Mujeres Creadoras

18,507 views
18,276 views

Published on

Published in: Education
2 Comments
8 Likes
Statistics
Notes
No Downloads
Views
Total views
18,507
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
10,649
Actions
Shares
0
Downloads
288
Comments
2
Likes
8
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Mujeres Creadoras

  1. 1. CREADORAS MULLERES
  2. 2. PRESENZA FEMININA NA ARTE Moitísimas figuras de mulleres escribiron, pintaron, esculpiron ou compuxeron música antes do século XIX. Foron sistemáticamente presentadas nos manuais de historia da arte dunha forma marxinal o que podería facernos pensar que apenas existiran.
  3. 3. "Ben feliz es, lector -escribiría a discípula favorita de Montaigne-, se non pertences a este sexo ao cal lle están vedados todos os bens ao vedárselle a liberdade, a fin de concederlle como única felicidade, como virtudes soberanas e únicas, facer o bobo e servir."
  4. 4. Moitas pinturas realizadas por mulleres foron inicialmente atribuídas a homes, o que indicaría que non hai diferenzas obxectivas entre a arte realizada por mulleres ou por homes.
  5. 5. Unha panorámica da arte feminina desde a pintura barroca de ARTEMISA GENTILESCHI ata a arquitectura dunha artista consagrada e libre como ZAHA HADID
  6. 6. Artista italiana do século XVII, filla dun pintor. Xa desde pequena achégase á pintura observando os cadros do seu pai, quen desexaba que fose monxa e mantena practicamente encerrada en casa, permitíndolle o acceso ao taller coa condición de que ninguén lle dirixa a palabra.AUTORRETRATO COMO ALEGORÍA DA PINTURA
  7. 7. Pintora de éxito. Primeira muller admitida na Academia do Deseño de Florencia en 1616. SUSANA E OS VELLOS, 1610
  8. 8. Nas súas pinturas fanse patentes as heroínas femininas. As mulleres que representa teñen gran fortaleza de espírito, enfróntanse á forza masculina. JUDITH E HOLOFERNES, 1614 ARTEMISA GENTILESCHI
  9. 9. ARTEMISIA GENTILESCHI Foi a primeira muller en pintar motivos ou escenas relixiosas. JUDITH E A SÚA DONCELA (1619) Magdalena como la melancolía
  10. 10. Crece o número de mulleres dedicadas á arte, aínda que o modelo feminino segue a relegar á muller ao papel de esposa, nai e anxo do fogar. SÉCULO XIX
  11. 11. Coa vangarda artística francesa, créanse asociacións de mulleres artistas e os grandes mestres abren as portas dos seus talleres ás mulleres.
  12. 12. BERTHE MORISOT, MARY CASSAT, E A ESCULTORA CAMILLE CLAUDEL asumiron os seus roles de mulleres que crearon a par dos seus colegas. Claro que o seu nome asóciase aínda ao dun mestre, e Morisot é cuñada de Manet, Cassat amante de Degas e Claudel irmá de Paul e a desgraciada namorada de Rodin. Pero pintaron, modelaron e tallaron. MANET: RETRATO DE BERTHE MORISOT MARY CASSAT: AUTORRETRATO, 1878 CAMILLE CLAUDEL
  13. 13. A PASIÓN IMPRESIONISTA BERTHE MORISOT (1841-1895)
  14. 14. «É importante expresarse ... coa condicion de que as sensacións sexan verdadeiras e procedan da propia experiencia». MANET: RETRATO DE BERTHE MORISOT
  15. 15. A IRMÁ DA ARTISTA XUNTO Á FIESTRA Escenas familiares en interiores A súa técnica, baseada en grandes pinceladas aplicadas libremente en todas as direccións. Calidades transparentes, iridiscentes e tornasoladas.
  16. 16. O BERCE O efecto atmosférico, por medio da luz que difumina os contornos. Emprego de veladuras e de contrastes de cor.
