SlideShare a Scribd company logo
1 of 24
Os muíños
Grupo 1:
•Xana Rodríguez
•Pablo Otero
•Iván López
•David Fernández
•Carmen Pavón
•Ana García
•Iria Rivas
Que é un muíño?
Un muíño é un artefacto ou máquina que serve para moer usando a
forza do vento ou da auga. É unha das mostras de arquitectura popular
que máis abunda na paisaxe galega. Forma parte do conxunto de
construcións adicadas á fabricación dun elemento básico da alimentación: o
pan. Deste xeito o muíño posúe un evidente valor no plano económico; pero,
ademais, xoga un importante papel nas relacións sociais da Galicia rural.
Muíños de río
Nestes muíños, que podían estar en funcionamento case continuamente,
aprovéitase con moita facilidade a auga que transcorre polo río, xa que é
abundante. Nun lugar apropiado realízase unha presa e ao saír a auga dela,
move cun sinxelo mecanismo as pedras do muíño.
Muíños de marea ou de ría
Os muíños de marea eran inxenios destinados á molturación dos cereais
(fariña de trigo) e moenda de sal que aproveitan as subidas da marea para
encher a presa e despois esta sóltase para mover o sistema do muíño.
Durante séculos foron construidos ao longo da costa atlántica europea
(Holanda, Gran Bretaña, Francia, Portugal e España), localizados
principalmente nos caños, canles e ríos, onde a enerxía potencial das
mareas era máxima, o que lles permitía funcionar durante unhas seis horas
por cada ciclo preamar-baixamar.
Muíños de caldeiro
A súa principal dificultade está en envasar a auga, xa que ao dispoñer de
pouca por tratarse de vales con regatos ou pequenos ríos, utilízase un
caldeiro ou pozo, xunto á casa ou na mesma casa, cunha profundidade de
10 a 11 metros. Unha vez cheo o caldeiro e o cauce que o acompaña
(tarda unhas tres horas), podíase moer durante unha hora.
Outros muíños
• Muíños de aceite: en Galicia este tipo de
muíños construíronse en lugares onde as
características climatolóxicas permitiron a
introdución dunha especie mediterránea como é
a oliveira.
• Muíños da casca: neles moíase a cortiza de
certas árbores que logo se utilizaba no curtido
de peles ou para encasca-las redes.
Partes dun muíño
• Presa, guiar ou ceña: é unha parede
construída con pedras grandes que se
emprega cando o muíño non se atopa no
álveo natural do río e serve para leva-la
auga ata el.
• Gavada, gavia ou loada: rego feito na
terra para conduci-la auga dende a presa
ata o muíño.
Partes dun muíño
• Canle: é un depósito vertical onde se almacena
a auga que vén da gavada e serve para
aumenta-la presión desta cando o caudal é
pequeno.
• Edificio do muíño: serve para acubilla-los
mecanismos de trituración do gran e sitúase
un pouco por riba do nivel do río. É unha
construcción normalmente de forma cadrada
ou rectangular con muros de cachotería de
granito ou xisto e cuberta construída sobre
unha armazón de madeira.
Partes dun muíño
No seu interior, e de abaixo arriba, podemos
diferencia-los seguintes elementos mecánicos:
• INFERNO: cavidade que acubilla o rodicio.
Está formado por dúas paredes laterais, unha
delas cun pequeno oco para o billote e a parte
frontal, chamada sartén. Nesta hai outro oco
(ou ocos) que serve para dar saída á auga
despois de move-lo rodicio.
Partes dun muíño
• TREMIÑADO: situado enriba do inferno, é o
espacio onde se leva a cabo a moenda. A súa
planta divídese en dúas partes: unha co piso
de madeira, de pedra ou terreo, e outra que
leva unhas grosas pedras de gran que salvan a
distancia que hai entre os muros laterais do
inferno e soportan o peso do pé e da moa.
Partes dun muíño
• RODA: é o elemento que pon en movemento a
peza de moer. Pode ser horizontal ou vertical;
no primeiro caso chámase rodicio e, no
segundo, bruia.
• O rodicio: polo xeral é de madeira ou de
ferro, cunha serie de aspas en forma de culler
e dispostas radialmente chamadas penas.
Estas ó recibi-la presión da auga póñeno en
movemento. Un eixe transmite este
movemento á peza de moer.
Partes dun muíño
• A bruia é de maiores dimensións que a
anterior e está fixada a un eixe
horizontal que fai chega-lo seu
movemento á peza de moer a través
dunha engrenaxe que transforma a
rotación vertical da roda nunha rotación
horizontal.
Partes dun muíño
• PEZA DE MOER: situada no interior do
edificio, componse de varias partes:
A moega: é unha caixa de madeira en
forma de pirámide invertida. Está
aberta pola parte superior, para poder
bota-lo gran, e pola inferior, para que os
cereais caian nunha canle, tamén de
madeira, chamada quenlla ou adella.
Partes dun muíño
• PÉ: é unha peza de pedra de forma circular,
fixa, moi sólida, sobre a que se coloca a moa,
tamén de pedra, pero de menor tamaño e
móbil. Ó xirar desfai o gran contra o pé. Das
xuntas da moa e do pé sae a fariña que vai
caer nun lugar chamado farneiro.
• A quenlla regula a caída dos cereais e diríxeo
cara ó ollo da moa, situado no seu centro. Por
el o cereal métese entre a moa e o pé.
Partes dun muíño
O noso muíño
• Este muíño foi construído no ano 1870 e,
segundo o noso muiñeiro, xa pasou por varias
mans.
O muiñeiro
• Chámase Edelmiro e contounos que levaba
corenta e catro anos no muíño e que lle gusta
moito o seu traballo.
Muíño de trigo
Explicounos como funcionaba e as súas partes.
Ten dúas pedras, a de abaixo chámase pé e é
fixa; a de enriba chámase capa e é móvil.
Muíño de trigo
• Tamén vimos a muxega, que é onde se vai
botando o trigo para despois moer. Esta leva
un pau que se chama trate.
Muíño de trigo
• A peneira, outra parte do muíño, está en
movemento e serve para separar a fariña, o
máis fino, do salvado, que é máis gordo e serve
de alimento para os animais.
Muíño de trigo
• Ensinounos como a auga facía que funcionase o
muíño e tamén nos mostrou o rodicio.
Muíño de maíz
• Á parte do muíño de trigo, tamén nos
ensinaron un muíño de maíz.
Muíño de maíz
• É moi similar ao muíño de trigo, só que este
moía maíz e non producía salvado, xa saía a
fariña directamente.
• E aproveitamos a nosa visita ao muíño para
desfrutar e sacar unhas fotiños co noso gran
muiñeiro, Edelmiro.

