13 Rue Del Percebe

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    13 Rue Del Percebe - Presentation Transcript

    1. © Xosé Antón Vicente Rodríguez
      • Esta serie é obra do xenial Francisco Ibáñez entre os anos 1961 e 1968 para a segunda etapa da revista Tío Vivo dentro da Editorial Bruguera
      • A mediados de la década de los años 50, cinco autores de historietas de la editorial Bruguera (Cifré, Conti, Escobar, Eugenio Giner e Peñarroya) abandonan a editorial e crean unha propia D.E.R para publicar unha nova revista: Tío Vivo “Seminario de humor para maiores”
      • Bruguera contrataca contratando novos debuxantes, entre eles o xovenciño Francisco Ibáñez . A aventura fracasa e os debuxantes díscolos regresan de novo á editorial.
      • En 1961 Bruguera decide relanzar Tío Vivo “ Revista para os xóvenes ” con novas series, entre elas a 13 Rúe del Percebe .
      • A Rúa 13 do Percebe era tradicional nos tebeos de Bruguera antes de bautizar o edificio. Personaxes célebres da época como o Doutor Cataplasma xa vivían nesta rúa, pero hai moitos máis casos.
      • Segundo responsábeis de Bruguera o nome está inspirado pola película de suspense político 13 Rue Madeleine (1946), dirixida por Henry Hathaway e protagonizada por James Cagney .
      • A idea dun edificio como nexo conductor dunha serie de chistes ou gags non pode considerarse totalmente orixinal de Ibáñez . Hai diversos precedentes como esta viñeta de Manuel Vázquez en 1957 , quen sempre se considerou responsable da idea na que se baseaba a serie.
      • “ A parte gráfica traballaba sobre plantilla e salía en nada. Agora, facer a 13 Rue del Percebe , no momento de creala, custaba dúas ou tres veces máis que unha páxina corriente. Nunha páxina normal e corriente eran tres ou catro gags , e na 13 Rue del Percebe eran 14 ou 15 , sempre metidos no mesmo lugar, sempre metidos naquel nicho, naquel piso, de aí non podían menearse, non podías facelos correr polas montañas ou polo campo.”
      • Francisco Ibáñez
      • Gran parte do éxito da serie débese á acusada personalidade dos inquilinos do edificio
      • Manolo, o moroso do ático
      Vive no faiado . Sempre rodeado de acreedores. Bohemio e posiblemente artista pois é frecuente ver lienzos no reducido cuarto. Con total seguridade é unha caricatura de Manuel Vázquez (outro debuxante de Bruguera) famoso pola súa tacañería. Tamén pode ser unha especie de homenaxe por ser o precursor da serie.
      • Ceferino Raffles, o caco do terceiro
      Vive coa súa muller e acostuma a ter no domicilio o froito das súas actividades delictivas. Está tomado do ladrón de luva branca que creóu en 1899 Ernest William Hornung , cuñado de Arthur Conan Doyle .
      • Dona Benita e os seus insufribles fillos
      Esta familia pasou por diferentes fases: Inicialmente aparecía un matrimonio coa filla en idade casadeira e cinco irmáns (un deles aínda bebé) que lle espantaban todos os pretendientes. Primeiro desapareceu o pai, logo a filla e quedaron sós Dona Benita e dous ou tres dos fillos.
      • A anciana amante dos animais
      Esta velliña acostuma a recoller animais con consecuencias desastrosas para ela que non a tratan coa mesma consideración: primeiro recolle gatos da rúa ou loros, pero a partires da segunda temporada outro tipos de animais especialmente cans de diversas razas.
      • O científico tolo
      Este personaxe baséase nos referentes clásicos do cine de terror e concretamento no doutor Frankenstein. Foi vítima da censura franquista xa que “ ninguén agás Deus podía crear a vida ” e foi substituido por un xastre despois de estar durante máis de vinte semanas “ en venta ”.
      • O piso baleiro
