• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Sexualidade parte ii
 
  • 358 views

Segunda parte do tema Sexualidade de 3º/4º ESO CMS. Anatomía e Fisioloxía do Aparello reprodutor. Técnicas reprodutivas e métodos anticonceptivos. Natalidade e Poboación.

Segunda parte do tema Sexualidade de 3º/4º ESO CMS. Anatomía e Fisioloxía do Aparello reprodutor. Técnicas reprodutivas e métodos anticonceptivos. Natalidade e Poboación.

Statistics

Views

Total Views
358
Views on SlideShare
358
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
10
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Sexualidade parte ii Sexualidade parte ii Presentation Transcript

    • SEXUALIDADE PARTE IIProfesor: Adán Gonçalves
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS Concepto de Hormona: substancias químicas producidas en glándulas Hormonaespecializadas (glándulas endócrinas) que son transportadas pola sangue endócrinasate o lugar do corpo onde exercen a súa función (órganos e células diana). dianaA Regulación Hormonal: dentro dos distintos tipos de hormonas que existen, Hormonalas hormonas sexuais son as responsables dos cambios anatómicos efisiolóxicos que se producen durante o desenvolvemento sexual.Durante a pubertade o hipotálamo comeza a segregar hormonas queestimulan a hipófese.A súa vez a estimulación da hipófese provoca a produción doutras hormonas(hormonas estimulantes: SH) que viaxan pola sangue ata os ovarios e ostestículos.Grazas ás hormonas hipofisarias os ovarios comezan a producir óvulos ehormonas sexuais femininas (estróxenos e proxesterona) e os testículos proxesteronaproducen espermatozoides e as hormonas sexuais masculinas (andróxenos: omáis importante é a testosterona). testosterona
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAISOs estróxenos producen e manteñen os caracteres sexuais femininos eregulan o ciclo menstrual. Asi mesmo, a proxesterona permite aimplantación do embrión no útero, e dicir, prepara o aparello reprodutorpara a xestación.Os andróxenos, principalmente a testosterona, producen e manteñen oscaracteres sexuais masculinos.
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS Cambios nos adolescentesHomes: Aumento do tamaño dos órganos sexuais. Aparece o pelo corporal e a barba. Increméntase a masa muscular. Voz máis grave. Primeiras exaculacións. Aumenta a secrección de grasa: acné.
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.1. A REGULACIÓN DAS HORMONAS SEXUAIS Cambios nos adolescentesMulleres: Aumento dos órganos sexuais. Ensanchamento das cadeiras e desenvolvemento das mamas. Aparece o velo púbico e nas axilas. Prodúcense as primeiras regras.Aumenta o contido de grasa nas coxas.
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINOÉ o encargado de producir as hormonas sexuais masculinas (andróxenos)e os espermatozoides (gametos masculinos).Ten tamén a función de levar a cabo a cópula, permitindo así afecundación.Falaremos a continuación das distintas partes que diferenciamosneste aparello: testículos, vías reprodutoras, pene e glándulasanexas. 3.2.1. TestículosSon as gónadas masculinas. Formadas por uns condutos numerosos eenrolados chamados túbulos seminíferos en cuxas paredes fórmanseos espermatozoides.Hai tamén células produtoras de hormonas sexuais.Os testículos están fora da cavidade abdominal recubertos dunrepregamneto da pel chamado escroto. escroto
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO 3.2.2. As vías reprodutoras Son os condutos que recollen o transportan os espermatozoides cara o exterior. Son:  Epidídimo: conduto que é a confluencia dos túbulos seminiferos de cada testículo. É o lugar de maduración.  Conduto deferente: continúa o epidídimo e ascende cara o interior do abdome. Serve de almacén para os espermatozoides (42 días).  Urétra: conduto compartido co aparello excretor. A última parte discorre polo interior do pene.
