Toponimia de silleda vi (piñeiro, ponte, refoxos, rellas, saíndres)

888 views

Published on

Toponimia do Concello de Silleda VI (Piñeiro, Refoxos, Ponte, Rellas, Saíndres).
Traballo realizado por Laura Fernández e Beatriz González de 1º bach. (curso 2011-2012) para o ENDL do IES Pintor Colmeiro de Silleda.
Tomouse como base o o artigo "Toponimia do Concello de Silleda" de Nicandro Ares Vázquez (Lucensias nº 17)

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
888
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
177
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Toponimia de silleda vi (piñeiro, ponte, refoxos, rellas, saíndres)

  1. 1. TOPONIMIA DOCONCELLO DE SILLEDA VI Parroquias e aldeas Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saíndres por Laura Fernández Suárez Beatriz González Fernández (Curso 2011-12) A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda, de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
  2. 2. 24.- PIÑEIRO
  3. 3. 24. Piñeiro (San Xillao)Un fitónimo derivado de pinus ou o xentilicio Pinarius foi oque se converteu aquí en topónimo parroquial.
  4. 4. 24. Piñeiro (San Xillao)Lugares de Piñeiro:• Basteiros: quizais podería ser variante de besteiros, é dicir, balistarios, coma “ballesteros” en castelán, ou terreos con herba besteira ‘heléboro, planta ranunculácea fétida’, ou “bastoeiros”.• Os Campos: traduce a campus, chao amplo sen cultivar.• Castrocastriño: parece un duplicado de castrum e do seu diminutivo; pero foi o castro do xentilicio Castrinius, é dicir, o castro posuído por un xefe con nome derivado de Castrius, tamén xentilicio.
  5. 5. 24. Piñeiro (San Xillao)Lugares de Piñeiro:• Castromonde: é un derivado de Castrum Mondii, castro posuído por un home chamado Mondius, Mundius ou Mundus.• Cuíña: puido proceder do latín colina/culina ‘cociña, fogar portátil, [fig.], mesa, sitio dos banquetes funerarios, tumba dos pobres, latrina. Tamén se podería ver acouchado en Cuíña o nome persoal Culina e Culinus.
  6. 6. 24. Piñeiro (San Xillao)Lugares de Piñeiro:• Porta-Piñeiro: componse de portus/porta determinado aquí polo nome parroquial.• Santifoga: parece composto do xenitivo nominal Sancti. Sante: reflexa o xenitivo do antropónimo Sanctius, que orixinou o persoal Sancho; a forma plena do Villa Sancti, que quedou fosilizada no topónimo Vilasante. Sería determinativo aquí de foca, plural de focum ‘fogo, fogar’.
  7. 7. 25.- PONTE
  8. 8. 25. Ponte (San Miguel)O nome alude evidentemente a pons ‘ponte’.
  9. 9. 25. Ponte (San Miguel)Lugares de Ponte:• Aldea de Abaixo: combina o nome árabe al-daia co adxectivo topográfico bassus ‘baixo’.• Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa, determinada polo cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis ‘rei’, sen que sexa necesario supoñer que fose un monarca histórico.• Meixomence: parece un apelido *Maxuminici, que sería o patronímico de Maxuminus, diminutivo de Maxumus/Maximus.• Rosende: corresponde ao xenitivo de Rodesindus, antropónimo visigótico.
  10. 10. 25. Ponte (San Miguel)Lugares de Ponte:• Sino: parece que traduce a signum, probablemente sinónimo aquí de campá da igrexa, usado neste senso en documentos notariais da Idade Media.• Trasfontao: é o topónimo fontanum, Fontao: traduce o latín fontanus-a-um, adxectivo referido a fons ‘fonte’, que se converteu no cognomen persoal Fontanus. Precedido aquí da preposición trans ‘tras, máis alá de’.
  11. 11. 26.- REFOXOS
  12. 12. 26. Refoxos (San Paio)Refoxos parece un plural derefugium “refojo, recôncavode terreno; gruta ou cavernaonde se escoitam feras”.Poderíase vencellar taméncon foveum ‘foxo’, coma ocastelán “Rehoyo” ou coverbo latino refodio ‘cavar’.
