Profesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓN
Moitos animais expóñense máis aos seus depredadores na época de
celo, como os machos da pita do monte (tetrao ...
INTRODUCIÓN
Outros ofrecen a súa propia vida por unha oportunidade reprodutiva: as
luras e algunhas especies de salmón mor...
1. A REPRODUCIÓN
A reprodución é a función pola cal uns individuos, os proxenitores,
proxenitores
orixinan novos individuo...
1. A REPRODUCIÓN
 REPRODUCIÓN ASEXUAL
Aquela que non necesita de células especializadas, senón que un único
organismo xer...
1. A REPRODUCIÓN
Desvantaxes:
- Non aumenta a variabilidade xenética.
- Hai moitos tipos diferentes. En animais: amitose, ...
A reprodución asexual é moi frecuente en organismos unicelulares...

Paramecio en bipartición

Microalga en bipartición
...,pero tamén se da en plantas...
...e en animais.
 A reprodución asexual é máis frecuente en organismos unicelulares e
plantas.
 Nos organismos unicelulares sucede fundam...
 Nos animais é pouco frecuente a reprodución asexual, aparece
básicamente en invertebrados. Os mecanismos máis frecuentes...
 REPRODUCIÓN SEXUAL

Aquela na que células especializadas chamadas gametos se fusionan
(fecundación) para formar o cigoto...
2. A FECUNDACIÓN
 A FECUNDACIÓN EN ANIMAIS
A fecundación é a unión dos gametos masculino e feminino
(espermatozoides e óv...
2. A FECUNDACIÓN
 FECUNDACIÓN NAS PLANTAS
Nas plantas con semente a unión dos gametos orixina o embrión que
queda protexi...
3. CICLOS VITAIS
O ciclo biolóxico ou vital son as etapas polas que atravesa un organismo
na súa vida dende a fase de cigo...
CICLO VITAL EN ANIMAIS
- Animais vivíparos: o desenvolvemento do embrión sucede
dentro da nai.
 Desenvolvemento postembri...
3. CICLOS VITAIS
CICLO VITAL EN PLANTAS
Ao longo da súa vida nas plantas diferenciamos:
 Esporófito: vexetal onde se form...
A Clasificación das plantas
Atendendo a se
producen
sementes
Ximnospermas: plantas con
sementes que non están nun
froito (...
Ciclo vital dos fentos

O fento no envés da súa fronde (folla do fento) posúe grupos de esporas que
son liberadas e chegan...
Ciclo vital das ximnospermas (tipo piñeiros)
Flores das ximnospermas
Ciclo vital das ximnospermas (tipo piñeiros)

Na mesma planta (por exemplo un piñeiro) hai conxuntos de flores
masculinas ...
Ciclo vital das ximnospermas (tipo piñeiros)
Ciclo vital das anxiospermas (plantas con froito)
Nas flores destas plantas hai estames (estambres), que conteñen grans
de...
Ciclo vital das anxiospermas (plantas con froito)
As flores das plantas con froito

Cal é a diferenza respecto das plantas sen froito?
GRAZAS POR ATENDERME
Bibliografía e Webgrafía:
- Madrid Rangel, Miguel Ángel; Meléndez Hevia, Ignacio; Montes
Aguilera, Margarita; Blanco coger...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Reprodución

503 views
260 views

Published on

Conceptos básicos sobre a función de relación. Ciclos biolóxicos xerais en animais e plantas.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
503
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
7
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Reprodución