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO 3.2.3. PeneÉ o órgano copulador masculino. Formado por dúas masasesponxosas eréctis chamadas corpos cavernosos, situados por cavernososenriba da uretra. Cando existe excitación rechéase de sanguepermitindo a erección e facilitando a penetración na vaxina durante ocoito.A parte final do pene dilátase formando o glande que posúenumerosas terminacións nerviosas. É o lugar de saída do aparelloreprodutor e urinario.O prepucio é un pequeno repregue de pel fina que protexe oglande. Cando está estreitado fálase de fimose.O prepucio pode eliminarse cirúrxicamente: circuncisión
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO 3.2.4. Glándulas Asociado ao aparello reprodutor hai glándulas que participan na composición final do seme ou que facilitan coas súas secreccións a penetración.  Vesículas seminais: dúas glándulas situadas detrás da vexiga urinaria. Desembocan aos condutos deferentes. Producen líquido espermático (nutrientes para os espermatozoides).  Próstata: situada baixo a vexiga, produce o líquido prostático (protexe da acidez da vaxina aos espermatozoides e favorece a súa mobilidade).  Glándulas de Cowper: dúas glándulas na base do pene. Segregan líquido lubricante que facilita a penetración.
    • Cuestións:1. Coñeces algunha razón pola que os testículos teñan que estar fora da cavidade abdominal?2. Sabes por que non é posible unha exaculación e o acto da micción simultaneamente?3. Os pantalóns axustados usados de xeito continuado poden ocasionar esterilidade temporal. Cal cre que pode ser a razón?4. A partir de certa idade a próstata pode aumentar de tamaño. Que consecuencias pode ter esta anomalía?
    • Hixiene do aparello reprodutor masculino Limpeza diaria do glande, retirando o prepucio, con xelescon pH neutro para a pel. Evitar roupa axustada que impida os movementos naturaisdos testículos. Revisións médica para comprobar o desenvolvemento naturaldos testículos e o pene, fimose e outras problemáticas (p.e.infeccións urinarias...)
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO 3.3.1. Os ovariosSon as gónadas do aparello reprodutor feminino. Producen os óvulos e ashormonas femininas.Na parte externa dos ovarios (cortiza) atópanse os folículos ováricos queé onde se forman os óvulos. A medida que nos achegamos a superficie doovario, os folículos son máis grandes (folículos de Graaf) e conteñenóvulos xa preparados para ser expulsados.
    • 3. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DOS APARELLOS REPRODUTORES 3.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO 3.3.2. As vías reprodutorasSon os condutos que interveñen na fecundación e na xestación. Trompas de Falopio: dous condutos cunha abertura con forma de funil querecollen os óvulos liberados polos ovarios e os transportan mediante cilios dassúas paredes ata o útero. É o lugar habitual da fecundación. Útero: cavidade na que desembocan as trompas, posúe unha gran capamuscular e está tapizado por unha mucosa chamada endometrio. Na súa parte endometrioinferior estréitase formando o cérvix que comunica coa vaxina. Vaxina: conduto musculosos e elástico que comunica o útero co exterior.Posúe glándulas que segregan substancias lubricantes para facilitar apenetración. Na entrada existe unha pequena membrana incompleta ( Himen) Himenque racha durante as primeiras relacións sexuais. Vulva: constitúe o órgano xenital externo da muller. Presenta pregamentoscutáneos (labios maiores e menores) entre os que se atopa o clítoris (órgano menoresmoi sensible formado por un tecido eréctil similar ao do pene).
    • Cuestión:1. Cal é a relación na muller entre o aparello urinario e o reprodutor?2. En que se diferenza, neste sentido, do que ocorre no home?
    • Hixiene no aparello reprodutor feminino Limpeza regular dos xenitais, tendo en conta que o emprego excesivo dexeles pode danar o medio natural da vaxina (característicamente ácido)podendo favorecer a aparición de infeccións. Emprego de roupa natural que evite as alerxias na rexión vulvar. Cambio frecuente da compresa ou tampón durante a menstruación. Visita periódica o xinecólogo para o control do ciclo menstrual, odesenvolvemento mamario e uterino, equilibrio hormonal... Hixiene diaria para evitar o paso de xermes dende o ano. A limpeza debeser de adianta cara atrás.
