• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)
 

Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)

on

  • 939 views

Toponimia do Concello de Silleda II (Cervaña, Cira, Cortegada, Chapa). ...

Toponimia do Concello de Silleda II (Cervaña, Cira, Cortegada, Chapa).
Traballo realizado por Laura Fernández e Beatriz González de 1º bach. (curso 2011-2012) para o ENDL do IES Pintor Colmeiro de Silleda.
Tomouse como base o o artigo "Toponimia do Concello de Silleda" de Nicandro Ares Vázquez (Lucensias nº 17)

Statistics

Views

Total Views
939
Views on SlideShare
834
Embed Views
105

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

2 Embeds 105

http://silledaasferreiras.blogspot.com.es 104
http://silledaasferreiras.blogspot.com 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa) Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa) Presentation Transcript

    • TOPONIMIA DOCONCELLO DE SILLEDA II Parroquias e aldeas Cervaña, Cira, Cortegada, Chapa por Laura Fernández Suárez Beatriz González Fernández (Curso 2011-12) A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda, de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
    • 6.- CERVAÑA
    • 6. Cervaña (San Salvador)Nome orixinado en cervus,animal, e tamén nomepersoal. Unha (Villa)Cervanea/ania, co sufixo depertenza -anea/ania = -ana,indicaría que o donochamaríase Cervus.
    • 6. Cervaña (San Salvador)Lugares de Cervaña:• Alfonsiños: trátase de Alfonsinus, nome persoal e diminutivo de Adefonsus/Alfonsus.• Ouzande: manifesta ser evolución dun nome persoal en xenitivo do posuidor desta vila, pero non está claro cal foi.
    • 6. Cervaña (San Salvador)Lugares de Cervaña:• Reguenga: alude sen dúbida a unha vila ou herdade regalenga ‘rexia, do rei’.• Requeixo: dúas perspectivas: 1) Como sitio ao pé dunha montaña, posiblemente procedería de recassum, participio de recidere ‘recaer’. 2) Como sinónimo de recanto, podería vir de recassum, participio de recedere ‘retirarse’.
    • 7.- CIRA
    • 7. Cira (Santa Baia)O nome parroquialmanifesta semellanzas copersoal grego Cyra e Cyrus,de modo que porderíatratarse dunha Villa Cyra;pero tamén leron Cira nunepígrafe hispano, Ciro naGalia e Cirus na Xermania.En 1121 construíuse ocastelo de Cira, como serelata na “HistoriaCompostellana”.
    • 7. Cira (Santa Baia)Lugares de Cira:• Altamira: parece un orónimo, é decir, un sitio dende o cal se ‘admira’ e se ‘mira’ un amplo panorama. Máis probable parece que fose a vila posuída por Altemirus/Altamiro.• A Braña: ten unha orixe moi discutida polos especialistas. Uns derivan braña do latín veranea ‘pastos de verán’; outros parten do latín vorago -inis ‘sumideiro, sitio quebrado’; Corominas exclúe ambas interpretacións, propoñendo a orixe nunha voz prerromana *brakna.
    • 7. Cira (Santa Baia)Lugares de Cira:• A Cruz: traduce o latín crux, aludindo quizais a unha encrucillada de camiños.• Cursa: é o plural do latín currale ‘curral’, sitio cercado onde se encerran as reses e os carros, a carón das casas.• Curro: voz relacionada co latín currus ‘carro’ e currere ‘correr’, foi a que orixinou curral.
    • 7. Cira (Santa Baia)Lugares de Cira:• Fucarelos: parece un diminutivo de fúcar/fúcaro ‘home moi rico’, nome común e tamén propio derivado da familia Fugger, famosos banqueiros alemáns dos séculos XIV-XVI. Pero en 1867 no Nomenclátor de España escriben Jucarelos, castelanizando o Xucarelos. E nesta hipótese, poderiamos pensar no diminutivo dun antropónimo celta Su-carus ‘ben- querido’ co cambio do S inicial por X, como en sapone ‘xabón’, sulphure ‘xofre’, surdus ‘xordo’, etc.• Rendo: aseméllase a ‘arrendo’ e a ‘renda’, derivados do verbo reddere > *rendere no latín vulgar.
