Your SlideShare is downloading. ×
0
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Clasificación dos seres vivos

528

Published on

A clasificación dos seres vivos. 1 º Bacharelato.

A clasificación dos seres vivos. 1 º Bacharelato.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
528
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
28
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Profesor: Adán Gonçalves
  • 2. INTRODUCIÓN  Por que clasificar? O estudo do elevado número de especies e a súa gran diversidade somente é posible se as ordenamos nunha serie de categorías homoxéneas, e dicir, grupos con características comúns.  Como clasificar? Para poder clasificalas axeitadamente debemos establecer criterios de clasificación que sexan obxectivos e discriminatorios. Ademais as clasificacións deben ser hipóteses que poidan ser probadas e modificadas se é preciso. De feito, a longo do tempo foron variando os criterios de clasificación a medida que aumentaba o noso coñecemento do medio natural.
  • 3. 1. CONCEPTOS ESENCIAIS  Sistemática: ciencia cuxa finalidade é crear sistemas de clasificación baseándose en criterios de semellanza e evolutivos. A sistemática utiliza como ferramentas fundamentais a taxonomía e a nomenclatura.  Taxonomía: disciplina encargada da ordenación dos seres vivos establecendo as regras, principios e procedementos necesarios para elo.  Nomenclatura: disciplina que se ocupa de dar nome aos distintos organismos.  Categoría taxonómica: cada un dos niveis xerárquicos da clasificación dos seres vivos. As máis importantes son de menor a maior: especie, xénero, familia, orde, clase, filum ou división e reino.  Taxón: grupo de organismos que comparten características dentro de calquera categoría taxonómica.
  • 4. 2. UN POUCO DE HISTORIA Aristóteles ( s. IV a.C.) clasificou os seres vivos en dous grandes grupos: vexetais e animais. Teofrasto (s.IV-III a.C) clasificou os vexetais en árbores, arbustos, subarbustos e herbas. Estas primeiras clasificacións fixéronse seguindo criterios artificiais, é dicir, criterios máis ou menos arbitrarios (número baixo de características e que foran evidentes): sistemas de clasificación artificial. A partir do s. XVIII, as grandes expedicións científicas proporcionaron gran cantidade de novas especies que crearon a necesidade de novos sistemas de clasificación baseados na anatomía comparada e a fisioloxía dos organismos.
  • 5. 2. UN POUCO DE HISTORIA O naturalista sueco Carl Von Linneo (1707-1778) na súa obra Systema naturae establece as bases da sistemática moderna. Linneo ordenou os organismos en grupos de tamaño crecente dispostos de maneira xerárquica en niveis (categorías), cada grupo dun nivel abarca un ou máis do nivel inferior. En 1731 crea a nomenclatura binomial que aparecerá publicada na súa obra Species plantarum (1753).Este xeito de asignar nome as especies segue a ser o que utilizamos na actualidade: Nome científico= nome xenérico + nome da especie Hoxe en día, ademais das características anatómicas e funcionais, empregamos criterios taxonómicos como as características bioquímicas, microscópicas, inmunolóxicas, xenéticas e comportamentais.
  • 6. 3. IMPORTANCIA DA EVOLUCIÓN NA SISTEMÁTICA A irrupción da teoría evolutiva de Darwin no s.XIX impregnou a sistemática provocando que as distintas categorías taxonómicas expresen graos de parentesco entre os organismos. Os sistemas de clasificación actual son naturais, xa que se basean en criterios que permiten establecer relacións de parentesco. Hai fundamentalmente dous tipos de criterios:  Parentesco (Filoxenia): análise do rexistro fósil e das características bioquímicas e xenéticas para establecer o grao de proximidade evolutiva.  Caracteres morfolóxicos e funcionais: establecen semellanzas e diferenzas entre os organismos. A anatomía comparada ten un papel preponderante baseandose na presenza de órganos homólogos. A taxonomía que se fundamenta nas relacións filoxenéticas chámase cladista e pode representarse mediante diagramas denominados cladogramas.
