Loading…

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

Like this presentation? Why not share!

Like this? Share it with your network

Share

Xornadas de lingua e diversidade

on

  • 436 views

 

Statistics

Views

Total Views
436
Views on SlideShare
424
Embed Views
12

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

2 Embeds 12

http://alcoipontevedra.blogspot.com 11
http://alcoipontevedra.blogspot.com.es 1

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Xornadas de lingua e diversidade Presentation Transcript

  • 1. XORNADAS DE LINGUA E DIVERSIDADE VAL DO ELLAS: A LINGUA QUE NOS UNE
  • 2. OBXECTIVOS: Ser punto de unión dos 300 alumnos e alumnas de Galiza e do Val de Xálima. Sensibilizarse diante do feito de que é a mocidade quen goza do poder de preservar estas falas. Tomar conciencia de que compartimos un patrimonio común “ GALEGO: A FORZA DO NOSO AMOR”
  • 3. LUGAR DO ENCONTRO: VALVERDE DO FRESNO DÍAS: 28-29-30 de abril de 2010
    • PARTICIPAN:
    • IES “LUÍS SEOANE” (PONTEVEDRA).
    • CIP “PADÍN TRUITEIRO” (ARCADE)
    • IES “COSME LÓPEZ” (A RÚA).
    • IESO “VAL DE XÁLIMA” (VALVERDE DO FRESNO).
    • ORGANIZAN:
    • ÁREA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    • CONCELLO DE PONTEVEDRA
    • ESCOLAS GALEGAS DO PEA-UNESCO
  • 4. DELIMITACIÓN XEOGRÁFICA No recanto noroccidental da actual provincia de Cáceres (Estremadura-España), nas estribacións da Serra de Gata, sitúanse tres concellos nos que aínda hoxe se falan maioritariamente tres variedades do antigo galego(-portugués). Nos concellos de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello a práctica totalidade dos seus cinco mil habitantes empregan a cotío as variedades lingüísticas denominadas valverdeiro, lagarteiro e mañego. Cunha extensión territorial conxunta de 256 km, cunca natural perfectamente delimitada e afastada dos territorios de fala castelá por dificultades orográficas, forman un val que se ten chamado de Xálima, do Río Ellas ou na fala dos seus habitantes simplemente "Os tres lugaris".
  • 5. O GALEGO ATRAPADO NO TEMPO: O VALVERDEIRO – O MAÑEGO – O LAGARTEIRO ORIXES DAS FALAS DO VAL: As variantes lingüísticas proceden da lingua levada polos colonos instalados no val polo rei Afonso VIII de Galicia e León no século XIII, que repoboaron unha ampla área ao sur de Salamanca, norte de Cáceres e a franxa oriental da Beira Baixa portuguesa. En época ben temperá a fala dos colonos foi varrida quedando restos en numerosos vocábulos rexistrados nas falas castelás da Serra de Gata e do suroeste da provincia de Salamanca, ( regato, rodera, murceguiño, chambra, fechadura, gomo, bocoi, cangallo, lombo, carozo, múa, bago, meda, sobrau ,...). A conservación da fala perdida no resto das zonas colonizadas explícase no abandono secular destas áreas, dificilmente accesibles ata hai escasas décadas. Estas falas son así o resultado dun galego antigo implantado neste val no século XIII que perdeu todo contacto co territorio orixinario e camiñou setecentos anos por libre.
  • 6. É GALEGO O QUE SE FALA NOS TRES LUGARIS? Segundo Henrique Costas, catedrático de Filoloxía Galega e Director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, estas falas “representan unha maqueta de moitos fenómenos dialectais, fonéticos, morfolóxicos e léxicos, esparexidos polo noso dominio lingüístico actual”. AS FALAS DO ELLAS concordan nun 81 % co galego, nun 63 % co astur-leonés en un 60 % co portugués.
  • 7.