  13. 13. 26. Refoxos (San Paio)Lugares de Refoxos:• Cardesín: pódese comparar con Sino: parece que traduce a signum, probablemente sinónimo aquí de campá da igrexa, usado neste senso en documentos notariais da Idade Media. Pero tamén con Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa, determinada polo cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis ‘rei’, sen que sexa necesario supoñer que fose un monarca histórico. Ou Cardigonde: parece un rotacismo de cas-, apócope de casa, co nome visigótico do seu propietario, Guntus/Gundus.
  14. 14. 26. Refoxos (San Paio)Lugares de Refoxos:• Corrospedriños: leva como segundo elemento o adxectivo petrinus, derivado de petra ‘pedra’, calificando a corros, variante de curros, indicando aquí tal vez ‘cercados de pedra’. Pero tamén houbo o cognomen latino Petrinus.• O Couto: tamén traduce a cautum, participio do verbo caveo ‘precaver, protexer’, porque se trataba dun terreo acotado por un señor, por un mosteiro, etc.
  15. 15. 26. Refoxos (San Paio)Lugares de Refoxos:• Lázara: probablemente é adxectivación dunha Villa Lazara, é dicir, a vila dun propietario denominado Lazarus.• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.• Pallota: parece afín a palloza, vivenda cuberta de palla, ambos derivados de palea ‘palla’, con sufixos diferentes.
  16. 16. 26. Refoxos (San Paio)Lugares de Refoxos:• Tixoa: semella ser un diminutivo *tegiola, co sufixo do latín vulgar serodio -ola, probablemente baseado en tegere ‘cubrir’, coma tegula.• Xastres: sería plural do apelativo latino de oficio, sartor, -oris ‘xastre’, equivalente en significado ao árabe alfaiate.
  17. 17. 27.- RELLAS
  18. 18. 27. Rellas (San Martiño)Rellas sería un patronímico do antropónimo latino Regula.
  19. 19. 27. Rellas (San Martiño)Lugares de Rellas:• Curbeira: pode ser derivado de corvus, sitio de corvos, máis ben ca de curvas.• Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega.• A Lama: topónimo moi común no hispánico, de orixe probablemente prelatina.
  20. 20. 27. Rellas (San Martiño)Lugares de Rellas:• A Torrevedra: procede de turris vetera ‘torre vella’.• Vis: sería patronímico, quizais orixinado no antropónimo Visius, Visus ou Vicius.
  21. 21. 28.- SAÍDRES
  22. 22. 28. Saídres (San Xoán)O nome de Saídres parece un patronímico, tal como apareceen documentos medievais
  23. 23. 28. Saídres (San Xoán)Lugares de Saídres:• Aldea Grande: une a voz árabe al-daia co adxectivo latino grandis ‘grande’.• Barradaos: parece que equivale a Bardaos, topónimo lucense, escrito Barretanos, o cal posiblemente sería un étnico relacionado con Barredo, con base en ‘barro’.• A Cañoteira: implica colectividade de cañotos, palabra mozárabe cannut, derivada dunha forma hispánica *cannutus, semellante a unha canna ‘cana’.• Carracido: é variante de Carracedo, sitio abundante en carrizos, do latín carex -icis.
  24. 24. 28. Saídres (San Xoán)Lugares de Saídres:• Casardoño: pode ser casa ou casale Hordonius, nome do posesor.• Caxeba: parece constar do apelativo casa e dun nome persoal, comparable quizais co topónimo Casebio (Casa de Eusebio) ou tal vez (Casa) Sevia.
  25. 25. 28. Saídres (San Xoán)Lugares de Saídres:• Maragouzos: se cadra, podería ser un antropónimo bitemático primitivo *Mara-gautius ou visigótico. Aseméllase tamén a maragouto, molgueira, feixe ou mollo de trigo ou centeo na seitura cos que se fai a meda.• Moimenta: traduce a monimenta, palabra usada na epigrafía galaicoasturiana para indicar ‘monumentos’ funerarios.• Pedralaxe: componse de petra ‘pedra’, indicando con lagena ‘laxe’ a forma lisa, plana, de pouco grosor, como é a pedra pizarrosa.• A Pena: é unha voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’. No latín medieval escriben penna.

×