• Like
Diversidade dos seres vivos
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

Published

Descrición de distintos aspectos da Biodiversidade. Distribución. Perda de Biodiversidade.Importancia. Conservación.Adaptacións.Datos e situación actual. A Biodiversidade en España. Endemismos. …

Descrición de distintos aspectos da Biodiversidade. Distribución. Perda de Biodiversidade.Importancia. Conservación.Adaptacións.Datos e situación actual. A Biodiversidade en España. Endemismos. Catálogo de especies ameazadas en España.1º Bacharelato.

Published in Education
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
202
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
16
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. Profesor: Adán Gonçalves
  • 2. 1. QUE É A BIODIVERSIDADE? O termo “biodiversidade” foi acuñado polo biólogo Edward O. Wilson no Foro Nacional sobre Diversidade Biolóxica de Estados Unidos de 1985. Podemos definila, de xeito sinxelo, como a diversidade de seres vivos que habitaron e habitan este planeta. Tras o Convenio sobre diversidade biolóxica de 1992, en Río de Xaneiro, o termo ampliou o seu significado facendo referencia a tres conceptos:  Diversidade Xenética: o acervo xenético de cada especie.  Diversidade de Especies: todas as especies.  Diversidade de Ecosistemas: variedade de espazos ou hábitats. Estos tres niveis de competencia da biodiversidade están íntimamente relacionados e presentan unha xerarquía; o primeiro está incluido no segundo e éste a súa vez no terceiro.
  • 3. 2. DISTRIBUCIÓN DA BIODIVERSIDADE A Biodiversidade non se reparte de xeito uniforme ao longo do planeta. En xeral, aumenta a medida que nos desprazamos dende os polos cara o ecuador. As zonas de maior diversidade biolóxica atópanse nos trópicos (selvas tropicais, arrecifes de corais e chairas abisais) e arredor deles. Supoñen o 1,4% das terras emerxidas e neles atopamos o 45% das plantas vasculares e o 35% dos vertebrados. Estas zonas que constitúen verdadeiros bancos de diversidade reciben o nome de “puntos quentes” da biodiversidade, e normalmente están sometidos tamén a fortes impactos negativos. A conca mediterránea é un deles.
  • 4. 3. IMPORTANCIA E BENEFICIOS DA BIODIVERSIDADE Dende os inicios da vida neste planeta ata a actualidade sucedéronse extincións masivas que acabaron con boa parte da biodiversidade. Polo de agora, tras estos procesos de mortandade masiva a biodiversidade volveu a xurdir: novas especies aproveitaron (adaptáronse) os nichos ecolóxicos e hábitats que quedaron “libres”. Por tanto, o proceso evolutivo continuou, permitindo a gran biodiversidade actual: é dicir, a biodiversidade actual débese a diversidade biolóxica que a precedeu é será a que permita a biodiversidade futura. Agora cabe preguntarse: Por que preocuparnos pola biodiversidade? Cales son os beneficios que nos aporta?
  • 5. 3. IMPORTANCIA E BENEFICIOS DA BIODIVERSIDADE Debemos conservar a biodiversidade do planeta porque supón múltiples beneficios:  Favorece a estabilidade do clima (control do efecto invernadoiro, humidade ambiental...), o mantemento da fertilidade do solo (reciclaxe da materia, protección fronte a erosión...) e a calidade das augas (filtro verde, reciclaxe da materia orgánica evitando fenómenos de eutrofización, riqueza biolóxica...).  Dela obtemos moitas materias primas: alimentos (o 99% do que comemos), mediciñas, produtos industriais (cortiza, tinguiduras, madeira, la…) e tamén enerxía (biomasa, combustibles fósiles...).  Protexela implica coñecer mellor os ecosistemas.  A natureza é de por sí un valor: espazo recreativo, artístico...
  • 6. 4. PERDA DE BIODIVERSIDADE Habitualmente estamos afeitos a valorar as cousas polo seu precio, un coche ou unha casa son valoradas en función do seu precio no mercado. Pero cóstanos moito admitir que certas cousas que carecen de precio poden ter un valor incalculable; a biodiversidade é unha delas. Como acabamos de ver porque nos supón múltiples beneficios, pero ademais a perda deste legado de valor incalculable tamén nos destruiría nós mesmos. Levamos un suspiro en termos xeolóxicos neste planeta, pero xa somos capaces de ignorar as normas do equilibrio natural, porque a nosa capacidade científico-tecnolóxica permítenos en certa medida escapar dos mecanismos da selección natural. Pero tamén seremos ben ignorantes, se non pensamos na fraxiliadade da nosa especie e a súa dependencia respecto das outras formas de vida. As alarmas do planeta están ahí, e a perda de biodiversidade é una de elas.
