Historia da lingua
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Like this? Share it with your network

Share

Historia da lingua

on

  • 4,211 views

 

Statistics

Views

Total Views
4,211
Views on SlideShare
3,272
Embed Views
939

Actions

Likes
2
Downloads
71
Comments
0

14 Embeds 939

http://moradiasdovento.blogspot.com.es 387
http://trafegandoronseis5.blogspot.com.es 313
http://www.moradiasdovento.blogspot.com.es 87
http://moradiasdovento.blogspot.com 78
http://recursoslourdesgalego.blogspot.com.es 33
http://endlasmercedes.blogspot.com 23
http://www.trafegandoronseis5.blogspot.com.es 5
http://vagalumecouto.blogspot.com 4
http://www.slideshare.net 2
http://www.recursoslourdesgalego.blogspot.com.es 2
http://recursoslourdesgalego.blogspot.com 2
http://trafegandoronseis5.blogspot.mx 1
http://perezgrande.blogspot.com 1
https://www.blogger.com 1
More...

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Historia da lingua Document Transcript

  • 1. Historia da Lingua Galega
  • 2. © Promocións Culturais Galegas, S. A. © Texto e debuxos, Pepe Carreiro ISBN 978-84-8341-464-4 Depósito legal: VG 415-2010 Impresión e acabamento: Norprint Artes Gráficas, S. A.
  • 3. Pepe Carreiro Historia da Lingua Galega Do latín ao acento de Burgos Edicións A NOSA TERRA
  • 4. A lingua dos habitantes dos castros É curioso, pero en Galicia non se falou sempre galego. Non, ho, castelán tampouco, nin inglés. Na altura na que en Galicia non se falaba aínda galego, hai máis de dous mil anos, en Madrid nin sabían que era iso do castelán. Madrid, ademais, aínda non existía. En Londres, que tampouco existía, tamén non sabían nada do inglés. Que se falaba logo aquí naquela altura? Pois, como os “galegos” de entón non escribían, da lingua que falaban pouco quedou. Só podemos saber algo polos nomes dos lugares, que se foron transmitindo de xeración en xeración, e por algunas palabras que aínda conservamos: Samil, Barallobre, Cambre, toxo, alpendre, burato, touciño... 6
  • 5. 7
  • 6. A chegada dos romanos Un día, polas lombas do sur deste territorio de castros que hoxe chamamos Galicia, asomaron as plumas dos primeiros cascos romanos que os castrexos viron. Nun primeiro momento eran uns poucos dacabalo, exploradores, mais atrás deles ascendeu ás lombas a infantaría máis grande xamais vista. Polo norte, asomaron tamén por entre as ondas do mar as proas das naves de guerra romanas ao mando de Xulio César. Polo este subían a marchas forzadas as lexións acantonadas na meseta. Certamente, era unha invasión imparábel. Só uns tolos podían enfrontarse a aquela máquina de guerra. Os castrexos enfrontáronse. Mulleres e homes subiron aos montes e presentaron batalla. Foron esmagados. Por culpa desta derrota entrou o latín en territorio castrexo e o país, que antes nin nome tería, pasou a chamarse oficialmente a Gallaecia. 8
  • 7. Ferro! 9
  • 8. O latín vulgar Os romanos, como sabemos, falaban e escribían en latín, mais non era o mesmo latín o dos romanos cultos, coma o que escribían Cicerón ou Virxilio, que o dos romanos do montón, que moitos deles nin escribir sabían. A Galicia viñeron romanos de todas as clases: analfabetos, sabichas e cultos. E, entre eles, viñeron tamén moitos bárbaros, é dicir, mozos de fóra do Imperio enrolados nas lexións, que falaban un latín macarrónico. Os galegos de entón aprenderon aquel latín variado e fórono axeitando ao seu xenio. Déronlle unha volta, digamos. Este novo latín macarrónico chámase latín vulgar. O outro, o ben falado e escrito, chámase latín culto. Por outra parte, moitos mozos galegos, coma calquera outros bárbaros, marcharon coas lexións a coñeceren mundo e, de paso, levaron até as fronteiras do Imperio un latín ao seu xeito. 10