  • 7. Cladogramas Os máis “avanzados” non está á dereita.
  • 8. 3. IMPORTANCIA DA EVOLUCIÓN NA SISTEMÁTICA A filoxenia pode representarse como unha árbore onde quedan representadas as relacións de parentesco dos organismos. Son as árbores filoxenéticas ou dendrogramas, e se constrúen a partir de diferentes probas evolutivas: paleontolóxicas, anatomía comparada, embrioloxía, bioquímicas...
  • 9. 4. A ESPECIE A especie é a categoría taxonómica fundamental e representa a unidade básica de clasificación. É un concepto que resulta difícil de limitar e o seu significado foi variando a medida que avanzabamos nos coñecementos evolutivos. Ata finais do XIX referíase a especie morfolóxica, xa que eran estas características as que utilizábamos para diferenciar as especies. Na actualidade, sabemos que os organismos non teñen características fixas e falamos de especie biolóxica (Ernst Mayr): conxunto de poboacións (formadas por individuos) que comparten o mesmo patrimonio xenético e que poden cruzarse entre sí dando lugar a descendencia fértil, pero non con outros seres vivos (illamento reprodutivo). Por exemplo o burro e o cabalo son especies diferentes porque aínda que se poden cruzar, a súa descendencia, a mula (híbrido cabalo-burro), non é fértil. Esta definición de especie adáptase ben aos animais, pero non tanto as plantas, onde é frecuente a reprodución asexual e os híbridos, e polo tanto, máis complicado o illamento reprodutivo.
  • 10. 4.1 Especiación É o mecanismo polo cal aparece unha nova especie. Pode suceder de dous xeitos:  Especiación alopátrida: ocorre cando hai unha barreira xeográfica (montaña, illa, río…) que separa as poboacións que evolucionan independentemente. É o tipo máis habitual.  Especiación simpátrida: neste caso o illamento non é xeográfico. Pode ser illamento reprodutivo, diferentes hábitats, diferenzas comportamentais…
  • 11. Exemplo de especiación alopátrida: separación homínidos- chimpancés Hipótesis africana A la derecha del Rift –Valley (Este): Clima más seco y los seres vivos (homínidos entre ellos) se tienen que adaptar a las nuevas condiciones A la izquierda del Rift –Valley (Oeste): Clima más húmedo. En esta zona evolucionan los chimpancés y gorilas actuales
  • 12. Exemplo de especiación simpátrida: os cíclidos do lago Malawi, doTanganika e do Victoria Nestes grandes lagos africanos existen moitísimas especies de cíclidos que difieren nos hábitos alimenticios, comportamento, forma dos dentes e mandíbulas... Evidentemente dentro do lago non hai unha barreira xeográfica, pero si foi posible un proceso de especiación (selección disruptiva) a partir de un antecesor común.
  • 13. 5. OS CINCO REINOS 5.1 Un pouco de historia  Dende Aristóteles ata mediados do s. XIX a amioría dos biólogos limitábanse a dividir os seres vivos en dous reinos: Plantas e Animais. En 1866. Ernst Haeckel propón un 3º reino para os organismo unicelulares que inclúe bacterias, protozoos e algas e fungos unicelulares. Máis tarde as bacterias inclúense nun só reino: o Reino Monera.  En 1969, Robert H. Whittaker propuxo unha clasificación en cinco reinos: Monera, Protista, Fungi, Plantae e Animalia; baseada en: - Tipo celular: procariota/ eucariota. - Número de células: uni ou pluricelaular. - Tipo de nutrición: autótrofa/ heterotrofa.  En 1985, Lynn Margulis e Karlene V. Schwartz manteñen o esquema de Whittaker con pequenas modificacións: as macroalgas inclúense no Reino Protista (Protoctista).
