Your SlideShare is downloading. ×
Relación e coordinación
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Relación e coordinación

152

Published on

Sistemas de coordinación. Sistema nervioso e hormonal. Nivel 2º ESO.

Sistemas de coordinación. Sistema nervioso e hormonal. Nivel 2º ESO.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
152
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
10
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. RELACIÓN E COORDINACIÓN Profesor: Adán Gonçalves
  • 2. Introdución Se unha pomba chega por primeira vez a unha praza dunha cidade, asustarase as primeiras veces que un coche toque o claxón ou frene bruscamente, pero pasado un tempo habituarase a ese son e aprenderá que non hai perigo. Do mesmo xeito os cisnes dun estanque ou os peixes dun acuario aproxímanse as marxes do mesmo porque saben que neses puntos atópase o suministro de comida. Igualmente cando unha manada de ñúes e cebras é atacada por un depredador, por exemplo un grupo de leonas; toda a manada sae en fuga aínda que non todos os animais observan, nin escoitan ao agresor. Nas plantas, tamén hai respostas a estímulos externos como a orientación cara a luz ou a humidade, aínda que en xeral, esas respostas non supoñen movementos tan precisos, nin son tan elaboradas como nos animais.
  • 3. Introdución En outras ocasións os estímulos son internos, por exemplo un aumento do azúcre (glucosa) no sangue aumenta a produción de insulina no páncreas para diminuír a súa concentración. Se comprendiches o anterior...  Que é un estímulo? Pon un exemplo.  Que é unha resposta? Pon un exemplo.  De onde proveñen os estímulos?  Se che doe a barriga por un empacho, esto sería un estímulo?
  • 4. 1. A RELACIÓN E A COORDINACIÓN NOS SERES VIVOS A relación é a función vital que permite aos organismos captar determinados cambios (estímulos) dentro ou fóra do seu corpo e responder o mellor posible. Elementos da función de Relación:  Estímulos: variacións do medio externo ou interno capaces de desencadenar unha resposta. Segundo a súa natureza poden ser: físicos (luz, Tª...), químicos como a presenza ou ausencia dunha substancia (auga, sales...) ou bióticos (influenciados por outros organismos). Ademais segundo a súa procedencia poden ser internos ou externos se teñen a súa orixe dentro ou fóra do corpo.
  • 5. 1. A RELACIÓN E A COORDINACIÓN NOS SERES VIVOS  Receptores: son estruturas que captan os estímulos. Nos animais, os receptores externos agrúpanse formando os órganos dos sentidos.  Coordinadores: órganos que reciben a información dos receptores. Encárgarse de interpretala e elaborar as respostas. Nos animais hai dous sistemas de coordinación: o sistema nervioso e o sistema endócrino ou hormonal.  Efectores: son as estruturas que levan a cabo as repostas elaboradas polos coordinadores. Son os músculos e as glándulas.
  • 6. A RESPOSTA A resposta é a acción ou accións que executa un organismo fronte a un estímulo. Nas plantas, soen ser máis lentas e relacionadas co crecemento. Nos animais, máis rápidas. Hai dous tipos de respostas:  Motora: supón un movemento e é levada a cabo polos músculos que son os efectores neste caso. P.e.: correr cando vemos que se vai o autobus.  Secretora: supón a produción dunha substancia, é dicir, unha secrección. Neste caso os efectores son as glándulas. P.e.: salivar cando vemos nun escaparate un alimento apetecible.
  • 7. Estímulos e respostas
  • 8. COMPORTAMENTO E ADAPTACIÓN O comportamento é o conxunto de respostas dun ser vivo fronte aos estímulos externos. Nas plantas case sempre está relacionado co crecemento dalgunha das súas partes. Nos animais é máis complexo e diferenciamos dous tipos:  Innato ou instintivo: debido a herdanza, o posúe o animal dende o seu nacemento e non require aprendizaxe. P.e: a succión das mamas nos mamíferos, os patiños que seguen a súa nai...  Adquirido ou aprendido: ven dado polo ambiente e é resultado dunha aprendizaxe. Este comportamneto é modificable. P.e: as pombas que escapan do ruido na praza ou o caso dos peixes do acuario... Todos os animais teñen capacidade de aprendizaxe o que varía é o grao de adqusición do mesmo porque esta capacidade relaciónase coa intelixencia.
