Slideshare.net (beta)

 
Post: 
Myspace Hi5 Friendster Xanga LiveJournal Facebook Blogger Tagged Typepad Freewebs BlackPlanet gigya icons

All comments

Add a comment on Slide 1

If you have a SlideShare account, login to comment; else you can comment as a guest


Showing 1-50 of 3 (more)

Quimica ambiental

From arousa, 1 year ago

Ciclo superior de quimica ambiental do IES A Basella en Vilanova d more

3558 views  |  0 comments  |  3 favorites  |  4 embeds (Stats)
Download not available ?
 

Groups / Events

 

 
Embed
options

More Info

This slideshow is Public
Total Views: 3558
on Slideshare: 3539
from embeds: 19

Slideshow transcript

Slide 1: Ciclo Superior Química Ambiental Técnicos en Medio Ambiente IES A Basella Vilanova de Arousa

Slide 2: Nunha pequena estrela da Vía Láctea Atópase un pequeño planeta A TERRA

Slide 3: É o único planeta vivo coñecido Un pequeño punto de vida no Universo No que se atopan os elementos imprescindibles para a vida: • Aire • Materia • Enerxía • Auga

Slide 4: A Terra, o planeta azul, é un gran ecosistema, a Biosfera, no que habitamos os seres humanos Utilizamos a Biosfera como: • Fonte de recursos naturais • Substrato para actividades • Sumidoiro de residuos

Slide 5: ¡Quen o diría, tan pequeno e canto vales!

Slide 6: E como resultado Contaminamos o aire Contaminamos a auga Contaminamos o solo Sobreexplotamo-los recursos

Slide 7: Provocando, a veces, grandes desastres ecolóxicos Chernobil (Rusia) Seveso (Italia) Bhopal (India) Minamata (Xapón)

Slide 8: E outras problemas ambientais crónicos Efecto invernadoiro Choiva ácida Burato na capa de ozono Destrucción da Biodiversidade

Slide 10: ¿Hai forma de evitalo? SI ¿Quen o pode evitar? TODOS XUNTOS ¿Quen sabe como facelo? OS TÉCNICOS EN MEDIO AMBIENTE

Slide 12: No IES A Basella fórmanse os técnicos Superiores en Química Ambiental Son os técnicos encargados da análise e control dos contaminantes químicos Augas Aire Caracterización de residuos Interpretación dos resultados analíticos. Avaliación de impactos ambientais. Ecoauditorias. Xestión ambiental. Selección e aplicación de medidas correctoras dos impactos ambientais. Xestión de residuos Depuración de augas

Slide 13: Temos experiencia solvente Gañamos o primeiro premio Voz Natura 1998 co traballo: Avaliación do impacto ambiental do turismo no parque de Carreirón http://www.ambiental.tk/

Slide 14: E contamos con unhas completas instalacións

Slide 15: Principio básico da xestión ambiental A xestión ambiental baséase no concepto do desenvolvemento sostible: 1. Satisfacer as necesidades presentes. 2. Non poñer en perigo as necesidades futuras. 3. Acadar o equilibrio entre o desenvolvemento económico, social e ambiental

Slide 16: A modo de exemplo A natureza, como sempre, é quen nos enseña: Actualmente somos depredadores dos recursos naturais do Planeta Os depredadores matan ás súas presas, que xa non lle serven de alimento no futuro. Os parásitos son mais listos. Non matan ás súas presas e aliméntanse continuamente delas. Pero os comensais son aínda mais listos. Aliméntanse das súas presas ó tempo que as favorecen para que medren mais e mellor. A solución é buscar mecanismos para vivir en simbiose co Planeta.

Slide 17: Coñecementos para logralo Módulos profesionais Horas  Organización e xestión da protección ambiental 155  Control de emisións á atmosfera 110  Control de residuos 130  Depuración de augas 240  Seguridade química e hixiene industrial 110  Proxecto integrado (traballo durante o curso) 105  Relacións no entorno de traballo (RET) 55  Formación e orientación laboral (FOL) 55 960 TOTAL CENTRO 1. Formación en centros de traballo 440 TOTAL CICLO 1.400

Slide 18: Módulo 1: Organización e xestión da protección ambiental ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA PROTECCIÓN AMBIENTAL TÉCNICAS DE INSTRUMENTOS DE XESTIÓN AMBIENTAL CONTROL NORMATIVA LEGAL ECONÓMICO- SECTORIAL FINANCIEIROS ANÁLISE DA INFORMACIÓN AMBIENTAL ADMINISTRATIVOS VERIFICACIÓN E EIA CONTROL ANÁLISE E AMA INTERPRETACIÓN

Slide 19: Módulo 2: Control de emisións á atmosfera Contaminación do aire Depuración de gases Análise de gases

Slide 20: Módulo 3: Control de residuos Clasificación e caracterización Xestión dos residuos Análise dos residuos

Slide 21: Módulo 4: Depuración de augas Contaminantes da auga Depuración da auga Análise da auga

Slide 22: Módulo 5: Seguridade química Lexislación Normas de seguridade Análise de riscos

Slide 23: Módulo 6: Proxecto integrado Análise da información Redacción de informes Informática aplicada Exposición e presentación de informes

Slide 24: Módulo 9: Formación en centros de traballo Experiencia laboral nun posto de traballo Responsabilidade laboral Traballo en grupo

Slide 25: Ben, xa sabedes que nas mans dos técnicos en medio ambiente está a salvación do mundo, e tamén os coñecementos que son necesarios para tan importante tarefa. Agora tócavos o turno para preguntedes as dúbidas que vos poidan quedar.

