Dimensión relixiosa do ser humano - Presentation Transcript
DIMENSIÓN RELIXIOSA
DO
SER HUMANO
Afirmacións sobre a RELIXIÓN
“ Unha relación natural e espontánea entre a creatura e o Creador, expresión do sentimento de infinito impreso na alma humana ”
“ O estado propio dunha época primitiva de ignorancia ”
(A. Comte)
“ O ser mesmo do home en canto que se pon en xogo o sentido da súa vida e da súa existencia en xeral ”
(P. Tillich)
“ Pura proxección dos desexos humanos ”
(L. Feuerbach)
“ O opio do pobo ”
(K. Marx)
“ Búsqueda do sentido último e recoñecemento dunha realidade suprema que trascende ao ser humano, dándolle un sentido pleno e absoluto á súa existencia ”
“ Refuxio falso ante a incapacidade de soportar a vida ”
(F. Nietzsche)
“ Neurosis obsesiva universal ” ante “o estado infantil de dependencia absoluta ” e “ nostalxia do pai ”
(S. Freud)
“ A experiencia do sagrado. Hai algo eterno na relixión, destinado a sobrevivir. As formas poden cambiar, pero o substancial permanece. O substancial é a experiencia do sagrado ” (É. Durkheim)
Propostas e obxectivos
1º.- Profundar no coñecemento do feito relixioso , tratando de descubrir o substancial
2º.- Identificar e analizar as grandes experiencias relixiosas da historia e que deron lugar ás relixións actuais , aportando sentido á vida de millóns de persoas
3º.- Analizar a situación da relixión na actual sociedade secularizada , tratando de recoñecer as causas e consecuencias de dita situación
1.- O FEITO RELIXIOSO (1)
1.- ¿Qué é a RELIXIÓN?
A relixión é un feito …
… especificamente humano …
… e orixinal , …
… consistente na búsqueda do sentido último …
… e no recoñecemento dunha realidade suprema que trascende ao home, dándolle un sentido pleno e absoluto á súa existencia
1.- O FEITO RELIXIOSO (2)
2.- ORIXE DA RELIXIÓN
En todas as culturas antigas existen numerosos vestixios e pegadas relixiosas : utensilios de culto (altares, amuletos,…), restos de tipo funerario, animais pintados nas covas,…
Estas pegadas indican que os homes primitivos practicaron unha relixión.
Pero, como foi a relixión nas súas orixes?
1.- O FEITO RELIXIOSO (3)
Distintas interpretacións sobre a orixe da relixión:
1.- ANIMISMO : crenza en espíritos desligados do corpo e que animaban aos seres dándolles vida.
Culto aos mortos como crenza na vida máis alá da morte.
2.- TOTEMISMO : o tótem é a alma dun animal que encarna e protexe a vida colectiva do grupo.
Culto ao animal como forma máis primitiva da relixión.
3.- MAXIA : intento de dominio das forzas sobrenaturais utilizándoas en beneficio propio.
Busca o sentido utilitario e non o sentido último.
1.- O FEITO RELIXIOSO (4)
Non sabemos como foi a relixións nas súas orixes
Os pobos antigos máis coñecidos (Mesopotamia, Exipto,…) tiñan unhas relixións bastante organizadas, pero nas que destacaban o culto:
aos mortos
aos animais
ás forzas da natureza
Os MITOS e os RELATOS que acompañan aos ritos tamén acompañan á experiencia relixiosa
Todo na procura de darlle sentido á existencia
1.- O FEITO RELIXIOSO (5)
3.- EXPERIENCIA DO SAGRADO
Durkheim : “ hai algo eterno na relixión, destinado a sobrevivir. As formas poden cambiar, pero o substancial permanece. O substancial é a experiencia do sagrado ”
Nas sociedades primitivas , a experiencia do sagrado é coñecida con distintos nomes:
Oceanía: mana
Exipto: ka
India: Brahmán
China: tao
Detrás de todas estas expresións escóndese a experiencia dun poder misterioso, que transcende á persoa, impactándoa e transformándoa. Esa é a EXPERIENCIA RELIXIOSA .
