guía de boas prácticas                     na explotación do                            percebeFinanciado por:
O principal fin de esta guía é recompilar nunha soa publicación todos os riscos emedidas preventivas para evitar no posibl...
introdución      O percebe (Pollicipes pollicipes) é un crustáceo mariño que se distribúe polas costas      occidentais at...
CONfRARíAS DE PESCADORES NACOmUNIDADE AUTÓNOmA DE GA-LICIA CON PLAN DE EXPLOTACIÓNDO PERCEBE:Provincia de A Coruña: A Coru...
PLAN DE EXPLOTACIÓNÉ o modo de planificar a actividade marisqueira. Preséntano as Confrarías dePescadores/as ou outras ent...
introduciónPLAN DO PERCEBE:As dúas modalidades de acceso ao recurso determina á súa vez unha dualidade de per-misos de exp...
introduciónB) A FLOTE:É unha habilitación aos tripulantes enrolados nunha embarcación, de 3ª lista con menos de 10 TRB,con...
DESCRICIÓN DA TAREFA:A tarefa de recolección do percebe consiste en arrincar as piñas de marisco di-rectamente das rochas,...
riscosARTES E ÚTILES DE TRABALLO:Para a captura do percebe utilizaranse as rasquetas, raspas ou ferrada que cons-tan dun m...
RISCOS DO ACCESO:A) POR MAR:O acceso faise nunhas embarcacións foraborda. Actualmente as que máis están a prolife-rar son ...
RISCOS PROPIOS DA TAREfA:Caídas polas pedras ou ao mar que poden ocasionar cortes, traumatismos,roturas de osos, escordadu...
Trastornos músculo-esqueléticos debido a:                                                                                 ...
RISCOS NA ESCOLLA:Trastornos musculo-esqueléticos debidos á:        - manipulación manual de cargas.        - mantemento d...
medidasmEDIDAS PREVENTIVAS DO ACCESO:A) POR MAR:1. PROPIAS DA EMBARCACIÓN:- Dispor dos medios de salvamento e supervivenci...
medidas2. SALTO:- Ter en conta e calcular os balanceos e cabeceos da embarcación.- Saltar con precaución e seguridade da e...
Contar coa correcta vacinación evitando a infección por tétanos nas feridas abertas.Evitar infeccións de feridas abertas e...
Limpar un pouco coa ferramenta as algas das rochas nas que se están a traballarevitando escorregar.Respectar os tempos de ...
medidasEQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPIS)Se se traballa atado/a a un cabo, débese anudarsimulando un sistema de arnés...
medidas Gorro/a para protexerse do sol e do frío, ademais de servir para recoller o cabelo, que pode dificultar a tarefa. ...
Luvas adecuadas á tarefa paraevitar riscos mecánicos (cortes,rozaduras,…) e que desauguenfacilmente, evitando guantesde go...
mEDIDAS PREVENTIVAS DURANTE A ESCOLLA:- Seguiranse os consellos plantexados na tarefa de extracción paraa manipulación man...
medidasC) PRImEIROS AUXILIOS BÁSICOS:Teléfonos de emerxencias sempre a man (na embarcación ter VHF e telefonía móbil ao ig...
LEMBRA- Ser prudente e non correr riscos innecesarios.- Nunca darlle as costas ao mar.- Manter unha boa forma física e ter...
BIBLIOGRAfíA LEXISLATIVA:Orde 12 xuño de 2009 pola que se modifica a Orde do 15 de novembro de 1992, pola que se regulan o...
Guía de boas prácticas na explotación do percebe
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Guía de boas prácticas na explotación do percebe

547 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
547
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
6
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Guía de boas prácticas na explotación do percebe

  1. 1. guía de boas prácticas na explotación do percebeFinanciado por:
  2. 2. O principal fin de esta guía é recompilar nunha soa publicación todos os riscos emedidas preventivas para evitar no posible os accidentes e enfermidades profesio-nais dos/as percebeiros/as; sendo conscientes que os/as propios/as traballadores/as, expertos/as na súa profesión, son os/as primeiros/as en adoptar e perfeccionaras medidas de seguridade segundo lles ensina a súa práctica diaria dando respostaas súas necesidades.Agradecerlle a esta xente do mar a súa implicación e colaboración na confecciónda presente guía, ademais da súa disposición para levarnos a mariscar, ensinándo-nos a súa maneira de traballar.
