editorial
Un sábado caloroso de xullo collemos as brochas, metemos
as mans na pintura e pintamos o local. Pasamos calor, s...
sumario




                  3
                  días do final
                                  12
                     ...
manuel rosende torres                                                                    literaria

días do final
Manuel R...
colaboración

              andoriña
              Senén Campos Maceiras


                        Casar, vivir gozando, m...
senén campos maceiras                                                                                                 cola...
entrevista

              b a l a e m i g u e l c a r b a j a l a o c a m p i o n a to d o m u n d o
              Xabier ...
xabier camba sanmartín                                                        entrevista
Un día viches a Bala e...

Pensei...
memoria da emigración

              de cando florentino do rubio quixo facer casa no formigueiro
              Manuel Ros...
manuel rosende torres                                                        memoria da emigración
vagóns do tren cheos da...
memoria da emigración                                                        manuel rosende torres
               tivo que...
manuel rosende torres                                                         memoria da emigración
onde hoxe está a casa ...
memoria fotográfica   carreiros
carreiros 12
carreiros                                                                                                          manolo ...
creación literaria                                                   manolo de cabanas

               lembranzas do meu t...
manolo de cabanas                                                                                      creación literaria
...
creación literaria                                                                                     manolo de cabanas

...
entrevista a lorena nieves


anacos de universo
Noelia Bouzón Docampo

         ¿Como se formou o universo e o planeta no ...
entrevista a lorena nieves                                                                                             noe...
noelia bouzón docampo                                                     entrevista a lorena nieves
Esta é a primeira vez...
crónica                                                                      carreiros

               retrouso, un ano mo...
carreiros                                                                  crónica

I fervenza de músicas
         Unha ve...
crónica                                                                                                                   ...
carreiros                                                                                    crónica

de máscaras e coplas...
crónica                                                                  carreiros



                  unha noite no muíñ...
carreiros                                                                   crónica

chuvia de historias
          A escri...
crónica                                                                     carreiros

               lugo romano e rural
...
carreiros                                                                   crónica

ruta das letras
         Este ano só ...
crónica                                                                                                                  c...
carreiros                                                                                                         crónica
...
crónica                                                                     carreiros

               curso de cogomelos
 ...
carreiros                                                                                                                 ...
carreiros

               consello de redacción




               noelia bouzón               xabier de camba            ...
Carreiros 7 (2008)
Carreiros 7 (2008)
Carreiros 7 (2008)
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Carreiros 7 (2008)

1,541 views
1,442 views

Published on

Published in: Entertainment & Humor, Travel
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,541
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
507
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Carreiros 7 (2008)