1.- O FEITO RELIXIOSO (6)
Perspectiva sociolóxica :
Desde o punto de vista sociolóxico, o sagrado maniféstase como forza misteriosa que se encarna nos membros dunha sociedade facendo que todos se sintan un por enriba da individualidade
P. ex.: TOTEM : crenza e sentimento de algo superior que transcende e une ao clan; é a forza misteriosa do clan, anterior a cada un dos seus membros e que os sobrevirá ( É. Durkheim )
1.- O FEITO RELIXIOSO (7)
Perspectiva fenomenolóxica :
Desde a perspectiva da fenomenoloxía, o sagrado aparece como unha realidade numinosa , é dicir, como algo totalmente distinto que transcende ao individuo deixándoo impactado.
O numinoso é un misterio tremendo e fascinante; como tremendo, inspira respecto, temor e terror; como fascinante, atrae, seduce e embriaga ( R. Otto )
1.- O FEITO RELIXIOSO (8)
Perspectiva hermenéutica :
Desde o punto de vista hermenéutico (que intenta integrar todos os aspectos), o sagrado experiméntase como fundamento da realidade , como realidade definitiva e última que lle dá sentido á existencia.
O sagrado transcende este mundo, pero maniféstase nel de forma imprevisible, polo que hai que estar atentos ás hierofanías , que son manifestación do sagrado.
1.- O FEITO RELIXIOSO (9)
Que hai detrás do sagrado? De onde procede esa forza misteriosa ( mana, tao, atman, ka, ruah ou pneuma )?
Todas as relixións falan dunha realidade suprema á que denominamos DEUS, BRAHMÁN, ALÁ, IAHVÉ,…
… pero ninguén puido vela.
Por iso, en cada cultura soe imaxinarse de formas diferentes.
1.- O FEITO RELIXIOSO (10)
4.- FUNCIÓNS PROPIAS DA RELIXIÓN
Funcións propias e inherentes á relixión :
Mística : orientar ao ser humano cara ao misterio; capacita ao crente para relacionarse con Deus. O contacto con Deus modela ao ser humano, facéndoo semellante a el
Profética e crítica : descubrir as falsidades e enganos, denunciar as situacións inhumanas e anunciar a verdadeira salvación (vs pseudorrelixiosidade : actitude relixiosa falsa)
Moral : impulsa a facer o ben, iluminando a conciencia, inspirando normas e orientando condutas
Asistencial : atender aos abandonados, asistíndoos nas súas necesidades e amosándolles a misericordia de Deus
Social : impulsa a crear un sentimento de fraternidade na sociedade, promovendo valores sociais, como a solidariedade, a paz, a festa,… e lexitimando o sentido da vida
Funcións que se derivan de situacións humanas e sociais : atención a necesidades sociais que sen elas estarían desatendidas: asilos, orfanatos, hospitais, escolas,...
1.- O FEITO RELIXIOSO (11)
5.- USO E ABUSO DA RELIXIÓN
A relixión é en si mesma un feito bo , que lle axuda ao ser humano a atopar o sentido da vida, un sentido que o encha plenamente nas súas carencias máis profundas e nas súas aspiracións máis sublimes; un sentido que relativice os problemas e preocupacións, situándoos na súa xusta dimensión.
Pero non se pode negar que a veces abusouse da relixión ; falsificouse o seu verdadeiro sentido, foi utilizada como opio para evadirse da realidade, usouse para atemorizar á xente, para reprimila, para explotar o sentimento relixioso de persoas sinxelas.
1.- O FEITO RELIXIOSO (12)
6.- RELIXIÓN E POLÍTICA
Nas sociedades antigas e tradicionais dominaba a teocracia ou réxime divino : acudíase á relixión para lexitimar a autoridade e a orde establecida e para dar cohesión política.
Algunhas relixións abusaron desta situación, exercéndoa con despotismo, incluso promovendo loitas e guerras.
Hoxe parecen estar claramente delimitadas as funcións propias da relixión e as da política, ainda que todavía existen grupos fanáticos e integristas que defenden o dereito da relixión a exercer esta función, e incluso existen estados teocráticos .
1.- O FEITO RELIXIOSO (13)
7.- RELIXIÓN E SOCIEDADE
Función de suplencia : atención a necesidades sociais que sen elas estarían desatendidas: asilos, orfanatos, hospitais, escolas,...
Sociedades modernas: cada vez máis pluralistas, nas que a relixión foi perdendo peso e influencia . Incluso hai quen pensa que a relixión é algo privado e persoal.
Sen embargo, a RELIXIÓN ten unha DIMENSIÓN SOCIAL á que non pode renunciar, xa que nace da sociedade e vive dentro dela.