  3. 3. introdución O percebe (Pollicipes pollicipes) é un crustáceo mariño que se distribúe polas costas occidentais atlánticas de España, Portugal, Francia e Marrocos. A parte comestible é o pé que está cuberto por unha pel parda escura e dura que remata en unha uña dividida en varias placas ou escamas. Este órgano permítelle adherirse ás rochas en zonas de forte oleaxe (ondada) formando grupos ou piñas. ZONAS DE EXPLOTACIÓN DO PERCEBE/DISTRIBUCIÓN: Este marisco atópase en zonas de difícil acceso, en rochas situadas na zona marítimo- terrestre, ás que se pode acceder por terra ou por mar. Cando a zona permite o acceso de ámbolos dous xeitos, é xeralmente o mal tempo o que dificulta o uso da embarcación e fai preciso que os seus tripulantes accedan ao recurso por terra.
  4. 4. CONfRARíAS DE PESCADORES NACOmUNIDADE AUTÓNOmA DE GA-LICIA CON PLAN DE EXPLOTACIÓNDO PERCEBE:Provincia de A Coruña: A Coruña,Ares, Aguiño, Camariñas, Caión, Ca-melle, Cariño, Cedeira, Corme, Mera,Lorbé, Espasante, Ferrol, Fisterra,Laxe, Lira, Malpica, Muros, Muxía, OBarqueiro-Bares, O Pindo, Porto doSon, Ribeira.Provincia de Lugo: Burela, Celeiro,Foz, O Vicedo, Ribadeo, San Cibrao.Provincia de Pontevedra: A Guarda,Aldán-Hío, Baiona, Bueu, Cangas, OGrove.Resultados por provincias das porcentaxes de permex, de marisqueo a pé e asociados a embarcacións,calculados a partir dos datos publicados na páxina web de pesca de Galicia (www.pescadegalicia.com). 3
  5. 5. PLAN DE EXPLOTACIÓNÉ o modo de planificar a actividade marisqueira. Preséntano as Confrarías dePescadores/as ou outras entidades do sector á Consellería do Mar antes do 1 denovembro de cada ano.Os contidos mínimos son:- Número de mariscadores/as.- Períodos e zonas de extracción.- Días previstos de actividade.- Normas de comercialización.- Vixilancia.- Topes de captura por mariscador/a e día.Este debe ser aprobado pola Consellería do Mar e publicado no DOG antes dofinal de cada ano.Para traballar unha zona precísase estar en posesión do PERMEX (permiso deexplotación) e estar inscrito/a nun plan de explotación de percebe aprobadopara o ano que corresponda.
  6. 6. introduciónPLAN DO PERCEBE:As dúas modalidades de acceso ao recurso determina á súa vez unha dualidade de per-misos de explotación:A) A PÉ:É unha habilitación para poder exercer a actividade, sendo de carácter individual e in-transferible, válido por 5 anos, aínda que se revalida anualmente nas Delegacións Terri-toriais de Pesca ou a través das Confrarías de Pescadores/as.Os requisitos para a súa solicitude son:a) Ser maior de 18 anos ou menor emancipado/a e non ter máis de 65 anos.b) Estar empadroado/a nun municipio do litoral de Galicia.c) Estar en posesión do certificado de percebeiro/a.d) Non estar incapacitado/a para exercer os labores de marisqueo.e) Non ser perceptor/a de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade per-manente absoluta ou total, a favor de familiares ou perceptor/a da renda de integraciónsocial de Galicia. 5
  7. 7. introduciónB) A FLOTE:É unha habilitación aos tripulantes enrolados nunha embarcación, de 3ª lista con menos de 10 TRB,con permiso de explotación na modalidade de percebe. Ademais, os/as percebeiros/as tripulantes daembarcación precisan de unha acreditación da Consellería do Mar que se obtén tras realizar un cursoque aporta a cualificación profesional de percebeiro/a (certificado de percebeiro/a).TALLA MÍNIMA:Segundo a Orde do 12 de xuño de 2009 o tamaño mínimo de extracción e co-mercialización do percebe é de 15 mm, que se medirán polo diámetro maiorda base do capítulo (DBC).Cando se presenten formando piñas, polo menos o 60% do peso da piñadeberá estar constituído por exemplares que alcancen o tamaño mínimo.