  1. 1. editorial Un sábado caloroso de xullo collemos as brochas, metemos as mans na pintura e pintamos o local. Pasamos calor, sua- mos, traballamos e pasámolo ben. Se cadra poderiamos estar na praia, pero fomos pintar, e quedou bonito. Non hai nada que non dea traballo. Poñerse a facer unha revista dá o seu tamén. Xuntámonos, e pensamos o que queremos escribir. Decidímolo, escribimos e logo dáselle a forma máis fermosa posible. Se cadra podiamos estar na praia, ou esquiando, pero fixemos a revista. As persoas En Carreiros queremos escribir sobre nós, sobre as persoas, que cada día van construíndo a pequena historia colectiva. As nosas persoas, desta vez, son os nosos veciños e veciñas, que nos dan algo, e queremos devolvérllelo. Manolo de Cabanas regalounos os seus versos. Agasallounos tamén cunha fermosa entrevista a Florentino do Rubio, outro emigrante no Brasil. Eles descóbrenos o que fomos, o que somos, se cadra o que habemos ser. Manuel Pereira segue a darnos palabras, que trae frescas sempre a Ouzande. Miguel de Sueiro deunos ledicia, emoción compartida. E Bala tamén. Lorena Nieves aprendeunos a mirar para o ceo e comprender. Tamén nos regala coa súa habilidade gaiteira en Retrouso. Ven de Santiago a cotío, e gústalle dicir que ela tamén é de Ouzande. Nós carreiros 1 E logo nós, A Fervenza de Ouzande e mais Ouzande. Tamén estamos.
  2. 2. sumario 3 días do final 12 memoria 21 fervenza de 26 viaxes fotográfica músicas 4 andoriña 13 manolo de 22 festas 28 xogos cabanas, oulímpicos poeta 6 miguel 17 anacos de 24 unha noite.. 30 curso e bala... universo cogomelos 8 de cando 18 retrouso 25 chuvia de 31 outras florentino... historias actividades carreiros 2
  3. 3. manuel rosende torres literaria días do final Manuel Rosende Torres Manuel Pereira sempre volve a Ouzande, para visitar veciños, familiares, unha orixe que é marca de identidade… a máis das veces volve co recordo dos días vividos ou dos que nos quedan por vivir. O caso é que sempre volve. Desta volta non só nos veu presentar a súa primeira novela, volveu cos recordos dos DÍAS DO FINAL. As vivencias compartidas tamén volven a Ouzande, as lembranzas dos refe- rentes da novela están presentes na veciñanza, e seguramente que fan o percorrido Ouzande-Madrid / Madrid-Ouzande, con Manuel, quen nos leva á literatura os DÍAS DO FINAL. É doado identificarse cos recordos que nos relata, Cando vou a Santiago e paso por diante do xa vello hospital… …soa a destempo, o teléfono inquieta a deter- minadas horas da noite… Sete horas de viaxe, a chuvia ao final, o hospital Un univer- so de corredores iluminados con fluorescentes. Así é como entramos na lectura da novela. O descanso era relativo. As mañás eran de moita actividade, até o luns non comezarían a facerlle probas máis precisas, viñérano ver os parentes máis achegados. A fin estaba anunciada. Eu estaba desolado. Diante del tiña que disimular. Eran moi- tas horas xuntos, con todas as nosas vidas abertas. Dende a ventá do cuarto víase a rúa. Todo o que se podía facer era aprazar a condena. Que estraño é o tempo das enfermidades. Choras por todas as posibilidades perdidas. As horas no hospital son unha vida paralela á realidade: Dixérame unha enfermeira que era difícil e duro traballar nun sitio onde a esperanza era unha excep- ción. Chega un a afacerse a todo, tamén ao mundo pechado e febril do hospital. As vidas acaban por ser anécdotas; Un grupo de persoas xunto ao cuarto do lado pon de manifesto o desastre. Morrera unha muller. Naquel 94 Galicia vivía pendente de tres acontecementos deportivos. A única característica que se pode considerar pública no sistema público é a carencia de intimidade. Logo das reflexións, veñen as valoracións: A amizade é o único que queda en pé cando o temporal da desgraza nos asolaga. O universo non é máis ca o territorio ao que lle chegan as olladas. Cómpre ter as lágrimas a punto Cando estás na antesala do desenlace toca volver á casa para te despedir do teu universo: Miraba derredor. As casas dos veciños, as leiras agardando a sementei- ra, o horizonte recortado pola Rocha, Guimarei, Vinseiro. Tardes de calor, bicicletas, amigas e merenda. A etapa de benestar durou catro días. De pronto o tempo pesaba sobre cada obxecto. É recomendable esta viaxe de volta a Ouzande, a visita dos recordos dos DÍAS carreiros 3 DO FINAL teñen unhas coordenadas que cadaquén pode ubicar na súa memoria, as reflexións lévannos a unha filosofía que Manuel soubo expresar elegantemente.
  4. 4. colaboración andoriña Senén Campos Maceiras Casar, vivir gozando, morrer ..., forma resumida de dicir o que foron as nosas vidas. Recordo cando nos coñecemos, como nos contem- plamos, como as nosas miradas, cheas de complicidade, se cruzaron aquel día mesturándose co vento. Onte sentado xunto á túa humilde cama, naquel triste hospital, viñéronme a mente todos os momentos vividos ao teu lado, coma cando vimos aquelas golondrinas cantar na pri- mavera, e ti dixéchesme... -Que paxariños tan fermosos. -¡Non tan fermosos coma ti! -respondinche, e tamén lembro que engadín- ¿sabes que en galego se lles chama Andoriñas?. Desde aquel día ese foi o teu nome para min, Andoriña; non che gustaba que te chamase así diante da xente, e non o facía, só a veces se me esquecía. Hoxe maldigo a miña sorte de estes últimos días, maldigo a ese Deus bondadoso, clemente, misericordioso, que quixo aumentar a súa sala de trofeos coa túa presenza, privándome así a min da túa com- pañía e do ten inmenso amor. ¿Será Deus celoso quizais? Non desexabas que viñese ao hospital, porque non querías que te vira así desmellorada pola maldita enfermidade, pero meu ben queri- do, como non ía a estar para acompañarte, para min sempre serás esa cara sedutora, que esta naquela fotografía do noso casamento, con aquel traxe branco, que con tanto mimo gardaches desde entón; nunca cho dixen, pero aquel fotógrafo que nos fixo a foto, pediume permiso para quedarse con unha copia dela, para poder así colocala, nun reservado que ten na tenda, xa que me comentou que coa túa mirada alegrábaselle a alma, que era coma a da Monna Lisa esa tan famosa, que parecías un ... e non recordaba o nome, ata que eu lle dixen... “un anxo”... -Iso, iso. Contestoume. -É que meu querido amigo, eu estou casado cun anxo -díxenlle. Un día que pasaba por alí, lembrei que dentro, nalgunha parede carreiros 4 escura, debía de estar aquela fotografía, e sentín curiosidade por saber