    • 3.4. A FORMACIÓN DOS GAMETOS 3.4.2. A formación de espermatozoidesOs espermatozoides, como xa dixemos, fórmanse nas paredes dos túbulosseminíferos. O proceso completo dura uns 2 meses, e dende a pubertaderepítese ao longo da vida do home.Os espermatozoides son de pequeño tamaño, moi móbiles e de vida curta(viven entre 2-4 días no interior do útero da muller).Constan dunha cabeza (onde reside o núcleo da célula e polo tanto, omaterial xenético), un corpo intermedio (con numerosas mitocondrias) eunha cola (o flaxelo que permite o seu movemento).
    • 3.4. A FORMACIÓN DOS GAMETOS3.4.2. A formación de espermatozoidesO seme emítese ao exterior a través da uretra durante a exaculación(2-6 cm3 , entre 40-250 millóns de espermatozoides por cm 3), éstaconsiste na propulsión ( ata a 50 Km/h) a intervalos do seme, mediantecontraccións reflexas da musculatura abdominal, os condutosdeferentes e a próstata, acompañadas dunha sensación de pracer.
    • 3.4. A FORMACIÓN DOS GAMETOS3.4.2. A formación dos óvulosOs óvulos fórmanse nos ovarios, como xa comentamos, a partir dosfolículos.Os folículos de distintos tamaños corresponden con ovarios en distintosgraos de maduración.Cando o folículo está maduro rompe a parede e libera o óvulo cara astrompas de Falopio, a este proceso denomínaselle ovulación. ovulaciónUn óvulo é unha célula esférica, inmóbil e relativamente grande, xa queacumula substancias nutritivas de reserva. Posúe un núcleo co seu materialxenético.Rodeando ao óvulo hai unha serie de envolturas (zona pelúcida e coroaradiata) que o protexen e producen mucosidade.
    • O Ciclo OváricoA ovulación é un proceso que sucede cada 28 días de xeito alterno en cada undos ovarios.Está regulado polas hormonas sexuais (FSH, LH e proxesteronaprincipalmente) e a súa finalidade é a maduración e liberación dun óvulo cadavez. A este proceso cíclico chámaselle ciclo ovárico e ten tres fases: Fase folicular (1º-14º día del ciclo): a FSH (hipófise) estimula os folículos.Os ovarios producen estradiol (un estróxeno). estradio Ovulación (12º-14º día): Coincide cun “pico” de LH (hipófise) que provoca aliberación do óvulo do ovario. (días máis fértiles: 5 antes e 2 despois). Fase secretora (16º-28º): despois de expulsado o óvulo fórmase unha masade células (corpo lúteo amarelo) que produce e segrega proxesterona. Este proxesteronacorpo dexenera en 10-12 días e deixa de producir proxesterona se non haifecundación.
    • O Ciclo MenstrualDe xeito paralelo ao ciclo ovárico as hormonas sexuais (estróxenos) preparanas paredes internas do útero ante un posible embarazo.O endometrio engrósase e recóbrese dunha mucosa rica en vasos sanguíneos.Pola súa banda a proxesterona detén estos cambios e mantén na súa posició aoendometrio.Se o óvulo non é fecundado (entre outras cousas diminúen os niveis deproxesterona) a mucosa uterina despréndese e sae ao exterior a través davaxina provocando unha pequena hemorraxia, a menstruación (duranormalmente entre 3-5 días). Este proceso períodico recibe o nome de ciclomenstrual ou uterino e tamén o podemolo dividir en tres fases: menstrual (1º-4º), proliferativa o estroxénica (5º-13º) e secretora ou proxestacional (14º-28º).