  • 9. Ferro! 11
  • 10. O galego Aquel latín vulgar, que os galegos aprenderon dos romanos, converteuse pouco a pouco nunha lingua nova: o galego. Este non foi un fenómeno raro, que ocorrese só en Galicia. O francés, o castelán, o catalán, o aranés, o italiano, o romanés, e todos os demais romances naceron da mesma maneira. A uns ocorreulles antes e a outros despois. O galego distanciouse do latín alá polo século X. Nesta altura, da lingua prerrománica que falaran os castrexos xa nada se sabía e o latín culto coñecíano só uns poucos requintados. Tamén quedaron na nosa lingua restos da lingua dos suevos, un pobo xermánico que fundou un reino en Galicia cando a caída do Imperio romano, aínda que a influencia foi pequena. Súas son palabras coma estas: pouta, espeto, roubar, albanel... 12
  • 11. Ferro. Fier. Fer. Hèr. Ferro. hierro. 13
  • 12. O galego e o portugués O galego era a lingua de toda a Gallaecia, territorio que comprendía o que hoxe é Galicia, Portugal até Coimbra, e parte de Asturias e León. Por iso, aínda hoxe oímos falar galego en lugares destes dous últimos territorios. Mais no século XII nace o reino de Portugal e a Gallaecia fica dividida polo Miño. Desde aquela hai dous galegos, o que se fala do Miño cara ao norte e o que se fala do Miño cara ao sur. Esta división influíu na súa evolución, mais o galego e o portugués aínda non deixaron hoxe de seren, en orixe, unha mesma lingua. Os portugueses levaron o galego-portugués até Lisboa e o Algarve, terras que lles conquistaron aos mouros. E, como eran tan ousados, continuaron até o Brasil, a África e inclusive a China. Grazas a estas ansias imperialistas, podemos hoxe falar con máis de douscentos millóns de persoas en todo o mundo. 14
  • 13. A Irmandinha! A Canariña! 15
  • 14. Unha lingua normal O galego era na Idade media a lingua que falaba todo o mundo nas vilas e aldeas de Galicia. Si, si, o galego falábano nesta altura tanto en Chantada como nos Cantóns da Coruña. E falánbano tanto bispos coma feirantes. Era a lingua de uso normal, como a de calquera outro país normal. De maneira que a xente, como non tiña que estar preocupada día a día pola normalización do seu idioma, empregaba as súas enerxías en moitas outras cousas. Os trobadores, por pór un caso, gastaban a súa enerxía escribindo fermosísimas cantigas, cheas de ritmo. Cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicer, que eran seguidas con entusiasmo polos compositores de moda. O mesmísimo rei Afonso X o Sabio de Castela escribía en galego as súas composicións poéticas. 16
  • 15. Descarguei todo Mendiño. Xa sabes... Non hei i barqueiro, nen sei remar: morrerei fremosa no alto mar. Eu atendend' meu amigo. E verrá? o Alá! 17
  • 16. Best-séller en galego O Libro de Merlín, A Demanda do Santo Graal, a Crónica Troiana e outras moitas novelas, eran a narrativa de moda en toda a Europa da Idade Media. Best-seller, como se dirá en inglés séculos máis tarde. Estas novelas estaban escritas en bretón e francés, que eran as linguas dos seus autores, mais, debido ao éxito, foron traducidas a outras linguas. En galego apareceron no século XIII. O que quere dicir que os galegos estaban ao tanto da literatura que circulaba polo mundo. Non había aínda radio nin televisión, nin redes sociais, nin mp3, nin mp4, mais funcionaba moi ben o boca a boca. O camiño de Santiago, por exemplo, por onde xa ían e viñan peregrinos de toda Europa, era un bo medio de comunicación e de aprendizaxe entre as diferentes culturas. 18
  • 17. Mamá, o gato papoume Xerónimo Stilton! 19
