Tema 8 arte renacemento

878 views
753 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
878
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
483
Actions
Shares
0
Downloads
4
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Tema 8 arte renacemento

  1. 1. O RENACEMENTO
  2. 2.  O Renacemento xorde en Italia no S. XV, e será a partir do S. XVI cando se estenda polo resto dos paises eurpeos.  O Renacemento nace en Italia xa que é alí onde estaban máis presentes a cultura clásica. En Italia existían numerosas ruinas de época clásica.  Tamén a nivel político e económico, en Italia danse as condicións favorables para a aparición do Renacemento:
  3. 3.  A partir do S. XI unha serie de cidades do Norte e Centro de Italia comezan a constituírse en pequenas repúblicas, como FLORENCIA, VENECIA, XÉNOVA. Estas van coñecer unha gran prosperidade grazas o comerico con Oriente.  Nelas aparece unha gran BURGUESÍA.  A prosperidade destas cidades influirá de diversas formas na aparición do Renacemento:  As mentalidades cambian: ráchase co TEOCENTRISMO e triunfa o ANTROPOCENTRISMO que considera o ser humano o centro de tódalas cousas.
  4. 4.  O Renacemento valora o INDIVIDUALISMO.  No Renacemento triunfa un movemento cultural e intelectual chamado HUMANISMO: na que o ser humano é o centro e medida de tódaslas cousas.  A difusión da cultura intensifícase grazas o invento da Imprenta, que permite expandir an novas ideas por toda Europa.  A prosperidade económica fai aparecer novs MECENAS.  Agora temos unha maior consideración social dos artistas
  5. 5.  A tarefa artística deixa de ser considerada unha simple actividade artesanal para entrar de cheo nas nartes liberais.  Agora valórarase o traballo artístico coma un traballo intelectual, fronte á valoración artesanal e manual predominante na Idade Media.  No mundo filosófico abandónase a filosofía TOMISTA de base Aristotélica e agora vóltase a Platón nunha nova corrente chamada NEOPLATONISMO  Valoración do mundo clásico tanto na arte como na lectura de autores clásicos.
  6. 6.  QUATTROCENTO (S. XV): principal centro cultural e artístico foi FLORENCIA.  CINQUECENTO ( S. XVI): Roma convértese no principal centro cultural e artístico.  MANIERISMO ( mediados S. XVI): comezan a a aparecer os primeiros síntomas de ruptura do ideal clásico do Renacemento: o Manierismo vai abrir as portas á arte BARROCA.
  7. 7.  O Renacemento constituíu un fenómeno esencialmente italiano. O primeiro Renacemento, que se inicia no S. XV ten o seu centro en FLORENCIA.  Este periodo recibe o nome de QUATTROCENTO.  Florencia, era a comezos do S. XV unha república independente tutelada por señores feudais. Cidade próspera, adicada o comercio e a industria de panos e banca.
  8. 8. QUATTROCENTO: Destaca FLORENCIA
  9. 9.  A forma de goberno foi a REPÚBLICA OLIGÁRQUICA, na que as grandes familias burguesas controlaban o goberno, e despois nunha REPÚBLICA PERSOAL, na que o poder estaba acaparado por uha soa persoa: “O SIGNORE”, que tomaba todas as decisións.  Unha destas familias que se fai co poder foi a FAMILIA MEDICI, primeiro con COSME O VELLO e logo con LOURENZO O MAGNÍFICO.
  10. 10. COSME DE MEDICI LORENZO DE MEDICI
  11. 11.  A familia Médici converteranse nos prototipos de MECENAS. Cosme de medici funda A ACADEMIA DE FLORENCIA, na que as novas ideas renacentistas acadan enorme desenvolvemento xunto a filosofía NEOPLATÓNICA.  O RENACEMENTO foi un movemento cultural e artístico que se inspirou no mundo clásico grego e romano.  O Renacemento inspirouse no mundo clásico pero non é unha copia.
  12. 12.  O Renacemento apareceu en Italia por varios factores:  Os cambios socioeconómicos da Baixa Idade Media, na que o comercio ten gran auxe e aparece unha nova clase social: BURGUESÍA, adiñeirada.  Organización política en cidades – estado: Italia non é un estado unificado políticamente, senon un conxunto de territorios independentes. Como Florencia.  Tradición viva da Antiguedade clásica: Recordo do esplendor da antiga Roma.
  13. 13.  Nova mentalidade:  Renovado interés polo HOME: HUMANISMO.  Afán de conciliar o pensamento antigo co cristián.  Secularización da Cultura e triunfo do pensamento humanista.  Nova concepción social dos artistas:  Agora os artistas non son vistos como artesáns senón que agora reciben a valoración de ARTISTAS.
