Portas

495 views

Published on

Published in: Travel, Business
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
495
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
4
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Portas

  1. 1. Portas SITUACION E POBOACION OROGRAFIA HIDROGRAFIA CLIMA PRAIAS SANTA MARIA DE PORTAS DEPROTE E NATUREZA ARQUEOLOXIA FESTAS E FEIRAS
  2. 2. Situacion e poboación Formando parte da comarca de Caldas atopámo-lo concello de Portas. Os seus 59 núcleos de poboación, que se reparten entre as catro parroquias que o conforman, acollen a 3.326 habitantes. Localizado no noroeste da provincia de Pontevedra, linda polo oeste cos municipios de Ribadumia e Meis; polo sur co de Barro; polo leste con Moraña e polo norte co municipio de Caldas de Reis e de Vilanova de Arousa.
  3. 3. Orografia O máis característico da morfoloxía do municipio son os numerosos e pequenos outeiros que se espallan por todo o territorio. A súa superficie é bastante chan como o amosan as altitudes máis elevadas: Rabuñable con 205 metros, Moraza con 186 e Cavada con 173 metros. Está encadrado polo val do Salnés e as serras prelitorais.
  4. 4. Hidrografia A rede hidrográfica do concello está formada por numerosos regueiros ( O Loureiro, O Couto...) e polo río Chaín que lle levan as súas augas ó río Umia, lindeiro físico polo norte cos concellos de Caldas de Reis e Vilanova de Arousa.
  5. 5. A súa proximidade ó mar ten repercusións no clima do concello, posto que a isto se debe a suavidade térmica, cunha media anual de 14,2 graos. Os ventos do sudoeste fan que as precipitacións se dean ó longo de todo o ano, cunha frecuencia máis ou menos regular agás nos meses estivais.
  6. 6. PRAIA FLUVIAL DE LANTAÑO Ali celebranse moitas romerias e festas do deporte: como a festa da bici e sardiñadas
  7. 7. Santa María de Portas A Igrexa de Santa María, perdeu case totalmente a súa traza románica. Do primitivo templo (1.180) só se conserva a ábsida e o arranque dos muros da nave. Son de destacar no muro do límite da ábsida, unha seteira e no muro norte da nave, unha fiestra de arquivolta sostida por dúas columnas. Interiormente conserva do románico o arco triunfal de medio punto, mentras que o retablo maior, foi construido por Fernando Domínguez y Romay no ano 1.784. Subindo cara a Igrexa Parroquial, atopámo-lo Cruceiro de Piñeiro, cun altar apegado ata onde chegan as procesións os días de festa na parroquia.
  8. 8. Deportes e natureza Cunha superficie bastante cha (ningún dos montes circundantes supera os douscentos metros de altitude), o concello de Portas convértese nun lugar perfecto para os afeccionados ó sendeirismo ou ós longos paseos en bicicleta ou a cabalo. Os amantes da tranquilidade e o repouso sen dúbida gozarán percorrendo un concello no que patrimonio e natureza conxúganse sabiamente ata obter un lugar dun interese indiscutible. Se ademais lles gusta a pesca, non teñen escusa para non se achegar a Portas e ás augas do río Chaín, afluente do Umia, onde poderán pescar unhas troitas deliciosas.
  9. 9. Arqueoloxia Destacan no concello de Portas as pequenas igrexas románicas espalladas pola zona. Estas foron construídas durante a Idade Media, e entre elas merecen especial mención as de Santa Mariña de Portas, San Pedro de Lantaño e a de San Xiao de Romai. Como mostra do poder que ostentaron nesta época tanto a igrexa como a nobreza, é posible visita-lo Mosteiro Benedictino de San Paio de Santiago e os distintos pazos esparexidos pola rexión, entre os que cómpre salienta-lo Pazo de Outeiro, o de Losada, Torre Penelas e San Bieito construídos todos eles entre os séculos XV e XVIII.
  10. 10. Un dos grandes atractivos turísticos de Galicia é a súa gastronomía; a nosa Comunidade Autónoma celebra ao ano centos de festas gastronómicas que ofertas productos de calidade. É este o motivo que levou ao nacemento de Xantar, unha feira de promoción turístico-gastronómica na que se dan cita organismos oficiais e empresas de Galicia, España e, este ano por primeira vez, México. Será entre o 28 de febreiro e o 4 de marzo cando o recinto de Expourense acolla a VIII Edición de Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo, escaparate da gastronomía galega. Ademais, durante a feira terá lugar o II Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde e o II Concurso Gastronómico Cociñar con Viño. A xornada do 4 de marzo está adicado ao Concello de Portas que aproveitará a ocasión para amosar o ben que este municipio prepara o "Galo de Curral". Así, terá lugar unha degustación gastronómica deste galo alimentado tradicionalmente. O Vicepresidente da Deputación pechou o acto de presentación agradecendo aos organizadores que elixisen a sede de Turismo Rías Baixas para presentar esta importante feira ao igual que felicitou ao Concello de Portas polo traballo que están a realizar e que permitiu que a Festa do Galo de Curral chega xa á súa quinta edición. Festas e Feiras

×