  • 14. 5.2 O Tres Dominios Recentes estudos fixeron considerar o nacemento dunha nova categoría taxonómica superior o Reino: o Dominio. Carl Woese (1977-1990) propuxo tres dominios basándose no estudo das secuencias xénicas de ARN: Archaea, Bacteria e Eucarya.  Archaea: son as arqueobacterias, bacterias moi primitivas, pero máis cercanas aos eucariotas.  Bacteria: engloba a todas as bacterias, a excepción das arqueobacterias.  Eucarya: son todos os eucariotas, inclúe catro reinos: protista, fungos, plantas e animais.
  • 15. REINOS
  • 16. DOMINIOS
  • 17. 5.3 Os Suprarreinos Os avances no coñecemento de novas especies e na tecnoloxía biomolecular permitiron establecer novas relacións filoxenéticas. Entre estas novas propostas atópase a de Cavalier-Smith (1998) que propón a existencia de dous suprarreinos (Prokaryota e Eukaryota) e seis reinos. Establece un novo reino, Chromistas, onde inclúe as algas e os mofos e fala do reino protozoa en lugar de protista. Esta clasificación estase a debatir na actualidade.
  • 18. 5.4 Características dos cinco reinos A clasificación de cinco reinos de Whittaker modificada por Margulis segue a ser a máis difundida e utilizada na actualidade.
  • 19. 6. REINO MONERAS Características xerais:  Inclúe a todos os procariotas. Pequeño tamaño: 1-10 µm.  Os fósiles máis antigos (hai uns 3800 m.a.) da Terra.  As cianobacterias ou cianofíceas son as responsables do comezo da osixenación da atmosfera.  Son os máis abundantes, en canto a nº de individuos.  Aparecen en todos os hábitats.  Teñen unha gran diversidade metabólica ( aerobios-anaerobios (facultativos e estrictos); heterótrofos ( saprofitos, parasitos, simbióticos)-autótrofos (foto e quimioautótrofos)).  Reprodución asexual e parasexual.  Carl Woese estableceu dentro deste Reino dous dominios: Archaea e Bacteria.
  • 20. 6. REINO MONERAS Arqueobacterias  Típicas de ambientes extremos: salinas, ácidez, altas temperaturas... (Termófilas).  Similares aos primeiros seres vivos (3800 m.a.)  Parede celular sen mureina ou peptidoglicano. Bacterias (Eubacterias)  As bacterias mellor coñecidas; claves en distintos aspectos: saúde, agricultura, industria, reciclaxe da materia... Con parede celular de mureína. Segundo a composición da parede hainas: - Gram + : parede bacteriana formada por unha capa. Cor azul-violeta. Estreptococcos, estafilococcos... - Gram - : parede bacteriana de dúas capas. Cor vermello. Cianofíceas, Escherichia coli, Salmonella sp....
  • 21. Termoácidofilas (Arqueobacterias)
  • 22. Halófilas (Arqueobacterias)
  • 23. Bacterias ou Eubacterias
  • 24. Bacterias ou Eubacterias Cianofícea
  • 25. 7. REINO PROTISTAS Características xerais:  Os primeiros eucariotas (hai uns 1500 m.a.).  Todos os eucariotas que non son nin fungos, nin animais, nin vexetais. Hainos unicelulares (protozoos e algas unicelulares) e pluricelulares (algas pluricelulares). Variedade de organismos, fundamentalmente acuáticos.  Poden ser autótrofos (algas) ou heterótrofos (protozoos).  Reprodución asexual e sexual.
  • 26. 7. REINO PROTISTAS  Protistas autótrofos:  Algas unicelulares, colonias e pluricelulares.  Realizan a fotosíntese ( osixenación) e son acuáticos. Reprodución sexual e asexual.  Segundo a súa complexidade: - Microalgas: unicelulares ou colonias. Importantes compoñentes do fitoplancto mariño. Inclúe dinoflaxelados (mareas vermellas), bastantes clorófitas e diatomeas. - Macroalgas: maior tamaño, pero a diferenciación celular segue a ser escasa (Talófitas). Hainas clorófitas (algas verdes), rodófitas (algas vermellas) e feófitas (algas pardas).
