Síntese da programación 1º ESO

490 views

Published on

Síntese da programación de Lingua e Literatura para 1º ESO. IES María Sarmiento.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
490
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
269
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Síntese da programación 1º ESO

  1. 1. 1 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CENTRO: IES MARÍA SARMIENTO.VIVEIRO DEPARTAMENTO: LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO : 1º ESO
  2. 2. 2 Lexislación de referencia - Real Decreto 1631/2006, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á ESO (BOE 5 de xaneiro do 2007). -Decreto 133/2007 polo que se establece o currículo da ESO na Comunidade autónoma de Galicia (DOG 13 de xullo de 2007). -Decreto polo que se publica o catálogo de materias optativas na ESO e se establece o seu currículo (DOG). -Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 7 de xaneiro do 2008) Corrección de erros (DOG 8 de febrero de 2008). -Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na ESO (DOG 21/08/2007) -Orde do 23 de xuño de 2008 que modifica á do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 24/06/2008) Aspectos específicos da materia O Departamento de Lingua galega e literatura traballará en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do centro en todos os aspectos e naquelas actividades que se plantexen ao longo do curso como así se veu facendo estes anos anteriores. Contribución da materia ás 8 competencias básicas: c. en comunicación lingüística, c. matemática, c. no coñecemento e interacción co mundo físico, Tratamento da información e competencia dixital, C. social e cidadá, C. cultural e artística, C. aprender a aprender e Autonomia e iniciativa persoal. Competencia en comunicación lingüística −Lectura e comprensión de textos (narrativo,lírico, teatral,xornalístico…) −Comprensión e análise de distintos aspectos dun texto. −Comprensión do sentido global dunha banda deseñada, con identificación dos grandes temas que estean presentes nela. −Recoñecemento e análise dos elementos que conforman a linguaxe do cómic.
  3. 3. 3 −Identificación de determinantes (artigos, demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos), así como das contraccións que realizan con algunhas preposicións. −Recoñecemento dun texto adecuado ao contexto, ao tema, ao destinatario e á intención comunicativa. −Identificación e clasificación dos substantivos dependendo do significado, do xénero e do número. −Recoñecemento e diferenciación dos distintos tipos de adxectivos (explicativos ou epítetos e especificativos). −Identificación e formación dos distintos graos que presenta o adxectivo (positivo, comparativo e superlativo). −Clasificación das palabras dependendo do número de sílabas que as forman. −Recoñecemento dos ditongos, tritongos e hiatos. −Uso con corrección das regras de acentuación. −Recoñecemento das diferenzas entre os textos teatrais e os narrativos. −Elaboración dun texto teatral, partindo dunha situación establecida previamente. −Identificación de textos teatrais e dos distintos elementos que conforman a representación teatral. −Ampliación do léxico −Reflexión sobre a maneira de falar nas distintas situacións e a necesidade de coñecer os distintos rexistros. −Observación das principais diferenzas, contextuais e formais, entre usos de distintos niveis e rexistros, tanto na oralidade como na escrita. −Identificación das características dos rexistros formal e coloquial. −Coñecemento da variedade estándar ou normativa. −Identificación dos trazos da xerga xuvenil. −Recoñecemento dos complementos dunha oración (directo, indirecto, circunstancial), así como das unidades que poden desempeñar estas funcións. −Uso correcto dos grafemas s e x. Redacción de textos dialogados e poéticos tendo en conta as características propias da tipoloxía.
  4. 4. 4 − Identificación dos textos dialóxicos e do estilo directo e mais o indirecto. − Creación de textos dialogados segundo as convencións empregadas para a súa plasmación na escrita. − Recoñecemento do verbo e das súas conxugacións. − Identificación do tempo e do modo a que pertencen as formas verbais. − Uso correcto dos grafemas c, z e qu. − Uso correcto dos grupos consonánticos cc e ct. − Lectura en voz alta de textos poéticos, prestando especial atención ao ritmo. − Identificación de textos poéticos e análise das súas características. − Recoñecemento dos recursos máis usuais empregados na linguaxe poética (aliteración, anáfora e paralelismo). − Recoñecemento das relacións que se establecen entre os distintos elementos dun texto para lograr a cohesión textual. − Recoñecemento dos verbos que presentan alternancias vocálicas no presente de indicativo, así como a análise destas. −Recoñecemento das formas infinitas e das perífrases verbais, así como os diferentes valores que presentan. − Uso correcto dos grafemas b e v. − Identificación da voz narradora dun texto