    • 7. Cira (Santa Baia)Lugares de Cira:• Santa Baia: é un haxiotopónimo popular, variante de Santalla, Santoalla, que equivalen a Sancta Eulalia, nome grego da ‘ben falada’, a patrona da parroquia.• Sobrado: alude a un (aedificium) superatum, é decir, unha vivenda de polo menos dúas plantas, que supera ás demais.
    • 7. Cira (Santa Baia)Lugares de Cira:• Vilacalva: podería referirse a unha vila edificada nun terreo “calvo”, é decir, sen vexetación; pero outra hipótese quizais máis verosímil sería ver en calva unha adxectivación do que inicialmente sería a vila dun posuidor chamado Calvus.• Vilar: traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila.
    • 8.- CORTEGADA
    • 8. Cortegada (Santa María)Correspóndese co nome Corticata,que Plinio lle daba a unha illa noAtlántico galego. É probable quetal nome estivese relacionadoorixinariamente co adxectivocorticatus-a-um, derivado decortex-icis ‘cortiza’ (parte exteriordalgunhas árbores, como é asobreira). Pero, secadra, taménentraría en conta o latín vulgarcors-cortis ‘corte’, clásico cohors-cohortis, co significado de curral,derivado de hortus ‘horto, recinto’.
    • 8. Cortegada (Santa María)Lugares de Cortegada:• Barral: parece sinónimo de barreiro, sitio no que abunda o barro, voz de orixe prerromana.• A Brea: traduce o baixo latín vereda ‘camiño vello estreito’.• Camporrapado: equivale a campo raso, dado que se compón do latín campus ‘chao amplo sen cultivar’, que aquí foi adxectivo co participio “rapado”, quizais formado vulgarmente de rapio-rapere-raptum, ‘arrebatar’.• Cardigonde: parece un rotacismo de cas-, apócope de casa, co nome visigótico do seu propietario, Guntus/Gundus.
    • 8. Cortegada (Santa María)Lugares de Cortegada:• Cortegadela: leva o sufixo -ella do latín vulgar, facendo diminutivo de Cortegada.• Covas: débese relacionar co latín vulgar cova ‘oco, burato, enterramento’ topónimo frecuente en Galicia a carón dos castros.• Fondo de Vila: é a descrición topográfica da parte dunha vila, situada no fundus ‘fondo’ ou parte baixa dun terreo en pendente.
    • 8. Cortegada (Santa María)Lugares de Cortegada:• Framiñán: é probable que a súa orixe estivese no antropónimo latino Flaminianus, derivado de Flaminius.• Regalade: corresponde ao xenitivo dun antropónimo, de posible orixe xermánica con base en gala.• Segade: provén do xenitivo de Sagatus, nome persoal gótico.• Xubín: foi xenitivo de Iovinus, antropónimo hipocorístico latino, derivado de Iovius/Iobius e relacionado co deus Iuppiter.
    • 9.- CHAPA
    • 9. Chapa (San Cibrao)A palabra chapa en castelánpodería proceder dunha base*klappa, coma clapa encatalán e clap ‘rocha,penasco’ no retorrománico.Tal vez teña a mesma orixeo topónimo Chapa, queindica a parroquia e unhaaldea da mesma.
    • 9. Chapa (San Cibrao)Lugares de Chapa:• Cornado: era o nome común dunha antiga moeda, que se chamaba así porque tiña gravada unha corona ‘coroa’ no envés. Cornado podería vir do persoal Coronatus.• A Cruz: traduce o latín crux, aludindo quizais a unha encrucillada de camiños.• Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega.• Penido: equivale a penedo, dado que leva o sufixo -ido, agregado a pena, sufixo que alterna con -edo noutros topónimos.