  5. 5. senén campos maceiras colaboración que fixera con ela, e pedinlle permiso para vela, o señor non moi con- tento, deixoume pasar a ese cuarto dos seus segredos, e cal non foi o meu asombro ao verte alí soa naquel cadro, porque eu non estaba a túa beira, e cando lle dixen ... -¡Oia vostede!, ¿e iso? - Pois verá ... ¡é que a súa mirada non se lle podía comparar...! ¡Que quere que lle diga! E non souben que contestarlle, era só un retrato teu, e ademais tiña razón porque esa mirada embriagadora só a tiñas ti. Eu pensaba que era forte, pero verte alí rendida ao infortunio do destino, sabendo que se te ías, xa non podería estar moito tempo sen ti, facía que non fose capaz de seguir lendo esta carta, pero entón pedíchesme que achegase o meu oído á túa seca boca, e sacando forzas de non sei onde, murmuráchesme con apenas un fío de voz ..., que non culpase máis a Deus, que Deus nos permitiu vivir momentos marabil- losos, e despois cunha voz desgarrada, quizais máis pola emoción do momento que pola propia enfermidade, e apertándome a man coa soa forza dun recentemente nado, engadiches aquilo de que... -NON PODES IMAXINAR CANTO AMOR LEVO COMIGO GRAZAS A TI... Deiche un bico na fazula, que nunca pensei que fose o último, e funme, non quería que me vises chorar de forma desconsolada e ata escandalosa diría, e perdido nun recuncho do corredor, busquei acomo- do nunha cadeira antiga, meditando en soidade coa angustia e tristeza que me embargaba. ¡Como un humilde, pero orgulloso mortal coma min, pode perdoarlle a Deus este sacrificio teu! Cando a enfermeira, pouco despois, se achegou e me viu cos ollos húmidos e arroibados, non lle importou dicirme coma se xa o tivese ensaiado moitas veces... - Síntoo señor, a súa muller acaba de falecer ... ilustración: Rosa Herraiz Cabanas -¡Non me diga vostede iso! ¡Andoriña, nunca morrerá mentres eu viva! -contesteille con voz firme, case berrando, porque me saía do corazón. carreiros 5
  6. 6. entrevista b a l a e m i g u e l c a r b a j a l a o c a m p i o n a to d o m u n d o Xabier Camba Sanmartín Miguel Carbajal é profe de música, educador, como lle gusta dicir a el. É músico, e moi bo. Polo que se ve, tamén é capaz de educar, ou mellor, adestrar aos animais. Demostrou a súa habilidade e paciencia durante moitos anos como adestrador de cans, obtendo numerosos pre- mios e participando en rescates con cans por aí adiante. E un día, eu creo que cando a Fervenza organizou un curso de equitación, metéronselle na cabeza os cabalos, ata que deu con Bala. Con este ani- mal, o seu currículo, en moi pouco tempo, é impresionante: Campións galegos da liga de raid categoría promoción ( car- reiras de 40km.) 2007 Campións de España (promoción-campionato interautonomias Huesca 2007 Trofeo mellor condición física,campionato galego e campionato de España. Campións liga galega de raid ( categoría unha estrela-80 km. ) 2008. Seleccionados para representar a Galiza no campionato de España 2008 O día 25 de outubro correron en Badajoz a última selectiva para o campionato do mundo 2009-Compieg Francia,que se correrá sobre unha distancia de 140 km. Foron selecionados. Quixemos que nos contase algo de si e de Bala, e por iso lle pre- guntamos. carreiros 6
  7. 7. xabier camba sanmartín entrevista Un día viches a Bala e... Pensei que sería moi fermoso convertela no cisne da historia, era un patiño feo, mal querido e con un prezo de venta para carne..., ía ao matadoiro. Que fai falta para ter un cabalo e un xinete campión? Traballo, traballo, traballo e nos días de descanso..., traballo. A mellor experiencia na competición.... Gañar..., sempre é unha recompensa o feito de gañar. A mellor experiencia cando montas a cabalo... A vida ten outro ritmo enriba dun cabalo. É moi fermoso formar parte activa do entorno que te rodea..., o frío o sol a paisaxe..., o esforzo, os camiños que percorres unha e outra vez, pero que sempre esperas des- cubrir algo novo detrás de cada outeiro. Tes algunha meta? Se a consegues, que pasará? Correr un campionato do mundo. Se a consigo comezaría a desexar gañalo..., je je. Escolle: Educador, músico, adestrador de cans, xinete... Por que? Aprendiz, porque volve o brillo aos ollos cada vez que comezas un camiño novo. Non sei se quedarás primeiro no Campionato do mundo, Miguel, pero para nós seguirás sendo o mellor. carreiros 7
  8. 8. memoria da emigración de cando florentino do rubio quixo facer casa no formigueiro Manuel Rosende Torres Aínda que hoxe vive en Itapeva, a 400 quilómetros de San Paulo, a súa memoria prodixiosa transpórtanos mediante lembranzas a unha infancia e xuventude que lle fixo percorrer os carreiros de Ouzande desde 1919. Que as palabras de Florentino cheguen ata nós é cousa que lle hai que agradecer ao noso entusiasta colaborador na diáspora brasileira, Manolo de Cabanas, quen gravou e entrevistou a Florentino do Rubio. As lembranzas da súa nenez falan de felicidade; unha casa humilde e traballadora na que se mataban dous porcos foi o escenario das primeiras vivencias de Florentino. Mais os carreiros do destino fixe- ron que seu pai perdera a vista dificultando o traballo de xornaleiro na parroquia, ademais debían diñeiro que lles fora emprestado para seu pai buscar fortuna en Cuba, cousa que fixera sen éxito. Aínda así lembra dun xeito bucólico os duros traballos do campo. Con tan só dez aniños tivo que comezar a traballar fóra da casa, o primeiro emprego foi en Vea na construción dunha panadería con José da Campesa e Ramiro da Rega entre outros. Florentino tiña a misión de transportar barro enriba dunha táboa, cousa que lle fixo ter algunha ferida na cabeza. O cambio polo tra- ballo eran seis reais e dormir aló, en Vea, nunha especie de pousada na que lle daban cama de palla de centeo e sabas de liño bruto, de estopa. Traballaban de luns a sábado e recorda que comían un pan de millo que levaban da casa. Dunha vez comendo no caldo mordeu algo duro que resultou ser un pano de lavar a louza, cousa que lles fixo rir. Chegados ao ano 1931 lembra que entrou a República e que a situación económica para a súa casa era delicada pola falta de traballo, el e mais seu irmán Xesús facían "de portugueses", isto é, realizaban os labores que ninguén quería. Lembra que traballaron o mármore daque- la en Rubín no cemiterio. Tiña Florentino 17 anos cando estalou a Guerra Civil. Foi chama- do para defender o "bando nacional". Presentouse no Concello da carreiros 8 Estrada, de aí mandárono a Carballo onde lle fixeron instrución e prácti- cas de tiro. Sen roupa nin comida e cunha praga de piollos, viaxaban en
  9. 9. manuel rosende torres memoria da emigración vagóns do tren cheos da bosta do gando. Dentro do infernal panorama que se lle aveciñaba, Florentino foi bo co tiro e permitíronlle volver uns días para a casa, roubáronlle a roupa e tivo que poñer a de seu irmán para volver a Ouzande. Lembra que a tiveron que cocer ata que mor- reron todos os piollos. Volveu á Coruña e aí comezou a Guerra de ver- dade; foron a Sevilla La Nueva, Madrid, en trens ás escuras que atraves- aban o combate. Nun autobús e campo a través escaparon dos tiros. Estivo nas trincheiras disparando contra todo o que se movía, lembra aquelas palabras "todo o que hai aí é rojo e hai que tirarlle" dunha volta deuse conta de que o facía contra as pólas dunha aciñeira. Pasados os momentos máis duros do conflito puido volver para a casa baixo aviso de que se o estado español entraba activamente na II Guerra Mundial tiña que participar. Non quixo ir para A Estrada polos graves momentos de fame que se atravesaban e foi para o Salnés a servir ao exército; pasou dous meses en Vilagarcía e logo foi a Dena, en Meaño, unha boa tempada. Aló sería onde lle aconteceu unha das anécdotas máis entrañables de cantas nos conta Florentino. Era o día do Socorro e el quería vir á festa. Non tiña permiso para facelo, pero si o domingo libre; aló correu tan pronto sairon da misa a unha casa que se dedicaba a alu- gar bicicletas co obxectivo de vir a Ouzande e estar ao día seguinte á primeira hora de novo no cuartel. Correu coma un raio dende Dena e non parou ata chegar á Casiña, alí había unha taberna, cando puxo os pés no chan non se tiña de tanto que pedaleara e caeu de xeonllos. De camiño atropelou un cachorriño que se lle metou no medio das rodas e houbo ter problemas co cazador co que ía o can, pero como non fora el o culpable do atropelo e ía coa roupa militar puido seguir a viaxe. Non sabía como había facer para subir desde Arcos ata Ouzande pois xa non podía máis e era tarde. A estrada da parroquia chegaba xa daquela ata a igrexa e aló forzou Florentino as últimas forzas para aparecer no adro á saída da misa daquela festa do Socorro da posguerra. Había moita xente, gozou ao máximo daquel día, daquel baile no Campo da Festa, ata que acabada a verbena foi á casa para vestirse e volver coa bicicleta para Dena. O camiño foi todo ben ata Caldas de Reis onde ían unhas leiteiras carreiros 9 cara á vila, hóuboas atropelar; tivo que berrarlles forte porque era de noite e non tiña ningún tipo de luz nin freos. Cando entrou en Caldas
