0
TOPONIMIA DOCONCELLO DE SILLEDA VII    Parroquias e aldeas     Siador, Silleda, Taboada, Vilar,     Xestoso               ...
29.- SIADOR
29. Siador (San Miguel)O nome da parroquia venlle dado polo dunha aldea da mesma,que foi posuída inicialmente por un home ...
29. Siador (San Miguel)Lugares de Siador:•   Barcia: perpetúa a voz Várzena medieval, que é moito máis    antiga, posto qu...
29. Siador (San Miguel)Lugares de Siador:•   Cóscaros: poderíase vencellar    quizais co latín cusculium ‘bugallo    produ...
29. Siador (San Miguel)Lugares de Siador:•   Marco: puido sinalar os límites    dun terreo, e neste senso tería    orixe x...
29. Siador (San Miguel)Lugares de Siador:• Penadagra: equivale a pena da agra.  Pena: é unha voz primitiva, quizais da  fa...
30.- SILLEDA
30. Silleda (Santa Eulalia)O nome desta freguesíaaparece escrito Exilieta noano 998 e Selleda en 1395.Inseparable de Sille...
30. Silleda (Santa Eulalia)Lugares de Silleda:•   Casas do Monte: deriva do    latín casa e mons ‘monte’.•   Costoia: trad...
30. Silleda (Santa Eulalia)Lugares de Silleda:• Foxo: procede do latín serodio fogium/foveum, trampa de  feras, consistent...
30. Silleda (Santa Eulalia)Lugares de Silleda:•   Mourelos: traduce a Maurellus,    diminutivo no latín vulgar do    antro...
30. Silleda (Santa Eulalia)Lugares de Silleda:•   Toxa: parece da familia de    toxo, que ten orixe prerromana.•   Trasfon...
31.- TABOADA
31. Taboada (Santiago)Probablemente o topónimoTaboada procedería de(aedificia) tabulata ‘edificiosde táboas’, ou de (terra...
31. Taboada (Santiago)Lugares de Taboada:•   Carballeda: indica co sufixo    -eta > -eda abundancia dunha    árbore, que s...
31. Taboada (Santiago)Lugares de Taboada:•   Eirexe: concorda co xenitivo    ecclesiae (locus) ‘lugar da igrexa’.•   Ponte...
31. Taboada (Santiago)Lugares de Taboada:•   Regueiro: sería o plural    neutro de *recarium, derivado    de *recum ‘rego’...
32.- VILAR
32. Vilar (San Martiño)Traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila.
32. Vilar (San Martiño)Lugares de Vilar:•   Barral: parece sinónimo de    barreiro, sitio no que abunda o    barro, voz de...
32. Vilar (San Martiño)Lugares de Vilar:•   Mazarelos: parece o plural de    mazarelo ‘man do machaduro ou    morteiro; ro...
33.- XESTOSO
33. Xestoso (Santa María)Do latín genista orixinouse Genestoso que non é só o nomeparroquial, Xestoso, senón tamén o dun l...
33. Xestoso (Santa María)Lugares de Xestoso:•   Fontefría: sería fons frigida no    baixo latín, coma o dito de    Fontebo...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Toponimia de silleda vii (siador, silleda, taboada, vilar, xestoso)

783

Published on

Toponimia do Concello de Silleda VII (Siador, Silleda, Taboada, Vilar, Xestoso).
Traballo realizado por Laura Fernández e Beatriz González de 1º bach. (curso 2011-2012) para o ENDL do IES Pintor Colmeiro de Silleda.
Tomouse como base o o artigo "Toponimia do Concello de Silleda" de Nicandro Ares Vázquez (Lucensias nº 17)

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
783
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Transcript of "Toponimia de silleda vii (siador, silleda, taboada, vilar, xestoso)"

