Idade e comportamentos sociolingsticos en Galicia

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    1 Favorite

    Idade e comportamentos sociolingsticos en Galicia - Presentation Transcript

    1. Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actual III Xornadas sobre Lingua e Usos Universidade da Coruña Anxo M. Lorenzo Suárez Universidade de Vigo A Coruña, 8 de novembro de 2006
    2. Índice
      • A idade como unha variable sociolingüística en Galicia
      • A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos en Galicia
          • Perspectiva xeral
          • Lingua inicial e transmisión lingüística primaria
          • Lingua habitual e usos lingüísticos
          • Competencia lingüística
          • Escolarización e usos lingüísticos
          • Actitudes lingüísticas
          • A idade nos procesos de substitución, mantemento e recuperación da lingua galega
      • A idade como indicador nas consecuencias lingüís-ticas do contacto
      • Remate
    3. 1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia
      • A idade é un indicador valioso para observar a situación e mais a evolución de moitos aspectos sociolingüísticos: a evolución da situación de contacto, a vitalidade de certos trazos lingüísticos, e evolución na competencia lingüística, etc.
        • Grupo de idade : divisións cronolóxicas
        • Xeración : categorización social, baseada nos grupos de idade, que se caracteriza por construír unha visión particular e distintiva da sociedade
      • A idade pode ser indicativa a dous niveis:
        • Sinala diferencias xeracionais estables
        • Reflicte cambios en marcha
    4. 1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia
      • A relevancia da idade no caso da Galicia actual é incontestable. Estamos ante unha variable clave en múltiples aspectos do comportamento lingüístico e sociolingüístico dos galegos e galegas.
        • É nestes momentos a variable social máis decisiva, xunto ao hábitat, para describir e explicar diferentes condutas vinculadas coa lingua galega.
        • O porqué desta relevancia hai que buscala na especial configuración socio-cultural da Galicia contemporánea, e da súa evolución recente en termos culturais, sociais, políticos e tamén sociolingüísticos.
        • Nos últimos trinta anos, desde 1970 aproximadamente ata a actualidade, seguen en marcha ou comezan procesos e situacións que van supor unha nova dimensión para a evolución do contacto de linguas galego-castelán e para a vitalidade sociolingüística do galego. Imos concretar algúns deses factores económicos, sociais, culturais, políticos e sociolingüísticos.
    5. 1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia
      • Cambios socio-económicos :
        • A aceleración da urbanización e da industrialización de Galicia na segunda parte do séc. XX supuxo un auténtico cambio cultural .
        • Estamos ante un cambio de estilo de vida: o modo de vida tradicional deu paso a un modo novo, máis urbano, menos familiar, máis consumista e integrado en redes de comunicación fóra da comunidade local.
    6. 1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia
      • Cambios socio-demográficos :
        • Estancamento demográfico: crecemento vexetativo negativo.
        • Baixas taxas de inmigración.
        • Aumento da alfabetización dos adultos e xeneralización da escolarización.
    7. 1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia
      • Cambios políticos:
        • Proceso de descentralización política e administrativa do Estado. Instauración do Estado das autonomías e do poder local.
          • Escasa lexitimade social inicial da autonomía e das súas institucións: 71,4% de abstención no referendo do EA en 1981.
          • Consolidación autonómica nos anos noventa.
          • A comunidade autónoma convértese nun referente de poder en Galicia.
        • Evolución do sistema de partidos:
          • Goberno continuo da dereita na Xunta de Galicia (agás un breve período 1988-1989 de goberno ‘tripartito’) desde 1981 ata 2005.
          • Goberno socialista-nacionalista desde 2005.
          • O nacionalismo galego medra e constitúese en goberno ou en alternativa de goberno.
    8. 1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia
      • Cambios sociolingüísticos:
        • Continúa o lento proceso de substitución social do galego polo castelán, que principiara no século XIX.
          • A substitución lingüística acelérase nos anos sesenta e setenta, coincidindo coa aceleración dos cambio socioéconómicos en España e cos máis de trinta anos de invisibilidade pública do galego debido á represión do franquismo.