  10. 10. memoria da emigración manuel rosende torres tivo que desviarse por un camiño costa arriba para poder frear a bicicle- ta. O resto do camiño era chan e non lle deu problemas. Evidentemente chegou tarde, xa fixeran filas e xa o chamaran polo nome cando aínda estaba chegando a Dena. Foi onda o Tenente e mentiulle dicíndolle que non se atopaba ben e que necesitaba descansar para repoñer forzas. Isto era certo; estaba cansadísimo da viaxe e precisaba descansar porque non durmira e fixera un esforzo físico enorme tendo en conta que non com- era en condicións. Aló era "cornetín de ordes" e sabía todos os toques que había, lembra con humor un día no que lle mandaron tocar ben alto e non saía son ningún pola corneta, berráronlle "dío coa boca" e todos riron. Entre a guerra e o servizo estivo sete anos e dous meses fóra de Ouzande, ao volver para a parroquia continuou co traballo de albanel que xa facía antes. Tamén retomou a súa relación con Lola, a moza que despois foi a súa muller. Recorda como namoraron un día da festa da Somoza. Ela tiña outro mozo que era da zona de Zoo, cando rematou a festa e este marchou Lola e Florentino seguiron nunha foliada de pan- deiretas que se formou nunha palleira da parroquia veciña. Foi así como decidiron emprender o futuro xuntos. Dunha vez que viña da Somoza por unha congostra antes de Guillufe, encontrouse cunha situación que lle fixo tremer as pernas como nunca, veu nada máis nin nada menos que un defunto nunha caixa que se achegaba cara a el. Non se atrevía a dar volta polo que agardou a que pasara o féretro, cousa estrana porque era de noite, o camiño era fondo e estaba cuberto pola follaxe dos carballos, sentía as zocas dos acom- pañantes bater no camiño calzado de laxas, a situación era para ter medo pero Florentino deixou pasar aquela Santa Compaña, cando se alonxaron foi correndo coas pernas a tremer coma nunca. Ao día seguinte tocaban as campás a defunto por unha muller que levaran para a Somoza na noite anterior. Cando naceu Marisa, a súa filla, tiña que ir dende a parroquia veciña ata Cereixo para traballar, o camiño era longo para facelo todos os días, el pasábao moi mal porque quería volver para Ouzande e ao ter que pasar por aló cada vez que ía traballar facíao demorarse moito, lembra carreiros 10 que lle gustaba tanto parar en Ouzande que falou con Lola sobre a posi- bilidade de arranxar alí unha casa, construiron unha vivenda modesta
  11. 11. manuel rosende torres memoria da emigración onde hoxe está a casa de Guerra Gaiteiro (Casa de Ferrín). No ano 1954 a historia da emigración petou ás portas da súa familia e emprendeu viaxe para o Brasil. O motivo de escoller este país era que el realmente quería ir para Uruguai pero a entrada non era libre, seu irmán Xesús fixera a mesma operación; viaxar a Brasil e alí arranxar os papeis para entrar en Uruguai. A súa situación en Ouzande non era tan mala como había anos; tiña a súa muller e filla, a súa casa, o seu tra- ballo… pero distintos motivos fixeron que Florentino fose probar fortuna ás Américas, como daquela estaban a facer algúns outros en Ouzande. Logo de facerse o primeiro ano no Brasil, arranxou todo e foi Lola con Marisa para aló. Trece anos tardaría en volver a Ouzande, foi no 1967 e pasou seis meses na parroquia. A súa vida na emigración é a de probar fortuna traballando duro. Instaláronse en San Paulo nuns terreos que conseguiron e, co tempo, desprazáronse a unha cidade chamada Itapeva. Unha das datas máis tristes para Florentino será o 2001 pois é o ano no que perderemos a Lola por causa dunha enfermidade. Aínda con este revés, Florentino continúa a súa vida acompañado pola súa familia, cunha saúde forte e cunha memoria prodixiosa, a que nos levou polos carreiros da súa infan- cia aos carreiros de Ouzande. Sabermos de Florentino é algo que temos que agradecer a Manolo de Cabanas, quen entrevistou e gravou unha conversa de máis de dúas horas co noso protagonista. Florentino é a memoria viva da historia contemporánea da nosa parroquia; viviu a feliz infancia de ir coas vacas ao monte nos anos vinte, o peso de ser neno e levar o barro da obra sobre a súa cabeza, bailes de pandeiretas nunha palleira, os horrores de dormir coas súa cabeza enri- ba dalgún compañeiro morto na guerra, a dura fame de cando a xente deixou de cantar, o medo de ver a Santa Compaña nun camiño fondo, o acedo sabor de deixar Ouzande para probar fortuna no alén mar, a saudade de vivir lonxe da orixe… A nosa homenaxe a Florentino do Rubio, memoria viva da nosa historia. carreiros 11
  12. 12. memoria fotográfica carreiros carreiros 12
  13. 13. carreiros manolo de cabanas, poeta crónica manolo de cabanas, poeta Xabier Camba Sanmartín Amor A súa fe cristiá e o seu amor tinxen o poemario de Homenaxe a Veño de reler, máis unha vez, un feixe de versos que chegaron Alfonso de Chedas, auténtica e emocionada elexía que sae repenicando un feliz día da primavera de maio. Estaban asinados por Manolo de do seu corazón ás palabras. Ás campás de Manolo, tocadas por Alfonso Cabanas, ouzandés e emigrante alá no Brasil. Home culto e sensible, “co seu repinicar domingueiro” tamén lles toca sufrir: Hai nas campás un home traballador e afable, mais tamén, desde xa, home poeta. queixume/ Alfonso de Chedas Marchou/ con el extinguiuse o lume/ que Tres poemas longos, ricos de amor, saudade e terra. Ricos tanto tempo as quentou. Home poeta, home campaneiro e os propios tamén de poesía. O seu Ouzande ensoñado, retratado na infancia, vivo sinos, fúndense nun mesmo ser: Nas noites calmas sempre se oirán/o no presente, e a sentida homenaxe a Alfonso de Chedas rebordan de eco das campás que nunca terá fin/ e o noso campaneiro badabán regalía cada verso. dandán.../ e un anxo na pequena dindindín dindín... // Badabán, dandán dindindín dindín.../ Badabán, dandán dindindín dindín.../ Badabán, Poesía e sentimento dandán dindindín dindín.../ Badabán, dandán dindindín dindín... Manolo púxolles a forma que sabe á súa fervenza de verbas, a forma da lixeira cuarteta, mais agarimando a rima en todos os versos. Terra Cantou como canta o pobo, como cantou sempre, labrando en regos O sotaque do galego do Brasil ecoa en moitos dos seus versos, dereitos, non moi longos e acompasados. Coa poética cicelada polo nunha lingua nunca esquecida, pura e anterga, rexa e silandeira, mais tempo, sen academia, máis que a do xenio e mais o enxeño. nova e domeada. Descóbrenos o nome das cousas, das nosas, os nomes que nós esquecemos, e que están gardados no tesouro da súa memoria: Home as pegas reveláns, as cotovías, o mel de avesón, a fonte picada, a laver- Manolo non se