  • 9. 2. RECEPTORES E ESTÍMULOS Os receptores son estruturas sensoriais que captan os estímulos. Atendendo a localización falamos de:  Exterorreceptores: sitúanse na superficie corporal e captan estímulos externos. Nos animais, como dixemos, forman os órganos dos sentidos. P.e.: os ollos, os ocelos, as antenas...  Interorreceptores: localízanse no interior do corpo e captan estímulos internos. P.e.: os receptores da dor (nociceptores), os receptores de posición das articulacións...
  • 10. 2. RECEPTORES E ESTÍMULOS Atendendo ao tipo de estímulo diferenciamos:  Receptores mecánicos: son os sensibles ao tacto, á presión, á dor, ao movemento e ao son. P.e.: o oído.  Receptores químicos: captan unha/s substancia/s no medio. P.e: as papilas gustativas de moitos vertebrados.  Receptores térmicos: perciben cambios de temperatura. P.e.: os repartidos pola pel nos vertebrados.  Receptores luminosos: reciben luz e permiten a visión. P.e: os ollos simples e compostos en moitos artrópodos.
  • 11. 3. SISTEMAS DE COORDINACIÓN Os sistemas de coordinación permiten aos organimos realizar simultaneamente múltiples funcións dun xeito coordinado.  As plantas coordinan as súas funcións mediante a produción de substancias químicas similares na súa forma de actuar ás hormonas chamadas fitohormonas.  Nos animais hai dous sistemas de coordinación: - Sistema Nervioso: que regula e coordina as funcións mediante impulsos nerviosos. Controla funcións que esixen respostas rápidas e pouco duraderas. - Sistema Endócrino: que exerce a súa regulación mediante a produción de hormonas que son vertidas ao sangue. Controla funcións que requiren resposta lentas, pero duradeiras.
  • 12. 3. SISTEMAS DE COORDINACIÓN En resumo: Características Sistema Nervioso Sistema Hormonal Vía utilizada Nervios Sangue Transmisión Impulso nervioso Hormonas Velocidade resposta Rápida Lenta Duración Curta Duradeira Funcións que regula As que esixen resposta rápidas: locomoción, actos reflexos... As que precisan respostas matidas no tempo: crecemento, metabolismo...
  • 13. 4. O SISTEMA NERVIOSO O sistema nervioso é o conxunto de órganos e estruturas nerviosas que coordina, recibe información dos receptores, inteprétaa e elabora respostas que levan a cabo os efectores. Sistema Nervioso de Invertebrados É máis sinxelo e destacan dous modelos de organización:  As redes nerviosas soen ser unha rede difusa que se distribúe polo corpo do animal, como nos celentéreos.  O sistema ganglionar formado por ganglios (agrupacións de neuronas) unidos por cordóns nerviosos. Os ganglios máis grandes concéntranse na cabeza constituíndo o cerebro. É típico de anélidos, moluscos e artrópodos.
  • 14. 4. O SISTEMA NERVIOSO Sistema Nervioso de Vertebrados Posúen sistemas máis complexos formados por centros nerviosos e nervios.  Centros nerviosos: son os órganos que reciben a información dos receptores, a interpretan, e elaboran respostas que envían aos efectores. Son o encéfalo e a médula espiñal.  Nervios: formados por fibras nerviosas (prolongacións das neuronas). Os nervios forman unha rede que transmite os impulsos nerviosos. Hai dous tipos de nervios: - Sensitivos: levan a información dende os receptores ata os centros nerviosos. - Motores: conducen a información dende os centros nerviosos ata os efectores ( músculos ou glándulas).
  • 15. Como son as neuronas? As neuronas teñen un corpo celular, onde se atopa o núcleo da célula. Arredor deste corpo celular hai numerosas ramificacións chamadas dendritas e unha prolongación longa chamada axón. A dirección do impulso sempre é dende as dendritas cara o axón.
  • 16. Funcionamento do sistema nervioso 1. Os receptores captan un estímulo e envían esta información mediante os nervios sensitivos cara os centros nerviosos (cerebro e médula espiñal). O estímulo pode ser unha imaxe, un son, un olor, dor... 2. O cerebro interpreta a información, elabora unha resposta e envíaa mediante os nervios motores cara os efectores (músculos ou glándulas). 3. Os músculos móvense ou as glándulas segregan unha substancia química.
  • 17. Funcionamento do sistema nervioso Cando as respostas son sinxelas, rápidas e involuntarias (o animal non é consciente) falamos dun acto reflexo. Habitualmente son accións reflexo evasivas ou defensivas fronte un perigo. P.e.: retirar a man cando tocamos unha pota quente. Sistema nervioso