Slide 26: Preguntas mais frecuentes ¿Cales son os postos de traballo? ¿Cales son as perspectivas laborais? ¿É un ciclo difícil? ¿Da acceso á Universidade? ¿Convalídanse os módulos con estudios universitarios? ¿Qué duración teñen os estudios de química ambiental? ¿Cando se realiza a formación en centros de traballo? ¿En que empresas se fai a FCT? ¿É obrigatoria a formación en centros de traballo? ¿Podémonos informar a través de internet?

Slide 27: Postos de traballo tipo Os técnicos en medio ambiente poden acadar os seguintes postos de traballo: Concellos e outras administracións públicas Xestión ambiental nas empresas Departamento de calidade das empresas Depuradoras de augas residuais Xestión de residuos Gabinetes técnicos: Avaliación de impacto ambiental Ecoauditorias Elaboración de informes técnicos

Slide 28: Perspectivas laborais A lexislación, cada vez máis restrictiva, obriga ás empresas a incorpora-la xestión ambiental na xestión empresarial. É unha profesión con futuro, se ben as empresas tratan de atrasa-la incorporación das obrigas legais. En consecuencia, no momento actual non hai a gran demanda de técnicos que cabería esperar dos requirimentos legais. Aínda así, as perspectivas laborais para os técnicos en medio ambiente considéranse moi favorables. Os coñecementos ambientais facilitan, en moitos casos, a contratación por parte das empresas.

Slide 29: Dificultade do ciclo Os estudios de Formación Profesional son eminentemente prácticos. Polo tanto, quen realice as actividades prácticas e teña interese en acada-las competencias profesionais ten posibilidades de lograr a titulación. Polo xeral, os contidos son amenos e trátase dun ciclo que resulta agradable para a maioría dos alumnos. Con interese e constancia no traballo pódese superar o ciclo sen dificultade.

Slide 30: Accesos á universidade Diplomado en Enfermería Diplomado en Fisioterapia Diplomado en Logopedia Diplomado en Podoloxía Diplomado en Terapia Ocupacional Enxeñeiro Técnico Aeronáutico (toda-las especialidades) Enxeñeiro Técnico Agrícola (toda-las especialidades) Enxeñeiro Técnico Forestal (toda-las especialidades) Enxeñeiro Técnico Industrial (toda-las especialidades) Enxeñeiro Técnico de Minas (toda-las especialidades) Licenciado en Ciencias Ambientais Licenciado en Farmacia Licenciado en Química

Slide 31: Convalidación de módulos con asignaturas universitarias De momento non; pero está previsto que se poidan convalidar os módulos dos ciclos superiores con materias universitarias, e viceversa. Probablemente, dentro de poucos meses sexa unha realidade o que xa se ten feito a título experimental en algunhas universidades.

Slide 32: Duración do ciclo de química ambiental É un ciclo de 1 ano. Un curso completo no Instituto: 1.000 horas Comeza en outubro e remata en xuño Aproximadamente 1 trimestre de Formación en centros de traballo: 440 horas. Comeza en outubro do ano seguinte e remata en decembro.

Slide 33: Período da FCT Para realizar a FCT é imprescindible ter rematado e aprobado tódolos módulos do ciclo. Os alumnos que aproben en xuño fan a FCT de outubro a decembro. Os alumnos que suspendan algún módulo en xuño teñen a avaliación en outubro, e para eles a FCT comeza en xaneiro do ano seguinte e remata en marzo.

Slide 34: Obrigatoriedade da FCT É un módulo máis, e polo tanto un requisito imprescindible para obter o título. A FCT é un período formativo, un tempo de prácticas polo que non pode cobrar. Sen embargo hai becas para os desprazamentos e dietas, as cales se teñen que solicitar cando salgan publicadas no DOG. Os alumnos tamén teñen un seguro que cubre os posibles accidentes laborais.

Slide 35: Información a través de internet Si, pero nestes momentos a dirección é un pouco rara: http://tinyurl.com/rxuqh Tamén temos varias páxinas web para axudar ó alumnado. Estas son máis faciles de recordar: http://www.elprofe.tk http://www.labiblio.tk E a páxina do premio Voz Natura, na que hai accesos a estas e outras webs do centro: http://www.ambiental.tk

Slide 36: Empresas nas que se realiza a FCT De acordo coa lexislación vixente, tódalas empresas teñen que incorporar a xestión ambiental na súa xestión empresarial. Polo tanto, prácticamente calquera empresa é adecuada para realizar a FCT. Sen embargo, algunhas empresas teñen máis problemas que outras, e éstas son as que nos interesan. Citando algúns exemplos: Ence Concellos do Salnés Acuario do Grove Finsa Centro de mareas vermellas Brenntag química Frigasa Centro comarcal do Salnés Hospital Comarcal Foresa Universidade de Santiago Lantero Adegas Mantín Códax Megasa Forestal de Lourizán

Slide 37: Graciñas pola vosa atención ella s Ba A IES Vilanova de Arousa