    • Ciclo Ovárico e Ciclo Menstrual
    • O Ciclo MenstrualA primeira menstruación ocorre na pubertade (en media aos 12 anos) echámaselle menarquia.É un proceso natural que marca o inicio da fertilidade da muller, aíndaque as primeiras regras, en moitas ocasións non están asociadas a ciclosováricos fértiles.As mulleres ovulan durante 30-40 anos (perído fértil). fértil)A etapa na que cesa a produción de óvulos ven marcada pola aparición dealteracións hormonais (diminución na produción de estróxenos eproxesterona) e denomínase menopausia. Nesta etapa as mulleres menopausiateñen diferentes efectos, xa que as hormonas sexuais taméndesempeñan labores importantes noutros aspectos fisiolóxicos(colesterol, prevención da osteoporose...). Algúns dos síntomas máishabituais son os sofocos, a osteoporese, a sequedade vaxinal, depresión,irritabilidade...
    • O Ciclo MenstrualSe durante o ciclo hai fecundación, a produción de proxesterona continúa enon se destrúe a mucosa uterina, polo que non hai menstruación. Dismenorrea: é o termo utilizado para definir as regras acompañadas de Dismenorreador. Afecta ao 50% das mulleres e parace ser debido ao aumento dasprostaglandinas (similares a hormonas).Para aliviar os síntomas son recomendables fármacos que inhiban a síntesedestas substancias, realizar exercicios moderados, diminuir o consumo detabaco e alcohol, tomar líquidos, aplicar calor, evitar as grasas, evitar ospicantes e a sal ...
    • 3.5. O ACTO SEXUAL, A FECUNDACIÓN E O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIOO acto sexual ou coito permite a fecundación. Consiste na penetración dopene en erección no interior da vaxina.Mediante determinados estímulos físicos e psíquicos achéganos ao pracersexual que desemboca na exaculación, no caso do home, e en contacciónsespasmódicas da vaxina e o útero, no caso da muller.Ao momento culminante do pracer sexual denominámolo orgasmo. orgasmoA fecundación é a unión do óvulo e o espermatozoide. Esta fusión orixina ozigoto que dará orixe, por sucesivas divisións, a un novo individuo.A fecundación ten lugar nas trompas de Falopio. Para que isto suceda, osespermatozoides depositados na vaxina no coito deben ascender polastrompas ata atopar ao óvulo.Trala fecundación o óvulo forma unha membrana impenetrable para osdemais espermatozoides.O proceso de fecundación remata coa formación do cigoto.
    • 3.5. O ACTO SEXUAL, A FECUNDACIÓN E O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIOAs fases posteriores á formación do cigoto constitúen o desenvolvementoembrionario.O primeiro indicio que pode alertar dun embarazo e a falta de menstruación,aínda que pequenos retrasos entran dentro do normal. Sen embargo, se aamenorrea persiste no tempo o embarazo é unha posible causa. Outrascausas desta alteración son factores emocionais, menopausia, tumoracións,problemas hormonais, lactancia...Unha vez que se formou o cigoto, éste viaxa dende as trompas cara o úteromentras se vai dividindo mitóticamente ate formar o embrión. embriónO embrión chega o útero nuns 7 días, todos os procesos sucedidos ate estemomento fixéronse a expensas das substancias nutritivas do óvulo, pero paraa continuidade do proceso é preciso que o embrión se implante nas paredesdo útero, é o aniñamento. aniñamentoNalgúns casos, o cigoto pode non implantarse e prodúcese un aborto naturaque soe pasar desapercibido para a muller.
    • 3.5. O ACTO SEXUAL, A FECUNDACIÓN E O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIOTras o aniñamento, comeza o proceso de xestación, que durará unhas 40 xestaciónsemanas. Durante este proceso o embrión sufrirá grandes cambios polosprocesos de diferenciación e especialización celular que orixinarán os novostecidos e órganos do feto en formación.Tamén aparecerán as estruturas encargadas de protexelo ( amnios e líquidoamniótico) e de suministrarlle os nutrientes e retirar os refugallos ( placentaamnióticoe cordón umbilical). umbilicalConsidérase viable un feto cando xa ten 23 semanas. Aínda que actualmentesácanse adiante feto de menos tempo, eso sí cun considerable soporte médico.