        • Irrupción dos medios de comunicación audiovisuais en castelán, con éxito de audiencia.
        • Universalización do ensino, incluído o infantil (garderías e escolas infantís), con consecuencias graves na transmisión e na aprendizaxe da lingua inicial.
        • Segue en marcha unha xeira de reivindicación da súa revitalización, proceso que tamén comezara no século XIX. No último terzo do século XX intensifícase ese proceso social e comeza unha nova dinámica institucional de recoñecemento, apoio e fomento da lingua galega.
          • Esa dinámica nova, que comeza co Estatuto de Autonomía de 1981, é ben recente e vai ter unha incidencia moi directa nas xeracións máis novas que se socializan a partir das dúas últimas décadas do século pasado.
        • Proceso contemporáneo de estardardización do galego.
    9. 1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia
      • Cadro da análise:
        • Contacto de linguas galego-castelán en Galicia:
          • A idade nos:
            • Comportamento sociolingüísticos : dinámicas de substitución, mantemento e recuperación lingüísticas.
            • Comportamentos lingüísticos : variación e cambio lingüísticos.
    10. 2. A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos en Galicia
      • A idade vainos permitir analizar un amplo mosaico de aspectos sociolingüísticos. Examinaremos eses temas por separado, utilizando información cualitativa e cuantitativa.
      • Neste último tipo de información, centrarémonos principalmente nos datos do MSG-1992 e do IGE-2003, por seren dúas mostraxes significativas perfectamente comparables e que nos permiten ofrecer tendencias e hipóteses sobre a evolución dos principais indicadores.
      • Outras fontes cuantitativas: Censo-1991 e Censo-1996 (do IGE).
    11. 2. A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos en Galicia
      • Enquisa de Condicións de Vida das Familias Galegas (2003):
        • Instituto Galego de Estatística:
          • www.ige.xunta.es
        • Consello da Cultura Galega: A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) :
          • www.consellodacultura.org/mediateca/
    12. 2. A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos en Galicia
      • Índice desta sección:
          • Perspectiva xeral
          • Lingua inicial e transmisión lingüística primaria
          • Lingua habitual e usos lingüísticos
          • Competencia lingüística
          • Escolarización e usos lingüísticos
          • Actitudes lingüísticas
          • A idade nos procesos de substitución, mantemento e recuperación da lingua galega
    13. 2. A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos en Galicia
      • Na análise da situación sociolingüística actual do contacto de linguas en Galicia e da vitalidade social do galego hai dous aspectos que se destacan cando se trata de detectar os problemas fundamentais polos que transita o galego: as diferenzas de hábitat e de idade .
      • Nos dous casos tende a formularse, ademais, unha construción discursiva moi semellante, baseada nunha formulación dicotómica simple:
        • o galego non se fala nas cidades nin entre a xente moza;
        • manteñen o galego os vellos e os individuos do rural.
      • No noso caso, tentaremos establecer tendencias e procesos que vaian máis alá destas simplificacións.
    14. 2.1. Perspectiva xeral
      • No diagnóstico do PXNLG, aparecen cinco referencias concretas a cuestións vinculadas coa idade, todas elas consideradas como ‘puntos febles’ do diagnóstico.
        • a ) Como realidades constantes :
          • Os individuos novos falan menos galego cós dos outros grupos de idade.
          • A ‘xente nova’ ten o galego como segunda lingua, sen vencellos emocionais con ela, considérana pouco útil, e carecen de motivación para falala.
          • Os maiores, que son os transmisores ‘afectivos’ do galego, representan un modelo pouco válido nunha sociedade que tende a privilexiar a cultura xuvenil.
        • b ) Como innovacións consolidadas :
          • A desgaleguización dos banzos iniciais do ensino (garderías e escolas infantís) fai que as xeracións máis novas non reciban o galego.
          • Os medios audiovisuais (CRTVG) non dan chegado á audiencia xuvenil e urbana.