  • 18. Os Séculos escuros Un día do século XV deitouse o sol polo occidente e, no canto de se erguer ao outro día polo oriente, non volveu saír até varios séculos máis tarde. Este período coñécese como o dos Séculos Escuros. É unha maneira de falar, claro. O sol, naturalmente, seguiu a quentar en Galicia. O que se quere dicir é que desapareceu aquel esplendor da Idade media, aquela riqueza artística, aquela economía poderosa, aquela lingua segura de si mesma. Desapareceu o ritmo lixeiro das cantigas e finalmente desapareceu a literatura toda. Os que sabían escribir foron deixando de o facer en galego. Falar, si. A xente seguiu a falar galego, porque, rico ou pobre, un país normal segue a falar igual que sempre. Agora dicían “morro de fame” en vez de “estou farto”, mais sen mudar de lingua. De momento, bispos e feirantes non cambiaron de idioma. Mais, por pouco tempo. 20
  • 19. Quen apagou a luz? Así non hai quen escriba. 21
  • 20. O castelán entra en Galicia A can fraco, todo son pulgas, xa se sabe. Castela non perdeu a ocasión. Viu Galicia abaixada, enfraquecida coma un can, e ordenou entrar nela até a cociña. Foi no século XV, famoso século no que a raíña Isabel de Castela e o rei Fernando de Aragón ampliaron os seus dominios até as Novas Indias. A aventura de Colón, o descubrimento da América, e todo iso. E, se foron quen de conquistar terras tan afastadas, non ían engurrarse por avanzaren uns cantos quilómetros pola nacional VI. E como a lingua do imperio acompaña o imperio alá onde for, o castelán penetrou en Galicia acompañando unha rea de funcionaros da meseta que se instalaron no noso país. A xente seguiu a falar galego, mais os bispos xa non tanto. E quen di os bispos, di a aristocracia, algúns burgueses e así. 22
  • 21. De las glorias deportivas que campean por España va el Madrid con su bandera limpia y blanca que no empaña ¡Hala Madrid!, Hala Madrid!, Hala Madrid! 23
  • 22. O castelán, lingua oficial de Galicia Para sermos xustos, hai que dicir que en trescentos anos houbo só 15 bispos galegos e 152 de fóra. Non é estraño, logo, que os bispos non falasen a nosa lingua. O imperio trouxo de todo: bispos, funcionarios e aristócratas. O galego desapareceu dos documentos oficiais, porque, a partir de agora debían estar redactados en castelán. Os escribáns galegos tiveron que se examinar en Toledo, para acreditaren o dominio daquela lingua. Neste ambiente, moitos nobres galegos, para ascenderen socialmente, pasáronse ao castelán. Querían falar a lingua que falaban os que tiñan o poder. O pobo, en troca, seguiu ao seu, falando galego, que era como mellor entendía o mundo. 24
  • 23. Xa estou cheo de ovellas. V estudar ou castelán para ser ministro. 25
  • 24. A diglosia Como nos Séculos Escuros as clases altas falaban castelán, a xente común coidou que o galego valía só para falar nas feiras, cos colegas e as bestas. A ninguén se lle pasaba pola cabeza falarlle galego a un bispo ou a un conde. Sería pólos á altura das mulas. Así que, o pobo galego acordou falar entre si na súa lingua e cos señoritos castelán. A este fenómeno os lingüístas chámanlle diglosia. Queren dicir que, nunha situación de conflito entre dúas linguas, unha delas posúe privilexios sobre a outra. Desde esa, aínda falando galego, a xente comezou a dicir “hepatitis” por hepatite, “gimnasio” por ximnasio, “mueble” por moble, “cohete” por foguete, “carretera” por estrada, “cuchillo” por coitelo, “lunes” por luns e así seguido. 26
  • 25. Mamá! Quero un huevo, os ovos non me gustan. 27
