Cosmovisiones
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Cosmovisiones

on

  • 1,027 views

Odisea por las cosmovisiones Antigua y Moderna. Aventura con Newton y Galileo. Para el filósofo aficionado! :)

Odisea por las cosmovisiones Antigua y Moderna. Aventura con Newton y Galileo. Para el filósofo aficionado! :)

Statistics

Views

Total Views
1,027
Views on SlideShare
539
Embed Views
488

Actions

Likes
0
Downloads
5
Comments
0

7 Embeds 488

http://memoriesofayoungwriter.blogspot.com 288
http://memoriesofayoungwriter.blogspot.mx 97
http://memoriesofayoungwriter.blogspot.com.es 42
http://lenguaje-y-comunicacioningidus.blogspot.com 30
http://memoriesofayoungwriter.blogspot.com.ar 28
http://memoriesofayoungwriter.blogspot.ca 2
http://www.memoriesofayoungwriter.blogspot.com 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment
  • Ben, tal e como nos correspondería explicar no tema 5 do libro de Filosofía, daremos unha voltiña pola historia das cosmovisións, dende a Prehistoria ata o mundo moderno. Falando un chisco da época actual. Da visión que temos agora do universo, e das facilidades para estudalo, así como todos os científicos e filósofos que comezaron a estudar de maneira sólida e sistemática todos os fenómenos do cosmos.