  17. 17. Puerto de L'Orient, 1869 A escena recolle a luz do serán, que alaga de tonalidades claras todo o espazo e crea sombras coloreadas.
  18. 18. Logo da morte de Berthe Morisot, o pintor PISSARRO escribiu ao seu fillo : Non podes imaxinar que sorprendidos estamos todos nós e que conmovidos tamén, pola desaparición desta distinguida muller, quen tivo un talento feminino tan espléndido e quen proporcionou honra ao noso grupo Impresionista que desaparece - como todas as cousas-. ¡Pobre Mme. Morisot, o público apenas a coñece!.AUTORRETRATO
  19. 19. MARY CASSAT AUTORRETRATO “Coñecín a algunhas persoas co meu sentido artístico, sentiron o amor e a vida. ¿Hai algo comparable a esta alegría para unha artista?”
  20. 20. MARY CASSAT Artista norteamericana. Estudiou na Pennsylvania Academy of Fine Arts. O seu encontro con Edgar Degas cambia o curso da súa formación artística. O pintor, fascinado polo estilo e a personalidade da moza americana, convértese no seu mentor e introdúcea no ambiente da vangarda e máis concretamente no grupo impresionista. AUTORRETRATO
  21. 21. MULLER SOSTENDO UN ABANICO, 1879 O seu tema preferido será o retrato de mulleres e nenos. Como Degas prefire as escenas de interior pero tamén realiza obras importantes ao aire libre. En 1904 Francia concedeulle a Lexión de Honra. Nomeada membro da Academia Nacional de Debuxo de Nova York en 1910. MARY CASSAT
  22. 22. MARY CASSAT: “No baño”, 1890 EISHOSAI CHOKI 1789-1795 ESTAMPA XAPONESA Aprende a técnica do gravado e estuda a arte xaponesa que chega a engaiolala.
  23. 23. PASEO EN BARCO, 1895
  24. 24. CAMILLE CLAUDEL «¡Oh canto talento, non ceso de gritalo! Pero ¿qué queres? ¡Non se dan conta, non o perciben!» EMILE ZOLA «Mostreille onde atopar o ouro; o ouro que ela busca está en si mesma.» AUGUSTE RODIN
  25. 25. Escultora francesa. A pesar da oposición da familia o seu irmán, Paul, escritor e único amigo, conseguiu que os seus pais autorizasen a entrada dá súa irmá nun taller. Entra en contacto con varios escultores. A eles sorprendeulles a mestría e ou dominio que xa expresaba Camille, polo que lle prestaron a súa axuda para ingresar nunha Academia de arte. CAMILLE CLAUDEL (1864-1943) “Unha fronte soberbia, baixo ela uns ollos magníficos, dese raro azul, tan difícil de atopar”... PAUL CLAUDEL O escultor Rodin foi o seu mestre e marcou a vida e a obra de Camille.
  26. 26. Naquela época, Camille Claudel roldaba os 20 anos e atopábase na plenitude da súa beleza e da forza creativa. O contacto co escultor Auguste Rodin desemboca nunha relación amorosa moi atormentada que a marcaría desde o punto de vista profesional e personal. Rota a súa relación co escultor, entra na súa vida Claude Debussy pero tamén el está unido a outra muller. Mentres, as súas obras alcanzan certo éxito e aparecen con frecuencia artigos sobre ela nas revistas de arte. A SÚA RELACIÓN CON RODIN A NIVEL PERSOAL
  27. 27. Esta relación influíu de xeito decisivo na obra de Camille. Ela aprendeu rápido e Rodin permitiulle participar en moitas das súas grandes esculturas. Aínda que, medorento da súa personalidade e talento arrasadores, intentaba rebaixar o seu protagonismo no estudo. A SÚA RELACIÓN CON RODIN A NIVEL PROFESIONAL RODIN POR CAMILLE CLAUDEL CAMILLE POR RODIN
  28. 28. Colaborou con Rodin en “As Portas do Inferno” e “Os Burgueses de Calais”. Esta época foi realmente produtiva para Rodin, mais a Claudel impediulle desenvolver o seu propio estilo. OS BURGUESES DE CALAIS
  29. 29. Prodúcese entre ambos un clima de colaboración e enfrontamento que enriquece o labor mutuo. Camille deixou escrita, na súa correspondencia da época, que Rodin se aproveitaba dela, que as obras que presentaba como propias eran produto do seu talento menosprezado.