  • 26. O Século de ouro Arruinada e sen poder político para corrixir a situación, Galicia seguiu enfraquecendo. Os labregos galegos, homes e mulleres, tiveron que marchar a Castela, a procuraren sustento. Ían segar aqueles anchos campos. Con tan mala sorte, que coincidiron co Imperio en pleno Século de ouro, con Lope de Vega, Quevedo, Calderón de la Barca, Góngora ou Tirso de Molina a toda máquina. Como di a lei de Murphy, cando as cousas poden saír mal, saen mal. Aquí nos Séculos Escuros e alá no Século de ouro. Miseria había tamén en toda Castela, pero os miserentos casteláns eran miserentos na súa terra, e os labregos galegos eran inmigrantes, coma os que veñen hoxe en patera. De maneira que comezaron as burlas: “antes puto que gallego”, “no fíes en perro que cojea ni en amor de gallega” e outros piropos. 28
  • 27. No fíes en perro que cojea ni en amor de gallega. 29
  • 28. O autoodio O nome de Paio era tan frecuente entre os galegos daqueles anos coma hoxe Pepe. Ou Borja. Se cadra, hoxe xa hai en Galicia máis Borjas que Pepes. Paio era un dos santos con máis devotos en Galicia. Entre os labregos que ían segar a Castela había, logo, moitos Paios. Tantos, que os casteláns chamábanlle “paio” a todos os galegos. Dicir paio era, para eles, como dicir galego. Mais de mal nome, era un insulto, coma se lles chamasen parvos. Isto avergonzou de tal maneira aquela xentiña, que Paio desapareceu de Galicia. Ningún galego quixo chamar así os seus fillos. A este complexo os psicólogos chámano autoodio: unha persoa humillada chega a desprezarse a si mesma. Agora xa non só a lingua era considerada inferior polos propios falantes, todo o que fose galego ou tivese relación con Galicia era automaticamente considerado tamén inferior. 30
  • 29. Que horror! Un galego! 31
  • 30. O Século das luces Non hai mal que cen anos dure. Os Séculos Escuros deixaron paso ao Século das luces, o XVIII. Neste século Galicia saíu da crise económica. Digamos, que engordou. Proba disto é o vizoso barroco galego: esas poderosas igrexas, conventos e pazos de pedra traballada artisticamente. O millo e as patacas axudaron moito. O millo foi moi ben acollido polos labregos galegos tan pronto chegou da América. As patacas tardaron máis en seren estimadas, porque, ao primeiro, a xente vía con receo aquel froito terroso e deforme, mais tamén as acolleron. Estes dous produtos americanos encheron as casas de fartura. E, seguramente, porque co bandullo cheo medra a autoestima, algunhas persoas cultas comezaron a se interesar polas cousas do seu país, algúns mesmo se puxeron a escribir en galego. A xente do común nunca o deixara de falar. 32
  • 31. P apá, aquí hai un ilustrado que quere saber que é a gramalleira. 33
  • 32. Os ilustrados As escolas, que eran todas católicas, aprendían os nenos en castelán e latín. De galego, nada. De maneira que nenos e nenas, que só oían falar galego na súa vida diaria, tiñan que se expresar en castelán ao chegaren á escola. Este contrasentido pedagóxico foi criticado polo padre Sarmiento: “Todo mestre de Gramática que non fose galego e erudito na lingua patria, débese excluír de ser mestre de nenos galegos, aínda que sexa un Cicerón”. O padre Feixoo, o padre Sarmiento e outros ilustrados reclamaron a categoría de idioma para o galego. Isto ten importancia, porque nesa altura o galego era considerado un dialecto do castelán. Pensábase que, aquela lingua poderosa e fermosa na que escribiran os trobadores medievais e falaba o pobo, era un castelán mal falado, dexenerado. 34
  • 33. Fento, no, niño. Helecho. Fento. 35
