberían practicar outros deportes que non sexa o fútbol? Penso que o fútbol debería ser o ultimo en deporte en practicarse. Debendo ser os primeiros: atletismo e natación. OS PATIOS DE RECREO DO COLEXIO A SOLAINA Somos un grupo de nenos de 6ºB e imos a falar dos patios de recreo. Comezamos falando do patio de recreo dos pequenos: Hai moito lodo e gravilla e se caen manchanse e fanse dano.O parque non e moi seguro e poden caer. Hai tamén un espazo cerrado onde hai area e madeira que a rodea.A nos parecenos que este espacio é moi estreito para que xoguen tantos nenos de infantil Hai unha porta que divide o patio dos maiores do dos pequenos. Agora imos comezar a falar do patio grande: no campo hai moito lodo e buratos onde se acumula a auga cando chove e podese esvarar. O chan da pista e de cemento pedras e se caes podeste facer moito dano. As veces os máis pequenos tiran pedras a fora onde hai coches. Observamos que este patio é moi grande pero mal aproveitado e gustaríanos xogar a outros xogos que non podemos polas condicións en que se encontra este patio Imos debuxar o patio que queremos Zona de bosque debería estar pechada cun cierre doble natural e artificial (provisional mentres ás ábores son pequenas) Pista de cemento (xa existente) Deberiase remodelar en pavillón Periodistas de 6ºB Sergio Muñoz Adrian Marta Sosa Jennifer Ruth Pasillo de entrada acondicio nado cuns arcos onde poderia medrar algunha enredader a Diferentes Xogos en Pistas Zona libre de campo
  • 39. MAQUINUN TEMPO Fai moitos anos, dous rapaces- Giovanna e Vicente- ían paseando pola praia e, por curiosidade, foron observar unha profunda cova. Seguiron o escuro camiño, onde, alí, atoparon un coche ( audi TT). Ilusionáronse tanto que decidiron ollalo. Pero... Vicente arrancou o coche sen querer. O coche tiña moitos botóns. ¡Era rarísimo! A decidida rapaza tocou un botón que non debía. Abriuse unha porta e cambiuo tódala paisaxe por completo. Debido a que retrocederan un millón de anos. O automóvil partíuse en mil pedazos e ámbolos dous con él. De repente apareceron dentro dunha choza que non era de moita extensión. -¿ Cómo cegamos ata aquí?-interrogou a moza. -¡ Non o sei!-respondeu o intrépido neno. Neste momento, Giovanna atopou un mapa que dicía: “Quen atope este mapa deberá cumprir esta misión”: Salvar a humanidade. Deberás seguir estes pasos: 1º.- Atravesa-lo bosque inabordable. 2º.- Facer medio recorrido e alí, atopar uns anteollos, que vos servirán para ve-las esmeraldas que teñen os dinosaurios nos seus niños. -¡Falta un anaco do mapa!-dixo a nena. -¡ E verdade! ¿ que facemos agora? -Pois... ¡ podemos segui-lo percorrido ata atopar o outro anaco! -Estou dacordo. - A todo isto, ¿ que hora é? Nós só queremos disfrutar no noso centro xa que cando chove(que é case sempre) non podemos disfrutar do campo en 3 días porque o campo está mollado Esta é unha petición destes nenos que xa nos imos ó instituto, pero que non queremos que, “este que sempre será o noso colexio”, siga asi para os seguintes alumnos, pois algúns dos nosos pais xa viñeron aquí e todo segue igual. Rubén –Sergio Novo—Diego—Marcos – Tamara alumnos de 6º B Periodistas de 6ºB Diego Marcos Sergio N Tamara Rubén coa colaboración dos seus mestres
  • 40. -¡Eu que sei!¡ Agora poñámonos en marcha! Os dous decididos nenos puxéronse en marcha. Chegaron, esgotados a unha choza onde atoparon os anteollos. Foron ollando tódolos niños de tódolos dinosaurios cos anteollos e, por fin, atoparon as esmeraldas. Con elas estaba o anaco do mapa que faltaba e dicía: 3º.-Tedes que socorrer a un científico, que se atopa na última choza( no seu laboratorio). Seguide o camiño ata o río da morte. Posdata: Levade as esmeraldas.¡Urxentemente! Seguiron o mandado. E... por fin, atoparon ó científico. -¡Benvidos! Moitas grazas, ¿trouxésteslas esmeraldas? Porque é moi, moi urxente. -Sí, sí- dixeron a dúo os dous mozos. -¡ Ben,ben,ben!¡Salvarémola humanidade! -¿Cómo?