conformou con iso, e foi rabuñando nesa pedra ca no niño, o toxo perfumado/ E os muíños, claro: De oír os muíños rexa e gastada polo tempo, a base de fe, amor e moito xeito poético. moendo/ aínda da misma maneira/ e taramela batendo/ ao ritmo dunha Atopo a cada tanto imaxes auténticas e evocadoras, do home mesturado muñeira. E os lugares, os nosos, convidándonos a reencontrarnos con coa terra, esa que nunca deixou. Manolo expresa o seu insuperable con- eles, con nós: O rego das rans, o alto do marcón, o primeiro reguiño, o flito sen rodeos, poético e directo: Vou esquecer os meu soños/ e este monte do Redondo, a fervenza, a erveira de Xequina, ao lado do palomar, conflito constante/ do que fomos e non somos/ de ser ou non ser emi- Ouzande... E os homes, as persoas, que ficaron gravados na paisaxe: grante. Poucas veces pousei os meus ollos en palabras que expresasen Manolo de Sueiro, Alfonso e Manolo de Chedas. E, como non os amores, con esta sinceridade a emigración, sinceridade brutalmente fermosa: ensoñados e secretos... Pero iso lédeo vós, que paga a pena. Ha´en miñ´alma un lamento, e unha saudade tan grande/ e moito arrepentimento/ por ter marchado de Ouzande. O seu destino, á fin, xa Quero que todos os homes e mulleres, vellos e vellas de está presentido, sempre conflitivamente: Miña conciencia está en guer- Ouzande lean estes versos para reencontrase a si. Quero que todos os ra/ata o día que dios mande/o meu corpo ir prá terra/e a miñ´alma ir prá mozos e mozas, nenos e nenas de Ouzande lean estes versos para carreiros 13 Ouzande/ encontrase a si.
  14. 14. creación literaria manolo de cabanas lembranzas do meu tempo de neno en ouzande Ouzande foi meu niño Donde vin o mundo un día Se eu fose un paxariño Todo o ano volvería Como fan as golondrinas Cando chega a primavera Abre o Céu suas cortinas Nesa hora quen me dera Camiñar por seus carreiros Mirar seus campos floridos E o murmúrio dos regueiros Son cantos en meus oídos Oír o Melro cantando Xa se aproxima o veran Ir polos camiños estoupando As flores de San Xoán ¡Oh! meu Ouzande querido De miña infância en teu seno Teño o corazón ferido Por miñas lembranzas de neno Como segaban coas guadañas A erva seca prá palleira E dos cardos azules nas brañas E mallar o centeio na eira Há em miñ’alma un lamento E unha saudade tan grande ilustración: Rosa Herraiz Cabanas E moito arrepentimento Por ter marchado de Ouzande Miña conciencia está en guerra Ata o día que Dios mande carreiros 14 O meu corpo ir prá terra E miñ’alma ir prá OUZANDE
  15. 15. manolo de cabanas creación literaria balada por ouzande Há se eu poidese calquer dia Subir no alto do marcón Vexo un pardillo cantando Cando era ainda novo Rever os montes de Ouzande Admirar seus outeiros Toca no meu peito fondo Na festa de San lourenzo Con certeza eu non tería Coller mel de avesón A flor do toxo perfumando Decir seu nombre non podo Esta saudade tan grande E beñar-se nos regueiros Todo o monte do Redondo E nin decir o que penso Nen esta melancolía Ouír cantar a cotovía Óio o murmúrio das augas Soño que estou bailando Se eu poidese correr Ir ata fonte picada Baixando pola fervenza Unha muñeira contigo Por seus carreiros um dia E rever donde eu bebía Meus ollos cheios de bágoas De meu soño fui espertando Há se eu poidese volver Auga tan purificada Mas tuven a recompensa Ti xa non tavas comigo Entrar polo rego das rans Ver a laverca no niño De oír os muiños moendo Vou esquecer meus soños E ver na copa dun piño Na chan do rego das rans Ainda da misma maneira E este conflito constante Como as pegas revelans Ouír seu canto pretiño E taramela batendo Do que fomos e non somos Estan fazendo seu niño Sempre pólas mañáns Ao ritmo de unha muñeira De ser ou non ser emigrante Ir na baixada do marcón Ouír o cuco cantando Ese sonido conserva Eu levo no peito comigo Onde Domingos de Camba Na punta do gomo dun piño O aconchego contído Um grande amor por Ouzande Enfrentou um valentón Como cando iva co gando Em éxtase me deitei na erva Tamen por meu grande amigo Rubio como unha gamba Alá pró primeiro reguiño Alí quedei-me adormecido Sinto este amor tan grande Que era la da Somoza Com Manolo de Sueiro Na erveira de Xequina Eu vivo soñando contigo, Seu nombre era “ Cubano” Alfonso e Manolo de Chedas Ao lado do palomar Ande por donde eu ande Con medo fixo-se moza Eu atraveso o regueiro Soño co unha rapaziña E Dios será meu testigo Aquele valente fulano E sigo polas veredas Que un dia quixen namorar Domeu amor por OUZANDE. carreiros 15
  16. 16. creación literaria manolo de cabanas homenaxe a alfonso chedas sangiao, campaneiro de ouzande OUZANDE tem um dolor Xa non teñen máis compás Em noites claras de luna e paz Que non será remediado Nen o sonido altaneiro Oír-se han ecos de um repicar Sem a presenza e o calor Estan huérfanas as campás E o sonido das nosas campás Dese home tan amado Non teñen mais campaneiro Dende o paraíso para comemorar Que nunca será esquecido Hai nas campás um queixume A sua chegada por Anxos em coro Sempre transmitía a paz Alfoso Chedas marchou El foi recebido com grande emoción Anunciando o acontecido Com el extinguiuse o lume Por San Lorenzo e a Virxen do Socorro Repicando as campás Que tanto tempo as quentou E seus entes queridos; que recepción! Sempre no final do día Foi por iluminadas veredas Em nosas retinas permanecerás Repicando as campás Pra um mundo novo e verdadeiro Veremos tua imaxe lá no campanário Anunciava a ave Maria Marchou Alfonso Chedas Estarás repicando as nosas campás Para a xente orar pola paz Nosso grande companheiro Ou será fruto de noso imaxinário? E dando as señas de morto Para ser no ceu campaneiro Por toda a nosa vida continuarás Transmitía a emoción No día da resurrección Veremos tua silhueta la no campanário Da despedida nun porto Oír-se han no mundo enteiro Tocando sin parar as nosas campás E fé na resurreción As campás da redención Xuro! Non é fruto de noso imaxinário. Se era frenético e potente Serán as campás de Ouzande Nas noites calmas sempre se oirán Seu sonido era um compendio Que ecoarán no Ceu nesse dia O eco das campás que nunca terá fin Bem conocido da xente Será unha festa tan grande E nosso campaneiro badabán dándán... Desentendimento ou incendio Que ata a Virxen María E um anxo na pequena díndíndín díndín... Seu repicar domingueiro Vai estar admirando Badabán dándán díndíndín díndín….. Sonava devota e submisa Oíndo o nosso campaneiro Badabán dándán díndíndín díndín..... Convidando Ouzande enteiro Como as esta repicando Badabán dándán díndíndín díndín...... Para ir Domingo a misa El e no Ceu o primeiro Badabán dándán díndíndín díndín..... Sonava alegre e festeira E o maestro campaneiro Com unha alegría tan grande Chámanlle Alfonso o grande Anunciando altaneira E o millor no Céu enteiro Que havía festa em Ouzande E o campaneiro de Ouzande carreiros 16