  8. 8. DESCRICIÓN DA TAREFA:A tarefa de recolección do percebe consiste en arrincar as piñas de marisco di-rectamente das rochas, axudándose dunha ferrada ou rasca, que se empregaa modo de palanca. O percebe extraído recóllese coa man libre que ás vecessuxeita un trueiro en cuxo interior cae o marisco. As piñas logo son depositadasnunha bolsa de rede que se porta na cintura mentres se continúa mariscando.Para poder acceder ás distintas zonas é preciso saltar polas rochas. Tamén sepode ver traballar aos/ás percebeiros/as en parellas de forma que un/unha deeles/as se descolga polas rochas suxeito/a por unha corda á cintura en cuxocabo está o seu compañeiro/a, que actúa como sistema de seguridade anteunha eventual caída ou un golpe de mar. É un traballo que se realiza ao aire libreno que o/a traballador/a se encontra a mercé das condicións meteorolóxicas ecuxas xornadas de traballo están determinadas polo ciclo mareal.HORARIO DE TRABALLO:Comézase a traballar dúas horas e media antes da baixamar diúrna ata unhahora e media despois, cun máximo de 4h/diarias. NUNCA máis tarde das 17:00horas. Igual para os/as que van a pé ou a flote. 7
  9. 9. riscosARTES E ÚTILES DE TRABALLO:Para a captura do percebe utilizaranse as rasquetas, raspas ou ferrada que cons-tan dun mango recto de madeira unido a unha platina trapezoidal que teráunha base máxima de 15 centímetros (reguladas no Decreto 424/1993). A uti-lización de outras artes e equipos na extracción do percebe requirirá a previaaprobación do correspondente plan de explotación pola Consellería do Mar naforma que se determine regulamentariamente.PROHIBIDO o uso de equipos ou sistemas de mergullo.Entre os útiles auxiliares de pesca encóntranse: Rasquetas Bolsa recolectoraTrueiro (só en algunhas zonas): bolsa de rede que contén unha cuchilla soldadana parte superior coa que se arranca o percebe caendo este dentro da rede. Oconxunto está suxeito a un longo mango de madeira para poder chegar ata apiña do percebe que está fora do alcance das mans.Bolsa recolectora (bolsa de rede) que vai atada ao redor da cintura do/a Ferradapercebeiro/a para ir depositando o marisco. Está composta por unha rede paraun fácil desaugue.Corda empregada como arnés cando os/as percebeiros/as traballan en parellas. Trueiro
  10. 10. RISCOS DO ACCESO:A) POR MAR:O acceso faise nunhas embarcacións foraborda. Actualmente as que máis están a prolife-rar son as denominadas planeadoras (construción de fibra). 1. PROPIOS DA EmBARCACIÓN: - Caídas a distinto nivel: Desde as bancadas ou amuras ao plan da embarcación. Desde a embarcación á auga. - Caídas ao mesmo nivel no plan da embarcación. - Golpes con obxectos inmóbiles: remos, toletes, bancadas, rizóns, … Acceso por mar - Pisadas sobre obxectos: coitelos, ferradas, … (salto da embarcación ás pedras) - Cabezadas da embarcación á hora de navegar, podendo producir lesións nas articulacións (xeonllos e nocellos) e a columna vertebral. - Esvarar en cuberta por solo húmido ou sucio. - Colisión da embarcación coas pedras. 2. NO SALTO: - Caída á auga por esvaramentos, tropezos coa barandilla, balanceos e cabeceos da embarcación, … - Caída polas pedras tras o salto ou pola forza do mar. - Atrapamento entre a embarcación e as rochas. Acceso por terraB) POR TERRA:Caídas, traumatismos, cortes, picadas, rozaduras, etc debido a que ás veces o percorridoa pé faise por zonas abruptas e con moita maleza. 9
  11. 11. RISCOS PROPIOS DA TAREfA:Caídas polas pedras ou ao mar que poden ocasionar cortes, traumatismos,roturas de osos, escordaduras, ...Proxección de fragmentos de partículas (anacos de pedras, fauna,…) po-dendo ocasionar afeccións oculares, feridas, …Atrapamento por enganche da bolsa recolectora nas pedras.Rotura do mango da ferrada durante o seu emprego, coa posibilidade degolpes e proxección de astillas á cara e ollos.Rozaduras producidas pola roupa e calzado, ademais de outras lesións cu-táneas como a micose (infección causada polos fungos).Fatiga muscular debido aos sobreesforzos requiridos pola actividade,como o elevado ritmo de traballo, as posturas forzadas e os movementosrepetitivos. Isto pode producir unha diminución da capacidade física do/atraballador/a, que se caracteriza por: Cansazo. Movementos torpes e inseguros. Redución do ritmo de traballo (menor rendemento).