    15. 2.2. Lingua inicial e transmisión lingüística primaria
      • Lingua inicial : primeira variedade adquirida, normalmente no contexto familiar.
        • A lingua inicial establécese nese momento da biografía persoal de cada falante en que se realiza a socialización primaria: antes de ir á escola e no seo da familia (polo menos isto era así ata agora).
        • Cada grupo de idade foi socializado en momentos históricos diferentes e de acordo co universo normativo e valorativo predominante nese momento.
      • Importancia de que unha lingua se transmita de xeración a xeración para que esta non se perda.
      • Son posibles as aprendizaxes posteriores (como L2), pero débese garantir e propiciar unha transmisión familiar (como L1).
    16. 2.2. Lingua inicial e transmisión lingüística primaria
      • Lingua inicial en Galicia (comparación 1992-2003):
      • Máis do 50% da poboación ten o galego como lingua inicial.
      • Redución de case o 10% en once anos.
      • Aumentan os individuos que se declaran bilingües iniciais.
    17. 2.2. Lingua inicial e transmisión lingüística primaria
      • Lingua inicial por idade (IGE-2003)
    18. 2.2. Lingua inicial e transmisión lingüística primaria
      • Observacións:
        • Os resultados que temos:
          • O galego cada vez se transmite menos, aínda que o ritmo de diminución se ralentiza.
          • Cada vez é menor o número de mozos/as que recibiron o galego como lingua inicial, polo que diminúen os seus lazos afectivos con esta lingua.
        • É preciso reflexionar sobre a importancia hoxe de transmitir o galego na casa. Antes, a ambientalidade galegófona facía da transmisión do galego algo importante pero secundario: quen non tiña o galego como primeira variedade, acababa aprendéndoo porque tiña un alto uso social. Hoxe, ao avanzar o proceso de abandono da lingua, esa ambientalidade galegófona desapareceu e de aí a relevancia de que se garanta o traspaso xeracional.
        • Pódese esperar outro resultado da transmisión lingüística primaria tendo en conta a complexidade deste proceso e tendo presente que os esforzos normalizadores desde a sociedade e as políticas lingüísticas públicas desatenderon o uso e a reprodución familiar?
    19. 2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos
      • Usos lingüísticos:
        • Concepto de lingua habitual : aquela variedade que os individuos diariamente
          • Valores: só castelán , máis castelán ca galego , máis galego ca castelán , só galego .
        • Os usos lingüísticos específicos: ademais de termos unha lingua habitual, os individuos variamos a nosa conduta lingüística segundo con quen falamos (interlocutor), onde falamos (escenario), de que falamos (tema), etc.
    20. 2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos
      • Lingua habitual en tres xeracións en Galicia (MSG-1992)
    21. 2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos
      • Lingua habitual en Galicia (comparación 1992-2003) :
      • Aumento do mono-lingüismo en castelán (8%) e en galego (6%).
      • Descenso do bilin-güismo (13% menos).
    22. 2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos
      • Lingua habitual por idade en Galicia ( comparación 1992-2003) :
      • Continúa a diminu-ción do galego como lingua habitual conforme diminúe a idade dos falantes
      • Estabilización na perda interxeracional de falantes.
    23. 2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos
    24. 2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos
    25. 2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos
      • Observacións:
        • O abandono do uso social do galego parece deterse nas novas xeracións.
          • É factible un cambio de tendencia?
        • A mocidade non é homoxénea no seu comportamento sociolingüístico:
          • mocidade rural vs. urbana.
        • Importancia da xeración ‘adulta’ (35-65 anos).
    26. 2.3. Competencia lingüística
      • Dominio efectivo da lingua galega segundo a idade (MSG-1982)
    27. 2.3. Competencia lingüística
      • As catro destrezas (1992-2003):
      • Aumento moi importante da capacidade para ler e escribir en galego.
      • Aumenta a capacidade para falar .
