Os ecosistemas

907 views

Published on

Primeira parte do tema de Ecosistemas para 2º de ESO. Compoñentes dun ecosistema. Factores bióticos e abióticos. Ecosistemas terrestres e acuáticos.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
907
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
99
Actions
Shares
0
Downloads
14
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Os ecosistemas

  1. 1. 28/03/14 http://open-office.es 1 OS ECOSISTEMAS Profesor: Adán Gonçalves
  2. 2. 28/03/14 http://open-office.es 2 1. INTRODUCIÓN
  3. 3. 28/03/14 http://open-office.es 3 1. INTRODUCIÓN O jeep detívose no corazón do parque do Serengeti (Tanzania). Dende o vehículo contemplábase a inmensidade da sabana africana na que centos de animais herbívoros (ñús, gacelas,cebras...) comían a abundante herba. Un dos biólogos do parque, o doutor De la Fuente, díxolle aos investigadores en prácticas- sabedes que” Serengeti” significa na lingua Masai “chaira sen fin”?. De feito, o parque posúe uns 13000 Km2 e nel habitan algunhas das máis grandes manadas de herbívoros do mundo. Estos animais migran estacionalmente (ata un millón e medio de ñúes, douscentas cincuenta mil cebras e medio millón de gacelas Thomson) en dirección a reserva Masai- Mara, en Kenia, percorrendo uns 2700 Km. na estación seca, de maio a outubro, na procura de pastos frescos e non regresarán ata o inicio da estación húmida a finais de outubro-. Doutor, segundo din os nativos este ano as chuvias foron especialmente abundantes- comentou un dos investigadores-como cre que afectará isto ó ecosistema?. Teño a esperanza de que axude na recuperación das poboacións de leóns e guepardos tras anos de descensos poboacionais, nalgúns casos chegando a estar por debaixo dos 2000 individuos para os leóns e dos 90 exemplares no caso dos guepardos-indicou De La Fuente-.
  4. 4. 28/03/14 http://open-office.es 4 Cuestións: 1) Por que se produce a migración dos herbívoros? 2) Por que pensa o doutor que un ano de boas chuvias permitirá recuperar as poboacións de felinos do parque? 3) Cal pensas que é a razón de que haxa un número maior de gacelas que de guepardos? 1. INTRODUCIÓN
  5. 5. 28/03/14 http://open-office.es 5  A EcoloxíaEcoloxía é a ciencia que estuda as relacións dos seres vivos co medio ambiente no que habitan.  Todos os seres vivos pertencen a algunha especieespecie, é dicir, cada un dos tipos de seres vivos que existen.  Os individuos dunha especie normalmente non están illados, senón que habitan un área determinada formando unha poboaciónpoboación.  Polo xeral, as poboacións tampouco están illadas. O conxunto de poboacións de distintas especies que comparten un territorio e establecen relacións entre elas denomínase comunidade ou biocenosecomunidade ou biocenose.  O territorio ocupado por unha biocenose e que presenta unhas características físicas e climáticas chámase biotopobiotopo. 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS
  6. 6. 28/03/14 http://open-office.es 6  O conxunto formado pola biocenose (os seres vivos) e o biotopo (medio físico onde se asentan) é un ecosistemaecosistema.  Os ecosistemas non teñen límites definidos. Podemos considerar o estudo do ecosistema dunha bosta de vaca ou ampliar o estudo ó prado onde se encontra. De feito,ampliando, a nosa observación a Terra constitúe por si mesma un enorme ecosistema que chamamos EcosferaEcosfera e a súa biocenose é a BiosferaBiosfera. En conclusión, os compoñentes dun ecosistema son a súa comunidade biolóxica (biocenose) e o lugar onde se asenta (biotopo). Por iso, os factores dun ecosistema poden ser bióticos ( referidos aos seres vivos) ou abióticos ( referidos ó medio físico no que os atopamos). 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS
  7. 7. 28/03/14 http://open-office.es 7 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS COMPOÑENTESCOMPOÑENTES DUNDUN ECOSISTEMAECOSISTEMA Os ecosistemas Biótopo (medio físico) Biocenose (comunidade biolóxica)
  8. 8. 28/03/14 http://open-office.es 8 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS FACTORES DUN ECOSISTEMA BIÓTICOS ABIÓTICOS
  9. 9. Os compoñentes dun ecosistema • ECOSISTEMA = +BIOCENOSE BIOTOPO Factores bióticos Factores abióticos
  10. 10. 28/03/14 http://open-office.es 10 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS Algúns factores abióticos poden ser:  A temperatura  A luz  A humidade  A salinidade  A presión  A cantidade de osíxeno  A estacionalidade  O substrato onde viven os organismos (fondo arenoso ou rochoso, solo pobre ou fértil...)