  12. 12. Trastornos músculo-esqueléticos debido a: riscos - Posturas forzadas de tronco e pescozo (xiro e inclinación) podendo ocasionar dor muscular, contracturas, lumbalxias,... - Movementos repetitivos de ombros, antebrazo e pulso, ademais da forza exerci- da, asociados ao uso da ferrada, podendo producir sobrecarga muscular, dor e le- sións como: Tendinite (inflamación dos tendóns). Síndrome do túnel carpiano (compresión do nervio mediano que pasa polo pulso producindo dor e formigo nos dedos polgar, índice e corazón). - Manipulación manual de cargas durante: O traslado dos útiles ao lugar de traballo e o traslado dos útiles e da cap- tura ata o punto de control. O transporte do saco de rede que leva colgado o/a recolector/a durante a captura, podendo desequilibralo xa que se leva sempre de un lado.Exposición a condicións ambientais de temperatura, vento e humidade extremas (o ven-to e a humidade incrementan a sensación térmica de frío e calor) aumentando a posibili-dade de padecer enfermidades osteomusculares (reuma, artrite, artroses,...).Exposición a radiacións non ionizantes: radiación solar, podendo ocasionar cancro depel e afeccións oculares polo reflexo do sol no mar.Alteracións dixestivas debido a que os períodos de recolección están supeditados aosciclos mareais variables. 11
  13. 13. RISCOS NA ESCOLLA:Trastornos musculo-esqueléticos debidos á: - manipulación manual de cargas. - mantemento de posturas estáticas e forzadas de tronco e pescozo (xiro e inclinación). - traballo continuo coas mans: movementos repetitivos de pulso e dedos (movementos de destreza manual a ritmo elevado).Exposición a condicións de temperatura, vento e humidade extremas, se a es-colla ten lugar nas pedras ou na embarcación, tendo en conta que a roupa ecalzado poden estar mollados total ou parcialmente polas condicións meteo-rolóxicas (choiva) ou polos traballos de extracción.Fatiga muscular e visual debido ás características da tarefa.Risco hixiénicos, biolóxicos e mecánicos: afeccións dérmicas, feridas, rozaduras,picadas e cortes nas mans pola manipulación dos percebes.Infeccións nas feridas abertas (tétanos).