  1. 1. TOPONIMIA DOCONCELLO DE SILLEDA VII Parroquias e aldeas Siador, Silleda, Taboada, Vilar, Xestoso por Laura Fernández Suárez Beatriz González Fernández (Curso 2011-12) A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda, de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
  2. 2. 29.- SIADOR
  3. 3. 29. Siador (San Miguel)O nome da parroquia venlle dado polo dunha aldea da mesma,que foi posuída inicialmente por un home chamado Senator-oris.
  4. 4. 29. Siador (San Miguel)Lugares de Siador:• Barcia: perpetúa a voz Várzena medieval, que é moito máis antiga, posto que parece de orixe celta, *barcina ‘campo que se inunda e cultiva’.• Barro: é voz prerromana descritiva da calidade dun terreo. Non obstante, quizais haberá que ter en conta o persoal Barrus.• Cartimil: foi o antropónimo visigótico Cartemirus.
  5. 5. 29. Siador (San Miguel)Lugares de Siador:• Cóscaros: poderíase vencellar quizais co latín cusculium ‘bugallo producido polo quermes no carballo’.• Costoia: traduce a custodia ‘garda, conservación, prisión’.• Currelo: é diminutivo de curro. Curro: voz relacionada co latín currus ‘carro’ e currere ‘correr’, foi a que orixinou curral.
  6. 6. 29. Siador (San Miguel)Lugares de Siador:• Marco: puido sinalar os límites dun terreo, e neste senso tería orixe xermánica; pero tamén pode reducirse ao nome persoal Marcus que sería o do posuidor de tal lugar.• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.
  7. 7. 29. Siador (San Miguel)Lugares de Siador:• Penadagra: equivale a pena da agra. Pena: é unha voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’. No latín medieval escriben penna. Agriño: parece levar o sufixo -inu > -iño, que o faría diminutivo de ager ‘agro’. Pero foi máis ben o nome persoal Agrinius o que orixinou o topónimo.• Sestelo: parece diminutivo do persoal Sextus, co sufixo -ellus do latín vulgar, diverxente de Sextullus e de Sextillus.
  8. 8. 30.- SILLEDA
  9. 9. 30. Silleda (Santa Eulalia)O nome desta freguesíaaparece escrito Exilieta noano 998 e Selleda en 1395.Inseparable de Silleiro,Sillobre e Sillosa ederivado dunsubstantivo de sufixolatino -etum/ -eta: *Silieta.
  10. 10. 30. Silleda (Santa Eulalia)Lugares de Silleda:• Casas do Monte: deriva do latín casa e mons ‘monte’.• Costoia: traduce a custodia ‘garda, conservación, prisión’.• Fonteboa: equivale a fons bona, dado que o masculino fons converteuse en feminino no latín serodio.
  11. 11. 30. Silleda (Santa Eulalia)Lugares de Silleda:• Foxo: procede do latín serodio fogium/foveum, trampa de feras, consistente nun foso feito na terra e camuflado na superficie, onde se pousaba o cebo para que caese dentro o animal ao comelo.• Mera: chámase a néboa espesa e baixa que estraga os cultivos, pero outro debeu ser o significado e orixe deste topónimo e hidrónimo, que se repite en Galicia. Din tamén que mera sería unha voz emparentada co grego méros ‘parte’, cando significa a parte de bens que lle corresponde a cada herdeiro ou a sorte que lle toca a cada veciño nunha partilla comunal.
  12. 12. 30. Silleda (Santa Eulalia)Lugares de Silleda:• Mourelos: traduce a Maurellus, diminutivo no latín vulgar do antropónimo Maurus ‘mouro’.• Toiriz: procede do persoal visigótico Teodoricus.
  13. 13. 30. Silleda (Santa Eulalia)Lugares de Silleda:• Toxa: parece da familia de toxo, que ten orixe prerromana.• Trasfontao: é o topónimo fontanum, Fontao: traduce o latín fontanus-a-um, adxectivo referido a fons ‘fonte’, que se converteu no cognomen persoal Fontanus. Precedido aquí da preposición trans ‘tras, máis alá de’.
  14. 14. 31.- TABOADA
  15. 15. 31. Taboada (Santiago)Probablemente o topónimoTaboada procedería de(aedificia) tabulata ‘edificiosde táboas’, ou de (terra)tabulata, é dicir, terra medidaen cadros: unam tabulam deterra per suos marcos, ou(pons) tabulata ‘ponte detáboas).
  16. 16. 31. Taboada (Santiago)Lugares de Taboada:• Carballeda: indica co sufixo -eta > -eda abundancia dunha árbore, que se chamaba carbalio en 985, non carbaculum ‘carballo’, derivado do prerromano carba.• Carral: deriva de carrus/currus, por ser camiño de carros.
  17. 17. 31. Taboada (Santiago)Lugares de Taboada:• Eirexe: concorda co xenitivo ecclesiae (locus) ‘lugar da igrexa’.• Ponte: alude evidentemente a pons ‘ponte’.• Reboredo: vencellado con robur ‘carballo’.
  18. 18. 31. Taboada (Santiago)Lugares de Taboada:• Regueiro: sería o plural neutro de *recarium, derivado de *recum ‘rego’, voz quizais pre-latina equivalente a riguus ‘rego’ en latín.• Taboadavella: é Taboada co adxectivo vetula ‘vella’.• Trasdovalo: vén do latín trans vallum ‘tras do valado ou da muralla’.
  19. 19. 32.- VILAR
  20. 20. 32. Vilar (San Martiño)Traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila.
  21. 21. 32. Vilar (San Martiño)Lugares de Vilar:• Barral: parece sinónimo de barreiro, sitio no que abunda o barro, voz de orixe prerromana.• Cabodevila: alude a caput ‘cabo, cabeza, extremidade’ dunha villa ‘vila’.• O Campo: traduce a campus, chao amplo sen cultivar.
  22. 22. 32. Vilar (San Martiño)Lugares de Vilar:• Mazarelos: parece o plural de mazarelo ‘man do machaduro ou morteiro; roda de mazar o leite; mazarico’. Este derviado do latín vulgar *mattea ‘maza’, podería referirse quizais a mazadoiros/mazadeiros de liño.• Redondo: procede do latín rotundus- a-um, adxectivo que foi base do nome persoal Rotundus.
  23. 23. 33.- XESTOSO
  24. 24. 33. Xestoso (Santa María)Do latín genista orixinouse Genestoso que non é só o nomeparroquial, Xestoso, senón tamén o dun lugar da freguesía.
  25. 25. 33. Xestoso (Santa María)Lugares de Xestoso:• Fontefría: sería fons frigida no baixo latín, coma o dito de Fonteboa: equivale a fons bona, dado que o masculino fons converteuse en feminino no latín serodio.• Fontelas: é plural do diminutivo vulgar fontella ‘fontiña’.• Reigosa: procede do adxectivo radicosus-a-um.• Río: foi rivus/rius en latín.
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×