    28. 2.3. Competencia lingüística
    29. 2.3. Competencia lingüística
      • Medias da proba de expresión escrita en galego e castelán (Loredo, Fernández Salgado & Suárez, 2005: 117)
    30. 2.3. Competencia lingüística
      • Conclusións:
        • A competencia en galego por parte da mocidade, especialmente nas destrezas lectoras e escritas , aumentou considerablemente grazas principalmente á presenza da lingua no sistema educativo.
          • Porén, non está totalmente xeneralizada a competencia escrita e lectora entre a mocidade.
        • Con respecto á capacidade para falar en galego, algúns rapaces castelanófonos presenta eivas importantes: falta de fluidez, inseguridade lingüística, etc.
          • Hai mozos/as que afirman saber escribir en galego mellor ca falalo.
          • Moitos rapaces e rapazas castelanfalantes non dispoñen de contextos de uso nos que poidan interactuar con galegofalantes, o que supón un obstáculo máis para a consolidación ou a simple mellora da súa competencia oral activa.
            • Aínda que en moitos casos a falta de competencia acaba converténdose simplemente nunha estratexia de autoxustificación para non esforzarse en falar galego.
          • A carencia de modelos lingüísticos de referencia, que sirvan para mellorar a competencia en galego e para estimular o seu uso, é unha eiva relevante.
    31. 2.4. Escolarización e usos lingüísticos
      • Porcentaxes de individuos que recibiron ensino regrado de galego. Resultados por idades (IGE-2003)
    32. 2.4. Escolarización e usos lingüísticos
      • Comparación entre a lingua das clases e a lingua dos exames. Resultados con medias (IGE-2003)
    33. 2.4. Escolarización e usos lingüísticos En que lingua falas/bas cos...? Resultados con medias (comparación 1992-2003)
    34. 2.4. Escolarización e usos lingüísticos Usos lingüísticos na escola (IGE-2003)
    35. 2.5. Actitudes lingüísticas
      • Actitudes lingüísticas : estados mentais e neurolóxicos, non observables directamente, que activan a avaliación dun obxecto –de calquera outro tipo– e estimulan a acción cara ao mesmo.
      • Importancia das actitudes para a modificación dos comportamentos lingüísticos.
      • Hai dous tipos principais de actitudes:
        • Explícitas: as que son públicas (recollidas con enquisas, cuestionarios, etc.)
        • Implícitas: as que non son públicas (recollidas con técnicas experimentais e cualititivas: entrevistas en profundidade, grupos de discusión, etc.)
    36. 2.5. Actitudes lingüísticas
      • Medias de actitude lingüística xeral segundo a lingua habitual e a idade (MSG-1992)
    37. 2.5. Actitudes lingüísticas
      • Os traballos cuantitativos mostran que as actitudes explícitas son positivas cara á lingua galega e cara aos seus usos sociais.
        • Son tamén moi positivas as actitudes ante o proceso de ‘normalización lingüística’.
      • Algúns traballos experimentais mostran que:
        • Aínda persisten algunhas actitudes negativas cara á lingua e cara aos seus falantes.
        • Agroman novos ‘prexuízos’ e novas actitudes negativas:
          • O ‘descoñecemento’ do galego.
          • A ‘imposición’ do galego.
    38. 2.5. Actitudes lingüísticas
      • As principais conclusións do traballo do SSRAG (2003) é que a mocidade mantén algúns dos prexuízos tradicionais vinculados co ‘acento’ galego.
      • As persoas que se expresan con acento galego percíbense con referentes negativos de status (= pouco éxito social), mentres que aqueles que se expresan nunha fonética similar ao castelán son considerados un grupo innovador e socialmente competente, aínda que espertan pouca empatía social.
    39. 2.5. Actitudes lingüísticas
      • Outros aspectos avaliativos:
        • Con respecto á valoración dos galego-falantes, aparecen dous estereotipos:
          • a) o estereotipo do ‘pailán’: o dos falantes nativos con acento popular.
          • b) o estereotipo do nacionalista: os falantes de galego normativo e urbanos.
        • A utilidade percibida no galego é escasa. O uso da lingua asóciase con profesións de pouco prestixio e máis ocasionalmente se asocia coas esferas da docencia (os ‘profes’ de galego) e da administración.