  14. 14.  Miran o mundo clásico: proporción, harmonía, equilibrio. Tódalas partes do edificio teñen que ser proporcionais.  Valoración do muro en si mesmo e non para ser decorado. Desexo de claridade e racionalidade.Valoración do muro pola súa función construtiva e non para ser decorado.  PLANTAS: fronte as plantas basilicais e de cruz latina, AGORA OPTAN POLAS PLANTAS CENTRAIS (circulares, cadradas, cruz grega)  Elemento primordial: A CÚPULA (símbolo de Deus
  15. 15.  Edificios: a Igrexa segue a ser o edificio principal, pero agora destacan tamén os PAZOS PARA A BURGUESÍA E NOBREZA  CUBERTAS: Ademais da Cúpula, o seu idal de cuberta é a BÓVEDA DE CANÓN, pero non seimpre a poden utilizar ( non usan contrafortes) polo que empregan cubertas alinteladas que soen estar cubertas con casetóns.  SOPORTE: recupéranse as ordes clásicas E SOBRE TODO AS PILASTRAS.  Tamén usan os frontóns triangulares e o arco de medio punto
  16. 16. PROPORCIÓN ARMONÍA SIMETRÍA
  17. 17. TEITOS ALINTELADOS CON CASETÓNS RECUPÉRANSE OS ORDES CLÁSICOS
  18. 18. IMPORTANCIA CÚPULA
  19. 19. Ademais de Igrexas tamén destacan os PAZOS DA BURGUESÍA
  20. 20.  Escultura influenciada pola escultura clásica: proporción, harmonía, beleza. Segue o modelo do mundo grego.  Recupérase a ESCULTURA EXENTA OU DE VULTO REDONDO QUE DECORA PRAZAS, TEMPLOS, PAZOS.  Reaparece a ESCULTURA ECUESTRE.  Soen ser figuras equilibradas, sereas, expresión contida  TEMAS: os relixiosos seguen a ser de gran importancia. Agora recupérase o profano e mitolóxico
  21. 21.  Materiais: destaca o uso de materiais nobres como MÁRMORE e o BRONCE s. JORGE de DONATELLO DAVID de DONATELLO
  22. 22.  A arte Renacentista é IDEALISTA, representa a realidade pero correxida nás súas imperfecións para conseguir máis harmonía e perfeción.  Grande importancia da FIGURA HUMANA, sendo frecuente a representación de figuras espidas.  Agora triunfa o xénero do RETRATO  Introdución da arquitectura e do paisaxe come elementos integradores da pintura.  TEMAS: os relixiosos seguen a ser primordiais, tamén os profanos (sobre todo mitolóxicos)
  23. 23.  TÉCNICA: nun primeiro momento triunfa o FRESCO, pero logo xá se difunde a TÉCNICA DO ÓLEO CON VELADURAS.  PERSPECTIVA: sistema de representación que consiste en crear sobre unha superficie bidimensional a ilusión de profundidade por medios pictóricos.  No Renacemento descóbrense dúas perspectivas:  PERSPECTIVA LIÑAL  PERSPECTIVA AÉREA
  24. 24.  Crear no cadro de forma fictica a profundidade, representando as figuras, obxectos, paisaxes, tal e como os veríamos na realidade ( os máis cercanos a nós de maior tamaño e os máis alonxados de menor tamaño).  Para conseguir isto o pintor ten que trazar no cadro liñas diagonais que van confluir nun punto chamado PUNTO DE FUGA  AS FIGURAS DISTRIBÚENSE A TRAVÉS DESAS LIÑAS
  25. 25.  Consiste en variar os obxectos, figuras e paisaxe, na súa forma e cor en función da distancia que haxa entre eles e o espectador.  As figuras e obxectos do primeiro plano serán máis nítidas e cara o fondo máis difusos.