  17. 17. entrevista a lorena nieves anacos de universo Noelia Bouzón Docampo ¿Como se formou o universo e o planeta no que vivimos? ¿Que é o que está a pasar por enriba das nosas cabezas? Tarde ou cedo, todos acabamos por facernos estas preguntas. E para resolver estas e outras moitas inquedanzas sobre o uni- verso que nos arrodea tivemos connosco o pasado mes de maio a Lorena Nieves Seoane, estudante de Física e amante da Astronomía. Os participantes no curso asistiron a dúas clases teóricas e pos- teriormente levouse a cabo unha observación práctica. As explicacións de Lorena espertaron un grande interese entre os asistentes, xa que non deixaron de facer preguntas e ata se deron pequenos debates sobre o tema, prestando grande atención aos aspectos físicos do Universo expos- tos. A observación práctica levouse a cabo ben entrada a noite no Castro de Barbude. Ademais de observar algún que outro planeta co telescopio, puidemos localizar constelacións como a Osa Maior, Orión, a con- stelación do Cisne..., coa axuda dun planisferio celeste. Esta parte prácti- ca provocou un grande entusiasmo, xa que incluso acudiron persoas que non participaran no curso. Quixemos coñecer as impresións de Lorena, xa que entre outras cousas, era a primeira vez que impartía este curso. carreiros 17
  18. 18. entrevista a lorena nieves noelia bouzón docampo ¿Como e cando empezou a túa afección pola astronomía? miña mestra de relixión católica cando lle preguntaba cousas tales como “¿e Deus non ten papá?”. Ela sempre me respondía con que Deus Ben, a verdade é que non me lembro exactamente cando foi, era o noso pai, cousa que eu lle respondía, “O meu papá chámase pero supoño que a curiosidade de saber qué é iso tan fermoso que tin- Roberto, e el si que ten papá”. A profesora pasaba de min, pero sempre tinea no ceo sería o meu primeiro paso a esta afección. Pero sobre todo tiven esa idea roldando na cabeza.O peor de todo é que quedei e lembro, cando tiña 13 anos, o paso do cometa Hale-Bopp, foi cando quedarei sen saber se Deus ten ou non papá. meus pais decidiron comprarme o meu primeiro telescopio, porque quedaba horas e horas embobada mirando ao ceo para ver o cometa ¿Que é o que pensas sobre a relación entre a Astronomía e a sociedade? do que tanto falaba a xente. Eu xa tiña coñecemento de constelacións É dicir: ¿paréceche que a xente en xeral se interesa polo tema ou cres e algunhas estrelas, pero recordo que aquel ano, decidín que quería que é algo relativamente descoñecido para a maioría? saber máis. Realmente non podo dicir que o sei. Haberá de todo, xente Supoño que, ao igual que todos, cando eras unha nena te facías unha que non lle interese, outra que non encontra información ou alguén morea de preguntas sobre o que vías alá arriba no ceo. ¿Que era o que que lle explique, ou xente que empeza e non atopa os resultados que máis che fascinaba ou chamaba a túa atención? ¿E na actualidade? agardaba. É moi difícil tratar de responder a unha pregunta con un abano tan amplo de contestacións, cada persoa é un mundo. Aínda así O que máis me gustaba ver eran as estrelas fugaces. A min iso cabe puntualizar que non hai moitos sitios nos que te informen do que entusiasmábame, e aínda por encima o misticismo de pedir un desexo é a astronomía. e que se che cumpra... Porque, cando es pequeno fas peticións tipo, “que mañá mamá me traia unha tableta de chiculate”, e claro, ao mel- Xa remataches os teus estudos de Física na Universidade de Santiago de lor ese día non, pero pola semana cha traía e atribuía ese “gran mila- Compostela. ¿Que é o que estás a facer agora? ¿Cara onde orientas o teu gre” a que llo pedín a estrela fugaz. Pero conforme medras e vas pedin- futuro profesional? do cousas máis imposibles, a túa fe empeza a decaer. Actualmente as cousas que máis me emocionan dos obxectos Agora estou na facultade de ciencias en Ourense, onde prosi- que eu teño coñecemento do universo (que son bastante poucos), son go os meus estudos de Física, pero orientados cara ao medio ambiente. os buratos negros. Seguro que é porque é algo completamente O cambio climático está moi presente na vida do día a día, e gustaríame descoñecido e podes xogar moito coa imaxinación por iso das teorías rematar os meus estudos cara a esta orientación. En Santiago é bas- que hai acerca de viaxes no tempo, ou viaxes interestelares (aínda que tante difícil a carreira, e as orientacións que hai son moi teóricas se es un pouco realista sabes que iso é totalmente improbable). Pero é (exceptuando a vía da electrónica) e estaba bastante desanimada moi difícil saber que é ou non interesante na astronomía, porque todo porque non me gustaba ningunha das ramas. Así que decidín ir a é como unha gran filosofía que leva a outras moitas e rematas feito un Ourense a rematar a carreira e a facer algo que me gusta de verdade. lío. Por exemplo, cando oio falar dos “límites do universo coñecido” Cando remate, todo depende, porque tal e como están as cousas case non podo deixar de preguntar, ¿e despois que ven? ¿e se non hai nada, non sabes que che pode pasar mañá, para máis, falar dentro dun ou que facemos aquí? É dicir, esas grandes preguntas que te fan sentir ínfi- dous anos. Dende logo, gustaríame quedar investigando no grupo de mo. Atmosféricas da universidade ou traballar nunha empresa que se dedique a estudar as consecuencias do cambio climático na agricultura ¿Cal foi a idea máis ‘bestia’ que te fixeches para buscarlle explicación ó (polos cambios no ciclo de precipitacións e temperaturas) ou na pesca Universo de pequena? (consecuencias do quecemento global nas correntes de auga mar- iñas...) pero, tal e como está o mercado laboral supoño que emigrarei Non sei, eu fun a unha escola relixiosa, e de aí atopaba a miña cara Inglaterra ou Alemaña a facer curriculum e logo voltar para ver o carreiros 18 resposta. Imaxinaba a Deus formando a Terra e a Adán e Eva e o resto que hai. dos animais. De todas maneiras eu encargábame de poñer nerviosa a
  19. 19. noelia bouzón docampo entrevista a lorena nieves Esta é a primeira vez que impartes un curso de Astronomía. ¿Como foi a experiencia? ¿Cales son as túas impresións acerca del? ¿Pensas volver a repetir a experiencia nun futuro? A experiencia foi xenial. Non agardaba tanto entusiasmo por parte da xente, pensaba que ían vir os meus compañeiros de Retrouso e case por compromiso e ó final atopeime cun grupo bastante grande de xente. Foi inesquecible por ser a primeira vez que expoñía en públi- co e fóra da facultade, pero tamén porque o pasei e desfrutei como unha nena cunha bolsa de gominolas (quitando os primeiros 10 minu- tos que estaba coma un flan). Creo que a xente o pasou ben e quedou contenta. (o final aplaudiron e todo). En canto a volver iso xa non depende de min, pero estaría encantada de volver a facelo e incluso para a xente que quedou con ganas de ampliar os coñecementos adquiridos. Estou tremendamente agradecida á asociación non só por darme a oportunidade de impartir este cursiño, senón que tamén polo trato que recibín. Sabemos que es unha persoa polifacética. Ademais da Física e da Astronomía, ¿con que outras actividades ocupas o teu tempo? A verdade é que fago demasiadas cousas, e a ningunha lle dedico o tempo que me gustaría. Por exemplo toco a gaita en Retrouso, bailo no grupo tradicional Raiolo de San Xián de Sales, xogo ao fútbol sala e algunhas cousiñas máis por aí. Pero como dicía non lle dedico tempo suficiente e isto remata por pasar factura, de xeito que as veces chegas a un momento no que precisas máis tempo para seguir avanzan- do, e as veces non dispoño de tal tempo, polo que teño que escoller. carreiros 19