narrativo, así como do punto de vista dende o que se conta a historia. − Elaboración de textos narrativos tendo en conta uns personaxes, un espazo, un tempo e uns acontecementos determinados. − Ampliación do léxico do campo semántico tratado (medios de transporte). − Recoñecemento de adverbios, locucións adverbias e frases adverbiais. − Recoñecemento de preposicións, locucións preposicionais e frases preposicionais. − Utilización correcta do grafema h. −Identificación das distintas seccións dun xornal e do esquema que deben seguir habitualmente as noticias. −Recoñecemento dos principais mecanismos de cohesión textual (anáfora ou repetición, deíxe e substitución). −Identificación e recoñecemento do suxeito e do predicado das oracións, así como das unidades que poden desempeñar esta función. −Uso correcto do grafema r e do dígrafo rr.
  5. 5. 5 Competencia matemática −Interpretación correcta de información de carácter numérico presente en textos. − Aplicación correcta do razoamento dedutivo para solucionar actividades. Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico −Aplicación do léxico propio dos campos semánticos tratados nas interaccións sociais da vida cotiá. −Adecuación dos rexistros da lingua ao contexto concreto da fala nas interaccións da vida cotiá. Competencia para o tratamento da información e competencia dixital −Busca de información en enciclopedias, dicionarios ou en sitios de Internet para ampliar coñecementos. - Resolución de actividades que supoñen a consulta e comprensión de textos informativos en Internet. Competencia social e cidadá −Cooperación nos traballos colectivos e nos debates establecidos na aula. −Práctica do diálogo para expresar as propias ideas e escoita respectuosa das opinións dos demais. −Actitude sensible, solidaria e aberta cara ao fenómeno da emigración. −Posta en valor dos medios de transporte máis respectuosos co medio ambiente. −Observación da situación sociolingüística no contorno máis próximo e elaboración dunha biografía lingüística. −Reflexión sobre a importancia do bilingüismo. −Recoñecemento das medidas de normalización lingüística. −Identificación dos prexuízos lingüísticos. − Reflexións arredor dos principais problemas ambientais e sensibilización sobre temas relacionados coa ecoloxía e o medio natural. −Valoración do traballo das ONG na sociedade.
  6. 6. 6 Competencia para aprender a aprender −Ampliación do coñecemento do vocabulario e da información que ofrece o dicionario. −Aplicación de técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a análise textual. −Identificación das ideas principais dun texto. −Elaboración de resumos, esquemas etc., tendo en conta a corrección lingüística e a presentación coidada. −Identificación do tema dun texto e aprender a titular escritos. - Uso da técnica do subliñado para resaltar as ideas máis importantes dun texto Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal −Lectura de maneira reflexiva e crítica e extracción de conclusións. −Busca de información de maneira autónoma sobre os temas propostos. Competencia cultural e artística −Lectura e comprensión de textos literarios. −Recoñecemento da influencia das obras clásicas da literatura universal na literatura contemporánea. −Lectura e construción de sinxelas bandas deseñadas, utilizándoas como medio para a narración de experiencias ou creacións artísticas persoais. −Valoración do teatro como manifestación cultural e artística e como fonte de entretemento. −Escenificación de pequenos textos teatrais co fin de fomentar a expresión das facetas oral, corporal e anímica, e fomentar a creatividade. Obxectivos da materia 1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social, cultural e académica, extraedo a intención comunicativa e a idea xeral dos mesmos. 2. Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais. 3. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.
  7. 7. 7 4. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico. 5. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación social e as TIC para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións diferentes. 6. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e mais para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección. 7. Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega, afirmándoa como propia de Galicia, así como as que hoxe condicionan o seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen obstáculos para a súa utilización en calquera contexto e situación. 8. Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado español, de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e entender as situacións que provoca o contacto de linguas. 9. Analizar os diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas. 10. Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo. 11. Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as convencións de cada xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os recursos estilísticos. 12. Aproximarse ao coñecemento do patrimonio literario e valoralo como un xeito de simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos histórico-culturais.