    • 3.6. O PARTOTrala xestación e mediante a regulación hipofisaria, o útero comeza arealizar contraccións e prodúcese a dilatación do cérvix e da vaxina queanuncian o nacemento nos próximos días.Estas contaccións aumentan a súa intensidade e frecuencia ata romper abolsa amniótica ( rotura de augas). augasA partir de aquí quedan poucas horas para o nacemento.A expulsión do feto a través da vaxina ven precedida de fortescontraccións. O máis habitual e a saída ao exterior mostrando primeiro acabeza.Tras a saída, córtase o cordón umbilical e colócaselle unha pinza.Despois duns minutos sae tamén ao exterior a placenta e contráese oútero detendo a hemorraxia.Despois do parto a muller regresará ao seu estado fisiolóxico e emocionalnormal lentamente.As veces, hai depresión postparto, un certo estado de especial postpartosensibilidade que normalmente pasa nunhas semanas.Por este motivo é esencial o apoio da parella.
    • 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. MÉTODOS ANTICONCEPTIVOSA Declaración dos Dereitos Humanos de 1948 recolle o dereito a ter unhaplanificación familiar.Ter ou non fillos é unha decisión libre que non se debe ver influída polaexpresión da sexualidade.Na antigüedade os métodos empregados eran, en xeral, moi pouco ou nadaefectivos; pero na actualidade os avances médicos, científicos etecnolóxicos permiten dispor dunha ampla variedade de métodosanticonceptivos.
    • 4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos 4.1.1.1. Métodos anticonceptivos naturaisBaséanse no cálculo do período fértil do ciclo menstrual, é dicir aovulación, para evitar o coito neses días.Estes métodos presentan unha baixa eficacia debido as alteraciónsperiódicas que fercuentemente ocorren no ciclo ovárico das mulleres (p.e.por estrés, alteracións hormonais...)Son exemplos: Oxino: Cálculo dos días fértiles a partir da observación dos ciclosdurante meses. Temperatura basal: Mide diariamente a temperatura corporal parapredicir a fertilidade polo aumento de temperatura. Billings: Observa cambios no fluxo vaxinal.
    • 4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos 4.1.1.1. Métodos anticonceptivos naturais  Como se calculan os días fértiles? Anota o primeiro día de regra como dia 1 do ciclo. As anotaciónsdeben ser ao longo de polo menos 12 meses. Conta o nº de días que dura o teu ciclo máis longo e o máis curto. Resta 11 ao nº de días do ciclo máis longo e 18 do nº de días dociclo máis breve. Os días comprendidos entre esas dúas cifras son os máisfértiles. Exemplo: Ciclo curto= 26 días e ciclo longo= 31 31-11= 20 e 26-18= 8 Os días máis fértiles son entre o 8 e 20 do ciclo desta muller.
    • 4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos 4.1.1.2. Métodos anticonceptivos artificiaisO seu obxectivo é impedir a fecundación, incluso nos días fértiles.Neste grupo varía moito a súa eficacia e modo de actuación.Podémolos subdividir en: De Barreira e químicos: impiden o encontro entre os gametos. Dispositivos intrauterinos: impiden o aniñamento do zigoto e actúantamén como espermicidas. Métodos cirúrxicos: impiden mediante técnicas cirúrxicas o encontroentre gametos.
