Tecidos vexetais
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Like this? Share it with your network

Share
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
561
On Slideshare
561
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
18
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. OS TECIDOS VEXETAIS Profesor: Adán Gonçalves
  • 2. INTRODUCIÓN A complexidade estrutural e organizativa dos vexetais é menor que nos animais. A pesar desto, as células vexetais tamén poden reunirse formando tecidos e órganos. A disciplina dentro da Botánica que se ocupa dos tecidos vexetais denomínase Histoloxía vexetal. Incluso, entre os organismos que non forman parte do Reino Animal (non todos pertencentes o Reino vexetal) podemos atopar distintos niveis de complexidade organizativa (niveis morfolóxicos de Strasburger).
  • 3. 1. ORGANIZACIÓN VEXETAL  NIVEL PROTÓFITOS: é o nivel de organización máis simple. O que posúen as algas máis sinxelas nas que só hai certa especialización na reprodución.  NIVEL TALÓFITOS: maior complexidade, pero todavía non hai verdadeiros tecidos, nin órganos. Posúen un talo pluricelular con certa especialización, pero sen vasos condutores. Neste grupos están o resto de algas, os fungos e os liques. As de maior complexidade son as algas pardas. Pero non hai nin raíz, nin talo, nin follas.
  • 4. 1. ORGANIZACIÓN VEXETAL  NIVEL PROTOCORMÓFITOS: grupo intermedio entre talófitos e cormófitos. Está formado polos briófitos (carrizas e hepáticas). Non teñen raíz, talo, nin follas, pero sí, estruturas moi próximas (rizoides, caulidios e filidios). Son todavía moi dependentes do medio acuático(precisan un alto grao de humidade).  NIVEL CORMÓFITOS: posúen verdadeiras, raíces, talo e follas (posúen cormo). Son plantas que teñen vasos condutores con función de transporte e outros tecidos especializados en diferentes funcións: sostén, defensa, reprodución, protección. O cormo permitiu ás plantas unha maior independencia da auga e a colonización do medio terretre. Forman parte deste grupo os pteridófitos (fentos) e as espermatófitas (plantas con semente).
  • 5. PROTOCORMÓFITOS (BRIÓFITOS)
  • 6. CORMÓFITOS (PTERIDÓFITOS E ESPERMATÓFITOS)
  • 7. 2. TIPOS DE TECIDOS VEXETAIS Os vexetais teñen dous tipos de tecidos: simples, se só posúen un tipo celular, como por exemplo un parénquima e compostos, se posúen compostos varios tipos, como sucede no floema. Segundo a súa función podemos falar de:  Meristemos  Parenquima  De sostén ou mecánicos  Protectores  Vasculares  Secretores
  • 8. 2.1. MERISTEMOS As súas células están en división constante xa que son os tecidos encargados do crecemento e desenvolvemento da planta. Son células vivas, pequenas e con grandes núcleos nos que é frecuente observar distintas fases da mitose. Hai dous grandes tipos de meristemos: • Meristemos apicais ou primarios: proceden de células embrionarias e primarios aparecen nas zonas apicais (extremos) da planta. Son os responsables do crecemento en lonxitude. • Meristemos laterais ou secundarios: proceden de células adultas que recobran a súa capacidade de división. Sitúanse en zonas laterais e so responsables do crecemento en grosor da planta. Hai dous tipos: o cambium vascular, que orixina os tecidos condutores, e o felóxeno que vascular orixina a cortiza ou súber (cuberta protectora).
  • 9. 2.2. PARÉNQUIMAS Os parénquimas son tecidos pouco diferenciado presentes en todos os órganos vexetais. Formado por células redondeadas con grandes vacuolos. Son os “conxuntivos” dos vexetais, e dicir, rechean e unen. Ademais poden desempeñar outras funcións:  Parénquima clorofílico: atópase por baixo da epiderme vexetal. Ten clorofílico células con numerosos cloroplastos. A súa principal función é a fotosíntese. Presente en follas e talos.  Parénquima de reserva: atópase, principalmente, no interior de froitos reserva carnosos, sementes, tuberculos... Almacena distintas substancias entre as que a máis habitual e o amidón.  Parenquima aerífero: moi frecuente en plantas acuaticas. As súas aerífero células deixan grandes espazos (meatos) polos que circula o aire. meatos
  • 10. 2.3. TECIDOS MECÁNICOS OU DE SOSTÉN Os fungos e as algas manteñen a súa forma grazas a turxencia celular. Nos briófitos tampouco soe existir tecido de sostén, e se o hai as súas células non posúen paredes con lignina, un compoñente esencial para dar a consistencia e rixidez necesaria para manter a planta ergueita, por iso, estas plantas viven a ras do solo. Nas pteridófitas os propios tecidos vasculares actúan como sostén. Nas plantas superiores, xa atopamos verdadeiros tecidos de sostén. Hai dúas variedades:  Colénquima: formado por células vivas e alongadas con paredes Colénquima desigualmente grosas. Da consistencia ás partes novas da planta.  Esclerénquima: constituído por células mortas, con paredes grosas e Esclerénquima lignificadas. Da resistencia as zonas xa desenvolvidas da planta.