  1. 1. Profesor: Adán Gonçalves
  2. 2. INTRODUCIÓN Moitos animais expóñense máis aos seus depredadores na época de celo, como os machos da pita do monte (tetrao urogallus cantabricus) que se agrupan nos cantadeiros para emitir os seus “cantos” e así atraer ás femias, pero tamén aos predadores. Noutros casos os machos compiten entre sí polas femias arriscando nestes combates a súa propia vida; habitual nas especies con haréns de femias. Tamén son frecuentes as especies que protexen as súas crías fronte os depredadores: moitas aves enfróntanse aos depredadores por protexer os seus ovos; do mesmo xeito os elefantes adultos forman un círculo que protexe as crías das hienas ou leóns. As veces levan a cabo accións que nos resultan incomprensibles para favorecer o proceso reprodutivo: os leones macho asasinan as crías doutros leones cando se fan cun harén de femias.
  3. 3. INTRODUCIÓN Outros ofrecen a súa propia vida por unha oportunidade reprodutiva: as luras e algunhas especies de salmón morren exhaustos tras poñer a posta. De igual modo moitas especies de insectos, como as efémeras, teñen unha vida adulta moi curta (uns días) cuxo único obxectivo e atopar parella, aparearse e deixar descendencia. As plantas non poden desprazarse, pero utilizan distintos mecanismos de dispersión para asegurarse de que a súa descendencia aumenta as súas probabilidades de éxito: as flores que atraen insectos que son utilizados como “vehículos de transporte” ou o desenvolvemento de pole ou sementes aladas para a súa dispersión polo vento. Tanto en plantas como en animales a reprodución sucede habitualmente na época favorable para ter máis posibilidades de éxito reprodutivo. Estos exemplos poden darnos unha idea da importancia da reprodución na vida dos organismos.
  4. 4. 1. A REPRODUCIÓN A reprodución é a función pola cal uns individuos, os proxenitores, proxenitores orixinan novos individuos, os descendentes para permitir a perpetuación da especie. Hai dous tipos de reprodución tanto en animais coma en vexetais: a reprodución asexual e a reprodución sexual. Nalgúns organismos danse os dous tipos ao longo do seu ciclo biolóxico e fálase de reprodución alternante. O ciclo biolóxico ou vital son as etapas polas que atravesa un organismo na súa vida dende a fase de cigoto ata adulto reprodutor.
  5. 5. 1. A REPRODUCIÓN  REPRODUCIÓN ASEXUAL Aquela que non necesita de células especializadas, senón que un único organismo xera copias idénticas de si mesmo. Aparece en todo tipo de organismos, aínda que adoita ir acompañada da sexual para asegurar a variabilidade. Vantaxes: Vantaxes - É moi útil para organismos sésiles ou pouco móbiles. - Pódese levar a cabo cun só individuo. - Pode dar lugar a grande cantidade de individuos.
  6. 6. 1. A REPRODUCIÓN Desvantaxes: - Non aumenta a variabilidade xenética. - Hai moitos tipos diferentes. En animais: amitose, bipartición, escisión múltiple, xemación... En plantas: bipartición, fragmentación, propágulos, esporulación... Algúns deles xa os vimos en temas anteriores.
  7. 7. A reprodución asexual é moi frecuente en organismos unicelulares... Paramecio en bipartición Microalga en bipartición
  8. 8. ...,pero tamén se da en plantas...
  9. 9. ...e en animais.
  10. 10.  A reprodución asexual é máis frecuente en organismos unicelulares e plantas.  Nos organismos unicelulares sucede fundamentalmente por: bipartición, xemación e esporulación.  Nas plantas hai : - Reprodución vexetativa: fórmanse novos individuos a partir dunha parte da planta que pode ser: un talo paralelo ao solo do que parten novos individuos como nos amorodos (estolóns), talos subterráneos dos que parten novos individuos como nas cebolas (bulbos) e talos subterráneos de reserva con xemas que orixinan novas plantas coma na pataca (tubérculos). - Reprodución por esporas: a partir dunha célula con núcleo orixínanse varias, en xeral moitas, células fillas que chamamos esporas que cando as condicións son favorables son dispersadas e xerminan orixinando novas plantas.
  11. 11.  Nos animais é pouco frecuente a reprodución asexual, aparece básicamente en invertebrados. Os mecanismos máis frecuentes son: - Xemación: Fórmase unha xema no corpo do animal a partir da cal orixínase un novo individuo. Este individuo pode separarse como sucede na hidra ou orixinar unha colonia como ocorre nos corais. - Fragmentación: o proxenitor sofre a rotura en dous ou máis anacos cada un dos cales pode orixinar un novo individuo. Sucede nos vermes ou nas anémonas. A rexeneración é similar, consiste en formar un fragmento do corpo perdido accidentalmente, pero non é un mecanismo reprodutivo. Aparece en animais como as estrelas de mar ou as píntegas.
  12. 12.  REPRODUCIÓN SEXUAL Aquela na que células especializadas chamadas gametos se fusionan (fecundación) para formar o cigoto que orixinará o embrión a partir do cal desenvolverase un novo individuo diferente aos proxenitores. Vantaxes: - Permite unha maior variabilidade xenética, e isto favorece a supervivencia da especie. Desvantaxes: - Precísanse dous proxenitores. - Os gametos teñen que encontrarse (grandes cantidades e móbiles) e ademais necesitan un medio acuático (dificultade en organismos terrestres).