  • 18. 5. O SISTEMA ENDÓCRINO O sistema endócrino está formado por unhas estruturas especializadas chamadas glándulas endócrinas. Estas glándulas producen hormonas que son substancias químicas que verten o sangue e actúan como mensaxeiros. As hormonas distribúense polo corpo e actúan en lugares específicos provocando unha resposta. Habitualmente teñen efectos máis lentos e prolongados no tempo. Algunhas accións reguladas deste xeito son os cambios na pubertade, a metamorfose nalgúns animais, o control dos niveis de azúcre en sangue...
  • 19. 6. O APARELLO LOCOMOTOR Nun animal, unha posible resposta fronte a un estímulo pode ser realizar un movemento. Para levar a cabo un movemento os animais dispoñen dun aparello especializado chamado aparello locomotor.  Aparello locomotor en invertebrados Moitos invertebrados posúen un exoesqueleto ríxido que os protexe, pero que a súa vez impide o crecemento do animal e dificulta o seu movemento. Os artrópodos resolven estes problemas con dúas solucións sinxelas: - Posúen mudas ao longo da súa vida que lles permiten cecer. - Teñen articulacións que lles permiten o movemento.
  • 20. 6. O APARELLO LOCOMOTOR Aparello locomotor en vertebrados Os vertebrados posúen un endoesqueleto ou esqueleto interno formado polos ósos que se unen mediante articulacións. As articulacións permiten o movemento duns ósos respecto os outros cando movemos uns órganos con capacidade de contraerse e relaxarse (os músculos). O esqueleto ademais de darnos forma, serve de mecanismo de ancoraxe para os músculos esqueléticos e de protección para determinados órganos (pulmóns, corazón, cerebro...). Os músculos únense aos ósos mediante unhas estruturas chamadas tendóns.
  • 21. 7. RESPOSTAS NAS PLANTAS As plantas carecen de:  Órganos sensoriais receptores de estímulos.  Aparello locomotor.  Sistema nervioso. A pesar desto, son capaces de percibir estímulos e respostar a eles. A maioría destas respostas son máis lentas que nos animais e relaciónanse con modificacións no crecemento. As plantas responden a distintos tipos de estímulos: luminosos, gravitacionais, mecánicos (táctiles), químicos, térmicos e hídricos. As respostas fronte estímulos externos poden ser tropismos ou nastias.
  • 22. 7. RESPOSTAS NAS PLANTAS Tropismos: respostas permanentes fronte a un estímulo que producen cambios na dirección de crecemento. Poden ser positivos se se producen cara o estímulo ou negativos se é o contrario. En canto ao tipo de estímulo podemos falar de:  Fototropismo: o estímulo é a luz. Os talos crecen cara a luz.  Xeotropismo: o estímulo é a gravidade. As raíces crecen cara á terra.  Tigmotropismo: o estímulo é táctil. As plantas enrólanse arredor dun soporte.  Hidrotropismo: o estímulo é a auga. As raíces crecen cara a auga.
  • 23. 7. RESPOSTAS NAS PLANTAS Nastias: son respostas pasaxeiras dalgúns órganos da planta fronte un estímulo externo. O movemento, a diferenza dos tropismos, prodúcese sempre na mesma dirección e son respostas máis rápidas. Son exemplos: - As flores do Don Diego de noite que se pechan ao anoitecer. - As follas da mimosa sensitiva que se pechan cando perciben un contacto. - O peche das follas nas plantas carnívoras para atrapar as presas.
  • 24. 7. RESPOSTAS NAS PLANTAS Hormonas vexetais ou fitohormonas Son substancias químicas que regulan as funcións que realizan as plantas. Neste caso as células que producen hormonas non se agrupan en glándulas. Estas células localízanse, frecuentemente, nos ápices do talo e das raíces e as súas hormonas son transportadas polos vasos condutores ao lugar onde van a actuar. As funcións destas fitohormonas son diversas: crecemento e división celula, xerminación, maduración dos froitos, floración, caída das follas, apertura de estomas...
  • 25. WEBGRAFÍA E BIBLIOGRAFÍA - Curtis, J. & Barnes, N.S. (2007): Invitación a la Biología, Editorial Médica Panamericana - Madrid Rangel, Miguel Ángel; Meléndez Hevia, Ignacio; Montes Aguilera, Margarita; Blanco Kroeger, Marcos; Vidal-Abarca, Eduardo e González García, Raquel. 2012. “Ciencias da Naturaza 2º ESO”. Santillana Obradoiro. Proxecto Os Camiños do Saber. Santiago de Compostela. www.biologia.edu.ar – cienciaaldia.wordpress.com genomasur.com  http://kopher.wordpress.com/2009/05/24/comportamiento-animal-y-tipos-de-aprendizaje/ www.monografias.com recursos.cnice.mec.es  recursostic.educacion.es  http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/2ESO/Reprodycoordinacion/c ontenidos10.htm www.soyunalbondiga.com   unsitioparalasciencias.overblog.com webs.uvigo.es 

×