  • 34. O Rexurdimento No século XIX o galego volveu aos libros. Os poetas Rosalía de Castro, Pondal e Curros Enríquez ergueron a lingua galega á altura artística que tivo na Idade media. Xurdiu tamén neste século o galeguismo, que é un movemento intelectual e político que defende Galicia e o seu idioma. Este tempo de recuperación coñécese co nome de Rexurdimento. A pesar de todo, o castelán seguía avanzando nas cidades e vilas de Galicia. O noventa por cento dos galegos seguía a falar galego, mais algúns comerciantes e profesionais xa consideraban o castelán unha lingua máis axeitada para os seus negocios. Un avogado, por pór un caso, non considera xuridicamente rigoroso chamarlle herdeiros aos “herederos”; nin un zapateiro chamarlle solas ás “suelas”. 36
  • 35. ¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? 37
  • 36. Castelán na escola Segundo avanzaba o século XIX, o goberno de Madrid, porque a Xunta aínda non existía, púxose a uniformar España, é dicir, a vestir a todos co mesmo uniforme, coma os soldados nun desfile. Querían que non houbese diferencias, que un catalán, un andaluz e un galego, por pór un caso, falasen todos do mesmo xeito. A poder ser, sen acento que os puidese identificar. Porque, polo acento, logo se sabe se un é da Coruña ou de Tordesillas, aínda falando ben en castelán. O castelán foi logo declarada lingua oficial e exclusiva en todo o territorio. Para uniformar. O goberno impuxo o ensino obrigatorio nesta lingua e ameazou con castigar os mestres por falaren galego na escola. Naturalmente, con estes apoios, o castelán campaba cada vez máis alegremente polas vilas e cidades de Galicia. 38
  • 37. 39
  • 38. Galicia dividida Outra das decisións que para uniformar España tomou o goberno de Madrid, porque a Xunta seguía sen existir, foi dividir Galicia en catro provincias, rachando a unidade que aínda mantiña o vello reino. De maneira que en 1833 Galicia ficou partida en catro anacos: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Os galeguistas, que comezaban a xurdir daquela, opuxéronse a esta división. Eles querían o país unido e o recoñecemento oficial do seu idioma. Mais, polo que se ve, non lles fixeron moito caso, as provincias aínda seguen aí: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Un dos máis destacados destes primeiros galeguistas foi Antolín Faraldo. 40
  • 39. 41
  • 40. Os Precursores Rosalía de Castro, Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Curros Enríquez seguiron os pasos dos primeiros galeguistas. Coñécense como os Precursores, por seren eles os que iniciaron a recuperación do galego na literatura. Murguía, ademais de escritor e moitas outras cousas, foi historiador e, como tal, profundou na antigüidade de Galicia para demostrar que este país vén de lonxe. Foi tamén o primeiro presidente da Real Academia Galega. Aínda así, a pesar do esforzo destes escritores, o castelán non se acovardou. Xa non eran só os avogados ou os zapateiros os que o usaban, tamén os mozos que viñan de facer o servizo militar fóra de Galicia falaban xa con acento de Melilla: Cómo te ha ido por aquí, chica? Yo he estado muy bien allá en África, junto a los moros. 42
  • 41. E se somos un pobo sen historia, de onde sairía isto? 43
  • 42. Unha lingua de orella Os escritores galegos do século XIX atopáronse cun grave problema: non había dicionarios nin gramáticas na súa lingua. Tiñan que escribir de orella. E escribir así é como para un mariño navegar sen cartas náuticas. Non debe estrañarnos, logo, atoparmos castelanismos nos seus libros, pois estes escritores aprenderon de cativos a ler e escribir en gramáticas e dicionarios casteláns. Non debemos esquecer, que o goberno castigaba os mestres por falaren galego na escola. Así e todo, neste seculo XIX publícanse as primeiras gramáticas de galego: as de Francisco Mirás, Saco Arce, Cuveiro Piñol e Valladares. E publícanse tamén os primeiro dicionarios: os de Francisco Xavier Rodríguez, Cuveiro Piñol e Marcial Valladares. Aínda que estes son todos galego-casteláns. 44