  • 7. 4. PERDA DE BIODIVERSIDADE Ao longo da historia, como dixemos, xa se sucederon outras extincións masivas, e incluso outras menores. A actual é a sexta gran extinción, pero neste caso é evitable porque as principais causas son antropoxénicas:  Destrución e fragmentación de hábitats: consecuencia do descontrolado crecemento demográfico (sobre todo a partir da Revolución Industrial do XIX que multiplica por seis a poboación mundial) e o desenvolvemento agrícola, industrial e urbano. Este crecemento provocou efectos adversos: deforestación, desertización, sobrepastoreo, incremeto das áreas de cultivo e das cidades, contaminación... A Fundación Biodiversidade indica que a desertización afecta xa en España ao 37% do noso territorio e establece que a pérdida de hábitats é a principal causa da extinción do 87% das aves e do 45% dos mamíferos (excluíndo os micromamíferos) en terra firme.
  • 8. 4. PERDA DE BIODIVERSIDADE  O cambio climático: fundamentalmente debido ao incremento do efecto invernadoiro. Este cambio está a provocar a destrución de hábitats o desprazamento de especies a alteracións dos ciclos reprodutivos... O século pasado a temperatura incrementouse en 0,6ºC a nivel mundial. En Europa 0,95ºC e en España 1,5ºC. Que efectos ten? A rá patilonga que só vive en España desapereceu do Sistema Central. Algúns osos da cordilleira cantábrica xa non hibernan. (Fundación Biodiversidade).
  • 9. 4. PERDA DE BIODIVERSIDADE  A introdución de especies exóticas: as especies introducidas compiten coas autóctonas. Na actualidade hai unhas 400000 especies foráneas e os seus efectos poden ser devastadores na fauna nativa. Un dos exemplos máis escandalosos é o da perca do Nilo introducida no lago Victoria nos anos cincuenta; é a principal responsable da extinción, polo momento, de 200 especies.
  • 10. 4. PERDA DE BIODIVERSIDADE  Sobreexplotación das especies: a sobreexplotación ocorre cando se sobrepasa a sostenibilidade do recurso. Débese a caza e pesca descontroladas, o comercio ilegal de especies exóticas, ao coleccionismo...
  • 11. 5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE A protección do medioambiente non é sinxela porque soe topar con intereses económicos e políticos, e a conservación da biodiversidade non é unha excepción. Existen convenios, normativas e directivas proteccionistas nos países desenvolvidos que non sempre se cumpren. Nos países en vías de desenvolvemento, onde as restriccións medioambientais vense supeditadas aos ingresos derivados da explotación dos recursos biolóxicos con maior facilidade e a presión dos interese económicos do primeiro mundo, a situación é complicada e normalmente é o medio o que sae perdendo. Pero tamén nos países do chamado 1º mundo temos unha débeda enorme co medio natural: en Europa centos de hábitats están en declive, o 42% dos mamíferos, o 15% das aves e o 52% dos peixes doceacuícolas atópanse en perigo de extinción.
  • 12. 5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE Na actualidade, a protección da biodiversidade é un dos eixes fundamentais das políticas medioambientais comunitarias xunto coa xestión dos residuos e da auga. De que modo podemos protexela? A conservación da biodiversidade pode levarse a cabo de dous xeitos:  Conservación “in situ”: conservación dos hábitats e ecosistemas onde habitan as especies ameazadas: - En grandes áreas: “hot spots”, Reservas da Biosfera, Red Natura 2000... - Locais: Parques nacionais, paisaxes protexidos...  Conservación “ex situ”: consiste en recuperar as especies fóra do seu hábitat, en parques zoolóxicos, centros de investigación, invernadoiros...