      Tras a recomendación da censura o segundo piso dereita quedou baleiro durante 21 semanas na que a caseira intentou vendelo sen éxito nun primeiro momento. As deficientes condicións do piso serán o fío conductor dos chistes de esta etapa.
      • O xastre chapuceiro
      Finalmente o segundo dereita sería ocupado por un xastre chapuceiro que nunca deixa satisfeitos aos seus clientes, pero ten a suficiente cara dura para non inmutarse ante as reaccións de estos.
      • O veterinario
      No primeiro esquerda ten a consulta o veterinario do inmoble que lle permite a Ibáñez desenvolver toda a extensa colección de gags protagonizados por animais. Aínda que moitos dos seus clientes son particulares detacan as consultas de operarios do zoo.
      • Dona Leonor, a caseira
      No primeiro dereita está a pensión de Dona Leonor que alquila todo o espazo de que dispón no seu piso sempre a varóns de mediana idade. Nas primeiras páxinas da serie aparecen hacinados pero logo Ibáñez tende a poñer menos personaxes para non recargar a viñeta.
      • Don Senén, o vendedor sen escrúpulos
      Na pranta baixa á esquerda atópase a tenda de comestibles de don Senén , outro pícaro falto de escrúpulos que non esconde a súa tacañería nin ten reparos en timar aos seus clientes.
      • A porteira
      Na pranta baixa á dereita está o habitáculo da porteira que a menudo fai de espectadora doutras situacións non protagonizadas por ela. Durante 21 semanas foi a encargada de ensinar o piso baleiro do científico tolo.
      • Don Hurón
      O burato do sumidoiro serve de vivenda a outro dos protagonistas da páxina, don Hurón , unha das mostras máis claras do humor absurdo de Ibáñez . Segundo conta o personaxe na primera páxina da serie, foi dona Leonor quen lle alquilou a súa infravivenda.
      • O ascensor
      Podemos consideralo tamén un personaxe fixo da serie pois en cada páxina atopamos un gag distinto case sempre relacionado co lamentábel estado no que se atopa e as súas múltiples avarías. Tamén as arañas que nun principio aparecen como personaxes esporádicos se convirten en fixos.
      • O rato e o gato
      Na azotea del edificio e utilizando a chiminea como hábitat natural atópanse un gato e un rato . A parella ten moitos precedentes no cómic e nos debuxos animados (Mickey Mouse, Tom e Jerry, Superratón, Speedy Gonzales), e en todos os casos é o rato quen leva as de gañar. A novedade é o sadismo do rato , tal como anos despóis sucedería coa parella Rasca e Pica da serie Os Simpson .
      • Bibliografía
      • 13 Rúe del Percebe – Clásicos del humor (Edición Especial Coleccionista) – RBA
      • http://seronoser.free.fr/bruguera/13ruedelpercebe.htm
      • http://mortadeloyalgomas.blogspot.com
      Autor de este powerpoint: Xosé Antón Vicente Rodríguez http://www.antonvicente.es http://engalego.blogspot.com

    + anegadoanegado, 7 months ago

    custom

    608 views, 0 favs, 5 embeds more stats

    Presentación sobre o microuniverso da Rue 13 del P more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 608
      • 483 on SlideShare
      • 125 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 0
    Most viewed embeds
    • 98 views on http://engalego.blogspot.com
    • 17 views on http://memoriatropical.blogspot.com
    • 6 views on http://bibliotecamrivero.blogspot.com
    • 3 views on http://www.engalego.blogspot.com
    • 1 views on http://primeiroeso.blogspot.com

    more

    All embeds
    • 98 views on http://engalego.blogspot.com
    • 17 views on http://memoriatropical.blogspot.com
    • 6 views on http://bibliotecamrivero.blogspot.com
    • 3 views on http://www.engalego.blogspot.com
    • 1 views on http://primeiroeso.blogspot.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?