  30. 30. Os dous artistas inflúense mutuamente; a “Mociña con gavela” anuncia a “Galatea” de Rodin e a “Muller fauno axeonllada” están na orixe das figuras femininas de “A Vague” de Camille Claudel.
  31. 31. Pasou os 30 últimos anos da súa vida no manicomio. Alí morreu soa. Abandonada por todo o mundo, incluída a súa familia. Camille Claudel cargaba ás súas costas 79 anos dunha vida tan dramática como fascinante. E aínda tería que transcorrer moito tempo para que se recoñecese o seu talento como escultora. Sobre todo, para que a súa personalidade artística voase por encima da súa relación con Auguste Rodin. O seu mestre. O seu amante. Un xenio déspota e vantaxista, da que Claudel foi vítima. Como o foi da súa familia ingrata e da sociedade misóxina da época. DERRADEIROS ANOS DE CAMILLE CLAUDEL
  32. 32. “RAPARIGA CON GAVILLA”, 1886 Camille cegou a Rodin coa súa obra. Ao ver as súas esculturas en xeso descubriu nela un alma xemelga, alguén que como el vivía por e para os perfís. Alguén que se zafaba do academicismo para liberar as figuras, dotalas de movemento e emoción, transformando pouses clásicas en novas formas de poderosa vitalidade. As formas saen da misma materia, do bloque de mármore.
  33. 33. O VALS,1889 Bronce Logo da súa ruptura con Rodin, mostra cambios na concepción da súa obra: unha expresividade apaixonada e exclusiva do corpo espido, con actitudes máis elegantes. Os panos envolven o corpo. Unha obra mestra como “O vals” é un exemplo da evolución de Camille.
  34. 34. O VALS,1898 En mármore
  35. 35. FANTASÍA Á CALOR DO LUME OU “O PENSAMENTO”, 1898 Grupo que representa a unha moza axeonllada diante dunha cheminea, a fronte apoiada contra o mármore parece anticipar a carta delirante que escribirá ao seu irmán logo de 19 anos de internamento: “¡Deus meu, que pena, eu querería estar xunto á cheminea de Villeneuve (a súa casa da infancia), pero creo que non sairei xamais de Montdevergues, o tren xa partiu!”
  36. 36. “A ONDA” OU “AS BAÑISTAS” Mármore, ónice e bronce. Novo estilo derivado do xaponesismo, entón de actualidade. Composicións con elegantes xogos de curvas. «A Onda» vai caer sobre as mozas que danzan sobre a area e esperan a caída da auga con estremecimentos de alegría. Representa o enfrontamento dun grupo humano co mar.
  37. 37. A IDADE MADURA, 1899-1903 O home (a idade madura) é arrastrado por unha anciá figura feminina (a vellez) mentres unha moza axeonllada (a mocidade) parece suplicar para que non a abandone. Malia que non se observa ningunha alusión nos rostros dos personaxes, parece que nos atopamos ante unha referencia ao triángulo amoroso entre Rodin, Rose Beuret -representada pola anciá- e a propia Camille Claudel.
  38. 38. A SIRENA, 1904
  39. 39. “O ABANDONO” Inspírase nunha evocación literaria: un drama dun poeta hindú: o reencontro de Sakountala e do seu esposo tras unha separación provocada por un encantamento.