  • 13. 5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE No cumio de Gotemburgo de 2001 os países membros da Unión Europea acordaron levar a cabo as seguintes medidas para a protección dos hábitats e especies máis importantes:  Establecer lugares protexidos: parques nacionais, parques naturais, reservas da biosfera... Para a conservación de especies ou polo interese ecolóxico.  Crear centros botánicos e zoolóxicos para aplicar a biotecnoloxía na constitución de bancos de xenes, de sementes e a clonación.  Recuperar especies ameazadas ou en perigo de extinción para o que se fan catálogos de especies nestas situacións e se prohibe a súa caza e comercio.  Preservar e restaurar a biodiversidade  Restablecer as poboacións de peixes e os hábitats mariños
  • 14. 5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE  Reducir o impacto do comercio internacional na biodiversidade, especialmente co fin de limitar a deforestación tropical.  Limitar as emisións de gases de efecto invernadoiro para frear o cambio climático.  Fomentar a investigación  Decretar e respectar as leis de conservación do medio  Fomentar a educación na conservación e o desenvolvemento sostible Non só os estados como tales teñen responsabilidade e poden facer algo. Os cidadáns tamén podemos aportar moito cambiando os nosos hábitos: reducir os residuos e xestionar sostiblemente os que producimos, aforrar auga, usar o transporte público, respectar o medio natural e as especies que nel viven, non mercar animais exóticos ilegais...
  • 15. 6. CANTA BIODIVERSIDADE? Dende que Linneo, a finais do XVIII, establecerá o seu sistema binomial de clasificación e nomeara 9000 especies os engadidos a esta listaxe non deixou de crecer ata actualidade. Hoxe coñecemos cerca de 2 millóns de especies, pero a riqueza biolóxica do planeta é moi difícil de cuantificar, xa que os científicos estiman que podería haber uns 13 ou 14 millóns de especies. E dicir, descoñecemos a maioría dos organismos que poboan o noso planeta. A maior parte das especies identificadas (que non por elo estudadas) atópanse no medio terrestre (85%). O grupo máis numeroso é o dos coleópteros (escaravellos), unhas 850.000 especies.
  • 16. 6. CANTA BIODIVERSIDADE? Das plantas, unhas 250.000 especies, a maioría son espermatófitas. A medida que investigamos novos ecosistemas aparecen novas especies, cada ano descubrimos unhas cen novas. Os organismos máis coñecidos son os macroscópicos, sobre todo aves e mamíferos que soen alcanzar os tamaños máis grandes. Os microorganismos, sen embargo, e a pesar de pasar desapercibidos xogan un papel fundamental na vida na Terra. Os últimos métodos de estudo establece unha diversidade maior na que consideramos ata agora (5%). Foron os primeiros moradores e os responsables do inicio dalgunghas das transformacións esenciais (osixenación da atmosfera e formación da capa de ozono, captación do dióxido de carbono...) que se sucederon neste planeta para que poidera albergar a diversidade biolóxica da actualidade.
  • 17. 7. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIO A biodiversidade é consecuencia das adaptacións dos organismos aos diferentes medios e as fluctuacións que neles se producen no espazo e no tempo. Unha adaptación é un conxunto de características dun ser vivo que lle permiten sobrevivir nun medio determinado, reproducirse, e deixar descendencia. As adaptacións poden ser:  Anatómicas ou morfolóxicas: refírense a forma ou aparencia do organismo. p.e.:tipos de peteiros nas aves, follas transformadas en espiñas e talo de reserva dos cactos, dentinción mamífera...  Fisiolóxicas: teñen que ver co funcionamento do organismo. p.e.: ecolocalización nos golfiños e morcegos, plantas CAM...  Comportamentais: relaciónanse coas respostas a determinados estímulos. p.e.: bancos ou manadas de animais, baños de sol dos réptiles...
  • 18. 7. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIO  Adaptacións nas plantas Como as plantas non se desprazan, non soen ter adaptacións comportamentais. Os factores determinantes soen ser a auga, a temperatura, a luz... Adaptacións nos animais Nos animais aparecen os tres tipos de adaptacións xa comentados.
  • 19. 8. A BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA O noso país é o máis diverso do continente europeo, é isto non é só un privilexio, senón que leva consigo unha grande responsabilidade. Algúns datos de interese:  España alberga 121 dos 217 hábitats terrestres declarados de interese comunitario pola Directiva de Hábitats.  3 dos 11 grandes ecosistemas mariños das augas europeas podémolos atopar no noso país. Especial mención merece o Mediterráneo, que sendo somente o 0,8% da superficie mariña alberga o 4% das especies mariñas descritas ata hoxe.  Posuímos entre 8000-9000 sp. De plantas vasculares (80% da UE), e ademais destas 1500 son endemismos patrios. De feito, a metade dos endemismos europeos do noso continente atopámolos no nosos país.