More Related Content

Similar to Muíños grupo 1 corrixido

Usos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa culturaUsos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa culturaRATIBRON
 
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01LOPEZMOURENZA
 
Traballo muiños kevin
Traballo muiños kevinTraballo muiños kevin
Traballo muiños kevinsatelite1
 
Muíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-CambadosMuíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-Cambadosmonadela
 
A agricultura en Galiza (traballos)
A agricultura en Galiza (traballos)A agricultura en Galiza (traballos)
A agricultura en Galiza (traballos)monadela
 
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02LOPEZMOURENZA
 
A agricultura en Galiza (construcións)
A agricultura en Galiza  (construcións)A agricultura en Galiza  (construcións)
A agricultura en Galiza (construcións)monadela
 
Muíño de marea a seca
Muíño de marea a secaMuíño de marea a seca
Muíño de marea a secaiesasorey
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augamonadela
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da augaiesasorey
 
Muíños de Ponte Goiáns
Muíños de Ponte GoiánsMuíños de Ponte Goiáns
Muíños de Ponte GoiánsPILI
 
A Ría de Pontevedra
A Ría de PontevedraA Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedracigformacion
 
Traballo dos muíños
Traballo dos muíñosTraballo dos muíños
Traballo dos muíñosPILI
 
A paisaxe 2
A paisaxe 2A paisaxe 2
A paisaxe 2mteribg
 

Similar to Muíños grupo 1 corrixido (19)