    • A LEXISLACIÓN
    • CARTA EUROPEA DAS LINGUAS REXIONAIS E MINORITARIAS (ESTRASBURGO 2- X – 1992 ).
    • DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS LINGÚÍSTICOS (ONU- 2008 ).
    • ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA ( 1981 )
    • ARTIGO 5
    • 1. A lingua propia de Galicia é o galego.
    • 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
    • 3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
    • 4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua
    • CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA ( 1978 ).
    • Artículo 3.
    • 1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.
    • 2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.
    • 3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección
  • 8. POSICIÓN DA JUNTA DE EXTREMADURA O Parlamento estremeño declarou “A FALA” como “Ben de Interese Cultural” (BIC) no ano 2001 aínda que non se interesa pola súa protección e difusión e mesmo negan politicamente que o falado no Val do Ellas sexa lingüísticamente galego. O galego falado en Cáceres só foi recoñecido ( a instancias de Galiza), no último Informe do Consello de Europa, de 2008. Porén, non se lles está a aplicar a estas variedades lingüísticas a Parte II da Carta Europea das Linguas Minoritarias, que garante uns mínimos de protección para as falas rexionais que non gozan da oficialidade.
  • 9. AS IMAXES DUN ENCONTRO 1.- CHEGADA A VALVERDE DO FRESNO E INAUGURACIÓN DAS XORNADAS. MÚSICA TRADICIONAL GALEGA A CARGO DE PABLO CARPINTERO
  • 10. 2.- COÑECENDO A GASTRONOMÍA ESTREMEÑA: MIGAS E AÑO RECEITA: Pan reseso, touciño entreverado, auga, aceite de oliva, chourizo, allo, sal. Preparación: Recortar o pan e colocalo nunha fonte. Mesturar a auga coa sal e regalo. Tapar cun pano e deixar repousar unhas horas. Cortar o chourizo e o touciño e freilo co aceite, retiralos e pasar o allo, agregar o pan e cando esté ben migado e solto, engadir o chourizo e o touciño. Cando esté todo ben migado, deisaxe repousar no sartén ata que adquira costra.
  • 11. 3.- CHEGADA AO CAMPING E PARTIDO NO BAR E PARTIDA NO CUARTO
  • 12. 4.- POLA MAÑÁ ÁLMORZO E LOGO “CAMIÑADA”
  • 13. 5.- CAMIÑO ÁS ELLAS REPOÑENDO FORZAS
  • 14. 6.- COÑECENDO “AS ELLAS” PATRIMONIO E RISAS
  • 15. 7.- ACTIVIDADE NO IESO “VAL DE XÁLIMA” COÑECIMOS A HISTORIA DE VALVERDE E SÚA ARTESANÍA UNHA VISITA GUIADA E MOI INSTRUCTIVA
  • 16. 8.- QUEDABA O TERCEIRO DOS “LUGARIS”: SAN MARTÍN DE TREBELLO ESPECTACULAR ¡
  • 17. 9.- O FESTIVAL: SENTIDO INVERSO, DESTERRA2, LEO I ARREMECÁGHONA, OTDM (Os Trasnos de Moscoso) MÚSICA E DESPEDIDA
  • 18.
    • 10.- A CLAUSURA:
    • Mª Elena Pérez Sanz: Directora do IESO Val de Xálima
    • Domingo Frades: Representante da Real Academia Galega polo Val do Ellas.
    • Xosé-Henrique Costas: Catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo.
    • Manuel Lourenzo : Profesor do IES Luís Seoane.
  • 19. O PRÓXIMO ENCONTRO NA GALIZA COS ESTUDANTES DO IESO VAL DE XÁLIMA “ Si paisanus, aunque nun puamus disfrutal de aquelis dumingus du pasáu na praza, pur lo menos que in ela puxeran xugal us pequenus, pasial us ancianus, puelsi acercal á fonti y disfrutal, en definitiva, de máis espaciu pas pesoas que, sin duda, u merecemus máis que us cochis” DITOS NA FALA: “ A esi, pul sel mau, le rajorin u bandullu” “ A vella tiña u iñeiru escondíu nunha buranca da paré”. “ Esi cabalu está nas atrancas”
  • 20. IES “LUIS SEOANE” – LLEIDA 2010