  • 43. Mamá, papá, en que idioma falades, ho? no dicionario non vén ningunha palabra das que vós dicides. 45
  • 44. Unha lingua para poetas Co Rexurdimento, o galego volveu ser unha lingua escrita, mais limitada á poesía. En xeral, os galegos consideraban que o seu idioma non valía para outra cousa que non fose falar na feira cos colegas e coas bestas. Como moito, poderíase escribir poesía en galego, pois a fin de contas era un enredo de catro tolos, mais de ningunha maneira de cousas científicas. Por este motivo, e por outros máis atravesados, algunha xente coida aínda hoxe que o galego non vale para as ciencias. Como se vai escribir o principio de Arquímedes en galego! “Todo corpo mergullado nun fluído en repouso sofre, por parte do fluído, unha forza vertical para a cima, cuxa intensidade é igual ao peso do fluído desaloxado polo corpo.” Pode ser que non se entenda, mais porque non se sabe física, non porque estea en galego. 46
  • 45. T por catro doce, res o meu repolo non coce. Sete por sete corenta e nove, collo o paraugas que chove. Seis por cinco trinta, púxenlle á gata unha cinta. T que estudar así, en porque o galego só vale para a poesía. 47
  • 46. Unha lingua para científicos Xa no século XX, os galeguistas da xeración Nós tiraron o galego do gueto da poesía. Castelao, Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas, estaban convencidos de que o galego valía para todo. E, para o demostraren, escribiron en galego teatro, novela e ensaio. Estes galeguistas entendían Galicia como unha nación. Eran, polo tanto, nacionalistas. Foi grazas a eles que o galego entrou en todos os saberes, como calquera outro idioma do mundo. Xa sen complexos nin autoodio, coa fundación polos galeguistas do Seminario de Estudos Galegos, a nosa lingua tratou todos os eidos do coñecemento: Arqueoloxía, Filoloxía, Antropoloxía, Ciencia naturais, Etnografía, Artes e letras, Historia, Prehistoria, Xeografía, Ciencias xurídicas e económicas, Ciencias aplicadas, Pedagoxía. 48
  • 47. Que fas, Rosa? En galego as matemáticas non son exactas! 49
  • 48. O Estatuto do 36 O 14 de abril de 1931, un soleado día de primavera, proclámase a II República e o rei Alfonso XIII abandona a poltrona. Ese mesmo ano, os galeguistas fundan o Partido Galeguista, cuxo fin principal é o Estatuto de Galicia. O texto referendado en 1936 comeza así: Art. 1º “Galicia organízase como rexión autónoma no Estado español, conforme a Constitución da República e o presente Estatuto. O seu territorio é o dos municipios comprendidos dentro dos actuais límites administrativos das catro provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Art. 4º Serán idiomas oficias en Galiza o castelán e o galego, mais nas relacións oficiais da Rexión con autoridades doutras rexións e coas do Estado usarase sempre o castelán. (...) Os funcionarios que se designen para actuar na Rexión deberán acreditar coñecemento de lingua galega”. 50
  • 49. CAMBIO CHANGE EXCHANGE WESCHEL TROCO 51
  • 50. O golpe do 36 O 18 de xullo de 1936, un día soleado tamén, propio para gozar da praia, o galego volveu sufrir outro ataque. Curiosamente, esta vez a ofensiva veu dun ferrolán: o xeneral Franco, xefe do golpe contra a República, que, polo visto, non tiña gana de praia ese día. Mais Franco non estaba só. Millán Astray, outro galego coruñés e militar, acompañouno na aventura. E algúns galegos máis, claro. O primeiro que fixeron estes galegos foi botar abaixo o Estatuto de Galicia, xa referendado nas urnas pola maioría dos galegos. Lembrades aquilo do autoodio? O ataque durou corenta anos. O poeta Celso Emilio Ferreiro chamoulle a este período “longa noite de pedra”. Algo semellante aos Séculos Escuros. Para que ninguén esquecese o berce do xefe do golpe, Ferrol pasou a chamarse El Ferrol del Caudillo. Ás rúas mudáronlles os nomes que tiñan polos de destacados golpistas: General Mola, General Queipo de Llano, José Antonio Primo de Rivera e así seguido. 52