  13. 13. 2. A FECUNDACIÓN  A FECUNDACIÓN EN ANIMAIS A fecundación é a unión dos gametos masculino e feminino (espermatozoides e óvulos nos animais) para orixinar a célula ovo ou zigoto. Pode ser:  Externa: sucede fóra da nai, e os gametos son liberados ao medio onde se unen. É típica dos animais acuáticos.  Interna: ocorre no interior do corpo materno para proporcionar un medio con humidade. Para facilitar a unión dos gametos soe ser necesaria a copulación (transmisión dos espermatozoides ao aparello reprodutor feminino). É característica dos animais terrestres.
  14. 14. 2. A FECUNDACIÓN  FECUNDACIÓN NAS PLANTAS Nas plantas con semente a unión dos gametos orixina o embrión que queda protexida por unha serie de capas que denominamos semente. Nas anxiospermas ademais de semente hai froito cuxa principal función e facilitar a dispersión das sementes.
  15. 15. 3. CICLOS VITAIS O ciclo biolóxico ou vital son as etapas polas que atravesa un organismo na súa vida dende a fase de cigoto ata adulto reprodutor. CICLO VITAL EN ANIMAIS Os ciclos en animais poden ter grandes variacións, sobre todo en aqueles que posúen metamorfose (insectos e anfibios), pero en xeral podemos diferenciar as seguintes etapas:  Fecundación: a unión dos gametos.  Desenvolvemento embrionario: dende que se forma o cigoto ata que nace o novo individuo. Segundo o lugar onde se produce falamos de: - Animais ovíparos: o embrión desenvólvese dentro dun ovo que eclosiona no exterior. P.e.: aves, réptiles... - Animais ovovivíparos: a eclosión do ovo ocorre dentro da nai. P.e.: algunhas quenllas, serpes e lagartos.
  16. 16. CICLO VITAL EN ANIMAIS - Animais vivíparos: o desenvolvemento do embrión sucede dentro da nai.  Desenvolvemento postembrionario: é o crecemento do individuo ata ser adulto reprodutor. Pode ser: - Directo: as crías son similares ao adulto, pero de menor tamaño. Típico de aves, réptiles, algúns insectos e nos mamíferos. - Indirecto: a cría, chamada larva sofre transformacións máis ou menos importantes que en conxunto denomínanse metamorfose. Acontece en anfibios e insectos.
  17. 17. 3. CICLOS VITAIS CICLO VITAL EN PLANTAS Ao longo da súa vida nas plantas diferenciamos:  Esporófito: vexetal onde se forman as esporas.  Gametófito: vexetal onde se orixinan os gametos. En xeral, o ciclo sería: a unión dos gametos da lugar ao cigoto que orixinará o embrión. O embrión desenvolve un esporófito que forma esporas e a partir das esporas fórmase o gametófito no que se producen os gametos.
  18. 18. A Clasificación das plantas Atendendo a se producen sementes Ximnospermas: plantas con sementes que non están nun froito (piñeiros, abetos...) Plantas sen sementes: hepáticas, carrizas ou mofos e fentos. Espermatófitas (plantas con sementes) Anxiospermas: plantas con sementes nun froito (frutais, herbáceas...)
  19. 19. Ciclo vital dos fentos O fento no envés da súa fronde (folla do fento) posúe grupos de esporas que son liberadas e chegan o solo onde nas condicións axeitadas poden xerminar. A xerminación da espora da lugar a unha plantiña subterránea na que se forman os gametos. A fusión destes gametos (fecundación), que só é posible en presenza de auga, orixina a célula ovo ou cigoto que por sucesivas divisións dará lugar a un novo fento pechando o ciclo.
  20. 20. Ciclo vital das ximnospermas (tipo piñeiros) Flores das ximnospermas
  21. 21. Ciclo vital das ximnospermas (tipo piñeiros) Na mesma planta (por exemplo un piñeiro) hai conxuntos de flores masculinas e femininas. Nas masculinas hai grans de polen que son dispersados polo vento e chegan ata as flores femininas. Neste momento, o gran de polen xermina e orixina os gametos masculinos que fecundan aos gametos femeninos que hai dentro das flores femininas. Cada fecundación orixina un cigoto que desenvolverá un embrión, que nestas plantas está protexido por diversas capas e que denominamos semente (no caso do piñeiro é o piñón). A semente cae o solo e pode xerminar dando unha nova planta que pecha o ciclo.
  22. 22. Ciclo vital das ximnospermas (tipo piñeiros)
  23. 23. Ciclo vital das anxiospermas (plantas con froito) Nas flores destas plantas hai estames (estambres), que conteñen grans de polen que orixinarán gametos masculinos, e pistilos onde se formarán os gametos femeninos. O gran de polen e transportado polo vento ou por insectos ata o pistilo onde xermina e orixina os gametos masculinos que fecundan o gameto femenino dando lugar ó cigoto que desenvolverá o embrión. Nestas plantas tamén se forman capas protectoras, polo tanto tamén teñen semente, pero ademais para facilitar a súa dispersión a semente queda dentro dun froito. O froito pode ser transportado a outro lugar de moitos modos, por exemplo un animal come o froito e ao defecar deposita a semente no solo. A semente xermina e orixina unha nova planta.
  24. 24. Ciclo vital das anxiospermas (plantas con froito)
  25. 25. As flores das plantas con froito Cal é a diferenza respecto das plantas sen froito?
  26. 26. GRAZAS POR ATENDERME
  27. 27. Bibliografía e Webgrafía: - Madrid Rangel, Miguel Ángel; Meléndez Hevia, Ignacio; Montes Aguilera, Margarita; Blanco coger, Marcos; Vidal-Abarca, Eduardo e González García, Raquel. 2012. “Ciencias da Naturaza 2º ESO”. Santillana Obradoiro. Proxecto Os Camiños do Saber. Santiago de Compostela. morato1a.blogspot.com  reproducciondeanimales.blogspot.com http://www.slideshare.net/adaneco/reinos-parte-ii http://www.slideshare.net/adaneco/sexualidade-cms-parte-i

×