Usos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa culturaUsos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa cultura
 
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01
 
Muiñeiros
Muiñeiros Muiñeiros
Muiñeiros
 
Traballo muiños kevin
Traballo muiños kevinTraballo muiños kevin
Traballo muiños kevin
 
Muíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-CambadosMuíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-Cambados
 
A agricultura en Galiza (traballos)
A agricultura en Galiza (traballos)A agricultura en Galiza (traballos)
A agricultura en Galiza (traballos)
 
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
 
A agricultura en Galiza (construcións)
A agricultura en Galiza  (construcións)A agricultura en Galiza  (construcións)
A agricultura en Galiza (construcións)
 
Muíño de marea a seca
Muíño de marea a secaMuíño de marea a seca
Muíño de marea a seca
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
 
Couselo
CouseloCouselo
Couselo
 
Un muiño
Un muiñoUn muiño
Un muiño
 
Muíños
MuíñosMuíños
Muíños
 
Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
Muíños de Ponte Goiáns
Muíños de Ponte GoiánsMuíños de Ponte Goiáns
Muíños de Ponte Goiáns
 
A Ría de Pontevedra
A Ría de PontevedraA Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
 
Traballo dos muíños
Traballo dos muíñosTraballo dos muíños
Traballo dos muíños
 
A paisaxe 2
A paisaxe 2A paisaxe 2
A paisaxe 2
 

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 

Muíños grupo 1 corrixido

  • 1. Os muíños Grupo 1: •Xana Rodríguez •Pablo Otero •Iván López •David Fernández •Carmen Pavón •Ana García •Iria Rivas
  • 2. Que é un muíño? Un muíño é un artefacto ou máquina que serve para moer usando a forza do vento ou da auga. É unha das mostras de arquitectura popular que máis abunda na paisaxe galega. Forma parte do conxunto de construcións adicadas á fabricación dun elemento básico da alimentación: o pan. Deste xeito o muíño posúe un evidente valor no plano económico; pero, ademais, xoga un importante papel nas relacións sociais da Galicia rural.
  • 3. Muíños de río Nestes muíños, que podían estar en funcionamento case continuamente, aprovéitase con moita facilidade a auga que transcorre polo río, xa que é abundante. Nun lugar apropiado realízase unha presa e ao saír a auga dela, move cun sinxelo mecanismo as pedras do muíño.
  • 4. Muíños de marea ou de ría Os muíños de marea eran inxenios destinados á molturación dos cereais (fariña de trigo) e moenda de sal que aproveitan as subidas da marea para encher a presa e despois esta sóltase para mover o sistema do muíño. Durante séculos foron construidos ao longo da costa atlántica europea (Holanda, Gran Bretaña, Francia, Portugal e España), localizados principalmente nos caños, canles e ríos, onde a enerxía potencial das mareas era máxima, o que lles permitía funcionar durante unhas seis horas por cada ciclo preamar-baixamar.
  • 5. Muíños de caldeiro A súa principal dificultade está en envasar a auga, xa que ao dispoñer de pouca por tratarse de vales con regatos ou pequenos ríos, utilízase un caldeiro ou pozo, xunto á casa ou na mesma casa, cunha profundidade de 10 a 11 metros. Unha vez cheo o caldeiro e o cauce que o acompaña (tarda unhas tres horas), podíase moer durante unha hora.
  • 6. Outros muíños • Muíños de aceite: en Galicia este tipo de muíños construíronse en lugares onde as características climatolóxicas permitiron a introdución dunha especie mediterránea como é a oliveira. • Muíños da casca: neles moíase a cortiza de certas árbores que logo se utilizaba no curtido de peles ou para encasca-las redes.
  • 7. Partes dun muíño • Presa, guiar ou ceña: é unha parede construída con pedras grandes que se emprega cando o muíño non se atopa no álveo natural do río e serve para leva-la auga ata el. • Gavada, gavia ou loada: rego feito na terra para conduci-la auga dende a presa ata o muíño.