  11. 11. 28/03/14 http://open-office.es 11 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS Observa as distintas imaxes de ecosistemas e indica cales pensas que son os factores abióticos máis relevantes en cada caso. IMAXE 1
  12. 12. 28/03/14 http://open-office.es 12 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS IMAXE 2 IMAXE 3 IMAXE 4 IMAXE 5 IMAXE 6 IMAXE 7
  13. 13. 28/03/14 http://open-office.es 13 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS IMAXE 8 IMAXE 9 IMAXE 10
  14. 14. 28/03/14 http://open-office.es 14 2.2. OS SERES VIVOS: FACTORES BIÓTICOS Os factores bióticos dun ecosistema son os seres vivos (biocenose ou comunidade) que nos atopamos nese ecosistema e as asociacións ou relacións que establecen entre sí. Podemos falar de dous tipos de asociacións: intraespecíficas (entre individuos da mesma especie) e interespecíficas (entre individuos de distintas especies). ACTIVIDADE: Pensade durante 5 minutos en asociacións entre seres vivos que podemos atoparnos na natureza. Imaxina como se poden relacionar individuos da mesma e de distintas especies.
  15. 15. 28/03/14 http://open-office.es 15 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS Entre organismos da mesma especie:  FAMILIA:FAMILIA: conxunto de individuos con alto grao de parentesco que conviven e se axudan mutuamente no coidado das crías, a obtención do alimento e/ou a defensa. Ex. Leóns  COLONIAL:COLONIAL: constituidas por organismos unidos e comunicados entre eles orixinados todos a partir dun mesmo proxenitor. Ex. Corais.  GREGARIA:GREGARIA: reunión de individuos de distintas familias para conseguir un obxectivo concreto. Ex. Banco de peixes, manada de ñúes.  SOCIEDADE:SOCIEDADE: está integrada por individuos que presentan diferencias anatómicas e fisiolóxicas e entre os cales existe división do traballo. Ex. Abellas, formigas, termitas.  COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA:COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA: todos os individuos dunha especie loitan entre sí polos recursos do medio .Ex. Loita polo alimento, loita dos machos polas femias, loita polo espacio...
  16. 16. 28/03/14 http://open-office.es 16 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS FAMILIAFAMILIA
  17. 17. 28/03/14 http://open-office.es 17 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS COLONIACOLONIA
  18. 18. 28/03/14 http://open-office.es 18 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS GREGARISMOGREGARISMO
  19. 19. 28/03/14 http://open-office.es 19 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS SOCIEDADESOCIEDADE Tamaño: Obreiras, raíña e zánganosTamaño: Obreiras, raíña e zánganos
  20. 20. 28/03/14 http://open-office.es 20 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS COMPETENCIA INTRAESPECÍFICACOMPETENCIA INTRAESPECÍFICA
  21. 21. 28/03/14 http://open-office.es 21 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS Son as que se establecen entre individuos de distintas especies.  COMPETENCIA INTERESPECÍFICA:COMPETENCIA INTERESPECÍFICA: individuos de distintas especies loitan por un recurso (alimento ou espazo). p.e. O coello e a lebre.  DEPREDACIÓN:DEPREDACIÓN: o individuo dunha especie (presa) serve de alimento ó de outra especie. (predador) p.e.: a foca e os peixes.  MUTUALISMO:MUTUALISMO: individuos de distintas especies que se relacionan e obteñen un beneficio mutuo. Cando a relación perpetúase no tempo e hai dependencia, fálase de simbiose.simbiose. p.e. Un líque.