  8. 8. 8 Contidos secuenciados e temporalizados Nº Unidades didácticas Libro Temporaliz ac. Sesións/me s Probas Avaliación 1 Textos liter./non lit. Xéneros literarios Léxico: o instituto Diversigade lgca. A comunicación.Intención comunicativa. O alfabeto Tema 1 11 Set./Out 1ª aval 2 Normas e intruccións de uso. A adecuación Tema e título. Léx.:o deporte. Substantivo e adxectivo A sílaba Tema 2 11 Out, si 3 Banda deseñada Léx.: oficios e profesións Europa plurilingüe Os determinantes Regras de acentuación Tema 3 Out./Nov. si 4 A descrición.Clases A coherencia Idea principal Léx.: o corpo humano O pronome persoal O til diacrítico.Diérese. Tema 4 11 Nov./Dec. si 2ª5 Diálogo,chat,cartas, correo electrón Léx. Vestimenta España plurilingüe Verbos reg. Tempo e modo ortografía Tema 5 11 Xan. 6 Textos poéticosRitmo, rima Léx. Novas tecnoloxías Verbos irregulares Recursos poéticos Tema 6 11 Xan./Febr. Si 7 Textonarrativo. Voz narradora Léx. Medios de transporte Tema7 11 Marzo si 3ª
  9. 9. 9 Adverb., preposic. Ortografía 3ª 8 Textos xornalísticos Mecanismos de cohesión O resumo Léx. O noso medio SUX. E PREDIC. Ortografía Tema 8 11 Abril/Maio si 9 Texto teatral Léx. Animais CD;CI;CC Ortografía Tema 9 Maio/Xuño si Criterios de avaliación/Mínimos 1. Extraer a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais sinxelos dos ámbitos social e académico, seguindo instrucións para realizar tarefas guiadas de aprendizaxe. si si si si si si si si 2. Extraer a intención comunicativa e a idea xeral de textos escritos sinxelos dos ámbitos social e académico, seguindo instrucións para realizar tarefas guiadas de aprendizaxe. 3. Realizar exposicións e narracións orais planificadas claras e áxiles e participa de forma construtiva en diversas interaccións comunicativas (simulacións, traballos colaborativos...) respectando as regras que as rexen. Adopta o rexistro adecuado a cada tipo de texto e situación. 4. Elaborar narracións e descricións seguindo un modelo así como outros textos sinxelos propios da vida cotiá, das relacións sociais e dos medios de comunicación. Planifica e revisa os ditos textos coa axuda do profesorado aplicándolles normas básicas de adecuación, de coherencia, de cohesión, de corrección e de precisión léxica. 5. Consultar, baixo a dirección do profesorado, textos en diferentes soportes, co fin de extraer a información solicitada e incorporala ás propias producións. 6. Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para resolver problemas de comprensión e para compoñer e revisar de xeito dirixido os propios textos. 7. Recoñecer, a través da reflexión sobre os usos discursivos, os mecanismos da lingua e coñecer e usar unha terminoloxía lingüística básica. 8. Observar os condicionamentos máis evidentes da valoración e uso social do galego e utilizar a lingua galega con fluidez e normalidade nos máis diversos contextos comunicativos. 9. Recoñecer a diversidade lingüística do mundo actual, con especial atención ao contorno peninsular; coñecer e usar os dereitos lingüísticos. 10. Ler con regularidade obras literarias e desenvolver criterio lector; expoñer unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relacionando o seu sentido coa propia experiencia e recoñecendo os trazos xerais do xénero. 11. Utilizar os coñecementos literarios na comprensión de textos breves ou si
  10. 10. 10 fragmentos, atendendo especialmente aos trazos xenéricos e á funcionalidade dos recursos retóricos. 12. Participar de maneira activa na creación de textos de intención estética tomando como modelos os textos analizados na clase. Procedementos e instrumentos de avaliación A avaliación en Lingua e Literatura galegas é continua. Avalíanse conxuntamente os contidos conceptuais e procedementais, que serán avaliados fundamentalmente a partir dos exames escritos e tarefas que aportan un 70%. A lectura dun libro cada trimestre, a realización de exercicios, fichas e exposicións orais tamén serán valoradas ao longo do curso. En canto aos contidos actitudinais, estes aportarán un 10% da nota concederase especial relevancia, xunto coa actitude, á entrega de exercícios, á atención, participación e interese. Os instrumentos de avaliación son: A) Exames escritos e tarefas. B) Exercicios nos que se valorará a comprensión e a expresión oral e escrita. Probas escritas Traballos individuais Traballos en grupo Probas orais Traballo na aula Observación e rexistro Para a avaliación extraordinaria só se terá en conta o exame extraordinario. Non se admiten outro tipo de probas. Criterios de cualificación -70%: realizaranse 2 exames escritos por trimestre. -10%: Libro de lectura. -10 %: Realización e corrección de exercicios e fichas, exposicións orais. -10%: Actitude: 50% para a entrega de exercicios e 50% para a atención, participación e interese.
  11. 11. 11

×