  • 8. Partes dun muíño • Canle: é un depósito vertical onde se almacena a auga que vén da gavada e serve para aumenta-la presión desta cando o caudal é pequeno. • Edificio do muíño: serve para acubilla-los mecanismos de trituración do gran e sitúase un pouco por riba do nivel do río. É unha construcción normalmente de forma cadrada ou rectangular con muros de cachotería de granito ou xisto e cuberta construída sobre unha armazón de madeira.
  • 9. Partes dun muíño No seu interior, e de abaixo arriba, podemos diferencia-los seguintes elementos mecánicos: • INFERNO: cavidade que acubilla o rodicio. Está formado por dúas paredes laterais, unha delas cun pequeno oco para o billote e a parte frontal, chamada sartén. Nesta hai outro oco (ou ocos) que serve para dar saída á auga despois de move-lo rodicio.
  • 10. Partes dun muíño • TREMIÑADO: situado enriba do inferno, é o espacio onde se leva a cabo a moenda. A súa planta divídese en dúas partes: unha co piso de madeira, de pedra ou terreo, e outra que leva unhas grosas pedras de gran que salvan a distancia que hai entre os muros laterais do inferno e soportan o peso do pé e da moa.
  • 11. Partes dun muíño • RODA: é o elemento que pon en movemento a peza de moer. Pode ser horizontal ou vertical; no primeiro caso chámase rodicio e, no segundo, bruia. • O rodicio: polo xeral é de madeira ou de ferro, cunha serie de aspas en forma de culler e dispostas radialmente chamadas penas. Estas ó recibi-la presión da auga póñeno en movemento. Un eixe transmite este movemento á peza de moer.
  • 12. Partes dun muíño • A bruia é de maiores dimensións que a anterior e está fixada a un eixe horizontal que fai chega-lo seu movemento á peza de moer a través dunha engrenaxe que transforma a rotación vertical da roda nunha rotación horizontal.
  • 13. Partes dun muíño • PEZA DE MOER: situada no interior do edificio, componse de varias partes: A moega: é unha caixa de madeira en forma de pirámide invertida. Está aberta pola parte superior, para poder bota-lo gran, e pola inferior, para que os cereais caian nunha canle, tamén de madeira, chamada quenlla ou adella.
  • 14. Partes dun muíño • PÉ: é unha peza de pedra de forma circular, fixa, moi sólida, sobre a que se coloca a moa, tamén de pedra, pero de menor tamaño e móbil. Ó xirar desfai o gran contra o pé. Das xuntas da moa e do pé sae a fariña que vai caer nun lugar chamado farneiro. • A quenlla regula a caída dos cereais e diríxeo cara ó ollo da moa, situado no seu centro. Por el o cereal métese entre a moa e o pé.
  • 16. O noso muíño • Este muíño foi construído no ano 1870 e, segundo o noso muiñeiro, xa pasou por varias mans.
  • 17. O muiñeiro • Chámase Edelmiro e contounos que levaba corenta e catro anos no muíño e que lle gusta moito o seu traballo.
  • 18. Muíño de trigo Explicounos como funcionaba e as súas partes. Ten dúas pedras, a de abaixo chámase pé e é fixa; a de enriba chámase capa e é móvil.
  • 19. Muíño de trigo • Tamén vimos a muxega, que é onde se vai botando o trigo para despois moer. Esta leva un pau que se chama trate.
  • 20. Muíño de trigo • A peneira, outra parte do muíño, está en movemento e serve para separar a fariña, o máis fino, do salvado, que é máis gordo e serve de alimento para os animais.
  • 21. Muíño de trigo • Ensinounos como a auga facía que funcionase o muíño e tamén nos mostrou o rodicio.
  • 22. Muíño de maíz • Á parte do muíño de trigo, tamén nos ensinaron un muíño de maíz.
  • 23. Muíño de maíz • É moi similar ao muíño de trigo, só que este moía maíz e non producía salvado, xa saía a fariña directamente.
  • 24. • E aproveitamos a nosa visita ao muíño para desfrutar e sacar unhas fotiños co noso gran muiñeiro, Edelmiro.