Cosmovisiones Cosmovisiones Presentation Transcript

  • Odisea pola historia das Cosmovisións
    • 1. As cosmovisións
    • 1.1 Que é unha cosmovisión?
    • 1.1.1 Grecia, prehistoria e Idade Media
    • 1.2 As cosmovisións científicas
    • 2. As cosmovisións antigas (Odisea pola historia)
    • 2.1 A Terra
    • 2.2 Os Ceos
    • 2.3 A estrutura do Universo
    • 2.4 Implicacións filosóficas
    • 3. A cosmovisión moderna (Odisea pola historia)
    • 3.1 O xiro copernicano
    • 3.2 Outras achegas á nova cosmovisión
    • 3.3 A nova física
    • 3.4 Implicacións filosóficas
    Tema 5
  • 1.As cosmovisións Que é unha Cosmovisión? Cosmos (orde) + Visión (comprender) Interpretación da realidade que constituía unha forma coherente e sistemática de ver o mundo e comprendelo Poden ser filosóficas, científicas , relixiosas, poéticas… Dita interpretación depende da época e de cada persoa (aséntase sobre as súas Crenzas ) Algunhas cosmovisións serían o antropocentrismo o teocentrismo, o sensocentrismo…
  • Introducción á cosmovisión do universo… Falar un pouco do que imos a tratar (cosmovisións de distintas épocas, etc) Cal é a fin do universo? Cal é a orixe do universo? Qué lugar Ocupa a Terra no Universo? Cosmovisión
  • Primeiros indicios…, “Cosmovisión prehistórica ”
    • O disco de Nebra
    • É a representación máis antiga dunha imaxe cosmolóxica concreta.
    • Data do ano 1600 a.C, e foi atopado a finais do século XX en Saxonia (Alemaña)
  • “ Deus é o centro”, “ Cosmovisións na Idade Media ” (400 - 1500 d.C)
    • Cosmovisión claramente influenciada pola relixión (cristianismo) e pola filosofía de Platón . * (Explicarlles de maneira concisa esta relación)
    • Acudían ao teocentrismo para explicar o universo. Deus observao todo, é o creador.
    • Empregaban as representacións pictóricas para propagar a súa visión do mundo. (pinturas basadas na Biblia).
  • “ Literatura e cosmovisión”, “ Cosmovisións nas epopeas de Homero e Hesíodo ”
    • Explícase a realidade acudindo ás divinidades.
    • Os mundos creados por estes dous autores son na súa maioría deuses que interfiren no destino humano.
    • Os fenómenos atmosféricos son mostras da cólera divina.
    • Esta cosmovisión ten a súa orixe en Grecia, e para nada ten base científica…
  • As cosmovisións científicas
    • Filosofía + Ciencia
    • Paso do mito ao logos = explicacións científicas contituídas por: experiencia + razón
    • Novas explicacións basadas nas leis que rexen a natureza. Quedan determinados compoñentes esenciais da realidade. (Cosmovisións científicas)
    • De onde proceden as teorías e leis dunha cosmovisión científica?
    • Das seguintes disciplinas científicas…
    Cosmovisión coherente e consistente Astronomía : estuda a posición dos astros e as leis que rexen os seus movementos. Cosmoloxía : ocúpase das leis xerais que explican a orixe e o desenvolvemento do Universo. Física : proporciona as leis que permiten explicar e predicir os movementos e forzas que lles afectan a todos os corpos.
  • ¡E comeza a Odisea!
    • Primeira parada…
    • Cosmovisións antigas
    • -Libro “Teogonía”, Hesíodo.
    • -A Terra
    • -Os Ceos
    • -A estrutura do Universo
    • -A achega de Ptolomeo
    • -Continuidade histórica do modelo antigo
    • -Implicacións filosóficas
  • “ Teogonía” e a cosmovisión grega
    • Autor: Hesíodo
    • Argumento: Detallada xenealoxía dos deuses que habitaron o Olimpo, pero ademáis, proporciona os primeiros indicios dunha cosmovisión grega. Acude ao mito para explicar a orixe do universo e da Terra.
    • Ideas que propón:
    Formación do Universo Elementos base Principio universal da vida Eros “ O Amor” Xea (a terra) Tártaro (mundo subterráneo) O Caos (O abismo) + masa uniforme formada por todos os elementos que conforman o universo
  • Os principios da realidade
    • ¿A que se debe tanta diversidade de substancias? ¿De onde derivan?
    Todas as substancias proceden da transformación dun ou varios elementos Os principios da realidade O principio básico ou elemental (arkhé) “ Escola de Mileto” Tales: Auga Anaxímenes: Aire Teorías diferentes Presocráticas VS Aristotélicas Os catro elementos terra, auga, aire e lume” O que varía en cada substancia é a concentración deles
  • A forma da Terra na antiguidade Aristóteles confírmao e di que ten un perímetro moi reducido fronte ao tamaño do universo. A Terra é esférica (Escola pitagórica S.V a.C. (A partires de observacións) A Terra é plana e está rodeada polo océano
  • Os ceos según a Grecia antiga…
    • O movemento dos corpos celestes é circular.
    • A Terra é o centro do universo. Ao seu redor xiran todos os demáis corpos.
    • Ela está inmbóbil, tal e como ditan as observacións na realidade.
    • O Universo está limitado pola esfera das estrelas fixas (bóveda ou cúpula na que se incrustan as estrelas).
    • Conclusións…
    • Esta visión depende dos sentidos. É errónea, por suposto.
    • Presenta certos problemas, un deles é o chamado:
    • “ Problema de Platón , o cal nos di”:
    • -Habería que determinar que clase de movementos (circulares) uniformes e ordenados deben asignárselle a cada un dos planetas.
    • “ Non nos podemos deixar enganar polos sentidos.”
  • Eudoxo atopa unha solución ao problema de Platón!
    • Discípulo de Platón, enuncia a Teoría das esferas homocéntricas.
    27 esferas cuxo centro é o da Terra. Son transparentes, esféricas, unhas dentro doutras. O seu movemento é complexo, formado por varios movementos simples. Xiran sobre si mesmas con eixes de rotación diferentes.
  • Aristarco de Samos, o Heliocentrismo
    • A pesares do xeocentrismo da época, Aristarco propuxo ao Sol como centro do universo, e á Terra como un astro máis que xiraba ao seu redor.
    • A órbita dos corpos celestes sería circular.
    • A súa teoría non explicaba, se como ben di e a Terra xira ao redor do sol, por que non notamos este movemento.
    • Ata o século XVI outro científico non defenderá a súa teoría.
    • *Curiosidade: hoxe en día seguimos cuestionando, sen decatarnos, o modelo cósmico actual, coa expresión: o sol ponse e o sol sae .
    • En teoría o Sol está inmóvil, pero a nosa percepción visual prodúcenos algo así como unha ilusión óptica, facéndonos creer que o Sol se move.
  • Entón, cal era a estrutura cósmica definitiva na antiguedade? Modelo xeocéntrico Mundo Supralunar: O que habita o Ser humano Existencia dun Motor inmóvil (gravidade Actual) Mundo supralunar: máis alá da Lúa elemento: éter Mundo sublunar: Os catro elementos A Terra é redonda Cosmovisión Aristotélica