  • 51. 53
  • 52. A lingua desterrada Nestes novos anos escuros, o galego desapareceu outra vez dos libros, porque o prohibiron os mesmos golpistas que mudaron o nome de Ferrol polo de El Ferrol del Caudillo e cousas así. Mais non desapareceu só o galego dos libros, moitos dos seus defensores desapareceron tamén. Os galeguistas ou foron fusilados, ou fuxiron, ou tiveron que calar. Pasoulles aos galeguistas e a todos os que querían unha sociedade libre: comunistas, anarquistas, socialistas ou mesmo centristas. Bos Aires, México e outras cidades americanas acolleron os galegos desterrados. E foi alí onde a nosa lingua volveu aos libros. Os exiliados fundaron editoriais e mesmo enviaron clandestinamente libros a Galicia. Sempre en Galiza, de Castelao foi un dos que chegou burlando a vixilancia aduaneira. 54
  • 53. Eghem! P coidei que ois era unha guía turística. 55
  • 54. Unha lingua clandestina A longa noite de pedra, é dicir a ditadura do xeneral Franco, durou corenta anos, tempo abondo para os galegos se afaceren a andar ás escuras. De maneira que, por moita policía secreta e visíbel que houbese, a xente aprendeu a zafar, como ler ás agachadas os libros que chegaban clandestinamente da América. Xa nos anos 50, Franco e os seus tiveron que abrir a man unha migalla, para non apareceren ante o mundo coma os lobos que eran. Os galeguistas que quedaran en Galicia aproveitaron a ocasión para fundaren a editorial Galaxia. O galego foi reaparecendo pouco a pouco nos libros. Finalmente, xa nos últimos anos da ditadura, a policía non era quen de parar os mozos que bulían por todo o país. Cantaban, facían teatro, escribían, pintaban, militaban en partidos políticos clandestinos e asociacións culturais. Case todos estes mozos que loitaban pola liberdade falaban galego. O galego púxose de moda entre os chamados “progres”. 56
  • 55. 57
  • 56. Galego non obrigatorio Franco morreu e con el marchou a longa noite de pedra. Tampouco imos dicir que chegou un día luminoso, como se Galicia entrase de golpe nun clima tropical, non. Digamos que se pasou da noite a un abrente brumoso. Coa Constitución de 1978, Galicia volveu ter Estatuto de Autonomía, non sen esforzo. Mais o seu artigo 5º di: “A lingua propia de Galicia é o galego. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar”. É dicir, que o Estatuto non obriga a coñecer o galego, como obriga a Constitución a coñecer o castelán en todo o Estado. De maneira que un valisoletano pode vir a Lugo e obrigar o con- serxe do concello a falarlle castelán. En troques, un lugués non pode esixirlle ao mesmo conserxe que lle fale galego, se este non quere. 58
  • 57. Un momento! Según el Estatuto de Galicia, no tengo obligación de hablar gallego, mocoso. 59
  • 58. Tranquilos! El gallego aún no ha muerto E chegamos ao día de hoxe. O castelán, que avanzaba alegremente polas vilas e cidades galegas, anda xa bailando polas aldeas. Os feirantes aínda falan galego coas bestas, mais hai xa quen lle fala castelán aos cans, sobre todo, se son de razas exóticas. Fóra o acento, en moitos lugares de Galicia hoxe fálase coma en Burgos. Así e todo, hai quen ve o castelán en perigo. Din que se está a impor o galego. Que o galego non é cordial co castelán. Que os escolares non teñen liberdade para falar, e cousas polo estilo. Pero que se chinchen, el gallego no va a desaparecer. Aún somos muchos los que estamos dispuestos a defenderlo. Ok? 60
  • 59. Hello, mummy! 61