    • 4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos
    • 4.1.1. Clasificación dos métodos anticonceptivos
    • 4.1.2. Que debemos ter en conta na elección dun anticonceptivoA hora de escoller un método anticonceptivo débense ter en conta diversosfactores: a idade da muller, antecedentes médicos, eficacia do método...Pero antes de todo isto debemos aclarar que existen formas de control danatalidade que non poden ser consideradas métodos anticonceptivos pola súadubidosa eficacia: Coitus interuptus Realizalo coito durante a menstruación Os lavados vaxinais tras o acto sexual A utilización de distintas posturas durante o coito Practicalo coito por primeira vez A ausencia do orgasmo da muller Practicalo acto sexual durante a lactancia
    • 4.1.2. Que debemos ter en conta na elección dun anticonceptivoDebemos ter claro que non existe ningún método que sexa perfecto evaia ben a todas as parellas.Son os membros dunha parella conxuntamente os que deben decidir e éconvinte consultar cun especialista (Planificación familiar) asposibilidades que existen.En xeral un método anticonceptivo debe ser: Seguro e eficaz Aceptado polos membros da parella Económico Sen efectos ou cos mínimos efectos secundarios Reversible
    • 4.1.2. Que debemos ter en conta na elección dun anticonceptivoTamén deberíamos ter en conta: Se a parella é estable ou si só ten contactos esporádicos. P.e. O DIU nonsería recomendable para unha parella pouco estable, sendo máis indicado ouso do preservativo ou dos espermicidas. Ademais os condóns protexen dasETS. Idade da muller. P.e. Non debe empregarse a pílula ata que pasen tres anosda menarquía e tampouco é indicada para mulleres que pasen dos 40 anos oucon problemas circulatorios. Mulleres sen fillos. Neste caso non é recomendable o DIU. Mulleres con ciclo irregular. Pouco indicada a abstinencia periódica. Os métodos irreversibles na maioría dos casos, como son a vasectomia ou aligadura de trompas, precisan dunha gran madurez, e polo tanto, de certaidade para estar seguros da decisión a tomar.
    • Cuestións:1. Elabora unha listaxe dos anticonceptivos segundo a súaidioneidade no control de embarazos nos adolescentes.2. Cales cres que son os métodos máis usados entre os xóvenes?3. Elabora unha listaxe sobre os inconvintes dun embarazo entreadolescentes.
    • 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVASUnha de cada dez parella españolas presenta problemas de fertilidade. Esterilidade: considérase a unha parella estéril, cando tras unha anode relacións sexuais sen usar ningún tipo de método anticonceptivo nonacada o embarazo.A esterilidade pode ser masculina ou feminina. Esterilidade masculina Esterilidade feminina Nº baixo espermatozoides Ausencia ou problemas de ovulación Espermatozoides defectuosos Obstrucción de trompas Incompatibiliadade Anomalías uterinas que dificultan a espermatozoide-moco vaxinal implantación
    • 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVASCando existe esterilidade, a procreación non é posible de xeito natural.Na actualidade existen técnicas de reprodución asistida que poden chegar apermitir a concepción. Técnicas de reprodución asistida 1. Estimulación Hormonal 2. Inseminación Artificial 3. Fecundación in vitro 4. Transferencia de gametos
    • 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS Estimulación Hormonal: Algunhas mulleres presentan alteracións hormonaise ovulan irregularmente dificultando a posibilidade dun embarazo.Coa administración de hormonas estimulantes dos ovarios e posible regular aprodución de óvulos e aumentar as posibilidades de embarazo. Inseminación Artificial: Aplicada cando hai un número pequeño deespermatozoides ou teñen pouca mobilidade; tamén no caso de problemas docérvix.Consiste en introducir, por medio dunha xiringa, os espermatozoides no úterodurante o período próximo á ovulación.O seme pode proceder da parella ou dun banco de seme. semeAntes de aplicar esta técnica é preciso someter a muller a un tratamentohormonal para estimular a ovulación.
    • 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVAS Fecundación in vitro: A fecundación sucede fora do corpo da muller, nunhaplaca de vidrio, onde se poñen en contacto óvulos e espermatozoides.Tamén precisa estimulación hormonal previa para facilitar a ovulación.A extracción realízase mediante unha punción no ovario.Trala fecundación, transfírense algúns ovocitos (embrións incipientes) ámuller. Os que sobran resérvanse en nitróxeno líquido a -196ºC nun banco deembrións.Os nenos nacidos por esta técnica coñécense como “nenos probeta”. Transferencia de gametos: extráense óvulos e espermatozoides eintrodúcense nas trompas de Falopio para que suceda a fecundación.