¿que dis? -Encaixando as esmeraldas nos ollos dunha momia que se chama “Tutancamón”. Os nenos foron en busca da momia, encaixáronlle as pedras nos seus ollose, nun intre, atopáronse durmindo na súa cama, durmindo coma se non sucedera nada. ¡A humanidade estaba salvada! TIQUISMIQUIS Tiquismiquis estaba canso. Cerrábanselle os ollos e o polgar iaselle a boca. Pero antes de ir á cama tiña que encontrar a súa suave manta amarela. Tamen necesitaba o elefante de grandes orellas voadoras, por se se sentia só. Necesitaba o seu enormne e brillante libro de debuxos (que tiña que estar sempre limpo) , por se lle apetecía mira-los debuxos. Necesitaba o seu móvil con avión voltas e voltas sobre a súa cabeza. ¡ Ai, non ¡ queriaos quietos. Despois Tiqusmiquis queria un pouco de auga na súa taza que tiña a tapa con gretas, por se sentía sede. Quixo as cortinas pechadas para non ver, pola ventá as horribles polas da árbore que se movían. ¡ Ai, non ! agora quería abrir as cortinas porque quería ver pola ventá as polas da árbore que se movían. E necesita á súa familia de coellos rosaddes e tódolos titeres de felpa e os seus cubos de relucente madeira, o teléfono vermello co seu lagarto-cable enrollado, a barca de pescadores, o zoo, a preciosa chaqueta de inverno verde de plstico... Agora si, por fin todo estaba ben. Todo estaba exactamente como el quería. Tiquismiquis cerrou os ollos e durmiuse. ¡Menos mal! Autora Giovanna de 6ºA
  • 41. Durmiu dúas horas enteiras dando voltas na cama. Dun lada ao outro. Despoisdeu algunhas patadas ó seu arredor. Por este motivo, a familia dos osos rosados misturouse cos títeres de felpa, os cubos de rulucente madeira... ¡Que lío! ¡Que terible lío! Por descontado, nada estaba no seu sitio. Nada estaba como Tiquismiquis quería. Pero cando se lebantou ¿cres que lle importou? Pois non ¡ Non lle importou nada de nada! Xa ves. Xa non seria máis un Tiquismiquis porque non estaba como el quería todo, ¡Lograra unha gran sesta! Encontros Deportivos Escolares. Neste curso 2005-06 celebráronse algunhas competicións deportivas escolares no concello de Narón. Para informarnos, preguntamos ós monitores que desenvolven estas actividades no C.E.I.P. da Solaina. Un dos deportes que contou este ano coa competición intercentros foi o tenis de mesa no seu nivel de iniciación. Os colexios que participaron no campionato foron os seguintes: C.E.I.P. A Gándara, C.E.I.P. Virxe do Mar, C.E.I.P. Jorge Juan e o C.E.I.P. A Solaina. As idades dos xogadores-as van dende os 7 anos ate os 12 anos, que competían nas categorías de benxamíns, alevíns, infantís e cadetes. Os encontros tiveron lugar no colexio da Gándara para as categorías de benxamíns tanto feminino como masculino, mentres que as outras categorías fixéronse na Casa do Deporte de Ferrol. Autor Carlos de 6º B
  • 42. Debido a que a participación por parte dos xogadores-as foi moi numerosa, o resultado das actividades pódese calificar de moi bo. Así que esperamos para vindeiros anos podamos seguir con este tipo de encontros deportivos intercentros e tamén se amplíen a outras actividades deportivas que practican os nenos e nenas nos seus respectivos colexios ó longo do curso académico. XENTE Neste colexio, ó longo destes 25 anos, traballamos grupos de persoas con entusiasmo, con amor, pero sobre todo con dedicación. Alumnos que pasaron por este centro son miles, os primeiros xa están nos 40 e os últimos están nos 3 anos, algúns, fillos dos anteriores, tódolos alumnos que por aquí pasaron deixan pegada nos mestres, pois, cada un ten as súas peculiaridades que o diferencian dos demais. Anécdotas habería moitas para recordar, pero quedarán sempre no noso recordo. Tamén por este centro pasaron centos de mestres, definitivos, provisionais, interinos, en comisión de servicios e coa maioría segue existindo relación, pois o ambiente deste centro é moi especial. Traballos que se fixeron, aparte do estrictamente escolar, son moitos e sería imposible contalos, pero algún que agora se nos ven á cabeza .Cando uns cursos de octavo querían ir de excursión de fin de curso e para sacar diñeiro entre as nais deles, eles mesmos, Fina, presidenta da ANPA