  14. 14. medidasmEDIDAS PREVENTIVAS DO ACCESO:A) POR MAR:1. PROPIAS DA EMBARCACIÓN:- Dispor dos medios de salvamento e supervivencia a bordo da embarcación (extintor, aro salvavidas, ...).- Durante a navegación ir acorde co movemento da embarcación (non manter o corpo ríxido e flexionar os xeonllos).- Levar a bordo o botiquín coa revisión en vigor.- Levar un cabo de seguridade na proa para ir agarrado durante a navegación cando vaian varios.- Non exceder o número permitido de tripulantes nin rebasar a capacidade (peso) máxima da embarcación con- tando co peso da tripulación, útiles de traballo e captura.- Cuberta antiesvarante (pintura antiesvarante/goma) e calzado adecuado.- Orden e limpeza: cabos e ferramentas de traballo ben estibados para evitar tropezar ou esvarar.- Proteccións: coitelos, rizóns, barandilla…- Trincar os obxectos que podan sufrir desprazamentos.- Coñecemento sobre a forma de realizar a manobra de home á auga.- Levar posto o chaleco salvavidas (obrigatorio para os/as que non levan traxe de neopreno e aconsellable para o resto). 13
  15. 15. medidas2. SALTO:- Ter en conta e calcular os balanceos e cabeceos da embarcación.- Saltar con precaución e seguridade da embarcación ás pedras e polas pedras , evitando zonas de mar batido e poboa-das de flora e fauna mariña (algas, arneiróns, ourizos, mexillóns) evitando golpes, cortes, rozaduras, resbalóns, tor-ceduras, fracturas....- Agarrarse ao cabo de seguridade da proa para evitar caídas antes de saltar.- Aconsellable levar posto chaleco salvavidas e casco de protección.B) POR TERRA:Limpeza e mantemento dos camiños e accesos ao recurso.mEDIDAS PREVENTIVAS PROPIAS DA TAREfA:Estar en posesión da documentación e permisos necesarios, sendo isto unha verificación do cumprimento danormativa e das aptitudes e capacidades dos/as mariscadores/as.Estar atento/a ás predicións meteorolóxicas xa que NON se deber traballar se as condicións son moi adversas.Non traballar nunca só/soa, sempre en grupo.Ter boa forma física e bo nivel de natación.Vixilancia periódica da saúde (“recoñecemento médico”).
  16. 16. Contar coa correcta vacinación evitando a infección por tétanos nas feridas abertas.Evitar infeccións de feridas abertas e rozaduras tendo a man un botiquín con contido mínimo para a súa desin-fección e limpeza e protexendo as zonas afectadas en días futuros de traballo.Non manter a mesma postura durante un longo período de tempo. Aconsellable facer cambios posturais epausas periódicas para evitar a fatiga muscular.Evitar movementos de torsión e rotación do tronco durante a recolección, ademais de evitar a curvatura dacolumna vertebral (manter o lombo o máis recto posible).Realizar estiramentos durante a xornada de traballo.Utilizar ferramentas axeitadas á tarefa, con mango antiesvarante, evitando facer esforzos innecesarios, ademaisde facer un correcto mantemento das mesmas.O saco de rede debe de ser de pequeno tamaño para non levar moito peso de cap-tura, ademais de ter a malla resistente e ir suxeito ao/á traballador/a con un sistemade fácil liberación/apertura. Baleirar frecuentemente.Traballar coa menor superficie corporal ao sol e utilizar protección solar para a pel xaque tras a exposición excesiva á radiación UV pódese desenrolar un cancro de pel. 15
  17. 17. Limpar un pouco coa ferramenta as algas das rochas nas que se están a traballarevitando escorregar.Respectar os tempos de descanso (sono) e ter unha alimentación axeitada.No traslado dos útiles utilizar unha mochila coa espaldeira reforzada e pegala áscostas a unha altura superior á cadeira, sempre pensando de antemán que o pesoá volta vai a ser maior (aprox. 5-6 kg de captura máis o peso da roupa mollada).No levantamento de cargas débense manter as costas rectas, os pés firmes e se-parados e os xeonllos flexionados. Pegar a carga ao corpo. A descarga aconséllasefacer sobre unha superficie elevada e non sobre o chan, para economizar esfor-zos, seguindo os consellos do levantamento, pero na secuencia inversa.Levar auga ou bebidas isotónicas para hidratarse polo esforzo físico da tarefa deextracción.
  18. 18. medidasEQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPIS)Se se traballa atado/a a un cabo, débese anudarsimulando un sistema de arnés de cintura.Levar roupa de traballo axeitada a tarefa, sendo axustada ao corpo e có-moda para un movemento áxil. Recomendado utilizar: traxe de neopre-no reforzado nos cóbados, xeonllos e cu; coa posibilidade de xeonlleirase cobadeiras. Axuda á flotabilidade do/a percebeiro/a no caso de serarrastrado/a por unha ola, ademais de protexelo/a do frío e de posiblesrozaduras ou golpes contra as rochas. A ser posible debe ser de coresvivas para que sexa máis fácil a súa visibilidade. 17
  19. 19. medidas Gorro/a para protexerse do sol e do frío, ademais de servir para recoller o cabelo, que pode dificultar a tarefa. Aconsellable levar chaleco salvavidas e casco de protección xa que hai risco de golpear a cabeza contra as pedras podendo que- dar inconsciente, sufrir golpes, aturdimentos, … O chaleco salvavidas axuda a evitar lesións torácicas (de tronco e abdome), ademais de complementar a flotabilidade e aumentar a visibilidade en caso de caída.