        • O cambio galego > castelán explícase (e acéptase) polas inercias sociais e recibe unha certa indulxencia na avaliación realizada. Pola contra, os usuarios que efectúan o cambio castelán > galego reciben valoracións moi severas: grupo ‘politizado’, ‘impermeable’, ‘intolerante’, ‘intransixente’.
        • Non atopamos valoracións uniformes entre a mocidade respecto da norma de referencia da lingua:
          • O galego tradicional recibe avaliacións moi negativas por mor do seu escaso prestixio percibido.
          • O galego normativo concita novos prexuízos que o relacionan cunha determinada orientación ideolóxica e unha determinada filiación sociolingüística (ser un neofalante).
          • En resumo, o grupo sociolingüístico tradicional (que transmite e usa a lingua) e o grupo social innovador (exemplo de cambio castelán > galego) son caracterizados moi negativamente.
    40. 2.5. Actitudes lingüísticas
      • Outros aspectos avaliativos:
        • Está bastante estendido o que denominamos como discurso do descoñecemento da lingua : entre os castelán-falantes, principalmente urbanos, este discurso utilízase como escusa para non usar a lingua galega.
          • Este discurso atopa a súa base principal na inexistencia de interaccións en que estea presente o galego, de maneira que as poucas oportunidades de uso inciden na infravaloración da competencia oral individual.
        • Hai un discurso maioritario favorable á aprendizaxe das distintas linguas (o que damos en denominar o discurso do plurilingüismo ), no que se valoran explicitamente os aspectos positivos da adquisición de competencias lingüísticas.
          • As actitudes abertamente negativas ante a presenza elevada do galego no ensino son marxinais (se cadra non é politicamente correcto).
        • Con respecto á mocidade urbana, estes opinan que a escola debe desempeñar un papel máis destacado na normalización da lingua.
    41. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • É relevante o factor da idade en dous aspectos:
        • na presentación de fenómenos de variación lingüística (principalmente na variación diacrónica e na variación social)
        • e na presentación de fenómenos inducidos polo contacto co castelán (interferencia lingüística).
      • Os dous podemos encadralos nos fenómenos de variación que detectamos no galego actual tanto no nivel das variantes/formas coma de variedades .
    42. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • Fontes directamente responsables da formulación dos fenómenos lingüísticos no galego actual, podemos concretar tres fontes básicas:
        • a) a dinámica propia da variación lingüística interna no galego, tanto a nivel da variación formal coma funcional;
        • b) a presión continuada da situación de contacto co castelán;
        • c) o proceso de estandardización lingüística contempo-ránea da lingua galega.
    43. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • Variación diacrónica:
        • As linguas varían en función do tempo.
        • Os diferentes grupos de idade poden reflectir os modelos de linguas de momentos históricos distintos.
      • Variación social:
        • A idade é unha das fontes de variación social (xunto co sexo/xénero, hábitat, etc.).
          • Diferenzas lingüísticas xeracionais estables.
          • Fenómenos lingüísticos de cambio en marcha.
    44. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • Os diferentes grupos de idade poden presentar un tipo de variedades e de variantes diferenciados, que constitúen o que podemos denominar como repertorio lingüístico interxeracional .
        • Por exemplo, a aparición dos argots e das xirias; novas variedades urbanas vs. variedades tradicionais da lingua, ou variedades sociolectais, vinculadas cos determinadas variables da variación social, etc.
    45. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • Imos examinar dous aspectos nos cales a idade é unha variable omnipresente :
        • a configuración dos novos lectos sociais (sociolecto audiovisual).
        • o ‘galego urbano’.
    46. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • O ‘galego audiovisual’ podemos definilo como un sociolecto profesional que se foi desenvolvendo desde os anos oitenta (principalmente coa aparición da CRTVG).
      • Asóciase con individuos novos (homes e mulleres), de biografía lingüística castelanófona e que producen un galego oral moi diferente do galego tradicional e moi achegado ao castelán.