  • Alto, Aristóteles, chegou Ptolomeo!
    • Propuxo un modelo orbital que entraba en discusión co de Aristóteles
    • O modelo de Ptolomeo é este
    • A Terra segue a ser o centro, pero
    • os planetas móvense arredor dela
    • e arredor de sí mesmos
    • (epiciclos).
    • Isto explicaba por que os astros
    • se achegaban e alonxaban da
    • Terraen determinados momentos
  • O modelo Aristotélico durou moito?
    • A dicir verdade, pódese dicir que ata o s.XVI, entrando en combinación coas civilizacións cristianas, musulmás, etc. Estas adaptaron as teorías aristotélicas aos seus “dogmas” ou “ideas reveladas”.
    • A doutrina cristiana aceptou a eternidade do Universo que citou Aristóteles e a civilicación grega en xeral?
    • Nin pensalo, iría en contradicción cos dogmas da Creación do cristianismo. Xa que estes din que o Universo foi creado por Deus.
    • O que conservaron foi o modelo xeocéntrico e fixeron unha mestura entre o modelo orbital de Aristóteles e o de Ptolomeo.
    • E así foi como se adaptou o modelo Aristotélico ao paso do tempo, ás novas crenzas, culturas e épocas.
  • Implicacións filosóficas
    • Unha cosmovisión vai máis alá do científico, é condicionada pola filosofía e a relixión. Fixádevos no seguinte esquema sobre as implicacións filosóficas do modelo antigo…
    Realidade ordeada Realidade cognoscible Perspectiva antropocéntrica Todas as causas están ordeadas e organizadas na totalidade do Universo, cunha finalidade propia dentro deste Utilizando a razón o ser humano pode comprender o funcionamento do universo, xa que todo o que sucede neste sucede cunha fin determinada, e explícase mediante a observación A natureza axústase á razón humana, que a pode comprender por completo. A perspectiva que se ten do Universo é a dun observador terrestre (a Terra está no centro e é única)
  • A Cosmovisión moderna (A caída do cosmos grego)
    • Século XVI
    • Chega a Revolución científica
    • de mans dun grupo de científicos:
    • -Galileo-Galilei
    • -Copérnico
    • -Newton
    • -Johannes Kepler
    • Para recordar ben o que supuxo a Revolución Científica, fixádevos no esquema da seguinte diapositiva…
  • A Revolución Científica, comeza unha nova etapa para a cosmovisión…
  • Un universo sen xerarquías
    • A física axuda a mudar de cosmovisión
    • O novo clima intelectual permítelles a astrónomos e físicos cambiar fácilmente a visión do universo, enunciando que este non segue ningún tipo de xerarquía .
    • Copérnico dirá que o Sol é o centro do universo (heliocentrismo)
    • Kepler verá que o círculo non é o camiño que seguen os planetas…
    • Galileo-Galilei e Newton serán os pais da física moderna, o xaque mate definitivo na loita de heliocentrismo VS xeocentrismo… na que o Sol gañará a partida.
  • Copérnico chega e di que o Sol é o centro, adeus Aristóteles…
    • Tal e como pensara Aristarco de Samos , era lóxico atribuírlle ao Universo un modelo heliocéntrico , co que se suprimían inmediatamente o xeocentrismo e os epiciclos. Era unha maneira máis sinxela de explicar o universo.
    • En concreto, Copérnico atribuíulle á Terra tres clases de movemento:
    • Rotación : O que provoca o aparente movemento do resto de estrelas que apreciamos dende a Terra
    • Translación : Explica que os cambios de brillo e os bucles que trazan os planetas son efectos ópticos producidos polas diferentes distancias respecto ao sol nos distintos tramos do percorrido anual da Terra
    • Declinación do eixe terrestre : a Terra cambia a dirección do seu eixe de rotación ao longo de grandes períodos temporais.
  • Outras achegas á nova cosmovisión
    • O universo seguía a ser finito, ilimitado pola esfera de estrelas fixas, e os planetas seguen a moverse en órbitas circulares. (Características aristotélicas) Alguén tiña que aparecer e encender a bombillita…
    • E isto non foi cousa dun home só, aparece Kepler e di que as órbitas da teoría heliocentrista son elípticas, non circulares. A velocidade dos planetas varía segundo a distancia á que se encontren do Sol. Con esta proposición resolvéronse problemas planteados na antiguedade, coma o de Platón, do que falamos uhas diapositivas máis atrás.
    • Próximamente… Newton e Galileo-Galilei
    • > E así achegámonos aos pais da física…
    “ A verdade, Kepler era todo un cerebrito!”
  • Que trouxeron consigo estas leis?
    • Lei da inercia
    • Supuxo unha ruptura definitiva co aristotelismo e ademáis permite explicar por que non percibimos o movemento terrestre.
    • Lei da gravitación universal
    • Poidéronse explicar todos os movementos naturais (caída de corpos, movementos planetarios…) Acabou coa concepción aristotélica do mundo supra e sublunar, e conseguíu o ideal da nova ciencia: o carácter universal e a súa capacidade predictiva .
    • Convértese no modelo e referente da nova ciencia.
  • A nova física.” Galileo e Newton, o despertar da ciencia moderna…” Galileo Newton
    • Galileo e Newton enunciaron unha serie de leis para explicar o por que do funcionamento do universo. Sentaron definitivamente o heliocentrismo na cosmovisión moderna, e na actual.
    • Entre as leis físicas que formularon. Destacaremos dúas :
    • Lei da inercia : (Galileo) Afirma que todo obxecto se move indefinidamente se non actúa ningunha forza sobre este.
    • Lei da gravitación universal : (Newton) Esta lei afirmaba que dous corpos se atraen cunha forza inversamente proporcional ao producto das súas masas.
  • Implicacións filosóficas Mecanicismo Determinismo Inseguridade Importancia da natureza Reducción do papel de Deus na cosmoloxía Poder da razón O mundo é un gran mecanismo de reloxería (mecánica newtoniana) O ser humano está sometido ás leis físicas da natureza, polo tanto,depende dela. Non se coñece a finalidade do universo e o ser humano ocupa un lugar insignificante no infinito, o cal causa inseguridade O universo é teoricamente predecible mediante leis probabilísticas e convencionais (útiles na descrición de fenómenos) Os científicos reducen o papel de Deus ao de creador e deseñador do mundo e das leis O máis alto destino humano é facer uso da razón, que é considerada limitada (isto atenúa a inseguridade ante a inmensidade do universo )
  • E ata aquí chega a Odisea polas cosmovisións!
    • Agora estaría ben debatir sobre o que trouxo consigo a cosmovisión moderna para a cosmovisión actual…