  • 27. Microalgas
  • 28. Macroalgas
  • 29. 7. REINO PROTISTAS  Protistas heterótrofos  Inclúe orgnismos que anteriormente se clasificaron cos animais e cos fungos.  Podemos establecer dous grupos: - Mofos protistas: Unicelulares ou con hifas que conforman un micelio. Son os mixomicetos ou mofos mucilaxinosos (Unicelulares= masas de plasmodio= célula con moitos núcleos) e oomicetos (mofos acuáticos con paredes de celulosa. Teñen hifas que conforman un micelio). - Protozoos: todos unicelulares, realizan fagocitese para a inxestión do alimento e a maioría teñen mecanismos de desprazamento. Son as amebas (pseudópodos), os ciliados (cilios), os flaxelados (flaxelos) e os esporozoos (sen locomoción).
  • 30. 7. REINO PROTISTAS Mixomiceto Oomyceto da uva
  • 31. 7. REINO PROTISTAS Trypanosoma cruzi Amoeba proteus Paramecium caudatum Plasmodium malariae
  • 32. 7. REINO FUNGOS Características xerais:  Evolucionaron, probablemente, a partir dos protistas myxomicetos.  Hainos unicelulares (fermentos) e pluricelulares.  Os pluricelulraes están formados por estruturas filamentosas tubulares (hifas) que en conxunto forman o corpo fúnxico ( micelio). (Talófitos).  As células posúen paredes de quitina e almacenan glicóxeno.  Son heterótrofos.  Teñen reprodución asexual mediante esporas e reprodución sexual entre micelios compatibles (no ciclo poden existir esporas sexuais).  Posúen un papel primordial da descomposición da materia orgánica, pero tamén os hai parasitos (micoses) e simbióticos (micorrizas e liques).
  • 33. 7. REINO FUNGOS Atendendo ao tipo de hifa e de espora sexual clasificámolos en:  Cigomicetos: Son os mofos. Micelio ben desenvolvido. Con esporas asexuais (conidios) e sexuais de resistencia (zigósporas). Ex: o balor do pan (Rhizopus stolonifer).  Deuteromicetos: Hifas tabicadas. Esporas asexuales (conidios). Ex: Mofos saprofitos e parasitos (Penicillum y Aspergillus)  Ascomicetos: Hifas tabicadas. Forman esporas sexuais por meiose (ascósporas) dentro dunha estrutura, o esporanxio, chamada asco. SaprofitasSaccharomyces, ParasitasCaruncho do centeo ou grafiose dos olmos, SimbiontesTrufas.  Basidiomicetos: Hifas tabicadas e esporas sexuais en esporanxios chamados basidios. Forman corpos fructíferos denominados cogomelos. A maioría son saprofitos, pero hainos parasitos (roias, carbóns, tizóns...). Dentro dos cogomelos hai especies moi apreciadas na cociña: níscaros, boletos comestibles..., pero tamén as hai velenosa como a Amanita phalloides (boleto de Satanás).
  • 34. Balor do panZigomiceto Penicillium notatumDeuteromiceto Claviceps purpureaAscomiceto
  • 35. Amanita muscaria -Basidiomiceto Melanelixia glabra -Líquen
  • 36. 7. REINO PLANTAS Características xerais:  Teñen tecidos desenvolvidos con vasos condutores (cormófitos) a excepción dos briófitos (protocormófitos).  Teñen parede celular de celulosa e almacenan amidón.  Son autótrofos fotosintéticos con clorofila.  Proveñen da evolución de algas verdes.  Segundo a súa complexidade e grao evolutivo diferenciamos: plantas non vasculares, plantas vasculares sen sementes e plantas vasculares con sementes (espermatófitos).