    • 4. TÉCNICAS ANTICONCEPTIVAS E REPRODUTIVAS 4.1. ESTERILIDADE E TÉCNICAS REPRODUTIVASA lei actual en España é a lei de reprodución asistida 14/2006 quemodifica a anterior do ano 98.As principais aportacións desta lei son:- Permite seleccionar xenéticamente embrións para curar a terceiraspersoas.- Suprime a limitación de 3 ovocitos.- Permite donar os embrións para investigación.
    • 5. O ABORTODurante as primeiras semanas do embarazo poden producirse alteracións naxestación que ocasionan que se interrompa, de xeito natural, o embarazo( aborto espontáneo). espontáneoEste aborto pode ter varias causas: Inviabilidade do cogoto Infeccións Exercicios violentos Esforzos físicos Disgustos traumáticos...
    • 5. O ABORTOA interrupción do embarazo tamén pode ser provocado cando a muller nonquere continuar coa xestación (aborto incluido). incluidoEn España rixe na actualidade a a Interrupción Voluntaria do embarazo(IVE) ríxese pola Lei da salud sexual e reprodutiva 2/2010.Nesta lei establécese a posibilidade, por parte da muller, de abortar nasprimeiras 14 semanas de xestación.Asi mesmo é posible alongar este período ata as 22 semanasen casos de«graves riscos para a vida ou a saúde da nai ou do feto». A partir da vixésimasegunda semana, so se poderá interrumpir o embarazo en dous supostos: que«se detecten anomalías no feto incompatibles coa vida» ou que «se detecteno feto unha enfermedade extremadamente grave e incurable no momento dodiagnóstico e así o confirme un comité clínico.
    • 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.1. EXPLOSIÓN DEMOGRÁFICAUnha explosión demográfica é o aumento elevado nun curto período detempo da poboación humana.Como xa comentamos noutro tema, a máis importante sucede a partir dosúltimos 200 anos consecuencia primeiro da Revolución Industrial do XIX edos avances científico-tecnolóxicos e médicos a partir dos anos 20.Nestes últimos 200 anos pasamos de 1800 millóns de habitantes no planetaás 7000 millóns de persoas que o habitamos na actualidade.Thomas Malthus (demógrafo) decía no século XIX: “a capacidade decrecemento da poboación humana é infinitamente superior a capacidade deproducir alimentos”.Por sorte para nós, Malthus non podía predecir os increíbles avancescientíficos do século posterior que permitirían o cambio a unha produciónalimentaria industrializada.
    • 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.1. EXPLOSIÓN DEMOGRÁFICASen embargo, non debemos perder de vista a realidade.En primeiro lugar porque a poboación humana segue a crecer a unritmo exaserado (76 millóns/ano); e en segundo lugar porque osavances tecnolóxicos que nos permitiron ate agora producir máisrecursos e aumentar a nosa esperanza de vida teñen consecuenciasnegativas como falaremos máis adiante.Faise necesario establecer dende xa políticas de control danatalidade que nos permitan mellorar a calidade de vida de todas aspersoas vivan onde vivan e diminuír a presión ecolóxica sobre o nosoplaneta.
    • 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.2. CONTROL DA NATALIDADENa actualidade o 98% do crecemento poboacional dase nos países en vías dedesenvolvemento. Ésto provoca grandes desigualdades sociais e implica enormesimpactos ambientais.Nalgúns países (China, India...) aplícanse medidas moi drásticas, como a famosamedida china unha parella-un fillo que lles permitíu reducir de 6 a 3 fillos pormuller a taxa reprodutiva nos últimos anos.Outros países, cunha política máis social (Taiwán, México...) tamén conseguironunha diminución, aínda que máis paulatina, do incremento poboacional baseando asúa estratexia en mellorar a sistencia sanitaria, a educación e as oportunidadeseconómicas e facilitando o acceso a información e a métodos anticonceptivos.De todos os xeitos, persisten todavía grandes atrancos culturales, relixiosos eeconómicos en moitos países para o control da natalidade.