  • 20. 8. A BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA  Albergamos 1000 sp. de musgos, 2000 de liques e uns 20000 fungos.  Somos o estado con maior variedade de mamíferos e réptiles e o terceiro en anfibios e peixes.  España contén o 50% das especies de vertebrados e invertebrados europeas. Cales son as causas desta riqueza biolóxica?  A localización xeográfica e a orografía que proporcionan gran variedade de ecosistemas e hábitats.  Ser ponte de unión entre dous continentes (Europa-África), sendo paso para numerosas especies migratorias.  As características diferentes das illas Canarias (illamento.climatoloxía).  Industralización tardía respecto o resto de Europa que mantivo mellor conservadas grandes áreas naturais.
  • 21. ESPECIES REPRESENTATIVAS DA FLORA ESPAÑOLA  Carballo albar (Quercus robur): predomina no norte de España onde forma grandes carballeiras.
  • 22. A aciñeira (Quercus ilex) e a sobreira (Q. suber) típicas do bosque mediteráneo.
  • 23. O pineiro albar (Pinus sylvestris) e o piñeiro do país (P. pinaster) que atopamos por encima dos 1000 m de altitude.
  • 24. Os bosques de Pinus canariensis e a laurisulva predominan nas illas canarias.
  • 25. As faias (Fagus sylvatica) e os abetos (Abies alba) son as especies características dos bosques húmedos.
  • 26. Os bosques de ribeira constituidos por especies como os salgueiros (Salix sp.), os ameneiros ( Alnus glutinosa), aveleiras (Corylus avellana), álamos (populus sp.) e bidueiros (Betula sp.)
  • 27. O pinsapo (Abies pinsapo) é un abeto característico das serras de Cádiz e Málaga. As praderas de posidonias (Posidonia oceanica) son típicas dos fondos mariños mediteráneos.
  • 28. ESPECIES REPRESENTATIVAS DA FAUNA ESPAÑOLA Hai en España unhas 100 especies de mamíferos... Delfín mular (Tursiops truncatus) Oso pardo (Ursus arctus) Lince ibérico (Lynx pardina)
  • 29. Unhas 460 especies de aves... Aguia real (Aquila chrysaetos) Bubela (Upupa epops) Pita do monte (Tetrao urogallus) Quebrantaósos (Gypaetus barbatus)
  • 30. 83 de réptiles, 28 de anfibios... Víbora de Seoane ou cantábrica (Vipera seoanei) Ra de San Antón (Hyla arborea) Lagarto arnal (Timon lepidus)
  • 31. E unhas 70 de peixes continentais Salmo trutta Lampreta fluviatis
  • 32. 9. OS ENDEMISMOS Os endemismos son especies dunha zona xeográfica que non se atopan noutro lugar do mundo. Orixínanse pola imposibilidade dunha especie para cruzarse con outras poboacións. As especies endémicas viven en zonas cunhas condicións moi determinadas. Esa zona de distribución pode ser unha serra, unha illa, un país ou territorios de varios países nos que atopamos as condicións que precisan. Por esta razón faise imprescindible aclarar sempre o ámbito dun endemismo: endemimo peninsular, endemismo canario, endemismo noroccidental ... Un endemismos adquire maior interese canto menor é a súa área de distribución. Na Península estímanse un 1000 endemismos e nas Canarias hai arredor duns 500.
  • 33. 9. OS ENDEMISMOS Algúns endemismos do noso territorio son: Furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus) Rana pirenaica (Rana pyrenaica) Lobo ibérico (Canis lupus sygnatus)
  • 34. 9. OS ENDEMISMOS Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis polymorpha). Endemismo de Lanzarote. Drago grancanario (Dracaena tamaranae) Saramaganta (Chioglossa lusitanica)
  • 35. 10. ESPECIES EN PERIGO Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) unha especie en perigo de extinción é aquela que corre perigo de desaparecer se seguen actuando os factores que a ameazan, se diminúe drásticamente o seu número ou o seu hábitat. Esta organización internacional xunto con outras asesoras dende 1963 elabora a listaxe ou libro vermello de especies ameazadas que se actualiza anualmente. Nesta listaxe establécense varias categorias segundo o grao de ameaza nas que se basa o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas do noso país que establece dúas categorías:  En perigo de extinción: taxóns ou poboacións cuxa supervivencia é pouco probable se continúan actuando os factores negativos. P.e. : visón europeo.  Vulnerable: taxóns ou poboacións que corren o risco de pasar á seguinte categoría se non se corrixen os factores adversos. P.e.: Sisón común. A inclusión neste catálogo supón medidas restrictivas para procurar a súa conservación. Na actualidade (2013) hai 176 en perigo e 120 como vulnerables.