  • 37. 7. REINO PLANTAS Plantas non vasculares: os briófitos  Carecen de vaos condutores (protocormófitos)  Dependen dun alto grao de humidade para poder reproducirse.  Son as carrizas. Plantas vasculares sen sementes: os pteridófitos  Teñen tecidos condutores (cormófitos).  No Paleozoico foron a vexetación dominante.  Son os fentos. Plantas vasculares: espermatófitos  Son cormófitos que producen sementes (estrutura de dispersión- avance evolutivo fronte as esporas xa que leva substancias nutricias e aumenta a probabilidade de supervivencia).  Divídense en dous grupos: ximnospermas e anxiospermas.
  • 38. 7. REINO PLANTAS Espermatófitas  Ximnospermas:  Plantas con sementes espidas e flores primitivas (sen cáliz, nin corola).  Son exemplos as pináceas, as cupresáceas e Ginkgo biloba.  Anxiospermas:  Plantas con sementes nun froito.  Flores completas (con cáliz e corola).  Segundo o nº de cotiledóns da semente hai : - Monocotiledónias: un cotiledón, raíz fasciculada, follas alongadas e nº de pezas florais múltiplo de 3. Exemplo: as gramíneas (trigo, millo, arroz...) - Dicotiledónias: dous cotiledóns, unha raíz principal, follas de forma variada e nº de pezas florais múltiplo de 4 ou 5. Exemplo: frutais, margaritas, malvas, craveles...
  • 39. MUSGO – PLANTA NON VASCULAR
  • 40. HEPÁTICAS – PLANTA NON VASCULAR LICOPODIOS – VASCULAR SEN SEMENTE
  • 41. Equiseto (Cola de cabalo) – Vascular sen semente Fentos- vascular sen semente
  • 42. Cica – Vascular ximnosperma Ginkgo biloba – Vascular ximnosperma
  • 43. Piñeiro – Vascular ximnosperma Gnetum – Vascular ximnosperma
  • 44. Trigo – Vascular anxiosperma monocotiledónea Almendro– Vascular anxiosperma dicotiledónea
  • 45. DICOTILEDÓNEA MONOCOTILEDÓNEA
  • 46. 8. REINO ANIMAIS Características xerais:  Proveñen dos protozoos.  Son todos eucariotas pluricelulares. Teñen simetría radial ou bilateral.  Non hai parede celular.  Algúns posúen un sistema nervioso, carácter exclusivo deste reino.  Son heterótrofos.  A maioría teñen dixestión interna nunha cavidade ou nun tubo dixestivo.  Teñen reprodución sexual e algúns asexual. Son diploides, só os gametos haploides.  No desenvolvemento embrionario pasan por unha fase de blástula.  Soen ter capacidade de desprazamento.  Diversidade de hábitats.
  • 47. 8. REINO ANIMAIS Os animais denomínanse metazoos e podémolos dividir en:  Poríferos: Son as esponxas. Parede corporal con poros e un orificio de maior tamaño chamado ósculo para a saída de auga. Filtradores e sedentarios.Especialización celular, sen tecidos, sen simetría.  Eumetazoos: Tecidos verdadeiros e con simetría, a excepción dos placozoos dos que non falaremos. Porífero
  • 48. 8. REINO ANIMAIS EUMETAZOOS Criterios de clasificación: simetría, capas embrionarias e cavidade interna.  Capas embrionarias: Diblásticos: Endodermo e ectodermo. Triblástico: Endodermo, ectodermo e mesodermo.  Cavidad de interna: Acelomados: Sen cavidade corporal. Seudocelomados: Seudoceloma entre mesodermo e endodermo. Celomados: No mesodermo formase o celoma.
