More than Just Lines on a Map: Best Practices for U.S Bike Routes
Samaín
1. SAMAiN
Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo
reconverteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas
décadas esquecida, pero nos últimos anos estase volvendo a
recuperar grazas ao traballo realizado nas escolas e en varios
concellos de Galicia.
A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o
verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos
atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e
visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo
de alimento.