daquel momento e dúas mestras do centro, prepararon comparsas para recadar o que se puidera, recorrendo tódolos concellos da bisbarra. Un grupo de traballadoras do centro son as persoas que teñen o colexio, sempre impecable, pois cando entramos pola maña todo brilla, a pesar, do estado dos patios que é lamentable como está; cheo de lama, onde os nenos esvaran e póñense perdidos. Unha destas traballadoras leva aquí dende a apertura do centro, ela foi unha das que limpou o cemento das obras do edificio, xa a punto de retirarse segue coa mesma capacidade de traballo e enerxía que as demais compañeiras ¡ánimo a todas! Traballo realizado polos mestres do centro
  • 43. O cadro de persoal do centro aumentou cos coidadores/as , tanto os que están como os que estiveron apoiando o traballo cos alumnos os temos presentes pola axuda inestimable. Tamén os dous conserxes que estiveron aquí desempeñaron o seu cargo con eficiencia, así como unha especial mención para as suplentes, que, as veces, substitúen na conserxería, meténdose rapidamente na engrenaxe deste traballo con grande entusiasmo e cuns resultados magníficos. Outro colectivo que traballa con dedicación son os compoñentes da ANPA pois son os que se encargan das actividades extraescolares, colaborando en todo momento nos traballos que se lles pide. Por ultimo tamén están traballando cos alumnos os monitores das actividades , algúns xa levan moitos anos no centro, a eles agradecemos a súa dedicación. E a última incorporación a esta grande familia son as monitoras do comedor que se esmeran en axudar aos nenos que utilizan este servicio como se fosen as súas propias nais. Queremos tamén aínda que non están no centro nomear as persoas que fixeron a súa prestación social no colexio así como o voluntariado e aínda así, se nos esquecerá algunha persoa que tivo que ver co centro, pero dámoslles as gracias. É algo moi entrañable para nós é a despedida que este curso se lle fará a nosa compañeira Paquita, porque xa cumprida a idade física (que non psíquica), deixa este centro cunha labor encomiable ao longo de tantos anos. Paquita imoste votar de menos os nenos e nós, sabemos que non te esquecerás nunca desta etapa, neste centro sempre te recordaremos como unha grande mestra, traballadora, serena, con dedicación plena aos teus alumnos cun sorriso cada día . Paquita; ¡gracias! por tantos anos de felicidade o teu lado. Un abrazo moi forte de todo o claustro da Solaina, tanto dos actuais como dos que xa se retiraron antes que ti, para todos eles tamén vaia o noso recordo. Marina( primeira en retirarse) Imma, Mª Carmen Salgado (ausente), Ánxel (o primeiro director), Manolo, Carmen Arenas, Carmen Sangiao, Ricardo, Isabel.
  • 44. Escudo de Narón Bandeira de Narón O Escudo Heráldico Municipal do Concello de Narón foi aprobado por Decreto da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia de 23 de febreiro de 1984, que dispón no seu artigo único: "Apróbase o Escudo Heráldico Municipal do Concello de Narón, da provincia de A Coruña, que quedará organizado do seguinte xeito: Escudo medio partido e cortado. 1º, de ouro, cinco trabas de azur. 2º, de azur, dúas chaves de ouro adosadas e entretenidas cos seus aneis en forma de rombos pometeados. 3º, de azur, dúas espigas de ouro e sobre elas unha áncora de prata. Ao timbre coroa real cerrada." As espigas de trigo recordan a antiga economía do Concello de Narón, baseada principalmente na producción de cereais e o traballo da terra. A áncora é símbolo da vida mariñeira deste municipio, que se estende desde o Océano Atlántico ata o fondal da ría de Ferrol. No xefe do escudo, as trabas son as armas parlantes da antiga e poderosa casa de Traba. Os seus Condes fundaron e protexeron o mosteiro de San Martiño de Xuvia. Pola súa banda, as dúas chaves son o símbolo heráldico do mosteiro de Cluny, xefe da Orden de San Bieito, do que dependeu como priorato o mosteiro, desde o ano 1121 ata o ano 1518. Aos monxes deste mosteiro debemos a valorización e o cultivo de moitas terras do actual Concello de Narón.