  • 49. Diblasticos Triblasticos
  • 50. 8. REINO ANIMAIS PRINCIPALES FILOS DE EUMETAZOOS  Diblásticos con simetría radial:  Cnidarios: Acuáticos. Tecidos e órganos rudimentarios. Cavidade gastrovascular. Tentáculos. Células urticantes (cnidocitos) con toxina que paraliza as presas. Tipos: Pólipos (anémonas) son sedentarios e Medusas que son de vida libre.  Triblásticos con simetría bilateral: • Acelomados: Platelmintos. Vermes planos de vida libre (planaria) ou parasitos (tenia). • Seudocelomados: Nematodos. Vermes cilíndricos. Tecidos e órganos sinxelos. Ex: lombriga intestinal, triquina.
  • 51. Tenia - Platelminto Anémona- Cnidario Lombriga intestinalnematodo Medusa- Cnidario
  • 52. • Celomados: 8. REINO ANIMAIS 8. REINO ANIMAIS Moluscos: Teñen cabeza, pé musculoso, masa visceral e manto. Clases: Gasterópodos (caracol), bivalvos (mexilón), cefalópodos (lura). Anélidos: Vermes con metamería (corpo cilíndrico dividido en aneis con repetición de órganos) Acuáticos e terrestres. Clases: Poliquetos (neréis), oligoquetos (lombriga de terra), hirudíneos (sambesugas). Artrópodos: Todos os ambientes. Metamería en 3 rexións: cabeza, tórax (cefalotórax) e abdome. Presentan apéndices articulados. Exoesqueleto de quitina e sales de calcio. Para crecer: muda. Subfilos: - Quelicerados: Clase merostomas (cangrexo cacerola) e arácnidos (arañas, escorpións) - Mandibulados: Clase miriápodos (cempés e milpés), crustáceos (gambas, langostas...), insectos (abellas, moscas...)
  • 53. MOLÚSCOS ARTRÓPODO-QUELICERADO
  • 54. ARTRÓPODOS-MANDIBULADOS
  • 55. 8. REINO ANIMAIS • Celomados Equinodermos: Endoesqueleto de placas calcáreas con espiñas. Sen corpo segmentado nin cabeza diferenciada. Simetría radial. Sistema ambulacral (red de tubos cheo de agua para a locomoción) Ex: Estrela de mar e ourizo mariño. Cordados: Teñen notocorda (eixe esquelético dorsal) que nos máis modernos denomínase columna vertebral e cordón nervioso tubular. Fendiduras branquiales (embrións terrestres). Cola e corazón ventral. Subfilos: urocordados (ascidias), cefalocordados (anfioxos) e vertebrados.
  • 56. 8. REINO ANIMAIS Os Vertebrados Teñen unha progresiva cefalización e un sistema nervioso moi desenvolvido. Os máis importantes son: Agnatos: peixes sen escamas, nin mandíbulas. Son as mixinas e lampreas. Condrictios: peixes cartilaxinosos. Escamas denticulares. Aleta caudal heterocerca. Son as quenllas e raias. Osteíctios: peixes óseos. Escamas imbricadas. Aleta homocerca. Son a maioría dos peixes: salmón, pescada, mero... Xeralmente ovíparos. Anfibios: pel espida con glándulas mucosas. Teñen metamorfose. Os adultos poden ter ou non rabo (urodelos e anuros respectivamente). Ovíparos. Ciclo vital anfibio (terra-auga). Ra, salamandra, pintafontes... Réptiles: pel cuberta de escamas. Os primeiros en que se desenvolve o ovo amniótico que permite a independencia da auga. Terrestres. Quelonios (tartarugas), saurios (lagartas e lagartos), cocodrilianos e ofidios (serpes).