  20. 20. crónica carreiros retrouso, un ano moi especial Especial, porque o 2008 supuxo para o noso grupo un salto moi importante, tanto nas actuacións como no seu éxito nos concursos nos que participou. Repetiron na Sala Nasa, nos seus afamados seráns, o 16 de xaneiro. Festa, coma sempre, moi animada, onde Retrouso puxo a bailar ao persoal. Houbo, xa no verán, varias actuacións en parroquias da contor- na, como Riveira, Vinseiro e nas Festas de Ouzande, ou no Centro Social Setestrelo da Asociación Kenkeirades-Espazo Aberto da Estrada. Pero realmente, a actuación do ano foi, sen dúbida, a participación no IX Folk de Callobre. Un dos mellores festivais de música de raíz de Galiza que contou coa participación dos nosos músicos, nunha noite inesquecible, e na que foron tratados como reis pola organización, que foi perfecta. Pensamos que Retrouso correspondeu cunha actuación moi boa, que mesmo foi comentada na prensa. E nos concursos tamén destacamos. O día 6 de abril de 2008, alá pola tardiña no Auditorio de Arteixo, aguantabamos o alento cando faltaba por anunciar o grupo gañador do IX Concurso de Música Tradicional Xiradela. Cando soou o nome de Retrouso pois, nin volo pod- edes imaxinar, choutamos de alegría nos asentos vendo como César e Antonio levantaban os brazos e recollían o premio. O aplauso do público foi unánime. O trunfo merecido. Xa no mes de setembro, en Ponteareas, unha participación máis no mellor concurso de Galicia. A actuación do grupo foi impecable, o que pasa que os rivais tiñan un nivel altísimo. Fixéronse co triunfo Os Chupacabras cunha actuación extraordinaria e orixinalísima, e Retrouso, aí lle andou, pertiño dos postos de honra. Non gañastes pero para nós sodes os mellores. O ano completouse coa participación en certames de Luou e Pontevedra. Retrouso de Ouzande xa soa por aí adiante. E como non, que sería de todas as actividades e festas que orga- nizamos sen eles, pois moi aburrida a cousa... Por certo, se queres ver e escoitar actuacións de Retrouso carreiros 20 podes entrar na nosa canle de televisión en internet: http://es.youtube.com/afervenzadeouzande
  21. 21. carreiros crónica I fervenza de músicas Unha vez que o Músicas da Terra pasou a mellor vida, démoslle a benvida á Fervenza de Músicas. Esta é outra cousa. Máis pequena en moitos aspectos, pero igual ou máis grande noutros: festa, diversión e compartir. Isto era o que pretendiamos cando proxectamos a actividade e cremos que o conseguimos xa na primeira edición. Xuntouse un bo número de afeccionados á música, á festa e tamén ao polbo e ao chur- rasco arredor de catro grupos que se entregaron para pasáreno ben e para que nós o pasaramos tamén. Abriu a festa Retrouso, que xogaba na casa, e que descubriu un animador en potencia, o Alfonso, e aínda que moita xente aínda lle esta- ba dando ao polbo, comezaron animando moi ben. O Regato de Matamulleres, de Callobre puxo todo o seu bo facer no campo da festa, asinando unha actuación extraordinaria, xenerosa que comezou a facer que foramos tirando o frío do corpo. O grupo de Teo, Xa son faif, puxo a nota de calidade e, para rematar, festa e máis festa. A requinta da Laxeira, de Sarandón, meteuse, literalmente, ao público no peto. Rematamos suando e bailando polo campo da festa, entregados e entre- gadas ante o bo facer dunha agrupación que, non só toca ben, senón que é capaz de poñer a bailar e a choutar a todos os asistentes á festa. E o ano que vén, máis. Con camiseta e todo. carreiros 21
  22. 22. crónica carreiros magosto O obradoiro de cabazos creativos, con obradoiro de carteis incluído, deu comezo á celebración da Festa do Outono, alá polos primeiros de outubro. Ala vai un ano xa. Cabazas a eito, reconvertidas en terroríficas caveiras iluminaron as primeiras horas da noite; e despois, castañas e viño. Un magosto bastante concorrido, no día que ademais escolliamos alcalde de barrio. Non faltou a música de Retrouso e achega- dos para poñer remate á festa. fin de ano Volveron soar as campás de ano novo en Ouzande. Por se acaso, alguén tiña preparados uns foguetes, co que a celebración foi por parti- da dupla: doce badaladas e doce foguetes serviron para darlle a benvida carreiros 22 ao 2008. Non faltaron as uvas, nin a alegría, nin a festa, como se ve..... Por certo, Dj Adán, insuperable.
  23. 23. carreiros crónica de máscaras e coplas Pintámonos, disfrazá- monos, comemos e bebemos, e como este ano non fomos cantar as coplas pola parroquia, aí vos queda unha pequena mostra: Os cegos da fervenza aquí outra vez están, cantaremos as nosas coplas mellor con chourizo e pan. Este ano no concello xa hai alcalde novo, fixeron as votacións e A Estrada xa ten Dono. Novo alcalde prá parroquia tamén tivemos que escoller, saleu Anxel de Chedas en menuda se foi meter. Escoita señor alcalde o que che temos que pedir, tés que mirar por Ouzande porque así non podemos seguir. Que rematen os sumidoiros e conto de nunca acabar, non sei canto tempo levan que parece a obra do “Escorial” Empezaron a abrir ghabias lumeiro porque viñan as eleicións, Rosa, Manu, Alex e Noe encargáronse de renovar o aspecto e quedou todo cheo de fochas vestuario do home do saco, que, por certo, a algún lle recordaba a cando pasaron as votacións. Domingos de Camba..., por que será? Queimamos todo: o home do saco, o saco e todo o malo que Mentres tanto, pasa o tempo quixemos. Saltamos a fogueira, asamos chourizos, comémolos, bebemos e sen “aceras” seghuimos, carreiros 23 viño, pasámolo ben e lavámonos con auga de rosas. Que máis se pode vai chegar antes o AVE pedir? Que, o ano que ven, máis. mira que che son lentiños.
  24. 24. crónica carreiros unha noite no muíño Quen ten cu ten medo. Os espíritos das tebras baixaron polo regueiro da Fervenza, o vello camiño de carros estivo cheo de ánimas en pena, a noite caeu sobre Ouzande deixando a parroquia ás escuras. A luz eléctrica deixou de alumear. O frío e a humidade chegáronnos aos ósos… E, a pesar diso…, houbo festa. É certo que choveu, que había espíritos no acceso ao Muíño do Rubio, que non había luz eléctrica. Pero todo é nada cando queremos recordar os vellos tempos, a unión nacida de ir moer pola noite, o valor de compartir cea baixo os carballos da Fervenza, houbo borrachos de mentira e música de verdade, en Ouzande pasamos unha vez máis UNHA NOITE NO MUÍÑO. E que sexan moitas máis! carreiros 24
  25. 25. carreiros crónica chuvia de historias A escritora e actriz Paula Carballeira ben sabe que Ouzande e Armenia teñen algo en común, e por iso trouxo á parroquia o seu xenio, a súa maneira de contar. E con esa arte que ela ten coas historias encheu o noso local social de princesas feas e príncipes parvos, de bicos e de risos; trouxo á mesmísima Sherezade, as aventuras das máis variadas personaxes… O 14 de xuño é unha data que recordaremos con cariño, pola paz, liberdade e amor que nos transmitiu Paula cos contos árabes, orien- tais, chineses, tristes e felices, emocionantes… Grazas, Paula. Grazas tamén por deixar que te chamaramos Carmiña cun sorriso nos beizos. Grazas, tamén, por facernos esquecer a Carmiña naquelas horas mara- billosas. Grazas Paula por volvernos deixar chamarte Paula e por darnos tantos bicos na testa. carreiros 25