  • 11. 2.4. TECIDOS PROTECTORES Recobren a superficie do vexetal protexendo da desecación, da entrada de patóxenos, dos cambios de temperatura e danos mecánicos. Hai dous tipos:  Epiderme: é a primeira barreira da planta. É monoestratificada con Epiderme células aplanadas que non deixan espazos e sen cloroplastos. Por fora hai unha capa de cera denominada cutícula (impermeabiliza, protección solar e defensa contra insectos). Na epiderme aparecen unhas aberturas chamadas estomas constituídas por dúas células con forma de ril que deixan un espazo denominado ostiolo que pode abrirse ou pecharse regulando o intercambio de gases. A epiderme pode desenvolver tricomas, tricomas que son pelos uni ou pluricelulares. Nas raíces facilitan a absorción de sales e auga; nos talos e follas teñen función protectora.
  • 12. 2.4. TECIDOS PROTECTORES  Súber ou tecido suberoso: protexe do desecamento e de suberoso temperaturas extremas. Está formado por células mortas en varias capas e recheas de aire. As paredes celulares posúen unha substancia denominada suberina que é impermeable. Para poder levar a cabo o intercambio de gases posúe uns espazos chamados lenticelas. lenticelas A cortiza (corcho) é tecido suberoso.
  • 13. 2.5. TECIDOS VASCULARES Son os tecidos condutores por onde circula o zume. As células están fusionadas para formar conductos. Hai dous tipos:  Xilema ou leño: transporta o zume bruto dende as raíces ata as follas. Está formado por células mortas superpostas entre sí, con paredes reforzadas de lignina denominadas traqueidas e tráqueas. Os tabiques de separación entre células non existen ou están perforados. O xilema representa a parte dura da planta que utilizamos como madeira.  Floema ou líber: transporta o zume elaborado por toda a planta. Constituído por células vivas con tabiques perforados chamados tubos cribosos e células cribosas. Ao final do outono os orificios tapónanse formado a calosa que impide o paso do zume.
  • 14. 2.6. TECIDOS SECRETORES As plantas teñen distintos tipos de tecidos secretores. Entre eles destacan:  Tecidos laticíferos: son tubos que conteñen látex que é unha emulsión de auga con distintas substancias (alcaloides, azúcares...). O látex é considerado un subproduto metabólico que ademais axuda no peche das feridas.  Condutos secretores: os máis importantes son os condutos resiníferos que verten resina cuxa función é defender a planta de axentes patóxenos (insectos fitófagos e fungos).
  • 15. http://cienciasnaturales.es/TEJIDOSVEGETALES.swf
  • 16. GRAZAS POR ATENDERME
  • 17. Bibliografía e Webgrafía Tecidos vexetais: -Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008. “Bioloxía e Xeoloxía. 1º Bacharelato”. Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro Santillana. Santiago de Compostela. - Esteban Abad Mª Ángeles. 1995. “Niveles de organizacións de los seres vivos. La diferenciación celular. Tejidos animales y vegetales”. Biología y Geología en la Enseñanza Secundaria y Bachillerato. Tomo 2. Colegio Oficial de Biólogos. Madrid. www.asturnatura.com  bioadaptvegunc.blogspot.com www.biologia.edu.ar biosecc01.blogspot.com www.buildingforafuture.co.uk  http://www.cienciaybiologia.com/botanica/generalidades/niveles%20morfologicos.htm e-ducativa.catedu.es www.educa.madrid.org www.efn.uncor.edu  www.etitudela.com www.euita.upv.es www.flickriver.com  humorviral.wordpress.com  ireneses.wordpress.com  legado.inea.org  mazinger.sisib.uchile.cl  ireneses.wordpress.com  http://www.slideshare.net/adaneco/savedfiles?s_title=niveles-de-organizacion-histologia-vegetal&user_login=shuaranca webs.uvigo.es www.vi.cl www.wikipedia.org