Hardware

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Hardware - Presentation Transcript

        • O conxunto de dispositivos físicos que integran o ordenador.
      HARDWARE
    1. CPU (Unidade Central de Proceso) Memoria da CPU Dispositivos de entrada ou saída Dispositivos de almacenamento (entrada e saída) ARQUITECTURA BÁSICA
    2. Chipset: Conxunto de chips situado na placa base. Microprocesador: Chip encargado de realizar todas as operacións de procesamento de datos, ademais de controlar o funcionamento de todos os dispositivos do ordenador. Reloxo e velocidade do ordenador: O reloxo da a pauta to tempo. A velocidade mídese en Hz; 1 Hz equivale á realización dun ciclo nun segundo.
    3. A placa base ou placa nai é a plataforma onde se conectan todos os demáis dispositivos do ordenador directamente ou a través de runas de expansión (slots). Se probamos a abrir un ordenador desaparafusando os parafusos que suxeitan a cobertura de metal será o primeiro que vexamos. Nas ranuras de expansión introdúcense outras placas menores, denominadas tarxetas de expansión, que permiten conectar distintos periféricos exteriores ó ordenador, por exemplo: tarxetas de vídeo, tarxetas de son, etc. Os buses son os canais polos que circula toda a información do ordenador. Están constituídos por un elevado número de líneas metálicas, cada unha das cales transmite diferente información. O número de liñas polas que simplemente circulan os datos depende da arquitectura do ordenador, a cal corresponde á cantidad de bits que poden transferirse por vez (ancho de bus). PLACA BASE
    4. O chipset é un conxunto de chips situado na placa base. É un elemento fundamental do ordenador, xa que se encarga de tareas tan importantes como a xestión dos periféricos externos a través dos portos de comunicación e das ranuras de expansión, así como do control da transferencia de datos entre o microprocesador e a memoria. CHIPSET
    5. De entre todos os chips que ten un ordenador, o microprocesador ou C.P.U é sen ningunha dúbida o máis importante, xa que é o encargado de realizar todas as operacións de procesamento de datos, ademáis de controlar o funcionamento de todos os dispositivos do ordenador. Unha C.P.U componse de varias partes, que poderían resumirse na Unidade de Control (encargada de dirixir todas as operacións) e a Unidade Aritmético-lóxica, a cal realiza todas as operacións. MICROPOCESADOR
    6. O xerador do reloxo, aínda que non o pareza, é un dos compoñentes máis importantes do ordenador, xa que está estreitamente relacionado coa velocidade de traballo do PC. A velocidade dun PC mídese en Hz (Cada hercio equivale a un ciclo por segundo). Como pode verse, é necesario un reloxo que dé a pauta do tempo. Aínda que habitualmente só se fala da velocidade do microprocesador, en realidade, hai outras velocidades igualmente importantes; por exemplo, a velocidade do bus, a velocidade da memoria RAM, etc. RELOXO E VELOCIDADE DO ORDENADOR
    7. Memoria
    8. A memoria RAM é un compoñente imprescindible para o ordenador. A súa función consiste en ter preparadas as instruccións e os datos para que a C.P.U poida procesalos, e en almancenar temporalmente o resultado das operacións realizadas pola C.P.U. É unha memoria de acceso aleatorio na que se pode ler e escribir información; ademais é volátil, polo que se perde o seu contido ó apagar o ordenador. Módulos de memoria RAM: Dende hai xa tempo é moi fácil ampliar a cantidade de memoria RAM dun ordenador; chega con mercar módulos de memoria e conectalos nos correspondentes zócalos da placa nai. RAM
    9. A memoria caché é un tipo de memoria RAM moito máis rápida que a convencional. Como calquera memoria RAM a súa misión é almacenar información, pero neste caso a memoria caché dispoñerá das instruccións ou os datos que acaba ou vaia utilizar o microprocesador. Esta memoria está situada entre o microprocesador e a memoria RAM para axilizar a transferencia de información entre eles. CACHÉ
    10. Todos os sistemas operativos utilizan parte do disco duro para simular a memoria RAM e aumentari así a memoria total do ordenador. Esta é a memoria virtual, aínda que dependendo do estado operativo pódese chamr doutra forma. Lóxicamente, a memoria virtual é moito máis lenta que a memoria RAM, polo que interesa que o sistema a utilice pouco. VIRTUAL
    11. Este tipo de memoria é só de lectura. Contén información grabada polo fabricante, que non desaparece ao desconectar o ordenador. A BIOS é imprescindible para a posta en funcionamento do ordenador, xa que contén instruccións para realizar o chequeo inicial do equipo, ademais de datos técnicos dos compoñentes máis elementais conectados ao sistema. Cando se arranca un ordenador a BIOS chequea todos os compoñentes do ordenador. A información obtida compárase coa almacenada na memoria CMOS detectando calquera cambi o nos compoñentes ou configuración do sistema. ROM-BIOS
    12. É unha cantidade de memoria incorporada nun chip da placa base para almacenar parte da configuración do sistema. A memoria CMOS está alimentada constantemente por unha pila ou batería. ROM-CMOS
    13. DISPOSITIVOS DE ENTRADA DISPOSITIVOS DE SAÍDA
    14. Permiten introducir información do exterior ao ordenador. Algúns exemplos moi claros poden ser: Rato: Desplázase por unha superficie para indicar o movemento do seu indicador na pantalla. Teclado: É o modo máis frecuente de introducir información no ordenador. DISPOSITIVOS DE ENTRADA
    15. Monitores: Permiten visualizar o resultado da información procesada. Impresoras: Permiten obter a información impresa en distintos soportes físicos. DISPOSITIVOS DE SAÍDA
    16.  
    17. Gardan a información en discos de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, éste ten que ser preparado para que poda recibir información; esta operación divide o disco en pistas e sectores, nos que se almacenará a información. DISCOS MAGNÉTICOS
    18. A aparición dos discos ópticos provocou unha revolución nos sistemas de almacenamento, grazas á enorme cantidade de información que poden almacenar por un coste relativamente baixo. Todos estes discos empregan tecnoloxía óptica (láser). DISCOS ÓPTICOS
    19. Utilizan unha tecnoloxía mixta. A súa grande vantaxe é que permite almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados, grazas a tecnoloxía magnética. DISCOS MAGNETO-ÓPTICOS
    20. As memorias Flash, inicialmente empregadas para almacenar os datos da BIOS do ordenador, popularizáronse e o seu uso xeneralizouse. DISCOS BASEADOS NA MEMORIA FLASH
    21. Introducir conectores ou outros dispositivos por aquí Permiten “alargar” o porto, son como alargadores eléctricos. PORTOS E CONECTORES
    22. Máis imformación en: www.tecnoloxía.org/computador/hardware.php

    + XianaRicoXianaRico, 9 months ago

    custom

    107 views, 0 favs, 1 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 107
      • 104 on SlideShare
      • 3 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 0
    Most viewed embeds
    • 3 views on http://actividadesdespuesdelcole.blogspot.com

    more

    All embeds
    • 3 views on http://actividadesdespuesdelcole.blogspot.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories