As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio

212 views
140 views

Published on

primeiras civilizacions e pobos do oriente medioP

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
212
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio

  1. 1. 4º PDC IES Mª SARMIENTO. ALS AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS E POBOS DO ORIENTE MEDIO As primeiras civilizacións xorden xunto a grandes ríos e nas beiras do mar. As grandes concas fluviais do Nilo, do Tigris e do Eúfrates e as zonas costeiras do Mediterráneo, son os lugares onde florecen as culturas de Exipto, Mesopotamia, Fenicia e Palestina. Estas zonas ricas en auga, xunto aos avances técnicos (mellores sistemas de regadío e mellores ferramentas), permitiron unha agricultura florecente que producía gran cantidade de alimento, polo que xorden as concentracións de persoas que dan lugar ao nacemento das cidades. É necesario menos xente dedicada á agricultura e xorden, xa que logo, outras actividades.
  2. 2. 4º PDC IES Mª SARMIENTO. ALS OS EXIPCIOS Uns 3.000 anos antes de Cristo iníciase esta civilización xunto ao río Nilo. Organizouse en dúas zonas diferentes: o Val e o Delta, que os historiadores déronlles o nome de Alto Exipto e Baixo Exipto. Exipto estaba gobernado polo faraón, que era considerado como un deus vivente ao que lle recoñecían poderes como o de mandar que saíse o sol, que se sucedesen as estacións do ano, que crecesen as augas do río, etc. As crecidas do río Nilo, coas inundacións que provocaban, fertilizaban as terras das súas beiras. Os campesiños controlaban estas crecidas mediante canles e drenaban os campos alagados, preparándoos para sementeira. Así, as colleitas eran abundantes. Os cultivos principais eran trigo, cebada e liño (co que elaboraban tecidos). Colleitaban tamén papiro, que utilizaban para escribir e para construír barcos, calzado, etc. A gandería estaba formada por bois, ovellas, cabras e porcos. O dono das terras era o faraón e este era quen administraba as riquezas
  3. 3. 4º PDC IES Mª SARMIENTO. ALS A sociedade exipcia estaba organizada en diferentes clases sociais, por orde de importancia: sacerdotes, escribas, guerreiros, agricultores e escravos. Os exipcios eran politeístas (tiñan varios deuses). Algúns dos seus deuses estaban representados por figuras humanas con cabeza de animal. As principais divindades eran: Amón-Ra, Horus, Osiris (deus dos mortos), Ra (deus supremo), Isis, e Anubis. Adoraban tamén a animais sacros como o boi Apis ou o escaravello. Os exipcios crían na vida de ultratumba. Ao morrer, a alma presentábase ante Osiris para ser xulgada e, pasado o xuízo, volvía unirse ao corpo para vivir eternamente; por iso embalsamaban o cadáver e convertíano en momia, para que non se corrompese. A momificación consistía en quitar as vísceras do corpo, embalsamarlo cuns aceites e leábano cunhas vendas. Unha vez que se tiña momificado o corpo, depositábase na tumba acompañado de obxectos persoais e de ofrendas, e ata se colocaba unha estatua do defunto, por se o corpo se estragaba. A tumba era considerada a morada eterna dos mortos. Os faraóns e os membros das capas sociais altas construíron enormes tumbas: as mastabas (como pirámides truncadas) e as pirámides. As pirámides máis famosas son as de Keops, Kefrén e Micerinos.
  4. 4. 4º PDC IES Mª SARMIENTO. ALS Esquema do interior da pirámide de Keops Tamén utilizaron como tombas unhas covas escavadas en roca e que reciben o nome de hipoxeos. Os exipcios utilizaban unha escritura a base de debuxos, que denominamos escritura xeroglífica