  22. 22. 28/03/14 http://open-office.es 22 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS  PARASITISMO:PARASITISMO: relación entre individuos de distintas especies, na que un individuo (parásito) vive a expensas da outra (hóspede), pero sen darlle morte, polo menos de xeito inmediato. p.e. Unha carracha e un can.  COMENSALISMO:COMENSALISMO: unha soa das especies (comensal) benefíciase, sen que a outra (hóspede) resulte afectada pola súa presenza ou acción. p.e. A quenlla e a rémora.
  23. 23. 28/03/14 http://open-office.es 23 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS COMPETENCIACOMPETENCIA INTERESPECÍFICAINTERESPECÍFICA
  24. 24. 28/03/14 http://open-office.es 24 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS DEPREDACIÓNDEPREDACIÓN http://verdeesvida-utilizalas3r.blogspot.com/
  25. 25. 28/03/14 http://open-office.es 25 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS MUTUALISMOMUTUALISMO (SIMBIOSE)(SIMBIOSE) http://elrenglon.com/mutualismo-y- simbiosis.php http://www.moonmentum.com/blog/ navio/evolucion-y-simbiosis
  26. 26. 28/03/14 http://open-office.es 26 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS PARASITISMOPARASITISMO ACCÉSIT RELACIONES INTERESPECÍFICASACCÉSIT RELACIONES INTERESPECÍFICAS Juan Carlos Martínez - ParasitismoJuan Carlos Martínez - Parasitismo
  27. 27. 28/03/14 http://open-office.es 27 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS COMENSALISMOCOMENSALISMO http://cuartodediver.blogspot.com/2009/02/comen salismo-pez-remona-y-tiburon.html http:imedea//www..uib.es/bc/gep/images/stories/ news/ buitre%20basurero%20camia.jpg
  28. 28. 3. HÁBITAT E NICHO ECOLÓXICO  Hábitat:Hábitat: é o lugar físico onde viven os individuos dunha especie.  Nicho ecolóxico:Nicho ecolóxico: é o papel que desempeña a especie no ecosistema. Dúas especies poden compartir o mesmo hábitat, pero non soen ocupar o mesmo nicho ecolóxico. Se o ocupan entran en competencia e unha delas pode desaparecer. O nicho ecolóxico dun organismo é o resultado da adaptación ao ambiente en que vive.
  29. 29. Hábitat e Nicho ecolóxico Mesmo hábitat, pero diferente nicho. Se as condiciones ambientales cambian, os organismos poden cambiar o seu nicho. Competidores
  30. 30. 28/03/14 http://open-office.es 30 4. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS FLUXO DA ENERXÍA A enerxía utilizada polos seres vivos provén do SOLSOL en último termo. A través da fotosíntese as plantas e algas obteñen a enerxía do sol e almacenan a súa propia materia orgánica.  Os animais conseguen enerxía ó alimentarse de plantas ou doutros animais.  Esta enerxía de plantas e animais emprégase en distintos procesos (respirar, moverse, xerar calor, medrar, reproducirse...).
  31. 31. 28/03/14 http://open-office.es 31 4. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS Esta enerxía empregada deixa de estar dispoñible para os seres vivos. Polo que a enerxía que atravesa un ecosistema é UNIDIRECCIONALUNIDIRECCIONAL FLUXO DA MATERIA A materia orgánica morta é transformada en materia inorgánica por algúns microorganismos (fungos e bacterias). Esta materia inorgánica é aproveitada polos autótrofos que xeran nova materia orgánica que será o alimento dos heterótrofos.
  32. 32. 28/03/14 http://open-office.es 32 4. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS  Cando morren os autótrofos e os heterótrofos, son transformados en materia inorgánica polos microorganismos; e de novo comeza o ciclo. Polo tanto, o fluxo de materia nun ecosistema é UN CICLO PECHADOUN CICLO PECHADO
  33. 33. 28/03/14 http://open-office.es 33 4.1. NIVEIS TRÓFICOS O conxunto de organismos que obteñen alimento (materia e enerxía) de xeito similar constitúen un nivel tróficonivel trófico. Podemos diferenciar tres niveis tróficos: • PRODUTORES:PRODUTORES: son os autótrofos (básicamente plantas e fitoplancto) que captan a enerxía solar, e mediante a fotosíntese, a empregan en obter materia orgánica a partir de materia inorgánica. • CONSUMIDORES:CONSUMIDORES: son principalmente os animais, que obteñen a materia e a enerxía alimentándose doutros animais ou plantas.