  40. 40. A AURORA Camille posúe unha gran habilidade técnica para a escultura dominando á perfección a talla do mármore
  41. 41. Avances do movemento feminista e da loita polos dereitos da muller, pero aínda na primeira metade do século as mulleres artistas seguen á sombra dos homes. Así se coñece a Sonia Terk como esposa de Robert Delaunay ou a Xeorxia O’Keeffe de Alfred Stieglitz, a Gabrielle Münter como parella de Wassily Kandinsky, a Le Krasner de Jackson Pollock ou a Doura Maar de Pablo Picasso. O SÉCULO XX
  42. 42. Nacida en 1887 en Wisconsin, De intensa vida artística, desde a súa primeira exposición en 1917, sempre conducida e apoiada, polo seu marido, Stiegelitz. Realiza seus cadros case abstractos baseados en ampliacións de plantas e flores, obras de gran elegancia e vitalidade, cuxas formas sensuais están cheas de suxestións. XEORXIA O’KEEFF (1887-1986)
  43. 43. “A toda forma natural, a toda roca, a todo froito ou flor, ata ás pedras soltas que cobren o camiño, concedinlles unha vida espiritual, vinas sentir, asociei con elas un sentimento.” XEORXIA O’KEEFF
  44. 44. Como algún dos órganos reprodutores das plantas mostran verdadeiro parecido cos humanos, poden establecerse asociacións eróticas ao observar o interior do caliz aberto da flor. O’Keeff deixa no aire a explicitación deste elemento, o que constituirá unha característica esencial da súa pintura e conferiralle ao mesmo tempo forza e profundidade. XEORXIA O’KEEFF “Iris negro”
  45. 45. Innovador uso da cor e de la forma. Equilibrio das súas composicións, baseado nas formas e ritmos da natureza.
  46. 46. Pinta as formas abstractas das cousas visibles sen abandonar do todo a aparencia natural das mesmas. Na cor reside a forza emocional que emana da súa obra.
  47. 47. “No lago”“Pelvis con lúa” “Só cando se elixe, deíxanse cousas de lado e fixanse os puntos básicos, tropézase un co significado verdadeiro das cousas”
  48. 48. Hotel Shelton con manchas de sol, 1926Edificio Radiator, noite, Nova York, 1927 Durante a súa estancia en Nova York realiza unha serie de teas con paisaxes urbanas nas que a cidade se transforma nunhas imaxes fantásticas cunhas visionarias composicións de formas xeométricas moi coloristas.
  49. 49. TAMARA DE LEMPICKA (Polonia,1898 – México,1980) Art Decó, estilo propio das artes decorativas desenvolvido no período de entreguerras, entre 1920 e 1939 en Europa e América. Viviu o século XX con toda a súa intensidade. Foi testemuña da Revolución rusa, gozou os aloucados anos vinte en París e triunfou como artista Art Decó. En 1933 emigra a Estados Unidos e traballa con Willem de Kooning e Xeorxia O’Keeffe. Madonna, Jack Nicholson e Babra Streisand son coleccionistas da súa obra.
  50. 50. Obra de acabado perfecto que dá a impresión de ser concibida como obra publicitaria, marcada polo cine, cun encadre moi curto. Autorretrato no Bugatti Verde
  51. 51. O “Art Déco” baséase principalmente na xeometría do cubo, a esfera e a liña recta. Modela as figuras, sempre aristadas e de volumes moi xeométricos, logrando con iso unha maior artificiosidade nas súas figuras, que así aínda resultan máis estrañas e suxestivas. Moza en verde en 1932
  52. 52. RETRATO DO HOME CON ABRIGO. 1928 SAINT-MORITZ. 1929
  53. 53. DORMENTE, 1932 CHAL AZUL, 1930 Desenvolve un estilo enigmático e persoal, onde pon un gran contraste entre as imaxes angulares e as cores.