  20. 20. Luvas adecuadas á tarefa paraevitar riscos mecánicos (cortes,rozaduras,…) e que desauguenfacilmente, evitando guantesde goma, látex, …Calzado de seguridade: botas de auga antiesvarantesperforadas para desaugar facilmente ou calzado de telacon sola antiesvarante. 19
  21. 21. mEDIDAS PREVENTIVAS DURANTE A ESCOLLA:- Seguiranse os consellos plantexados na tarefa de extracción paraa manipulación manual de cargas.- Manter unha postura correcta, preferiblemente sentado/a.- Columna vertebral recta (faixa lumbar).- Zona de traballo á altura adecuada.- Non xirar o tronco.- Aconsellable facer cambios posturais e pausas periódicas paraevitar a fatiga muscular.- Guantes impermeables adecuados á tarefa: para evitar riscosmecánicos e humidades.- Si a escolla ten lugar nas pedras ou na embarcación hai que ter enconta as condicións meteorolóxicas (calor, frío, choiva, vento…).- Iluminación xeral se os traballos se realizan en un lugar pechado(preparación/clasificación do percebe na casa para a venda).
  22. 22. medidasC) PRImEIROS AUXILIOS BÁSICOS:Teléfonos de emerxencias sempre a man (na embarcación ter VHF e telefonía móbil ao igual que nas rochas,para contactar rapidamente co servizo de urxencias, podendo quedar a cargo do/a vixilante). VHF: canle 16 CENTRO RADIO MÉDICO SOS Galicia: 900.44.42.22 EMERXENCIAS: 112 Centro de Saúde LocalLevar Botiquín básico, obrigatorio nas embarcacións e aconsellable por terra, podendo quedar ao cargo do/avixilante e a disposición de todo/a percebeiro/a. Contido mínimo: Material de curas: gasas, vendas, esparadrapo, puntos de sutura... Desinfectante: betadine, auga osixenada, amoníaco... Analxésico e anti-inflamatorio: nolotil, aspirina, paracetamol... Xogo de férulas inflables para fracturas, escordaduras e luxacións. Colar cervical.Coñecementos mínimos sobre:- Tratamento de traumatismos e contusións: golpes, cortes, escordaduras, luxacións ou fracturas de osos.- Reanimación dun/dunha “afogado/a”. 21
  23. 23. LEMBRA- Ser prudente e non correr riscos innecesarios.- Nunca darlle as costas ao mar.- Manter unha boa forma física e ter un bo nivel de natación.- Nunca traballar só/soa.- Levar EPIS homologados e mantelos en correctas condicións de uso.- Evitar posturas forzadas, movementos repetitivos e sobreesforzos.- Facer pausas periódicas e inxerir líquidos.- Soamente saltar cando sexa seguro.- Á hora de levantar a carga hai que utilizar os músculos das pernas enon os do lombo.
  24. 24. BIBLIOGRAfíA LEXISLATIVA:Orde 12 xuño de 2009 pola que se modifica a Orde do 15 de novembro de 1992, pola que se regulan ostamaños mínimos de extracción e comercialización de diversas especies de peixes, moluscos, crustáceos eequinodermos.Orde do 6 de marzo de 2000 pola que se regula a explotación do percebe (Pollicipes pollicipes) como recursoespecífico no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e modificacións (Orden do 13 de novembro de2008).Real Decreto 487/1997, de 14 de abril, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á manipu-lación manual de cargas que entrañe riscos, en particular dorsolumbares, para os traballadores.Decreto 424/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o regulamento da actividade pesqueira e dasartes e aparellos de pesca permisibles en Galicia.Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explota-ción para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e modificacións (Decreto 114/2007, do 31 de maio). 23

×