  34. 34. 28/03/14 http://open-office.es 34 4.1. NIVEIS TRÓFICOS Os consumidores poden ser:  Consumidores primarios (herbívoros):Consumidores primarios (herbívoros): aliméntanse dos produtores. p.e..: elefantes, antílopes, roedores...  Consumidores secundarios (carnívoros):Consumidores secundarios (carnívoros): aliméntanse dos primarios p.e.: lobos, leóns, paxaros insectívoros...  Consumidores terciarios:Consumidores terciarios: aliméntanse dos secundarios. • p.e.: algunhas serpes, aves rapaces... As veces, podemos falar incluso de consumidores cuaternariosconsumidores cuaternarios que se alimen tan dos terciarios, aínda que rara vez é dun xeito exclusivo. p.e. O home, algunhas rapaces e peixes grandes e en xeral grandes super- predadores.
  35. 35. 28/03/14 http://open-office.es 35  DESCOMPOÑEDORES:DESCOMPOÑEDORES: son as bacterias e os fungos que transforman os restos orgánicos e inorgánicos (cadáveres, excrementos...) en materia útil para os produtores. 4.1. NIVEIS TRÓFICOS
  36. 36. 28/03/14 http://open-office.es 36 4.2. CADEAS TRÓFICAS Unha cadea tróficacadea trófica é a representación lineal das relacións alimentarias que se dan entre os distintos niveis tróficos.
  37. 37. 28/03/14 http://open-office.es 37 4.3. REDES TRÓFICAS Como na natureza é habitual que un consumidor se alimente de máis dunha especie do nivel inferior e ésta a súa vez serve de alimento a varias do nivel superior. As cadeas tróficas teñen conexións entre sí. A representación de todas estas relacións denomínase rede tróficarede trófica.
  38. 38. 28/03/14 http://open-office.es 38 5. BIOMAS: OS ECOSISTEMAS DA TERRA Un biomabioma é un conxunto de comunidades que ocupan unha área cunhas características xeográficas e climáticas determinadas. Podemos diferenciar entre biomas terrestres e acuáticos. Os grandes biomas distribúense dun xeito uniforme no planeta dependendo da latitude e da altitude, é dicir, das características climáticas.
  39. 39. Zona fría Zona fría Zona templada Zona templada Zonacálida Ecuador Trópico de Cáncer Trópico de Capricornio ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA
  40. 40. BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS Deserto polar e tundra Taiga BIOMAS DE CLIMAS TEMPLADOS Bosque caducifolio Bosque mediterráneo Estepa Deserto Sabana Selva tropical BIOMAS DE CLIMAS CÁLIDOS 4.1. BIOMAS TERRESTRES
  41. 41. 4.1. BIOMAS TERRESTRES Desertos fríos:Desertos fríos: Os polos. Xeos permanentes. Baixas precipitacións e temperaturas. Fauna característica: pinguíns (hemisferio sur) e oso polar (hemisferio norte). Sen vexetación.
  42. 42. 4.1. BIOMAS TERRESTRES Tundra:Tundra: Temperaturas baixas e escasas precipitacións Solo conxelado (permafrost) Flora: brións e liques e algunhas herbaceas e gramíneas. Fauna: lemmings, raposo ártico, reno, lobo gris, perdiz nival...
  43. 43. 4.1. BIOMAS TERRESTRES Taiga:Taiga: Precipitacións abundantes en forma de neve. Invernos longos e fríos. Bosque de coníferas: abetos, piñeiros e piceas. Fauna: lince, oso, alce, reno, lebre ártica, lobo.
  44. 44. 4.1. BIOMAS TERRESTRES Estepas:Estepas: Chuvias escasas e irregulares. Veráns secos e calurosos e invernos longos e fríos. Flora: herbáceas (gramíneas) e árbores dispersos. Fauna: bisontes, gacelas, cabalos salvaxes, grandes rapaces, réptiles coiotes.