  54. 54. RETRATO DA DUQUESA DA SALLE. 1925 RETRATO DA SEÑORA BOUCARD. 1931
  55. 55. RETRATO DO CONDE VETTOR MARCELLO, 1933 Convértese na retratista de moda da aristocracia. Visualizar os retratos realizados por Tamara permítenos contemplar unha galería onde se pasea a alta burguesía adiñeirada e a decadente aristocracia de entreguerras, onde se cheira o perfume embriagador de Chanel e se pode percibir o luxo, o esnobismo, a pretendida sofisticación e a calma que dá moitas veces a riqueza
  56. 56. RETRATO DE MADAME ALLAN BOTT RETRATO DE MARJORIE FERRY, 1932 Glamurosa e adiantada ao seu tempo, reflicte a súa personalidade nas súas pinturas, retratando a atractivas mulleres que dominan a vida moderna.
  57. 57. MARUJA MALLO Viveiro, 1902 – Madrid, 1995 “A gran transgresora da xeración do 27" Pintora surrealista española. Peza crave na vangarda. Galega universal, muller adiantada ao seu tempo, feminista, transgresora, inconformista e independente e sobre todo artista. Estivo vinculada coa esquerda revolucionaria. Relacionouse cos poetas Rafael Alberti e Miguel Hernández, tivo gran amizade co escultor Alberto Sánchez e o poeta chileno Pablo Neruda.
  58. 58. “Estampa escaparate”, 1927 “Maruja Mallo, entre Verbena e Espantallo toda a beleza do mundo cabe dentro do ollo, os seus cadros son os que vin pintados con máis imaxinación, emoción e sensualidade." FEDERICO GARCÍA LORCA
  59. 59. MARUJA MALLO “[...] e eu que cría boa á humanidade toda, vin as súas mesquindades, as súas miserias [...] e sentín a dor dos pesares alleos, e chorei cos oprimidos e envexei os mundos onde non habitan os homes [...] E así sufrindo e amando [...] entre bágoas e goces formouse o meu espírito de hoxe [...] Viaxei [...] estudei [...] aduláronme e zahirieronme [...] Hoxe só creo na arte e acepto o amor como bela mentira, unha forma máis perfecta da amizade...” “Espantapeces”, 1931
  60. 60. MARUJA MALLO " Para a maioría, Mallo é unha total descoñecida no panorama cultural español (...) para min é a pintora máis extraordinaria da nosa vangarda artística e unha figura esencial sen cuxa presencia non se pode entender a arte española do século XX ". JOSÉ LUIS FERRIS …canta a igualdade das razas“Cabeza de negra”, 1946
  61. 61. MARUJA MALLO Os seus retratos, temática imprescindible, onde prevalecen as protagonistas femininas en grandes figuras, alegóricas, como enigmáticas mulleres de perfil.
  62. 62. MARUJA MALLO A artista foi unha muller activa, inconformista, independente e transgresora que explorou o imaxinario creativo do século XX "Oro. Retrato bidimensional" (1951)
  63. 63. Nace en Bagdad 1950. É unha prominente arquitecta angloiraquí. A maior parte da súa vida pasouna en Londres onde se sitúa o seu estudo de arquitectura. Recibiu o Premio Pritzker de arquitectura (equivalente ao Nobel). É a primeira muller que consegue este galardón. ZAHA HADID
  64. 64. APARCAMENTO E TERMINAL HOENHEIM NORTE, ESTRASBURGO (FRANCIA), 2001 Este proxecto de Zaha Hadid obtuvo o Premio Mies van der Rohe 2003
  65. 65. PISTA DE SALTOS DE ESQUÍ EN BERGISEL, 2002
  66. 66. PISTA DE SALTOS DE ESQUÍ EN BERGISEL Como unha serpe, a rampa desenrolase como unha cinta de 90 metros cara abaixo.
  67. 67. Peirao da cidade de Reggio. Calabria
  68. 68. Magnifica instalación chamada “AURA” realizada por Zaha Hadid Architecs en un palacio renacentista preto de Venecia, en 2008. A escultura representa as proporcións harmónicas empleadas nesta vila, representando intervalos musicáis.