  26. 26. PERSPECTIVA LIÑAL
  27. 27. PERSPECTIVA AÉREA O fondo do cadro aparece difuso
  28. 28.  O Renacemento iníciase no S. XV na cidade de FLORENCIA.  A esta etapa coñécese co nome de QUATTROCENTO.  Florencia era unha REPÚBLICA independente da tutela dos señores feudais.Cidade próspera adicada o COMERCIO.  O afán de poder dos burgueses máis ricos, fixo que se convertese nunha REPÚBLICA OLIGÁRQUICA. Así ocorre coa familia MÉDICI
  29. 29.  Os membros da familia Médici convértense no prototipo de MECENAS: Cosme funda a ACADEMIA DE FLORENCIA, na que as novas ideas renacentistas acadan gran desenvolvemento.  Na Academia reúnense humanistas como FICINO e PICO DE LA MIRANDOLA (filósofo neoplatónico), ou artistas como BOTTICELLI, LEONARDO DA VINCI, MIGUEL ANXO…
  30. 30.  Movemento cultural e artistico que se inspirou no mundo clásico greco-romano.  Os artistas do renacmento utilizaron a arte como unha vía de coñecemento científico.  No QUATTROCENTO destacan dúas xeracións de artistas:  1ª metade S.XV: Creadores das características esenciais do novo estilo: BRUNELLESCHI (arquitectura), DONATELLO (escultura) e MASACCIO (pintura)  2ª metade S. XV: ALBERTI (arquitectura), MANTEGNA E BOTTICELLI ( pintura)
  31. 31.  Ía ser escultor, pero tralo fracaso para esculpir as portas do Baptisterio de Florencia, que gañou Ghiberti, decide adicarse a ARQUITECTURA.  Estudou os edificios Romanos, as súas proporcións e formas de construir.  A primeira obra que realiza marco o inicio do Renacemento:  CÚPULA DA CATEDRAL DE FLORENCIA
  32. 32. Catedral construida no S. XIII por ARNOLFO DI CAMBIO ESTILO GÓTICO Quedaba por construir o Cruceiro 1418: convócase un concurso para construir unha cúpla de 41 m. Gaña BRUNELLESCHI
  33. 33.  Construir esta cúpula tivo grandes problemas técnicos.  Da cúpula só fora construido o TAMBOR octogonal, por iso a cúpula tamén debía ser octogonal  As dimensións da cúpula impedían que fose construida seguindo a forma tradicional  Para solucionar este problema, Brunelleschi estuda A CÚPULA DO PANTEÓN DE ROMA  Para construir a cúpula recurre a un material empregado no Imperio Romano: o FORMIGÓN
  34. 34.  O formigón permitía ir levantando a cúpula mediante filas de formigón.  Esta solución non funcionou xa que a cúpula veuse a vaixo.  O sistema de cúpula única era inadecuado, pero Brunelleschi ideou algo totamente revolucionario. Decide construír UNHA DOBRE CÚPULA: construíu unha cúpula octogonal o suficientemente grosa para conter dentro dela unha cúpula circular que servía para contrarestar o gran peso.
  35. 35. Doble cúpula Cúpula OCTOGONAL moi grosa que incorpora unha cúpula CIRCULAR no seu interior para constrarestar as presións
  36. 36.  Iniciou Brunelleschi a súa construción en 1422 e non a puido rematar.  Nela aparecen as principais preocupacións de Brunelleschi:  O ESPAZO COMO ELEMENTO BÁSICO.  Un espazo que debe construirse en función das necesidades prácticas e simbólicas da construción.  Utiliza as PROPORCIÓNS.  Busca a ARMONÍA en tódalas partes do edificio  Utiliza a PERSPECTIVA
  37. 37.  Utilizaban módulos repetidos ó longo da planta e estrictas regras de proporcións.  Buscaban a ARMONÍA  NA PLANTA: rexeita o modelo gótico, volvendo a PLANTA BASILICAL, aínda que adquire unha forma de T.  Divídese en tres naves, central máis ancha e alta cás laterais.  Nave central cóbrese con teito ALINTELADO decorado con CASETÓNS e as laterais devídense en tramos cadrados cubertos con pequenas cúpulas. A ambolos lados das naves lateria aparecen capelas entre os contrafortes  Sobre o cruceiro : CÚPULA SOBRE PECHINAS
  38. 38.  O espazo interior da construción é o espazo dunha basílica PALEOCRISTIÁ na que Brunelleschi recurre á perspectiva.  A separación entre a nave central e as naves laterais efectáuase a través de ARCOS DE MEDIO PUNTO que se apoian sobre columnas exentas de orde clásica (CORINTIA)  INNOVACIÓN: o entablamento colócase sobre cada un dos capiteis de forma individual mentres que nos templos gregos ese entablamento era corrido.  Nas capelas laterais accedese a través dun arco de medio punto enmarcado por pilastras de orde corintia  Pilastras poseen un sentido decorativo.  Valoración do muro en si mesmo
  39. 39.  Partes activas en PEDRA GRIS e partes pasivas en PEDRA BRANCA.  Brunelleschi volta á simplicidade clásica, á pureza de liñas e de volumes, rexeitando a forma de CONSTRUCIÓN GÓTICA.
  40. 40.  Escultor máis importante do Quattrocento  O seu orixe humilde fai que introduza na escultura o elemento popular.  Volta ó mundo clásico pero mesturado coa tradición popular.  Influxo clásico,de beleza ideal, algo amaneirado en figuras como o David, e por outro, aparición dun elemento tráxico e dramático que leva á ruptura co ideal clásico de beleza como a MAGDALENA  NAS SÚAS OBRAS MÁIS CLÁSICAS EMPREGA MATERIAIS NOBRES COMO O BRONCE E MÁRMORE
  41. 41.  O motivo fundamental na escultura de Donatello é o SER HUMANO, representado dende a nenez ata a vellez.  O seu tema preferido é a representación de xoves ( influxo grego)  Destacan o S. Xurxo (mármore)  Donatello une pasado e presente. Podería ser un florentino do S. XV
  42. 42.  Esculpido en torno o 1430, feito en BRONCE.  Tema: xove David que tras matar a GOLIATH, córtalle a cabeza, que aparece ós seus pes.  Representa a un adolescente pensativo.  ESCULTURA EXENTA na que DONATELLO volta Á GRECIA CLÁSICA, o recoller o tema do desnudo masculino  Enlaza pasado e presente ó representar a David cunhas longas melenas con bucles e un sombreiro florentino típico do S. XV.