  26. 26. crónica carreiros lugo romano e rural En Ouzande gústanos moito ir de excursión, o primeiro de xuño de 2008 fixémolo para descubrir unha cidade histórica e fermosa: Lugo. Partimos da parroquia cun autobús cheo e unha furgoneta para levar aos que xa non cabían no coche grande. Visitamos Santa Baia (Santa Eulalia, Santalla) de Bóveda, un monumento nacional de orixe romana que con- serva unhas pinturas murais do século IV. Desde ese templo fixemos unha pequena ruta a pé de cinco quilómetros que resultou ser moi fer- mosa e agradable. Xa na capital xantamos á beira do Miño e paseamos polas murallas da cidade. Foi moi interesante a visita aos restos dunha “villa” romana e mais ao centro de interpretación da muralla. Pasear polo cen- tro histórico foi unha delicia. Na viaxe de regreso fixemos unha parada nos famosos pendel- los d´Agolada, que a pesar de seren coñecidos, moita xente non tiña vis- itado. Todo un gusto ir de excursión de Ouzande ao Lugo romano e rural. carreiros 26
  27. 27. carreiros crónica ruta das letras Este ano só saímos de ruta unha vez, pero a verdade é que pagou moito a pena. Celebramos a terceira edición da Ruta das Letras, o 17 de maio, andando e lendo. Nesta ocasión planeamos unha fermosa camiñada polos montes de Ouzande para arribar ao Castro de Arcos ou Monte do Bispo, como por alí lle chaman. Como nas rutas anteriores decidimos agasallar cun libro a todos e todas as participantes, coa novi- dade de que a obra neste ano sería do autor estradense David Otero, a xeito de pequena homenaxe. Presentouse un día anubrado, con chuvia ameazante. Ás nove da mañá, e preparados para a partida, recibimos a primeira sorpresa do día cando vimos chegar ao propio David Otero, acompañado do seu fillo Senén, que serviu de testemuña gráfica da xornada. Subimos, coma sempre polos Muíños da Fervenza, onde leva- mos outra sorpresa, esta ben máis desagradable. Arriba do Muíño do Rubio, de camiño para o de Salgueiro, atopamos cortados e derribados todos os salgueiros, sabugueiros, carballetes e demais árbores que acaroaban o leito do regato. O paso fíxose complicadísimo e o espectácu- lo era desalentador. Por certo, a día de hoxe a situación segue nas mes- mas, con evidente perigo de incendio, a pesar da nosa solicitude ás autoridades. En pouco tempo, e co sol indo e vindo, puxémonos ao pé do Castro de Arcos, que agardaba silencioso aos camiñantes. A chegada ao alto, coas escuras nubes coroando os montes de Xesteiras, foi espectac- ular, case mística. Miramos ao lonxe, e quixemos saber o que había despois. Dispuxémonos á baixada e logo chegamos á aldea de Ferreiros despois de atravesar a Congostra de Lobos (así bautizada por nós), camiño por onde ía a xente de Ouzande que tiña fincas neses lugares. A chegada ao adro supuxo o merecido descanso, despois de zafarmos da chuvia. Repartimos os libros e démoslle un cariñoso aplau- so a David, polas súas palabras e pola súa compaña. Deunos as grazas, un chisquiño emocionado. Nós tamén. carreiros 27
  28. 28. crónica carreiros xogos oulímpicos carreiros 28 10 de agosto, fachico, desfile, biciclentas, ximcarreta, baloncegho, levantamento de carozos, salto de toupa, diversión...
  29. 29. carreiros crónica xogos populares carreiros 29 14 de setembro, trompos, bolos, birlos, chave, aros chalancas, bolas, a ra, clausura oulímpica e máis diversión...
  30. 30. crónica carreiros curso de cogomelos En novembro do 2007 deu comezo o curso de cogomelos en Ouzande. Moi atentos ás explicacións, os asistentes puxeron especial coidado na Norma Esencial do Micólogo Precavido: “se non estás total- mente seguro do que é, non o collas”. Para non correr riscos, o curso orientouse cara o estudo dun pequeno número de especies concretas, de xeito que estas non desen lugar a confusión. O evento tivo grande afluencia de público, de dentro e fóra da parroquia. Puidose observar ademais que en Ouzande contamos con xente de certa experiencia e coñecementos sobre o tema. O 25 de novembro tremeron os cogomelos na Somoza. Unha panda de intrépidos alumnos, acompañados polo profesor e provistos todos de botas e cesto, encamiñáronse esa mañá dispostos a non deixar unha seta comestible en pé. Despois de botar toda a mañá percorrendo o monte, e a pesares do entusiasmo dos participantes,os resultados non foron os esperados, ou polo menos non o suficiente para preparar a cea prevista para a noite. Pero aquí o que non corre, voa. Para solucionar o problema, esa mesma tarde cada afeccionado foi polo seu lado “ao escondite secreto”, e ao reunirse á hora da cea, o éxito foi notable. Nun ambiente de camaradería e bo humor, preparouse unha exquisita cea cos cogomelos como ingrediente principal, cea que se prolongou ata ben entrada a noite. Hai que repetilo. carreiros 30
  31. 31. carreiros crónica xunta xeral anual O 27 de xaneiro de 2008 celebrouse a Asemblea Anual da Asociación. Nunha tarde moi fría, xuntámonos no local un bo número de socios e socias para avaliar o exercicio anterior e para planificar o actual. O máis destacado foi a decisión de suspender a organización do Festival Músicas da Terra, a proposta da Directiva. Tamén se acordou potenciar as activi- dades para reforzar os nosos recursos naturais e patrimoniais. En relación con isto, a Asociación entrou a formar parte do GDR 20, un grupo de asociacións e Institucións que se dedicará a xestionar os prox- ectos dos novos Plans Leader Galiza na zona Ulla, Umia e Lérez. Tamén tocaba renovación da Directiva, que continuará outros dous anos máis. Para rematar, miramos as fotos do ano pasado e tomamos un chocolate quentiño con biscoito. outras actividades Este ano a AC A Fervenza de Ouzande colaborou na organi- zación en Ouzande de actividades ofertadas por outras Institucións. A primeira delas, organizada pola Concellaría de Medio Rural do Concello da Estrada, consistiu na celebración dunhas xornadas de Xestión Forestal Sustentable ás que asistiron un bo número de veciños e veciñas da par- roquia. Durante catro días da última semana de maio e da primeira de xuño, diversos especialistas ofreceron charlas sobre temas tan impor- tantes para o aproveitamentos dos nosos montes como: a multifun- cionalidade do monte, a nova Lei de Incendios, a implantación de peque- nas masas forestais, subvencións forestais, a experiencia de aproveita- mento de Monte Cabalar e as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR); estas últimas unha novidade moi interesante para podermos aproveitar e rendibilizar mellor os nosos montes e que seguramente deberíamos tratar de poñer en marcha, segundo opinaron moitos dos asistentes. Recentemente, a finais do mes de outubro, solicitamos a cele- bración das Charlas sobre Saúde ofertadas pola Concellería de Sanidade do Concello da Estrada e que versaron sobre saúde en xeral, dieta saud- able e prevención de accidentes na casa e primeiros auxilios. Tamén carreiros 31 tiveron unha boa resposta da veciñanza, a pesar do frío que nos veu nos últimos días do mes.
  32. 32. carreiros consello de redacción noelia bouzón xabier de camba manuel de topete laura de topete rosa de cabanas (supervisión lingüística) (deseño e maquetación) Fotografías: Arquivo Carreiros. Ademais cedéronnos fotos: Xosé Manuel Liste, Natalia Carbajal, Miguel Carbajal, Xan Astorga, Fermín de Cabanas, Xabi Adán e Noelia Bouzón. Fotografías antigas: Arquivo Carreiros. Este número, cedidas por Manuel Porto, Julio Porto, Familia Rodríguez Pazos, José de Pura, Elsa Porto. Artigo de Florentino: cedidas por Familia Bouzón Docampo e por Florentino do Rubio. Dámoslles as grazas a todos eles pola súa colaboración. publicación promovida pola ac a fervenza de ouzande subvencionado pola Presidencia da Xunta de Galicia Secretaría Xeral de Política Lingüística ouzande a estrada carreiros 32 www.carreiros.blogspot.com carreirosouzande@gmail.com

×