      • Algunhas características:
        • Modelo lingüístico e estilístico orixinado no castelán.
        • Interpretación moi literal da variedade estándar escrita do galego.
        • Profusión de cultismos e de neoloxismos; depuración léxica.
        • Falta de fluidez oral e de modelos estilísticos propios, construídos desde o galego.
    47. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • Valoracións sobre esta variedade lingüística:
        • Modelo lingüístico de escasa autenticidade lingüística.
        • Porén, os falantes, en xeral, tenden a adxudicarlle ao galego audiovisual valores positivos (referentes de status social).
    48. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • Referencia aos neofalantes no DAFO incluído no diagnóstico do PXNLG:
        • Os neofalantes deturpan o galego xa que son maioría nos medios de comunicación, no ensino e na administración.
        • Os neofalantes empobrecen o galego porque menosprezan o galego tradicional/enxebre e porque buscan “a orixinalidade artificial nunha ortografía escurecedora”.
        • O galego da CRTVG é de mala calidade pola acción dos neofalantes.
    49. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • O ‘galego urbano’: constátase a existencia de diversos tipos de variedades lingüísticas diverxentes respecto das consideradas populares ou tradicionais.
    50. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • Variedades urbanas: algunhas características do perfil dos falantes:
        • Variedades desenvolvidas nos contornos urbanos.
        • Grupos de menor idade e que tiveron unha exposición reducida ao galego na familia e na comunidade, ou que tiveron unha historia lingüística familiar sen apenas presenza do galego.
        • Coñecemento do galego estándar (escola, medios de comunicación).
        • Achegamento ou adopción da lingua galega na adolescencia.
        • Actitudes neutrais ou positivas ante a lingua e ante os referentes que evoca.
    51. 3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto
      • Motivos para a diverxencia entre as variedades populares e as urbanas:
        • Diferente cantidade de información dialectal interiorizada durante o proceso de adquisición do galego, polo grao de influencia dos modelos de lingua estándar, e polo papel conferido ó castelán como fonte de innovacións
        • Falta de valoración e de referentes positivos nas falas tradicionais e, como consecuencia desa infravaloración, búscase un modelo de lingua cunha fasquía diferente das variedades orais tradicionais.
    52. Remate
      • Podemos formular algunhas conclusións, en forma de hipóteses de traballo.
        • A idade é unha variable sociolingüística de alto rendemento para analizar as condutas lingüísticas en Galicia debido á intensidade e profundidade dos cambios socio-culturais e socio-económicos e políticos dos últimos 30 anos.
        • Fóronse construíndo diferentes estereotipos que vinculan a idade e mais a lingua galega , sen que a maioría deles teñan unha base empírica sólida.
    53. Remate
      • Por unha banda, constrúese unha imaxe social negativa das xeracións máis novas (a mocidade) tanto no plano sociolingüístico (non falan galego) coma no estritamente lingüístico (fálano mal);
      • Por outra banda, constrúese unha imaxe social ambivalente das xeracións maiores:
        • nuns casos preséntase en termos positivos (autenticidade, inxenuidade; falan o galego real, de verdade) e noutros casos a construción é claramente negativa (moitos castelanismos, lingüísticamente conservadores, etc.).
      • Respecto da mocidade, dese estereotipo negativo derívase que son a vangarda do abandono do galego e de que a lingua perda calidade e autenticidade, e en consecuencia nada bo podemos esperar deles (só cabe o milagre!).
    54. Remate
      • Grazas!!!!

    + Anxo LorenzoAnxo Lorenzo, 3 years ago

    custom

    2369 views, 1 favs, 2 embeds more stats

    Traballo sobre a influencia da variable social da i more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 2369
      • 2325 on SlideShare
      • 44 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 1
    • Downloads 0
    Most viewed embeds
    • 38 views on http://aulagalicia.blogspot.com
    • 6 views on http://webs.uvigo.es

    more

    All embeds
    • 38 views on http://aulagalicia.blogspot.com
    • 6 views on http://webs.uvigo.es

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?