  43. 43.  Introduce nunha escultura de corte clásico un elemento popular.  A disposicón da figura, cun claro CONTRAPOSTO clásico, que se balancea cunha certa inestabilidade.  Bronce moi pulido crea numerosos xogos de luces, confirindolle a figura un certo carácter melancólico.  A figura presenta unha curva na cadeira “CURVA PRAXITELIANA”
  44. 44. BULTO REDONDO CURVA PRAXITELIANA CABELOS E SOMBREIRO TÍPICO DA FLORENCIA DO S. XV
  45. 45. ROSTRO MELANCÓLICO Estudo anatómico detallado Inestabilidade ENLAZA PASADO E PRESENTE Potencia a FRONTALIDADE no torso. Empuña a españa de forma rara
  46. 46.  Escultura de Bulto Redondo realizada en BRONCE.  Volta o mundo Romano, concretamente a estatua ecuestre de MARCO AURELIO.  Elemento clásico: heroe que decora unha praza  Representa o militar e gobernante GATTAMELATA sobre un cabalo. RETRATO ECUESTRE.  Respresenta ó heroe cun aspecto de persoa vulgar.  Escultura concebida para ser vista de perfil
  47. 47.  Abandona o canon clásico de proporcións. Certa desproporción entre o cabalo e o cabaleiro.  O condottiero viste a armadura típica da época.  Figura sobre un zócalo de mármore tamén realizado por Donatello. Recrea as portas do Hades, como imitación dos sarcófagos antigos.
  48. 48.  Morre os 27 anos pero realiza unha gran obra pictórica.  A súa obra supuxo unha revolución que non ten precedentes.  Parte das innovacións de Giotto, pero tamén influirán Brunellesci e Donatello  Dentro das súas obras destacan:  TRINIDADE na igrexa de STA. MARÍA NOVELLA  FRESCOS DA CAPELA BRANCACCI, pintados na igrexa do CARME DE FLORENCIA
  49. 49.  É a culminación da súa obra pictórica. Neles representa unha serie de escenas entre as que destacan a Expulsión de Adán e eva do Paraiso, e sobre todo O TRUBUTO DA MOEDA  Destacan tamén as escenas sobre o apóstolo S. Pedro.  Esta capela foi decorada por varios pintores. A obra foi realizada por MASOLINO, FILIPPINO LIPPI e MASACCIO
  50. 50. S PEDRO RESUCITA O FILLO DO GOBERNADOR DE ANTIOQUÍA EXPULSIÓN DE ADAN E EVA
  51. 51.  Masaccio consegue a unidade espacio-temporal ó narrar nunha mesma escea en un mesmo espazo tres tempos do milagre diferentes.  CRISTO aparece no centro da composición rodeado polos doce apóstolos e un home sitúado de espaldas ó espectador (recaudador de impostos). Cristo estende o brazo e sinal cara un lugar a Pedro, que tamén sinala cara o mesmo lugar  ESQUERDA: apararece Pedro inclinado sobre un lado e sacando unha moeda da boca dun peixe (milagre propiamente dito)
  52. 52.  DEREITA: Pedro aparece ante as portas da cidade, pagandolle coa moeda ó recaudador  Todo se consegue a base de xestos.  O influxo de Giotto é evidente: consegue unha unidade psicolóxica no cadro mediante xestos  As figuras adquiren gran volume  Cristo destaca non só pola colocación no centro da escena, senón que a fai sobresair do resto a través da figura do recadador, colocado de espaldas.  Tamén a colocación dos apóstolos fai destacar a figura de Cristo
  53. 53. O TRIBUTO DA MOEDA Expulsión de Adán e Eva Resurreción do fillo do gobernador Visita de S. Pablo a S. Pedro no Cárcere Predicación de Pedro en Xerusalén Curación de Pedro coa sombra
  54. 54.  O influxo de Giotto é evidente no paisaxe e na arquitectura  Masaccio supera a Giotto o introducir no cadro a perspectiva liñal e o ESCORZO (obsérvase na arquitectura da dereita)  Cores adquiren diferentes matices contribuíndo a dar volume ás figuras e profundidade á representación  A luz incide directamente nalgunhas figuras deixando outras máis escuras.

×