Gustáronme estas directrices que lles dás ao alumnado para facer presentacións. os meus alumnos téñenas feito e eu dicíalles, de palabra, que non debían abusar das tipografías, de cores rechamantes, de copiar e pegar... Está ben pautarlles mellor a tarefa como fas ti.
Documento composto por un conxunto de diapositivas onde se desenvolve un tema de forma gráfica, textual e estruturada.
Acto oral planificado no que se desenvolve a explicación dun contido con diversos fins.
1. Que é unha presentación? O resultado de combinar 2 elementos:
2. Contido Características:
Organización sinxela e sistemática.
Secuenciación lóxica e clara.
Veracidade da información.
Pertinencia da información. Incluiremos só o realmente importante.
Ética . Citaremos todas as fontes de documentación empregadas (textuai s e gráficas).
2. Contido Portada (título, autoría, ano e licenza de uso). Corpo (desenvolvemento da presentación cos seus diferentes apartados). Fontes de documentación (listaxe alfabética das fontes utilizadas para a súa realización). Estrutura básica:
3. Deseño
Texto.
Tipo de letra.
Fondo e cor.
Imaxes, animacións e vídeos.
Sons.
Hipervínculos.
Abrangue os seguintes elementos :
3.1. Deseño: texto
1 idea ou concepto por diapositiva.
Usaremos letras MAIÚSCULAS e minúsculas .
Escribiremos en liñas curtas de texto.
Regra 5 X 8 X 8 de máximos.
5 palabras X título.
8 palabras X liña.
8 liñas X diapositiva.
3.2. Deseño: tipo de letra
Tamaño: non menor de 24 puntos (que é este).
Estilos: non máis de 3 estilos por diapositiva.
Fontes: recoméndanse Arial, Tahoma , Verdana e Times New Roman .
Aliñamento do texto:
Á esquerda (facilita a lectura). Con xustificación completa (presenta un aspecto máis formal). Á dereita (é máis informal).
3.3. Deseño: fondo e cor
Entre 3 e 5 cores por diapositiva.
O tema e os receptores condicionarán as cores.
Cores que contrasten.
Débese ler o texto o mellor posible.
Salientaremos con cor as palabras importantes.
Evitaremos o verde e o vermello na tipografía.
3.4. Deseño: elementos visuais
Imaxes, animacións e vídeos
Reflicten ou engaden información.
Non poden distraer.
O tamaño debe ser o apropiado.
Resolución adecuada (non poden estar distorsionados).
Sempre citaremos a súa procedencia.
3.5. Deseño: sons
Non poden distraer da información.
Úsanse para o cambio de diapositiva.
Tamén serven para indicar cambio de tema.
Gardarán relación co tema e estilo.
Pódense poñer de fondo da presentación.
3.6. Deseño: hipervínculos
Son textos ou gráficos que nos levan a outra información.
Facilitan o acceso á información de primeira man.
O seu abuso desequilibra a progresión informativa.
No apartado de fontes da información incluiranse para facer referencia ás fontes dixitais.
4. O acto oral planificado
No acto de presentación coidaremos os seguintes aspectos:
A nosa aparencia persoal debe ser a correcta.
A linguaxe oral e a linguaxe corporal que en moitas ocasións transmite máis información.
A audiencia á que nos diriximos, non lle falaremos igual a unha clase de primaria que a unha clase de secundaria.
O ambiente , debemos procurar que favoreza a atención.
O equipo necesario , prepararemos previamente todos aqueles medios necesarios para o acto (ordenador, canón, etc.).
5. Fontes de documentación
MÁRQUEZ ALONSO , Ana Laura: Presentaciones electrónicas, recomendaciones . (Presentación)
MORALES ARIZMENDI , Rosa M.: Diseño de presentaciones efectivas . (Vídeo)
2 comments
Comments 1 - 2 of 2 previous next Post a comment