Pero tamén a SOCIEDADE precisa da RELIXIÓN : dos seus símbolos, valores, crenzas,...
2.- CATRO GRANDES EXPERIENCIAS RELIXIOSAS (1)
Experiencia relixiosa: coñecemento de Deus a través do contacto persoal con El, por medio de mediacións ou símbolos sagrados
É o encontro co sagrado; algo misterioso
Deus permanece oculto e incomprensible; pero tamén se revela ás persoas quedando estas transformadas
2.- CATRO GRANDES EXPERIENCIAS RELIXIOSAS (2)
Características comúns ás catro grandes experiencias relixiosas que fixeron historia:
1.- Existencia de inquedanzas ou preocupacións que conducen a un encontro misterioso
2.- Existencia duns símbolos sagrados que serven de mediación co divino
3.- Existencia dunha manifestación de Deus ou iluminación que transforma ás persoas
4.- Existencia dunha misión que responde ás súas inquedanzas
2.- CATRO GRANDES EXPERIENCIAS RELIXIOSAS (3)
ABRAHAM : Promesa dunha terra en propiedade e dunha gran descendencia
2.- CATRO GRANDES EXPERIENCIAS RELIXIOSAS (4)
BUDA : Inquedanza ante o misterio da dor . Mediante a meditación acadou a iluminación . A partir de aí ensinou as catro nobres verdades .
2.- CATRO GRANDES EXPERIENCIAS RELIXIOSAS (5)
XESÚS : No seu bautismo, faise presente a Trinidade , e o seu recoñecemento como Fillo de Deus . Comeza a anunciar o Evanxeo .
2.- CATRO GRANDES EXPERIENCIAS RELIXIOSAS (6)
MAHOMA : Un anxo reveloulle por escrito o que debía anunciar, converténdose en mensaxeiro de Deus
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (1)
1.- A RELIXIÓN NUNHA SOCIEDADE SECULARIZADA
SECULARICACIÓN: proceso polo que a razón se emancipa da fe, a política sepárase da relixión, e esta diminúe a súa presenza na vida social, moral, na educación,…
Proceso impulsado polas revolucións científicas e tecnolóxicas . O home foi coñecendo as leis da natureza e foi controlando as forzas do universo, polo que xa non precisa recurrir á relixión para solucionar os seus problemas.
As institucións seculares ou civís asumen funcións tradicionalmente exercidas por institucións relixiosas: educación, ensinanza, asistencia sanitaria, beneficencia,…
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (2)
2.- A SECULARIZACIÓN, PURIFICACIÓN DA RELIXIÓN
S. XIX: A. Comte anunciou o fin da relixión mediante a doutrina dos tres estados :
S. XXI: convivencia entre relixión, filosofía e ciencia. A secularización non supón a fin da relixión, senón a súa purificación .
A SECULARIZACIÓN foi interpretada de moi diferentes maneiras:
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (4)
Para uns, significa a decadencia da relixión e o abandono desta por considerala incompatible coa ciencia e o progreso.
Esta actitude soe coñecerse como SECULARISMO : a ciencia pode explicar todos os misterios do home e do mundo; a técnica pode construír a sociedade ideal; o humanismo pode fundamentar todos os valores sen a referencia dun ser transcendente.
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (5)
Para outros, significa un movemento perturbador e diabólico , que os leva a taparse os ollos e a pecharse nas súas crenzas por medo a perder a fe.
Esta actitude responde ao FANATISMO e ao FUNDAMENTALISMO , que concibe a relixión como a única resposta a todos os enigmas do mundo, como o único medio para construír a sociedade e o único fundamento dos valores humanos.
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (6)
ACTITUDE DIALOGANTE : abrirse ás aportacións da ciencia e ao sentido relixioso, acadando unha verdadeira síntese.
Esta actitude responde a unha madurez humana e relixiosa capaz de integrar nunha visión de conxunto o sentido da ciencia e o sentido da relixión, dous planos dunha mesma realidade que non se exclúen, senón que se completan.
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (7)
Einstein : “A c iencia sen relixión é coxa; a relixión sen ciencia é cega ”
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (8)
3.- PLURALISMO E LIBERDADE RELIXIOSA
Antes , na sociedade premoderna , a relixión tiña o monopolio ideolóxico e moral , dando unha visión totalizante e unitaria da realidade na que todo tiña un significado coherente.
Agora , cada individuo tende a crear a súa propia visión do mundo , sen buscar un significado universalmente aceptado.