  5. 5. 4º PDC IES Mª SARMIENTO. ALS Construían fabulosos templos para os seus deuses. Son famosos os de Luxor e Karnak, dedicados ao deus Amón, e o de Abu Simbel, onde se atopa a tumba do faraón Ramsés II. Deixáronnos gran cantidade de belas esculturas realizadas en pedra. Destacan o busto da raíña Nefertiti e o Escriba sentado, ademais de multitude de estatuas dos faraóns. Habemos de destacar tamén as máscaras que cubrían as momias dos mortos e as estatuas en madeira que colocaban no interior das tumbas, destinadas a aloxar o Ka ou alma se o corpo se corrompía. Tamén nos deixaron mostras da súa pintura en papiros, nas paredes dos templos e nas das tumbas. As figuras represéntanas de perfil. Das súas composicións literarias, é necesario destacar a obra O Libro dos Mortos. Sabían medir e calcular a superficie dos terreos. A CIVILIZACIÓN MESOPOTÁMICA Esta civilización desenvólvese entre os ríos Tigris e Eúfrates, cuxas augas canalizaban para regar. Son territorios que actualmente pertencen a Iraq. Coñeceron xa o arado, a carreta con catro rodas e o barco de vela. Os primeiros habitantes desta zona foron os sumerios. Estes desenvolveron un florecente comercio na zona, organizando caravanas que levaban as mercancías duns lugares a outros.
  6. 6. 4º PDC IES Mª SARMIENTO. ALS Os sumerios tiñan unha escritura a base de signos en forma de cuña, polo nome de que recibe o escritura cuneiforme. . Aínda que os primeiros habitantes da zona foron os sumerios, despois xurdiron dous grupos diferentes que se repartiron o territorio. Cara ao norte establecéronse os caldeos e os asirios e máis ao sur os medos e os persas. Estes pobos eran politeístas e adoraban a deuses que representaban a forza da natureza e aos astros. Os seus templos eran edificios cunha torre graduada e pola que consideraban que descendían os deuses. Esta torre recibe o nome de Zigurat. Na escultura destacan os baixorrelevos, sendo de gran beleza os dedicados a escenas de caza. Utilizaban a cerámica vidriada (cun verniz que lle dá brillo), da que se conservan algunhas mostras de gran beleza.
  7. 7. 4º PDC IES Mª SARMIENTO. ALS Á civilización de Mesopotamia pertence o código de xustiza máis antigo que se coñece. Está gravado nun bloque de diorita (unha pedra parecida ao granito) e recibe o nome de código de Hammurabi, que era o rei que había cando se redactou. Na parte superior do gravado, represéntase ao rei recibindo a Lei do deus Shamash. No centro da pedra atópase gravado o código. Neste código figura a coñecida lei do talión: "ollo por ollo e dente por dente", que establece un castigo igual ao dano que se causou. OS FENICIOS Ocupaban o territorio que hoxe en día ocupan Siria e Líbano. Tiñan tres cidades principais: Tiro, Sidón e Biblos. Expertos na arte da navegación e da pesca, estendéronse polos territorios costeiros do Mediterráneo, onde foron establecendo relacións comerciais cos pobos indíxenas e fundaron diversas cidades. Foron os inventores do alfabeto fonético, orixe de moitas linguas actuais. Inventaron a técnica da salgadura, para conservar o peixe, e tamén foron os primeiros en acuñar moedas, para facilitar a súa actividade comercial. Comerciaban con armas, vasijas, obxectos de vidro, teas, etc. Eran politeistas. O seu deus principal era Melqart, deus de Tiro, a quen levantaban templos en todos os lugares nos que se establecían. Na península Ibérica fundaron, entre outras colonias, as de Cádiz, Málaga, Adra e Almuñecar, que deron orixe ás actuais cidades e onde se atoparon numerosos vestixios desta civilización
  8. 8. 4º PDC IES Mª SARMIENTO. ALS OS HEBREOS A importancia fundamental deste pobo está na súa relixión, que dá orixe a algunhas das grandes relixións da Historia. Procedentes do interior, o pobo hebreo, guiado por Abraham, instalouse ao sur de Fenicia, na zona coñecida como Palestina. Este pobo estaba formado por 12 tribos e alcanzou o seu máximo esplendor na época de David e Salomón. Á morte de Salomón quedou dividido en dous reinos: Xudá e Israel. Era un pobo monoteísta, é dicir, un só deus: Jehová. Este entregoulle a Moisés, no monte Sinaí, as Táboas da Lei contendo os Dez Mandamentos. As táboas estaban gardadas no Arca da Alianza (un cofre de madeiras preciosas e ferros de ouro). A Biblia é o libro sacro dos hebreos.

×