    • 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.3. PREVISIÓNS DE FUTUROA ONU estima que no ano 2050 a poboación poderá estar entre os 9000 e os11200 millóns de persoas.Na actualidade África é o continente que máis aumenta a súa poboación (26%)mentras que Europa é o único que decrece (-1,6%).No 2050 o reparto poboacional cambiará e haberá máis persoas nos países envías de desenvolvemento (países africanos, China e India) que nos desenvolvidos.A máis longo prazo é máis dificil de predecir, sobre todo como serán as taxas defecundación, pero a ONU establace que no 2150 a poboación moverase entre os3600 millóns e os 27000 millóns.Por que esta diferenza entre seguir crecendo ou decrecer?
    • 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.3. PREVISIÓNS DE FUTUROA razón é evidentemente a taxa reprodutiva. Se ronda os 2 fillos/mullerseremos uns 10800 millóns, se algo maior, pongamos uns 2,6 fillos/muller,chegaríamos aos 27000 millóns; pero si como parecen indicar asproxeccións a taxa vese reducida aos 1,6 fillos/muller a poboacióndecrecería..Sen embargo, aínda que as prediccións se cumplan é probable que estedescenso chege demasiado tarde.
    • 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.4. POR QUE CONTROLAR A NATALIDADE?Porque este crecemento demográfico desmedido está a provocardesigualdades sociais e desequilibrios medioambientais importantes.Dende o punto de vista socioeconómico crecen as desigualdades porque sonprecisamente os países pobres os que teñen máis habitantes, pero menosrecursos ou cando menos mal repartidos.Dende o punto de vista medioambiental, hai múltiples efectos e en boaparte os países en vías de desenvolvemento vense afectados en maiormedida por diversas causas: falta de planificación naxestión de recursos,políticas medioambientais inexistentes, tecnoloxías pouco respetuosas comedio... En certa medida, é lóxica esta situación, xa que a súa prioridade acurto plazo e obter recursos.
    • 6. NATALIDADE E POBOACIÓN 6.4. POR QUE CONTROLAR A NATALIDADE?Ao fío de todo isto convén lembrar a famosa frase que dixo IndiraGandhi na Conferencia de Nacións Unidas en Estocolmo no 72 enreferencia a demanda dos países ricos do control da contaminaciónpolos países pobres: “A pobreza é a peor forma de contaminación”.En referencia a que, sen resolvero drama da pobreza non se podenresolver os problemas medioambientais, e tamén como non, comocrítica ao cinismo dos países ricos que se aproveitan dos recursos dospaíses subdesenvolvidos, pero non se responsabilizan dos efectosnegativos para as persoas e o medio que supón este feito.
    • Bibliografía:- Ástor Camino, Xulio, et al. 1999. “Ciencias medioambientais e da saúde”.Edicións Xerais de Galicia.Vigo.- Cabrera Calero, Antonio Mª e Sanz Esteban, Miguel. 2002. “Bioloxia eXeoloxía-3º Secundaria”. Proxecto Exedra. Oxford Educación. Madrid.Webgrafía:www.acog.orgaparellreproductor.webnode.es  biologia-lacienciadelavida.blogspot.com  www.educarchile.clwww.embarazoymaternidad.infowww. enzocards.blogspot.comwww.fertilab.net  www.gallospedragliofarm.comgsdl.bvs.sld.cuhttp://humavsnnature.webnode.com.co/ekologia/crecimiento-poblacional-humano/ies.rayuela.mostoles.educa.madrid.orgrecursos.cnice.mec.es  health.shorehealth.orgscielo.isciii.esshabias.blogspot.com  www.wikipedia.org