  45. 45. 4.1. BIOMAS TERRESTRES Bosque caducifolio:Bosque caducifolio: Chuvias abundantes todo ano. Estacións marcadas. Bosques de carballos, faias e castiñeiros. (Bosque atlántico) Fauna: oso, raposo, gato montés, lobo, esquío, porco bravo, rapaces nocturnas.
  46. 46. 4.1. BIOMAS TERRESTRES Bosque mediterráneo:Bosque mediterráneo: Clima mediterráneo (3 meses de sequía estival). Mediterráneo, e zonas de Chile, Sudáfrica e Australia. Flora: Sobreiras, aciñeiras, matogueiras e plantas aromáticas (romeiro, tomillo...) Fauna: corzos, xabaríns, coellos, réptiles, insectos, xenetas, gran variedade de aves.
  47. 47. 4.1. BIOMAS TERRESTRES Desertos cálidos:Desertos cálidos: Escasez de chuvias. Diferenza marcada de temperatura día-noite. Vexetación xerofítica (adaptada a falta de auga): cactos e euforbias. Fauna: camelos, dromedarios, lagartos, canguros...
  48. 48. 4.1. BIOMAS TERRESTRES Sabana:Sabana: Altas temperaturas con pouca variación anual. Precipitacións moi irregulares (estación seca longa e húmida curta). Flora: herbas, matogueiras e algunha árbore (acacias). Fauna: gacela, ñús, cebras, leóns, guepardos, leopardos, elefantes.
  49. 49. 4.1. BIOMAS TERRESTRES Bosque tropical e ecuatorial:Bosque tropical e ecuatorial: No ecuador e arredores. Precipitacións moi abundantes (no tropical unha estación máis seca). Flora: típicas selvas. Lianas, grandes árbores de folla perenne. Fauna: gorilas, chimpances, monos aulladores, tucáns, anacondas, iguanas.
  50. 50. 28/03/14 http://open-office.es 50 4.2. BIOMAS ACUÁTICOS Básicamente dous: Mariños e de auga doce
  51. 51. 28/03/14 http://open-office.es 51 4.2. BIOMAS ACUÁTICOS Ecosistemas mariños:Ecosistemas mariños: Formados polas augas de mares e océanos. Básicamente dúas zonas: Zona peláxica: comprende dous ambientes nerítico (cercano a costa) e oceánico (mar aberto). Nas zonas iluminadas abunda o plancto e os organismos nadadores. Zona abisal: Por debaixo dos 4000 m de profundidade. Ausencia de luz e grandes presións. Organismos bentónicos (do fondo) e peixes peláxicos adaptados a estas condicións.
  52. 52. 28/03/14 http://open-office.es 52 cienciasnaturales2mcrespo.blogspot.com
  53. 53. 28/03/14 http://open-office.es 53 4.2. BIOMAS ACUÁTICOS Ecosistemas de augas doce:Ecosistemas de augas doce: Dous tipos: Augas correntes: ríos e torrentes. Organismos adaptados as fortes correntes nos cursos altos. No curso baixo animais filtradores e vexetación acuática. Augas estancadas: lagos, charcas e pantanos. Tres zonas: - Litoral: na beira. Ben iluminada. Abundan as algas, aves, anfibios, insectos, plantas acuáticas (xuncos)... - Augas libres: afastada da beira, pero ben iluminada. Predominan os peixes o fitoplancto e os crustáceos. - Profunda: lonxe da beira e mal iluminada. Sen vexetais e co pouco osíxeno. Hai bacterias, bivalvos, anélidos, algúns peixes e larvas de insectos.
  54. 54. 28/03/14 http://open-office.es 54 www.jmarcano.com
  55. 55. GRAZAS POR ATENDERME
  56. 56. 28/03/14 http://open-office.es 56 ANEXO: ACTIVIDADES INTERACTIVAS PROXECTO BIOSFERAPROXECTO BIOSFERA: http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/2ESO/Energia_ecosistemas/actividades.htm

×