  • 36. Algúns taxóns vulnerables en España Zapaticos da Virxe (Sarcocapnos baetica subsp. Baetica) Rana pirenaica (Rana pyrenaica) Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes) Furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus)- Vulnerable en todas as poboacións excepto no Sistema Central onde se atopa en perigo de extinción.
  • 37. Algúns taxóns en perigo de extinción en España Fento de sombra (Diplazium caudatum) nesta categoría a nivel penínsular. Lagarto xigante de El Hierro Gallotia simonyi) Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis polymorpha). Endemismo de Lanzarote. Lince ibérico (Lynx pardina)
  • 38. 11. A IMPORTANCIA DAS PLANTAS NO MANTEMENTO DA VIDA Prácticamente todos os seres vivos dependen das plantas para a súa supervivencia, xa que desempeñan función primordiais nos ecosistemas:  Captan enerxía solar e liberan materia orgánica.  Liberan osíxeno á atmosfera.  Absorben o dióxido de carbono da atmosfera.  Incorporan substancias inorgánicas moi importantes para os ecosistemas (fósforo, nitróxeno, xofre , carbono...).  Regulan o clima a través do control da humidade do aire.  Participan no ciclo hidrolóxico: evapotranspiración, diminúen a escorrentía e favorecen a infiltración.  Ofrecen hábitats variados.  Protexen da erosión do solo.
  • 39. Bibliografía e Webgrafía: - Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008.“Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”. Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro-Santillana. Santiago de Compostela. España. - Díaz da Silva, Juan Ignacio; Cartelle, Yosi. 2007. “Guía dos Mamíferos de Galicia”. Baía Edicións. A Coruña. - Galán Regalado, Pedro; Fernández Arias, Gustavo. 1993. “Anfibios e réptiles de Galicia”. Edicións Xerais de Galicia. Vigo (Pontevedra). www.adelaleiro.com www.anita3b.blogspot.com www.asturnatura.com http://www.asturnatura.com/especie/salmo-trutta.html ganar-ganar.mx - 450 × 300 http://www.biodiversidad.gob.mx/biodiversidad/que_es.html blog.canariasviaja.com www.cienciahoy.org.ar www.efefuturo.com  www.floraprotegida.es http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&ved=0CC8QFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.figueraspacheco.com%2FEPlaS%2FCiES %2FDocuments%2FBiodiversidad%2FDiversidad_biologica_en_Espana.pptx&ei=c8e2Uo7jEeWX7QaM3ICAAQ&usg=AFQjCNEj4JMCuYnLW_pPB0B23y40MCDnA&bvm=bv.58187178,d.Yms http://www.historia.fcs.ucr.ac.cr/articulos/2010/esp_j0809/10isayfabriciociasur.html www.inecc.gob.mx signatus.org  http://www.slideshare.net/FundacionBiodiveridad/que-es-la-biodiversidad?from_search=1 elllugar.wordpress.com http://lapozadelanaturaleza.blogspot.com.es/2012/08/endemismos-de-nuestra-fauna.html http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies-amenazadas/catalogo-nacional-de-especies-amenazadas/default.aspx manu007ecologiayevolucion.blogspot.com mexico.cnn.com  montagnamontagna.com nea.educastur.princast.es  pacozamora.blogia.com personal.cricyt.edu.ar pponavarro.blogspot.com www.sellavirtual.com  solucionesambientalesefectivas.blogspot.com  www.taringa.net www.tiempodeexito.com www.scielo.cl www.sindioses.org www.verdenorte.com www.vertebradosibericos.org www.wikipedia.org http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Peces_continentales_de_la_pen%C3%ADnsula_ib%C3%A9rica http://es.wikipedia.org/wiki/Chioglossa_lusitanica http://es.wikipedia.org/wiki/Lista_Roja_de_la_UICN m.wwf.es