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (9)
Esta situación permite o exercicio das liberdades democráticas e a tolerancia, dentro das que se sitúa a liberdade relixiosa
Cada individuo pode coñecer as distintas visións do mundo, xulgalas criticamente e elixir libre e responsablemente , respectando sempre as outras opcións.
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (10)
Pero esta situación de liberdade tamén ten os seus riscos :
1.- Permite a MANIPULACIÓN por parte dos máis poderosos
2.- A tolerancia pode converterse en INDIFERENCIA e FALTA DE CRITERIO
3.- A pluralidade de sentidos pode conducir á FRAGMENTACIÓN DA REALIDADE (para cada situación búscase un sentido), á incoherencia, á contradicción e a falta de identidade
A ausencia dun sentido unificador pode derivar nun RELATIVISMO e nunha forma de vida sen fundamentos nin crenzas
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (11)
4.- A RELIXIÓN NA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA (1978)
Art. 16 :
I .- Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e das comunidades, sen máis limitación nas súas manifestacións que a necesaria do mantemento da orde pública protexida pola lei.
II .- Ninguén será obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenzas.
III .- Ningunha confesión terá carácter estatal .
IV .- Os poderes públicos terán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as conseguintes relacións de cooperación coa Igrexa Católica e demais confesións .
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (12)
5.- LAICISMO E “RELIXIÓN CIVIL”
En moitos ambientes, a secularización conduciu a un SECULARISMO ou LAICISMO , nos que a relixión quedou esquinada ou reducida ao ámbito do privado
Esta perda da dimensión espiritual na sociedade, xerou unhas novas mitificacións e uns novos cultos (idolatría):
CULTO AO PODER : aura sagrada dos políticos e das institucións.
CULTO AO CONSUMISMO : diñeiro, compras en días sinalados. O consumo convértese en fonte de felicidade, de salvación, de benestar.
CULTO AO CORPO, A IMAXE, A MODA,... : o corpo como obxecto de culto, marxinándose a dignidade humana, a personalidade, a liberdade.
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (13)
6.- INDIFERENCIA RELIXIOSA E ATEÍSMO:
Países máis industrializados : desenvolvemento dunha cultura máis secularizada , nos que a relixión foi perdendo influencia no ámbito do persoal.
Actitudes distintas da crente :
1.- CRENTES NON PRACTICANTES : Identifícanse coa relixión so desde unha perspectiva sociolóxica , seguindo as tradicións herdadas dos seus pais. Non se opoñen á relixión , pero tampouco tratan de coñecela e de vivir de acordo cos seus principios e normas.
2.- INDIFERENTES : a relixión non lles interesa para nada.
3.- AGNÓSTICOS : desenténdense de Deus, xa que, segundo eles, non podemos coñecer a súa existencia , nin afirmala nin negala.
4.- ATEOS : negan a existencia de Deus
Ateos PRÁCTICOS : viven baixo o suposto de que Deus non existe, sen prantexarse a cuestión
Ateos TEÓRICOS : os que se prantexan o problema , defendendo a non existencia de Deus
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (14)
7.- A FE ANTE A INDIFERENCIA RELIXIOSA E O ATEÍSMO:
O ATEÍSMO é un fenómeno derivado de varias causas:
1ª.- Hai quen rexeita a Deus porque non se pode analizar nin demostrar a súa existencia por medios científicos .
2ª.- Hai quen non sente inquietude relixiosa algunha, porque están sometidos aos bens materiais .
3ª.- Hai quen ten unha idea ou imaxe falsa de Deus, que non maduraron debidamente .
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (15)
4ª.- Hai quen non pode crer nin confiar nun Deus que permite o sufrimento de persoas inocentes .
5ª.- Hai quen rexeita a Deus porque o consideran incompatible coa liberdade e a dignidade do home .
6ª.- Na orixe deste ateísmo poden ter unha parte non pequena de culpa os propios crentes , en canto que, co descoido da educación relixiosa , ou coa exposición inaxeitada da doutrina ou incluso cos defectos da súa vida relixiosa, moral e social , velaron máis ben ca revelaron o xenuíno rostro de Deus e da relixión (Concilio Vaticano II; Gaudium et spes , 19)
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (16)
OPINIÓN DA IGREXA ANTE O ATEÍSMO:
Afirma que o recoñecemento de Deus non se opón á dignidade humana , xa que esta ten no mesmo Deus o seu fundamento e perfección. Se falta ese fundamento divino e esa esperanza da vida eterna, a dignidade humana sofre lesións gravísimas, e os enigmas da vida quedan sen solucionar (morte, dor,...)