  69. 69. CENTRO DA CIENCIA EN WOLFSBURG
  70. 70. CENTRO DE ARTE CONTEMPORÁNEO ROSENTHAL Cincinatti, Ohio (EEUU) 2003
  71. 71. SALA DE CONCIERTOS A obra da arquitecta Zaha Hadid está no límite entre o deseño arquitectónico e a enxeñería
  72. 72. Estética etérea, da levidade, onde a tecnoloxía estase levando ao límite para crear edificios cuxas formas xogan con inclinacións, curvaturas e interseccións PERFORMING ARTS CENTRE (Golfo Pérsico) e as DANCING TOWERS en BURJ DUBAI, a urbanización máis importante do novo milenio.
  73. 73. PAVILLON PONTE. EXPO ZARAGOZA, 2008
  74. 74. Foi a filósofa e matemática máis relevante da antigüidade grega. Deseñou instrumentos, como o astrolabio plano con o que se medía a posición das estrelas, planetas... Muller ateniense, que vestida de home exerceu a súa profesión de médica con éxito entre as mulleres. Foi denunciada polos médicos e condenada á morte. As mulleres da cidade ameazaron con morrer con ela se era executada. PIONERAS …Unhas mulleres, desenvolveron a súa profesión con éxito a pesar dás dificultades … HIPATIA DE ALEJANDRÍA, SÉCULO IAGNODICE , 300 a.C. Foi brutalmente asasinada por un grupo de fanáticos xa que a consideraban como unha representante perigosa do pensamento pagán.
  75. 75. Outras conseguiron premios como o NOBEL e saíron do anonimato AUNG SAN SUU KYI Nobel de la Paz en 1991 RITA LEVI-MONTALCINI Nobel de Medicina en 1986 MARIE CURIE Nobel en Física en 1903 Nobel en Química en 1911 …o seu esforzo foi recoñecido
  76. 76. E a maioría formaron parte dese colectivo, fundamental e enorme, de seres humanos, que coa súa capacidade e esforzo, contribuíron, desde seus postos de traballo, a que este universo funcione. …E outras foron casi descoñecidas desenvolveron a súa creatividade en silencio
  77. 77. “Se realmente desexamos transformar a vida, temos que aprender a mirar a través dos ollos das mulleres”. LEÓN TROTSKY “Asegúrovos que alguén se acordará de nós no futuro” SAFO DE LESBOS
  78. 78. MADREDEUS, O espíritu da paz: “Concertino” e “Minueto” CARLA BRUNI: “Quelqu'un m'a dit” CORALIE CLEMENT: “Je ne sais pas pourquoi” LUZ CASAL: “Un nuevo día brillará” DIANA CRAWL: “Charmed Life” NORAH JONES: “Sunrise” JOHN LENNON: “Imagine” MÚSICA
  79. 79. Outros poemas de Rosalía en galego, Por Sara Novegil, Nacho Cortés e Raquel Torres Violín: Raquel Castro EXPOSICIÓN DE CARTEIS “As mulleres galegas na historia, na arte, na ciencia e na literatura”, polo alumnado de 1º Bach. Coordinados por Rosa Gómez RECITAL POÉTICO-MUSICAL DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO POEMA: “Adiós ríos, adiós fontes” En árabe, por Jrif Jihan; en beréber, por Malika Saädi; en castelán, por Sandra Estévez; en fan, por Fernando Nguema; en francés, por Breixo González; en galego, por Mélodi Soliño; en inglés, por Sabela Veiga; en latín por Ana Cal; en portugués, por Fernanda González; en xeorxiano, por Nodar Sharabidse. RELATORIO “De Rosalía de Castro ao Ivo Pelayo: “O “adiós” a través do Atlántico”, por Diana Rúa Eiras, antiga alumna do instituto. Presentación en PowerPoint: “Mulleres creadoras na arte” Autora: Ana Rey Presentación do video: “Imaxes para unha xeografía rosaliana”. Autora: María José Varela

×