  • 57. Agnatos- Lampreas Condrictios- tiburón branco Réptiles Anfibios Osteictio- Peixe paiaso
  • 58. 8. REINO ANIMAIS Aves: pel cuberta de plumas, excepto nas patas. As extremidades anteriores son ás. Posúen bico córneo e son ovíparos. Hai dous grupos: voadoras (poseen un óso especial para o voó, a quilla) e corredoras (sen quilla). Mamíferos: pel cuberta de pelos. As femias teñen glándulas mamarias. A maioría vivíparos. Tres grupos: monotremas (ovíparos), marsupiais (con marsupio) e placentarios (con placenta). Aves- Mergullón cristado Donicela
  • 59. 9. CLAVES DICOTÓMICAS Unha clave dicotómica é unha ferramenta para identificar seres vivos. Baséase en que no proceso de busca sempre atoparemos dúas opcións que son excluíntes. Imos ver primeiro un exemplo moi sinxelo na seguinte ligazón: Clave dicotómica de mamíferos Agora botamos unha ollada ás do libro e as que trouxo o profesor.
  • 60. GRAZAS POR ATENDERME
  • 61. Bibliografía e Webgrafía Clasificación seres vivos: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Carl_von_Linn%C3%A9.jpg http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Linnaeus1758-title-page.jpg http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Filogenia_Cavalier-Smith_2013_-_5_ reinos.svg http://ciclobasico2013.blogspot.com.es/2013/01/presentacion -seres-vivos-primero-basico.html http://cmclagunas.blogspot.com.es/2012/11/los-organos-analogos-yhomologos.html http://mariadoloresbioygeoiesarroyo.blogspot.com.es/2011_02_01_archive.html http://www.elacuarista.com/secciones/biologia10.htm http://elastrolabiodeazarquiel.blogspot.com.es/2011/11/lynn-margulis-la-biologaque.html http://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&cad= rja&docid=xKnGcrs6f5nHeM&tbnid=ILRCwfdOqW49VM:&ved=0CAUQjRw&url= http%3A%2F%2Fwww.abc.es%2Ffotos-biodiversidad%2F20120608%2Fquelpos -laminaria-ochroleuca-islas-1502904132979.html&ei=3LPjUvu0Dqef0QWwoEI&bvm=bv.59930103,d.d2k&psig= AFQjCNGCDjwiEVXFuZGHDUfT_O5ux6EzYQ&ust=1390740813647551 http://lavidamaravillosa.wordpress.com/2010/09/05/la-evolucion-de-la-caipirinha / http://www.slideshare.net/laprofedenaturales/tema-6-la-clasificacin-de-los-
  • 62. http://morato1a.blogspot.com.es/2012/03/los-cinco-reinos-de-la-naturaleza.html http://scientificman.com/2013/07/14/carl-woese-plant-kingdoms-animal-kingdomscarl-woese/ http://www.sindioses.org/cienciaorigenes/cladogramas.html http://www.slideshare.net/adaneco/impresin-procariota http://www.slideshare.net/Arcyria/v-diversidad-biolgica http://www.slideshare.net/biogeogenetica/0-nomenclatura-y-sistemtica http://www.slideshare.net/dpto.biologiaygeologia/reinos-2505320# http://www.slideshare.net/pedrohp19/clasificacion-delosseresvivos-17056663 http://www.euita.upv.es/varios/biologia/Temas/Reinos%20de%20la%20Vida.htm http://es.wikipedia.org/wiki/ Archivo:Busto_di_Aristotele_conservato_a_Palazzo_Altaemps,_Roma._ Foto_di_Giovanni_Dall%27Orto.jpg http://es.wikipedia.org/wiki/Especiaci%C3%B3n_simp%C3%A1trica http://es.wikipedia.org/wiki/Linneo#Publicaci.C3.B3n_de_Species_Plantarum http://es.wikipedia.org/wiki/Placozoa http://es.wikipedia.org/wiki/Ulva_lactuca http://zoologiafran.blogspot.com.es/2011/04/categoria-taxonomica.html http://www.zoo.ox.ac.uk/people/view/cavaliersmith_t.htm

×