Deus é o único que pode dar unha resposta plena e total aos interrogantes do home
O remedio ao ateísmo hai que procuralo na exposición axeitada da doutrina e na integridade da vida da Igrexa e dos seus membros
Hai que dar testemuño dunha fe viva e madura , educada para poder percibir con lucidez as dificultades e podelas vencer
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (17)
A Igrexa , aínda que rexeita en forma absoluta o ateísmo , recoñece sinceramente que todos os homes , crentes e non crentes, deben colaborar na edificación deste mundo , no que viven xuntos. Isto non pode facerse sen un prudente e sincero deiálogo
(Concilio Vaticano II: Gaudium et spes , 21)
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (18)
8.- MOVEMENTOS RELIXIOSOS EMERXENTES:
O desencanto coa modernidade trouxo consigo unha crise de sentido .
Isto provocou un retorno ao relixioso : acódese á relixión na procura dun sentido que encha o baleiro dunha sociedade materialista e consumista, altamente tecnificada e deshumanizada.
Esta volta á relixión non significou un reforzamento das relixións tradicionais, senón a aparición de innumerables movementos pararrelixiosos e sectas que ofertan unha resposta a búsqueda de sentido:
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (19)
MOVEMENTOS FUNDAMENTALISTAS:
Dáse sobre todo na relixión islámica para reforzar os sinais de identidade fronte a cultura occidental.
Pero en todas as relixións existen movementos integristas que tratan de manter a relixión pura, íntegra, inalterable, esixindo fidelidade estricta ás vedades tal e como foron transmitidas, sen admitir novas interpretacións e adaptacións .
É unha especie de totalitarismo que pretende sacar da fe a resposta a todas as cuestións da vida.
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (20)
MOVEMENTOS DE LIBERACIÓN:
Ante a situación de pobreza, marxinación e opresión que sofren moitos pobos, xorden movementos que denuncian profeticamente esta situación e loitan por a liberación social, económica e política dos pobos do Terceiro Mundo.
MOVEMENTOS DE ESPIRITUALIDADE:
Xorden ante o materialismo, o consumismo, o culto ao corpo, á imaxe ou á moda.
A xente séntese atraída por movementos carismáticos , grupos cristiáns de base , ou movementos económicos .
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (21)
MISTICISMO ORIENTAL:
Ante o malestar relixioso da cultura occidental, moitos procuran refuxio na relixiosidade oriental : Hare Krishna, meditación transcendental, novas formas de budismo.
RELATIVISMO SUBXECTIVO:
Tendencia a valorar so aspectos relixiosos que satisfán as necesidades espirituais de cada momento , sen distinguir o fundamental da relixión.
Non busca a conversión, senón o equilibrio psíquico e o benestar corporal .
É unha relixiosidade centrada no pragmatismo e no individualismo , que se serve da relixión á carta, amosando unha indiferencia total cara á institución .
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (22)
ESOTERISMO:
Ocultismo, fascinación e temor polo escuro, o misterioso, o sorprendente, o futuro, o destino, o azar, a sorte.
Para conxurar o destino , acódese ao tarot, ao horóscopo, ás cartas astrais, á quiromancia, a adiviñación, ao espiritismo, á bruxería,...
É unha reacción contra o exceso de racionalidade ou racionalismo propio da modernidade.
Moitos dos que acoden a estas prácticas esotéricas confésanse católicos a pesar de que a Igrexa prohíbeas .
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (23)
RELIXIOSIDADE POPULAR:
É a forma que adopta a relixión nun pobo determinado que proxecta nela a súa identidade : sentimentos, ideais, modelos de vida, valores,...
Maniféstase dunha forma festiva , a través de danzas, cancións, procesións, imaxes, peregrinacións.
3.- POSTURAS ACTUAIS ANTE A RELIXIÓN (24)
RELIXIOSIDADE SINCRETISTA:
Expoñente desta nova tendencia é a New Age (Nova Era).
É un movemento sen líder nin textos sagrados, sen organización nin dogmas , que se foi poñendo en marcha ao longo do século XX entre grupos de intelectuais de Estados Unidos, xa estendida polos países máis desenvolvidos.
É unha mestura das aportacións místicas de distintas relixións, esoterismo, ciencioloxía,...
0 comments
Post a comment